Cineuropa es un festival de cine de carácter competitivo organizado por el Auditorio de Galicia-Compostela Cultura, como organismo adscrito al Ayuntamiento de Santiago, que se desarrolla en Compostela desde 1987.
Cineuropa 2025
(ESTE PROGRAMA XA ESTÁ CUBERTO)
Coa súa consolidada traxectoria na oferta cultural de Compostela, o certame preséntase como unha plataforma ideal para enriquecer e complementar a experiencia educativa do alumnado da USC e ofrecerlle a oportunidade de adquirir unha aprendizaxe práctica nunha contorna real da industria cinematográfica. Dende esta perspectiva, o Auditorio de Galicia traslada á USC esta proposta de colaboración para a participación do alumnado como persoal voluntario do Festival Cineuropa, que pode ser mutuamente beneficiosa, ampliando a formación das e dos estudantes e contribuíndo á realización exitosa do festival.
Así, búscanse persoas responsables con interese polo cinema e por afondar nos pormenores da produción dun festival cinematográfico.
Entre as tarefas a realizar están as seguintes:
- Comunicación e atención ao público.
- Produción e apoio loxístico.
- Atención a persoas convidadas do festival.
- Procesamento de información sobre as películas e tráfico dos filmes.
- Asistencia e participación nas sesións divulgativas que inclúe o certame.
- Datas: por agora sen concretar.
- Horario: de 11 a 15 h ou de 16 a 20 h.
- Prazas: 8 (COMPLETO)