Planta de obtención de biometano
Autoría
U.A.F.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)

Data da defensa
12.09.2025 09:30
12.09.2025 09:30
Resumo
O biometano é un gas de orixe renovable con características similares ás do gas natural, o que permite o seu uso nas mesmas infraestruturas enerxéticas, coma redes de distribución ou sistemas de almacenamento. A súa obtención baséase no aproveitamento de residuos orgánicos, entre eles os lodos de depuradora e a fracción orgánica de residuos sólidos urbanos, a través dun proceso biotecnolóxico composto por una codixestión anaeróbica e unha posterior purificación do biogás (upgrading). Esto non solo reduce significativamente as emisións de gases de efecto invernadoiro, senón que tamén fomenta a economía circular, mellorando a xestión de residuos e revalorizando subprodutos que, de outra maneira, suporían un problema medioambiental. Este traballo presenta o deseño dunha planta de produción de biometano cunha capacidade de 200 m3/h, situada na EDAR de Guadalete (Jerez de la Frontera), seleccionada pola súa proximidade ás materias primas e á rede de gas natural. A proposta técnica baséase na codixestión anaeróbica dos residuos mencionados, seguida dun sistema de lavado con auga para enriquecer o biogás ata os niveis esixidos para a súa inxección na rede ou utilización como combustible. Analízanse tamén os factores operativos chave, así como a normativa aplicable, a seguridade do proceso e a súa viabilidade económica. Este proxecto ofrece unha alternativa sostible, aliñada cos obxectivos da descarbonización da Unión Europea e co potencial de mellorar a autosuficiencia enerxética e a xestión de residuos do contexto español.

Dirección
González Rodríguez, Jorge (Titoría)
González Rodríguez, Jorge (Titoría)
Tribunal
SEIJAS VAZQUEZ, JULIO ANTONIO (Presidente/a)
MARTINEZ AGEITOS, JOSE MANUEL (Secretario/a)
CABALEIRO LAGO, ENRIQUE MANUEL (Vogal)

Guía de dietas para a poboación maior de 65 anos
Autoría
I.A.B.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
I.A.B.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
17.07.2025 09:15
17.07.2025 09:15
Resumo
Ao redor dun 25% da poboación galega supera os 65 anos, e un 20% destas persoas maiores reside en vivendas unipersoais. Este envellecemento demográfico acentuouse nas últimas décadas, afectando directamente ao estado nutricional do adulto maior. Este colectivo enfróntase a unha complexa situación debido á alta prevalencia de patoloxías, sumada a cambios fisiolóxicos e outros factores sociais que non só repercuten de xeito negativo no seu estado nutricional e na súa calidade de vida, senón que tamén implican un considerable gasto para o sistema sanitario. Ante esta problemática, o obxectivo deste Traballo de Fin de Grao foi crear unha guía dietética adaptada ás patoloxías máis prevalentes e outras necesidades nutricionais que sofre este colectivo, co fin de proporcionar ferramentas para que a súa nutrición sexa adecuada á súa idade e situación. Por iso, deseñouse unha dieta basal de 4 semanas, seguindo as recomendacións dos organismos de saúde máis importantes como a SEEG, a OMS ou a EFSA, e tomando como referencia o Prato de Harvard pola súa facilidade de aplicación. Esta dieta adaptouse ás necesidades das principais patoloxías que padece este tipo de poboación, e inclúe recomendacións complementarias sobre hidratación, cambios de textura ou enriquecemento de pratos. Esta ferramenta será de gran utilidade para a súa implementación na alimentación domiciliaria, podendo ser utilizada por persoas maiores que viven soas ou cos seus familiares pero que non posúen coñecementos para realizar un plan nutricional adaptado que lles permita optimizar a súa saúde.

NEBOT GARCIA, CAROLINA GRACIELA (Titoría)
Míguez Suárez, Gabriel Cotitoría

MEIJIDE DEL RIO, FRANCISCO ANGEL (Presidente/a)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA (Secretario/a)
LUZARDO ALVAREZ, ASTERIA MARIA (Vogal)

'Nutrixenómica, microbiota e cancro: unha revisión sistemática'
Autoría
N.A.M.
Grao en Bioquímica (2ªed)
N.A.M.
Grao en Bioquímica (2ªed)
Data da defensa
12.09.2025 10:00
12.09.2025 10:00
Resumo
Introducción: el cáncer es una de las principales causas de mortalidad a nivel mundial. Diversos factores como la composición microbiana, la dieta y los polimorfismos genéticos influyen en el desarrollo y la progresión del cáncer. La nutrigenómica proporciona una comprensión de los mecanismos moleculares en lo que intervienen los nutrientes en la carcinogénesis. La microbiota actúa de mediadora en distintos procesos actuando como moduladora del metabolismo. Objetivo: realizar una revisión sistemática de la literatura científica para analizar la interacción entre la nutrigenómica, la microbiota y el cáncer. Metodología: se llevó a cabo la revisión sistemática siguiendo las directrices PRISMA 2020. Se realizaron distintas búsquedas en bases de datos científicas como son PubMed o Scielo entre los años 2000 y 2025. Se obtuvieron 47 artículos de los cuales fueron seleccionados 8 que cumplieron los criterios de inclusión. Conclusión: diversos estudios demuestran que ciertos nutrientes y patrones de alimentación modifican la microbiota. Además, la microbiota produce metabolitos con potencial carcinogénico o antiinflamatorio. Es necesario seguir investigando estos campos de estudio integrados para poder comprender mejor los mecanismos de interacción y tener una visión global.

CABEZAS SAINZ, PABLO (Titoría)
CABEZAS SAINZ, PABLO (Titoría)
Tribunal
BLANCO ALVAREZ, MIGUEL (Presidente/a)
Bouza Fernandez, M Carmen (Secretario/a)
BARCIA VIEITEZ, RAMIRO (Vogal)

Estudo da actividade das conexinas na función inmune antitumoral das células Natural Killer
Autoría
E.A.P.
Grao en Bioquímica (2ªed)
E.A.P.
Grao en Bioquímica (2ªed)
Data da defensa
14.07.2025 09:30
14.07.2025 09:30
Resumo
As células Natural Killer (NK) desempeñan un papel crucial na vixilancia inmunolóxica ao recoñecer e destruír células danadas sen necesidade dunha activación previa. O melanoma é un tipo de cancro de pel altamente agresivo que afecta aos melanocitos e caracterízase pola presenza dun número elevado de mutacións que favorecen a súa progresión tumoral. Un compoñente esencial na sinapsis e comunicación entre células inmunes e tumorais son as unións comunicantes ou gap junctions, formadas por proteínas denominadas conexinas, entre as que destaca a conexina 43, debido á súa ampla distribución e implicación como posible xene supresor de tumores. Estas estruturas permiten o intercambio de sinais que poden potenciar a acción citotóxica das células do sistema inmune, incluíndo as células NK. Neste traballo, estudarase a presenza e función da conexina 43 en células do sistema inmune e células tumorais, co obxectivo de mellorar a resposta inmune e, nun futuro, permitir a súa aplicación en inmunoterapias fronte ás células tumorais. Os resultados mostran, mediante diversas técnicas, a presenza dunha ampla expresión de conexinas nas células NK-92, así como a presenza da conexina 43, tanto a nivel de ARN como de proteína, estando principalmente localizada na membrana plasmática. Ademais, as células NK-92, poden establecer unións comunicantes funcionais con células de melanoma, este fenómeno podería estar implicado na súa actividade citotóxica antitumoral potenciándoa. Con todo, para poder confirmar estes resultados e obter unha maior comprensión dos procesos implicados na interacción entre células inmunes e células tumorais deben levarse a cabo experimentos adicionais.

Flament Simon, Saskia Camille (Titoría)
Mayán Santos, María Dolores Cotitoría
Flament Simon, Saskia Camille (Titoría)
Mayán Santos, María Dolores Cotitoría
Tribunal
SEIJAS VAZQUEZ, JULIO ANTONIO (Presidente/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Secretario/a)
RODRIGUEZ SILVA, LAURA (Vogal)

Pautas de hidratación e rendemento deportivo no fútbol
Autoría
A.A.M.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
A.A.M.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.09.2025 16:00
16.09.2025 16:00
Resumo
A hidratación é un concepto de suma relevancia en deporte de alto rendemento coma o fútbol, estando directamente relacionada co rendemento dos xogadores. O obxectivo desta revisión narrativa é analizar o impacto da hidratación e a deshidratación no rendemento cognitivo e físico dos xogadores, tanto no adestramento coma no partido oficial. Para iso realizouse unha revisión bibliográfica na que se recompilaron e analizaron estudos científicos nos que se exploran os efectos a nivel fisiolóxico e mental dunha inadecuada pauta de hidratación, ademais das estratexias actuais de hidratación e a súa eficacia. Tamén descríbense os tipos de esforzos realizados na práctica do fútbol, os momentos regulamentarios nos que a hidratación está permitida durante a competición, así como as recomendación nutricionais e de líquidos aplicadas no contexto futbolístico, analizando os diferentes tipos de líquidos dispoñibles para a hidratación dos xogadores. Este traballo centrouse exclusivamente en futbolistas masculinos profesionais ou semiprofesionais, de niveles superiores ao fútbol afeccionado. Os resultados obtidos suxiren que unha adecuada pauta de hidratación pode mellorar a toma de decisión dos xogadores en situación de fatiga, reducir a aparición de lesión musculares ou previr o deterioro do rendemento (tanto físico como cognitivo). Finalmente, recoméndase que os equipos de fútbol integren estratexias de hidratación individualizadas, recorran a bebidas con electrólitos en condición esixentes e adopten métodos máis precisos para avaliar o estrés térmico, co fin de salvagardar o rendemento e a saúde dos xogadores.

REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Titoría)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Titoría)
Tribunal
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Presidente/a)
Candal Pedreira, Cristina (Secretario/a)
Pérez Fra, Mª do Mar (Vogal)

Estudo da influencia do calcio na activación da resposta inflamatoria
Autoría
E.A.R.
Grao en Bioquímica (2ªed)
E.A.R.
Grao en Bioquímica (2ªed)
Data da defensa
14.07.2025 09:30
14.07.2025 09:30
Resumo
O calcio é un segundo mensaxeiro crucial en numerosos procesos celulares, como o metabolismo enerxético e a activación do sistema inmunitario. A comunicación entre as mitocondrias e o retículo endoplasmático (RE) para regular os seus niveis intracelulares é esencial para o correcto funcionamiento celular e vese alterada en situacións de estrés como a inflamación. Este Traballo Fin de Grado estuda o papel do calcio na activación da resposta inflamatoria a través da súa modulación con tapsigarxina (Tg), un inhibidor irreversible e selectivo da bomba de calcio-ATPasa do RE. Inicialmente, analizouse o efecto da Tg sobre a viabilidade celular en macrófagos da liña celular RAW 264.7, obtendo una concentración inhibitoria 50 de 0,1 micromolar despois de 24 h de tratamento. A continuación, cuantificouse a liberación do factor de necrose tumoral alfa despois de 24 h de tratamento con Tg, obtendo unha liberación significativa a concentracións de 0,1 e 0,01 micromolar. Analizouse entón o efecto deste fármaco sobre os niveis de calcio citosólico libre utilizando o indicador fluorescente Fura-2AM. Observouse un aumento inicial do calcio citosólico, correspondente ao baleirado do RE causado pola Tg, seguido dunha lixeira diminución causada pola recaptación de calcio mitocondrial e, a continuación, un aumento debido á apertura dos canais de calcio regulados por reservorio. Finalmente, avaliouse o efecto da Tg no metabolismo enerxético, revelando unha redución significativa na producción total de ATP debido á disrupción mitocondrial causada pola sobrecarga de calcio. Ademais, detectáronse signos de recuperación celular, asociados á activación da glicólise anaerobia como mecanismo compensatorio. Estes resultados confirman que a modulación do calcio nos macrófagos desencadea unha activación da resposta inflamatoria e afecta ao metabolismo enerxético, en particular á función mitocondrial.

BOTANA LOPEZ, LUIS MIGUEL (Titoría)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA Cotitoría
BOTANA LOPEZ, LUIS MIGUEL (Titoría)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA Cotitoría
Tribunal
SEIJAS VAZQUEZ, JULIO ANTONIO (Presidente/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Secretario/a)
RODRIGUEZ SILVA, LAURA (Vogal)
SEIJAS VAZQUEZ, JULIO ANTONIO (Presidente/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Secretario/a)
RODRIGUEZ SILVA, LAURA (Vogal)
Simulación e análise tecno-económico da obtención de compostos fenólicos antioxidantes a partir do bagazo de mazá
Autoría
L.A.C.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
L.A.C.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
Data da defensa
12.09.2025 09:30
12.09.2025 09:30
Resumo
No presente proxecto realizase a simulación e a análise tecno-económica da obtención de compostos fenólicos antioxidantes a partir de bagazo de mazá procedente dunha empresa galega, co obxectivo de avaliar a súa viabilidade técnica, así como, os beneficios económicos e ambientais. O bagazo de mazá é un subproduto orixinado no prensado da froita na produción de zume e sidra, que destaca como unha materia prima idónea para obter compostos polifenólicos. Por outra banda, os compostos polifenólicos extraídos do bagazo teñen unha gran capacidade antioxidante e están asociados con efectos beneficiosos para a saúde. A valorización deste subproduto de alta dispoñibilidade aliñase cos principios de economía circular e desenvolvemento sostible, permitindo transformar un subproduto agroindustrial en ingredientes para diferentes sectores. Para iso, levarase a cabo unha simulación do proceso de extracción utilizando o software SuperPro Designer, seguindo os parámetros científicos e condicións óptimas para maximizar a produción. Ademais, estudaranse os resultados para a realización dunha análise tecno-económica considerando factores significativos. Finalmente, deseñarase un tanque específico para realizar a extracción co obxectivo de maximizar a eficiencia do proceso, de forma que permita a súa recuperación eficiente e reduza os costos de produción. O proxecto consta dunha Memoria Descritiva e dos Anexos, Planos, Xustificación de Prezos, Estudo Básico de Seguridade e Saúde, Prego de Condicións e Orzamento.

LU CHAU, THELMO ALEJANDRO (Titoría)
LU CHAU, THELMO ALEJANDRO (Titoría)
Tribunal
SEIJAS VAZQUEZ, JULIO ANTONIO (Presidente/a)
MARTINEZ AGEITOS, JOSE MANUEL (Secretario/a)
CABALEIRO LAGO, ENRIQUE MANUEL (Vogal)
SEIJAS VAZQUEZ, JULIO ANTONIO (Presidente/a)
MARTINEZ AGEITOS, JOSE MANUEL (Secretario/a)
CABALEIRO LAGO, ENRIQUE MANUEL (Vogal)
Proxecto de deseño de sistema modular de camperización e suministro enerxético solar en furgonetas.
Autoría
P.A.T.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
P.A.T.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
Data da defensa
17.02.2025 16:00
17.02.2025 16:00
Resumo
Este proxecto ten como finalidade deseñar un sistema modular para a camperización de furgonetas iguais ou superiores en tamaño a unha de tipo L2H2. O obxectivo principal é dotar o vehículo de practicidade e funcionalidade, permitindo un uso cómodo e eficiente en viaxes ou acampadas. Isto lograrase mediante o deseño de dous módulos interiores destinados ás zonas de sala-dormitorio e cociña-baño, optimizando ao máximo o espazo dispoñible. Tamén se instalará un sistema de aproveitamento da enerxía solar, mediante a integración dun panel fotovoltaico que capta a enerxía do sol, almacénao nunha batería e distribúeo mediante un inversor co obxectivo de alimentar dispositivos persoais e luminarias de baixo consumo. Do mesmo xeito, o proxecto inclúe o deseño dun sistema de iluminación eficiente e a instalación dun sistema hidráulico de pequeno tamaño que permita abastecer unha ducha e un fregadeiro.

JOVER RAMOS, AIDA (Titoría)
JOVER RAMOS, AIDA (Titoría)
Tribunal
AMIAMA ARES, CARLOS (Presidente/a)
González Rodríguez, Jorge (Secretario/a)
LU CHAU, THELMO ALEJANDRO (Vogal)

O xaxún, beneficios e contraindicacións
Autoría
A.B.P.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
A.B.P.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
17.07.2025 09:15
17.07.2025 09:15
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao aborda o xaxún desde unha perspectiva científica e fisiolóxica, co obxectivo de analizar os efectos sobre a saúde humana e a súa aplicabilidade en contextos clínicos e deportivos. A través dunha revisión bibliográfica estruturada, examínanse distintos protocolos de xaxún como o xaxún intermitente, o xaxún prolongado ou as dietas que mimetizan o xaxún en relación co metabolismo enerxético, a regulación hormonal e a homeostase celular. Presta especial atención ao xaxún como ferramenta terapéutica no tratamento da diabetes mellitus tipo 2, das enfermidades neurodexenerativas e dalgúns tipos de cancro. Analízase a evidencia científica máis recente sobre a súa eficacia, os mecanismos implicados e as súas posibles limitacións. Ademais, inclúese un apartado dedicado ao impacto do xaxún no rendemento físico, diferenciando entre deportes de resistencia e de forza. Ao longo do traballo identifícanse tanto beneficios potenciais como contraindicacións relevantes, o que subliña a importancia dunha implementación individualizada, segura e baseada na evidencia. Este estudo pretende ofrecer unha visión crítica e actualizada sobre o papel do xaxún no ámbito da nutrición clínica.

Cepeda Sáez, Alberto (Titoría)
Cepeda Sáez, Alberto (Titoría)
Tribunal
MEIJIDE DEL RIO, FRANCISCO ANGEL (Presidente/a)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA (Secretario/a)
LUZARDO ALVAREZ, ASTERIA MARIA (Vogal)
MEIJIDE DEL RIO, FRANCISCO ANGEL (Presidente/a)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA (Secretario/a)
LUZARDO ALVAREZ, ASTERIA MARIA (Vogal)
Influencia do ciclo menstrual nas necesidades nutricionais e no rendemento deportivo
Autoría
A.B.G.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
A.B.G.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.09.2025 16:00
16.09.2025 16:00
Resumo
Ao longo do ciclo menstrual, as variacións hormonais afectan ao metabolismo enerxético, á forza, á resistencia e á recuperación muscular, o que pode influír no rendemento deportivo e aumentar o risco de lesións en certos momentos do ciclo. Dende o punto de vista nutricional, estas fases implican cambios nos requirimentos enerxéticos e na necesidade de certos nutrientes. A adaptación da dieta e o axuste na distribución dos macronutrientes pode optimizar o rendemento e a recuperación muscular. A suplementación con certos micronutrientes tamén pode contribuír ao benestar durante o ciclo. Este traballo ten como obxectivo analizar como as fases do ciclo menstrual poden influír nas necesidades nutricionais e no rendemento deportivo. O traballo tamén aborda estratexias nutricionais que poden aplicarse tanto ao adestramento como á competición, co fin de maximizar o rendemento das deportistas, tendo en conta as variacións hormonais. Por iso, elaboráronse unhas guías prácticas que inclúen: requirimentos enerxéticos, macronutrientes (proteínas, hidratos de carbono e graxas) e micronutrientes (ferro, calcio, magnesio, vitaminas C, D, E e B6); pautas de hidratación; ferramentas de monitorización (aplicacións, RPE, diario de síntomas, control de peso e marcadores bioquímicos) e exemplos de menús adaptados a cada fase do ciclo e tipo de disciplina (resistencia, forza e intermitentes). En conclusión, destácase a importancia de personalizar a nutrición e o adestramento en función das fases do ciclo menstrual e proponse a necesidade de novas investigacións que afonden nestes temas, co obxectivo de ampliar estas guías con estudos lonxitudinais e en distintos grupos de poboación.

Caracterización de plásmidos de cepas de Escherichia coli patóxenos extraintestinais multirresistentes aos antibióticos de orixe animal.
Autoría
I.B.M.
Grao en Bioquímica (2ªed)
I.B.M.
Grao en Bioquímica (2ªed)
Data da defensa
14.07.2025 09:30
14.07.2025 09:30
Resumo
Os plásmidos son unha das principais razóns para a diseminación de xenes de resistencia a antibióticos e factores de virulencia entre as cepas bacterianas. Este traballo estudou a conxugación de plásmidos e a súa frecuencia. Ademais, realizouse unha caracterización xenotípica e fenotípica das cepas doadoras, das receptoras e dos transconxugantes obtidos, co obxectivo de analizar o papel dos plásmidos conxugativos na fisioloxía das células receptoras. As potenciais cepas doadoras do proceso de conxugación foron unha colección de cepas de Escherichia coli O25b:H4-B2-ST131 clado B, de orixe porcino. O feito de que estas cepas, a pesar da súa orixe, pertenzan a un clon típicamente asociado cos humanos, como ST131, convérteas nun achado inusual e de gran interese. Ademais, presentan os patotipos ExPEC, APEC e UPEC e son multirresistentes. As cepas receptoras foron MG1655 e AAG1 (unha variante mutante de MG1655), cepas comensais de E. coli. Tanto o número de cepas doadoras capaces de conxugar como a cantidade de transconxugantes obtidos, é dicir, a frecuencia de conxugación, amosaron valores moi baixos. Só dúas das nove cepas doadoras potenciais conxugaron, e todas cunha frecuencia de conxugación inferior ao 0,001%. Os dous plásmidos que se transferiron con éxito pertencían ás familias IncX4 e IncL/M e confirían resistencia a antibióticos non presentes previamente nas cepas receptoras: penicilinas e cefalosporinas de primeira xeración en ambos os casos, e colistina no caso do plásmido IncX4, o que demostra a implicación deste mecanismo na propagación da resistencia. A pesar destas baixas frecuencias de transferencia observadas in vitro, a transferencia horizontal de plásmidos segue a ser un dos principais mecanismos responsables da diseminación de xenes entre as poboacións bacterianas, facilitando a súa propagación a través de diferentes hóspedes e nichos ecolóxicos. Neste contexto, propúxose o bloqueo dos compoñentes de conxugación como unha estratexia prometedora para frear a propagación da resistencia a antibióticos mediada por plásmidos. En xeral, os resultados deste estudo apoian a necesidade de comprender mellor os mecanismos implicados na conxugación bacteriana en cepas E. coli que causan infeccións extraintestinais, co fin de avaliar a viabilidade desta estratexia desde a perspectiva One Health.

BLANCO ALVAREZ, MIGUEL (Titoría)
Flament Simon, Saskia Camille Cotitoría
BLANCO ALVAREZ, MIGUEL (Titoría)
Flament Simon, Saskia Camille Cotitoría
Tribunal
VILLAMARIN CID, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Secretario/a)
GÓMEZ PARDO, MARÍA BELÉN (Vogal)

Seguridade alimentaria: carne de caza como transmisora potencial de clons de Enterobacteriaceae de alto risco
Autoría
C.D.B.A.
Grao en Bioquímica (2ªed)
C.D.B.A.
Grao en Bioquímica (2ªed)
Data da defensa
14.07.2025 09:30
14.07.2025 09:30
Resumo
A carne de caza silvestre, como a do xabaril (Sus scrofa), presenta riscos microbiolóxicos non equiparables aos da carne de animais de granxa, debido á ausencia de controis sanitarios sistemáticos e a diferencias no seu procesado. Analizáronse 28 mostras de carne de xabaril destinadas a autoconsumo, procedentes de cacerías autorizadas no Principado de Asturias (tempada 2024-2025). Recuperáronse cepas de Escherichia coli ExPEC (7,1 %) e aEPEC (10,7 %), identificándose en conxunto 17,9 % de mostras con cepas potencialmente zoonósicas. Detectáronse 10 clonotipos diferentes, incluíndo CH65-32 e CH45-97, asociados a humanos e animais. O 32,2 % das mostras albergaban cepas produtoras de BLEE, con varios tipos blaCTX-M, predominando o alelo CTX-M-15. Unha cepa foi portadora simultaneamente de blaCTX-M-15 e blaCMY-2, sinalando a posible transferencia de elementos xenéticos móbiles. A nivel filoxenético, o grupo B1 foi o predominante, con presencia do grupo B2 (14,3 %), asociado a infeccións humanas. Ademais, Klebsiella pneumoniae recuperouse no 60,7 % das mostras, cunha cepa produtora de BLEE (tipo CTX-M-15). A análise de risco evidenciou que mesmo as mostras clasificadas como “satisfactorias” segundo o criterio microbiolóxico estándar, presentaban indicadores de risco relevantes. En conclusión, a carne de xabaril destinada ao autoconsumo pode actuar como vehículo de enterobacterias de alto risco, como K. pneumoniae e E. coli produtoras de BLEE e/ou con factores de virulencia, sinaladas pola Organización Mundial da Saúde como patóxenos críticos en relación á resistencia aos antimicrobianos (RAM). A elevada prevalencia de K. pneumoniae recuperada nas mostras, aínda que cunha baixa proporción de cepas BLEE, tamén require vixilancia. Os nosos resultados evidencian a necesidade de establecer controis máis estritos sobre a carne de caza e promover boas prácticas hixiénico-sanitarias na súa manipulación, co fin de garantir unha alimentación segura no marco da estratexia “Unha soa saúde”.

MORA GUTIERREZ, AZUCENA DEL CARMEN (Titoría)
GARCIA MENENDEZ, VANESA Cotitoría
MORA GUTIERREZ, AZUCENA DEL CARMEN (Titoría)
GARCIA MENENDEZ, VANESA Cotitoría
Tribunal
VILLAMARIN CID, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Secretario/a)
GÓMEZ PARDO, MARÍA BELÉN (Vogal)
VILLAMARIN CID, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Secretario/a)
GÓMEZ PARDO, MARÍA BELÉN (Vogal)
Abordaxe nutricional na enfermidade inflamatoria intestinal: evidencia e recomendacións
Autoría
L.B.P.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
L.B.P.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.09.2025 16:00
16.09.2025 16:00
Resumo
A enfermidade inflamatoria intestinal (EII) é unha patoloxía caracterizada pola inflamación crónica do tracto gastrointestinal, que adoita cursar con síntomas coma dor e distensión abdominal e diarrea. Non se coñece aínda a súa causa, pero sábese que na súa etioloxía interveñen factores xenéticos, ambientais e inmunitarios. Nos últimos anos a prevalencia da EII está en aumento nos países desenvolvidos debido a occidentalización dos patróns dietéticos: un aumento das graxas saturadas, dos azucres refinados, as carnes vermellas e procesadas e os alimentos ultraprocesados, xunto cunha disminución no consumo de froitas e verduras. O obxectivo deste traballo é analizar a evidencia dispoñible acerca das intervencións dietéticas máis estudadas e valorar o seu impacto durante o curso da EII. Para iso, realizouse unha revisión bibliográfica da literatura científica máis recente dispoñible e levouse a cabo unha análise crítica dos beneficios e limitacións de diferentes patróns alimentarios. Aínda que non se atopou un consenso claro na evidencia nin nas recomendacións da dieta na EII, os resultados mostraron que a dieta FODMAP ten evidencia científica dabondo para utilizala no control dos síntomas nos pacientes con EII e a dieta mediterránea é unha das máis valoradas e ca que os pacientes presentan una maior calidade de vida.

CARDELLE COBAS, ALEJANDRA (Titoría)
Cepeda Sáez, Alberto Cotitoría
CARDELLE COBAS, ALEJANDRA (Titoría)
Cepeda Sáez, Alberto Cotitoría
Tribunal
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Presidente/a)
Candal Pedreira, Cristina (Secretario/a)
Pérez Fra, Mª do Mar (Vogal)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Presidente/a)
Candal Pedreira, Cristina (Secretario/a)
Pérez Fra, Mª do Mar (Vogal)
Antoloxía lírica angolana guión mínimo (2019) que trazos da angolanidade?
Autoría
C.K.M.B.
Estudos Cursados ao Abeiro do Programa Erasmus
C.K.M.B.
Estudos Cursados ao Abeiro do Programa Erasmus
Data da defensa
15.07.2025 11:00
15.07.2025 11:00
Resumo
Este traballo investiga a existencia, as características e a posible relevancia do portugués angoleño a través dunha análise lingüística e literaria da Antoloxía lírica de Angola: Guión mínimo (2019). O estudo busca identificar ata que punto os elementos culturais e lingüísticos de Angola, presentes nos poemas seleccionados, reflicten a forma en que se usa o portugués no contexto angoleño. A antoloxía aborda a poesía angolana desde os inicios da formación do sistema literario ata a terceira xeración nacionalista, que culmina coa independencia de Angola, destacando expresións, argot, construcións semánticas e adaptacións fonolóxicas que diferencian o portugués angolano das variedades europea e brasileira, que son as dúas variedades actualmente recoñecidas. Os textos abranguen a literatura oral de autores como António Jacinto, Viriato da Cruz, Manuel Rui, David Mestre e outros, revelando a influencia das linguas locais. Así, investigar a presenza e relevancia do portugués angoleño desde a literatura é propoñer a súa posta en valor e atención para o enriquecemento da lingua portuguesa, así como para os seus falantes (Lusofonía) e así mesmo mostrar como a oralidade e o vocabulario local enriquecen a literatura angolana, contribuíndo á construción dunha identidade lingüística e cultural

FEIJO TORRES, ELIAS JOSE (Titoría)
Killner , Mariana Cotitoría
FEIJO TORRES, ELIAS JOSE (Titoría)
Killner , Mariana Cotitoría
Tribunal
SOUTO CABO, JOSÉ ANTÓNIO (Presidente/a)
MORAN CABANAS, MARIA ISABEL (Secretario/a)
FORNEIRO PEREZ, JOSE LUIS (Vogal)

Avaliación do Perfil Lipídico e Control Glicémico en Pacientes Diabéticos: Un Estudo Poboacional.
Autoría
F.B.G.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
F.B.G.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
13.02.2025 09:00
13.02.2025 09:00
Resumo
A diabetes é unha enfermidade metabólica de alta prevalencia e cun impacto significativo na saúde pública debido a súa asociación con complicacións cardiovasculares. A importancia do perfil lipídico nestes pacientes radica na súa relación directa co risco ateroxénico, o que fai esencial manter os valores lipídicos dentro dos límites recomendados. Os nutricionistas-dietistas, como profesionais da saúde, xogan un papel esencial no control da enfermidade, especialmente no relacionado coa xestión da dieta e o control lipídico. Ademais, os Programas de Atención e Educación Terapéutica son fundamentais para proporcionar aos pacientes as ferramentas necesarias para entender e manexar súa condición, promovendo cambios no estilo de vida, a alimentación e a adherencia ao tratamento. Este traballo subliña a importancia da colaboración entre nutricionistas-dietistas e os Programas de Atención e Educación Terapéutica no tratamento da diabetes, enfocándose en como a educación e a atención personalizada contribúen a unha mellor calidade de vida. Para avaliar a importancia do perfil lipídico e control glicémico, realizouse un estudo poboacional transversal de análise clínica na mostra de 4.800 suxeitos provenientes do Hospital Universitario Lucus Augusti. Neste traballo tamén se analizou o estilo de vida da zona na que se realizou o estudo, que abarca poboación da provincia de Lugo, con axuda de evidencias actualizadas relacionadas coa dieta atlántica no sur de Europa.

MIRANDA LOPEZ, JOSE MANUEL (Titoría)
López Santamarina, Aroa Cotitoría
MIRANDA LOPEZ, JOSE MANUEL (Titoría)
López Santamarina, Aroa Cotitoría
Tribunal
Romero Rodríguez, Mª Ángeles (Presidente/a)
PROUPIN CASTIÑEIRAS, JORGE (Secretario/a)
VÁZQUEZ ODERIZ, MARÍA LOURDES (Vogal)

Estrés e decisións alimentarias: o papel da inxesta emocional
Autoría
D.B.M.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
D.B.M.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
17.07.2025 09:15
17.07.2025 09:15
Resumo
A inxesta emocional defínese como o consumo de alimentos en resposta a emocións negativas, como a ira ou a ansiedade, sen que exista fame fisiolóxica real. Esta conduta está asociada cunha maior preferencia por alimentos ultraprocesados e cun incremento do índice de masa corporal (IMC), o que a converte nun factor de risco para o desenvolvemento de sobrepeso e obesidade. O estrés percibido identifícase como un dos principais desencadeantes de inxesta emocional, especialmente para mulleres e persoas novas, xerando un ciclo vicioso entre malestar emocional e condutas alimentarias desreguladas. Este traballo ten como obxectivo analizar a relación entre o estrés a inxesta emocional e o peso corporal a partir da literatura científica recente. Os resultados amosaron unha clara asociación entre o estrés e a inxesta emocional, así como a súa influencia negativa na calidade da dieta e no IMC. Destácase a necesidade de intervencións integradas que inclúan estratexias de regulación emocional e enfoques como a alimentación consciente (mindful eating), co fin de previr condutas alimentarias inadecuadas e mellorar a saúde global.

CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Titoría)
RODRÍGUEZ VIEYTES, MARÍA MERCEDES Cotitoría
CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Titoría)
RODRÍGUEZ VIEYTES, MARÍA MERCEDES Cotitoría
Tribunal
MEIJIDE DEL RIO, FRANCISCO ANGEL (Presidente/a)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA (Secretario/a)
LUZARDO ALVAREZ, ASTERIA MARIA (Vogal)
MEIJIDE DEL RIO, FRANCISCO ANGEL (Presidente/a)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA (Secretario/a)
LUZARDO ALVAREZ, ASTERIA MARIA (Vogal)
Comparación nutricional do pan de abella de diferentes orixes
Autoría
K.C.V.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
K.C.V.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
17.07.2025 09:15
17.07.2025 09:15
Resumo
O pan de abella é o produto resultante da fermentación láctica anaeróbica que ten lugar dentro das celas dos panales que conteñen mel, pole e secreciones salivales. Teñen unha gran variedade de nutrientes como azucres, aminoácidos esenciais, ácidos graxos, ácidos orgánicos, minerais (potasio, fósforo, calcio, magnesio…), vitaminas (vitamina C, tocopherol, vitamina A..) e ácidos fenólicos, todo iso convérteo nun alimento esencial para o crecemento das larvas das abellas. Este produto consómese en Romanía e Exipto e recentemente aumentou o seu interese en Canadá e Xapón, pero España segue sendo un gran descoñecido. Este traballo ten como obxectivo avaliar e comparar a composición nutricional de mostras de pan de abella procedentes de distintos países, así como detectar a posible presenza de contaminantes como metais pesados e acaricidas. Analizáronse 33 mostras de diferentes orixes xeográficas mediante técnicas analíticas como ICP-MS e HPLC-MS/MS para determinar 22 microelementos e cinco acaricidas, previamente realizouse toda a optimización do método de acaricidas. Os resultados das análises destas mostras puxeron de manifesto que o consumo de 3 g de pan de abella pode empregarse como un complemento alimenticio interesante, polo seu achegue variado e moderado de micronutrientes, achegando un 13% da inxesta diaria de ferro, un 5% da inxesta diaria de fósforo e entre un 1% e un 5% de magnesio, ademais destacan o potasio, sodio, calcio e zinc. Respecto dos contaminantes investigados, metais pesados e acaricidas, obsérvase a necesidade de controlar e regular lexislativamente este alimento para poder garantir o seu inocuidad comercial, xa que para o chumbo e o metabolito do amitraz (DMF) superaron os LMR establecidos na lexislación europea para o mel.

Caracterización de plásmidos de cepas de Escherichia coli patóxenos extraintestinais (ExPEC) multirresistentes aos antibióticos de orixe humana.
Autoría
M.C.S.
Grao en Bioquímica (2ªed)
M.C.S.
Grao en Bioquímica (2ªed)
Data da defensa
14.07.2025 09:30
14.07.2025 09:30
Resumo
O aumento progresivo das resistencias adquiridas a antibióticos en bacterias patóxenas está favorecendo a aparición de clons multirresistentes (MDR), o que representa unha ameaza significativa para a medicina moderna. Unha das principais vías de transmisión de xenes de resistencia e virulencia é a adquisición de plásmidos mediante o proceso de conxugación. Estudar os mecanismos que interveñen na transferencia e estabilización destes plásmidos epidémicos exponse como unha liña estratéxica clave para frear a propagación da multirresistencia. Neste contexto, analizamos unha colección de oito cepas produtoras de betalactamasas de espectro estendido (BLEE) pertencentes ao clon ST131 de E. coli (identificado como un dos principais vectores da diseminación mundial de BLEE), illadas de infeccións extraintestinais. A través de experimentos de conxugación in vitro e mediante a caracterización molecular e fenotípica das cepas e os seus transconxugantes. Tras unha primeira caracterización, seleccionáronse sete das oito cepas como doadoras para os ensaios de conxugación. Destas, só unha foi capaz de transferir plásmidos conxugativos baixo as condicións avaliadas, con frecuencias de conxugación moi baixas. A caracterización molecular e fenotípica das cepas transconxugantes permitiu confirmar o papel dun plásmido IncF, multirreplicón (IncFII/IncFIB) cunha relaxasa do tipo MOBF12, na fisioloxía das cepas receptoras AAG1 y MG1655. Corroborouse a súa implicación na transferencia de xenes de virulencia asociados ao patotipo UPEC. Adicionalmente, confirmamos o papel da transferencia horizontal de xenes (HGT) na adquisición de xenes de resistencia a betalactámicos. Tamén avaliouse o efecto deste plásmido sobre a motilidade e a capacidade de produción de hemolisina das cepas receptoras, constatando que a súa adquisición non alteraba estes aspectos fisiolóxicos. En conclusión, este estudo logrou a transferencia horizontal dun plásmido IncF, validando os análises xenotípicos previos e permitindo avaliar o seu impacto na fisioloxía bacteriana. Aínda que se requiren investigacións futuras para optimizar os protocolos de conxugación e favorecer a expresión destes mecanismos en cepas ST131.

BLANCO ALVAREZ, MIGUEL Cotitoría
Flament Simon, Saskia Camille (Titoría)
BLANCO ALVAREZ, MIGUEL Cotitoría
Tribunal
VILLAMARIN CID, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Secretario/a)
GÓMEZ PARDO, MARÍA BELÉN (Vogal)
VILLAMARIN CID, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Secretario/a)
GÓMEZ PARDO, MARÍA BELÉN (Vogal)
Explorando os Efectos Potenciadores da Cafeína no Rendemento Cognitivo
Autoría
M.C.P.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
M.C.P.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
13.02.2025 09:00
13.02.2025 09:00
Resumo
O presente traballo analiza o impacto do consumo de cafeína no rendemento cognitivo en diversos contextos, incluíndo actividades académicas, entornos laborais, deportes tradicionais e e-Sports. A través dunha revisión bibliográfica exhaustiva, examínanse os mecanismos bioquímicos da cafeína, os seus beneficios en aspectos como a atención sostida, a memoria e a velocidade de reacción, así como as súas limitacións asociadas ao consumo excesivo. Ademais, abórdanse factores individuais como a xenética e o estado de saúde, os cales inflúen na resposta á cafeína, xunto coas consideracións éticas e legais relacionadas co seu uso. Este traballo remarca a importancia da cafeína como un potenciador cognitivo versátil e enfatiza a necesidade dun consumo responsábel, axustado ás características de cada grupo poboacional e contexto particular. Tamén se examina situacións nas que os efectos previstos da cafeína poderían resultar adversos, co propósito de facilitar unha visión completa sobre esta substancia, os seus impactos e as posíbeis respostas do organismo.

RODRIGUEZ SILVA, LAURA (Titoría)
RODRIGUEZ SILVA, LAURA (Titoría)
Tribunal
Romero Rodríguez, Mª Ángeles (Presidente/a)
PROUPIN CASTIÑEIRAS, JORGE (Secretario/a)
VÁZQUEZ ODERIZ, MARÍA LOURDES (Vogal)
Romero Rodríguez, Mª Ángeles (Presidente/a)
PROUPIN CASTIÑEIRAS, JORGE (Secretario/a)
VÁZQUEZ ODERIZ, MARÍA LOURDES (Vogal)
Guía de alimentos comerciais para pacientes con disfaxia segundo o estándar IDDSI
Autoría
A.C.G.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
A.C.G.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
17.07.2025 09:15
17.07.2025 09:15
Resumo
A disfaxia defínese como a dificultade para tragar ou deglutir, e é unha condición médica que afecta a numerosos pacientes, comprometendo o seu estado nutricional e calidade de vida. A miúdo a dieta destas persoas ten que ser adaptada, modificando a consistencia e viscosidade dos alimentos para que a alimentación sexa segura. O estándar IDDSI (International Dysphagia Diet Standardisation Initiative) foi creado coa finalidade de desenvolver terminoloxía e definicións globais que permitan describir con precisión a consistencia dos alimentos e bebidas destinados a individuos con disfaxia, a través de distintos niveis que fosen recoñecidos internacionalmente. O obxectivo deste traballo é elaborar unha guía de alimentos comerciais aptos para persoas que sofren este trastorno, avaliando as súas texturas en función dos oito niveis establecidos pola IDDSI. Neste traballo analizáronse 82 produtos dispoñibles en supermercados aplicando as probas estandarizadas da IDDSI. Os produtos organizáronse en cinco grandes grupos alimentarios: lácteos e derivados, carnes e pratos preparados con carne, peixes e mariscos, verduras, hortalizas, legumes e derivados, e froitas e produtos a base de froita. Os resultados foron presentados nunha guía onde se incluíu información visual, descritiva, nutricional e o nivel IDDSI de cada un dos produtos. Ademais, propuxéronse recomendacións prácticas para os pacientes e os seus coidadores ou familiares, facilitando a elección de alimentos comerciais xa listos para o consumo que permitan alimentarse de forma segura. Con esta guía, preténdese facilitar a alimentación dos pacientes con disfaxia, reducindo a necesidade de uso de espesantes comerciais e engadindo variedade á súa dieta optimizando o abordaxe dietoterapéutico. O resultado deste traballo é unha ferramenta útil e accesible que promove unha mellor calidade de vida para as persoas afectadas pola disfaxia.

LAMAS FREIRE, ALEXANDRE Cotitoría
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Titoría)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE Cotitoría
Tribunal
MEIJIDE DEL RIO, FRANCISCO ANGEL (Presidente/a)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA (Secretario/a)
LUZARDO ALVAREZ, ASTERIA MARIA (Vogal)
MEIJIDE DEL RIO, FRANCISCO ANGEL (Presidente/a)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA (Secretario/a)
LUZARDO ALVAREZ, ASTERIA MARIA (Vogal)
Patróns alimentarios do paciente con Trastorno de Ansiedade Xeneralizada (TAX) e abordaxe nutricional
Autoría
U.C.G.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
U.C.G.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.09.2025 16:00
16.09.2025 16:00
Resumo
As persoas que padecen do Trastorno de Ansiedade Xeneralizada (TAX) presentan unha ansiedade persistente e unha preocupación excesiva no seu día a día, o que se traduce nun alto grao de sufrimento, podendo chegar, ás veces, a expresarse a nivel físico. Acompañado de comorbilidades de tipo funcional, que impiden ao paciente o seu desenvolvemento cognitivo no día a día, tamén se ve alterado o ámbito da alimentación, no que predominan patróns dietéticos pouco saudables, entre os que está o exceso de consumo de alimentos hipercalóricos e ricos en graxas saturadas e azucres, ou, pola contra, a presenza de comportamentos restritivos como o xaxún. Así mesmo, o xaxún constitúe un comportamento común na Anorexia Nerviosa (AN), sendo o TAX un factor de risco para o desenvolvemento deste Trastorno da Conduta Alimentaria (TCA). Asemade, padecer AN tamén aumenta a probabilidade de padecer TAX nalgún momento da vida. A abordaxe nutricional do TAX é un ámbito de investigación aínda emerxente, o que limita a literatura científica dispoñible sobre o tema. Ata o momento, estudouse o efecto da Intervención Mediterránea DASH para o Retraso Neurodexenerativo (MIND), dieta que xurdiu para protexer a saúde cerebral e reducir o risco de enfermidades neurodexenerativas, especialmente a enfermidade de Alzheimer. Xunto coa dieta cun baixo Índice de Inflamación Dietético (IDD), constitúe algunha das liñas principais da abordaxe nutricional do TAX. Por último, en relación coa funcionalidade dos compoñentes da dieta, os ácidos graxos poliinsaturados (PUFA) omega 3 reducen a produción de citocinas proinflamatorias asociadas coa ansiedade. Os antioxidantes, pola súa parte, neutralizan os radicais libres, produto do TAX. Por todo o anterior, o obxectivo deste traballo de revisión bibliográfica é analizar a evidencia científica dispoñible sobre os patróns alimentarios característicos das persoas diagnosticadas con TAX e propoñer unha abordaxe nutricional adaptada á patoloxía.

Estudo dos reguladores de m6A en ARN en envellecemento acelerado e no rexuvenecemento mediante reprogramación somática celular
Autoría
A.C.Q.
Grao en Bioquímica (2ªed)
A.C.Q.
Grao en Bioquímica (2ªed)
Data da defensa
14.07.2025 09:30
14.07.2025 09:30
Resumo
Este traballo de fin de grao céntrase no estudo dos reguladores epitranscritómicos da modificación N6-metiladenosina (m6A) no ARN, un mecanismo clave no control post-transcricional da expresión xénica. A investigación aborda dúas situacións biolóxicas contrapostas: o envellecemento acelerado, a través do modelo da síndrome de proxeria de Hutchinson-Gilford (HGPS), e o rexuvenecemento celular, mediante reprogramación somática a células nai pluripotentes inducidas (iPSCs). Na primeira parte do estudo, realizouse unha análise bioinformática dun conxunto de datos transcriptómicos de fibroblastos de rato homocigotos para a expresión de proxerina. Mediante ferramentas como BioJupies e Morpheus, examinouse a expresión dos xenes Mettl3, Mettl14, Mettl16, Fto e Alkbh5. Non se observaron cambios significativos entre as condicións proxéricas e control, indicando que a regulación funcional destas encimas podería non depender exclusivamente da súa expresión transcricional. Na segunda parte, levouse a cabo un estudo in silico da expresión dos reguladores de m6A empregando datos de secuenciación masiva publicados de reprogramación celular somática, así como un modelo experimental de reprogramación celular somática infectando fibroblastos de rato cun vector lentiviral que expresa os factores de Yamanaka (OKSM). Observouse que os niveis de expresión de Mettl3 e Mettl14 aumentan progresivamente durante o proceso. Ademáis, mediante a interferencia de Mettl3 con shARN, observouse unha diminución na eficiencia da reprogramación, evidenciada pola redución de células positivas para Nanog. En conxunto, os resultados indican que os reguladores da m6A non están transcricionalmente alterados en proxeria, pero parecen xogar un papel no establecemento do estado pluripotente. Estes achados sitúan a metilación de ARN como un factor clave no control da identidade celular e na determinación da idade celular, abrindo novas posibilidades para investigacións en terapias anti-envellecemento e rexenerativas.

BARCIA VIEITEZ, RAMIRO (Titoría)
Covelo Molares, Helena Cotitoría
GUALLAR ARTAL, DIANA Cotitoría
BARCIA VIEITEZ, RAMIRO (Titoría)
Covelo Molares, Helena Cotitoría
GUALLAR ARTAL, DIANA Cotitoría
Tribunal
SEIJAS VAZQUEZ, JULIO ANTONIO (Presidente/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Secretario/a)
RODRIGUEZ SILVA, LAURA (Vogal)
SEIJAS VAZQUEZ, JULIO ANTONIO (Presidente/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Secretario/a)
RODRIGUEZ SILVA, LAURA (Vogal)
Caracterización fenotípica dunha liña de peixe cebra mutante para o xene RFT1.
Autoría
I.C.P.
Grao en Bioquímica (2ªed)
I.C.P.
Grao en Bioquímica (2ªed)
Data da defensa
14.07.2025 09:30
14.07.2025 09:30
Resumo
A glicosilación é unha modificación postraduccional, da cal existen varios tipos, que teñen lugar en diferentes compartimentos celulares. Calquera alteración en xenes, como por exemplo RFT1, implicados nesta ruta causa os chamados trastornos conxénitos da glicosilación (CDG). O xene RFT1 podería codificar para un transportador que participa na vía de N-glicosilación. No presente traballo, utilizouse o peixe cebra como modelo experimental para esclarecer algúns dos efectos da mutación neste xene. O obxectivo de investigación foi determinar a repercusión que tiña a mutación nasupervivencia e na rexeneración tisular. Para acadar os obxectivos, leváronse a cabo xenotipados, cortes de aleta e varias análises estatísticas. Os resultado obtidos mostraron que os individuos homocigotos para a mutación contaban cunha menor taxa de supervivencia, así como unha rexeneración da aleta caudal significativamente inferior en comparación cos individuos heterocigotos e de tipo salvaxe. Ademais, estes síntomas correlacionábanse cos descritos en pacientes que padecían un CDG. Con todo isto, concluíuse que a mutación no xene rft1 afectaba o desenvolvemento larval do peixe cebra, así como impedía a correcta rexeneración tisular, neste caso, da aleta caudal.

SÁNCHEZ PIÑÓN, LAURA ELENA (Titoría)
GANDOY FIEIRAS, NEREA Cotitoría
SÁNCHEZ PIÑÓN, LAURA ELENA (Titoría)
GANDOY FIEIRAS, NEREA Cotitoría
Tribunal
SEIJAS VAZQUEZ, JULIO ANTONIO (Presidente/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Secretario/a)
RODRIGUEZ SILVA, LAURA (Vogal)
SEIJAS VAZQUEZ, JULIO ANTONIO (Presidente/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Secretario/a)
RODRIGUEZ SILVA, LAURA (Vogal)
Proxecto de Deseño de Instalación de Paneis Solares, Aerotermia e Climatización de Piscina para a Mellora da Eficiencia Enerxética en Vivenda
Autoría
M.C.R.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
M.C.R.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
Data da defensa
12.09.2025 09:30
12.09.2025 09:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo mellorar a eficiencia enerxética dunha vivenda mediante a incorporación de diferentes sistemas sostibles, có fin de reducir o consumo enerxético e fomentar o uso de enerxías renovables. Para iso, propóñese a instalación de paneis solares fotovoltaicos na cuberta da vivenda, orientados ao sur para maximizar a captación da radiación solar. Estes paneis abastecerán de enerxía tanto á vivenda como ao sistema de rega, á bomba da piscina e ao cargador dun vehículo eléctrico. Analizaranse dúas opcións: unha baseada no autoconsumo da enerxía xerada e outra na que a enerxía xerada se verta á rede eléctrica, mercando o consumo enerxético necesario. Así mesmo, estudarase a viabilidade dun sistema de aerotermia para a climatización da vivenda, avaliando a súa eficiencia e rendibilidade. Tamén se valorará a instalación de paneis solares térmicos para a produción de auga quente sanitaria e a climatización da piscina, combinándoos cunha bomba de calor que permita manter a súa temperatura de maneira eficiente. O proxecto incluirá unha análise técnica e económica de cada solución proposta, considerando o investimento inicial, o aforro enerxético, o tempo de amortización, o impacto ambiental e o cumprimento da normativa vixente. Para o seu desenvolvemento, elaborarase unha Memoria Técnica acompañada de Anexos, Planos, Prego de Condicións, Estudo de Seguridade e Saúde, Xestión de Residuos e un Orzamento detallado, garantindo así unha avaliación integral da proposta.

Optimización da dixestión in vitro para alimentos ricos en almidón.
Autoría
R.C.P.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
R.C.P.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
17.07.2025 09:15
17.07.2025 09:15
Resumo
A simulación in vitro da dixestión gastrointestinal consolidouse como unha ferramenta clave no estudo do comportamento dos alimentos durante o seu tránsito polo tracto dixestivo. Esta metodoloxía permite avaliar a liberación de nutrientes, a bioaccesibilidade de compostos bioactivos e a eficacia de formulacións alimentarias baixo condicións controladas. Neste contexto, o protocolo INFOGEST converteuse no estándar internacional para replicar de forma estática as fases oral, gástrica e intestinal. Porén, a súa eficacia fronte a certas matrices ricas en amidón aínda presenta limitacións. O obxectivo deste traballo foi optimizar o protocolo INFOGEST co fin de mellorar a dixestibilidade do amidón en matrices complexas. Para iso, avaliáronse distintas proporcións de caseína/agar (25/75, 50/50, 75/25 e 100% caseína), o efecto da prolongación da dixestión a 24 horas, a inhibición proteolítica mediante Pefabloc e a suplementación con amilase. Ademais, comparáronse os resultados obtidos in vitro con mostras recollidas tras unha dixestión in vivo en modelo porcino. Aplicáronse técnicas como balance de masas, cuantificación de glicosa e amidón residual, microscopía confocal, análise DLS e potencial Z para caracterizar a eficacia dixestiva. Os resultados amosaron que a combinación de dixestión prolongada, inhibición de proteases e adición de amilase permitiu acadar niveis de dixestión comparables aos observados in vivo. Estes achados poñen de relevo a importancia de adaptar os protocolos de dixestión in vitro á natureza das mostras e consolidan o seu papel como ferramenta predictiva no desenvolvemento de alimentos funcionais, investigación nutricional e estudos de biodispoñibilidade.

Romero Rodríguez, Mª Ángeles (Titoría)
Correa Marcano, Yubexi Yakari Cotitoría
Romero Rodríguez, Mª Ángeles (Titoría)
Correa Marcano, Yubexi Yakari Cotitoría
Tribunal
MEIJIDE DEL RIO, FRANCISCO ANGEL (Presidente/a)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA (Secretario/a)
LUZARDO ALVAREZ, ASTERIA MARIA (Vogal)
MEIJIDE DEL RIO, FRANCISCO ANGEL (Presidente/a)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA (Secretario/a)
LUZARDO ALVAREZ, ASTERIA MARIA (Vogal)
Alimentos fermentados e o seu impacto na saúde mental
Autoría
H.E.B.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
H.E.B.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
17.07.2025 09:15
17.07.2025 09:15
Resumo
Nos últimos anos, tense investigado moito sobre a conexión entre a microbiota intestinal e a saúde mental. Observouse que o equilibrio das bacterias intestinais pode influir no estado de ánimo, o estrés e a ansiedades. Neste contexto, os alimentos fermentados, ricos en probióticos e noutros compostos beneficiosos, poderían desempeñar un papel importante no benestar mental. Este traballo ten como obxectivo analizar a relación entre o consumo de alimentos fermentados e a saúde mental, explorando como estes poden influir en trastornos como a ansiedade e a depresión. Para iso, realizarase unha revisión bibliográfica de estudos recentes que examinen o seu impacto na microbiota intestinal e na produción de neurotransmisores como a serotonina e o GABA. Os achados amosan que os alimentos fermentados de consumo habitual, conteñen microorganismos e metabolitos capaces de modular positivamente a microbiota intestinal e o eixe intestino cerebro. Isto tradúcese en melloras potenciais no estado de ánimo, na reducción do estrés e na función cognitiva, avalando o seu uso como complemento nutricional para a saúde mental.

FENTE SAMPAYO, CRISTINA ASUNCION (Titoría)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE Cotitoría
FENTE SAMPAYO, CRISTINA ASUNCION (Titoría)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE Cotitoría
Tribunal
MEIJIDE DEL RIO, FRANCISCO ANGEL (Presidente/a)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA (Secretario/a)
LUZARDO ALVAREZ, ASTERIA MARIA (Vogal)
MEIJIDE DEL RIO, FRANCISCO ANGEL (Presidente/a)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA (Secretario/a)
LUZARDO ALVAREZ, ASTERIA MARIA (Vogal)
Establecemento e caracterización dunha liña celular de linguado senegalés (Solea senegalensis) para desenvolver ensaios de edición xenética.
Autoría
P.E.D.L.I.
Grao en Bioquímica (2ªed)
P.E.D.L.I.
Grao en Bioquímica (2ªed)
Data da defensa
14.07.2025 09:30
14.07.2025 09:30
Resumo
O linguado senegalés é unha especie emerxente en acuicultura, e un dos principais retos para mellorar a súa produción é o control do sexo. A diferenza na taxa de crecemento das femias respecto dos machos favorece a selección de liñas unicamente de femias para o cultivo. Ademais, investigacións recentes identificaron o xene fshr como o regulador clave da determinación sexual nesta especie, facilitando a creación destas liñas. Porén, o avance nas técnicas de edición xenética e validación funcional viuse limitado pola ausencia de liñas celulares específicas de Solea senegalensis. O establecemento dunha liña celular estable permitiría realizar ensaios in vitro máis éticos e eficientes, acelerando os estudos moleculares e funcionais nesta especie. Este traballo centrouse en establecer e caracterizar unha liña celular permanente derivada do ril anterior de Solea senegalensis. Para iso, desenvolvéronse técnicas como a inmortalización mediante infección con Snakehead Retrovirus, o que permitiu obter células con crecemento estable, morfoloxía fibroblástica típica e rápida proliferación. Avaliouse o crecemento a distintas temperaturas, determinándose que vinte e sete graos é a condición óptima para a proliferación. A análise cromosómica revelou unha modalidade de corenta e dous cromosomas, consistente coa dotación diploide esperada, con pequenas variacións atribuíbles ao proceso de inmortalización. Ademais, optimizáronse protocolos de electroporación para introducir complexos CRISPRCas dirixidos ao xene fshr. A eficiencia da transfeción verificouse mediante fluorescencia e microscopía confocal. En conxunto, estes resultados validan a liña celular SSK como un modelo sólido para futuros estudos xenéticos e funcionais en Solea senegalensis, facilitando a mellora do cultivo desta especie.

Carballeda Álvarez, Maialen Cotitoría
SÁNCHEZ PIÑÓN, LAURA ELENA (Titoría)
Carballeda Álvarez, Maialen Cotitoría
Tribunal
SEIJAS VAZQUEZ, JULIO ANTONIO (Presidente/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Secretario/a)
RODRIGUEZ SILVA, LAURA (Vogal)
SEIJAS VAZQUEZ, JULIO ANTONIO (Presidente/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Secretario/a)
RODRIGUEZ SILVA, LAURA (Vogal)
Deleción de xenes do resistoma secundario de Escherichia coli de orixe animal e/ou humano resistente a cefotaxima
Autoría
N.F.P.
Grao en Bioquímica (2ªed)
N.F.P.
Grao en Bioquímica (2ªed)
Data da defensa
14.07.2025 09:30
14.07.2025 09:30
Resumo
A rápida diseminación da resistencia aos antimicrobianos a nivel mundial constitúe unha das principais ameazas para a saúde pública actual. A escaseza de tratamentos eficaces fronte a infeccións causadas por bacterias multirresistentes (MDR) subliña a necesidade de desenvolver novas estratexias terapéuticas e profilácticas. Neste contexto, a OMS clasificou ás Enterobacterias resistentes a cefalosporinas de terceira xeración como prioridade crítica, debido ao seu potencial para causar infeccións graves e á limitación de terapias efectivas para combatelas. Este estudo investiga o papel do xene mnmA, pertencente ao resistoma secundario (RS) de Escherichia coli, fronte á cefotaxima (CTX), en cepas clínicas de E.coli resistentes ao dito antibiótico, dado que as proteínas codificadas por xenes do RS poderían representar dianas para fármacos adxuvantes. Mediante mutaxénese dirixida, delecionouse o xene mnmA substituíndoo por unha casete de resistencia a Kan codificada no plásmido pKD4. Nas colonias mutantes obtidas determinouse o perfil de resistencia a CTX mediante a análise da concentración mínima inhibitoria (MIC) e comparáronse cos valores obtidos nas cepas silvestres correspondentes. Adicionalmente, avaliouse se a deleción do xene mnmA afectaba ao crecemento das cepas en presenza de CTX (concentración aproximada de 1/2 da MIC determinada para a cepa silvestre) e, por tanto, a súa susceptibilidade ao antibiótico, mediante un ensaio Time Kill Assay. Os resultados evidenciaron que mnmA forma parte do RS de E.coli fronte a CTX, xa que a súa deleción aumenta a susceptibilidade bacteriana ao antibiótico observando unha diminución da MIC de CTX nas cepas mutantes (entre 4-8 veces) respecto ás cepas silvestres correspondentes. Ademais, o ensaio Time Kill Assay en presenza de CTX mostrou unha redución gradual das UFC/mL ao longo do tempo nas cepas mutantes en comparación coas cepas silvestres.

FRESNO HERRERO, ANA (Titoría)
Flament Simon, Saskia Camille Cotitoría
FRESNO HERRERO, ANA (Titoría)
Flament Simon, Saskia Camille Cotitoría
Tribunal
SEIJAS VAZQUEZ, JULIO ANTONIO (Presidente/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Secretario/a)
RODRIGUEZ SILVA, LAURA (Vogal)
SEIJAS VAZQUEZ, JULIO ANTONIO (Presidente/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Secretario/a)
RODRIGUEZ SILVA, LAURA (Vogal)
Antioxidantes e mellora do rendemento deportivo: ¿Mito ou realidade?
Autoría
D.F.G.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
D.F.G.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
17.07.2025 09:15
17.07.2025 09:15
Resumo
A investigación que se realiza céntrase no papel dos antioxidantes na mellora do rendemento deportivo, explorando se o seu uso é realmente beneficioso ou potencialmente prexudicial. Para comprender adecuadamente este estudo, é esencial familiarizarse con conceptos clave como as especies reactivas (ERs) e os antioxidantes. As ERs, que inclúen radicais libres e outras moléculas oxidantes, son produtos do metabolismo celular que poden causar dano a proteínas, lípidos e ácidos nucleicos. Porén, tamén desempeñan funcións esenciais en procesos biolóxicos como a apoptose e a resposta inmunolóxica. Por outra banda, os antioxidantes, tanto enzimáticos como non enzimáticos, actúan neutralizando estas especies reactivas, protexendo así o organismo do estrés oxidativo. Este traballo explora a complexa interacción entre o exercicio físico, a produción de ER e o papel dos antioxidantes, analizando como estas dinámicas inflúen no rendemento deportivo e na saúde xeral.
A investigación que se realiza céntrase no papel dos antioxidantes na mellora do rendemento deportivo, explorando se o seu uso é realmente beneficioso ou potencialmente prexudicial. Para comprender adecuadamente este estudo, é esencial familiarizarse con conceptos clave como as especies reactivas (ERs) e os antioxidantes. As ERs, que inclúen radicais libres e outras moléculas oxidantes, son produtos do metabolismo celular que poden causar dano a proteínas, lípidos e ácidos nucleicos. Porén, tamén desempeñan funcións esenciais en procesos biolóxicos como a apoptose e a resposta inmunolóxica. Por outra banda, os antioxidantes, tanto enzimáticos como non enzimáticos, actúan neutralizando estas especies reactivas, protexendo así o organismo do estrés oxidativo. Este traballo explora a complexa interacción entre o exercicio físico, a produción de ER e o papel dos antioxidantes, analizando como estas dinámicas inflúen no rendemento deportivo e na saúde xeral.
Dirección
BARCIA VIEITEZ, RAMIRO (Titoría)
BARCIA VIEITEZ, RAMIRO (Titoría)
Tribunal
MEIJIDE DEL RIO, FRANCISCO ANGEL (Presidente/a)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA (Secretario/a)
LUZARDO ALVAREZ, ASTERIA MARIA (Vogal)
MEIJIDE DEL RIO, FRANCISCO ANGEL (Presidente/a)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA (Secretario/a)
LUZARDO ALVAREZ, ASTERIA MARIA (Vogal)
Presenza de fármacos nas augas de consumo en España
Autoría
A.F.R.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
A.F.R.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
17.07.2025 09:15
17.07.2025 09:15
Resumo
A presenza de fármacos na auga destinada ao consumo humano representa unha preocupación crecente debido ás posibles implicacións tanto para a saúde pública como para o medio ambiente. A pesar dos avances nos sistemas de tratamento e control de calidade da auga, especialmente nas ETAP, numerosas investigacións detectaron restos de medicamentos en augas de consumo humano, xerando dúbidas sobre os efectos que esta exposición, aínda que sexa a baixas concentracións, podería producir a longo prazo na poboación. O obxectivo deste traballo de fin de grao é avaliar a situación actual en España respecto á presenza de fármacos en base a datos publicados e estimar a inxestión por parte da poboación española. Para iso realizouse unha revisión bibliográfica sobre estudos levados a cabo en distintas rexións de España, centrados na detección de fármacos en auga da billa, auga subterránea, auga embotellada e augas tratadas. A partir destes datos, estimouse a inxestión diaria e anual de diversos compostos farmacolóxicos, así como os seus posibles efectos sobre a saúde humana. Os resultados mostran que tan só se levaron a cabo estudos en sete comunidades autónomas e que, aínda que as concentracións atopadas adoitan ser moi baixas, a exposición crónica podería ter implicacións sanitarias, especialmente pola súa relación coa resistencia bacteriana, a alteración da microbiota intestinal e a toxicidade acumulativa

Proxecto de educación nutricional para a prevención da obesidade infantil no ámbito rural en Carballo
Autoría
I.F.P.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
I.F.P.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
A obesidade defínese como a acumulación anormal ou excesiva de graxa que pode chegar a ser prexudicial para a saúde. Para determinar a existencia de sobrepeso e/ou obesidade infantil, a Organización Mundial da Saúde (OMS) estableceu uns patróns de crecemento en función da idade e do sexo. Debido á crecente preocupación por un aumento na prevalencia da obesidade infantil nas últimas décadas, xorde a idea de realizar un programa de educación nutricional dirixido a nenos enrtre 10 e 11 anos de idade titulado: Proxecto de educación nutricional para a prevención da obesidade infantil no ámbito rural en Carballo. O proxecto inclúe unha serie de talleres tanto teóricos como prácticos para levar a cabo nas aulas, no comedor escolar e tamén nas zonas adxacente aos colexios. A poboación diana do proxecto é o alumnado dos cursos de 5º de primaria. Os obxectivos deste proxecto son concienciar sobre a gravidade do sobrepeso e a obesidade na infancia e promover hábitos saudables, exercicio físico e o seguimento da dieta atlántica na escola e no fogar. Os talleres levaranse a cabo durante o 3º trimestre escolar que se desenvolve nos meses de abril ata xuño. Elixiuse este trimestre debido ao interese de fomentar o exercicio físico na natureza. Ademais de estar destinados ao alumnado de 5º de primaria, solicitarase a participación dos familiares durante varias sesións. Estes talleres contarán con recursos TIC así como, farase entrega de formularios, permitíndonos coñecer a influencia de este tipo de educación nutricional sobre os hábitos alimentarios e saudables.

FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL (Presidente/a)
CARRAZANA GARCIA, JORGE ANTONIO (Secretario/a)
PITA CALVO, CONSUELO (Vogal)

Estudo da adecuación nutricional e prevalencia de menús especiais en centros escolares públicos e privados
Autoría
A.F.G.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
A.F.G.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.09.2025 16:00
16.09.2025 16:00
Resumo
A diversidade cultural, relixiosa e alimentaria da poboación galega experimentou un notábel incremento nos últimos anos, o que tamén afectou á comunidade educativa. Esta pluralidade tradúcese nunha crecente demanda de opcións alimentarias personalizadas nos comedores escolares, que respondan adecuadamente ás necesidades e valores de familias con prácticas alimentarias vinculadas a crenzas relixiosas, conviccións éticas o condicións clínicas específicas. Este traballo ten como obxectivo analizar a dispoñibilidade de menús especiais en centros escolares galegos e avaliar a súa adecuación nutricional. Para elo, realizouse unha enquisa a vinte e seis colexios de Galicia, co fin de recoller información sobre os tipos de menús ofertados, a educación nutricional e formación do persoal e as posibles dificultades ás que se enfrontan os centros na implantación de dietas adaptadas á diversidade alimentaria do alumnado.
A diversidade cultural, relixiosa e alimentaria da poboación galega experimentou un notábel incremento nos últimos anos, o que tamén afectou á comunidade educativa. Esta pluralidade tradúcese nunha crecente demanda de opcións alimentarias personalizadas nos comedores escolares, que respondan adecuadamente ás necesidades e valores de familias con prácticas alimentarias vinculadas a crenzas relixiosas, conviccións éticas o condicións clínicas específicas. Este traballo ten como obxectivo analizar a dispoñibilidade de menús especiais en centros escolares galegos e avaliar a súa adecuación nutricional. Para elo, realizouse unha enquisa a vinte e seis colexios de Galicia, co fin de recoller información sobre os tipos de menús ofertados, a educación nutricional e formación do persoal e as posibles dificultades ás que se enfrontan os centros na implantación de dietas adaptadas á diversidade alimentaria do alumnado.
Dirección
MIRANDA LOPEZ, JOSE MANUEL (Titoría)
López Santamarina, Aroa Cotitoría
MIRANDA LOPEZ, JOSE MANUEL (Titoría)
López Santamarina, Aroa Cotitoría
Tribunal
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Presidente/a)
Candal Pedreira, Cristina (Secretario/a)
Pérez Fra, Mª do Mar (Vogal)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Presidente/a)
Candal Pedreira, Cristina (Secretario/a)
Pérez Fra, Mª do Mar (Vogal)
Abordaxe nutricional diferencial basado na evidencia en EII, SII e SIBO
Autoría
D.F.R.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
D.F.R.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
A enfermidade inflamatoria intestinal (EII), a síndrome do intestino irritable (SII) e o sobrecrecemento bacteriano do intestino delgado (SIBO), son patoloxías que comparten múltiples manifestacións clínicas, presentan unha elevada prevalencia e teñen un importante impacto sobre a calidade de vida dos pacientes. Recentemente, o abordaxe dietético-nutricional cobrou relevancia como ferramenta terapéutica no seu manexo. Non obstante, a evidencia dispoñible sobre a súa eficacia en cada patoloxía segue sendo limitada. O obxectivo deste traballo foi analizar, mediante unha revisión narrativa, as estratexias dietéticas con potencial terapéutico en EII, SII e SIBO, valorando a evidencia sobre a súa eficacia en cada caso, a súa aplicabilidade clínica e os riscos asociados. Para iso, realizouse unha busca bibliográfica mediante as ferramentas dixitais PubMed e Iacobus, seleccionando estudos relevantes publicados entre 2015 e 2025. Os resultados amosan que, as intervencións dietéticas deben individualizarse segundo a patoloxía e a sintomatoloxía predominante. En EII, priorízanse estratexias como o cribado nutricional e o uso de patróns equilibrados como a dieta mediterránea en fases de remisión, ou patróns restrictivos como a dieta baixa en FODMAPs cando existe sintomatoloxía dixestiva; en SII, adáptase o abordaxe ao subtipo clínico, empregando como primeira liña o consello dietético tradicional ou a guía NICE, e reservando dietas como a baixa en FODMAPs para casos persistentes; mentres que en SIBO, o tratamento debe comezar por unha avaliación clínica exhaustiva e a exclusión de patoloxías asociadas, antes de considerar dietas como a baixa en FODMAPs ou a elemental, polos riscos a longo prazo. O uso de suplementos (como fibra soluble, vitamina D ou probióticos) explorouse nas tres patoloxías, aínda que cun maior respaldo en EII. En conxunto, o seguimento profesional e a necesidade de estudos mellor deseñados continúan sendo fundamentais para acadar un correcto tratamento.

Entomofaxia: aceptación en Galicia
Autoría
I.F.A.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
I.F.A.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
Os insectos levan formando parte da dieta humana durante moitos anos e, na actualidade, aínda son un alimento tradicional en moitas culturas, achegando beneficios nutricionais, ecolóxicos e económicos. Nos últimos anos, existe unha preocupación polo futuro próximo do sistema agroalimentario, xa que a produción de proteína é cada vez menos sostible; por iso, estase a traballar na investigación de novas alternativas alimentarias, como pode ser a entomofaxia. Baseándose nisto, planteouse o seguinte Traballo de Fin de Grao co obxectivo de determinar a percepción da poboación galega cara ao consumo de insectos e a aceptación sensorial tras consumir un produto elaborado con fariña de insectos. Tamén se pretende comprobar se existen diferenzas nas súas opinións segundo variables demográficas como idade, sexo ou nivel educativo, así como identificar os factores que inflúen na súa disposición a incorporar insectos na súa dieta. Para realizar o estudo, desenvolvéronse dous cuestionarios. A investigación pon de relevo que a percepción positiva do valor nutricional e a seguridade alimentaria dos insectos son factores clave para a súa aceptación. Porén, identifícanse barreiras importantes, como a tradicionalidade, a repulsión cara a un posible sabor e/ou textura desagradable, e certa reticencia cultural. Na proba hedónica, pódese comprobar que, ao substituír unha parte da fariña convencional por fariña de grilo, conséguese obter un produto a base de insectos cun maior contido en proteínas que é aceptado polas persoas que o proban. Demóstrase que a maior parte das persoas que participan na proba están xa máis predispostas ao consumo de insectos. En definitiva, os resultados obtidos suxiren que, aínda que a introdución dos insectos na dieta española afronta moitos desafíos, existen perspectivas favorables para a súa aceptación futura.

Aplicación de métodos de proteómica baseados en espectrometría de masas para o estudo de proteínas de orixe lácteo
Autoría
A.Y.G.S.
Grao en Bioquímica (2ªed)
A.Y.G.S.
Grao en Bioquímica (2ªed)
Data da defensa
14.07.2025 09:30
14.07.2025 09:30
Resumo
O leite e os seus derivados son unha fonte esencial de proteínas na dieta humana, especialmente das caseínas, que representan aproximadamente o 80 por cento do contido proteico total. Estas proteínas non só cumpren funcións nutricionais, senón que tamén inflúen na textura, estabilidade e valor tecnolóxico dos produtos lácteos. Debido a súa importancia, é necesario dispoñer de métodos analíticos que permitan identificalas e cuantificalas de forma precisa e específica en distintas matrices alimentarias. Durante este traballo búscase o desenvolvemento dun método de análise baseado na espectrometría de masas en modo MRM (Multiple Reaction Monitoring) acoplada a cromatografía líquida de alta resolución (HPLC MS MS), co obxectivo de identificar e cuantificar simultaneamente catro tipos principais de caseínas (alfa un, alfa dous , beta e kappa) en produtos de orixe láctea. Para iso, seguiuse un enfoque de proteómica bottom up, que consiste na dixestión enzimática das proteínas presentes na mostra antes do seu análise. Ademais, empregouse o método AQUA (Absolute Quantification), que permite unha cuantificación absoluta grazas ao uso de péptidos sintéticos marcados isotopicamente que se comportan de maneira idéntica aos seus homólogos endóxenos. Unha vez optimizadas as condicións cromatográficas e espectrométricas, o método aplicouse a cinco matrices lácteas: leite, batido, iogur, xeado e queixo, tanto en estado de materia prima como de produto final. Os resultados amosaron variacións nas concentracións das diferentes caseínas atribuíbles ao procesado industrial. Este estudo demostra a utilidade de empregar técnicas de proteómica no estudo das proteínas lácteas.

Exposito Castro, M.Ángeles Cotitoría
BLANCO ALVAREZ, MIGUEL (Titoría)
Exposito Castro, M.Ángeles Cotitoría
Tribunal
SEIJAS VAZQUEZ, JULIO ANTONIO (Presidente/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Secretario/a)
RODRIGUEZ SILVA, LAURA (Vogal)
SEIJAS VAZQUEZ, JULIO ANTONIO (Presidente/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Secretario/a)
RODRIGUEZ SILVA, LAURA (Vogal)
Novos catalizadores biomiméticos de manganeso: estudo da súa actividade antioxidante.
Autoría
A.G.L.
Grao en Bioquímica (2ªed)
A.G.L.
Grao en Bioquímica (2ªed)
Data da defensa
14.07.2025 09:30
14.07.2025 09:30
Resumo
O manganeso é un metal esencial que participa en numerosos procesos biolóxicos. Está presente no centro activo ou actúa como cofactor de antioxidantes naturais. Por iso, o uso de complexos de manganeso presenta unha potencial aplicación como un modelo biomimético destes encimas antioxidantes. A función destes encimas é neutralizar ás especies reactivas de osíxeno, fortes oxidantes que causan o estrés oxidativo, para manter o equilibrio biolóxico e evitar danos celulares. Estes antioxidantes sintéticos presentan vantaxes fronte aos naturais debido ás súas características, como o baixo peso molecular, e ao reducido coste de produción, polo que supoñen unha alternativa ao seu uso en terapias. Neste proxecto, sintetizouse un complexo metálico de manganeso a partir dun ligando base de Schiff obtido mediante a condensación de 1,2diaminopropano e 2hidroxi3metoxibenzaldehido. A súa caracterización levouse a cabo mediante estudos de condutividade, espectroscopia IR, espectroscopia Ultravioleta Visible, cristalografía de raios X e espectrometría de masas entre outras técnicas. Realizouse un estudo do seu potencial redox mediante ensaios de voltametría cíclica. A súa actividade catalítica como antioxidante avaliouse mediante ensaios de peroxidase, catalase e catecol oxidase. Os estudos demostran a correcta obtención do complexo, unha elevada reversibilidade do proceso Mn(II)/Mn(III) e indican unha actividade catalítica alta o que confirma o papel mimético antioxidante.

MANEIRO MANEIRO, MARCELINO (Titoría)
MANEIRO MANEIRO, MARCELINO (Titoría)
Tribunal
SEIJAS VAZQUEZ, JULIO ANTONIO (Presidente/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Secretario/a)
RODRIGUEZ SILVA, LAURA (Vogal)
SEIJAS VAZQUEZ, JULIO ANTONIO (Presidente/a)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Secretario/a)
RODRIGUEZ SILVA, LAURA (Vogal)
Ecotipo de trigo e tempo de almacenamento en conxelación: impacto na calidade sensorial e aceptación do pan galego
Autoría
M.B.G.G.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
M.B.G.G.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
O pan é un produto moi apreciado, especialmente polas súas características sensoriais. A calidade do pan galego foi recoñecida coa creación da Indicación Xeográfica Protexida (I.X.P.) “Pan Galego”, que esixe que polo menos o 25% da fariña proveña de trigo de variedades locais. Actualmente, existen 5 variedades galegas rexistradas (‘Callobre’, ‘Caaveiro’, ‘Arzúa’, ‘Miño’e ‘Castrexo’), aínda que outras, coma ‘1910-4’ e ‘E1ext’, poderían ser aptas para a súa inclusión. Este estudo ten como obxectivo avaliar sensorialmente pans elaborados coas 5 variedades rexistradas e as 2 non rexistradas, así como determinar o impacto da conxelación nas súas características organolépticas. Ademais, analízase a aceptación destes pans por parte de consumidores adultos novos (n=116) e aplícase a técnica “Check All That Apply” (CATA) para caracterizar cada pan e definir o pan ideal para este grupo de consumidores. Os resultados do estudo con catadores adestrados amosan escasas diferenzas sensoriais entre as mostras. Agás a humidade, o resto das variacións poden atribuírselle ao proceso de panificación artesanal. Non se observan diferenzas significativas entre pans elaborados con variedades rexistradas e non rexistradas, o que suxire que ‘1910-4’ e ‘E1ext’, dende o punto de vista sensorial, poderían rexistrarse como variedades autóctonas. Ademais, a conxelación resulta ser un método eficaz para preservar as características sensoriais ao longo do tempo, xa que unicamente se observa unha lixeira perda de aroma a trigo na variedade ‘Caaveiro’. Aínda que a aceptación das 7 mostras é moderada, identifícanse atributos desexables e evitables para o pan ideal deste grupo de poboación.

VÁZQUEZ ODERIZ, MARÍA LOURDES Cotitoría
Romero Rodríguez, Mª Ángeles (Titoría)
VÁZQUEZ ODERIZ, MARÍA LOURDES Cotitoría
Tribunal
FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL (Presidente/a)
CARRAZANA GARCIA, JORGE ANTONIO (Secretario/a)
PITA CALVO, CONSUELO (Vogal)
FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL (Presidente/a)
CARRAZANA GARCIA, JORGE ANTONIO (Secretario/a)
PITA CALVO, CONSUELO (Vogal)
Estudo neuroquímico dos subsistemas olfactivos da toupeira común (Talpa europea)
Autoría
G.G.H.
Grao en Bioquímica (2ªed)
G.G.H.
Grao en Bioquímica (2ªed)
Data da defensa
14.07.2025 09:30
14.07.2025 09:30
Resumo
O sistema vomeronasal (SVN) é crucial para detectar sinais feromonais que modulan as condutas sociosexuais. A pesar do seu papel central na comunicación química, a nosa comprensión da súa variabilidade anatómica e funcional entre mamíferos segue a ser incompleta. Este estudo ofrece a primeira caracterización detallada do SVN no topo ibérico (Talpa occidentalis), unha especie endémica da Península Ibérica. Realizouse unha análise morfofuncional e neuroquímica do órgano vomeronasal (OVN) e do bulbo olfativo accesorio (BOA) mediante técnicas de histoloxía, inmunohistoquímica e histoquímica con lectinas. O OVN en T. occidentalis mostrou un lume circular pouco común recuberto por un epitelio sensorial uniforme, carente da organización epitelial dual observada na maioría das especies. A cartilaxe vomeronasal era de extensión limitada e non formaba a típica estrutura en forma de J. É destacable que non se atopou evidencia da existencia dunha bomba vomeronasal, o que suxire mecanismos alternativos para a entrada de semioquímicos, posiblemente facilitados pola posición anatómica do órgano e pola distribución continua dos receptores. A análise inmunohistoquímica revelou unha forte expresión de Gai2 e Gg8 nas neuronas sensoriais, con expresión máis débil de Gao, o que suxire un predominio da transdución de sinais do tipo V1R. O BOA, aínda que pequeno, amosou unha laminación clara e unha localización específica de marcadores (Gai2, OMP, CR, MAP2), indicando unha organización funcional robusta. A unión de lectinas revelou patróns específicos de glicosilación na capa glomerular, con STL e LEA marcando rexións sinápticas. Estes achados revelan características anatómicas e moleculares sen precedentes no SVN de T. occidentalis, posicionando esta especie como un modelo valioso para estudar a diversidade e evolución do sistema vomeronasal entre os mamíferos subterráneos.

SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Titoría)
ORTIZ LEAL, IRENE Cotitoría
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Titoría)
ORTIZ LEAL, IRENE Cotitoría
Tribunal
VILLAMARIN CID, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Secretario/a)
GÓMEZ PARDO, MARÍA BELÉN (Vogal)
VILLAMARIN CID, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Secretario/a)
GÓMEZ PARDO, MARÍA BELÉN (Vogal)
Nutrición e Tiroiditis de Hashimoto: Estratexias Baseadas na Evidencia para Optimizar a Función Tiroidea
Autoría
A.G.P.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
A.G.P.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
A tiroidite de Hashimoto é unha enfermidade autoinmune e a causa máis común de hipotiroidismo. Caracterízase por un dano progresivo da glándula tiroide provocado por autoanticorpos, e a súa orixe é multifactorial, con influencia xenética, inmunolóxica, ambiental e nutricional. Aínda que o tratamento con levotiroxina permite acadar o eutiroidismo, non sempre controla os síntomas nin frea a progresión da enfermidade. Este traballo revisa a evidencia científica actual sobre estratexias nutricionais que poden complementar o tratamento médico. Abórdanse tres áreas principais: a relación entre o intestino, a microbiota e a tiroide; o papel dos micronutrientes como o iodo, o selenio e a vitamina D; e o impacto de patróns dietéticos, como a dieta sen glute ou a dieta mediterránea. A evidencia suxire que unha alimentación equilibrada, rica en fibra e antioxidantes, xunto a dietas antiinflamatorias como a mediterránea, pode contribuír a reducir autoanticorpos, mellorar a función tiroidea e aliviar síntomas persistentes. Tamén se destaca a relación entre a enfermidade celíaca e a tiroidite de Hashimoto, recomendando a dieta sen glute só en casos de diagnóstico confirmado ou sospeita clínica. Conclúese que as estratexias nutricionais deben ser personalizadas, integrais e baseadas na evidencia, situando a alimentación como un piar importante no manexo integral desta enfermidade.

Estratexias nutricionais para a prevención e manexo da enfermidade de Alzheimer
Autoría
C.G.P.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
C.G.P.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
13.02.2025 09:00
13.02.2025 09:00
Resumo
A enfermidade de Alzheimer é o tipo máis común de demencia, afectando directamente a máis de 50 millóns de pacientes a nivel mundial e indirectamente a decenas de millóns dos seus seres queridos. A súa causa ven dada pola acumulación dunha proteína chamada beta-amiloide no parénquima e vasculatura cerebral, a formación de nobelos neurofibrilares e unha diminución gradual da sinapse. Os síntomas máis temperáns da enfermidade son o esquecemento de eventos ou conversas recentes, pero co tempo empeoran afectando á memoria, razoamento, toma de decisións, habilidades e conducta. A razón primaria do inicio e progresión da patoloxía segue sen ser coñecida, non podendo darlle un tratamento definitivo. Con todo, si se coñecen algúns factores que poden aumentar o risco de padecer este tipo de demencia como poden ser unha alimentación baseada en carnes vermellas, alcohol, bebidas gasosas e ultraprocesados ricos en graxas saturadas e azucres, baixa actividade física e alteracións metabólicas, tendo así a capacidade de actuar sobre eles. Corrixindo certas pautas dietéticas e motivando unha vida máis activa pódese tratar de atrasar a aparición e evitar o avance cara a etapas máis graves desta enfermidade. Por todo isto, o obxectivo desta revisión bibliográfica é facer unha busca da literatura científica máis recente acerca do tratamento nutricional na enfermidade de Alzheimer para poder establecer pautas dietéticas que posibiliten previr a aparición ou o avance da enfermidade. O manexo nutricional do Alzheimer é un enfoque prometedor para previr e mitigar a súa progresión. A dieta mediterránea, rica en antioxidantes e graxas saudables, está amplamente recomendada, mentres que a dieta vegana, ben planificada, tamén ofrece beneficios neuroprotectores. A dieta cetoxénica demostrou potencial para mellorar a función cognitiva, pero debe aplicarse con precaución polos seus posibles efectos secundarios. En resumo, unha dieta equilibrada e rica en nutrientes é clave para mellorar a calidade de vida e atrasar a progresión do Alzheimer.

NEBOT GARCIA, CAROLINA GRACIELA Cotitoría
CARDELLE COBAS, ALEJANDRA (Titoría)
NEBOT GARCIA, CAROLINA GRACIELA Cotitoría
Tribunal
Romero Rodríguez, Mª Ángeles (Presidente/a)
PROUPIN CASTIÑEIRAS, JORGE (Secretario/a)
VÁZQUEZ ODERIZ, MARÍA LOURDES (Vogal)
Romero Rodríguez, Mª Ángeles (Presidente/a)
PROUPIN CASTIÑEIRAS, JORGE (Secretario/a)
VÁZQUEZ ODERIZ, MARÍA LOURDES (Vogal)
Detección rápida de biofilms de Listeria monocytogenes en superficies mediante amplificación isotérmica de ADN
Autoría
C.P.G.P.
Grao en Bioquímica (2ªed)
C.P.G.P.
Grao en Bioquímica (2ªed)
Data da defensa
14.07.2025 09:30
14.07.2025 09:30
Resumo
Listeria monocytogenes é un patóxeno de transmisión alimentaria de alta relevancia a nivel global pola súa elevada tasa de mortalidade. A súa gran capacidade de adaptación a condicións ambientais adversas e a súa capacidade para formar biofilms aumentan a súa resistencia e dificultan a súa eliminación. As técnicas de diagnóstico tradicionais, baseadas no cultivo bacteriano, requiren de varios días para determinar a mostra como positiva. Para solventar estes problemas, nos últimos anos desenvolvéronse técnicas moleculares máis rápidas e sensibles como a PCR (reacción en cadea da polimerasa) e o LAMP (amplificación isotérmica de ADN mediada por bucle). Neste traballo desenvolveuse un método rápido de detección de biofilms de L. monocytogenes en superficies de acero inoxidable mediante LAMP. Para isto evaluouse a recuperación de células dos biofilms con distintos tratamentos (PBS, LPT e LPT-PRN), o impacto do enriquecimento das mostras en TSB durante 3 horas e a purificación do ADN. Os resultados demostraron que o método LAMP, tanto no formato a tempo real como colorimétrico, permite detectar L. monocytogenes en biofilms monoespecie e mixtos a concentracións superiores a 3,9 log UFC/cm2, con melloras notables tras un enriquecimento de 3 horas e a purificación do ADN das mostras. Este formato colorimétrico pode levarse a cabo empregando unicamente un termobloque, sen necesidade de equipos especializados, o que o converte nunha ferramenta accesible, rápida e robusta para a súa aplicación en entornos industriais.

Lopez Cabo, Marta Cotitoría
GARRIDO MAESTU, ALEJANDRO Cotitoría
BLANCO ALVAREZ, MIGUEL (Titoría)
Lopez Cabo, Marta Cotitoría
GARRIDO MAESTU, ALEJANDRO Cotitoría
Tribunal
VILLAMARIN CID, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Secretario/a)
GÓMEZ PARDO, MARÍA BELÉN (Vogal)
VILLAMARIN CID, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Secretario/a)
GÓMEZ PARDO, MARÍA BELÉN (Vogal)
Deficiencias nutricionais en alerxias alimentarias e recomendacións dietéticas para afrontalas.
Autoría
A.G.A.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
A.G.A.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.09.2025 16:00
16.09.2025 16:00
Resumo
As alerxias alimentarias son un tipo de enfermidade alérxica que afecta ao sistema inmunolóxico, provocando que o corpo detecte como daniños a certos compoñentes dos alimentos (alérxenos alimentarios) provocando unha reacción adversa mediada por mecanismos inmunolóxicos. Este tipo de alteracións afecta a unha parte importante da poboación mundial, modificando en maior ou menor medida a súa dieta e polo tanto a calidade de vida. En función da gravidade da alerxia é posible que se sexa preciso deixar de consumir certos alimentos de forma radical ou consumilos de forma pautada. Este traballo de fin de grao céntrase nos distintos tipos de alerxias alimentarias, e evaluando as carencias nutricionais que istas enfermidades poidan ter asociadas, aportando pautas dietéticas que axuden a palialas. Céntrase especialmente na alerxia a froitas e verduras. Ao largo deste traballo obsérvase que a eliminación de alimentos da dieta leva consigo deficiencias nutricionais asociadas, por exemplo, no caso de eliminar froitas e verduras, pode asociarse con déficits de Vitamina C, potasio e folatos. Para minimizar estas carencias, en pacientes con alerxia a proteinas termolábiles (como PR-10 o profilinas) o cociñado pode permitir unha reintroducción segura, sendo unha estratexia dietética útil (sempre que esté indicada polo alergólogo). Para os casos de alerxia a proteínas termoestables (como LTPs), é necesario recurrir a combinacións doutros alimentos que cubran os requerimentos nutricionais comprometidos. En conclusión, é fundamental abordar as alerxias alimentarias dende unha perspectiva multidisciplinar, que contemple tanto a seguridade clínica como a adecuada cobertura nutricional. A intervención do dietista-nutricionista, o seguimento clínico con un alergólogo e a educación alimentaria son claves para garantir unha boa calidade de vida nas persoas afectadas e previr deficiencias asociadas.

Proxecto dunha planta fluidodinámica experimental para o estudo de perdas de carga.
Autoría
L.G.F.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
L.G.F.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
Data da defensa
15.07.2025 10:00
15.07.2025 10:00
Resumo
Este proxecto ten como obxectivo o deseño e a execución dunha planta fluidodinámica que constitúa unha ferramenta docente. O estudantado da Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela poderá empregar a instalación para analizar de forma empírica o efecto das perdas de carga en conducións de diferentes diámetros e materiais, así coma en múltiples elementos hidráulicos. En primeiro lugar, levouse a cabo unha proposta técnica para a planta fluidodinámica, abordando aspectos coma o dimensionamento dos elementos hidráulicos, selección de materiais e equipos, elaboración de planos e análise de criterios de seguridade e prevención de riscos. Unha vez completado o proxecto, procedeuse á execución e montaxe da instalación no laboratorio. A creación da planta fluidodinámica busca axudar ao alumnado a poñer en práctica os coñecementos adquiridos na materia de “Mecánica de fluídos”, permitíndolle vincular os conceptos estudados con situacións reais. O proxecto inclúe unha proposta de práctica de laboratorio para levar a cabo a comparación entre resultados teóricos e empíricos de perdas de presión, réxime de fluxo e coeficientes característicos de instalacións hidráulicas.

MARTINEZ AGEITOS, JOSE MANUEL (Titoría)
Vázquez Vila, María José Cotitoría
MARTINEZ AGEITOS, JOSE MANUEL (Titoría)
Vázquez Vila, María José Cotitoría
Tribunal
SEIJAS VAZQUEZ, JULIO ANTONIO (Presidente/a)
LU CHAU, THELMO ALEJANDRO (Secretario/a)
ORTIGUEIRA AMOR, JUAN MANUEL (Vogal)

Influencia da nutrición na calidade do descanso e o seu impacto nos trastornos do sono.
Autoría
N.G.C.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
N.G.C.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.09.2025 16:00
16.09.2025 16:00
Resumo
O soño é un proceso fisiolóxico fundamental para o benestar físico e mental, cun papel crave na regulación do equilibrio neuroendocrino, inmunológico, cognitivo e metabólico. Durmir de forma adecuada permite consolidar a memoria, modular as emocións, manter a homeostasis enerxética e favorecer a reparación celular. Con todo, os trastornos do soño afectan a unha porcentaxe crecente da poboación adulta, sendo considerados un problema de saúde pública. A súa persistencia vinculouse cun maior risco de desenvolver enfermidades crónicas non transmisibles, como obesidade, diabetes tipo 2, enfermidades cardiovasculares, deterioración cognitiva e trastornos do estado de ánimo, entre outros. Neste contexto, a alimentación emerxe como un factor regulador clave do ritmo circadiano e da calidade do descanso nocturno. As evidencias científicas dispoñibles indican que tanto a composición da dieta (macronutrientes e micronutrientes), como os patróns dietéticos globais e o uso de certos nutracéuticos (melatonina, magnesio, triptófano, glicina), poden influír de maneira directa na arquitectura do soño, a súa eficiencia e continuidade. Comprender esta interacción entre nutrición e soño abre novas oportunidades para desenvolver estratexias non farmacolóxicas, seguras e accesibles, que contribúan a mellorar a calidade do soño e, con iso, a saúde integral da poboación.

Estudo de preferencias e consumo de pan de Cea en poboación sénior.
Autoría
K.E.G.L.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
K.E.G.L.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.09.2025 16:00
16.09.2025 16:00
Resumo
O pan de Cea é un produto elaborado artesanalmente na localidade de San Cristovo de Cea, na provincia de Ourense. O produto amparado pola Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pan de Cea defínese como o pan elaborado con fariña de trigo, o 50 por cen da cal provén das variedades da Comunidade Autónoma de Galicia coñecidas como do país. Engádeselle auga potable e sal comestible, e masa nai dunha produción anterior para a súa fermentación. Os obxectivos deste Traballo de Fin de Grao son comprender o estado actual do pan en Cea desde a perspectiva da poboación sénior e analizar as preferencias dos consumidores locais por pans amparados ou non coa IXP Pan de Cea. Para coñecer as opinións deste grupo de poboación, empregarase un cuestionario previamente validado e utilizado en estudos anteriores. Ademais, realizaranse probas hedónicas para avaliar o nivel de aceptación e preferencia polos diferentes tipos de pan producidos na zona, mediante un cuestionario especialmente deseñado. Este estudo considérase esencial para poñer en valor un produto tan importante para a rexión como o pan de Cea.

O xaxún intermitente e os seus efectos na microbiota intestinal humana
Autoría
P.G.L.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
P.G.L.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
O xaxún intermitente é un patrón alimentario que combina períodos de inxestión de alimentos con períodos de xaxún, é dicir, sen consumo calórico ou cunha inxestión calórica practicamente nula. O presente traballo ten como obxectivo analizar o impacto que ten o XI sobre a microbiota intestinal humana. Para iso, realizouse unha revisión bibliográfica centrada no impacto do xaxún intermitente sobre a microbiota intestinal, coa finalidade de buscar protocolos que favorezan a súa modulación positiva e contribúan á prevención ou tratamento de enfermidades asociadas. Os resultados evidencian que o xaxún intermitente non só regula a inxestión enerxética, senón que tamén exerce efectos significativos sobre a microbiota intestinal, modulando metabolitos clave como os ácidos graxos de cadea curta e mellorando o metabolismo enerxético. Ademais, observouse que ditos efectos varían en función do protocolo aplicado. En conclusión, o xaxún intermitente mellora a diversidade e funcionalidade da microbiota intestinal, o que se asocia con melloras en parámetros metabólicos clave. Protocolos como a alimentación restrinxida no tempo e o xaxún en días alternos amosan os efectos máis consistentes. Porén, algúns dos beneficios poden reverterse se non se manteñen os hábitos, polo que se require un enfoque sostido e personalizado, ademais de estudos a longo prazo.
O xaxún intermitente é un patrón alimentario que combina períodos de inxestión de alimentos con períodos de xaxún, é dicir, sen consumo calórico ou cunha inxestión calórica practicamente nula. O presente traballo ten como obxectivo analizar o impacto que ten o XI sobre a microbiota intestinal humana. Para iso, realizouse unha revisión bibliográfica centrada no impacto do xaxún intermitente sobre a microbiota intestinal, coa finalidade de buscar protocolos que favorezan a súa modulación positiva e contribúan á prevención ou tratamento de enfermidades asociadas. Os resultados evidencian que o xaxún intermitente non só regula a inxestión enerxética, senón que tamén exerce efectos significativos sobre a microbiota intestinal, modulando metabolitos clave como os ácidos graxos de cadea curta e mellorando o metabolismo enerxético. Ademais, observouse que ditos efectos varían en función do protocolo aplicado. En conclusión, o xaxún intermitente mellora a diversidade e funcionalidade da microbiota intestinal, o que se asocia con melloras en parámetros metabólicos clave. Protocolos como a alimentación restrinxida no tempo e o xaxún en días alternos amosan os efectos máis consistentes. Porén, algúns dos beneficios poden reverterse se non se manteñen os hábitos, polo que se require un enfoque sostido e personalizado, ademais de estudos a longo prazo.
Dirección
FENTE SAMPAYO, CRISTINA ASUNCION (Titoría)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE Cotitoría
FENTE SAMPAYO, CRISTINA ASUNCION (Titoría)
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE Cotitoría
Tribunal
FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL (Presidente/a)
CARRAZANA GARCIA, JORGE ANTONIO (Secretario/a)
PITA CALVO, CONSUELO (Vogal)
FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL (Presidente/a)
CARRAZANA GARCIA, JORGE ANTONIO (Secretario/a)
PITA CALVO, CONSUELO (Vogal)
A enfermidade de Alzheimer como trastorno neuroendocrino: Enfoque nutricional da Diabetes Mellitus Tipo 3.
Autoría
S.G.P.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
S.G.P.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
A enfermidade de Alzheimer é un trastorno neurodexenerativo complexo que abrangue diversos mecanismos fisiopatolóxicos como a acumulación de péptido beta amiloide, a hiperfosforilación da proteína TAU, a neuroinflamación, o estrés oxidativo e a resistencia á insulina no cerebro. A abordaxe clásica da enfermidade baseada na hipótese amiloide como principal factor desencadeante foi cuestionada recentemente. Unha nova perspectiva científica recoñece a EA como un novo tipo de diabetes porque comparte mecanismos clave con ela, como a resistencia á insulina e o metabolismo alterado da glicosa. Esta revisión analiza a literatura científica sobre a posible consideración da EA como un novo tipo de diabetes chamado diabetes mellitus tipo 3 e a súa relación coa dieta. Con este fin, abordarase o papel da dieta na prevención, aparición e progresión da EA. Segundo a literatura científica, os azucres engadidos, as graxas saturadas, os alimentos procesados e o exceso sostido de inxesta calórica están entre os alimentos e patróns dietéticos que aumentan o risco de EA. Ademais, tamén destacan os alimentos e patróns dietéticos que melloran a sinalización da insulina e preveñen esta enfermidade neurodexenerativa, como a dieta mediterránea, as graxas insaturadas e a fibra alimentaria. Os resultados obtidos apoian a hipótese de que a enfermidade de Alzheimer é a nova diabetes mellitus tipo 3, o que destaca o papel da dieta como ferramenta clave contra a aparición e a progresión da enfermidade.

Papel da succinato deshidroxenasa no desenvolvemento tumoral
Autoría
M.G.B.
Grao en Bioquímica (2ªed)
M.G.B.
Grao en Bioquímica (2ªed)
Data da defensa
14.07.2025 09:30
14.07.2025 09:30
Resumo
A succinato deshidroxenasA (SDH) é unha encima mitocondrial clave no metabolismo celular, que actúa no ciclo de Krebs e na cadea respiratoria formando o complexo II mitocondrial. As mutacións nos xenes que codifican as súas subunidades (SDHA, SDHB, SDHC, SDHD) provocan a perda de función do complexo, o que leva á acumulación intracelular de succinato e tense asociado con diversas neoplasias, tanto benignas como malignas. O succinato actúa como un oncometabolito, inducindo procesos celulares que xeran un entorno favorable para o desenvolvemento tumoral. Estes inclúen a activación das respostas celulares á hipoxia mediante a estabilización de HIF-1alfa, a activación de vías inflamatorias que provocan inflamación crónica e a desregulación epixenética modificando a expresión de oncóxenes ou xenes supresores tumorais. Este traballo ten como obxectivo profundar no papel da SDH no desenvolvemento tumoral, poñendo especial atención nas consecuencias funcionais derivadas da perda de expresión dos xenes SDHB e SDHD. Para iso, empregáronse tres liñas celulares tumorais humanas (MCF7, PC3, 786-O), nas que se levou a cabo un silenciamento xénico mediante ARNsh e CRISPR-Cas9. Nestes modelos celulares analizouse a proliferación, migración e capacidade clonoxénica celular. A perda de expresión de SDHB e SDHD non produciu cambios significativos nos procesos de proliferación, migración nin na capacidade clonoxénica, aínda que se observaron tendencias específicas dependentes do contexto celular. En particular, a deleción de SDHB mostrou unha lixeira diminución na proliferación e migración celular en 786-O, mentres que estes procesos non se viron afectados en células PC3. Estes resultados suxiren que a perda de función da SDH, aínda que induce acumulación de succinato e pode desencadear respostas celulares asociadas coa tumorixenicidade, non é suficiente por si soa para promover fenotipos tumorais como o aumento da proliferación ou migración. Isto apoia a hipótese, respaldada por modelos murinos, de que a acumulación de oncometabolitos como o succinato require de eventos xenéticos ou epixenéticos adicionais para desencadear unha transformación tumoral completa. Polo tanto, o papel oncoxénico da disfunción na SDH parece depender dun contexto celular e xenético específico, no que son necesarios outros factores cooperantes para permitir a progresión tumoral.

Chiara Romero, María Dolores Cotitoría
BARCIA VIEITEZ, RAMIRO (Titoría)
Chiara Romero, María Dolores Cotitoría
Tribunal
VILLAMARIN CID, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Secretario/a)
GÓMEZ PARDO, MARÍA BELÉN (Vogal)
VILLAMARIN CID, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Secretario/a)
GÓMEZ PARDO, MARÍA BELÉN (Vogal)
Deportes de resistencia e diabetes tipo 1. Dispositivos de monitoreo continuo da glucosa e xestión nutricional
Autoría
M.H.R.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
M.H.R.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
A diabetes mellitus tipo 1 é unha enfermidade metabólica crónica caracterizada pola destrución das células beta pancreáticas, o que provoca unha deficiencia absoluta de insulina e require un control glicémico constante. A última cifra coñecida de DM1 en España é de 118.802 casos. No contexto dos deportes de resistencia, que implican esforzos prolongados e altas demandas enerxéticas, o control do nivel de glicosa é esencial para evitar complicacións comúns nos atletas diabéticos, tanto hipoglicemia como hiperglicemia, así como para manter o rendemento deportivo. Este estudo tivo como obxectivo analizar a utilidade dos dispositivos de monitorización continua da glicosa (MCG) en combinación con estratexias nutricionais como ferramentas para a xestión metabólica en persoas con diabetes tipo 1 que realizan exercicio físico de resistencia. A revisión da literatura científica mostrou que os dispositivos MGC, especialmente os modelos máis avanzados como o Dexcom G7 e o FreeStyle Libre 3, permiten unha monitorización precisa e continua da glicosa, facilitando a toma de decisións en tempo real sobre a administración de insulina e a inxesta de carbohidratos. O seu uso asóciase cunha maior adherencia terapéutica, unha menor variabilidade glicémica e menos episodios hipoglicémicos durante e despois do exercicio. En conclusión, a integración de sistemas de monitorización continua cunha planificación nutricional individualizada mellora significativamente o control glicémico e optimiza a seguridade e o rendemento en atletas con diabetes tipo 1 que realizan actividades de resistencia.

Requirimentos normativos e biolóxicos das fórmulas infantís de inicio comercializadas en España
Autoría
U.I.V.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
U.I.V.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.09.2025 16:00
16.09.2025 16:00
Resumo
A nutrición que recibe un neonato durante os primeiros seis meses de vida xoga un papel decisivo no seu crecemento físico, desenvolvemento neurolóxico e maduración do sistema inmunitario, así como no risco de enfermidades crónicas na idade adulta. En contraste co estándar de lactación materna exclusiva recomendado pola OMS, moitas familias necesitan recorrer ás fórmulas infantís como alternativa nutricional. Estas fórmulas, elaboradas con leite de vaca, cabra ou soia, evolucionaron engadindo compoñentes funcionais para reproducir tanto a composición como os beneficios inmunomoduladores e cognitivos do leite humano. A produción e comercialización de fórmulas infantís en Europa réxese por unha serie de normas específicas. En particular, o Regulamento delegado (UE) 2016/127 establece límites obrigatorios para a enerxía, as proteínas, os lípidos, os hidratos de carbono, as vitaminas e os minerais. E en España, o Real Decreto 867/2008 completa este marco xurídico a través das correspondentes regulacións técnicas e sanitarias. O obxectivo principal desta tese é analizar os requisitos biolóxicos e regulamentarios das fórmulas infantís comercializadas en España. Para iso, realizouse unha revisión bibliográfica utilizando bases de datos multidisciplinares (Scopus, PubMed) e fontes oficiais da Unión Europea e do Boletín Oficial do Estado. Ademais, realizouse un estudo detallado da etiquetaxe nutricional de cinco marcas representativas de fórmulas infantís. Os resultados confirman que as cinco fórmulas cumpren estritamente cos rangos enerxéticos e os requisitos de macronutrientes e micronutrientes legalmente obrigatorios, así como cos valores medios de referencia para o leite materno. Non obstante, existen diferenzas na incorporación de compoñentes voluntarios funcionais como as osteopontinas, oligosacáridos específicos do leite materno ou membranas de glóbulos de graxa. En conclusión, aínda que as fórmulas analizadas cumpren os requisitos regulamentarios e reproducen fielmente os valores nutricionais medios do leite humano, recoméndase potenciar a adición de compostos bioactivos do leite materno e axustar os perfís de proteínas e lípidos segundo os avances científicos, co fin de optimizar a súa calidade biolóxica e funcional.

GONZALEZ RODRIGUEZ, NEREA Cotitoría
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Titoría)
GONZALEZ RODRIGUEZ, NEREA Cotitoría
Tribunal
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Presidente/a)
Candal Pedreira, Cristina (Secretario/a)
Pérez Fra, Mª do Mar (Vogal)
BLANCO ALVAREZ, JESUS EULOGIO (Presidente/a)
Candal Pedreira, Cristina (Secretario/a)
Pérez Fra, Mª do Mar (Vogal)
Avaliación dos efectos dos pesticidas en dúas liñas celulares
Autoría
M.J.G.
Grao en Bioquímica (2ªed)
M.J.G.
Grao en Bioquímica (2ªed)
Data da defensa
14.07.2025 09:30
14.07.2025 09:30
Resumo
O uso crecente de pesticidas para maximizar o rendemento agrícola xerou unha preocupación cada vez maior a nivel mundial debido aos efectos adversos destes compostos sobre o medio ambiente e a saúde humana. Ademais de afectar ás especies diana, os pesticidas poden prexudicar a outros organismos, xerar desequilibrios ecolóxicos e bioacumularse nos tecidos, o que incrementa a súa toxicidade ao longo da cadea trófica. En humanos, a exposición a estes compostos pode provocar dende síntomas leves ata efectos graves e mesmo letais, tanto en exposicións agudas como crónicas. Neste traballo de fin de grao avaliáronse os efectos citotóxicos de tres pesticidas amplamente empregados (metolacloro, metazacloro e clorpirifós) en dúas liñas celulares: Neuro-2a (neuroblastoma murino) e HEK293 Nav1.6 (derivada de ril embrionario humano). Analizáronse distintas concentracións de cada composto mediante os ensaios MTT (despois de 72 horas de exposición) e Alamar Blue (ás 24, 48 e 72 horas de exposición). Os resultados mostraron que ningún dos pesticidas, nas concentracións avaliadas, produciu unha diminución significativa na viabilidade celular. Porén, non se poden descartar posibles efectos citotóxicos a concentracións máis elevadas nin outros tipos de alteracións celulares, polo que se consideran necesarias investigacións adicionais que permitan ampliar a avaliación do risco asociado á exposición a estes compostos.

VALE GONZALEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
BOTANA LOPEZ, LUIS MIGUEL Cotitoría
VALE GONZALEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
BOTANA LOPEZ, LUIS MIGUEL Cotitoría
Tribunal
VILLAMARIN CID, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Secretario/a)
GÓMEZ PARDO, MARÍA BELÉN (Vogal)
VILLAMARIN CID, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Secretario/a)
GÓMEZ PARDO, MARÍA BELÉN (Vogal)
Análise do contido de Adenosina, Inosina e Acido Úrico de leite consumido en Galicia
Autoría
S.L.G.
Grao en Bioquímica (2ªed)
S.L.G.
Grao en Bioquímica (2ªed)
Data da defensa
15.07.2025 09:30
15.07.2025 09:30
Resumo
A metabolómica é unha disciplina centrada en analizar o metaboloma, é dicir o conxunto de metabolitos presentes nunha célula, fluído, tecido ou organismo. Un dos campos aos que se aplican os estudos metabolómicos é na caracterización de alimentos buscando unha alimentación segura e saudable, o que se coñece como Foodomica. Un obxectivo principal da Foodomica é a investigación sobre os compostos bioactivos, metabolitos que se atopan en cantidades pequenas nos alimentos e que poden modular un ou máis procesos metabólicos resultando beneficiosos para a saúde. O obxetivo de leste traballo fin de grao (TFG) consiste en caracterizar o leite consumido en Galicia, un alimento fundamental na nosa dieta, en canto ao seu contido en 3 metabolitos bioactivos: os nucleósidos adenosina e inosina e a base nitroxenada ácido úrico utilizando un equipo de cromatografía liquida de alta resolución (HPLC) empregando un método posto a punto nun TFG previo. Para levar a cabo a análise, recolléronse mostras de leite en diferentes etapas (leite cruda, termizada, de silo e UHT) nunha industria láctea galega (LARSA) e aplicáronse técnicas de desproteinización, centrifugación e filtración permitindo identificar os compostos mediante tempos de retención, espectros de absorción, sobrecargas de patróns e liofilización. Os resultados mostraron que o traballo permitiu validar o método posto a punto para a análise destes metabolitos bioactivos en leite e o método aplicado non modificaba as concentracións dos tres metabolitos nas distintas etapas de procesado ás que se someteron os leites. En conclusión, o traballo demostrou a gran importancia da aplicación do HPLC para a investigación en nutrición e calidade alimentaria.

IBARGUREN ARICETA, MARIA DE IZASKUN (Titoría)
VILLAMARIN CID, JOSE ANTONIO Cotitoría

SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Presidente/a)
LOPEZ PEDROUSO, MARIA DOLORES (Secretario/a)
CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Vogal)

O concepto 'dos xenes ao prato' como estratexia práctica na prevención e abordaxe da obesidade e as cardiopatías.
Autoría
E.L.V.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
E.L.V.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.09.2025 10:30
16.09.2025 10:30
Resumo
A xenómica nutricional e a nutrición de precisión son factores clave na prevención e manexo de enfermidades crónicas non transmisibles, como a obesidade e as enfermidades cardiovasculares, destacando a importancia da interacción entre factores xenéticos e ambientais na resposta individual á alimentación. O obxectivo principal desta revisión bibliográfica é analizar o potencial do xenotipado no deseño de estratexias dietéticas personalizadas, orientadas a unha maior eficacia preventiva e terapéutica. A metodoloxía seguida baséase nunha revisión da literatura científica sobre os diversos polimorfismos relacionados coa obesidade e as cardiopatías, avaliando a súa influencia no metabolismo enerxético, a regulación do apetito, a adipoxénese e o risco cardiometabólico. Os resultados revelan que, aínda que o efecto de cada variante xenética por si soa é xeralmente discreto, a combinación de múltiples variantes de risco pode modificar de maneira notable a susceptibilidade a padecer estas enfermidades, así como tamén poden influír na resposta do individuo ante un tipo de dieta. Así mesmo, présentanse unha serie de recomendacións nutricionais baseadas nos perfís xenéticos analizados e nas evidencias científicas atopadas. En conclusión, a integración da xenética no ámbito clínico da nutrición é prometedora, representando unha oportunidade innovadora para a individualización da atención sanitaria, achegando unha ferramenta profiláctica. Porén, é necesario continuar e profundar as investigacións sobre os polimorfismos implicados na nutrición humana, existindo aínda barreiras como o elevado custo do xenotipado e o difícil acceso ao mesmo para o público xeral, así como os dilemas éticos que poden supoñer as probas xenéticas.

LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Titoría)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA Cotitoría
LAMAS FREIRE, ALEXANDRE (Titoría)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA Cotitoría
Tribunal
BLANCO ALVAREZ, JORGE (Presidente/a)
NUÑEZ GONZALEZ, CRISTINA (Secretario/a)
MIRANDA LOPEZ, JOSE MANUEL (Vogal)
BLANCO ALVAREZ, JORGE (Presidente/a)
NUÑEZ GONZALEZ, CRISTINA (Secretario/a)
MIRANDA LOPEZ, JOSE MANUEL (Vogal)
Estratexias nutricionais na prevención e recuperación de lesións de xeonllo
Autoría
L.M.L.L.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
L.M.L.L.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
O xeonllo constitúe unha das articulacións máis complexas do corpo humano, sendo esencial para desempeñar actividades básicas como camiñar, saltar ou correr. A súa exposición continua a movementos e cargas, sobre todo en deportistas, dá lugar á súa predisposición a lesións, incluíndo roturas en ósos, ligamentos, meniscos e tendóns. Estas representan un importante problema de saúde pública debido á súa alta incidencia tanto en deportistas como en persoas que padecen artrose, sendo a lesión do ligamento cruzado anterior a máis común e grave no deportista. Por iso, este traballo de fin de grao ten como obxectivo analizar o papel das estratexias nutricionais na prevención e recuperación das lesións de xeonllo, mediante unha revisión bibliográfica da literatura científica actual. Durante o proceso de recuperación, o organismo experimenta un proceso inflamatorio, perda de masa muscular e diminución da función neuromuscular. Neste contexto, unha planificación nutricional axeitada xunto co exercicio pode minimizar as secuelas, optimizar a rexeneración dos tecidos e mellorar a evolución funcional do paciente. Así mesmo, é fundamental evitar un déficit enerxético grave e manter certa actividade muscular, incluso nas extremidades non afectadas, xa que isto resulta esencial para previr a atrofia nas primeiras fases posquirúrxicas. As recomendacións de macronutrientes para adultos en período de recuperación son de 30/45 Kcal/Kg de enerxía, 1,5/2,2 g/Kg de proteínas, 35/50 % de hidratos de carbono e 20/30 % de graxas. Por outra banda, aconséllase o consumo de vitamina D, coláxeno combinado con vitamina C, antioxidantes e ácidos graxos omega-3 durante a rehabilitación de lesións de xeonllo.

DIAZ PAZOS, JUAN ANGEL (Presidente/a)
COBO GOLPE, MARIA (Secretario/a)
CABEZAS SAINZ, PABLO (Vogal)
DIAZ PAZOS, JUAN ANGEL (Presidente/a)
COBO GOLPE, MARIA (Secretario/a)
CABEZAS SAINZ, PABLO (Vogal)
Avaliación dun novo composto contra o glioblastoma múltiple (GBM) in vivo mediante o uso de liñas humanas establecidas
Autoría
M.L.A.
Grao en Bioquímica (2ªed)
M.L.A.
Grao en Bioquímica (2ªed)
Data da defensa
14.07.2025 09:30
14.07.2025 09:30
Resumo
O glioblastoma multiforme (GBM) é o tumor cerebral primario máis frecuente e agresivo do sistema nervioso central en adultos. A súa alta taxa de proliferación, capacidade invasiva, heteroxeneidade molecular e resistencia terapéutica fan que o seu pronóstico sexa extremadamente desfavorable, cunha media de supervivencia inferior aos 15 meses, mesmo tras recibir un tratamento óptimo. Ante esta situación, faise imprescindible a busca de novos compostos terapéuticos que ofrezan alternativas máis eficaces. Cos avances a nivel molecular, a recente ampliación do coñecemento sobre a gran heteroxeneidade do GBM e o desenvolvemento da medicina de precisión, así como a aparición de modelos in vivo alternativos aos tradicionais, fai que cada vez sexa máis fácil o desenvolvemento de novos compostos. A partir da década de 1970 comezou a empregarse de forma estendida o peixe cebra (Danio rerio) como modelo animal, converténdose nun organismo prometedor para a investigación biomédica polas súas vantaxes biolóxicas e xenéticas, así como polas súas facilidades económicas e loxísticas, ideais para a investigación. Durante a última década, o peixe cebra foi de gran utilidade como modelo in vivo para a realización de ensaios de xenotrasplante, concretamente de tumores de GBM, debido a súa utilidade nos experimentos in vivo, permitindo estudar as interaccións do tumor co microambiente, o crecemento tumoral, a invasión e, en xeral, a fisiopatoloxía do GBM. Así mesmo, tamén permite a evaluación de toxicidade e a efectividade de compostos terapéuticos en ensaios preclínicos, avaliando a súa resposta fronte ao GBM. Tendo isto en conta, neste traballo buscouse avaliar in vivo o potencial terapéutico dun composto experimental (GBM48) empregando embrións de peixe cebra como modelo de xenotrasplante, así como validar o peixe cebra como modelo preclínico. Os resultados obtidos reforzan o peixe cebra como unha ferramenta ideal para a análise rápida e eficaz de terapias innovadoras fronte ao GBM, achegando o coñecemento molecular e xenético do tumor á súa aplicación clínica, e converténdoo nunha vía prometedora para o desenvolvemento de novos tratamentos personalizados para pacientes que padezan esta enfermidade.

Pampín Iglesias, Marina Cotitoría
CABEZAS SAINZ, PABLO (Titoría)
Pampín Iglesias, Marina Cotitoría
Tribunal
VILLAMARIN CID, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Secretario/a)
GÓMEZ PARDO, MARÍA BELÉN (Vogal)
VILLAMARIN CID, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Secretario/a)
GÓMEZ PARDO, MARÍA BELÉN (Vogal)
Identificación de proteínas fosforiladas por a proteína quinasa dependente de AMPc en espermatozoides de mexilón Mytilus galloprovincialis.
Autoría
L.M.L.C.
Grao en Bioquímica (2ªed)
L.M.L.C.
Grao en Bioquímica (2ªed)
Data da defensa
15.07.2025 09:30
15.07.2025 09:30
Resumo
As modificacións postraducionais que sofren as proteínas tras a súa síntese, entre elas a fosforilación, son factores determinantes para a súa funcionalidade. As proteína quinasas e proteína fosfatasas catalizan o proceso de fosforilación reversible nas proteínas. Unha das proteína quinasas máis estudadas é a proteína quinasa dependente de AMPc (proteína quinasa A; PKA), implicada na regulación de numerosos procesos fisiolóxicos. En mamíferos, a PKA desempeña un papel clave na regulación da motilidade espermática, catalizando a fosforilación de diferentes proteínas estruturais do flaxelo, enzimas do metabolismo enerxético ou factores reguladores da expresión xénica. Con todo, en moitos organismos invertebrados con fecundación externa, como os moluscos bivalvos, non existe apenas información acerca da implicación da PKA na regulación deste proceso. Utilizando o mexillón Mytilus galloprovincialis como especie modelo, neste traballo propuxémonos como obxectivo identificar proteínas presentes nos espermatozoides que son fosforiladas in vitro por esta enzima, concretamente, pola isoforma C4, específica destas células. Mediante estudos de proteómica (LC-MS/MS), identificáronse como substratos da PKA aproximadamente 100 proteínas presentes en lisados espermáticos. Entre estas, a maioría son proteínas cun papel estrutural presentes nos flaxelos, destacando fundamentalmente diferentes isoformas da cadea pesada da dineína axonémica; ademais, tamén se identificaron proteínas implicadas no metabolismo enerxético, concretamente, rutas de obtención de ATP; e outras relacionadas con cascadas de sinalización e con procesos de síntese e degradación de proteínas. Os resultados obtidos suxiren que, ao igual que acontece en mamíferos, a PKA parece desempeñar un papel clave na regulación da motilidade espermática en organismos con fecundación externa, como son os moluscos bivalvos.

VILLAMARIN CID, JOSE ANTONIO (Titoría)
IBARGUREN ARICETA, MARIA DE IZASKUN Cotitoría
VILLAMARIN CID, JOSE ANTONIO (Titoría)
IBARGUREN ARICETA, MARIA DE IZASKUN Cotitoría
Tribunal
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Presidente/a)
LOPEZ PEDROUSO, MARIA DOLORES (Secretario/a)
CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Vogal)
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Presidente/a)
LOPEZ PEDROUSO, MARIA DOLORES (Secretario/a)
CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Vogal)
Desenvolvemento E Caracterización De Liñas Celulares De Peixe Cebra En Estadios Embrionarios E Adultos, Tanto De Tipo Salvaxes Como Mutantes, Para Aplicacións En Estudos Bioquímicos E Moleculares
Autoría
V.A.L.B.
Grao en Bioquímica (2ªed)
V.A.L.B.
Grao en Bioquímica (2ªed)
Data da defensa
15.07.2025 09:30
15.07.2025 09:30
Resumo
O desenvolvemento e caracterización de liñas celulares de peixe cebra requiren da creación dun protocolo que facilite o seu establecemento. Actualmente existen poucas metodoloxías optimizadas para este modelo, malia a súa crecente importancia en investigación biomédica e xenética. Este traballo ten como obxectivo deseñar unha metodoloxía para xerar cultivos celulares a partir de embrións e peixes cebra adultos, tanto de tipo salvaxes coma mutantes. A finalidade común é a estandarización das condicións óptimas para o cultivo das súas células, independentemente do xenotipo de orixe. Avaliáronse distintas condicións de disgregación celular, empregando enzimas proteolíticas como tripsina e pronasa, e empregouse medio de cultivo L-15, suplementado con distintas concentracións de FBS, e baixo diferentes formas de esterilización. Tamén, foi explorada a transformación vírica con retrovirus SnRV como estratexia de inmortalización. Leváronse a cabo ensaios de cultivo celular a partir de embrións en estadios de 30% e 50% de epibolia, estadio de xema e fase faringular Prim-5, co obxectivo de preservar a súa viabilidade celular, evitando o desenvolvemento de embrións ata etapas máis avanzadas e, deste xeito, reducindo o uso de animais na experimentación. Asemade, iniciáronse ensaios para o desenvolvemento de liñas celulares derivadas de corazón, intestino, ollos, músculo e cerebro extraídos de peixe cebra adultos, comparando individuos salvaxes e mutantes. Aínda que se acadou a sementeira inicial e se observaron os primeiros signos de adherencia e viabilidade en algunhas condicións, a maioría dos cultivos non conseguiron manterse de xeito estable a longo prazo. Con todo, este traballo senta as bases metodolóxicas para futuras optimizacións orientadas ao establecemento efectivo de liñas celulares. Este proxecto non só contribúe ao avance do coñecemento en biomedicina, senón que tamén promove un enfoque máis ético e sostible na investigación científica.

Arana Díaz, Álvaro Jesús Cotitoría
SÁNCHEZ PIÑÓN, LAURA ELENA (Titoría)
Arana Díaz, Álvaro Jesús Cotitoría
Tribunal
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Presidente/a)
LOPEZ PEDROUSO, MARIA DOLORES (Secretario/a)
CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Vogal)
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Presidente/a)
LOPEZ PEDROUSO, MARIA DOLORES (Secretario/a)
CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Vogal)
Proxecto de sistema de refrixeración para unha froitería en Galicia
Autoría
N.M.J.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
N.M.J.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
Data da defensa
15.07.2025 10:00
15.07.2025 10:00
Resumo
O obxectivo do traballo é deseñar un sistema de refrixeración óptimo para unha correcta conservación e frescura dos produtos necesarios nunha fruteria. Búscase un sistema eficaz energeticamente e á súa vez economicamente rendible. Primeiro, decidirase que refrixerante utilizar segundo as condicións do local, das froitas e do propio sistema de refrixeración. Seguidamente incluirase un ciclo de refrixeración con compresor, condensador, válvula de expansión e evaporador, e unha vez pechado o ciclo procederase á súa simulación no programa Hysys. De forma xeral, o traballo constará de varios puntos nos que se calcularán as cargas térmicas, seleccionarase o equipo adecuado, recolleranse planos do local e ademais farase unha mostra de funcionamento do sistema, un prego de condicións, un estudo básico de seguridade e saúde, e finalmente, un orzamento aproximado do custo do proxecto.
O obxectivo do traballo é deseñar un sistema de refrixeración óptimo para unha correcta conservación e frescura dos produtos necesarios nunha fruteria. Búscase un sistema eficaz energeticamente e á súa vez economicamente rendible. Primeiro, decidirase que refrixerante utilizar segundo as condicións do local, das froitas e do propio sistema de refrixeración. Seguidamente incluirase un ciclo de refrixeración con compresor, condensador, válvula de expansión e evaporador, e unha vez pechado o ciclo procederase á súa simulación no programa Hysys. De forma xeral, o traballo constará de varios puntos nos que se calcularán as cargas térmicas, seleccionarase o equipo adecuado, recolleranse planos do local e ademais farase unha mostra de funcionamento do sistema, un prego de condicións, un estudo básico de seguridade e saúde, e finalmente, un orzamento aproximado do custo do proxecto.
Dirección
JOVER RAMOS, AIDA (Titoría)
JOVER RAMOS, AIDA (Titoría)
Tribunal
SEIJAS VAZQUEZ, JULIO ANTONIO (Presidente/a)
LU CHAU, THELMO ALEJANDRO (Secretario/a)
ORTIGUEIRA AMOR, JUAN MANUEL (Vogal)
SEIJAS VAZQUEZ, JULIO ANTONIO (Presidente/a)
LU CHAU, THELMO ALEJANDRO (Secretario/a)
ORTIGUEIRA AMOR, JUAN MANUEL (Vogal)
Impacto do estilo de vida na función renal: Un enfoque integral (dieta, actividade física, suplementación e consumo de antiinflamatorios)
Autoría
I.M.R.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
I.M.R.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
Introdución: Na era da inmediatez e o culto ao corpo perfecto, ata que punto estamos a poñer en perigo a nosa saúde? A ERC é un problema de saúde pública que lanza cifras alarmantes, dado que se estima que un 20% da poboación adulta padeceraa en 2040 e será a terceira causa de morte en España para 2050. Ao tratarse dunha patoloxía asintomática nun inicio, avanza silenciosamente a estadios graves empeorando o prognóstico. Coa difusión de contido sobre nutrición e saúde, pódese apreciar un aumento notorio das dietas altas en proteínas sen supervisión acompañadas do suplemento proteico de rigor que garanten resultados inmediatos. Sumado a isto, as lesións deportivas froito dunha #mal formulación do adestramento extraído das redes sociais e as molestias musculares graves paliadas con antinflamatorios sen prescrición médica son prácticas normalizadas en moitos centros deportivos que nos dan a voz de alarma para tratar de investigar que impacto teñen estes hábitos modificables na función renal. Obxectivos: Sintetizar a evidencia científica sobre a influencia de: dieta hiperproteica, actividade física, consumo de AINE e suplementación con creatina, na función renal en maiores de 18 anos sans, diagnosticados con ERC pre-diálise e/o deportistas. Metodoloxía: Realizouse unha revisión sistemática empregando as bases de datos Scopus, PubMed, web of Science e Google Académico. Como criterios de inclusión están metaanálisis e revisións sistemáticas dos últimos 10 anos realizados en poboación sa, deportistas ou ERC sen diálise. Incluídas as intervencións: dieta hiperproteica (superior a 1,5 g/kg/día), actividade física (calquera tipo, frecuencia, intensidade e duración), creatina (calquera dose, tipo e pauta) e/o AINE (calquera posología comercializada en España). Conclusións: Os achados recolleitos poderían ser de utilidade na prevención e frear a progresión de ERC.

LUZARDO ALVAREZ, ASTERIA MARIA (Titoría)
LUZARDO ALVAREZ, ASTERIA MARIA (Titoría)
Tribunal
DIAZ PAZOS, JUAN ANGEL (Presidente/a)
COBO GOLPE, MARIA (Secretario/a)
CABEZAS SAINZ, PABLO (Vogal)
DIAZ PAZOS, JUAN ANGEL (Presidente/a)
COBO GOLPE, MARIA (Secretario/a)
CABEZAS SAINZ, PABLO (Vogal)
Bases anatómicas da comunicación química nun ruminante salvaxe: o wapiti (Cervus canadensis)
Autoría
A.M.A.
Grao en Bioquímica (2ªed)
A.M.A.
Grao en Bioquímica (2ªed)
Data da defensa
14.07.2025 09:30
14.07.2025 09:30
Resumo
O sistema vomeronasal (SVN) xoga un papel clave na comunicación química dos mamíferos, sendo fundamental en condutas sociais e reprodutivas. No wapití (Cervus canadensis), unha especie cun comportamento social complexo e unha intensa actividade química durante o período de celo, non existían ata agora estudos detallados sobre o SVN. Este traballo presenta a primeira caracterización anatómica e neuroquímica completa do sistema vomeronasal no wapití, empregando técnicas histolóxicas, lectinohistolóxicas e inmunohistoquímicas. O órgano vomeronasal (OVN) revelou unha clara diferenciación rostrocaudal, con epitelios sensorial e respiratorio ben definidos e unha estrutura glandular diversa. O uso de lectinas e a inmunorreactividade fronte a proteínas como OMP, PGP9.5, CR e subunidades G-protéicas (Gai2, Gg8 e Ga0) revelou un grado avanzado de madurez sensoial. Destaca que as neuronas positivas para Ga0 non proxectan ao bulbo olfactivo accesorio (BOA), suxerindo outros destinos potenciais. O BOA mostrou todas as capas clásicas, con glomérulos ben definidos e expresión de calbindina, CR, GFAP e a lectina LEA. Observáronse tractos de substancia branca de gran calibre e distribución rexional de lectinas. Tamén se empregaron técnicas de dobre inmunofluorescencia confocal e autofluorescencia, que permitiron visualizar con gran precisión a arquitectura neuroepitelial e os dominios glomerulares. Estes resultados demostran que o sistema vomeronasal no wapití está altamente desenvolvido e especializado, e achegan unha base comparativa para futuros estudos sobre comportamento, reprodución e conservación en cérvidos silvestres.

Dieta Mediterránea e Antioxidantes: Beneficios sobre a Saúde Metabólica e a Prevención de Enfermidades
Autoría
I.M.C.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
I.M.C.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
A Dieta Mediterránea é un patrón alimentario tradicional dos países do sur de Europa que se ten consolidado como un modelo nutricional saudable e sostible. Caracterízase polo alto consumo de alimentos de orixe vexetal, aceite de oliva virxe extra como principal fonte de graxa, consumo moderado de peixe e baixo consumo de carnes vermellas e produtos procesados. Este traballo ten como obxectivo analizar, a través da revisión da literatura científica, a influencia da Dieta Mediterránea e dos antioxidantes alimentarios na prevención de enfermidades crónicas asociadas ao estrés oxidativo. A revisión inclúe a análise dos efectos deste patrón dietético sobre a saúde metabólica, as enfermidades cardiovasculares, a diabetes tipo 2, as enfermidades neurodexenerativas, o cancro, o envellecemento saudable e a lonxevidade. Así mesmo, abórdase a relación entre a Dieta Mediterránea e distintos biomarcadores de estrés oxidativo. Estudos como o ensaio clínico PREDIMED achegan evidencia sólida sobre os beneficios clínicos deste patrón, demostrando unha redución significativa do risco de eventos cardiovasculares, deterioro cognitivo, diabetes e determinados tipos de cancro. Os efectos beneficiosos da Dieta Mediterránea atribúense en gran medida á súa riqueza en antioxidantes naturais, como polifenoles, flavonoides, carotenoides e vitaminas, que modulan a inflamación e o dano oxidativo. En conxunto, os achados deste traballo permiten concluír que a Dieta Mediterránea é unha estratexia nutricional eficaz e baseada en evidencia para a prevención de enfermidades non transmisibles e para a promoción da saúde a longo prazo.

Dieta antiinflamatoria aplicada ao ámbito deportivo.
Autoría
P.M.R.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
P.M.R.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo revisar e analizar o papel da Dieta Antiinflamatoria no contexto deportivo, especialmente na prevención de lesións, na mellora do rendemento e a recuperación post-exercicio. A través dunha revisión sistemática da literatura científica, abórdase o impacto do dano muscular inducido polo exercicio (EIMD), o dolor muscular de aparición tardía (DOMS) e as lesións musculoesqueléticas, todos eles procesos vinculados a respostas inflamatorias. Destácanse as propiedades beneficiosas de patróns dietéticos como a Dieta Mediterránea, a Dieta Atlántica e as dietas baseadas en produtos vexetais, así como o papel de nutrientes específicos (omega-3, polifenoles, antioxidantes) e a microbiota intestinal na modulación da inflamación. A evidencia suxire que a alimentación pode desenvolver un rol crucial na modulación da inflamación aguda e crónica derivada da práctica deportiva, sendo una ferramenta potencial para mellorar o estado físico do deportista.

Potencial Efecto Ergoxénico dos Probióticos en Deportes de Resistencia
Autoría
D.M.S.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
D.M.S.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
13.02.2025 09:00
13.02.2025 09:00
Resumo
Nas últimas décadas, o estudo da microbiota intestinal foi obxecto de numerosas investigacións científicas demostrando a súa gran influencia sobre a saúde dos individuos. Así, é ben coñecido que unha disbiosis na microbiota intestinal pódese asociar a distintos estados patolóxicos. A modulación da microbiota intestinal a través da dieta e de diferentes ingredientes funcionais, foi tamén, en consecuencia, obxecto de estudo pola comunidade científica, sendo os probióticos un dos ingredientes funcionais máis estudados a este respecto. Demostrouse a súa eficacia en canto á modulación da microbiota intestinal e a súa eficacia no tratamento de diferentes patoloxías existindo a día de hoxe diferentes guías clínicas con recomendacións en canto á cepa e a dose máis adecuada en cada caso. Isto levou a pensar que os probióticos tamén poderían ter efecto no rendemento deportivo, especialmente no deporte de alto nivel onde se sabe que a microbiota intestinal perde o seu equilibrio. Hoxe en día existen numerosos suplementos con probióticos destinados ao seu uso no deporte, pero non está claro o papel que poida xogar nos deportistas. Por todo iso, o obxectivo deste traballo foi a realización dunha revisión bibliográfica detallada sobre o potencial efecto ergogénico dos probióticos no deporte de resistencia. Os resultados atopados han mostrado que os probióticos teñen efectos beneficiosos sobre a saúde gastrointestinal, a saúde mental, a mellora da inflamación, a prevención de infeccións respiratorias e a mellora do metabolismo enerxético en deportistas o que produce melloras no rendemento. Atopándose evidencia científica suficiente para determinadas cepas. Todos estes efectos son dependentes de factores como a dose, a duración do tratamento, situacións individuais e mesmo o sexo. Por iso e a pesar dos resultados positivos atopados, é necesario levar a cabo máis estudos científicos con estudos ben planificados, unificando criterios, con tamaños muestrales maiores, etc. que demostren os efectos dos probióticos no deporte, especialmente no que se refire ao seu efecto no rendemento.

Proceso de Produción de Hidróxeno Verde mediante Electrólise da Auga utilizando Enerxías Renovables
Autoría
A.M.Q.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
A.M.Q.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
Data da defensa
15.07.2025 10:00
15.07.2025 10:00
Resumo
O presente proxecto ten como obxetivo o desenvolvemento integral dun sistema para a produción de hidróxeno verde mediante electrólise da auga, empregando enerxía renovable como fonte principal. Para iso, realízase un estudo comparativo de distintas tecnoloxías, seleccionando a opción máis axeitada en función dos criterios técnicos, económicos e ambientais. Lévase a cabo o deseño do proceso produtivo, definindo as condicións de operación, os equipos principais e os fluxos de materia e enerxía. Complementariamente, deséñase e se dimensiona o electrolizador, con especial atención á súa fonte de enerxía renovable e á súa capacidade de produción. O proceso é valido para simulación, o que permite analizar o seu comportamiento dinámico, optimizar a eficiencia enerxética e axustar os parámetros de operación. Ademais, realízase una proposta de integración enerxética, aproveitando os intercambios térmicos para mellorar o rendemento global do sistema. No ámbito do deseño físico, desenvólvese a distribución en planta, organizando os distintos elementos do proceso de forma funcional, segura e eficiente, en coherencia coas limitacións espaciais do emprazamento. Finalmente, realízase unha avaliación económica do proxecto, estimando o investimento necesario, os custos de operación e o retorno esperado, co fin de valorar a viabilidade técnico-financieira da instalación.

RODRIGUEZ AÑON, JOSE ANTONIO Cotitoría
González Rodríguez, Jorge (Titoría)
RODRIGUEZ AÑON, JOSE ANTONIO Cotitoría
Tribunal
SEIJAS VAZQUEZ, JULIO ANTONIO (Presidente/a)
LU CHAU, THELMO ALEJANDRO (Secretario/a)
ORTIGUEIRA AMOR, JUAN MANUEL (Vogal)
SEIJAS VAZQUEZ, JULIO ANTONIO (Presidente/a)
LU CHAU, THELMO ALEJANDRO (Secretario/a)
ORTIGUEIRA AMOR, JUAN MANUEL (Vogal)
Modelos de evolución temporal do cambio de peso en humanos
Autoría
A.M.G.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
A.M.G.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
O sobrepeso e a obesidade constitúen un problema de saúde na sociedade actual. Neste contexto, a dispoñibilidade de modelos que permitan a análise e a predición do cambio de peso dunha persoa, seguindo unha dieta recomendada e realizando exercicio físico específico, convértese en esencial para avaliar o progreso do paciente, a idoneidade da modificación da dieta e mesmo a adhesión do paciente á dieta proposta. Afortunadamente, a literatura inclúe descricións de varios modelos termodinámico-matemáticos que proporcionan respostas fiables. Estes modelos van desde a proposta inicial de Wishnofsky ata os máis elaborados de Antonetti e Hall, que son máis precisos nas súas predicións. Estes modelos varían na forma en que compartimentan o corpo humano, na forma en que reflicten os diferentes compoñentes da ecuación do balance enerxético humano e na forma en que expresan as interrelacións dos diferentes grupos de macronutrientes. Tras unha análise dos modelos publicados, os modelos de Antonetti ou Hall aplícanse a varias suposicións realistas, discutindo e comparando os resultados obtidos. Tamén se comentan as dietas baixas en carbohidratos e baixas en grasas, que como “rivais”, levan tempo competindo polo título de mellor dieta para perder peso. Co tempo, observouse que as dietas baixas en carbohidratos ofrecen un valor engadido debido á mellora de moitos parámetros bioquímicos que acompañan á perda de peso.

VAZQUEZ TATO, JOSE (Titoría)
VAZQUEZ TATO, JOSE (Titoría)
Tribunal
DIAZ PAZOS, JUAN ANGEL (Presidente/a)
COBO GOLPE, MARIA (Secretario/a)
CABEZAS SAINZ, PABLO (Vogal)
DIAZ PAZOS, JUAN ANGEL (Presidente/a)
COBO GOLPE, MARIA (Secretario/a)
CABEZAS SAINZ, PABLO (Vogal)
Determinación In Vitro da Dixestibilidade do Amidón e do Índice Glicémico de Diferentes Tipos de Pans do Mercado Galego
Autoría
E.M.M.S.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
E.M.M.S.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
O pan é un alimento fundamental na cultura gastronómica de Galicia. Desde o punto de vista nutricional, componse principalmente de hidratos de carbono complexos, como o amidón, cuxa dixestibilidad e resposta glicémica pode relacionarse con enfermidades metabólicas como a diabetes mellitus tipo II, a enfermidade cardíaca ou a obesidade. O presente Traballo Fin de Grao exponse co obxectivo de determinar in vitro a dixestibilidad do amidón total e das súas fraccións (de dixestión rápida, de dixestión lenta e resistente), así como estimar o índice glicémico de diferentes mostras de pan do mercado galego. Para iso, analizáronse un total de 73 mostras, que inclúen: pans tradicionais elaborados baixo unhas condicións previamente establecidas con diferentes variedades autóctonas de trigo, centeo e millo, pans tradicionais procedentes de panaderías e pans industriais en distintos formatos. Observáronse diferenzas significativas entre as diferentes mostras analizadas nas fraccións de amidón e do índice glicémico estimado. Ademais, identificáronse factores nutricionais e tecnolóxicos que modificaron a resposta glicémica, como o uso de diferentes tipos de cereais, a adición de fibra dietética ou de fariña de legumes, así como a utilización de masa nai e longos tempos de fermentación. Os resultados obtidos suxiren que os pans tradicionais, especialmente aqueles elaborados con fariñas autóctonas, presentan un perfil nutricional máis favorable en comparación cos pans industriais, o que apoia a súa recomendación como unha opción máis saudable dentro dunha dieta equilibrada.

Péptidos opioides de orixe alimentaria e a súa relación co trastorno do espectro autista
Autoría
L.M.Q.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
L.M.Q.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
Introdución: O trastorno do espectro autista (TEA) é un trastorno do neurodesenvolvemento que afecta ao 1 % dos nenos a nivel mundial e que se asocia con frecuencia a outras comorbilidades como a epilepsia ou alteracións dixestivas. O difícil manexo da enfermidade impulsou a investigación sobre tratamentos alternativos á terapia médica, como as intervencións dietéticas. As dietas libres de glute e/ou b-caseína constitúen un tratamento complementario baseado na posible repercusión dos péptidos opioides derivados da dixestión destas proteínas na sintomatoloxía do TEA. Obxectivo: Analizar a eficacia das dietas libres de glute e/ou b-caseína nas persoas con TEA para o control da sintomatoloxía dixestiva e condutual. Metodoloxía: Revisión de alcance nas bases de datos Cochrane Library, Medline, Scopus e Web of Science, seguindo os principios da metodoloxía PRISMA. Incluíronse un total de 18 artículos. Resultados: Algúns estudios detectaron melloras a nivel condutual coas dietas libres de glute e/ou b-caseína, aínda que non sempre foron significativas. A nivel dixestivo, a dietoterapia implica melloras na sintomatoloxía dixestiva do TEA, como estrinximento, dor abdominal e diarrea. Non se reportaron efectos negativos graves asociados ao uso destas dietas de eliminación. A idade e a presenza de manifestacións gastrointestinais poden ser factores que afecten positivamente á eficacia destas dietas. Conclusión: As dietas libres de glute e/ou b-caseína poderían ser útiles na abordaxe do TEA, aínda que os resultados obtidos son heteroxéneos. Os estudos difiren na súa metodoloxía, en canto o tamaño muestral, tempo de intervención, franxa de idade dos participantes ou ferramentas de avaliación, dificultando a súa interpretación.

CARDELLE COBAS, ALEJANDRA Cotitoría
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Titoría)
CARDELLE COBAS, ALEJANDRA Cotitoría
Tribunal
DIAZ PAZOS, JUAN ANGEL (Presidente/a)
COBO GOLPE, MARIA (Secretario/a)
CABEZAS SAINZ, PABLO (Vogal)
DIAZ PAZOS, JUAN ANGEL (Presidente/a)
COBO GOLPE, MARIA (Secretario/a)
CABEZAS SAINZ, PABLO (Vogal)
Insectos na nutrición humana
Autoría
C.M.L.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
C.M.L.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo analiza o papel dos insectos na nutrición humana, abordando as súas implicacións dende unha perspectiva nutricional, ambiental, legal, cultural e tecnolóxica. Baséase no feito de que a entomofaxia, ou consumo de insectos, é unha práctica antiga e habitual en moitas rexións do mundo, como Asia, África e América Latina, con máis de 2.000 especies consumidas en todo o mundo. Por outra banda, en Occidente, esta práctica é pouco frecuente e adoita xerar rexeitamento, principalmente por motivos culturais e psicolóxicos asociados ao noxo e á neofobia alimentaria. Non obstante, o crecente interese polas solucións sostibles ante o aumento da poboación mundial e a crise climática fixo que os insectos gañasen protagonismo como fonte alternativa de proteínas. Os insectos destacan polo seu alto valor nutricional, aportando proteínas de alta calidade, ácidos graxos esenciais, vitaminas, minerais e compostos bioactivos. A súa produción require menos recursos naturais que a gandería convencional, xera menos emisións contaminantes e permite o aproveitamento dos residuos orgánicos como alimento. A nivel lexislativo, en Europa o seu consumo para o ser humano está regulado polo Regulamento (UE) 2015/2283 [1], que clasifica os insectos como “alimentos novos” e, a día de hoxe, só autoriza a catro especies: Tenebrio molitor (verme da fariña), Locusta migratoria (langosta migratoria), Acheta domesticus (grilo doméstico) e Alphitobius diaperinus (grilo doméstico). O traballo expón polo miúdo os criterios de seguridade alimentaria que deben cumprir estes produtos, así como os posibles riscos asociados ao consumo, como as alerxias e os perigos biolóxicos, físicos ou químicos, todos eles poden ser xestionados mediante boas prácticas de cría e transformación. Ademais, analízase como a forma de presentación inflúe na súa aceptación: os consumidores occidentais están máis dispostos a consumir insectos cando se integran en alimentos coñecidos como galletas, pasta ou barras. O estudo tamén recolle exemplos de produtos comercializados e explora o uso de insectos en ámbitos como a nutrición espacial ou o desenvolvemento rural. Destácanse os seus beneficios sociais e económicos, especialmente en áreas con recursos limitados, e a súa contribución aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU, especialmente en materia de seguridade alimentaria, nutrición e sustentabilidade agrícola. En conxunto, o traballo mostra que os insectos comestibles representan unha solución prometedora aos retos actuais do sistema alimentario mundial, aínda que a súa implantación xeneralizada dependerá da superación de barreiras culturais, dunha regulación eficaz do sector e dunha maior concienciación dos consumidores.

VÁZQUEZ BELDA, BEATRIZ ISABEL (Titoría)
Sinisterra Loaiza, Laura Isabel Cotitoría
VÁZQUEZ BELDA, BEATRIZ ISABEL (Titoría)
Sinisterra Loaiza, Laura Isabel Cotitoría
Tribunal
DIAZ PAZOS, JUAN ANGEL (Presidente/a)
COBO GOLPE, MARIA (Secretario/a)
CABEZAS SAINZ, PABLO (Vogal)
DIAZ PAZOS, JUAN ANGEL (Presidente/a)
COBO GOLPE, MARIA (Secretario/a)
CABEZAS SAINZ, PABLO (Vogal)
Guía alimentaria: Baby Led Weaning
Autoría
A.M.R.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
A.M.R.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
O Baby Led Weaning (BLW) é un método de alimentación complementaria baseado na autorregulación e no fomento da autonomía infantil. Tradicionalmente, a alimentación complementaria comezaba con papillas e purés alimentados con culler, progresando gradualmente cara texturas máis sólidas. Nos últimos anos, xurdiron novas abordaxes, como o Baby Led Weaning (BLW) ou a súa adaptación, Baby Led Introduction to SolidS (BLISS), que promoven unha alimentación máis independente. O obxectivo principal deste artigo é analizar as diferentes abordaxes de alimentación complementaria, avaliando as súas características, vantaxes, limitacións e o impacto nutricional e de seguridade no desenvolvemento infantil. Tamén busca comparar estes métodos coa abordaxe tradicional, describir as recomendacións nutricionais, identificar alimentos axeitados, así como tamén identificar as preparacións culinarias seguras. A metodoloxía empregada foi unha revisión narrativa da literatura, na que se recompilou, analizou e sintetizou a evidencia científica máis relevante sobre a alimentación complementaria, centrándose nos métodos BLW e BLISS. Os resultados indican que o BLW promove o desenvolvemento motor e oral, a autorregulación do apetito e a prevención da obesidade, aínda que presenta riscos como a asfixia e a posible deficiencia de ferro se non se supervisa adecuadamente. O método BLISS, pola súa banda, aborda estas preocupacións priorizando os alimentos ricos en ferro e enerxía e ofrecendo instrucións máis estruturadas para evitar riscos. Ambos métodos requiren supervisión e adaptación dos alimentos ás capacidades do bebé, sendo crucial o papel do adulto como guía e modelo a seguir.

Valoración dos menús das cafeterías das universidades
Autoría
I.M.C.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
I.M.C.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.09.2025 10:30
16.09.2025 10:30
Resumo
As cafeterías das universidades son comedores de restauración colectiva onde se ofrecen menús accesíbeis a un público específico como son os estudantes e profesores. Tendo en conta a importancia da alimentación en adultos mozos e os factores que os rodean, as preocupacións actuais sobre o aumento do sobrepeso e obesidade e auxe das dietas vexetarianas e veganas o obxectivo deste traballo é a valoración de menús das cafeterías universitarias galegas. Para isto recolléronse diferentes menús de catro cafeterías e avaliáronse os menús respecto a grupos de alimentos, preparacións culinarias, variedade de alimentos e opcións vexetarianas e/ou veganas. Tendo en conta as valoracións das catro cafeterías universitarias e a posibilidade dos comensais de cumprir coas recomendacións da AESAN, pódese concluír que só o 29% das racións das cafeterías universitarias permiten cumprir con ditas recomendacións, destacando un exceso de carnes, especialmente vermellas, e fariñas refinadas. Tamén se observa escaseza de legumes, ovos, e cereais integrais. Aínda que hai certa presenza de métodos de cociñado saudables e opcións para dietas especiais, a variedade é limitada e non se garante un menú equilibrado, especialmente para vexetarianos e veganos.

A alimentación como ferramenta para o tratamento da dor crónica.
Autoría
A.P.R.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
A.P.R.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2025 09:15
16.07.2025 09:15
Resumo
Este Traballo de fin de Grao (TFG) ten como obxectivo analizar o papel da nutrición no tratamento e manexo da dor crónica, tanto de orixe primaria como secundaria, mediante una revisión bibliográfica. A dor crónica é una condición complexa, multifactorial e persitente que afecta de xeito significativo á calidade de vida de millóns de persoas en todo o mundo. O seu abordaxe require enfoques integrais que vaian máis alá do tratamento farmacolóxico convencional. Durante o desenvolemento do traballo revisáronse multitude de estudos cientificos, incluíndo revisións sistemáticas, metaanálises e ensayos controlados, que avalían a influencia de distintos patróns dietéticos e compoñenetes nutricionais sobre os mecanismos fisiopatolóxicos da dor. A evidencia científica respalda o seguimiento dunha dieta equilibrada e antiinflamatoria como ferramenta complementaria no tratamento da dor. En particular, a dieta mediterránea asóciase de forma consistente cunha reducción da inflamación, mellora do perfil metabólico, modulación do sistema inmunitario e disminución da dor. O traballo tamén identifica limitacións relevantes como a escaseza de estudos específicos nalgunhas categorías de dor crónica, a heteroxeneidade metodolóxica dos estudos e a falta dun seguimiento nutricional rigoroso nas publicación. Considérase necesario fomentar novas investigación que aborden a dor crónica de forma máis específica segundo a súa etioloxía, especialmente mediante ensaio clínicos aleatorizados.

VÁZQUEZ ODERIZ, MARÍA LOURDES (Titoría)
Piedrafita Páez, Nicolás Cotitoría
VÁZQUEZ ODERIZ, MARÍA LOURDES (Titoría)
Piedrafita Páez, Nicolás Cotitoría
Tribunal
HERRERO LATORRE, CARLOS (Presidente/a)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Secretario/a)
DIAZ RUBIO, OLGA (Vogal)
HERRERO LATORRE, CARLOS (Presidente/a)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Secretario/a)
DIAZ RUBIO, OLGA (Vogal)
Proxecto dunha bodega de viño albariño en Cambados, Pontevedra
Autoría
P.P.P.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
P.P.P.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
Data da defensa
12.09.2025 09:30
12.09.2025 09:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao mostra o deseño dunha adega destinada á produción de viño Albariño con Denominación de Orixe Rías Baixas, situada no polígono industrial de Sete Pías (Cambados). O proxecto abarca dende a adquisición do terreo ata a posta en marcha da nave, tendo en conta aspectos técnicos, legais, produtivos e financeiros. A nave foi dimensionada para unha produción anual de 350.000 litros de viño. Explícanse as etapas do proceso produtivo, que inclúe vendima manual, despalillado, prensado, fermentación, clarificación, filtrado, embotellado e almacenamento. Ponse especial énfase no uso da maquinaria e na busca dun deseño óptimo para a planta que facilite o fluxo de traballo. Tivéronse en conta os condicionantes legais aplicables en materia urbanística, agroalimentaria, sanitaria, de construción e instalacións. Ademais, exponse unha programación das obras necesarias e unha pequena análise económica que inclúe indicadores como o VAN, a TIR ou o Payback, valorando a viabilidade do proxecto fronte a variables críticas como o prezo da uva ou do viño. O deseño contempla a distribución da planta, sistemas eléctricos requiridos e a planificación dos equipos necesarios. En conxunto, o proxecto pretende ofrecer un modelo viable para unha adega funcional.

AMIAMA ARES, CARLOS (Titoría)
AMIAMA ARES, CARLOS (Titoría)
Tribunal
SEIJAS VAZQUEZ, JULIO ANTONIO (Presidente/a)
MARTINEZ AGEITOS, JOSE MANUEL (Secretario/a)
CABALEIRO LAGO, ENRIQUE MANUEL (Vogal)
SEIJAS VAZQUEZ, JULIO ANTONIO (Presidente/a)
MARTINEZ AGEITOS, JOSE MANUEL (Secretario/a)
CABALEIRO LAGO, ENRIQUE MANUEL (Vogal)
Papel modulador dos ácidos graxos de cadea corta producidos pola microbiota intestinal na artrite reumatoide
Autoría
D.P.L.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
D.P.L.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
13.02.2025 09:00
13.02.2025 09:00
Resumo
A artrite reumatoide (AR) é unha enfermedade autoinmune crónica caracterizada pola presencia de poliartritis. A súa prevalencia atópase entre 0,2 e o 1,2, con maior frecuencia en mulleres e predominio en áreas urbás. A súa orixe é multifactorial, causada principalmente por factores hormonais, inmunolóxicos, xenéticos e ambientais, entre os que se encontran os microorganismos. O obxetivo desta revisión é identificar evidencias literarias sobre o papel modulador dos ácidos grasos de cadea corta (AGCC) producidos pola microbiota intestinal (MI) humana na AR. Realizouse unha búsqueda nas bases de datos Medline e Scopus, na que se incluíron estudos sobre (MI) e (AGCC) de tipo observacional e experimental, revisións sistemáticas y meta-análisis publicados nos últimos 20 anos (entre 2005 e 2025). Observouse unha disminución da diversidade alfa e beta na MI en pacientes con AR en comparación con suxeitos sans, así como un aumento de Escherichia, Shigella, Collinsella e Streptococcus ademáis dun esgotamento de Faecalibacterium, mentres que as etapas preclínicas da enfermedade mostran un incremento do xénero Prevotella. En canto ó filo, observouse un predominio de Proteobacterias sobre Firmicutes en pacientes con AR. Por outra banda, intervencións dietéticas ricas en fibra relacionáronse cun aumento da variedade de especies beneficiosas productoras de AGCC (Faecalibacterium prausnitzii, Bifidobacterias, Lactobacilos, Clostridium coccoides e Eubacterium) así como un descenso de citocinas pro-artríticas (quimiocina proinflamatoria MCP-1 e as citocinas IL-18 e IL-33). Necesítanse máis estudos que establezan un maior grao de evidencia entre o potencial terapéutico dos AGCC producidos pola MI no tratamento da AR.

Determinación da capacidade antimicrobiana de películas biodegradables enriquecidas con metalo-compostos iónicos de Mn(III) para súa aplicación como envase alimentario
Autoría
S.P.D.L.C.
Grao en Bioquímica (2ªed)
S.P.D.L.C.
Grao en Bioquímica (2ªed)
Data da defensa
15.07.2025 09:30
15.07.2025 09:30
Resumo
A OMS estima que os alimentos contaminados afectan a 600 millóns de persoas e causan 420.000 mortes anuais. Neste contexto, a contaminación bacteriana en produtos lácteos representa unha das maiores ameazas para a seguridade alimentaria con gromos asociados a Escherichia coli O157:H7, Salmonella enterica, Listeria monocytogenes e Staphylococcus aureus. Co obxectivo de contribuír á seguridade alimentaria, este traballo de Fin de Grao tivo como obxectivo avaliar a capacidade antimicrobiana dun complexo manganosalen (MnC23O7N2H29) co fin de introducilo en envases comestibles biodegradables. Para iso realizáronse distintos ensaios, incluíndo a determinación da concentración mínima inhibitoria (CMI), probas de difusión en agar mediante aplicación en gota, tanto do composto individual como combinado co quitosano a distintas concentracións, e ensaio de cinética de morte bacteriana empregando cepas das especies mencionadas. A CMI de MnC23O7N2H29 foi de 0,469 mg/mL (S. aureus e S. enterica), 1,094 mg/mL (STEC) e 1,25 mg/mL (L. monocytogenes). Os ensaios de difusión mostraron halos de inhibición a concentracións iguais ou superiores a 5 mg/mL nas catro cepas avaliadas, sendo S. aureus a máis resistente ao complexo. A combinación de MnC23O7N2H29 con quitosano non evidenciou efecto sinérxico, observándose que a inhibición correspondía principalmente ao quitosano. O crecemento bacteriano en presenza de 5 mg/mL do complexo diminuíu significativamente en comparación co control durante as 3, 6 e 24 h de estudo. Observouse efecto bactericida (redución igual o superior a 3 log) ás 6 h en todas as cepas, agás en S. enterica, onde se alcanzou ás 24 h. Os resultados mostran unha actividade antimicrobiana dependente da cepa ou especie, e suxiren que o complexo é un axente prometedor para a súa incorporación en matrices alimentarias. Non obstante, son necesarios estudos adicionais para confirmar a súa eficacia en condicións reais.

Cazón Díaz, Patricia Cotitoría
FRESNO HERRERO, ANA (Titoría)
Cazón Díaz, Patricia Cotitoría
Tribunal
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Presidente/a)
LOPEZ PEDROUSO, MARIA DOLORES (Secretario/a)
CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Vogal)
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Presidente/a)
LOPEZ PEDROUSO, MARIA DOLORES (Secretario/a)
CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Vogal)
Evidencias da relación entre a inxesta de lácteos e o acné vulgar.
Autoría
T.P.G.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
T.P.G.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.09.2025 10:30
16.09.2025 10:30
Resumo
O acné vulgar é unha afección cutánea de orixe multifactorial que afecta principalmente a adultos novos e adolescentes. O seu desenvolvemento implica unha interacción complexa entre factores xenéticos, hormonais, ambientais e dietéticos. Dentro destes factores dietéticos, estudos recentes sinalaron que, a dieta, en particular o consumo de lácteos, podería influír no desenvolvemento ou agravamento do acné, posiblemente debido á súa influencia sobre o eixe insulina/IGF-1/mTORC1, unha vía metabólica relacionada co aumento da produción de sebo e coa hiperqueratinización dos folículos. O obxectivo deste traballo de revisión bibliográfica é analizar criticamente a evidencia científica dispoñible sobre a relación entre a inxesta de produtos lácteos e o desenvolvemento ou empeoramento do acné vulgar, identificando os mecanismos fisiopatolóxicos, os tipos de lácteos implicados e a calidade metodolóxica dos estudos relevantes. Diversas investigacións observacionais e ensaios clínicos indican unha asociación positiva entre o consumo de leite, especialmente desnatada, e unha maior frecuencia de episodios de acné vulgar. Como parte do enfoque dietético, proponse non só reducir os lácteos cunha elevada resposta insulínica, senón tamén orientar a intervención cara a patróns dietéticos que modulen de forma positiva o estado inflamatorio e hormonal do paciente, como pode ser unha dieta mediterránea rica en antioxidantes. Neste contexto, exponse a necesidade de incorporar unha avaliación do enfoque nutricional de maneira personalizada para cada paciente, o que permitirá deseñar intervencións dietéticas máis eficaces como parte do tratamento, en apoio ás terapias dermatolóxicas convencionais.

Xenética da resistencia a bonamiose en ostra plana
Autoría
P.P.C.
Grao en Bioquímica (2ªed)
P.P.C.
Grao en Bioquímica (2ªed)
Data da defensa
15.07.2025 09:30
15.07.2025 09:30
Resumo
O obxectivo principal deste traballo foi investigar a base xenética da resistencia ao parasito B. ostreae, responsable da bonamiose, en ostra plana (Ostrea edulis). Para iso, recolléronse mostras de dúas poboacións irlandesas con distinta exposición ao parasito, Lough Swilly e Rossmore, clasificando os individuos en función do seu nivel de infección (desde controis, que non presentan infección, ata nivel 3, con alta carga parasitaria). Para comprender mellor a base xenética da resistencia analizáronse as mostras tanto a nivel poboacional como individual. Desta maneira, nun primeiro momento se consideraron conxuntamente todos os individuos de ambas poboacións, para despois, centrarnos unicamente nas mostras recollidas de Lough Swilly. Para ambos casos, comezouse realizando unha secuenciación do transcriptoma mediante RNA-seq a partir de mostras de corazóns infectados. As secuencias crudas recibidas da plataforma de secuenciación se procesaron mediante a pipeline nf-core/rnaseq para o filtrado e o aliñamento das lecturas contra os xenomas de referencia do parasito e do hospedador e a conseguinte cuantificación da expresión xénica. A continuación, aplicouse un PCA para visualizar a agrupación das mostras en función das condicións experimentais utilizando os dous primeiros compoñentes principais (PC1 e PC2). Posteriormente, levouse a cabo unha análise mediante DESeq2 para identificar os xenes diferencialmente expresados ante a infección, comparando individuos control respecto aos individuos con distinto grado de infección. Os resultados mostráronse en volcano plots para a súa mellor visualización e interpretación. Finalmente, avaliouse o enriquecemento funcional dos xenes diferencialmente expresados para determinar as funcións biolóxicas e moleculares asociadas utilizando os términos da clasificación de Gene Ontology (GO). Cos resultados do estudo preténdese contribuír á creación de liñas resistentes a este parasito, promovendo a conservación da especie e a sostenibilidade da súa acuicultura.

MARTINEZ PORTELA, PAULINO (Titoría)
MARTINEZ SAMBADE, INÉS Cotitoría
MARTINEZ PORTELA, PAULINO (Titoría)
MARTINEZ SAMBADE, INÉS Cotitoría
Tribunal
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Presidente/a)
LOPEZ PEDROUSO, MARIA DOLORES (Secretario/a)
CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Vogal)
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Presidente/a)
LOPEZ PEDROUSO, MARIA DOLORES (Secretario/a)
CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Vogal)
Estudo do papel do metabolismo da ceramida na replicación de virus relevantes para a acuicultura de peixes
Autoría
A.P.V.
Grao en Bioquímica (2ªed)
A.P.V.
Grao en Bioquímica (2ªed)
Data da defensa
14.07.2025 09:30
14.07.2025 09:30
Resumo
As ceramidas son un tipo de lípidos compostos por un ácido graxo unido a unha base de esfingosina. Son compoñentes esenciais da membrana celular e están involucradas en diversas funcións biolóxicas. Nos últimos anos viuse que estas moléculas lipídicas poden xogar un papel importante na resposta inmune antiviral, xa que estarían involucradas en tódalas fases do ciclo de vida dos virus. Neste TFG preténdese examinar con detemento a relación deste metabolito coa inmunidade fronte a virus en peixes co fin de avaliar a súa utilidade como diana para a o deseño de estratexias antivirais que poidan axudar a paliar as infección virais no sector da acuicultura de peixes, pero tamén obter información que poida ser de utilidade no campo biomédico. Utilizaranse para isto diversas liñas celulares de peixes, e diversos virus de peixes. O estudante manexará diversas técnicas de bioloxía molecular, como a extracción de ácidos nucleicos, síntese de ADN complementario, PCR convencional e cuantitativa, ensaios en cultivos celulares con liñas de peixes (ensaios antivirais, ensaios de viabilidade celular, etc.), entre outras.

Pereiro González, Patricia Cotitoría
Flament Simon, Saskia Camille (Titoría)
Pereiro González, Patricia Cotitoría
Tribunal
VILLAMARIN CID, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Secretario/a)
GÓMEZ PARDO, MARÍA BELÉN (Vogal)
VILLAMARIN CID, JOSE ANTONIO (Presidente/a)
PEREZ CRUZADO, CESAR (Secretario/a)
GÓMEZ PARDO, MARÍA BELÉN (Vogal)
Deseño dunha nave industrial con calefacción xeotérmica mediante solo radiante.
Autoría
R.P.M.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
R.P.M.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
Data da defensa
12.09.2025 09:30
12.09.2025 09:30
Resumo
No presente proxecto móstranse os procedimentos estructurais para o deseño dunha nave industrial e os posteriores cálculos necesarios pra unha climatización eficiente empregando a enerxía xeotérmica. O propósito principal é implementar un sistema de climatización eficaz tanto económica como ambientalmente, empregando unha enerxía limpa como a xeotérmica na nave. O proxecto consta de cinco documentos: a Memoria e os anexos, Planos, Pliego de condición, Estudio básico de seguridade e saúde e o Presuposto.

FERNANDEZ CARRASCO, EUGENIO (Titoría)
FERNANDEZ CARRASCO, EUGENIO (Titoría)
Tribunal
SEIJAS VAZQUEZ, JULIO ANTONIO (Presidente/a)
MARTINEZ AGEITOS, JOSE MANUEL (Secretario/a)
CABALEIRO LAGO, ENRIQUE MANUEL (Vogal)
SEIJAS VAZQUEZ, JULIO ANTONIO (Presidente/a)
MARTINEZ AGEITOS, JOSE MANUEL (Secretario/a)
CABALEIRO LAGO, ENRIQUE MANUEL (Vogal)
Proxecto de climatización eficiente dun museo público situado en Galicia.
Autoría
C.P.D.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
C.P.D.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
Data da defensa
17.02.2025 16:00
17.02.2025 16:00
Resumo
No presente proxecto, preténdese resolver os problemas climáticos dun museo situado en Galicia (Lugo), ocasionados por un sistema de climatización inadecuado que emprega enerxías contaminantes e non cumpre as condicións específicas de temperatura e humidade relativa requiridas no ambiente. Xorde a necesidade de deseñar un sistema de climatización eficiente, utilizando enerxías limpas e respectuosas co medio ambiente. Por tanto, proxectarase un sistema aire-aire baseado na instalación dunha bomba de calor con diferentes accesorios para cumprir con todas as especificacións térmicas e cun sistema de dous recuperadores de calor en paralelo para potenciar a eficiencia da devandita climatización. Analizaranse as características construtivas do edificio exposto para o cálculo da demanda térmica, parámetro fundamental na correcta selección dos equipos para a climatización. O presente Proxecto consta dunha Memoria técnica cos seus respectivos Anexos, os Planos Pertinentes, un Prego de Condicións, o Estudo Básico de Seguridade e Saúde e a Xustificación de Prezos.

Vázquez Vila, María José (Titoría)
JOVER RAMOS, AIDA Cotitoría
Vázquez Vila, María José (Titoría)
JOVER RAMOS, AIDA Cotitoría
Tribunal
AMIAMA ARES, CARLOS (Presidente/a)
González Rodríguez, Jorge (Secretario/a)
LU CHAU, THELMO ALEJANDRO (Vogal)
AMIAMA ARES, CARLOS (Presidente/a)
González Rodríguez, Jorge (Secretario/a)
LU CHAU, THELMO ALEJANDRO (Vogal)
Estudo da resposta do hóspede vexetal contra o patóxeno Botrytis cinerea
Autoría
P.P.A.
Grao en Bioquímica (2ªed)
P.P.A.
Grao en Bioquímica (2ªed)
Data da defensa
12.09.2025 10:00
12.09.2025 10:00
Resumo
Actualmente o tomate é un cultivo de gran importancia económica en todo o mundo. Un patóxeno que produce grandes perdas económicas ao atacar este cultivo é Botrytis cinerea, un patóxeno fúnxico necrotrófico que causa lesións necróticas no tecido infectado. Búscase estudar a interacción entre B. cinerea e S. lycopersicum. Para iso, analizouse o cambio nos niveis de expresión de xenes implicados tanto no mecanismo de ataque do patóxeno (BcNep1, BcPg6), como no mecanismo de defensa do hóspede (SlEt4, SlPat, SlCas3, SlDcd2). Deseñáronse cebadores para os xenes a estudar e, mediante técnicas microbiolóxicas, realizouse o cultivo do patóxeno, Botrytis cinerea. Este cultivo do fungo utilizouse para a preparación de inóculos, os cales se aplicaron sobre a plánta hóspede, S. lycopersicum, para obter mostras de tecido infectado. Destes tecidos extraeuse o ARN que, unha vez retrotranscrito a ADNc, analizouse empregando a técnica da PCR cuantitativa en tempo real (RT-qPCR). Os resultados obtidos mostraron unha variación nos niveis de expresión xénica fronte aos observados nas mostras control. Observouse a sobreexpresión de xenes de Botrytis implicados no proceso de virulencia (BcNep1, BcPg6) e de xenes de Solanum implicados na inmunidade vexetal, como son a produción da fitohormona vexetal etileno (SlEt4) ou proteínas de defensa (SlPat). En Solanum tamén se observou a expresión diferencial dos xenes relacionados coa morte celular, unha metacaspasa (SlCas3) e unha proteína relacionada coa resposta hipersensible (SlDcd2). Estas dúas proteínas representan dous tipos de morte celular antagónicos nos que Botrytis parece estar involucrado, observándose sobreexpresión da metacaspasa e represión da resposta hipersensible (HR).

VELOSO FREIRE, JAVIER (Titoría)
VELOSO FREIRE, JAVIER (Titoría)
Tribunal
BLANCO ALVAREZ, MIGUEL (Presidente/a)
Bouza Fernandez, M Carmen (Secretario/a)
BARCIA VIEITEZ, RAMIRO (Vogal)
BLANCO ALVAREZ, MIGUEL (Presidente/a)
Bouza Fernandez, M Carmen (Secretario/a)
BARCIA VIEITEZ, RAMIRO (Vogal)
Guía alimentaria para embarazadas vexetarianas galegas
Autoría
A.P.G.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
A.P.G.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2025 09:15
16.07.2025 09:15
Resumo
As dietas vexetarianas, ben planificadas, son aptas para tódalas etapas da vida e poden ofrecer beneficios na prevención de certas enfermidades, ademais de xerar un menor dano ambiental en comparación coas dietas ricas en produtos de orixe animal. Sen embargo, é fundamental educar e informar ás persoas que seguen este tipo de alimentación sobre os nutrientes clave aos que se debe prestar especial atención. Nas últimas décadas a popularidade das dietas vexetarianas incrementouse, facendo que moitas mulleres novas continúen con este patrón alimentario tamén durante o embarazo. A alimentación na xestación é clave para o bo desenvolvemento do feto e a saúde materna. Este traballo nace coa finalidade de crear unha guía práctica para as mulleres embarazadas e os profesionais que as acompañan, que inclúa consellos dietéticos sinxelos e axeitados para este grupo de poboación. Para iso, realízase unha revisión bibliográfica na que se analiza se a inxesta de nutrientes clave como proteínas, omega 3, vitamina B12, folato, calcio, vitamina D, ferro, zinc e iodo podería verse afectada. En base á evidencia existente, ofrécense recomendacións prácticas para cubrir os requirimentos a través da alimentación e establécese en que casos é necesaria a suplementación. Así mesmo, proponse un sistema de racións para facilitar a elaboración do menú diario dunha embarazada vexetariana, proporcionando tres exemplos de menús ovolactovexetarianos e tres menús vexetarianos estritos, adaptados segundo os diferentes trimestres de embarazo. Tamén se engadiron recomendacións de seguridade alimentaria e hixiene, importantes en toda a poboación pero máis aínda durante a xestación, co fin de minimizar riscos.

Rivas Pereira, Sara Cotitoría
VÁZQUEZ ODERIZ, MARÍA LOURDES (Titoría)
Rivas Pereira, Sara Cotitoría
Tribunal
HERRERO LATORRE, CARLOS (Presidente/a)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Secretario/a)
DIAZ RUBIO, OLGA (Vogal)
HERRERO LATORRE, CARLOS (Presidente/a)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Secretario/a)
DIAZ RUBIO, OLGA (Vogal)
Desenvolvemento de novas tecnoloxías para o illamento de exosomas mediante o uso de sistemas biolóxicos vivos.
Autoría
A.P.B.
Grao en Bioquímica (2ªed)
A.P.B.
Grao en Bioquímica (2ªed)
Data da defensa
15.07.2025 09:30
15.07.2025 09:30
Resumo
Os exosomas son un tipo de vesículas extracelulares cuxa bioxénese ocorre na vía endosómica da célula. A súa secreción é un proceso evolutivamente conservado e sábese que desenvolven un papel crucial na comunicación intercelular. Estas vesículas, transportan proteínas transmembrana ou compoñentes citoplasmáticos, o que amosa o seu potencial como biomarcadores non invasivos para o diagnóstico de diversas patoloxías como o cancro. Non obstante, na actualidade os protocolos son moi complexos e custosos, polo que se require desenvolver novas técnicas. Neste estudo, búscase crear un novo protocolo que permita illar exosomas humanos mediante o emprego da tecnoloxía de presentación en superficie de lévedos, que permite a expresión de proteínas recombinantes na parede celular. Neste caso, o dominio extracelular de Tim4 (Tim4D), que ten a capacidade de recoñecer residuos de fosfatidilserina presentes na membrana dos exosomas. Tim4D foi clonado nos plásmidos pYD1, pYD5 e pCTcon2 e expresado na cepa EBY100 de S.cerevisiae, co obxectivo de validar o seu uso como sistema de captura de exosomas. Os procedementos incluíron clonación por recombinación homóloga, transformación bacteriana e en lévedos, e análise da expresión mediante técnicas como Western Blot, Dot Blot e citometría de fluxo. A expresión de Tim4D na superficie dos lévedos suxire que esta metodoloxía podería ser unha alternativa viable, barata e eficiente aos métodos tradicionais de illamento de exosomas. Con todo, o emprego de técnicas máis complexas e a análise dos reactivos que compoñen os medios de cultivo mellorarían a detección da expresión da proteína de fusión para a aplicación dos exosomas en investigación biomédica e terapias baseadas en vesículas extracelulares.

Barreiro Alonso, Aida Ines Cotitoría
Vizoso Vázquez, Ángel José Cotitoría
Flament Simon, Saskia Camille (Titoría)
Barreiro Alonso, Aida Ines Cotitoría
Vizoso Vázquez, Ángel José Cotitoría
Tribunal
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Presidente/a)
LOPEZ PEDROUSO, MARIA DOLORES (Secretario/a)
CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Vogal)
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Presidente/a)
LOPEZ PEDROUSO, MARIA DOLORES (Secretario/a)
CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Vogal)
Planta de Produción de Amoníaco a partir de Hidróxeno Verde para a Síntese de Combustibles
Autoría
Z.M.P.A.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
Z.M.P.A.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
Data da defensa
12.09.2025 09:30
12.09.2025 09:30
Resumo
O traballo de fin de grao ten como obxectivo o deseño dunha planta industrial para a produción de amoníaco verde mediante o proceso Haber-Bosch, utilizando hidróxeno e nitróxeno como materias primas, ambos fornecidos por fontes externas a partir da electrólise da auga e da destilación crioxénica do aire, respectivamente. A planta proxectada, situada nas Pontes de García Rodríguez, en Galicia, está deseñada para operar de forma continua e alcanzar unha capacidade de produción anual de cincuenta mil toneladas de amoníaco cunha pureza do noventa e nove con seis por cento. O proxecto xorde como resposta á necesidade de descarbonizar a industria química, xa que o método convencional de síntese de amoníaco é altamente intensivo en carbono e representa unha parte significativa das emisións globais de dióxido de carbono. Ao empregar hidróxeno verde, elimínanse as emisións directas asociadas, situando o amoníaco verde como unha solución clave para a transición enerxética. Ademais do seu uso tradicional como fertilizante, o amoníaco verde presenta un gran potencial como vector enerxético e como combustible alternativo libre de carbono, especialmente en sectores como o transporte marítimo e a xeración de electricidade. O deseño da planta aborda a viabilidade técnica, económica, ambiental e de seguridade, incluíndo a selección de equipos, os balances de materia e enerxía, así como a análise do mercado. A elección do emprazamento baséase na dispoñibilidade de enerxía renovable, na existencia duns bos recursos e infraestruturas, e no acceso loxístico. O estudo conclúe que a planta é técnica e economicamente viable, representando un paso prometedor cara a un modelo industrial máis sostible.

Estudio da conversión de STX en matrices de moluscos de orixe galego
Autoría
A.P.P.
Grao en Bioquímica (2ªed)
A.P.P.
Grao en Bioquímica (2ªed)
Data da defensa
12.09.2025 10:00
12.09.2025 10:00
Resumo
As toxinas paralizantes de moluscos (PSP) representan un risco significativo para a saúde pública, xa que poden acumularse en especies mariñas destinadas ao consumo humano. A saxitoxina (STX), un dos principais compostos deste grupo, é unha toxina de orixe natural que pode provocar intoxicacións graves cando se acumula en concentracións elevadas en moluscos filtradores. Debido á súa alta toxicidade, a súa detección e control nos produtos mariños constitúe unha prioridade nos programas de vixilancia alimentaria. Ademais da súa presenza directa, observouse que certas especies de moluscos poden transformar a STX en compostos análogos, o que pode modificar a súa toxicidade e dificultar a súa detección. Por este motivo, resulta especialmente interesante estudar o comportamento desta toxina unha vez incorporada á matriz do molusco, así como a posible aparición de derivados mediante procesos biolóxicos ou fisicoquímicos. Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo principal avaliar a estabilidade da saxitoxina e a súa posible conversión en análogos en dúas especies de moluscos bivalvos: Venerupis corrugata (ameixa babosa) e Ensis magnus (navalla). Para iso aplicouse o método analítico de oxidación precromatográfica seguido da separación por cromatografía líquida de alta resolución con detección por fluorescencia, coñecido como método de Lawrence, seguindo un deseño experimental que inclúe diferentes condicións de tratamento, tempos de incubación e cantidades de mostra. Este estudo enmárcase na necesidade de mellorar a comprensión do comportamento das toxinas mariñas en especies comerciais, para coñecer mellor a súa toxicidade e así poder garantir a seguridade alimentaria e a protección do consumidor.

BOTANA LOPEZ, ANA MARIA (Titoría)
REY LOPEZ, VERONICA Cotitoría
BOTANA LOPEZ, ANA MARIA (Titoría)
REY LOPEZ, VERONICA Cotitoría
Tribunal
BLANCO ALVAREZ, MIGUEL (Presidente/a)
Bouza Fernandez, M Carmen (Secretario/a)
BARCIA VIEITEZ, RAMIRO (Vogal)
BLANCO ALVAREZ, MIGUEL (Presidente/a)
Bouza Fernandez, M Carmen (Secretario/a)
BARCIA VIEITEZ, RAMIRO (Vogal)
O efecto da soia sobre a saúde humana
Autoría
D.P.M.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
D.P.M.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2025 09:15
16.07.2025 09:15
Resumo
Introdución: A soia é unha fonte de proteína de alto valor biolóxico. A súa inclusión na dieta podería ter beneficios sociais, ambientais e de saúde pública. Porén, existe certa controversia sobre os efectos que podería ter o consumo desta legume na saúde humana. O seu alto contido en isoflavonas, moléculas estructuralmente relacionadas cos estróxenos, causa preocupación na comunidade científica sobre o posible incremento de patoloxías relacionadas cun aumento da actividade estroxénica que podería causar o seu consumo. Obxectivo: O obxectivo principal do estudo é realizar unha revisión bibliográfica de revisións sistemáticas con ou sen metaanálises (umbrella review ou ‘revisión paraguas’) para agrupar toda a evidencia científica respecto á asociación entre o consumo de soia e derivados, e o risco de cancro de mama (incidencia). Materiais e métodos: Mediante a metodoloxía PRISMA, levouse a cabo unha revisión bibliográfica nas bases de datos Pubmed e Scopus, cunha estratexia de búsqueda e criterios de inclusión e exclusión predefinidos. Seleccionáronse os artigos relevantes e excluíronse os duplicados. Resultados: Do total de artigos iniciais, analizáronse 11 revisións sistemáticas, das cales 7 contiñan metaanálises. Na meirande parte delas observouse unha relación inversa entre o consumo de soia e a incidencia de cancro de mama, aínda que existen limitacións propias dos estudos observacionais e outras derivadas da heteroxeneidade metodolóxica dos estudos incluídos. Conclusión: O consumo de soia está asociado a unha diminución da incidencia de cancro de mama. Precísanse estudos ben diseñados para concretar a forza de asociación e os subgrupos que máis se poden beneficiar.

Cabañas Alite, Luis Cotitoría
VÁZQUEZ ODERIZ, MARÍA LOURDES (Titoría)
Cabañas Alite, Luis Cotitoría
Tribunal
HERRERO LATORRE, CARLOS (Presidente/a)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Secretario/a)
DIAZ RUBIO, OLGA (Vogal)
HERRERO LATORRE, CARLOS (Presidente/a)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Secretario/a)
DIAZ RUBIO, OLGA (Vogal)
Proxecto de deseño dun sistema de calefacción e AQS con caldeira de biomasa e paneis solares térmicos para unha vivenda unifamiliar con piscina climatizada.
Autoría
N.P.G.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
N.P.G.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
Data da defensa
15.07.2025 10:00
15.07.2025 10:00
Resumo
O presente proxecto ten como obxectivo realizar o deseño dunha instalación de calefacción, AQS e climatización dunha piscina interior para unha vivenda unifamiliar de catro pisos en construción. Para iso empregarase unha caldeira de biomasa, alimentada con estelas e un circuíto solar. Para o servizo de calefacción optarase por un sistema de chan radiante, utilizando como fonte de enerxía a caldeira de biomasa anteriormente mencionada. No caso da climatización da piscina tamén se empregará como única fonte de enerxía dita caldeira. O servizo do AQS abastecerase mediante dúas fontes de enerxía, por unha banda, a mesma que os demais servizos, a caldeira, e por outro unhas placas solares térmicas. Para o deseño respectarase a lexislación vixente e seguiranse as recomendacións técnicas emitidas polos organismos competentes. En primeira instancia, calcularanse as necesidades térmicas da vivenda para poder dimensionar as fontes de enerxía en base ás necesidades desta. Unha vez realizada esta tarefa, dimensionaranse os equipos secundarios e proxectarase a rede de circuítos destinada ao transporte de fluídos, así como á interconexión dos diferentes servizos coas fontes de enerxía. Unha vez concluídos os traballos mencionados, propoñeranse exemplos comerciais que poidan cumprir coas necesidades da instalación. Cando se dispón de toda a información técnica do proxecto, realizarase a organización das obras para coñecer o tempo esperado ata a entrega da instalación ao promotor. Así mesmo, elaboraranse os demais documentos que forman parte deste proxecto, tales como o prego de condicións, EBSS, plan de xestión de residuos, plan de control de calidade e os planos, todos eles fundamentais para a correcta execución do proxecto.

Análise da relación entre o peso autopercibido e o estado ponderal en población galega
Autoría
S.R.P.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
S.R.P.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2025 09:15
16.07.2025 09:15
Resumo
Introdución: O exceso de peso é un dos principais desafíos da Saúde Pública pola súa relación con numerosas patoloxías e redución da esperanza de vida. O presente traballo analiza a concordancia entre a autopercepción de peso e a súa relación co estado ponderal nunha mostra de población representativa galega de 16 anos e máis, no ano 2023, analizando cómo inflúen as variables idade e sexo. Ademáis, comparanse os resultados de concordancia de 2023 cos de 2018 Métodos: Realizouse un estudo transversal, utilizando datos obtidos de enquisas realizadas polo Sistema de Información sobre Condutas de Risco (SICRI) dos anos 2018 e 2023. Cos datos de 2023, estimouse a prevalencia para cada una das categorías de autopercepción de peso e de estado ponderal, analizouse a concordancia entre as mesmas e compararonse os resultados de 2018 e 2023. Resultados: Obtiveronse datos de 7896 individuos; o 37% (IC95%: 35,8-38,1) encontrábanse en sobrepeso e o 16,6% (IC95%: 15,8-17,6) en obesidade.Observaronse diferencias según sexo e idade. As mulleres tenden á sobreestimación do peso mentras que os homes á subestimación. Ao aumentar a idade, hai unha tendencia á subestimación do peso, e a maior IMC, maior subestimación do peso. Observase un aumento significativo no porcentaxe de acordo entre 2018 e 2023, principalmente para as categorías exceso de peso-verse con exceso de peso/gordo. Conclusións: Os resultados obtidos son de interés para a planificación de políticas de saúde pública enfocadas na prevención do exceso de peso. Nestas, é importante unha correcta autopercepción do estado ponderal xa que nos estados ponderales de maior IMC, observase unha infraestimación que da lugar a unha menor concienciación e disminución da eficacia das intervencións.

Candal Pedreira, Cristina (Titoría)
GARCIA , GUADALUPE Cotitoría
Candal Pedreira, Cristina (Titoría)
GARCIA , GUADALUPE Cotitoría
Tribunal
HERRERO LATORRE, CARLOS (Presidente/a)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Secretario/a)
DIAZ RUBIO, OLGA (Vogal)
HERRERO LATORRE, CARLOS (Presidente/a)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Secretario/a)
DIAZ RUBIO, OLGA (Vogal)
Avaliación nutricional e tendencias de consumo na oferta gastronómica dun hotel: almorzo e cea
Autoría
D.C.R.D.E.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
D.C.R.D.E.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.09.2025 10:30
16.09.2025 10:30
Resumo
O obxectivo principal deste traballo foi avaliar o perfil nutricional da oferta gastronómica dos servizos de almorzo e cea nun hotel de catro estrelas, co fin de analizar a súa adecuación ás recomendacións nutricionais diarias para persoas adultas sas. Elaboráronse fichas técnicas estandarizadas para cada prato, calculáronse os valores nutricionais por ración e comparáronse cos valores de referencia propostos pola EFSA (2020). Ademais, analizáronse as perdas de nutrientes durante a cocción mediante factores de retención e rendemento, e realizáronse simulacións de consumo baseadas nos pratos máis demandados para estimar o impacto real que esta oferta pode ter na dieta do cliente. Os resultados amosan que unha parte importante dos pratos presenta desequilibrios nutricionais, especialmente por un exceso de graxas saturadas, azucres simples e un baixo contido en fibra. Tamén se identificaron perdas relevantes de vitaminas hidrosolubles, como a vitamina C e a B9, derivadas de técnicas como a fritura ou a cocción longa. As simulacións indican que unha persoa pode alcanzar ata o 70 % ou máis do achegue enerxético diario só co almorzo e a cea, superando en moitos casos os límites aconsellados de graxas saturadas e azucres. Aínda así, existen opcións nutricionalmente axeitadas dentro do menú que se poden potenciar. Conclúese que é necesario optimizar certos pratos e métodos de cocción, así como implementar ferramentas educativas como o sistema semáforo nutricional para facilitar a toma de decisións informadas sen comprometer a experiencia gastronómica. Este traballo pon de manifesto a importancia de contar cun nutricionista no sector hoteleiro, non só para mellorar o equilibrio dos menús, senón tamén para mellorar a satisfacción do cliente, diferenciar a oferta e dar resposta á crecente demanda de propostas máis saudables, inclusivas e conscientes.

Deseño dunha intervención nutricional na tiroiditis de Hashimoto: Da evidencia científica á práctica clínica
Autoría
L.R.S.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
L.R.S.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2025 09:15
16.07.2025 09:15
Resumo
A tiroidite de Hashimoto é a causa máis frecuente de hipotiroidismo nos países desenvolvidos, caracterizada por un proceso autoinmune que deteriora progresivamente a función tiroidea. A alteración na produción hormonal afecta funcións vitais como o metabolismo enerxético, a regulación térmica e o estado de ánimo, manifestándose en síntomas persistentes como fatiga, estrinximento, aumento de peso, secura da pel e depresión, mesmo en pacientes xa tratados farmacoloxicamente. Nos últimos anos, a evidencia científica puxo en valor o papel da nutrición no manexo complementario desta patoloxía, demostrando que unha intervención dietética específica pode contribuír á mellora sintomática e bioquímica. Porén, aínda non existe un protocolo nutricional estandarizado. Este traballo ten como obxectivo deseñar unha intervención nutricional personalizada e práctica, baseada na literatura científica máis actual, que sirva como ferramenta de apoio para o dietista-nutricionista na atención integral ao paciente con tiroidite de Hashimoto. Para iso, realízase unha revisión detallada da fisiopatoloxía, diagnóstico e comorbilidades asociadas, así como dos nutrientes clave, alimentos beneficiosos e aqueles que deben limitarse. A partir destes elementos, proponse unha pauta dietética estruturada, xunto con estratexias de suplementación e seguimento, co fin de mellorar a calidade de vida, optimizar os marcadores clínicos e reducir a sintomatoloxía residual neste perfil de pacientes.

Nutrición, microbiota intestinal e Alzheimer: unha aproximación desde a neurociencia e a saúde dixestiva.
Autoría
O.R.G.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
O.R.G.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2025 09:15
16.07.2025 09:15
Resumo
A enfermidade de Alzheimer (EA) é unha enfermidade neurodexenerativa que destrúe progresivamente as células nerviosas e deteriora a función cerebral, o que leva ao declive cognitivo característico desta afección. Actualmente é unha das principais preocupacións de saúde pública mundial, dada a súa crecente prevalencia e o impacto na calidade de vida dos pacientes e as súas familias. Neste contexto, a microbiota intestinal xurdiu como un factor particularmente relevante na aparición e progresión de diversas enfermidades crónicas, incluída a EA. Esta relación baséase nas complexas interaccións que se producen a través do chamado eixe intestino-cerebro, unha vía de comunicación bidireccional que une o sistema nervioso central co sistema dixestivo a través de mecanismos inmunolóxicos, neuroendocrinos e metabólicos. Este traballo céntrase nunha emerxente abordaxe nutricional para a prevención e o tratamento da EA, explorando o potencial modulador de certos alimentos, probióticos e prebióticos na microbiota intestinal e, en consecuencia, na progresión da enfermidade. Prestarase especial atención aos xéneros Lactobacillus e Bifidobacterium, debido á súa relevancia na literatura científica actual como microorganismos con potenciais efectos neuroprotectores. Tamén se revisarán os efectos de diferentes patróns dietéticos, como a dieta mediterránea, a dieta DASH, a dieta MIND e a dieta cetoxénica. Estas estratexias dietéticas foron propostas como posibles contribuíntes á prevención ou á diminución do declive cognitivo asociado á enfermidade de Alzheimer.

Proxecto de construción de nave para procesado de castañas
Autoría
A.R.F.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
A.R.F.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
Data da defensa
17.02.2025 16:00
17.02.2025 16:00
Resumo
Desenvólvese o presente proxecto co fin de deseñar unha nave para o procesado de castañas e poder transformar este produto único e saudable, moi arraigado en Galicia, rexión que contribúe significativamente á produción mundial de castañas. A demanda crecente de alimentos naturais e nutritivos fai que o procesado de castañas sexa unha oportunidade prometedora. Este proxecto busca capitalizar as vantaxes que nos ofrece este produto, establecendo unha nave equipada con tecnoloxía avanzada en Becerreá, porta dos Ancares, unha zona que alberga grandes cantidades desta materia prima. O proceso de produción inclúe varias etapas; recepción e selección de castañas crúas, limpeza e pelado, deshidratación e/o cocción, envasado e almacenado. Cada etapa está deseñada para preservar as propiedades nutricionais, asegurando que cumpre cos estándares máis altos de calidade. O proxecto, ademais de describir todos os aspectos do proceso, inclúe un orzamento detallado, cálculos estruturais, así como operativos e un estudo financeiro. En resumo, este proxecto non só promete ser financeiramente viable, senón que tamén posiciona a Galicia como un líder en produción e comercialización de castañas procesadas, aproveitando a súa herdanza e recursos naturais únicos

FRAGA LOPEZ, FRANCISCO JOSE (Titoría)
FRAGA LOPEZ, FRANCISCO JOSE (Titoría)
Tribunal
AMIAMA ARES, CARLOS (Presidente/a)
González Rodríguez, Jorge (Secretario/a)
LU CHAU, THELMO ALEJANDRO (Vogal)
AMIAMA ARES, CARLOS (Presidente/a)
González Rodríguez, Jorge (Secretario/a)
LU CHAU, THELMO ALEJANDRO (Vogal)
Implementación dunha práctica de laboratorio sobre a eficacia antioxidante en alimentos e bebidas utilizando a reacción oscilante de Briggs-Rauscher.
Autoría
C.R.S.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
C.R.S.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2025 09:15
16.07.2025 09:15
Resumo
Nos últimos anos, o interese polo papel dos antioxidantes na saúde e o seu potencial terapéutico fronte a patoloxías asociadas ao dano oxidativo aumentou considerablemente, así como a súa aplicación no ámbito da industria alimentaria, converténdose en obxecto de diversas investigacións. Debido a isto, impulsouse o desenvolvemento de métodos que permiten avaliar a súa actividade en alimentos e bebidas. Neste traballo deseñouse e implementouse unha práctica de laboratorio baseada na reacción oscilante de Briggs-Rauscher, co obxectivo de medir de forma visual e cuantificable a capacidade antioxidante de diversas mostras alimentarias. A metodoloxía consistiu en medir o tempo que cada mostra tardaba en inhibir a aparición dos radicais libres característicos desta reacción, o cal permitiu comparar a eficacia antioxidante entre diferentes produtos. Os resultados evidenciaron que o café e o chocolate negro foron os alimentos con maior poder antioxidante, mentres que froitas como o limón, a laranxa e o kiwi mostraron unha actividade intermedia. Mostras con compostos lipofílicos, como os aceites, presentaron unha resposta máis limitada neste sistema acuoso. Os resultados obtidos non só evidenciaron que alimentos posúen maior capacidade antioxidante, senón que tamén facilitaron a interpretación destes datos en función da súa composición química. Ademais, permítenos propoñer esta experiencia como unha ferramenta didáctica atractiva para o ámbito educativo, polo seu valor demostrativo e accesibilidade. Tamén se valoraron os posibles usos que podería ter na industria alimentaria, sendo de gran utilidade no ámbito do control de calidade.

Estilos de vida e hábitos alimentarios na fertilidade
Autoría
I.R.L.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
I.R.L.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2025 09:15
16.07.2025 09:15
Resumo
A infertilidade defínese como a incapacidad de lograr un embarazo clínico despois de 12 meses ou máis de relación sexuais regulares sen protección. Na actualidade, afecta a un número crecente de persoas e parellas en todo o mundo. As causas poden ser múltiples, desde alteracións conxénitas do aparato reproductor ata factores relacionados coa alimentación, o peso corporal, a actividade física, o estrés, o consumo de tabaco ou alcohol e a exposición a contaminantes ambientais. Os obxectivos deste traballo son analizar as principais causas da infertilidade desde una perspectiva nutricional e do estilo de vida, identificar os nutrientes de maior relevancia na función reproductiva e revisar a evidencia científica sobre a utilidade da suplementación. Os resultados mostran que certos micronutrientes como o ácido fólico, a vitamina D, o zinc e o selenio, son fundamentais para una boa ovulación, a calidade do esperma e a implantación embrionaria. Ademais, antioxidantes como as vitaminas A, C e E axudan a combater o estrés oxidativo, mellorando os parámetros reproductivos. Igualmente, observouse que priorizar proteínas magras, ácidos graxos omega-3 e carbohidratos complexos de baixo índice glicémico favorece a síntese hormonal. As guías dietéticas respaldan o patrón alimentario mediterráneo e recomendan reducir a inxesta de azucres engadidos e de ultraprocesados. Así mesmo, unha microbiota equilibrada, potenciada con fibra e probióticos, diminúe a inflamación e mellora a fertilidade. Conclúese, por tanto, que unha alimentación equilibrada e uns hábitos de vida saludables son fundamentais para mellorar a fertilidade, e por iso neste traballo propóñense unha serie de recomendacións como estratexia para abordar este problema.

Avaliación nutricional de menús no Camiño de Santiago
Autoría
A.S.P.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
A.S.P.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.09.2025 10:30
16.09.2025 10:30
Resumo
O Camiño de Santiago é unha ruta de peregrinación que atrae a milleiros de camiñantes cada ano, os cales percorren longas distancias nun curto período de tempo, chegando a andar máis de 100 km nun máximo de cinco días. Dado o esforzo físico que implica, a nutrición desempeña un papel fundamental na saúde, o benestar e o rendemento dos peregrinos, cuxo principal obxectivo é chegar á cidade de Santiago de Compostela. Este traballo avaliou a calidade nutricional de 20 menús ofrecidos en establecementos do Camiño Francés, concretamente entre Sarria e Santiago de Compostela (aproximadamente 115 km), durante o período de decembro de 2024 a maio de 2025. Realizouse unha análise cuantitativa e cualitativa para valorar se os menús se axustaban ás necesidades nutricionais do peregrino. Os resultados revelaron un aporte enerxético aproximadamente un 48% inferior ás necesidades estimadas, xunto con deficiencias en hidratos de carbono, fibra, calcio, vitamina D e magnesio, así como un exceso de graxas saturadas. As proteínas eran maioritariamente de orixe animal e a presenza de froitas, legumes e froitos secos foi escasa. Conclúese que os menús avaliados non cobren adecuadamente as demandas nutricionais dos peregrinos, sendo necesario mellorar a súa planificación para garantir unha oferta máis equilibrada e adaptada.

VÁZQUEZ BELDA, BEATRIZ ISABEL Cotitoría
NEBOT GARCIA, CAROLINA GRACIELA (Titoría)
VÁZQUEZ BELDA, BEATRIZ ISABEL Cotitoría
Tribunal
BLANCO ALVAREZ, JORGE (Presidente/a)
NUÑEZ GONZALEZ, CRISTINA (Secretario/a)
MIRANDA LOPEZ, JOSE MANUEL (Vogal)
BLANCO ALVAREZ, JORGE (Presidente/a)
NUÑEZ GONZALEZ, CRISTINA (Secretario/a)
MIRANDA LOPEZ, JOSE MANUEL (Vogal)
Avaliación do estado nutricional dos pacientes en tratamento con fármacos análogos do GLP-1 e posibles intervencións a realizar
Autoría
A.S.V.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
A.S.V.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2025 09:15
16.07.2025 09:15
Resumo
A obesidade é unha enfermidade complexa e multifactorial que afecta en gran medida á calidade de vida das persoas que a padecen. Só en España, a prevalencia desta condición é do 23,8 % na poboación adulta, e ten unha taxa de crecemento positiva a nivel mundial. Representa un custo económico significativo e un inmenso desafío para a saúde pública en todos os países. Os fármacos análogos do GLP-1 para o tratamento da obesidade constitúen unha nova liña de terapia e están a ser amplamente utilizados en todo o mundo. Gozan dunha ampla aceptación debido á súa eficacia no control da regulación do apetito, o que mellora a condición nestes individuos. Non obstante, é igualmente importante determinar as necesidades destes pacientes para garantir o éxito da terapia e a súa saúde. Este traballo ten como obxectivo estudar, mediante unha extensa revisión bibliográfica, as medidas hixiénico-dietéticas aplicadas na práctica clínica durante esta terapia e as súas implicacións para o estado nutricional do individuo. Ademais, debido á falta de publicacións sobre este tema, analizamos outros tipos de intervencións que poderían ser beneficiosas e desenvolvemos unha guía práctica de recomendacións para o seu posible uso no ámbito sanitario.

CASABIELL PINTOS, JESÚS ANTONIO (Titoría)
MARTINEZ OLMOS, MIGUEL ANGEL Cotitoría
CASABIELL PINTOS, JESÚS ANTONIO (Titoría)
MARTINEZ OLMOS, MIGUEL ANGEL Cotitoría
Tribunal
HERRERO LATORRE, CARLOS (Presidente/a)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Secretario/a)
DIAZ RUBIO, OLGA (Vogal)
HERRERO LATORRE, CARLOS (Presidente/a)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA (Secretario/a)
DIAZ RUBIO, OLGA (Vogal)
A importancia do complexo vitamínico B na saúde e rendemento de deportistas adolescentes
Autoría
N.S.M.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
N.S.M.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.09.2025 10:30
16.09.2025 10:30
Resumo
A adolescencia é unha etapa caracterizada por un crecemento e desenvolvemento continuos, o que implica un aumento dos requirimentos de nutrientes para cubrir as demandas metabólicas, incluídas as vitaminas do complexo B (B1, B2, B3, B5, B6, B7, B9 e B12). Nesta etapa, os individuos vólvense especialmente vulnerables ás deficiencias enerxéticas debido á adquisición de patróns dietéticos inadecuados, situación que se agrava cando se realiza exercicio físico de forma habitual. Este traballo de fin de grao (TFG) ten como obxectivo realizar unha revisión bibliográfica da evidencia científica sobre o estado nutricional dos adolescentes respecto ás vitaminas do complexo B, e analizar a súa implicación na saúde e rendemento deportivo. Os traballos publicados ata a data poñen de manifesto que a vitamina B9 é unha das que presentan maior déficit de consumo no colectivo adolescente, especialmente no grupo das mulleres. Por outro lado, a vitamina B6 podería ter máis beneficios como suplemento en comparación coas outras vitaminas do grupo B, debido á súa implicación na rexeneración muscular, no sistema inmunitario e na protección fronte ao estrés oxidativo. En xeral, non se atopou evidencia sólida de que as vitaminas do grupo B melloren o rendemento físico, aínda que a súa deficiencia pode afectar negativamente á inmunidade, benestar psicolóxico e recuperación muscular. Seguir unha alimentación adecuada é o factor clave para conservar o rendemento e a saúde nos adolescentes deportistas.

Santiso Seoane, Alexandre Cotitoría
NEBOT GARCIA, CAROLINA GRACIELA (Titoría)
Santiso Seoane, Alexandre Cotitoría
Tribunal
BLANCO ALVAREZ, JORGE (Presidente/a)
NUÑEZ GONZALEZ, CRISTINA (Secretario/a)
MIRANDA LOPEZ, JOSE MANUEL (Vogal)
BLANCO ALVAREZ, JORGE (Presidente/a)
NUÑEZ GONZALEZ, CRISTINA (Secretario/a)
MIRANDA LOPEZ, JOSE MANUEL (Vogal)
Mutaxénese de xenes pertencentes ao resistoma secundario de E. coli resistente a cefotaxima
Autoría
Y.S.G.
Grao en Bioquímica (2ªed)
Y.S.G.
Grao en Bioquímica (2ªed)
Data da defensa
15.07.2025 09:30
15.07.2025 09:30
Resumo
A resistencia a axentes antimicrobianos en bacterias é un dos principais problemas de saúde a nivel mundial e estímase que debido á difusión masiva de xenes de resistencia entre cepas este problema aumente cada vez máis. Dentro dos patóxenos considerados como críticos pola Organización Mundial da Saúde, fronte aos que é urxente descubrir novas terapias, atópase Escherichia coli resistente a cefalosporinas de 3ª xeración, como a cefotaxima (CTX); resistencia que se pode deber á produción de beta-lactamasas de espectro estendido. O presente estudo ten coma obxectivo comprobar o efecto sobre a resistencia a cefotaxima dun xene pertencente ao resistoma secundario fronte a este antimicrobiano en cepas clínicas de Escherichia coli produtoras da enzima CTX-M-1. Para iso, levouse a cabo a mutaxénese do xene ybeD en dúas cepas clínicas de Escherichia coli blaCTX-M-1 positivas, de orixe humana e animal. Posteriormente determinouse a concentración mínima inhibitoria (MIC) de CTX en cada cepa, tanto salvaxes coma mutantes; mostrando unha redución na MIC para os mutantes en comparación coa cepa salvaxe correspondente. Ademais, realizouse un ensaio de cinética de morte bacteriana de 0 a 24 horas, empregando todas as cepas do estudo e crecéndoas nun medio suplementado con CTX; aproximadamente 1/2 da MIC nas cepas salvaxes. Neste ensaio observouse unha redución inicial no crecemento e supervivencia de cada cepa mutante respecto á salvaxe, e unha recuperación ás 24 horas. En conclusión, os resultados suxiren que o xene ybeD está involucrado na resistencia a cefotaxima, xa que a súa deleción reduce a resistencia a dito antibiótico. É importante resaltar que a redución e menor que a obtida previamente nunha cepa de referencia de E. coli portadora do xene blaCTX-M-1.

Horarios laborais e o seu impacto sobre os hábitos alimentarios e a saúde.
Autoría
M.S.A.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
M.S.A.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
Dado que os patróns e rutinas que se seguen no día a día condicionan o estado de saúde, o que se pretende neste Traballo de Fin de Grao é avaliar como inflúe o horario de traballo sobre os hábitos alimentarios de persoas traballadoras, atendendo tanto aos patróns de inxesta como á calidade dos alimentos que consumen, así como sobre outros aspectos como a ganancia de peso e a sensación de apetito e saciedade. A metodoloxía empregada para a obtención destes datos foi mediante a realización dunha enquisa anónima a unha mostra representativa da poboación de Galicia. Para isto, recolléronse datos de persoas que traballan tanto en turnos rotativos coma en horarios fixos e horarios partidos, incluíndo horarios nocturnos. Tras a análise dos datos obtidos, observouse que os horarios de traballo nocturnos son os que máis dificultan ás persoas traballadoras poder levar unha dieta saudable, facer unha cantidade de inxesta de alimentos axeitada ao longo do día e manter un peso óptimo. Polo tanto, sería recomendable incluir estratexias para mellorar a calidade da alimentación dos traballadores nocturnos durante a xornada laboral como medida preventiva para evitar que estas persoas teñan posibles problemas de saúde ao longo prazo.

FENTE SAMPAYO, CRISTINA ASUNCION (Presidente/a)
LENDOIRO BELIO, ELENA (Secretario/a)
JOVER RAMOS, AIDA (Vogal)

Proxecto de Deseño de Instalación de Paneis Solares e Aerotermia para mellorar a eficiencia enerxética dun club de golf en Santiago de Compostela.
Autoría
C.S.A.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
C.S.A.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
Data da defensa
17.02.2025 16:00
17.02.2025 16:00
Resumo
No seguinte proxecto deséñase un sistema de mellora da eficiencia e do consumo enerxético mediante un sistema de aerotermia e unha instalación de paneis solares nun Club de Golf da provincia da Coruña. O obxectivo é conseguir un aforro económico mediante o uso de enerxías renovables, concretamente a partir da enerxía solar captada por paneis fotovoltaicas, que se colocarán nun ángulo ideal sobre soportes construídos con ese ángulo co fin de obter a maior captación de radiación. Tamén mediante o uso dun sistema de aerotermia que utiliza a enerxía almacenada en forma de calor para satisfacer a demanda de calefacción, refrixeración e ACS. Para a instalación fotovoltaica empregaranse dous inversores que se conectarán á rede eléctrica existente, e para a aerotermia utilizaranse tubos de aceiro galvanizado á vista. Por outra banda, elaborouse o orzamento correspondente ás instalacións do proxecto, ademais dunha avaliación económica que nos permite coñecer a rendibilidade do proxecto. Por último, este proxecto consta dunha Memoria cos seus Anexos específicos, Plans, Prego de Condicións, Estudo de Seguridade e Saúde, Xestión de Residuos e Orzamento. Todos eles son necesarios para realizar correctamente o traballo.

O papel da nutrición no tratamento da síndrome de ovario poliquístico: unha revisión de estratexias dietéticas e cambios de estilo de vida
Autoría
G.T.P.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
G.T.P.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
A síndrome de ovario poliquístico (SOP) é unha disfunción endocrino-metabólica que representa a causa máis común de hiperandroxenismo en mulleres, tanto adultas como adolescentes, afectando a entre o 6% e o 13% das mulleres en idade fértil, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS). As súas principais manifestacións clínicas inclúen desequilibrios hormonais, menstruaciones irregulares, niveis elevados de andróxenos e a presenza de quistes nos ovarios. Ademais, a anovulación e a irregularidade menstrual, constitúen unha das principais causas de infertilidade nas mulleres que o padecen. Aínda que o SOP non ten unha cura definitiva, diversas investigacións suxiren que moitos dos seus síntomas poden mellorarse a través de intervencións nutricionais, farmacolóxicas e cambios no estilo de vida. Este traballo ten como obxectivo analizar as estratexias dietéticas máis efectivas para o tratamento do SOP, avaliando o seu impacto na regulación hormonal, o metabolismo da glicosa e a composición corporal. Para iso, realizarase unha revisión da literatura científica sobre diferentes enfoques dietéticos, tales como a redución do índice glicémico, a distribución de macronutrientes, o papel da microbiota e a calidade da dieta. Desta maneira, a finalidade do traballo é proporcionar información baseada en evidencia científica que poida aplicarse na práctica clínica, co fin de mellorar a calidade de vida das pacientes con SOP.
A síndrome de ovario poliquístico (SOP) é unha disfunción endocrino-metabólica que representa a causa máis común de hiperandroxenismo en mulleres, tanto adultas como adolescentes, afectando a entre o 6% e o 13% das mulleres en idade fértil, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS). As súas principais manifestacións clínicas inclúen desequilibrios hormonais, menstruaciones irregulares, niveis elevados de andróxenos e a presenza de quistes nos ovarios. Ademais, a anovulación e a irregularidade menstrual, constitúen unha das principais causas de infertilidade nas mulleres que o padecen. Aínda que o SOP non ten unha cura definitiva, diversas investigacións suxiren que moitos dos seus síntomas poden mellorarse a través de intervencións nutricionais, farmacolóxicas e cambios no estilo de vida. Este traballo ten como obxectivo analizar as estratexias dietéticas máis efectivas para o tratamento do SOP, avaliando o seu impacto na regulación hormonal, o metabolismo da glicosa e a composición corporal. Para iso, realizarase unha revisión da literatura científica sobre diferentes enfoques dietéticos, tales como a redución do índice glicémico, a distribución de macronutrientes, o papel da microbiota e a calidade da dieta. Desta maneira, a finalidade do traballo é proporcionar información baseada en evidencia científica que poida aplicarse na práctica clínica, co fin de mellorar a calidade de vida das pacientes con SOP.
Dirección
CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Titoría)
RODRÍGUEZ VIEYTES, MARÍA MERCEDES Cotitoría
CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Titoría)
RODRÍGUEZ VIEYTES, MARÍA MERCEDES Cotitoría
Tribunal
FENTE SAMPAYO, CRISTINA ASUNCION (Presidente/a)
LENDOIRO BELIO, ELENA (Secretario/a)
JOVER RAMOS, AIDA (Vogal)
FENTE SAMPAYO, CRISTINA ASUNCION (Presidente/a)
LENDOIRO BELIO, ELENA (Secretario/a)
JOVER RAMOS, AIDA (Vogal)
Análise do contido en Uridina, Citidina e Guanosina en leite consumido en Galicia
Autoría
I.T.G.
Grao en Bioquímica (2ªed)
I.T.G.
Grao en Bioquímica (2ªed)
Data da defensa
15.07.2025 09:30
15.07.2025 09:30
Resumo
Este Traballo Fin de Grao ten como obxectivo desenvolver e validar un método analítico que emprega unha cromatografía líquida de alta resolución (HPLC) en fase reversa con elución en gradiente para valorar os nucleósidos citidina, guanosina y uridina en leite. En concreto, céntrase na análise de mostras de leites producidos en Galicia, dada a importancia económica deste sector. O método desenvolvido aplicouse a varias mostras comerciales de leite, permitindo así obteer cromatogramas con múltiples sinais analíticos. De este modo, foi posible identificar os picos correspondentes aos metabolitos de interese. Isto logrouse grazas a un estudo detallado dos tempos de retención, o uso de patróns de referencia, a aplicación dun método de sobrecarga e a análise do espectro de absorción ultravioleta (UV) dos nucleósidos en cuestión. Os resultados confirman que o método é capaz de diferenciar e cuantificar simultaneamente citidina, guanosina e uridina en mostras de leite. A validación do método analítico demostra que é unha herramienta eficaz e reproducible para estudar compostos bioactivos en alimentos, posibilitando unha mellora no control de calidade nutricional de productos lácteos galegos.
Este Traballo Fin de Grao ten como obxectivo desenvolver e validar un método analítico que emprega unha cromatografía líquida de alta resolución (HPLC) en fase reversa con elución en gradiente para valorar os nucleósidos citidina, guanosina y uridina en leite. En concreto, céntrase na análise de mostras de leites producidos en Galicia, dada a importancia económica deste sector. O método desenvolvido aplicouse a varias mostras comerciales de leite, permitindo así obteer cromatogramas con múltiples sinais analíticos. De este modo, foi posible identificar os picos correspondentes aos metabolitos de interese. Isto logrouse grazas a un estudo detallado dos tempos de retención, o uso de patróns de referencia, a aplicación dun método de sobrecarga e a análise do espectro de absorción ultravioleta (UV) dos nucleósidos en cuestión. Os resultados confirman que o método é capaz de diferenciar e cuantificar simultaneamente citidina, guanosina e uridina en mostras de leite. A validación do método analítico demostra que é unha herramienta eficaz e reproducible para estudar compostos bioactivos en alimentos, posibilitando unha mellora no control de calidade nutricional de productos lácteos galegos.
Dirección
IBARGUREN ARICETA, MARIA DE IZASKUN (Titoría)
VILLAMARIN CID, JOSE ANTONIO Cotitoría
IBARGUREN ARICETA, MARIA DE IZASKUN (Titoría)
VILLAMARIN CID, JOSE ANTONIO Cotitoría
Tribunal
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Presidente/a)
LOPEZ PEDROUSO, MARIA DOLORES (Secretario/a)
CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Vogal)
SANCHEZ QUINTEIRO, PABLO (Presidente/a)
LOPEZ PEDROUSO, MARIA DOLORES (Secretario/a)
CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Vogal)
O papel do RASFF na protección da saúde pública ante o uso da noz de areca
Autoría
P.V.G.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
P.V.G.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
A noz de areca é un produto consumido en Asia e o Pacífico, cuxa presenza, na Unión Europea, xerou preocupación debido os seus efectos adversos na saúde pública. O seu consumo asóciase co desenvolvemento de cancro oral, enfermidades cardiovasculares e efectos neurotóxicos. A pesar dos seus usos tradicionais e propiedades bioactivas, a Unión Europea impuxo restricións á súa comercialización e consumo. O Sistema de Alerta Rápida para Alimentos e Pensos (RASFF) desempeña un papel clave na Seguridade Alimentar no mercado europeo. A través das notificacións, permite identificar a presenza de produtos como a noz de areca en alimentos importados. Grazas a este sistema de notificacións a información circula por toda a EU con rapidez alertando sobre a posible circulación de produtos perigosos para a saúde e facilitando a toma de decisións para protexer aos consumidores. Neste traballo faise una revisión sobre as propriedades que ten a noz de areca, explicase o funcionamiento do RASFF e vinculase co papel que ten na deteción de axentes perigosos dentro da Unión Europea para protexer a saúde pública.
A noz de areca é un produto consumido en Asia e o Pacífico, cuxa presenza, na Unión Europea, xerou preocupación debido os seus efectos adversos na saúde pública. O seu consumo asóciase co desenvolvemento de cancro oral, enfermidades cardiovasculares e efectos neurotóxicos. A pesar dos seus usos tradicionais e propiedades bioactivas, a Unión Europea impuxo restricións á súa comercialización e consumo. O Sistema de Alerta Rápida para Alimentos e Pensos (RASFF) desempeña un papel clave na Seguridade Alimentar no mercado europeo. A través das notificacións, permite identificar a presenza de produtos como a noz de areca en alimentos importados. Grazas a este sistema de notificacións a información circula por toda a EU con rapidez alertando sobre a posible circulación de produtos perigosos para a saúde e facilitando a toma de decisións para protexer aos consumidores. Neste traballo faise una revisión sobre as propriedades que ten a noz de areca, explicase o funcionamiento do RASFF e vinculase co papel que ten na deteción de axentes perigosos dentro da Unión Europea para protexer a saúde pública.
Dirección
VÁZQUEZ BELDA, BEATRIZ ISABEL (Titoría)
Sinisterra Loaiza, Laura Isabel Cotitoría
VÁZQUEZ BELDA, BEATRIZ ISABEL (Titoría)
Sinisterra Loaiza, Laura Isabel Cotitoría
Tribunal
FENTE SAMPAYO, CRISTINA ASUNCION (Presidente/a)
LENDOIRO BELIO, ELENA (Secretario/a)
JOVER RAMOS, AIDA (Vogal)
FENTE SAMPAYO, CRISTINA ASUNCION (Presidente/a)
LENDOIRO BELIO, ELENA (Secretario/a)
JOVER RAMOS, AIDA (Vogal)
Estratexias nutricionais para a abordaxe da disfunción mitocondrial nas enfermidades crónicas non transmisibles
Autoría
C.V.L.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
C.V.L.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.09.2025 10:30
16.09.2025 10:30
Resumo
A disfunción mitocondrial é unha alteración común en diversas enfermidades crónicas non transmisibles como o síndrome metabólico, envellecemento, enfermidades autoinmunes, neurodegenerativas e o cancro. Esta disfunción afecta á produción de ATP, a cadea de transporte de electróns e permeabilidade da membrana mitocondrial, a fosforilación oxidativa e outras funcións craves do organismo. Como a nutrición pode previr e reverter esta disfunción, mellorando a cantidade, calidade e funcionalidade das mitocondrias, o obxectivo deste traballo é recompilar evidencia científica sobre diversas estratexias nutricionais que poidan optimizar a función mitocondrial e contribuír á prevención de enfermidades crónicas non transmisibles. Tras realizar unha revisión exhaustiva de artigos científicos recentes, os resultados indican que o control da inxesta de carbohidratos, a restrición calórica e o xaxún intermitente aumentan a eficiencia enerxética e reducen a glicólise exacerbada. Así mesmo, a calidade dos lípidos inxeridos mellora a estrutura da membrana mitocondrial e a fibra dietética modula o microbiota intestinal, xerando compostos postbióticos que benefician a función mitocondrial. A bibliografía pon de manifesto que micronutrientes (vitaminas E, C e as do grupo B, Mg, Se, Zn, triptófano) e outras sustancias (resveratrol, sulforafano, quercetina) axudan a manter a homeostase celular, protexendo contra o dano oxidativo e inmunitario. A súa acción sinérxica potencia o seu efecto preventivo fronte ás ECNTs e á deterioración progresiva da función celular.

Características das intervencións comunitarias sobre o consumo de bebidas alcoholicas nos estudantes universitarios: unha revisión exploratoria
Autoría
L.V.F.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
L.V.F.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
Introdución: O consumo de alcohol entre os universitarios constitúe un problema de saúde pública debido á súa alta prevalencia e o seu impacto co incremento do risco de enfermidades hepáticas, cardiovasculares e algúns tipos de cáncer. Diversos estudios sinalaron que o ambiente universitario, en sí mesmo, actúa como un factor de risco para o consumo de alchol, con tasas maiores en comparación con xóvenes non universitarios. Obxectivo: describir os estudos relacionados coa implementación e/ou evaluación de intervencións comunitarias dirixidas a reducir o consumo de bebidas alcohólicas nos estudantes universitarios reportadas na literatura científica Metodoloxía: Scoping Review, sobre artículos nos que se implementa unha intervención, publicados entre 2019 e 2024. Seguindo as directrices do PRISMA-ScR, usando Scopus e Medline como base de datos. Establecéronse os criterios de inclusión: estudos sobre a implementación e/ou evaluación de intervencións comunitarias para a prevención e/ou redución do consumo de alcohol dirixidos á poboación universitaria, nos que haxa unha evolución da efectividade destas. Con estos construironse ecuacións de búsqueda. Realizouse unha análise de contido e un descritivo. Resultados: Incluironse 13 estudios que cumpliron cos criterios de selección nos que se aplicafon diferentes medidas preventivas como campañas de sensibilización, estratexias educativas ou diferentes programas, a partir de estudos cuantitativos (n=10) e cualitativos (n=3). A maioría de intervencións (n=8), mostraron unha efectividade moderada na redución do consumo de alcohol a corto plazo. Unha das intervencións máis efectivas foi (ECALC), enfocsda en reducir o consumo de alcohol en universitarios mediante a modificación das expectativas e alfabetización mediática. Conclusións: As intervencións comunitarias no ámbito universitario mostran un potencial para a redución do consumo de alcohol, principalmente combinando estratexias conductuais e enfoque educativo. Non obstante, é necesario evaluar as intervencións a largo plazo que fortalezan a evidencia dispoñible. Este traballo contribúe ao mapeo das iniciativas actuales e ofrecer unha base documental no deseño de extratexias de prevención.

FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL (Titoría)
Ortiz Moncada, María del Rocío Cotitoría
FRANCO ABUIN, CARLOS MANUEL (Titoría)
Ortiz Moncada, María del Rocío Cotitoría
Tribunal
FENTE SAMPAYO, CRISTINA ASUNCION (Presidente/a)
LENDOIRO BELIO, ELENA (Secretario/a)
JOVER RAMOS, AIDA (Vogal)
FENTE SAMPAYO, CRISTINA ASUNCION (Presidente/a)
LENDOIRO BELIO, ELENA (Secretario/a)
JOVER RAMOS, AIDA (Vogal)
Desnutrición hospitalaria: papel do Dietista - Nutricionista.
Autoría
C.V.A.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
C.V.A.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao aborda a problemática da presenza mínima do Dietista Nutricionista no Sistema Nacional de Saúde dende a visión da desnutrición hospitalaria e o grao de satisfacción dos pacientes coa alimentación ofrecida no entorno hospitalario. O estudo centrouse na análise da dieta basal e das enquisas de satisfacción proporcionadas pola área de nutrición e endocrinoloxía do Hospital Universitario de Santiago de Compostela (CHUS). Tras a avaliación dos datos, maniféstanse deficiencias no deseño dos menús e un incumprimento das recomendacións actuais sobre racións de alimentos para levar a cabo una alimentación saudable e sostible. Asemade, aínda que o cuestionario empregado para avaliar o grao de satisfacción dos pacientes presenta limitacións metodolóxicas que impiden extraer valoracións cuantitativas exactas, puido avaliarse a opinión das persoas ingresadas e identificáronse problemas nos menús, como a falta de variedades, a mala preparación ou a falta de adecuación á grastronomía da zona na que se atopa o hospital. As conclusións obtidas permiten afirmar a necesidade dunha maior implicación e dunha inclusión efectiva dos Dietistas-Nutricionistas no Sistema Nacional de Saúde español para, entre outros aspectos, elevar a calidade da alimentación hospitalaria mediante o correcto deseño das dietas hospitalarias e a prevención e tratamento da desnutrición hospitalaria, permitindo unha mellora na calidade asistencial.

O rol da nutrición no rendemento deportivo no baloncesto profesional
Autoría
I.V.C.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
I.V.C.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.09.2025 10:30
16.09.2025 10:30
Resumo
O baloncesto profesional é un deporte de alta intensidade que combina esixencias físicas, cognitivas e metabólicas nun entorno competitivo cada vez máis complexo. Neste contexto, a nutrición emerxe como unha ferramenta clave para optimizar o rendemento, acelerar a recuperación, previr lesións e prolongar a carreira deportiva. Este Traballo de Fin de Grao presenta unha revisión narrativa actualizada co obxectivo de analizar o papel da nutrición en xogadores de baloncesto profesional, abarcando aspectos como a inxesta de macronutrientes, o estado de hidratación, a suplementación e o seguimento nutricional durante as lesións. Os resultados evidencian que, a pesar do considerable coñecemento científico dispoñible, persisten carencias significativas nos hábitos alimentarios e no coñecemento nutricional dos deportistas. A integración da figura do dietista-nutricionista nos equipos, así como a educación continua e a personalización das estratexias nutricionais, demóstranse fundamentais para mellorar os resultados tanto individuais como colectivos. Así mesmo, identifícanse barreiras prácticas como o descoñecemento en algunhas áreas pouco exploradas, como poden ser importancia da hidratación e as técnicas de recuperación para lograr a optimización do rendemento, as cales deberían ser abordadas por futuras investigacións. En conclusión, a aplicación profesionalizada da nutrición debe considerarse un pilar esencial na preparación do deportista de elite, por representar tanto unha mellora da saúde como unha vantaxe competitiva determinante.

Estudo da conversión de GTX2,3 en matrices de moluscos de orixe galega
Autoría
B.V.D.
Grao en Bioquímica (2ªed)
B.V.D.
Grao en Bioquímica (2ªed)
Data da defensa
15.07.2025 09:30
15.07.2025 09:30
Resumo
As ficotoxinas son compostos tóxicos xerados polas microalgas nas floracións de algas nocivas. Co cambio climático, estas floracións aumentaron a súa frecuencia de aparición e intensidade, acumulando grandes concentracións de toxinas mariñas na auga, e afectando negativamente ao resto dos organismos presentes no ecosistema. Entre as diversas ficotoxinas producidas polas microalgas, destacan as PSP, unhas das neurotoxinas máis potentes coñecidas, que provocan a síndrome paralítica dos moluscos ao ser inxeridas. Os humanos poden sufrir esta intoxicación ao consumir moluscos bivalvos que se atopan en augas contaminadas. Os moluscos filtran a auga e, no proceso, reteñen as toxinas PSP, facendo que o seu consumo sexa potencialmente letal. Por este motivo, existe unha normativa europea de PSP en produtos do mar que establece as concentracións máximas de toxinas que se poden detectar nun molusco para un consumo seguro. Non obstante, detectar unha toxina PSP na auga non implica que se detecte no molusco recollido nese medio. Existen evidencias de varias especies de moluscos bivalvos que son capaces de transformar unhas toxinas PSP noutras na súa matriz mediante procesos enzimáticos, polo que é fundamental coñecer que transformacións realiza cada especie para establecer a súa seguridade, desde o punto de vista do risco de inxestión durante o consumo de moluscos. Neste traballo analizamos que transformacións realizan dúas das especies máis comercializadas en Galicia, Venerupis corrugata e Ensis magnus. En concreto, analízase a capacidade de transformar as toxinas GTX2,3, e os resultados obtidos indican unha notable diferenza entre os dous moluscos. En Venerupis corrugata non se atoparon signos de transformación, mentres que en Ensis magnus se observou a conversión de GTX2,3 a C1,2, unha transformación atopada ata agora só nos dinoflaxelados, pero non noutros moluscos.

Lactancia materna exclusiva e microbiota do lactante: Importancia para a saúde
Autoría
M.V.D.L.F.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
M.V.D.L.F.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
Introdución:A microbiota é o conxunto de microorganismos que colonizan o organismo. A súa composición varía ao longo da vida. Cumpren catro funciones esenciais: metabólica, neuroendocrina, inmunomoduladora e protectora. Os primeiros 1000 días de vida son un período crítico no que poden aparecer adaptacións permanentes nas células e tecidos. A lactación materna exclusiva é a intervención preventiva con maior impacto sobre a mortalidade infantil, como resultado da súa composición en oligosacáridos do leite materno, compostos bioactivos e ácidos graxos de cadea curta. Obxectivos:Investigar os efectos da lactancia materna exclusiva na instauración do microbioma e en efectos clínicos e, secundariamente, coñecer outros factores que poden modular a instauración do microbioma, así como o efecto dos oligosacáridos do leite materno sobre a microbiota e saúde. Metodoloxía:Levouse a cabo unha revisión sistemática entre os meses de xaneiro e marzo de 2025 a través das bases de datos PUBMED, Web of Science, SCOPUS e Cochrane Library co uso dos seguintes termos MESH gut microbiota, gastrointestinal microbiome, probiotics, breast milk, human milk oligosaccharides, gastrointestinal system, immune system, neurodevelopment, health status. Resultados e discusión:Seleccionáronse un total de 10 artigos que exploraron a relación entre a lactación materna e a microbiota intestinal. Está relacionada cun aumento de Bifidobacterium e un descenso de Escherichia coli e Clostridium difficile nos lactantes. Ademais, neste grupo de lactantes, obsérvase unha maior tolerancia inmunológica, menor risco de infeccións gastrointestinales, maior desenvolvemento de habilidades finas motoras e menor uso de antibióticos. Conclusións:A lactancia materna exclusiva pode ser un favorece a instauración dunha microbiota saudable. Isto intervén positivamente na madurez do sistema inmune e dixestivo, así como unha redución do risco de desenvolver determinadas enfermidades na infancia e idade adulta.

Aguilera Gómez, Margarita Cotitoría
Ruiz Rodríguez, Alicia Cotitoría
BLANCO ALVAREZ, MIGUEL (Titoría)
Aguilera Gómez, Margarita Cotitoría
Ruiz Rodríguez, Alicia Cotitoría
Tribunal
FENTE SAMPAYO, CRISTINA ASUNCION (Presidente/a)
LENDOIRO BELIO, ELENA (Secretario/a)
JOVER RAMOS, AIDA (Vogal)
FENTE SAMPAYO, CRISTINA ASUNCION (Presidente/a)
LENDOIRO BELIO, ELENA (Secretario/a)
JOVER RAMOS, AIDA (Vogal)
Proxecto de deseño dunha nave industrial cunha cámara frigorífica integrada.
Autoría
O.V.F.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
O.V.F.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
Data da defensa
15.07.2025 10:00
15.07.2025 10:00
Resumo
No seguinte proxecto levarase a cabo o deseño dunha nave industrial cunha cámara frigorífica integrada, para aumentar a súa capacidade de almcenamento de productos lácteos a temperatura ambiente, como productos que requiran ser almacenados nunha cámara con temperatura negativa. Sendo primordial que se manteña a óptima conservación do producto sen alterar as súas condicións. É por elo que o promotor do proxecto indicaranos que a nave deberá de ter unhas dimensión suficientemente amplias para almacenar grandes cantidades de productos para a súa posterior comerzalización, tanto pola zona de almacenamento que se atopa a temperatura ambiente como na cámara frigorífica. Edificarase un almacen de 20m x 10m o cual albergará no seu interior a cámara frigorífica de volumen de 50 m3, e ata 600 palets de producto rematado. Tendo áreas como laboratorio, oficinas e baño no seu interior. Para o deseño da cámara frigorífica, primeiro calculouse as perdidas de carga e a elección dun aislante. Unha vez claros estos puntos, elixiranse os equipos requeridos para o seu optimo funcionamento. A nave contará con un portón replegable o cal permitirá unha fácil carga-descarga aos camións. No seguinte proxecto tamen contará co calculo da demanda eléctrica necesaria para o funcionamiento dos equipos.

Aproximación nutricional a paciente con insuficiencia renal crónica en fase de prediálise
Autoría
I.V.C.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
I.V.C.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
A enfermidade renal crónica (ERC) é unha enfermidade de alta prevalencia e está asociada a comorbilidades como a diabetes mellitus tipo 2 (DM2), a hipertensión arterial (HTA) ou a obesidade. A súa progresión en fase de prediálise pode enlentecerse mediante unha adecuada intervención nutricional. Este traballo ten como obxectivo identificar na literatura científica a abordaxe dietético-nutricional máis axeitada para o paciente con ERC en fase prediálise, avaliando os principais nutrientes implicados, a eficacia das dietas específicas e o papel da microbiota intestinal. Nesta revisión narrativa da literatura utilizouse información extraída das bases de datos Scopus e Web of Science, seleccionando traballos publicados entre os anos 2020 e 2025. Os resultados observados destacan que as intervencións dietéticas na ERC deben priorizar a calidade e orixe dos nutrientes, tendo en conta tamén a súa biodispoñibilidade segundo a fonte alimentaria. O consumo de proteínas de orixe vexetal favorece o control da acidose metabólica e, ademais, este tipo de alimentos achegan outros nutrientes de interese como a fibra, que ten efectos positivos no contexto da ERC. A adopción de patróns dietéticos específicos como a dieta Dietary Approaches to Stop Hypertension (DASH) ou a Mediterránea Renal (MedRen), e as dietas baixas en proteínas (DBP) ou as cetoxénicas de moi baixo contido enerxético, poden mellorar o control das comorbilidades e complicacións da enfermidade. A súa adopción require supervisión profesional para garantir a adherencia e a cobertura nutricional. Por outra banda, a modulación da microbiota intestinal mediante o consumo de fibra, utilizando alimentos vexetais e prebióticos, emerxe como unha estratexia prometedora para restaurar o equilibrio microbiano, a miúdo alterado nestes pacientes, e mellorar o prognóstico da ERC.

Deseño estrutural e enerxético mediante placas solares fotovoltaicas dunha nave industrial dedicada á gandaría intensiva de vacún
Autoría
I.V.C.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
I.V.C.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
Data da defensa
17.02.2025 16:00
17.02.2025 16:00
Resumo
No presente proxecto realízase o deseño dunha instalación fotovoltaica para abastecer na medida do posible a demanda de electricidade requerida por unha nave que se construirá ca fin de desenrolar unha actividade de ganadaría intensiva. O propósito principal deste proxecto é lograr un aforro enerxético e económico mediante a implementación de enerxías renovables, específicamente utilizando enerxía solar a través de paneis fotovoltaicos. Estos paneis instaláranse de maneira coplanar, é dicir, ca mesma inclinación co teito, sobre a cuberta da nave que contén a sala de ordeño e de partos. Para isto, empleárase un inversor que se conectará á infraestructura eléctrica que se deseñará na nave. O proxecto inclúe unha Memoria, os Anexos correspondentes, Planos, un Pliego de condicións, un Estudio de Seguridade e Saúde, Medicións e Presuposto, Xustificación de Precios e Evaluación financieira. Todos estes documentos son esenciais para a correcta execución das obras.
No presente proxecto realízase o deseño dunha instalación fotovoltaica para abastecer na medida do posible a demanda de electricidade requerida por unha nave que se construirá ca fin de desenrolar unha actividade de ganadaría intensiva. O propósito principal deste proxecto é lograr un aforro enerxético e económico mediante a implementación de enerxías renovables, específicamente utilizando enerxía solar a través de paneis fotovoltaicos. Estos paneis instaláranse de maneira coplanar, é dicir, ca mesma inclinación co teito, sobre a cuberta da nave que contén a sala de ordeño e de partos. Para isto, empleárase un inversor que se conectará á infraestructura eléctrica que se deseñará na nave. O proxecto inclúe unha Memoria, os Anexos correspondentes, Planos, un Pliego de condicións, un Estudio de Seguridade e Saúde, Medicións e Presuposto, Xustificación de Precios e Evaluación financieira. Todos estes documentos son esenciais para a correcta execución das obras.
Dirección
JOVER RAMOS, AIDA (Titoría)
JOVER RAMOS, AIDA (Titoría)
Tribunal
AMIAMA ARES, CARLOS (Presidente/a)
González Rodríguez, Jorge (Secretario/a)
LU CHAU, THELMO ALEJANDRO (Vogal)
AMIAMA ARES, CARLOS (Presidente/a)
González Rodríguez, Jorge (Secretario/a)
LU CHAU, THELMO ALEJANDRO (Vogal)
Metabolismo do Ferro Hemo e a súa Posible Implicación no Desenvolvemento do Cancro Colorrectal
Autoría
D.Z.B.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
D.Z.B.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
O cancro colorrectal é un dos carcinomas máis comúns na actualidade, especialmente nos países occidentais. Isto débese principalmente ao alto consumo de alimentos de orixe animal (especialmente carnes vermellas e procesadas), ao baixo consumo de froitas e verduras (fontes de fibra moi importantes) e a un estilo de vida sedentario. En 2015, a Axencia Internacional para a Investigación do Cancro (IARC) clasificou as carnes procesadas como “carcinóxenos directos” en humanos (grupo 1) e as carnes vermellas como “probablemente canceríxenas” (grupo 2A). Unha razón que podería explicar esta relación é a inxesta excesiva de ferro hemo asociada ao alto consumo de carne vermella. O hemo, a diferenza do ferro inorgánico presente nas plantas, está asociado a procesos prooxidativos e de peroxidación lipídica, así como á formación de compostos N-nitrosos no colon e ao desenvolvemento de disbiose intestinal. Todo isto pode levar a danos a longo prazo no material xenético das células epiteliais do colon, promovendo o desenvolvemento do carcinoma colorrectal. Actualmente, as evidencias epidemiolóxicas e experimentais parecen vincular directamente o ferro hemo como o principal factor responsable do desenvolvemento da neoplasia colónica asociada ao consumo de carnes vermellas e procesadas. Non obstante, estes estudos presentan diversos factores de confusión que poden interferir nesta relación, polo que, na actualidade, non se pode afirmar con certeza que o hemo nas carnes vermellas e procesadas sexa a principal causa do efecto canceríxeno destes alimentos. Do mesmo xeito, esta asociación é totalmente factible, e o hemo como factor principal, xunto con outros compostos nas carnes vermellas e procesadas, poderían ser os desencadeantes do efecto canceríxeno a longo prazo destes alimentos no intestino groso.