Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Tutorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Lenguas de uso Castellano, Gallego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado a las titulaciones
Áreas: Área externa M.U en Enxeñaría Agronómica (2ª ed)
Centro Escuela Politécnica Superior de Ingeniería
Convocatoria: Primer semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Utilización de ferramentas informáticas para o racionamento alimenticio do gando vacún de leite.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Bases para a formulación de racións de vacas de leite. Necesidades das vacas lactantes. Necesidades da recría. Necesidades das vacas secas. Interpretación de análises de alimentos. Concepto de fibras, proteínas, graxas, enerxía, dixestibilidade. Software de racionamento: sistemas
americano, francés e holandés. Produción de leite con vacas en pastoreo. Análises da variabilidade dos pastos desde a perspectiva funcional.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario (a duración asignada a cada actividade pode variar en función do desenvolvemento do contido):
1.-DOCENCIA EXPOSITIVA (9 HORAS).
Tema 1. Diferentes sistemas de racionamento, bases teórica NRC americano, o INRA francés e o AFRC británico. (3 h)
Tema 2. A inxesta de alimento, a regulación enerxética e volumétrica da inxestión de racións completas. (3 h)
Tema 3. A alimentación da vaca de leite. Necesidades nutritivas das vacas de leite. Mobilización de reservas corporais. Racionamento en función do estado fisiolóxico das vacas. (3 h)
2.- DOCENCIA INTERACTIVA (12 HORAS).
Práctica 1- Programa informático de alimentación de vacún de leite. Caso práctico. (4 h)
Práctica 2- Programa informático de alimentación de vacún de leite. Caso práctico. (4 h)
Práctica 3- Programa informático de alimentación de vacún de leite. Caso práctico. (4 h)
3.- TITORÍAS EN GRUPO (3 HORAS).
Titoría 1.- Programación de actividades e prácticas.
Titoría 2.- Seguimento das actividades e prácticas.
Titoría 3.- Seguimento das actividades e prácticas.
Traballo non presencial (orientativo):
Lectura e preparación de temas (12 h).
Preparación de actividades prácticas e/ou dirixidas (24 h).
Preparación de actividades de avaliación (12 h).
Bibliografía básica:
Blas, C.; González, G; Argamenteria, A. (1987) Nutrición y Alimentación del Ganado. Ed. Mundi-Prensa, Madrid.
Broster, W.H.; Swan, H. (1983) Estrategias para alimentación de vacas lecheras de alta producción. Ed. AGT, México.
INRA. (1984). Alimentación práctica de bovinos. Ed. Mundi-Prensa, Madrid.
National Reserch Council. (2001). Nutrient requirements of dairy cattle. Ed. National Academy Press, Washington.
Bibliografía complementaria:
Dryden, G. (2008). Animal Nutrition Science. Ed. CABI, Cambridge.
Webster, J. (1990). Understanding the dairy cow. Ed. BSP Professional Books, Oxford.
Comp18. CE11 - Coñecementos acaídos e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en sistemas vinculados á tecnoloxía da produción animal. TIPO: Competencias
Comp19. CE12 - Coñecementos acaídos e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en nutrición, hixiene na produción animal. TIPO: Competencias
Con02. 1.2. - Un profundo coñecemento e comprensión das disciplinas da enxeñaría agrónoma, no nivel necesario para adquirir o resto de competencias do título. TIPO: Coñecementos ou contidos
Con04. 1.4 - Coñecementos con sentido crítico do amplo contexto multidisciplinar da enxeñaría e da interrelación que existe entre os coñecementos dos distintos campos. TIPO: Coñecementos ou contidos.
H/D01. 2.1. - Capacidade para analizar novos e complexos produtos, procesos e sistemas de enxeñaría dentro dun contexto multidisciplinar mais amplo; seleccionar e aplicar os métodos mais acaídos de análise, de cálculo e experimentais xa establecidos, así como métodos innovadores e interpretar de forma crítica os resultados de ditos análises. TIPO: Habilidades ou destrezas
H/D03. 2.3. - Capacidade para identificar, formular e resolver problemas de enxeñaría definidos de forma incompleta, e/ou en conflito, que admitan diferentes solucións válidas, que requiran considerar coñecementos mais alá dos propios da súa disciplina e ter en conta as implicacións sociais, de saúde e seguridade, ambientais, económicas e industriais; seleccionar e aplicar os métodos mais acaídos de análise, de cálculo e experimentais, así como os mais innovadores para a resolución de problemas. TIPO: Habilidades ou destrezas
H/D07. 4.1. - Capacidade para identificar, encontrar e obter os datos requiridos. TIPO: Habilidades ou destrezas
H/D12. 5.2. - Competencias prácticas, como o uso de ferramentas informáticas para resolver problemas complexos realizar proxectos de enxeñaría complexos e deseñar e dirixir investigacións complexas. TIPO: Habilidades ou destrezas
H/D17. 7.2. - Capacidade para funcionar eficazmente en contextos nacionais como membro ou líder dun equipo que poda estar formado por persoas de distintas disciplinas e niveis, e que podan utilizar ferramentas de comunicación virtual. TIPO: Habilidades ou destrezas
Materia cuadrimestral con 9 horas de clases maxistrais para explicar os conceptos da materia.
As prácticas de laboratorio (12 h) realizaranse en grupos de 20 alumnos na aula de informática.
Por último disporanse de 3 horas de titorías en pequenos grupos.
As competencias traballadas nas clases expositivas maxistrais son: CE11 e CE12; nas prácticas de laboratorio son: H/D01, H/D02 e nas titorías en pequenos grupos son: CB7, CT12, CE11 e CE12.
Proba escrita final (70%) avalía as competencias CE11, CE12. Nesta proba cómpre obter un mínimo de 4 puntos sobre 10.
Aproveitamento das practicas (20%) avalía as competencias CE11, CE12. (Pode incluír elaboración de traballos).
Asistencia (10%).
Salvo que o alumnado desexe melloralas, as cualificacións prácticas e a asistencia conservaranse para a 2ª oportunidade e convocatorias posteriores. Para os alumnos con dispensa se empregárase o mesmo método de avaliación.
Os estudantes que teñan concedida a dispensa de asistencia pola Comisión de Título segundo o disposto no Regulamento de asistencia a clase, deben ter en conta que para aprobar a materia..."
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA:
Clases expositivas (maxistrais): 9 h
Clases interactivas (prácticas de laboratorio): 12 h
Titorías en grupo reducido: 3 h
Realización do exame e exposición de traballos: 4,5 h
TRABALLO NON PRESENCIAL:
Estudio individual dos contidos: 22,5 h
Elaboración de traballos: 24 h
TEMPO TOTAL DE TRABALLO: 75 h
Asistencia a todas as actividades docentes. Consulta da bibliografía recomendada. Facer uso frecuente das titorías para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia e especialmente coas memorias de prácticas. Levar a materia ao día.
Arturo Gomez Perez
- Departamento
- Departamento externo vinculado a las titulaciones
- Área
- Área externa M.U en Ingeniería Agronómica
- Correo electrónico
- arturogomez [at] norteo.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Ángel Miranda González
- Departamento
- Departamento externo vinculado a las titulaciones
- Área
- Área externa M.U en Ingeniería Agronómica
- Correo electrónico
- angelmiranda.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castellano | Aula 18 (Pab.II-PPS) |
18:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Castellano | Aula 18 (Pab.II-PPS) |