Pasar al contenido principal

Acto de entrega das Insignias Fonseca

19.12.2025 | 12.00h

Santiago de Compostela
Salón Nobre

O acto desenvolverase en Fonseca. Foto: Santi Alvite
O acto desenvolverase en Fonseca. Foto: Santi Alvite

A Universidade de Santiago de Compostela distingue o venres 19 de decembro coas Insignas Fonseca a 83 traballadoras e traballadores con 30 anos de servizo na institución.

O acto, a desenvolver ás 12.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, presidirao o reitor Antonio Lopez. Interveñen tamén a secretaria xeral da USC, Diana Santiago, así como José Antonio Pequeño López en nome do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos, e Ana María Bravo Moral e Xosé López García en nome do persoal docente e investigador dos Campus de Lugo e Santiago, respectivamente.

O Regulamento de honras e distincións da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado polo Consello de Goberno o día 14 de marzo de 2008, establece a Insignia Fonseca como distinción ás traballadoras e traballadores que teñan prestado servizos á institución universitaria durante máis de 30 anos en dedicación exclusiva ou por tempo equivalente e non foran sancionados por incumprimentos nas súas obrigas profesionais.
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.12.2025.