Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Tutorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Lenguas de uso Castellano, Gallego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado a las titulaciones
Áreas: Área externa M.U en Enxeñaría Agronómica (2ª ed)
Centro Escuela Politécnica Superior de Ingeniería
Convocatoria: Primer semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Dotar ao alumnado dos coñecementos sobre a importancia da calidade dos produtos agroalimentarios, dos procesos para conseguilos e de cómo garantir que os produtos que se entregan á industria de transformación son de calidade e que ésta sexa demostrable.
Máis concretamente preténdese dotar ao alumnado dos coñecementos necesarios para o asesoramento técnico ás explotacións de gando vacún de leite en todos os aspectos relacionados coa calidade do leite, os procedementos establecidos para a vixilancia e control da calidade do leite en todo o seu ciclo na explotación.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Condicionalidade. Medidas a implementar para o seu cumprimento. Composición do leite. Controis de calidade en leite. Libro branco da seguridade alimentaria. Introdución ao sistema APPCC. A ISO 22000 como unha ferramenta para asegurar a calidade. Guía para a aplicación da
condicionalidade en explotacións de leite. Análise de guías para a calidade na produción de leite. Implantación dun sistema de calidade nunha explotación produtora de leite.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario (a duración asignada a cada actividade pode variar dependendo do desenvolvemento do contido):
1.-DOCENCIA EXPOSITIVA. (9 h)
1. A produción de leite en Galicia. (1 h)
2. A calidade físico-química e microbiolóxica do leite. (2 h)
3. Controis de calidade. Trazabilidade e seguridade alimentarias. (2h)
4. Boas prácticas en explotacións de leite. Sistema APPCC. (2h)
5. Esquemas de calidade. (2 h)
2.- DOCENCIA INTERACTIVA. (12 h)
1. Seminarios: clases participativas coa 􀀁nalidade de aplicar os coñecementos adquiridos, con posibilidade de realización de actividades dirixidas. (7 h)
2. Visita técnica: saída de campo para comprobar a aplicación da xestión da calidade. (5 h)
Traballo non presencial (orientativo):
Lectura e preparación de temas (12 h).
Preparación de actividades prácticas e/ou dirixidas (24 h).
Preparación de actividades de avaliación (12 h).
Bibliografía básica
Legislación de referencia:
- DECRETO 57/2010, de 8 de abril, por el que se crea el Registro de Explotaciones Lecheras de Calidad Diferenciada.
- DECRETO 228/2011, do 24 de novembro, polo que se modi􀀁ca o Decreto 57/2010, do 8 de abril, polo que se crea o Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada.
- REGLAMENTO (CE) Nº 852/2004 DEL PARLAMENTO EUROPEO Y DEL CONSEJO, de 29 de abril de 2004, relativo a la higiene de los productos alimenticios.
- REGLAMENTO (CE) Nº 853/2004 DEL PARLAMENTO EUROPEO Y DEL CONSEJO, de 29 de abril de 2004, por el que se establecen normas específicas de higiene de los alimentos de origen animal.
- REGLAMENTO (CE) Nº 854/2004 DEL PARLAMENTO EUROPEO Y DEL CONSEJO, de 29 de abril de 2004, por el que se establecen normas específicas para la organización de controles o􀀁ciales de los productos de origen animal destinados al consumo humano. (Sustituido por Reglamento (UE) 2017/625).
- REGLAMENTO (UE) Nº 37/2010 DE LA COMISIÓN, de 22 de diciembre de 2009, relativo a las sustancias farmacológicamente activas y su clasificación por lo que se refiere a los límites máximos de residuos en los productos alimenticios de origen animal.
- REAL DECRETO 1728/2007, de 21 de diciembre, por el que se establece la normativa básica de control que deben cumplir los operadores del sector lácteo y se modifica el Real Decreto 217/2004, de 6 de febrero, por el que se regulan la identificación y registro de los agentes, establecimientos y contenedores que intervienen en el sector lácteo, y el registro de los movimientos de la leche. (Sustituido por REAL DECRETO 989/2022, por el que se establecen normas básicas de los agentes del sector lácteo, movimientos de la leche y el
control en el ámbito de la producción primaria y hasta la
primera descarga).
- REAL DECRETO 1600/2011, de 4 de noviembre, por el que se modifica el Real Decreto 217/2004, de 6 de febrero, por el
que se regulan la identificación y registro de los agentes, establecimientos y contenedores que intervienen en el sector lácteo, y el registro de los movimientos de la leche, y el Real Decreto 1728/2007, de 21 de diciembre, por el que se establece la normativa básica de control que deben cumplir los operadores del sector lácteo.
- DECRETO 120/2011, do 16 de xuño, polo que se establece a estrutura organizativa responsable do funcionamento do control leiteiro oficial.
- REAL DECRETO 989/2022, de 29 de noviembre, por el que se establecen normas básicas para el registro de los agentes del sector lácteo, movimientos de la leche y el control en el ámbito de la producción primaria y hasta la primera descarga.
Bibliografía complementaria
J.F. Miranda González, A. Chamorro Mera, S. Rubio Lacoba. 2014. Introducción a la gestión de la calidad. Delta
Publicaciones, Las Rozas, Madrid.
L. Couto Lorenzo. 2008. Auditoría del sistema APPCC: Cómo veri􀀁car los sistemas de gestión de la calidad. Ed. Díaz de
Santos, Madrid.
Bizmanualz. 2008. ISO 22000 Standard Procedures for a Food Safety Management System (The Professional's Readyto-use Guide to Creating a Food Safety Management System for Any Organizaion in the Supply Chain). Ed. Bizmanualz, Inc.
Comp01. CG1 - Capacidade para planificar, organizar, dirixir e controlar os sistemas e procesos produtivos desenvolvidos no sector agrario e a industria agroalimentaria, nun marco que garanta a competitividade das empresas sen esquecer a protección e conservación do medio ambiente e a mellora e desenvolvemento sostible do medio rural. TIPO: Competencias
Comp19. CE12 – Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en nutrición, hixiene na produción animal. TIPO: Competencias
Comp23. CE16 - Coñecementos acaídos e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia na xestión da calidade e da seguridade alimentaria, análise de alimentos e trazabilidade. TIPO: Competencias
Con02. 1.2. - Un profundo coñecemento e comprensión das disciplinas da enxeñaría agrónoma, no nivel necesario para adquirir o resto de competencias do título. TIPO: Coñecementos ou contidos
Con08. 5.6. - Coñecemento e comprensión crítica sobre temas económicos, de organización e xestión (como xestión de proxectos, xestión do risco e do cambio). TIPO: Coñecementos ou contidos
H/D03. 2.3. - Capacidade para identificar, formular e resolver problemas de enxeñaría definidos de forma incompleta, e/ou en conflito, que admitan diferentes solucións válidas, que requiran considerar coñecementos mais alá dos propios da súa disciplina e ter en conta as implicacións sociais, de saúde e seguridade, ambientais, económicas e industriais; seleccionar e aplicar os métodos mais acaídos de análise, de cálculo e experimentais, así como os mais innovadores para a resolución de problemas. TIPO: Habilidades ou destrezas
H/D13. 5.4 - Capacidade para aplicar normas da práctica da enxeñaría. TIPO: Habilidades ou destrezas
Está baseada nos seguintes compoñentes:
- Teoría: clases maxistrais e participativas de cara a explicar os principais conceptos da materia. As competencias traballadas son: CG1, CE12 e CE16.
- Seminario: clase participativa coa finalidade de aplicar os coñecementos adquiridos. As competencias traballadas son: CE12 e CE16.
- Visita técnica: saída de campo para comprobar a aplicación da xestión da calidade. As competencias traballadas son: CE12 e CE16.
- Actividades dirixidas: posibilidade de realizar traballos individuais ou colectivos dos alumnos, coa intención de resolver casos prácticos ou ben desenvolver estudos teóricos dun tema específico. Carácter voluntario. As competencias traballadas son: CG1, CT12, CE12 e CE16.
- Titorías en grupo reducido: nestas titorías resolvéranse cuestións que poidan surxir na realización das actividades dirixidas e calquera outra que poida surxir no desenvolvemento dos contidos. As competencias traballadas son: CT12, CE12 e CE16.
O sistema de avaliación ten como base a realización dunha proba escrita nas datas oficiais establecidas pola EPSE, con contidos prácticos e teóricos, ao finalizar a materia (70%). Competencias avaliadas: CG1, CT12, CE12, CE16.
Compleméntase coas cualificacións derivadas do aproveitamento das prácticas (30%). Competencias avaliadas: CG1, CT12, CE12, CE16.
O sistema de avaliación na 2ª oportunidade de avaliación, repetidores, e alumnos con dispensa, concedida pola Comisión de Título segundo o disposto no Regulamento de asistencia a clase, será o mesmo que para a convocatoria ordinaria.
Para os casos de realización fraudulenta e plaxio de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Traballo presencial do alumnado:
Clases expositivas: 9 h
Actividades interactivas (prácticas):12 h
Titorías en grupo reducido: 3 h
Actividades de avaliación: 3 h
Traballo non presencial do alumnado:
Lectura e preparación de temas: 12 h
Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 6 h
Realización de exercicios e actividades dirixidas (en grupo ou individuais): 18 h
Preparación de probas de avaliación: 12 h
Total de horas de traballo: 75 h
- Asistir a todas as actividades da materia tanto teóricas coma prácticas.
- Empregar os horarios de titorías individuais para aclarar dúbidas sobre os contidos desenvolvidos nas clases.
- Dedicar o tempo semanal previsto para cada compoñente de forma organizada e sistemática.
- Consultar a bibliografía base a medida que se van desenvolvendo os temas e facer uso da bibliografía complementaria para ampliar coñecementos nos temasabordados nas actividades dirixidas.
- Participar activamente no desenvolvemento de todas asactividades docentes.
Materia en extinción no curso 2025/26, non hai actividades docentes presenciais, pero os estudantes teñen dereito á avaliación, na que se aplicará o sistema seguinte:....
Roberto Lorenzana Fernández
- Departamento
- Departamento externo vinculado a las titulaciones
- Área
- Área externa M.U en Ingeniería Agronómica
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Viernes | |||
---|---|---|---|
16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castellano | Aula 18 (Pab.II-PPS) |