Pasar al contenido principal

O Instituto de Psicoloxía da USC colaborou co Concello de Santiago no co deseño dos Espazos Non Tan Maiores

As usuarias do centro sociocultural da Trisca visitaron a Facultade de Psicoloxía
As usuarias do centro sociocultural da Trisca visitaron a Facultade de Psicoloxía
As usuarias do centro sociocultural da Trisca visitaron a Facultade de Psicoloxía
Santiago de Compostela

O Instituto de Psicoloxía (IPsiUS) e o Concello de Santiago pecharon estes días cunha visita á Facultade de Psicoloxía das usuarias do Centros Sociocultural A Trisca o proxecto no que colaboraron para o deseño dos Espazos Non Tan Maiores da Rede de Centros Socioculturais.

Na visita, a investigadora Noelia Pazos presentoulle ás usuarias os resultados do proceso de co-deseño, e o director do Museo Galego da Psicoloxía Alfredo Campos realizou unha visita guiada.

A través do proxecto que remata, o persoal investigador do grupo Neurocog-A-Aging do IPsiUS coñeceu as necesidades e preferencias das usuarias de A Trisca, e tamén visitaron outros centros socioculturais, como o de O Ensanche e o de Fontiñas.

As recomendacións para os Espazos Non Tan Maiores entregadas o pasado venres ao persoal do Concello céntranse na accesibilidade e amigabilidade dos espazos, no deseño de recursos interxeracionais e na posta en valor das competencias interpersoais dos profesionais dos centros. 
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.12.2025.