Exposición "Vacunando dous séculos e sumando!" de Farmamundi
Xa podes visitar a exposición "Vacunando dous séculos e sumando!" de Farmamundi, no corredor da Facultade entre os pavillóns A e B.
Trátase dunha mostra que consta de 11 paneis e está baseada no libro do mesmo nome que ilustra a evolución das vacinas, respondendo as dúbidas máis habituais.
Esta exposición xa percorreu máis de 60 localizacións en 10 Comunidades Autónomas.
Os autores son:
Raquel Carnero Gómez: Licenciada en Farmacia pola Universidade de Salamanca, cursou o Máster en Industria Farmacéutica e Parafarmacéutica do Centro de Estudos Superiores da Industria Farmacéutica (CESIF) en Madrid, ademais de contar con outro en Farmacia Clínica e Asistencial (UPV) así como un Posgrao en Farmacoeconomía (UPF).
Luis Marcos Nogales: Licenciado en Farmacia na Universidade de Salamanca, cursou o Máster en Industria Farmacéutica e Parafarmacéutica do Centro de Estudos Superiores da Industria Farmacéutica (CESIF) en Madrid. Actualmente exerce como farmacéutico comunitario en Salamanca con especial dedicación á formulación maxistral.
Paga moito a pena que te achegues a vela!