04.12.2025 | 17.30h
Enmarcado no ciclo ‘Franco Morreu. Ou non? 50 anos despois: lembrar para comprender’ organizado por un grupo de estudantes de Filosofía en torno ao 50 aniversario da morte de Franco, o 4 de decembro terá lugar a mesa redonda ‘Desenterrando o franquismo: diálogos entre a filosofía e a historia’ coa participación de, entre outras, a arqueóloga e antropóloga forense do Incipit Miriam Saqqa Carazo, o arqueólogo e filósofo do mesmo instituto Rafael Millán Pascual e o profesor da Facultade de Xeografía e Historia Mario César Vila.
O debate desenvolverase a partir as 17.30 horas no Salón de Actos da facultade de Filosofía.