Campus Terra
O curso, impartido por Luís García García, asesor legal en propiedade intelectual e industrial en Ambar Partners, trata de ofrecer unha visión xeral sobre as implicacións legais que ten o desenvolvemento do software, as precaucións que hai que ter presente durante a súa creación e as distintas formas de protección do mesmo.
Dita acción formativa, dirixida principalmente a PDI e PAS, terá por obxectivos: proporcionar coñecementos básicos en relación á protección por propiedade intelectual e industrial en torno ao software e ás bases de datos; establecer as regras de “due diligence” no proceso de desenvolvemento de software; ofrecer unhas regras básicas relativas á utilización de software suxeito a licenzas open source; dar unha visión xenérica dos distintos tipos de licenza sobre o software e das formas habituais de monetización dos desenvolvementos de software; analizar as posibles limitacións legais e estatutarias á hora de transferir o software.
Tamén se ofrece unha visión xeral dos distintos tipos de licenciamiento sobre o software tanto non comerciais como aqueles que teñen como obxectivo monetizar os desenvolvementos realizados. O curso fará unha aproximación sobre as cuestións nucleares dos acordos de licenza e venda de tecnoloxía que deben tomarse en consideración ao transferir o software.
Por último exporanse aspectos sobre as limitacións legais e estatutarias que poden afectar ao desenvolvemento e transferencia do software
Esta actividade celebrarase o 5 de febreiro de 2026 a través de MS Teams en horario de 10:00 a 14:00 horas. As persoas interesadas poden inscribirse a través do seguinte formulario. O número de praza é de 35.