'Dentro de cada distopía, existe unha pequena utopía': Os Principios da Ficción Distópica a través da Obra de Margaret Atwood
Autoría
A.A.R.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
A.A.R.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
Data da defensa
18.02.2025 16:00
18.02.2025 16:00
Resumo
En 2017, The New Yorker definiu a Margaret Atwood como a 'profeta da distopía', unha muller cuxas visións catastróficas se fixeron realidade. Atwood non só imaxinou un futuro cheo de valores corruptos, forzas destrutivas e almas fragmentadas, senón que tamén deixou un testemuño escrito a través das súas novelas distópicas. Porén, a propia voz de Atwood non tardou en facerse escoitar: 'Non son unha profeta. A ciencia ficción trata sobre o presente' (Allardice, 2018). Este traballo de fin de grao ten como primeiro obxectivo examinar as convencións da ficción distópica, que adoitan partir de lecturas cínicas dos fundamentos das sociedades contemporáneas para imaxinar as peores posibles (ou imposibles) versións destas. Deste xeito, aínda que as distopías se opoñen ás utopías, tamén conforman o seu reflexo, mostrando como podería ser o noso futuro se non cambiamos o presente. En canto á metodoloxía, o traballo de Margaret Atwood será o punto focal do estudo: farase especial énfase na súa representación das relacións interpersoais, así como no comportamento dos seres humanos cara outros seres vivos e o medio ambiente. Ademais, abordarase a corrupción da humanidade e os seus efectos na sociedade, extrapolándoos desde unha perspectiva literaria á realidade. Con este fin, a presente investigación examinará os postulados do xénero cli-fi (ficción climática) e as aplicacións da filosofía poshumana radical, entre outros aspectos. Finalmente, as conclusións analizarán o emprego de recursos literarios por parte de Atwood, como o humor satírico ou as metáforas complexas, co fin de facer chegar a súa mensaxe aos lectores.

Dirección
Lojo Rodríguez, Laura María (Titoría)
Lojo Rodríguez, Laura María (Titoría)
Tribunal
SANCHEZ ROURA, MARIA TERESA (Presidente/a)
ALONSO ALONSO, MARIA (Secretario/a)
MOURON FIGUEROA, CRISTINA (Vogal)

Unha aproximación práctica á localización de videoxogos: Proposta para a tradución do inglés ao galego do videoxogo Papers, Please
Autoría
A.J.A.C.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
A.J.A.C.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
Data da defensa
20.06.2025 11:30
20.06.2025 11:30
Resumo
A tradución ten sido defendida como un dos mellores instrumentos para acadar a normalización das linguas nos seus niveis cultos, así como unha ferramenta importante para a supervivencia das linguas historicamente minorizadas. Nos tempos que corren, o desenvolvemento dos medios audiovisuais trae consigo a crecente demanda da tradución de novos tipos de produtos, como os desenvolvidos na industria do videoxogo. Este sector, que experimentou un notable auxe recentemente, caracterízase pola omnipresenza do inglés como a súa lingua franca e frecuentemente lingua de orixe nos encargos de tradución neste medio. O presente traballo ten por obxecto presentar unha exploración da localización de videoxogos como práctica profesional, acompañada dunha proposta de tradución para a localización do inglés ao galego do videoxogo Papers, Please (3909 LLC, 2013). Este xogo de simulación e crebacabezas pon ao xogador na pel dun funcionario nun posto fronteirizo ao longo de 31 xornadas de traballo, nas que interactúa con solicitantes de entrada no país, gardas e superiores. A ambientación do videoxogo implica a presenza dunha variada tipoloxía textual, que conta con documentos administrativos, regulamentos, prensa, panfletos, tarxetas de visita, notas persoais e diálogo entre personaxes, entre outros. Nesta variedade de textos pódense atopar diferenzas de rexistro, linguaxe malsoante e usos lingüísticos diferentes en función de dinámicas de poder e da procedencia xeográfica do emisor. Estes aspectos suscitan problemas de tradución a considerar polo localizador de videoxogos a unha lingua meta na que a posible falta de material de referencia adecuado obrigaría a propoñer solucións orixinais. Mediante este traballo preténdese tamén contribuír á presenza da lingua galega nunha industria cun público novo no que se acusa unha perda de falantes de galego.

CAL VARELA, MARIO (Titoría)
CAL VARELA, MARIO (Titoría)
Tribunal
FRA LOPEZ, PATRICIA (Presidente/a)
JARAZO ALVAREZ, RUBEN (Secretario/a)
BOUSO RIVAS, TAMARA (Vogal)
FRA LOPEZ, PATRICIA (Presidente/a)
JARAZO ALVAREZ, RUBEN (Secretario/a)
BOUSO RIVAS, TAMARA (Vogal)
A representación das variedades do inglés nos medios audiovisuais: o inglés australiano en Heartbreak High (2022)
Autoría
H.B.S.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
H.B.S.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
Data da defensa
20.06.2025 12:00
20.06.2025 12:00
Resumo
O interés polas series e películas ambientadas e producidas noutras zonas de fala inglesa fóra dos Estados Unidos aumentou considerablemente grazas a servizos de streaming como Netflix. A lingua non só actúa como vehículo de comunicación, senón que tamén expresa indirectamente a nosa identidade social e cultural. Por tanto, é preferible que os guionistas sexan conscientes das particularidades lingüísticas dos escenarios específicos que elixen para construir as súas historias. O equipo detrás de Heartbreak High (2022), unha serie de Netflix ambientada en Australia, emprega con precisión os rasgos dialectais para construir a identidade das súas personaxes non só como australianos, senón tamén como pertencentes a outros colectivos, como unha clase social específica. O obxectivo deste artículo é examinar como se representa o inglés australiano nesta serie en concreto e por que esta representación ten éxito á hora de construir unha imaxe da sociedade australiana. En primeiro lugar, como telón de fondo, proporcionarase o contexto de Australia como país de fala inglesa. En segundo lugar, describiranse algunhas características lingüísticas, como o acento e as variacións dialectais, incluidas as características léxicas e gramaticais explorando a investigación académica realizada sobre este tema, como International English (1982) de Peter Trudgill. A continuación, analizaranse personaxes seleccionados explicando os seus antecedentes particulares e que rasgos específicos do inglés australiano emprega cada individuo para amosar con precisión a súa identidade.

Ideoloxías lingüísticas: debate sobre a norma do galego nas redes sociais (TikTok)
Autoría
L.B.V.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
L.B.V.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
Data da defensa
18.06.2025 09:30
18.06.2025 09:30
Resumo
O obxectivo deste Traballo de Fin de Grado é analizar as ideoloxías lingüísticas dos usuarios, que son maioritariamente o sector máis novo da sociedade, que xorden do debate público na rede social TikTok. Para a investigación empregouse un corpus de lingua oral e escrita, achegounos perspectivas de interese para entender a situación da lingua galega na sociedade actual presente nas redes sociais, en concreto en TikTok. Coa chegada das redes sociais xerouse un espazo de comunicación no que os falantes mostran as súas ideas e preocupación, dando lugar a comentarios sociolingüísticos. Deste xeito, xorden debates nos que se discuten as normas lingüísticas e o que se considera adecuado ou non para o uso da lingua nas redes. Mediante a metodoloxía da análise do discurso realizouse un estudo cualitativo que determinou as distintas ideoloxías lingüísticas que os falantes crean cos seus discursos sobre o galego actual, a ideoloxía da estandarización e o purismo.

REGUEIRA FERNANDEZ, XOSE LUIS (Titoría)
REGUEIRA FERNANDEZ, XOSE LUIS (Titoría)
Tribunal
BOULLON AGRELO, ANA ISABEL (Presidente/a)
Sousa Fernández, Xulio (Secretario/a)
Cidrás Escáneo, Francisco Antonio (Vogal)

Cambio en tempo aparente no concello da Capela: o léxico agrícola
Autoría
N.B.V.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
N.B.V.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
Data da defensa
18.06.2025 11:30
18.06.2025 11:30
Resumo
Este traballo de fin de grao ten como obxectivo analizar a variación lingüística en tempo aparente en lugares do concello da Capela, concretamente en tres parroquias do municipio: Caaveiro, Cabalar e A Capela. Poñerase atención no léxico relacionado coa gandaría e a agricultura, dous campos semánticos que son de especial interese neste concello, xa que A Capela é unha zona na que boa parte da poboación vivía fundamentalmente destas actividades rurais. A información conseguirase por medio de entrevistas a falantes de tres xeracións distintas de cinco familias, tanto mulleres coma homes galegofalantes. Ademais das preguntas sobre o léxico, recollerase información de aspectos sociolingüísticos que poida ser de utilidade para a análise e interpretación dos datos. A pregunta de investigación que se pretende responder está ligada ó sentido e ó ritmo do cambio lingüístico no léxico dos campos semánticos estudados.

Sousa Fernández, Xulio (Titoría)
Sousa Fernández, Xulio (Titoría)
Tribunal
BOULLON AGRELO, ANA ISABEL (Presidente/a)
ALVAREZ DE LA GRANJA, MARIA (Secretario/a)
Cidrás Escáneo, Francisco Antonio (Vogal)
BOULLON AGRELO, ANA ISABEL (Presidente/a)
ALVAREZ DE LA GRANJA, MARIA (Secretario/a)
Cidrás Escáneo, Francisco Antonio (Vogal)
Crenzas e actitudes sobre as variedades do español de España por parte de universitarios galegos: estudo perceptivo
Autoría
M.B.R.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
M.B.R.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
Data da defensa
18.06.2025 10:30
18.06.2025 10:30
Resumo
Desde os anos 80, a dialectoloxía perceptiva (Preston, 2010) converteuse nunha das disciplinas máis útiles para o estudo das representacións sociais das variedades lingüísticas. A diferenza da dialectoloxía tradicional, a lingüística folk incorpora a perspectiva dos falantes e recoñece a influencia das ideoloxías lingüísticas dominantes na configuración das percepcións. Este cambio de paradigma permite abordar a variación dialectal non só como un fenómeno meramente xeográfico, senón tamén coma unha construción social intersubxectiva. O presente estudo, enmarcado no proxecto ESLORA++ da Universidade de Santiago de Compostela, ten como obxectivo analizar as crenzas, actitudes e ideoloxías lingüísticas dun grupo de 62 universitarios galegos sobre as variedades do español de España, para o que se aplicará unha metodoloxía que agrupa un enfoque cuantitativo e cualitativo. Farase especial fincapé nas nocións de corrección e a presión do estándar na avaliación social dos distintos dialectos (Milroy e Milroy, 1985), nas variedades do español en contacto con outras linguas cooficiais de España e, en particular, no español de Galicia. Alén diso, no traballo intégranse outras achegas procedentes da sociolingüística interaccional, a psicoloxía social e a análise do discurso, o que permitirá unha visión holística dos fenómenos obxecto de estudo e un punto de partida sólido para futuras investigacións. Na recollida e procesamento da información seguiuse tanto a lexislación vixente sobre protección de datos como os modelos de consentimento informado facilitados polo Comité de Bioética da USC. Todos os datos foron anonimizados e os informantes deron o seu consentimento para que fosen utilizados con fins docentes, académicos ou de investigación.

RECALDE FERNANDEZ, MONSERRAT (Titoría)
RECALDE FERNANDEZ, MONSERRAT (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ ESPIÑEIRA, MARIA JOSE (Presidente/a)
SANTALLA DEL RIO, MARIA PAULA (Secretario/a)
CREGO GARCIA, VICKY (Vogal)

Paisaxe lingüística: o impacto do Camiño de Santiago nas vilas de Padrón e de Negreira
Autoría
L.B.H.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
L.B.H.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
Data da defensa
18.02.2025 10:00
18.02.2025 10:00
Resumo
Este traballo analiza a pegada do Camiño de Santiago na Paisaxe Lingüística (PL) nas vilas de Padrón e Negreira. Tendo en conta que esta serve como espazo para comprender as dinámicas culturais e sociais dun territorio, este estudo é fundamental para entender a relación entre lingua e identidade cultural. A través da análise da presenza do galego nos espazos públicos podemos observar como se preserva ou modifica a lingua local en función de distintos factores, entre outros, o turismo, a economía ou a globalización. Tamén permite avaliar a efectividade das políticas lingüísticas e identificar procesos de cambio sociolingüístico. Padrón, última parada do camiño portugués, e Negreira, primeira etapa do Camiño de Fisterra-Muxía ofrecen unha posibilidade significativa para estudar como a ruta xacobea modifica o entorno lingüístico nestas localidades. A investigación céntrase na análise de elementos visibles, como sinalizacións, carteis informativos ou denominacións de establecementos. Ademais, explóranse as dinámicas de convivencia lingüística entre o galego e outras linguas relacionadas coa internacionalización do Camiño de Santiago. A metodoloxía consiste na delimitación do espazo xeográfico, definindo as áreas específicas que serán obxecto de análise. Nestas áreas realizarase a toma de fotografías de todo o espazo, excluíndo elementos internos ou dinámicos, como textos temporais. Posteriormente levarase a cabo a clasificación e análise destas imaxes, para, finalmente, elaborar unha conclusión que permita unha clara comprensión das dinámicas lingüísticas presentes nestes lugares públicos. Os resultados permitirán coñecer a relación entre o Camiño de Santiago e a Paisaxe Lingüística (PL), destacando as súas implicacións culturais, identitarias e turísticas.

M.B.H.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
M.B.H.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
Data da defensa
18.02.2025 10:30
18.02.2025 10:30
Resumo
Este traballo analiza a pegada do Camiño de Santiago na Paisaxe Lingüística (PL) nas vilas de Padrón e Negreira. Tendo en conta que esta serve como espazo para comprender as dinámicas culturais e sociais dun territorio, este estudo é fundamental para entender a relación entre lingua e identidade cultural. A través da análise da presenza do galego nos espazos públicos podemos observar como se preserva ou modifica a lingua local en función de distintos factores, entre outros, o turismo, a economía ou a globalización. Tamén permite avaliar a efectividade das políticas lingüísticas e identificar procesos de cambio sociolingüístico. Padrón, última parada do camiño portugués, e Negreira, primeira etapa do camiño de Fisterra ofrecen unha posibilidade significativa para estudar como a ruta xacobea modifica o entorno lingüístico nestas localidades. A investigación céntrase na análise de elementos visibles, como sinalizacións, carteis informativos ou denominacións de establecementos. Ademais, explóranse as dinámicas de convivencia lingüística entre o galego e outras linguas relacionadas coa internacionalización do Camiño de Santiago. A metodoloxía consiste na delimitación do espazo xeográfico, definindo as áreas específicas que serán obxecto de análise. Nestas áreas realizarase a toma de fotografías de todo o espazo, excluíndo elementos internos ou dinámicos, como textos temporais. Posteriormente levarase a cabo a clasificación e análise destas imaxes, para, finalmente, elaborar unha conclusión que permita unha clara comprensión das dinámicas lingüísticas presentes nestes lugares públicos. Os resultados permitirán coñecer a relación entre o Camiño de Santiago e a Paisaxe Lingüística (PL), destacando as súas implicacións culturais, identitarias e turísticas

Xénero e discurso na esfera pública: desentrañando as dinámicas da linguaxe
Autoría
G.C.M.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
G.C.M.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
Data da defensa
18.06.2025 11:30
18.06.2025 11:30
Resumo
A disciplina do Análise do Discurso eríxese como unha rama teórica e metodolóxica que ten como principal obxectivo observar, describir e examinar as formas nas que os textos (considerados non unicamente como creación lingüísticas, senón tamén como prácticas sociais significativas) son producidos, son interpretados e son situados nun marco sociocultural e histórico concreto, é dicir, a linguaxe non é un espello pasivo da realidade, senón un instrumento activo na formación de estruturas de pensamento, poder e construción da identidade. Nesta liña, con frecuencia, presenciamos discursos aparentemente inofensivos, enmascarados tras ferramentas gramaticais susceptíbeis dunha revisión que evidencie todo aquilo que subxace no que se transmite. Con este obxectivo, o presente traballo tratará de afondar nas dinámicas discursivas contemporáneas, sempre dende unha perspectiva de xénero; e, para iso, en dita esculca analizaremos a contraposición de posturas ofrecidas polas lingüistas Deborah Cameron e Deborah Tannen. Así mesmo, co fin de exemplificar e cimentar esta proposta teórica sobre casos prácticos, recorrerase ao exame de modelos extraídos de medios de comunicación e redes sociais, que permitirán observar como a linguaxe pode ofrecer chaves esenciais para comprender e transformar as narrativas actuais en canto ao xénero.

Moure Pereiro, Teresa (Titoría)
Moure Pereiro, Teresa (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ ESPIÑEIRA, MARIA JOSE (Presidente/a)
SANTALLA DEL RIO, MARIA PAULA (Secretario/a)
CREGO GARCIA, VICKY (Vogal)
RODRIGUEZ ESPIÑEIRA, MARIA JOSE (Presidente/a)
SANTALLA DEL RIO, MARIA PAULA (Secretario/a)
CREGO GARCIA, VICKY (Vogal)
Fray Luis de León e a poesía das esferas
Autoría
C.C.T.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
C.C.T.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
Data da defensa
18.06.2025 11:00
18.06.2025 11:00
Resumo
O presente traballo centrarase na concepción cosmolóxica da lírica de Fray Luis de León, a través dun estudo enfocado tanto na visión poética do autor como na riqueza das correntes influentes na súa obra, dende unha perspectiva diacrónica e universal. O obxectivo deste traballo reside en estudar a relación do lirismo do poeta-astrónomo coas contemplacións do espazo. Para iso, a metodoloxía exposta terá en conta cuestións como a viaxe planetaria da alma, a orde dos astros no universo e a concepción lírica do cosmos, temas que preocuparon ao ser humano ao longo dos séculos que, como sucede na literatura ascética do autor conquense, foron frecuentemente explorados a través da poesía. Así, levarase a cabo unha análise dos tópicos poéticos máis relevantes no que refire á lírica planetaria de Fray Luis dende a Antigüidade grecolatina, realizando un estudo sobre a vida e obra do poeta, as posibles influencias literarias do autor e as correlacións transcendentais dos símbolos utilizados nos poemas que abordan a harmonía dos elementos espaciais. Tomaranse como base as Odas III e VIII, tendo en conta outras obras de carácter transcendental, como a Elexía I de Garcilaso. Ao mesmo tempo, seguirase un enfoque multidisciplinar á hora de enlazar a poesía das esferas con outros campos da arte e do coñecemento, como a música (especialmente, a obra de Francisco de Salinas) e a pintura.

PEREZ-ABADIN BARRO, MARIA SOLEDAD (Titoría)
PEREZ-ABADIN BARRO, MARIA SOLEDAD (Titoría)
Tribunal
PATIÑO EIRIN, CRISTINA (Presidente/a)
ULLA LORENZO, ALEJANDRA (Secretario/a)
CHOUCIÑO FERNANDEZ, ANA GLORIA (Vogal)
PATIÑO EIRIN, CRISTINA (Presidente/a)
ULLA LORENZO, ALEJANDRA (Secretario/a)
CHOUCIÑO FERNANDEZ, ANA GLORIA (Vogal)
Modo de interacao e compreencao da lingua portuguesa mediante as variantes linguisticas na USC Galiza: o caso dos estudantes lusófonos
Autoría
E.Z.C.
Grao en Linguas e Literaturas Modernas
E.Z.C.
Grao en Linguas e Literaturas Modernas
Data da defensa
07.02.2025 11:00
07.02.2025 11:00
Resumo
A lingua portuguesa é un tema moi debatido en diversos segmentos sociais, especialmente nas áreas das ciencias sociais e da sociolingüística. É visto como unha lingua de identificación de comunidades xeograficamente distantes, en lugar de compartir a mesma lingua oficial ou nativa. Partindo desta premisa, o propósito deste estudo foi comprender as variantes do portugués no proceso de interacción entre o alumnado. Porén, é a interacción lingüística con outros falantes da mesma lingua a que se percibe pola diversidade e os cambios derivados da forma de falar, o significado que adquiren as palabras, entre outros elementos que destacamos os diversos camiños que vai percorrendo a lingua. . Así mesmo, na comunicación verbal obsérvase o uso de distintos termos en diversos grupos, dando como resultado a creación de diversos dialectos. Para tal fin, realizouse un estudo de caso co alumnado lusófono da USC en Galiza, empregando un enfoque metodolóxico cualitativo, que consistiu en entrevistas a 13 estudantes de países lusófonos e tres entrevistas a estudantes galegos, ademais da organización dun punto focal grupal con estudantes de países de lingua portuguesa. Polo tanto, a avaliación dos datos e as conclusións revelan como o alumnado interactúa e comprende o portugués nas súas máis diversas variantes.

FEIJO TORRES, ELIAS JOSE (Titoría)
FEIJO TORRES, ELIAS JOSE (Titoría)
Tribunal
SOUTO CABO, JOSÉ ANTÓNIO (Presidente/a)
MORAN CABANAS, MARIA ISABEL (Secretario/a)
FORNEIRO PEREZ, JOSE LUIS (Vogal)

A tradución da linguaxe groseira nas series de televisión: o caso de Peaky Blinders
Autoría
L.C.D.A.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
L.C.D.A.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
Data da defensa
18.02.2025 16:30
18.02.2025 16:30
Resumo
Este traballo de fin de grao céntrase na tradución da linguaxe soez inglesa ao español, a través das series de televisión. Unha gran parte da comunidade lingüística usa a linguaxe soez no seu día a día, pero normalmente considérase ofensiva e tabú por certos sectores da nosa sociedade (Beers, 2012). Aínda así, non podemos obviar que este tipo de linguaxe é crucial para o seu uso informal, ademais de ser un marcador das relacións entre interlocutores. Ademais, trátase dun marcador de identidade grupal entre os grupos de adolescentes. Tendo isto en conta, a tradución desta linguaxe é esencial, sobre todo se nos centramos nas películas e nas series que teñen como público principal aos adolescentes. A tradución dos insultos é complexa polos pequenos detalles que se deben ter en conta, como as diferenzas entre linguaxes (Dobao, 2006), o uso individual, os diferentes significados de certas palabrotas en diferentes contextos etc. (Pavesi e Formentelli, 2023). Unha correcta tradución de por si é importante, pero cando se trata de dobraxe e dos insultos, unha boa adaptación é todavía máis importante para que o público poida recoñecer a situación que está a acontecer. Este traballo dividirase en dúas partes principais, a primeira consistirá nunha revisión da literatura existente sobre o tema: problemas específicos da tradución audiovisual; definición, tipoloxía e funcións dos insultos; linguaxe soez en inglés e español; a importancia que teñen no cine; as dificultades e estratexias que usan os tradutores para lidiar cos insultos, entre outros. Esta sección trátase dun contexto para a unha segunda parte mais descritiva. Na segunda parte da tese, analizarei o tratamento dos insultos na dobraxe dun fragmento da serie británica Peaky Blinders. En particular, centrareime na tradución dun pequeno número das palabras e expresións máis frecuentes nas películas en inglés, como é fuck e os seus derivados. Para a metodoloxía que se vai seguir, prepararemos os guións en ambas linguas, buscaremos os diferentes exemplos do texto en inglés, e posteriormente buscaranse as súas respectivas traducións ao español e ademais describirase a estratexia de tradución utilizada polo tradutor. Para iso, utilizarase unha folla de cálculo de Excel para facilitar o traballo de recompilación e anotación dos datos.

FERNANDEZ POLO, FRANCISCO J. (Titoría)
FERNANDEZ POLO, FRANCISCO J. (Titoría)
Tribunal
SANCHEZ ROURA, MARIA TERESA (Presidente/a)
ALONSO ALONSO, MARIA (Secretario/a)
MOURON FIGUEROA, CRISTINA (Vogal)
SANCHEZ ROURA, MARIA TERESA (Presidente/a)
ALONSO ALONSO, MARIA (Secretario/a)
MOURON FIGUEROA, CRISTINA (Vogal)
Guinea Ecuatorial, Palestina e Corea: unha análise comparada e interseccional da saga familiar na periferia da literatura mundial
Autoría
M.C.C.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
M.C.C.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
Data da defensa
18.06.2025 11:30
18.06.2025 11:30
Resumo
O subxénero narrativo da saga familiar, culturalmente liminar, nace como resposta ás crises sociais, provocando un discurso en favor dos valores familiares, en ocasións como unha forma de avaliar o alcance do cambio social, e a atención ao cotián, pois o cambio histórico convértese en parte da experiencia tanto colectiva como individual (Edmond L. Caldwell). Esta análise comparativa de tres sagas familiares contemporáneas que testemuñan as memorias dunha estirpe durante o século XX permitirá realizar un estudo en clave feminista e decolonial dos seus personaxes no seu contexto histórico, político e social. Mentres que Pachinko (2017) de Min Jin Lee e Amaneceres en Jenin (2010) de Susan Abulhawa -publicadas orixinalmente en inglés por inmigrantes de orixe coreana e palestina, respectivamente- presentan unha perspectiva subalterna e periférica, Palmeras en la nieve (2012) de Luz Gabás -autora española- constitúe o punto de vista dunha familia de colonos españois durante a ocupación de Guinea Ecuatorial. A través de textos críticos (Kimberlé Crenshaw, Remei Sipi, Leila Ahmed, etc.) ou de outros textos literarios coreanos, palestinos ou guineoecuatorianos, a principal finalidade deste traballo de fin de grao, ademais de examinar en termos interseccionais o importante xénero literario da saga familiar na súa vertente de «alegoría nacional» (Fredric Jameson), consiste en asomarse ao «violento oficio de comparar» (Magdalena Cámpora), mediante unha óptica concreta, tres obras non cotexadas antes entre si, entre as que se establece unha analoxía tipolóxica por pertencer a diferentes contornas culturais (Dionyz Durisin) ao mesmo tempo que se trata dunha comparación xenolóxica por estar enmarcadas no subxénero narrativo da saga familiar como premisa cultural común («Los géneros: genología», en Entre lo uno y lo diverso, de Claudio Guillén).

DOMINGUEZ PRIETO, CESAR PABLO (Titoría)
DOMINGUEZ PRIETO, CESAR PABLO (Titoría)
Tribunal
PATIÑO EIRIN, CRISTINA (Presidente/a)
ULLA LORENZO, ALEJANDRA (Secretario/a)
CHOUCIÑO FERNANDEZ, ANA GLORIA (Vogal)
PATIÑO EIRIN, CRISTINA (Presidente/a)
ULLA LORENZO, ALEJANDRA (Secretario/a)
CHOUCIÑO FERNANDEZ, ANA GLORIA (Vogal)
A expresión do terror na narrativa breve galega do S. XX
Autoría
L.D.O.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
L.D.O.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
Data da defensa
18.06.2025 12:00
18.06.2025 12:00
Resumo
O presente TFG terá como obxectivo principal facer unha achega á literatura de terror en Galicia, centrándose na narrativa breve. Farase unha reflexión sobre o terror como xénero literario, así como as súas orixes como sentimento primario do ser humano e como se plasmou na literatura. Elaborarase unha clasificación propia dos seus subxéneros de maneira máis xeral -gótico, horror, cósmico, psicolóxico ou filosófico, horror relixioso, paranormal, splatter e folclórico ou tradicional- para centrarse nos máis empregados polos autores galegos, tales como o folclórico, o horror relixioso e o paranormal. A continuación, porase o foco nas distintas manifestacións orais da cultura galega e exporase a súa influencia na creación dunha narrativa de terror específica en Galicia. Para iso, tomaranse como referentes diversos relatos de autores do S. XX, como Ánxel Fole e Rafael Dieste. Con outros autores como Alfonso Rodríguez Castelao e Vicente Risco analizarase un subtipo de literatura tétrica baseada no máis alá e, como se denominará neste traballo, na cultura galega da morte. En conclusión, este TFG pretende explorar o terror na literatura galega e argumentar a existencia dunha literatura autónoma a través da oralidade e da identidade cultural.

SALGADO RODRIGUEZ, JOSE MANUEL ANTONIO (Titoría)
SALGADO RODRIGUEZ, JOSE MANUEL ANTONIO (Titoría)
Tribunal
VILAVEDRA FERNANDEZ, DOLORES (Presidente/a)
RIVADULLA COSTA, DIEGO (Secretario/a)
NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS (Vogal)

Distribución dialectal e pervivencia do morfema de perfecto -tes (P2)
Autoría
A.D.D.D.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
A.D.D.D.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
Data da defensa
18.06.2025 12:00
18.06.2025 12:00
Resumo
Este traballo ten como obxectivo principal analizar a distribución xeográfica dunha variante dialectal consistente no uso do morfema -tes como marcador de número e persoa na segunda persoa do singular no paradigma do pretérito perfecto das tres conxugacións verbais. A investigación céntrase en delimitar as áreas de uso desta variante no occidente da provincia da Coruña e avaliar o seu grao de pervivencia no contexto lingüístico actual. A metodoloxía combina a realización de entrevistas individuais e o cartografado, co propósito de ofrecer unha representación detallada e actualizada desta forma verbal, contribuíndo á documentación da diversidade dialectal do galego.
Este traballo ten como obxectivo principal analizar a distribución xeográfica dunha variante dialectal consistente no uso do morfema -tes como marcador de número e persoa na segunda persoa do singular no paradigma do pretérito perfecto das tres conxugacións verbais. A investigación céntrase en delimitar as áreas de uso desta variante no occidente da provincia da Coruña e avaliar o seu grao de pervivencia no contexto lingüístico actual. A metodoloxía combina a realización de entrevistas individuais e o cartografado, co propósito de ofrecer unha representación detallada e actualizada desta forma verbal, contribuíndo á documentación da diversidade dialectal do galego.
Dirección
Sousa Fernández, Xulio (Titoría)
Sousa Fernández, Xulio (Titoría)
Tribunal
BOULLON AGRELO, ANA ISABEL (Presidente/a)
ALVAREZ DE LA GRANJA, MARIA (Secretario/a)
Cidrás Escáneo, Francisco Antonio (Vogal)
BOULLON AGRELO, ANA ISABEL (Presidente/a)
ALVAREZ DE LA GRANJA, MARIA (Secretario/a)
Cidrás Escáneo, Francisco Antonio (Vogal)
A linguaxe das outras: intersección no estudo da comunicación animal e o discurso feminino
Autoría
I.E.S.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
I.E.S.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
Data da defensa
19.06.2025 11:00
19.06.2025 11:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grado explora as interseccións entre o estudo da comunicación doutras especies e o discurso feminino na disciplina da Linguística, cuestionando os rumbos antropocéntricos e eurocéntricos da teoría clásica. O primeiro capítulo examina a proposta dos rasgos de deseño de Charles F. Hockett - piar na delimitación da linguaxe humana- propoñendo outras alternativas que teñen en conta súas limitacións. No segundo capítulo destácanse as contribucións de primatólogas como Sue Savage Rumabaugh ou Francine Patterson ao estudo da comunicación en primates, amosando como seu enfoque metodolóxico desestabiliza xerarquías tradicionais entre o humano e o animal. Finalmente, deféndese a aplicación de metodoloxías de corte feminista dende a Filosofía do abandono de Eva Meijer para investigar sistemas comunicativos non humanos, reivindicando traballos marxinados na disciplina. Este traballo pretende conectar a Linguística con perspectiva de xénero e os Estudos Animais, ofrecendo un marco alternativo para o estudo da comunicación.

CAMPOS SOUTO, MARIA DO MAR (Presidente/a)
IGLESIAS CANCELA, YOLANDA (Secretario/a)
DIAZ GARCIA, MARIA TERESA (Vogal)

A cuestión lingua-xénero: a situación sociolingüística na mocidade de Xinzo de Limia
Autoría
M.R.F.A.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
M.R.F.A.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
Data da defensa
18.02.2025 11:00
18.02.2025 11:00
Resumo
Na meirande parte de estudos sociolingüísticos o xénero é incluído coma unha variable máis que inflúe sobre os resultados que se poden obter, non é ata os últimos anos que dita variable se transforma nunha cuestión central sobre a que incidir directamente. O propósito principal deste traballo de investigación é achegar un pouco de luz sobre a cuestión de se existen prácticas lingüísticas distintas en función do xénero. Para iso, tomando como espazo de estudo a vila de Xinzo de Limia, seguiuse unha metodoloxía de tipo cualitativa pondo o foco nas actitudes lingüísticas que presentan os mozos e mozas de dezaseis anos do I.E.S Cidade de Antioquía. A mostra seleccionada está conformada por un total de doce alumnos do centro, dos cales seis son rapaces e seis rapazas, por outro lado, para a selección do alumnado enquisado tívose en conta a lingua habitual empregada; en cada un dos dous grupos, divididos segundo o xénero dos enquisados, tres persoas falan galego e tres castelán. Finalmente, analizáronse diversas cuestións coma as situacións de converxencia, a correlación identidade-lingua ou a posible aparición de prexuízos concluíndo que existen diversas tendencias lingüísticas que poden variar en función do xénero.

MONTEAGUDO ROMERO, XOSE HENRIQUE (Titoría)
MONTEAGUDO ROMERO, XOSE HENRIQUE (Titoría)
Tribunal
BOULLON AGRELO, ANA ISABEL (Presidente/a)
Sousa Fernández, Xulio (Secretario/a)
Cidrás Escáneo, Francisco Antonio (Vogal)
BOULLON AGRELO, ANA ISABEL (Presidente/a)
Sousa Fernández, Xulio (Secretario/a)
Cidrás Escáneo, Francisco Antonio (Vogal)
Lingua e Identidade nos concellos de Noia, Outes e Santa Comba: a mocidade de 18 a 35 anos.
Autoría
L.F.R.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
L.F.R.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
Data da defensa
18.02.2025 11:30
18.02.2025 11:30
Resumo
A relación entre a lingua e identidade é unha cuestión de gran interese, sobre todo no contexto do sector xuvenil galego, onde estas dúas se atopan en constante interacción e cambio. Neste Traballo de Fin de Grao, tres estudantes de tres localidades diferentes (Noia, Outes e Santa Comba) pretendemos inquirir nos nosos propios concellos sobre a conexión que existe entre a lingua e a identidade galega. Para isto, ao longo de varios meses, entrevistamos segundo o enfoque cualitativo a diversas persoas de entre 18 e 35 anos, conversando con elas, gravando a súa voz e sacando conclusións que nos permitan extraer datos de relevante carácter informativo; achegándonos á situación real destes tres concellos e ao significado que este sector lle outorga á identidade galega.
A relación entre a lingua e identidade é unha cuestión de gran interese, sobre todo no contexto do sector xuvenil galego, onde estas dúas se atopan en constante interacción e cambio. Neste Traballo de Fin de Grao, tres estudantes de tres localidades diferentes (Noia, Outes e Santa Comba) pretendemos inquirir nos nosos propios concellos sobre a conexión que existe entre a lingua e a identidade galega. Para isto, ao longo de varios meses, entrevistamos segundo o enfoque cualitativo a diversas persoas de entre 18 e 35 anos, conversando con elas, gravando a súa voz e sacando conclusións que nos permitan extraer datos de relevante carácter informativo; achegándonos á situación real destes tres concellos e ao significado que este sector lle outorga á identidade galega.
Dirección
FEIJO TORRES, ELIAS JOSE (Titoría)
FEIJO TORRES, ELIAS JOSE (Titoría)
Tribunal
BOULLON AGRELO, ANA ISABEL (Presidente/a)
Sousa Fernández, Xulio (Secretario/a)
Cidrás Escáneo, Francisco Antonio (Vogal)
BOULLON AGRELO, ANA ISABEL (Presidente/a)
Sousa Fernández, Xulio (Secretario/a)
Cidrás Escáneo, Francisco Antonio (Vogal)
Os anglicismos no sector da moda francesa e española: estudo contrastivo
Autoría
M.N.F.G.
Grao en Linguas e Literaturas Modernas
M.N.F.G.
Grao en Linguas e Literaturas Modernas
Data da defensa
18.02.2025 16:40
18.02.2025 16:40
Resumo
O mundo da moda representa un campo no que o uso de novas palabras para designar tendencias, roupa e mesmo estilo está en constante aumento. Estes neoloxismos son esencialmente prestados doutras linguas. Así, moitas revistas de moda españolas e francesas teñen un gran número de préstamos nos seus artigos, en particular un importante número de anglicismos para chegar a un público internacional. Aínda que o tipo de préstamo foi evolucionando ao longo dos anos, seguindo as tendencias da moda, o uso de anglicismos para designar termos de moda é unha realidade cotiá. O obxectivo deste traballo é analizar os anglicismos da moda francesa e española durante o ano 2023. Para iso analizáronse diferentes revistas de moda francesas (Marie Claire France, Harper’s Bazaar France, Vogue France, Numéro France, Elle France) e españolas (Vogue España, Harper’s Bazaar España, Glamour España, Elle España) para tentar ver que tipos de anglicismo se empregan. Así, a partir da análise contrastiva destas revistas, analizaranse os distintos tipos de anglicismos, a súa influencia así como a súa asimilación nas linguas de acollida. Despois poderemos establecer as converxencias e diverxencias entre as dúas linguas analizadas.

RODRIGUEZ PEDREIRA, NURIA (Titoría)
RODRIGUEZ PEDREIRA, NURIA (Titoría)
Tribunal
GARCIA MARTINEZ, MANUEL (Presidente/a)
BOURGOIN VERGONDY, EMMANUEL CLAUDE (Secretario/a)
PÉREZ VARELA, CARLOS (Vogal)

Enfoque didáctico do acto de fala da petición en francés como lingua estranxeira (FLE)
Autoría
A.G.V.
Grao en Linguas e Literaturas Modernas
A.G.V.
Grao en Linguas e Literaturas Modernas
Data da defensa
18.02.2025 16:00
18.02.2025 16:00
Resumo
Os actos de fala ocupan un lugar esencial na comunicación, non só para transmitir información, senón tamén para realizar accións. Este traballo ten como obxectivo abordar a ensinanza/aprendizaxe do acto de fala de petición na competencia oral en FLE, tanto en producción como en recepción. Exploraremos como os estudantes de FLE poden dominar non só a arte de formular peticións, senón tamen de comprender as petición dos interlocutores. Con este obxectivo, propoñemos un enfoque teórico e práctico baseado na perspectiva accional, segundo as directrices do Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas (MECRL, 2001). En primeiro lugar, presentamos a teória dos actos de fala segundo as distintas perspectivas, co fin de introducir o noso obxecto de estudo. En segundo lugar, propoñemos una descripción do acto da petición na ensinanza/aprendizaxe do FLE, en canto à producción e á recepción oral, baseándonos na perspectiva comunicativa e accional. Finalmente, a última parte do noso traballo consiste nunha posta en práctica na que se propoñen activides de ensinanza/aprendizaxe do acto de petición enfocadas ao nivel B1.

O papel dos medios en liña na aprendizaxe autodirixida de EFL: explorando novas fronteiras na educación lingüística.
Autoría
A.G.C.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
A.G.C.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
Data da defensa
24.02.2025 13:00
24.02.2025 13:00
Resumo
O tema desta disertación é OILE (Online Informal Learning of English) que, segundo Stevens (2010: 2), pode definirse como unha aprendizaxe non estruturada e xeralmente non intencionada 'resultante de actividades da vida cotiá relacionadas co traballo, a familia ou o lecer'. (Stevens, 2010, 12). Polo tanto, o estudo pretende comprender como pode influír o uso incidental dos medios en liña, incluíndo diversas ferramentas e recursos dixitais como ver series de televisión na versión orixinal, escoitar música en inglés baixo demanda e as redes sociais con outros usuarios de fala inglesa o proceso de aprendizaxe autodirixido da lingua. Tamén pretende proporcionar información sobre o panorama en evolución da educación lingüística, explorando as implicacións pedagóxicas. A tese constará de dúas seccións xerais: A primeira sección presentará unha revisión exhaustiva da literatura sobre OILE co fin de establecer o marco teórico e explorar aplicacións prácticas ao ensino da lingua inglesa. No segundo apartado presentaranse os resultados dunha enquisa realizada entre dous grupos de idade distintos (menores de dezaoito anos e maiores de sesenta). O propósito da enquisa é investigar as preferencias, experiencias e obstáculos destes grupos de idade cando se trata de usar medios de Internet para a aprendizaxe autodirixida de EFL. A investigación pretende ofrecer un relato completo de como a idade pode influír no uso e a eficacia dos medios de Internet na aprendizaxe de EFL comparando as actitudes e respostas destes dous grupos.

DOVAL SUAREZ, SUSANA MARIA (Titoría)
DOVAL SUAREZ, SUSANA MARIA (Titoría)
Tribunal
DOVAL SUAREZ, SUSANA MARIA (Titor do alumno)

O tratamento da dor en Sol de Inverno. de Rosa Aneiros, e Actos Humanos, de Han Kang: unha análise comparada
Autoría
S.G.G.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
S.G.G.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
Data da defensa
17.02.2025 13:00
17.02.2025 13:00
Resumo
A literatura bélica ten sido tradicionalmente abordada dende perspectivas próximas á historiografía ou á épica perpetuando unha imaxe estática e elitista da guerra e contribuíndo á exaltación da figura do heroe. Aquí se propón unha análise comparada das obras de Rosa Aneiros, Sol de Inverno, de 2009, e de Han Kang, Actos Humanos, de 2018, en tradución ao castelán de Sunme Yoon. O eixo vertebrador desta análise é o tratamento da dor a través da proposta desenvolvida en 2003 por Susan Sontag en Regarding the Pain of Others. Observarase unha mudanza no paradigma da literatura de guerra que, adoptando un ollar máis íntimo e subxectivo, opta por dar voz ás vítimas daqueles capítulos violentos da historia que a miúdo. son silenciados ou manipulados por parte das institucións e os medios de comunicación. A escolla destas obras permite non só dar conta das mudanzas no panorama literario e os seus posibles vínculos coa autoría feminina e outros acontecementos históricos recentes, mais tamén explorar a dimensión emocional nas narrativas de guerra poñendo o foco no xeito en que se recolle e transmite a experiencia da dor para chegar a un entendemento transcultural e transfronteirizo do sufrimento humano. Alén diso, reflexionarase sobre o poder da literatura non só como arma de denuncia, senón tamén como espazo de loito e memoria colectiva.

SALGADO RODRIGUEZ, JOSE MANUEL ANTONIO (Vogal)

Espazos afectivos da Galiza na Lisboa actual
Autoría
A.G.R.
Grao en Linguas e Literaturas Modernas
A.G.R.
Grao en Linguas e Literaturas Modernas
Data da defensa
19.06.2025 13:00
19.06.2025 13:00
Resumo
A chegada de persoas da Galiza a Lisboa remóntase aproximadamente a hai 500 anos, mais foi máis concretamente a partir do século XVIII cando se rexistraron os maiores picos de entrada. Na súa instalación e adaptación ao medio, os galegos e galegas enfrontaron oficios duros para, pouco a pouco, concentrárense en determinadas agrupacións, como a dos aguadeiros, taberneiros ou carvoeiros, entre outras, gañando respecto colectivo e pasando a enraizarse con intensidade e durante décadas na vida lisboeta. Os vestixios desta pegada poden aínda hoxe atoparse en innumerables puntos da xeografía da cidade, alén das máis discretas e puntuais presenzas actuais. Aínda que estas poidan ser de utilidade informativa, o presente traballo pretende realizar un levantamento e análise dos vestixios mencionados a través da indagación en diferentes fontes, preferentemente históricas e literarias, en torno aos continxentes galaicos chegados ao núcleo urbano e contorna. Teremos en conta o seu volume, procedencia, tradicións, hábitos festivos e modos de permanencia despois de tantos anos. E ao mesmo tempo, alén de avaliar a repercusión e perdurabilidade da súa memoria nesta zona do país veciño, procuraremos entender e coñecer mellor as diferentes situacións e circunstancias que levaron a tanta xente da Galiza a emigrar a Lisboa. Tal arqueoloxía da memoria dos afectos galegos en Lisboa permitirá, finalmente, comprender mellor a realidade deste espazo a través do pasado, e quizais xustificar a súa permanente elocuencia para a Galiza, presente e futura.

QUIROGA DIAZ, JOSE CARLOS (Titoría)
QUIROGA DIAZ, JOSE CARLOS (Titoría)
Tribunal
QUIROGA DIAZ, JOSE CARLOS (Titor do alumno)

O italiano no estranxeiro
Autoría
R.G.
Grao en Linguas e Literaturas Modernas
R.G.
Grao en Linguas e Literaturas Modernas
Data da defensa
20.06.2025 10:00
20.06.2025 10:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao ten como finalidade analizar a presenza e a difusión da lingua italiana fora das fronteiras nacionais, atendendo tanto aos falantes nativos e simpatizantes do idioma, como aos emigrantes italianos e os seus descendentes. Partindo dun percorrido histórico lingüístico sobre a emigración italiana, abordarase tamén o fenómeno das novas migracións, é dicir, aquelas protagonizadas por cidadáns italianos cun nivel educativo medio alto, coñecidas como fugae de cerebros. Así mesmo, considerarase o fenómeno máis recente das migracións de tránsito protagonizadas polos denominados novos italianos, é dicir, cidadáns de orixe estranxeira que adquiriron a nacionalidade italiana mediante o ius sanguinis ou por residencia prolongada no país. Ao longo do desenvolvemento do traballo, poñerase de manifesto o carácter cultural da lingua italiana, cuxa expansión internacional en determinados períodos históricos debeuse en gran medida á súa asociación coa literatura, a música e as artes plásticas. Durante o século XX, o auxe do fenómeno Made in Italy en sectores como o deseño, a industria automobilística, a moda ou a gastronomía, contribuíu ao incremento do interese global pola lingua italiana. Tal é así que numerosos termos, así como léxicos especializados, como ocorre no ámbito da música clásica, foron incorporados ás linguas receptoras, en ocasións adaptados fonéticamente. Con todo, o interese polo italiano non se limita ao ámbito cultural. Ao ser unha das linguas oficiais da Unión Europea, o italiano está integrado nos sistemas educativos de diversos países e inclúese como lingua estranxeira en numerosos plans de estudo universitarios, o que favorece a súa difusión a gran escala. Tamén resulta relevante o papel que desempeña a Igrexa católica na propagación do italiano, non só polo uso cotián da lingua por parte do Sumo Pontífice, aínda non sendo italiano, senón tamén porque a formación dos altos cargos eclesiásticos inclúe unha etapa no Vaticano ou en Roma, o que propicia unha aprendizaxe intensiva do idioma. Na parte final do traballo procederase á análise dun caso específico: a presenza da comunidade italiana en Galicia, España, con especial atención ao contacto lingüístico entre o italiano e as linguas autóctonas, o español e o galego. Para iso, recorrerase a instrumentos metodolóxicos como entrevistas persoais a cidadáns italianos residentes na comunidade autónoma galega e a análise de interaccións realizadas a través de redes sociais ou aplicacións de mensaxería instantánea.

BUONO , BENEDICT (Titoría)
BUONO , BENEDICT (Titoría)
Tribunal
SANMARCO BANDE, MARIA TERESA (Presidente/a)
CECCARELLI , MARILENA (Secretario/a)
DE FRUTOS MARTINEZ, MARIA CONSUELO (Vogal)

Entre tradición e progreso: Inglaterra e Francia vistas por Eugenio Montale en Fuori di casa
Autoría
M.E.G.
Grao en Linguas e Literaturas Modernas
M.E.G.
Grao en Linguas e Literaturas Modernas
Data da defensa
18.06.2025 10:00
18.06.2025 10:00
Resumo
Eugenio Montale (Xénova 1896, Milán 1981), un dos máximos poetas do século XX e Premio Nobel de Literatura en 1975, é coñecido en Italia e no estranxeiro sobre todo pola súa obra en verso, pero tamén desenvolveu unha importante actividade como crítico literario e musical, cronista e tradutor. Fuori di casa (Ricciardi, 1969; Mondadori, 1975) é, despois do volume de relatos titulado Farfalla di Dinard (Neri e Pozza, 1956), o seu segundo libro de prosa de ficción, no que o autor recolle os relatos das viaxes realizadas entre 1946 e 1964, que foran inicialmente publicados no Corriere d’Informazione e no Corriere della Sera. Estes textos representan o conxunto das experiencias vividas e das reportaxes realizadas no estranxeiro como xornalista e correspondente dos dous xornais. O noso TFG, despois dunha primeira aproximación á vida e á obra do autor, propón explorar os temas e as formas a través das cales, nos relatos de viaxe dedicados a Inglaterra e Francia en Fuori di casa, o autor celebra a modernidade e o progreso tecnolóxico, salientando ao mesmo tempo as posibles consecuencias negativas que se derivan, como a perda de identidade e de valores, e a alienación do individuo. O obxectivo é tamén verificar se, neste diario de experiencias vitais, xorde unha actitude ambivalente do autor fronte á chegada da modernidade e aos cambios que acompañan este proceso.

MARCHISIO , CRISTINA (Titoría)
MARCHISIO , CRISTINA (Titoría)
Tribunal
MARCHISIO , CRISTINA (Titor do alumno)
MARCHISIO , CRISTINA (Titor do alumno)
A Patoloxización da Rebelión Feminina: A Representación da Loucura na Literatura do Século XIX
Autoría
A.G.V.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
A.G.V.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
Data da defensa
19.06.2025 13:00
19.06.2025 13:00
Resumo
A vida das mulleres no século XIX foi extremadamente desafiante, marcada por restricións sociais, económicas e legais que, por unha banda, lles impedían gozar de moitos dereitos legais e, por outra, as relegaban ao ámbito privado, impoñéndolles atributos como a pureza e a submisión. No marco dunha sociedade profundamente xerárquica, as oportunidades das mulleres para acceder á educación, posuír propiedades ou expresarse libremente eran mínimas. Con todo, algunhas mulleres comezaron pouco a pouco a desafiar activamente as expectativas sociais. Como consecuencia, e debido ao medo da sociedade fronte ao cambio e a transgresión, estas mulleres comezaron a ser consideradas irracionais ou tolas. A literatura da época contribuíu en gran medida a reforzar estas ideas, retratando ás mulleres transgresoras como problemáticas e, por extensión, como un perigo para o benestar social. O obxectivo desta tese é comprender como esta loucura funciona non só como unha forma de castigo para os personaxes femininos na súa procura de autonomía e pracer sexual, senón tamén como un presaxio do que está por vir: un cambio na sociedade con respecto ás mulleres, un sinal das súas capacidades que os primeiros movementos feministas se encargarían de reivindicar. Para iso, analizaranse algúns autores clave do período, co fin de debater criticamente a súa representación da loucura feminina, como é o caso de Mary Elizabeth Braddon, Kate Chopin ou Wilkie Collins.

González Álvarez, Elsa María (Presidente/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, MARTIN (Secretario/a)
JIMENEZ PLACER, SUSANA MARIA (Vogal)

Distribución diafásica de sinónimos galegos converxentes e diverxentes do castelán
Autoría
I.G.M.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
I.G.M.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
Data da defensa
19.06.2025 10:30
19.06.2025 10:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao céntrase na análise dalgunhas voces sinónimas do galego, unhas diverxentes con respecto ao castelán como poden ser bágoa ou gorxa e outras coincidentes como lágrima ou garganta. A introdución do estudo establece os obxectivos propostos (o principal é determinar se existe ou non unha distribución diafásica entre os sinónimos que conforman os pares analizados), ademais da metodoloxía empregada e a estrutura xeral do traballo. Primeiro, realízase unha presentación da variación sociolingüística do léxico e particularmente da variación diafásica, así como da marcación desta nos dicionarios galegos. Posteriormente preséntanse os criterios de selección das parellas de sinónimos cos que se van traballar e créase o corpus de traballo. Ao longo da análise, estúdanse os pares sinonímicos seleccionados, empregando criterios específicos que inclúen a frecuencia de uso nos textos escritos e en bases de datos dialectais, complementada dunha enquisa creada para explorar a variación diafásica nos falantes actuais. Presentarase a enquisa, a caracterización dos informantes, os resultados obtidos e a súa posterior discusión. Finalmente, preséntanse as conclusión derivadas do estudo. Esta análise afonda na complexidade do noso idioma, destacando a riqueza e diversidade das súas formas lingüísticas e a súa relación co castelán.

ALVAREZ DE LA GRANJA, MARIA (Titoría)
ALVAREZ DE LA GRANJA, MARIA (Titoría)
Tribunal
ALVAREZ DE LA GRANJA, MARIA (Titor do alumno)

Subversión e Tradición na Literatura Gótica
Autoría
I.G.P.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
I.G.P.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
Data da defensa
18.06.2025 16:30
18.06.2025 16:30
Resumo
O obxectivo deste traballo é investigar sobre as convencións principais e as estratexias subversivas na literatura gótica. O gótico xurdiu no século XVIII, evolucionou de forma constante, e dende entón, as súas tradicións penetraron na ficción. A este xénero se lle coñece pola capacidade de crear suspense e medo, horror e terror que, a súa vez, representan ou nos advirten sobre as preocupacións principais dun periodo histórico concreto, como os conflictos políticos en Europa, os cambios nos roles de xénero, os descubrimentos científicos durante a Ilustración e a Rexencia, que definen ao gótico como un xénero asociado a un contexto histórico. Co fin de incluir isto, esta disertación mencionará traballos críticos influíntes sobre o gótico, como por exemplo Gothic (1995) de Fred Botting, que comenta as convencións góticas dende o seu comezo co O Castelo de Otranto (1764) de Horace Walpole, ata as súas transformacións máis relevantes en siglos posteriores, como é o caso de Drácula (1897) de Bram Stoker. Primeiro, describo as características principais do xénero gótico, ademáis da súa cronoloxía. O máis importante é que este proxecto céntrase nas obras máis importantes do gótico, prestando especial atención ás estratexias principais do xénero, como a transgresión, as relacións de poder, os roles de xénero, o sublime e a emoción provocada polas impresionantes paixóns e ameazas, o irracional e o fantástico.

PALACIOS GONZALEZ, MANUELA (Presidente/a)
PEREIRA ROMASANTA, RAQUEL (Secretario/a)
BLANCO SUAREZ, ZELTIA (Vogal)

Ruralidades galegas e irlandesas contemporáneas a través das obras de Claire Keegan e Manuel Iglesias Turnes
Autoría
L.G.C.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
L.G.C.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
Data da defensa
19.06.2025 10:30
19.06.2025 10:30
Resumo
Este estudo pretende examinar a evolución dalgúns elementos rurais en Galicia e Irlanda desde unha perspectiva comparativa, tendo en conta as similitudes culturais compartidas por ambos territorios, a través das obras dunha autora de Irlanda e doutro de Galicia: Walk the Blue Fields (2008) e Foster (2022), escritas por Claire Keegan; e Que non te aten (2016) e Os soños de Miguel (2022), de Manuel Iglesias Turnes. Ambos autores crean ficción realista baseada no mundo rural a través da que podemos observar a ruralidade contemporánea en cada territorio. Esta idea de contemporaneidade aséntase en dous aspectos principais: por un lado, o mundo representado nas obras (desde os anos 70 en diante) e, polo outro, o ano de publicación: ambas do século XXI. Polo tanto, proporcionarei un marco teórico no que se analice a evolución da ruralidade nas literaturas irlandesa e galega, que estará baseada nos estudos de expertos como Vilavedra, Requeixo ou Nogueira; así como Leersen, Hallisy, Foster ou Even-Zohar. A continuación, este traballo divídese en dúas partes principais: a cultura e a tradición rurais e os personaxes humanos rurais. No primeiro caso, as temáticas centrais de investigación serán os espazos rurais, os elementos culturais (lingua, relixión e morte, tradicións e superstición) e a agricultura e a gandería, seguindo os estudos destas cuestións feitos por intelectuais como Beecher, Smyth ou Freire Esparís, entre outros. En segundo lugar, os personaxes humanos rurais serán atendidos desde unha perspectiva de xénero, tendo en conta a distribución de tarefas e espazos e tomando como base de análise os estudos sobre de Bacik, Da Col, Inma Otero, Marta González ou Lourdes Méndez sobre esta temática. Finalmente, obteranse conclusións a partir das investigacións previas para establecer unha serie de comparacións específicas atendendo á ruralidade en ambos corpus.

PALACIOS GONZALEZ, MANUELA (Titoría)
PALACIOS GONZALEZ, MANUELA (Titoría)
Tribunal
González Álvarez, Elsa María (Presidente/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, MARTIN (Secretario/a)
JIMENEZ PLACER, SUSANA MARIA (Vogal)
González Álvarez, Elsa María (Presidente/a)
FERNANDEZ FERNANDEZ, MARTIN (Secretario/a)
JIMENEZ PLACER, SUSANA MARIA (Vogal)
A(s) fonte(s) de El pastor fido, comedia en colaboración de Solís, Coello e Calderón
Autoría
M.G.G.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
M.G.G.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
Data da defensa
18.06.2025 12:00
18.06.2025 12:00
Resumo
O presente traballo de fin de grao ten como primeiro obxectivo esclarecer cal é a fonte principal da comedia El pastor fido, elaborada a través do traballo en colaboración dos dramaturgos áureos Solís, Coello e Calderón. Isto fundamentarase nun estudio comparativo entre Il pastor fido (1590) de Guarini, orixe última da comedia de consuno, e as dúas traducións españolas que, pola súa data de publicación (1602, 1609), puideron ser lidas polos nosos autores. Como segundo propósito, procederase a facer unha comparación da obra coa súa fonte principal para estabelecer que aspectos se manteñen ou son lixeiramente modificados e cales deles non proceden de dita fonte. Procederase sistemáticamente a estabelecer as relacións dos elementos novedosos coa fonte principal ou con outras fontes que puideran mediatizar a obra, prestando especial atención á orixe dos elementos cómicos e á influencia que puideran exercer outras obras sobre a comedia.

HERNANDO MORATA, ISABEL (Titoría)
HERNANDO MORATA, ISABEL (Titoría)
Tribunal
PATIÑO EIRIN, CRISTINA (Presidente/a)
ULLA LORENZO, ALEJANDRA (Secretario/a)
CHOUCIÑO FERNANDEZ, ANA GLORIA (Vogal)
PATIÑO EIRIN, CRISTINA (Presidente/a)
ULLA LORENZO, ALEJANDRA (Secretario/a)
CHOUCIÑO FERNANDEZ, ANA GLORIA (Vogal)
O mito de Hero e Leandro en catro sonetos do Século de Ouro.
Autoría
L.G.G.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
L.G.G.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
Data da defensa
18.06.2025 12:30
18.06.2025 12:30
Resumo
O presente traballo ten como obxectivo analizar o tratamento e a reinterpretación do mito de Hero e Leandro na literatura española dos Séculos de Ouro. Para iso, teranse en conta catro sonetos de autores fundamentais e, a través dun análise comparativo, estudaranse as distintas visións que ofrece cada autor desta tráxica historia de amor, centrándonos en como se adapta o mito aos ideais renacentistas de armonía e equilibrio e ao desengano e a fatalidade característicos do Barroco. Garcilaso de la Vega (Pasando el mar Leandro el animoso) resalta a traxedia ao introducir a voz do namorado cun ton melancólico; Lope de Vega (Por ver si queda en su furor deshecho) presenta unha loita na que o lume do amor opónse ás augas de Helesponto; Hipólita de Narváez (Leandro rompe, con gallardo intento), primeira autora que introduciu o mito na súa obra, aporta consideracións morais enfatizando na lealdade dos amantes, e, finalmente, Francisco de Quevedo (Flota de cuantos rayos y centellas) describe a loita de Leandro contra as forzas implacables, simbolizando a batalla do ser humano frente ao destino inexorable. Facendo unha revisión de artículos sobre o mito e, principal, pero non exclusivamente, o estudio de Francisca Moya del Baño, observaremos estas diferentes sensibilidades e reinterpretacións dos autores que configuran a literatura do Século de Ouro español frente ao tratamento burlesco nos romances de Góngora e Quevedo.

A ensinanza do inglés como segundo idioma a estudantes galegos con necesidades educativas especiais e discapacidades
Autoría
P.G.O.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
P.G.O.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
Data da defensa
19.06.2025 13:30
19.06.2025 13:30
Resumo
Este estudo examina os desafíos de ensinar inglés como segunda lingua a estudantes con necesidades educativas especiais e discapacidades (NEE), é dicir, aquelas que poden afectar a capacidade de aprendizaxe dun estudante. As (NEE) poden afectar o seu comportamento social, pero tamén as súas habilidades cognitivas, a súa capacidade de ler e escribir (por exemplo, dislexia) ou os seus niveis de concentración (por exemplo, trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH). A parte teórica tratará temas relacionados coas necesidades destes alumnos na aprendizaxe dunha segunda lingua. Entre as cuestións que se abordarán podemos mencionar o concepto de inclusión (se estes nenos deberían estar na mesma clase que o resto dos alumnos ou se, pola contra, a segregación é máis eficaz). Outra ten que ver coa formación do profesorado: a gran maioría dos profesores de inglés como lingua estranxeira argumentan que non hai suficientes cursos para formalos cos recursos necesarios para ensinar a nenos con dificultades de aprendizaxe. Unha terceira cuestión está relacionada coas actitudes dos profesores de inglés con respecto á inclusión de alumnos con NEE nas aulas ordinarias. Se o tempo o permite, a parte práctica incluirá: (1) os resultados dunha enquisa realizada para recoller as opinións dos profesores sobre a inclusión; e (2) unha análise dos métodos aplicados nun plan de adaptación do currículo de inglés.

Mensaxes do Olimpo: Presenzas e ausencias na comunicación divina na Odisea de Homero
Autoría
S.S.G.
Grao en Filoloxía Clásica
S.S.G.
Grao en Filoloxía Clásica
Data da defensa
20.06.2025 10:00
20.06.2025 10:00
Resumo
Este traballo consiste nunha análise detallada das aparicións de mensaxeiros na Odisea de Homero, considerando tanto deuses como mortais no seu papel de portadores de mensaxes, intermediarios ou facilitadores da comunicación. Examínanse as súas intervencións ao longo do texto, a súa relevancia no desenvolvemento narrativo e o seu impacto na trama e nos personaxes. Ademais, o estudo establece un certo paralelismo coa Ilíada, tamén atribuída a Homero, onde a figura do mensaxeiro, especialmente os de natureza divina, como a deusa Iris, ten unha presenza máis frecuente e activa. Este contraste permite facer evidentes as diferenzas entre ambas epopeas: mentres A Ilíada reflicte un contexto bélico cunha interacción constante entre deuses e humanos, A Odisea oriéntase cara a unha viaxe persoal, onde predominan a astucia, a espera e o destino individual. Como se mencionou anteriormente, un aspecto particular da análise céntrase na ausencia de Iris na Odisea, feito que chama a atención dada a súa función habitual como mensaxeira dos deuses noutras obras. No seu lugar, é Hermes quen asume ese rol, o que pode interpretarse como un cambio significativo na maneira en que o divino se relaciona co humano nesta obra. Esta omisión é abordada desde unha perspectiva narrativa e simbólica, considerando tamén posibles razóns estilísticas ou ideolóxicas detrás desta decisión autoral.

RUIZ PEREZ, ANGEL (Titoría)
RUIZ PEREZ, ANGEL (Titoría)
Tribunal
RUIZ PEREZ, ANGEL (Titor do alumno)
RUIZ PEREZ, ANGEL (Titor do alumno)
O tratamento do humor na traducción audiovisual: o caso de Modern Family
Autoría
S.H.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
S.H.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
Data da defensa
18.02.2025 17:00
18.02.2025 17:00
Resumo
Durante moitas décadas, as sitcoms estadounidenses foron un xénero extensamente visto cun impacto cultural significativo a nivel global. Foron especialmente ben recibidas en España, onde os tradutores audiovisuais desempeñaron un papel crucial no seu éxito. Un elemento definitorio deste tipo de xénero é o humor, que, ao mesmo tempo, supón un reto difícil para o tradutor. Aínda que existen certos elementos culturais compartidos que facilitan a tradución do inglés ao español, tamén hai diferenza culturais que complican o proceso de tradución. Para superar estes obstáculos, os tradutores de dobraxe e subtitulado empregan diferentes técnicas debido ás súas distintas abordaxes nas modalidades de tradución. O obxectivo principal desta tese é identificar as estratexias empregadas para afrontar or retos da tradución do humor nas sitcoms. A metodoloxía inclúe unha análise comparativa dalgúns episodios da famosa sitcom Modern Family (2009) no idioma orixinal (inglés) e nas súas versións dobradas e subtituladas ao español. A ampla variedade de humor, que abarca dende situacións cotiás ata temas culturais específicos, contribuíu á escolla desta sitcom en particular. Ademais, conta con personaxes como Gloria Delgado Pritchett, unha muller colombiana que ten dificultades para falar inglés nun contorno estadounidense, o que fai que o proceso de tradución sexa máis desafiante e interesante. Para explicar os conceptos clave no marco teórico, revisaranse estudos previos de tradutores como Peter Newmark, Marguerita Dore ou Amparo Hurtado. Este traballo de fin de grao constará de dúas partes principais. A primeira parte abordará conceptos fundamentais, como a modalidade específica da tradución audiovisual, a definición de humor, a súa tipoloxía, os retos que supón para os tradutores e as ferramentas empregadas para conservar o efecto humorístico no público meta. A segunda parte adoptará un enfoque máis práctico, no que a análise dos capítulos seleccionados da serie amosará as técnicas empregadas nas versións dobradas e subtituladas ao español.

A maldade de ser travesti: a identidade trans a través de La mala costumbre (2023) de Alana s. Portero e Las malas (2019) de Camila Sosa Villada
Autoría
I.I.L.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
I.I.L.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
Data da defensa
20.06.2025 10:00
20.06.2025 10:00
Resumo
As persoas disidentes viven un crecemento distinto a aquelas que medran dentro das marxes da sociedade, o seu autocoñecemento non se enmarca nos estadios de madurez habituais, senón que emana do seu contacto cos referentes que desafían as normas sociais. Aquí abórdase esta cuestión a través de La mala costumbre (2023), de Alana S. Portero, e Las malas (2019), de Camila Sosa Villada, novelas nas que dúas mulleres viven o seu autodescubrimento travesti ao entrar en contacto co queer de Madrid (España) e Córdoba (Arxentina). A clase social, as comunidades queer, a visión de grandes cidades a través da súa marxinalidade e a violencia que as acompaña, son cuestións que atravesan ambas as novelas autoficcionais. Debido á súa recente publicación, La mala costumbre non conta aínda cunha tradición crítica, fóra de comentarios e recensións difundidos en revistas e suplementos culturais. No caso de Las malas, aínda que a súa presenza no mercado data de hai só uns cinco anos, conta cunha notable tradición crítica académica. A relevancia do estudo que aquí se propón radica en ser a primeira proposta dunha revisión comparativa nun marco transatlántico de ambas as novelas. Máis especificamente, o foco é a construción da identidade e do fenómeno do coming-of-age ao entrar en contacto con realidades queer. Algunhas das cuestión obxecto do análise son o concepto da comunidade trans, a relación da clase social coas narrativas queer, o proceso de crecemento dende a marxinalización, as identidades queer, as violencias que se exercen sobre estas e o traballo sexual dende una visión transfeminista.

DOMINGUEZ PRIETO, CESAR PABLO (Titor do alumno)

Percepcións hispánicas do mito da Atlántida. Narrativas literarias e medios audiovisuais no século XXI
Autoría
D.I.S.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
D.I.S.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
Data da defensa
20.06.2025 10:00
20.06.2025 10:00
Resumo
Este traballo analizará a forma na que a comunidade cultural hispana está a abordar o mito da Atlántida no século XXI, tanto nos medios literarios como audiovisuais. O proxecto divídese en tres partes. A primeira presentará a orixe do mito da Atlántida dende a súa primeira aparición no Timeo de Platón ata a actualidade, explicando brevemente a súa evolución ao longo do tempo. En segundo lugar, estudarase a aparición do mito da Atlántida na literatura hispana, utilizando como base para a análise a obra de Mauricio Chaves Mesén Caballeros de Nostradamus VI. El Oráculo de la Atlántida, que servirá de punto de partida para observar o universo ficticio que rodea o mito da Atlántida. Finalmente, analizaranse as diferenzas atopadas coa incorporación do mito aos novos medios audiovisuais, baseándose no traballo do explorador Jesús Camacho e nas súas achegas a diversos pódcast. Isto permitiranos observar o papel máis informativo que adquire o mito da Atlántida nos novos medios.

GIL GONZALEZ, ANTONIO JESUS (Titoría)
CASAS VALES, ARTURO Cotitoría
GIL GONZALEZ, ANTONIO JESUS (Titoría)
CASAS VALES, ARTURO Cotitoría
Tribunal
AZAUSTRE GALIANA, ANTONIO (Presidente/a)
DOMINGUEZ PRIETO, CESAR PABLO (Secretario/a)
PEREZ-ABADIN BARRO, MARIA SOLEDAD (Vogal)

O Uso de Ferramentas Dixitais para Ensinar e Aprender a Pronuncia do Inglés na Educación Primaria: O Caso de E-ProFun
Autoría
L.I.V.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
L.I.V.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
Data da defensa
20.06.2025 12:30
20.06.2025 12:30
Resumo
O obxectivo deste estudo é identificar e abordar os retos da pronuncia do inglés entre os estudantes de primaria en España, explorando posibles solucións a través do Computer Assisted Pronunciation Training (CAPT). Baseándose en investigacións previas que apoian a eficacia destas ferramentas na aprendizaxe de idiomas, este estudo avaliará as características das aplicacións dixitais dispoñibles que se poden utilizar para tal efecto. Á súa vez ditos instrumentos compararanse con e-ProFun, que actualmente está a ser desenvolvido por investigadores da USC. A avaliación abarcará a eficacia, a usabilidade e o compromiso dos estudantes, co obxectivo de identificar as súas vantaxes e limitacións. En canto á metodoloxía, adóptase un enfoque mixto. Por un lado, emprégase unha táboa de avaliación para valorar as aplicacións CAPT mencionadas. Por outro, envíase unha enquisa aos profesores para recopilar infornación sobre as prácticas de ensinanza existentes, a frecuencia e o alcance do uso da aplicación, así como as súas opinións sobre os desafíos da pronunciación. Ademais das implicacións para a investigación en campos como CAPT e, máis en xeral, Technology-Enhanced Language Learning (TELL), esta investigación tamén terá implicacións prácticas, xa que proporcionará ás escolas recomendacións baseadas en datos para integrar ferramentas dixitais eficaces como e-ProFun. Isto pode mellorar os resultados da aprendizaxe de idiomas e axudar aos educadores para tomar decisións informadas sobre a adopción de tecnoloxía educativa para o ensino da pronuncia.

GOMEZ GONZALEZ, MARIA DE LOS ANGELES (Titoría)
GOMEZ GONZALEZ, MARIA DE LOS ANGELES (Titoría)
Tribunal
FRA LOPEZ, PATRICIA (Presidente/a)
JARAZO ALVAREZ, RUBEN (Secretario/a)
BOUSO RIVAS, TAMARA (Vogal)
FRA LOPEZ, PATRICIA (Presidente/a)
JARAZO ALVAREZ, RUBEN (Secretario/a)
BOUSO RIVAS, TAMARA (Vogal)
Motivación e conexión: Integración das TIC e da gamificación na aprendizaxe do francés como lingua extranxeira (FLE)
Autoría
J.L.C.
Grao en Linguas e Literaturas Modernas
J.L.C.
Grao en Linguas e Literaturas Modernas
Data da defensa
20.06.2025 10:30
20.06.2025 10:30
Resumo
En pleno século XXI, marcado polo uso das novas tecnoloxías, resulta necesario modernizar o ensino para non perder a motivación do alumnado. Por este motivo, esta investigación explora a integración da gamificación e das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) no ensino do Francés como Lingua Estranxeira (FLE). Combinando esta perspectiva máis moderna, este proxecto pretende crear unha unidade didáctica centrada na aprendizaxe de vocabulario e expresións cotiás sobre «a vida na cidade». Para iso, empregaranse ferramentas dixitais como Canva e Padlet para crear actividades interactivas e dinámicas que permitan ao alumnado desenvolver un coñecemento do francés en situacións urbanas cotiás. Ademais, integraranse elementos da cultura francesa nestas actividades para permitir a inmersión cultural e enriquecer así a aprendizaxe. O obxectivo deste traballo será salientar os beneficios da gamificación nas linguas estranxeiras, e máis concretamente no FLE. En efecto, semella que o uso de elementos lúdicos no ensino contribúe a estimular a motivación do alumnado e a mellorar os seus resultados académicos. Aportaranse probas de que a gamificación e as TIC ofrecen vantaxes pedagóxicas, ao tempo que poden integrarse de forma complementaria cos métodos máis tradicionais.

BOURGOIN VERGONDY, EMMANUEL CLAUDE (Titoría)
BOURGOIN VERGONDY, EMMANUEL CLAUDE (Titoría)
Tribunal
BOURGOIN VERGONDY, EMMANUEL CLAUDE (Titor do alumno)

Drag e actuacións de xénero ambiguo en América do Norte
Autoría
I.L.P.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
I.L.P.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
Data da defensa
18.06.2025 17:00
18.06.2025 17:00
Resumo
Nos últimos anos, a performance drag e as súas interseccións coa identidade queer, a disconformidade de xénero e a visibilidade trans recibiron unha crecente atención académica dentro dos estudos culturais e de xénero. Esta tese ten como obxectivo explorar a evolución histórica e cultural do drag, examinando como foi representado, percibido e mediado en distintos contextos e medios. O estudo comeza cun marco teórico que introduce conceptos clave como drag, travestismo, identidade de xénero ou expresión de xénero, que servirán como ferramentas fundamentais para a análise, así como algunhas das implicacións que ten o drag como forma artística, as súas diversas manifestacións e certas cuestións que xera entre as teóricas feministas. A partir desta base teórica, a tese traza unha visión cronolóxica da performance drag, comezando no século XIX con figuras como William Dorsey Swann, recoñecido como a primeira drag queen e pioneiro dos bailes de travestismo, e Annie Hindle, a primeira imitadora masculina rexistrada en contextos teatrais. A aparición do vaudeville a comezos do século XX trouxo maior visibilidade á representación de xénero a través de artistas como Julian Eltinge, mentres que a segunda metade do século XX viu o auxe da cultura ballroom, personificada por figuras icónicas como Crystal LaBeija, destacada no documental Paris Is Burning. A análise céntrase logo na incorporación do drag na cultura cinematográfica, particularmente a través do traballo de Divine nos filmes de John Waters, e culmina co éxito comercial de RuPaul, cuxo programa RuPaul’s Drag Race, gañador de varios premios Emmy, levou o drag ao centro da cultura global. A través desta exploración, a tese procura salientar como o drag evolucionou dunha performance subcultural a unha forma cultural destacada, moldeada por e reflectindo as comprensións sociais máis amplas sobre o xénero, a identidade e a representación.

JIMENEZ PLACER, SUSANA MARIA (Titoría)
JIMENEZ PLACER, SUSANA MARIA (Titoría)
Tribunal
PALACIOS GONZALEZ, MANUELA (Presidente/a)
PEREIRA ROMASANTA, RAQUEL (Secretario/a)
BLANCO SUAREZ, ZELTIA (Vogal)
PALACIOS GONZALEZ, MANUELA (Presidente/a)
PEREIRA ROMASANTA, RAQUEL (Secretario/a)
BLANCO SUAREZ, ZELTIA (Vogal)
Mucha e Nucha: unha análise pragmática do humor galego
Autoría
S.L.R.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
S.L.R.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
Data da defensa
19.06.2025 16:30
19.06.2025 16:30
Resumo
O humor é un das grandes marcas de identidade dunha sociedade. A representación humorística dun pobo determina non só como nos perciben os de fóra, senón como se autopercibe dito grupo social. Este fenómeno acada unha expansión moito maior coa chegada dos medios de comunicación e, máis concretamente, coa chegada da televisión. Neste momento nacen as comedias de situación ou os monólogos humorísticos, onde o humor pasa a ser unha canle de expresión e de representación da comunidade galega. Neste traballo realizarei unha análise exhaustiva do humor dende unha dobre perspectiva: pragmática e lingüística. En primeiro lugar, examinarei os mecanismos e estratexias discursivas que interveñen na construción do humor, prestando especial atención aos recursos lingüísticos, semánticos e pragmáticos empregados para xerar comicidade. Centrareime en como o contexto, a intención comunicativa e a interacción co público inflúen na interpretación do discurso humorístico. Para isto, tomarei como punto de partida os traballos sobre o monólogo humorístico como tipo de discurso (Ruiz Gurillo, 2013) e sobre a etiquetaxe pragmática dos sistemas e dos compoñentes do discurso humorístico (Ruiz Gurillo, 2023) Para estudar todo o exposto anteriormente, tomarei como material un número do dúo cómico Mucha e Nucha, no que analizarei de xeito detallado os diferentes procedementos lingüísticos que se empregan para xerar a risa. Ademais, analizarei conceptos como a ironía, a retranca, a sorna, as hipérboles e outros recursos que contribúen a creación do humor. Esta análise non só permitirá comprender mellor como se constrúe o humor no discurso oral, senón que tamén ofrecerá unha visión máis ampla sobre a relación entre a linguaxe e a comicidade, ademais de debuxar un percorrido polo contexto histórico e social que conforma o un dos trazos máis definitorios da psique galega.

FERNANDEZ REY, ELISA (Titoría)
FERNANDEZ REY, ELISA (Titoría)
Tribunal
FERNANDEZ REY, ELISA (Titor do alumno)
FERNANDEZ REY, ELISA (Titor do alumno)
As dinámicas de poder na sexualidade a través da obra de Sara Mesa: Cicatriz (2015) e Un amor (2020)
Autoría
L.L.P.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
L.L.P.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
Data da defensa
20.06.2025 10:45
20.06.2025 10:45
Resumo
Sara Mesa (1976) é unha autora española cuxa obra caracterízase por afondar, a través de espazos cotiáns e personaxes aparentemente sinxelos, na complexidade da condición humana. Nas súas novelas Cicatriz (2015) e Un amor (2020), as dinámicas de poder constitúen un núcleo fundamental e son apreciables nas relacións interpersoais e sexuais dos personaxes, demostrando que existen xerarquías que afectan aos individuos e aos seus vínculos. Neste traballo preténdese realizar unha análise literaria destas obras contemporáneas, estudando a maneira na que reflicten a complexidade da sexualidade, especialmente a feminina, así como de conceptos como ‘consentimento’ e ‘desexo’, sen ignorar as relacións de poder que se establecen nestes contextos. Realizarase, polo tanto, un estudo dos personaxes e das súas relacións, ademais de analizar fragmentos concretos que expoñan estas problemáticas. Ademais, examinarase a recepción das obras por parte dos lectores co fin de concluír se estas formas de violencia son identificadas polo público ou, pola contra, son naturalizadas e mal interpretadas. A través do estudo de todos estes elementos, este traballo busca evidenciar o papel da literatura como testemuña da existencia de problemáticas sociais actuais asociadas ao sexo, á violencia e ao poder.

CASAS VALES, ARTURO (Titoría)
CASAS VALES, ARTURO (Titoría)
Tribunal
AZAUSTRE GALIANA, ANTONIO (Presidente/a)
DOMINGUEZ PRIETO, CESAR PABLO (Secretario/a)
PEREZ-ABADIN BARRO, MARIA SOLEDAD (Vogal)
AZAUSTRE GALIANA, ANTONIO (Presidente/a)
DOMINGUEZ PRIETO, CESAR PABLO (Secretario/a)
PEREZ-ABADIN BARRO, MARIA SOLEDAD (Vogal)
Toponimia maior de Vedra
Autoría
R.M.M.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
R.M.M.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
Data da defensa
19.06.2025 10:00
19.06.2025 10:00
Resumo
A finalidade deste traballo é a de explicar os diferentes topónimos maiores atopados no concello de Vedra. Partirase do nome do concello, seguindo polas diferentes parroquias e aldeas. Seguindo o Nomenclátor de Galicia, a análise tratará un total de 12 parroquias e a redor de 140 aldeas. A primeira parte consistirá nunha introdución con aqueles datos e informacións máis importantes do concello de Vedra. A parte da análise ten por obxectivo acadar a transparencia de todos os topónimos. Para isto, farase unha análise etimolóxica de cada topónimo segundo unha orde alfabética. A maiores e cando se considere oportuno, falarase tamén da frecuencia dalgún topónimo con relación ao territorio galego (se é moi habitual ou é único...). Incluirase información histórica tirada de repertorios como CODOLGA, TMILGa, ACS, AHUS ou PARES onde se poderá comprobar, por exemplo, se o topónimo sufriu algún cambio no seu nome. No corpo do traballo poderase atopar tamén unha análise dos nomes de posesores. A partir de visitas ás aldeas, incluiranse aqueles datos que resulten relevantes e importantes para a transparencia dalgún topónimo. Para rematar, farase unha conclusión onde se poderá atopar unha clasificación semántica e outra relativa á orixe.

BOULLON AGRELO, ANA ISABEL (Titoría)
BOULLON AGRELO, ANA ISABEL (Titoría)
Tribunal
BOULLON AGRELO, ANA ISABEL (Titor do alumno)

O amor e a renuncia en La Princesse de Clèves
Autoría
I.M.S.
Grao en Linguas e Literaturas Modernas
I.M.S.
Grao en Linguas e Literaturas Modernas
Data da defensa
17.06.2025 11:12
17.06.2025 11:12
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao explora a concepción do amor en La Princesse de Clèves, comezando por analizar como os contidos históricos e literarios influencian o desenvolvemento da novela. La Princesse de Clèves, novela escrita por Madame de Lafayette, foi publicada en 1678, durante o período do clasicismo. A historia, que se desenvolve na corte de Henri II, mostra as tensións entre os sentimentos persoais e as esixencias da sociedade da época na que foi publicada. Este traballo estudará como a Contrarreforma e o xansenismo, cos seus principios de rigor moral, virtude e renuncia, inflúen nas decisións de Madame de Clèves. O preciosismo e o clasicismo, dous movementos literarios principais do século XVII, tamén serán analizados para comprender como se conciben os sentimentos dos personaxes. A continuación, este estudo centrarase na análise dos sentimentos amorosos en varios niveis: a súa representación no contexto da corte francesa do século XVII, onde predominan a aparencia e a hipocrisía; a oposición entre o amor real e o amor idealizado, centrada nos personaxes principais da obra; e as diferentes etapas do amor ás que se enfronta a protagonista. Este estudo analizará tamén a evolución da princesa de Clèves, así como os diferentes sentimentos e sensacións que experimenta: a infidelidade, o arrepentimento, a culpa e a renuncia. Deste xeito, o traballo poñerá en evidencia a visión pesimista da novela, onde o amor adoita asociarse ao sufrimento, ao sacrificio e á renuncia dos personaxes, o que conduce á enfermidade e á morte.

GARCIA MARTINEZ, MANUEL (Titoría)
GARCIA MARTINEZ, MANUEL (Titoría)
Tribunal
GARCIA MARTINEZ, MANUEL (Titor do alumno)

Anisia Miranda Fernández: vida e obra dunha escritora universal
Autoría
A.M.S.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
A.M.S.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
Data da defensa
18.06.2025 10:30
18.06.2025 10:30
Resumo
Este traballo ten como obxectivo coñecer e difundir a vida e obra de Anisia Miranda, figura destacada na literatura galega e universal, especialmente en América Latina. A elección deste tema de investigación xustifícase pola necesidade de recoñecer e valorar a contribución de Anisia Miranda á literatura galega, nun contexto social onde as literatas foron invisibilizadas por ser as esposas de prestixiosos escritores. A través deste estudo, preténdese destacar a súa contribución á literatura e preservación da lingua galega. A investigación céntrase en analizar a traxectoria vital e literaria da autora, dende os seus primeiros anos de vida ata a súa consolidación como escritora. Por iso, o estudo aborda a súa formación, influencias literarias e as principais obras que marcaron a súa carreira. Autem, examínase o contexto histórico e cultural no que se desenvolveu a súa obra, así como a súa relación con outros/as escritores/as e movementos literarios. Para este fin, empregaranse métodos de análise literaria e histórica para o estudo das obras de Miranda, así como entrevistas (dentro e fóra de Galiza) e revisións bibliográficas para comprender o seu impacto e legado. Polo tanto, a investigación revelará a importancia de Miranda como unha voz fundamental na literatura galega, destacando que aínda sendo escritora alófona soubo defender, preservar e captar a esencia da cultura galega nas súas obras. Ad finire, os resultados van subliñar a necesidade de continuar investigando e difundindo a obra de Anisia Miranda, non só como un acto de xustiza histórica, senón tamén como unha forma de enriquecer o patrimonio cultural galego.

VILAVEDRA FERNANDEZ, DOLORES (Titoría)
VILAVEDRA FERNANDEZ, DOLORES (Titoría)
Tribunal
NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS (Presidente/a)
RIVADULLA COSTA, DIEGO (Secretario/a)
SALGADO RODRIGUEZ, JOSE MANUEL ANTONIO (Vogal)
NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS (Presidente/a)
RIVADULLA COSTA, DIEGO (Secretario/a)
SALGADO RODRIGUEZ, JOSE MANUEL ANTONIO (Vogal)
Fillas, esposas, viúvas e raíñas: unha análise comparativa da raíña Isabel II e a raíña Victoria.
Autoría
E.M.T.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
E.M.T.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
Data da defensa
18.06.2025 17:30
18.06.2025 17:30
Resumo
A raíña Isabel II e a raíña Vitoria son dúas das monarcas máis importantes do Reino Unido. Aínda que hai máis dun século que as separa, podemos atopar moitas similitudes tanto no seu ámbito público como privado. Son as monarcas máis lonxevas do país, pero tamén teñen un lado privado que foi pasado por alto ou escurecido con información inexacta. Con esta análise comparativa, gustaríame centrarme nas decisión e desafíos que asumiron e enfrontaron mentres gobernaban. Outro punto central serías as súas diferenzas respecto ao período histórico que viviron. Para esta disertación é importante botar unha ollada tamén á súa vida privada e, por tanto, ao seo papel como fillas, nais e esposas. Logo disto é necesario establecer unha conexión entre a súa vida pública e privada, analizando como as súas experiencias persoais influíron nas súas responsabilidades. Finalmente, é importante abordar o seu legado e o impacto que tiveron nas súas respectivas sociedades para dar conta do papel icónico e popular que desempeñaron. A metodoloxía para utilizar inclúe unha lectura atenta das biografías máis autorizadas de ambas as raíñas así como doutras fontes que poidan lanzar máis luz sobre o asunto. A análise ilustrarase con citas máis relevantes das fontes. Con este estudo, dúas mulleres monarcas que poderían parecer non relacionadas pola diferenza de tempo reúnense considerando a gran popularidade que gozaron nos seus propios tempos.

MOURON FIGUEROA, CRISTINA (Titoría)
MOURON FIGUEROA, CRISTINA (Titoría)
Tribunal
PALACIOS GONZALEZ, MANUELA (Presidente/a)
PEREIRA ROMASANTA, RAQUEL (Secretario/a)
BLANCO SUAREZ, ZELTIA (Vogal)
PALACIOS GONZALEZ, MANUELA (Presidente/a)
PEREIRA ROMASANTA, RAQUEL (Secretario/a)
BLANCO SUAREZ, ZELTIA (Vogal)
La norma del español: el papel de los medios de comunicación en la difusión de extranjerismos
Autoría
A.L.P.T.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
A.L.P.T.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
Data da defensa
19.06.2025 11:00
19.06.2025 11:00
Resumo
Este trabajo analizará, en primer lugar, el papel como agentes lingüísticos de las academias de la lengua y de los medios de comunicación, para posteriormente analizar la relación entre ambos agentes en tanto que tales. Pudiéndose abordar dicha relación desde dos direcciones, la influencia de los medios de comunicación en el devenir de la norma o la influencia de la norma en el uso de la lengua por parte de los medios de comunicación, en este trabajo se optará por la segunda perspectiva, con el objetivo de identificar si los medios de comunicación asumen las recomendaciones de las academias de la lengua y si, por tanto, contribuyen a la difusión de la norma. Concretamente, en este trabajo se examinará a este respecto un fenómeno que se integra dentro del plano léxico de la lengua: la utilización de palabras de otras lenguas, extranjerismos, que examinaremos en primer lugar en la prensa escrita, preferentemente en la accesible a partir de corpus, así como, en segundo lugar, por medio de la revisión directa de libros de estilo.

SANTALLA DEL RIO, MARIA PAULA (Titoría)
SANTALLA DEL RIO, MARIA PAULA (Titoría)
Tribunal
SANTALLA DEL RIO, MARIA PAULA (Titor do alumno)

Slay, queen!: Unha análise preliminar da xerga recente no discurso das redes sociais.
Autoría
L.P.F.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
L.P.F.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
Data da defensa
18.02.2025 13:00
18.02.2025 13:00
Resumo
Como é ben sabido, nas últimas décadas, as redes sociais desempeñaron un papel significativo na vida da mocidade de todo o mundo, e a súa influencia segue medrando coa constante aparición de novas plataformas e tendencias que fan que as xeracións máis novas estean cada vez máis inmersas nelas. Unha das características máis predominantes no discurso das redes sociais é o uso frecuente da xerga, que comprende expresións que xeralmente non se atopan en contextos formais de uso nin son aceptadas como parte do estándar polos falantes cultos da lingua (ref. De Klerk, 2005). O obxectivo principal desta disertación é analizar o uso da xerga actual no discurso das redes sociais, principalmente en TikTok, e o seu impacto no vocabulario e na forma de expresión da mocidade falante nativa de inglés, así como daqueles que aprenden inglés como segunda lingua ou lingua estranxeira (ESL/EFL). O estudo comezará cunha breve introdución ao mundo das redes sociais, as súas vantaxes e posibles riscos, e o seu papel na propagación de novas formas lingüísticas, seguida dunha explicación detallada de que é a xerga e a súa relevancia desde un punto de vista sociolingüístico. Ademais, incluirase un estudo práctico no que se proporcionará un glosario de termos de xerga emerxentes empregados pola mocidade nas redes sociais, xunto cunha explicación de como xurdiron, se poden atribuírse a grupos sociais específicos e os posibles cambios semánticos que puideron sufrir as palabras. Como ferramenta complementaria, o estudo tamén incluirá e analizará, se é posible, os resultados dun cuestionario en liña distribuído entre falantes nativos de inglés. En resumo, o proxecto analizará a relevancia da xerga recente, os diversos aspectos (por exemplo, sociolingüísticos) que a caracterizan no seu uso nas conversas cotiás en inglés e como o uso dalgunhas destas palabras pode contribuír á creación de identidades.

NUÑEZ PERTEJO, MARIA PALOMA (Titoría)
NUÑEZ PERTEJO, MARIA PALOMA (Titoría)
Tribunal
NUÑEZ PERTEJO, MARIA PALOMA (Titor do alumno)

O uso de ferramentas dixitais na ensinanza e aprendizaxe da pronunciación do inglés nas escolas secundarias: O caso de e-SoundWay Free Roaming (e-SoundWayFR)
Autoría
M.P.V.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
M.P.V.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
Data da defensa
19.06.2025 11:00
19.06.2025 11:00
Resumo
A aprendizaxe dixital de linguas (DLL, polas súas siglas en inglés) aumenta a accesibilidade e a flexibilidade na ensinanza de idiomas, proporcionando experiencias de aprendizaxe personalizadas e melloradas con funcións interactivas como a gamificación e o uso de multimedia, o que permite unha aprendizaxe inmersiva e culturalmente enriquecedora. O DLL é especialmente útil para a ensinanza da pronunciación, xa que aborda as dificultades e os desafíos máis recorrentes ós que se enfrontan os estudantes e que os métodos tradicionais de ensinanza adoitan pasar por alto. A pronunciación é crucial para a adquisición de idiomas, pero a súa ensinanza efectiva segue sendo un reto nas escolas secundarias españolas. A integración de ferramentas dixitais na ensinanza da pronunciación ofrece melloras prometedoras. As ferramentas de formación en pronunciación asistida por ordenador (CAPT, polas súas siglas en inglés) demostraron a súa valía, ofrecendo retroalimentación interactiva e a posibilidade dunha práctica da que a miúdo carecen as entornas tradicionais. Este TFG ten como obxectivo avaliar e-SoundWayFR (e-SoundWay Free Roaming), unha aplicación dixital gamificada deseñada para mellorar a pronunciación do inglés entre estudantes hispano-falantes de secundaria. Este proxecto examina como e-SoundWayFR aborda as dificultades que os estudantes atopan na pronunciación do inglés, proporcionando ferramentas para superalas. O proxecto comeza cunha análise do estado actual da ensinanza da pronunciación do inglés nas escolas secundarias españolas, incluíndo unha visión xeral da normativa educativa concerninte á pronunciación e ós materias actualmente en uso para este cometido. A continuación, realizarase unha análise comparativa de diversas ferramentas CAPT e e-SoundWayFR, o que permitirá identificar as súas características e as dimensións que deberían abordarse para satisfacer as necesidades de profesores e estudantes na educación secundaria. Posiblemente, a través de entrevistas semiestructuradas e cuestionarios, outra dimensión da análise podería implicar analizar as percepcións dos docentes sobre as prácticas da ensinanza do inglés como lingua estranxeira (EFL, polas súas siglas en inglés) relacionadas coa pronunciación, así como as experiencias dos usuarios e dos estudantes tras probar e-SoundWayFR. Desta maneira, contribuirase de forma valiosa sobre como as ferramentas dixitais poden apoiar a adquisición do idioma e mellorar a conciencia fonolóxica neste nivel educativo.

A solta Tea 1-39-8 (Biblioteca Histórica Municipal de Madrid) de “El jardín de Falerina” no contexto da recepción do teatro calderoniano no século XVIII
Autoría
I.P.A.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
I.P.A.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
Data da defensa
20.06.2025 11:30
20.06.2025 11:30
Resumo
O presente traballo de fin de grao ten como obxectivo afondar na recepción do teatro barroco durante a primeira metade do século XVIII. Especificamente, atenderase á figura de Pedro Calderón de la Barca e aos motivos do éxito das súas comedias tanto nos teatros como na imprenta durante a primeira metade do século; esa fama irá esmorecendo na segunda metade do século tras a irrupción da política ilustrada e, particularmente, nas últimas décadas do Setecentos. Para exemplificar este cambio traballarase coa comedia El jardín de Falerina, comedia en dous actos que responde ao xénero de comedia cantada, escrita por Pedro Calderón de la Barca no século XVII para a súa estrea na Casa da Zarzuela en 1649, pero que tamén colleitou un grande éxito nos teatros da Cruz e do Príncipe durante todo o século posterior. Esta peza transmitiuse mediante diferentes testemuños no século XVII e chegou ata o XVIII principalmente a través de edicións soltas. Entre elas é particularmente interesante a que se conserva na Biblioteca Histórica Municipal de Madrid baixo a sinatura Tea 1-39-8, b, posto que presenta indicios de ter sido empregada nunha representación do século XVIII. En resumo, unha das principais características da edición solta que nos interesa, a cal posúe varias datas de representación, é a aparición de varios pasaxes eliminados e reescritos mediante as denominadas banderillas. A través do método do cotexo entre esta edición solta e os testemuños anteriores da comedia, intentarase atopar as razóns desas modificacións e averiguar se estas responden verdadeiramente á censura ilustrada imperante a mediados do século.

ULLA LORENZO, ALEJANDRA (Titoría)
ULLA LORENZO, ALEJANDRA (Titoría)
Tribunal
AZAUSTRE GALIANA, ANTONIO (Presidente/a)
DOMINGUEZ PRIETO, CESAR PABLO (Secretario/a)
PEREZ-ABADIN BARRO, MARIA SOLEDAD (Vogal)
AZAUSTRE GALIANA, ANTONIO (Presidente/a)
DOMINGUEZ PRIETO, CESAR PABLO (Secretario/a)
PEREZ-ABADIN BARRO, MARIA SOLEDAD (Vogal)
Innovacións no Diccionario panhispánico de dudas: análise das adicións léxicas entre 2005 e 2025
Autoría
C.P.F.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
C.P.F.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
Data da defensa
18.06.2025 12:30
18.06.2025 12:30
Resumo
Os dicionarios de dúbidas constituíron unha ferramenta eficaz para liquidar as vacilacións lingüísticas dos falantes dende o século XVIII e, tras a publicación de distintos lexicóns deste tipo, como o Diccionario de dudas y dificultades de la lengua española (1961), de Manuel Seco, en 2005 viu a luz unha obra que se convertería nun repertorio crave no ámbito da lexicografía española: o Diccionario panhispánico de dudas (DPD), de ASALE e RAE. Vinte anos despois, a transformación dos hábitos idiomáticos dos hispanofalantes e a publicación doutras obras fundamentais relacionadas coa norma do español deixaron patente a urxente necesidade de renovación. O presente traballo ten como obxectivo ofrecer unha análise das adicións léxicas que se incluíron na segunda edición do DPD (publicada en 2025). Para iso, ofrecerase, en primeiro lugar, un inventario preliminar dos cambios principais que se observaron entre as dúas edicións deste repertorio (e, por tanto, farase unha breve alusión ás supresións e modificacións testemuñadas). Posteriormente, a análise centrarase nas adicións, tema central do traballo, e anotaranse as posibles causas que levaron á incorporación dos termos tratados, a partir da investigación realizada noutros repertorios lexicográficos, como o Diccionario de la lengua española ou o Diccionario del español actual, así como en distintos corpus (en particular o CORPES) ou as consultas efectuadas na conta de Twitter @RAEinforma, mediante o uso do hashtag #dudaRAE. Finalmente, nas conclusións ofrecerase unha síntese dos resultados obtidos neste traballo.

CAMPOS SOUTO, MARIA DO MAR (Titoría)
CAMPOS SOUTO, MARIA DO MAR (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ ESPIÑEIRA, MARIA JOSE (Presidente/a)
SANTALLA DEL RIO, MARIA PAULA (Secretario/a)
CREGO GARCIA, VICKY (Vogal)
RODRIGUEZ ESPIÑEIRA, MARIA JOSE (Presidente/a)
SANTALLA DEL RIO, MARIA PAULA (Secretario/a)
CREGO GARCIA, VICKY (Vogal)
Realismo, Modernismo e Perspectivas Femininas: Jane Austen e Virginia Woolf
Autoría
G.P.N.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
G.P.N.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
Data da defensa
19.06.2025 11:30
19.06.2025 11:30
Resumo
O Realismo e o Modernismo son dous períodos literarios importantes dentro da literatura inglesa que abranguen os séculos dezanove e vinte, respectivamente. Se ben as obras realistas e modernistas teñen diferenzas formais e estilísticas que aparentemente poderían resultar en dous movementos antitéticos, ambas se centran na transformación social e psicolóxica do individuo. De feito, na representación social e realista da sociedade, as escritoras británicas Jane Austen e Virginia Woolf son clave para moldear novas subxectividades, a pesar das súas aparentes diferenzas e da súa inscrición en movementos literarios aparentemente antitéticos, como é o caso do Realismo e do Modernismo. Con todo, tanto Austen como Woolf produciron contribucións relevantes nas súas respectivas exploracións acerca do papel que tiñan as mulleres na cultura e acerca das tensións producidas entre o ámbito privado e o público. O obxectivo principal desta disertación é analizar a importancia de Jane Austen e Virginia Woolf dentro do Realismo e do Modernismo, respectivamente, para investigar puntos de encontro entre ambas escritoras e estudar a súa pegada cultural. Algúns aspectos tratados nesta análise comparativa son a crítica social, as influencias literarias e as características estilísticas que se atopan nalgunhas das obras máis relevantes das autoras, examinadas dende unha perspectiva de xénero.

Relacións Humano-Animais na obra de C.S. Lewis, As Crónicas de Narnia.
Autoría
N.P.G.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
N.P.G.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
Data da defensa
19.06.2025 16:30
19.06.2025 16:30
Resumo
Clive Staples Lewis, tamén coñecido como C.S. Lewis, é un autor irlandés-británico. Unha das súas obras máis representativas é a saga das Crónicas de Narnia, da que analizarei os dous primeiros libros O león, a bruxa e o armario e O príncipe Caspian: O regreso a Narnia. Lewis inspirouse no folclore e os mitos irlandeses para crear este mundo cheo de cor e criaturas máxicas. Os principais obxectivos deste traballo son analizar as relacións humanos-animais presentes na obra de Lewis. No mundo de Narnia, podemos atopar animais tanto bondadosos como malvados, parlantes ou mudos, pero todos teñen un papel específico e diferentes tipos de relacións cos poucos humanos que aparecen nestas dúas novelas. Un dos animais máis importantes e simbólicos nelas é Aslan, o león, que é o creador de Narnia e con quen os nenos establecen a relación humano-animal máis forte. Ademais, contextualizaremos a análise das relacions humano-animal facendo referencia aos compoñentes do folclore irlandés presentes nas novelas, así como aos acontecementos cruciais da historia irlandesa. A metodoloxía empregada para a análise destas cuestións consistirá en enfoques teóricos aos estudos humano-animal, como no libro Animals and Society: An lntroduction to Human-Animal Studies de Margo DeMello. En canto ao folclore irlandés, algunhas referencias importantes inclúen Saga and Myth in Ancient Ireland de Gerad Murphy e Writings on Irish Folklore, Legend, and Myth de W. B. Yeats.

PALACIOS GONZALEZ, MANUELA (Titor do alumno)

Multiedición e aspectos da análise lingüística da prosa de creación do Códice Rico (T) das Cantigas de Santa María: rúbricas e legendae das cantigas 153-194.
Autoría
A.P.P.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
A.P.P.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
Data da defensa
18.06.2025 10:30
18.06.2025 10:30
Resumo
Na segunda metade do século XIII, o monarca de Castela e León Afonso X o Sabio (1221-1284) levou a cabo, sen dúbida, un dos maiores proxectos literarios e culturais da Europa da Idade Media: as Cantigas de Santa María. Ata nós chegaron catro manuscritos (To, T, E e F) e, para a cultura e sociedade galego-portuguesa, están dotados dun importante valor histórico non só por representa-lo ideario afonsino, senón tamén por impregnar as súas páxinas do celme da nosa tradición medieval. Constituída por máis de catrocentas composicións líricas, esta obra recompila e expón, en verso, unha serie de milagres atribuídos á Virxe María recollidos en diversos lugares da Península Ibérica e do territorio europeo. Non obstante, o conxunto da obra contén, asemade, partes en prosa, as cales serán o obxecto de estudo deste traballo. O corpus estará formado por corenta e unha cantigas do Códice Rico (T), da cantiga 153 á 194. Nel seleccionaranse cadansúas lendas e cadansúa rúbrica e delas farase multiedición, con cinco propostas correspondentes con outras tantas perspectivas de aproximación ós materiais culturais presentes nelas, incluídas as propiamente filolóxicas e tamén as de interese para as outras ciencias humanas e sociais. As instancias multieditoriais e as respectivas focaxes estarán orientadas especificamente á variación paleográfica (incluídas a alográfica, a braquigráfica e a da puntuación), á grafemática, á fonolóxica, á morfosintáctica, á léxica, á literaria e á histórico-cultural en xeral. A edición estará precedida da presentación dos criterios de edición con aparato crítico, sensible aos distintos aspectos relevantes para a comprensión dos textos e das circunstancias nas que se elaboraron. No estudo lingüístico primarase a análise dos castelanismos e dos hiperenxebrismos (na prosa en galego-portugués), así como dos galego-portuguesismos (na prosa en castelán) e tamén se tratará de introducir a perpectiva da variación diatópica medieval partindo dalgunhas variantes que, talvez, poderían botar luz sobre a procedencia xeográfica dalgúns dos artífices colaboradores na produción das cantigas no marco do escritorio afonsino. Por último, elaborarase un índice das formas gráficas (tokens) do corpus, baseado na instancia multieditorial Interpretativa conservadora, e desde el poderanse localizar con axilidade.

VARELA BARREIRO, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
VARELA BARREIRO, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
BOULLON AGRELO, ANA ISABEL (Presidente/a)
Sousa Fernández, Xulio (Secretario/a)
Cidrás Escáneo, Francisco Antonio (Vogal)
BOULLON AGRELO, ANA ISABEL (Presidente/a)
Sousa Fernández, Xulio (Secretario/a)
Cidrás Escáneo, Francisco Antonio (Vogal)
Narrativas e usos dun mito: o Mariscal Pardo de Cela na Mariña Lucense
Autoría
L.P.R.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
L.P.R.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
Data da defensa
18.06.2025 12:45
18.06.2025 12:45
Resumo
O presente traballo académico ten como finalidade a análise da figura do Mariscal Pardo de Cela no contexto da Mariña Lucense. Para iso, o traballo comezará cunha revisión deste personaxe dende unha perspectiva histórico-social, realizando un percorrido pola súa traxectoria vital, as circunstancias sociais que a caracterizaron e o modo en que estes contribuíron á súa mitificación. A segunda parte do traballo consistirá na revisión e interpretación dos elementos pardocelianos conservados até a actualidade. Partindo dunha base literaria e etnográfica, os mitos e lendas existentes sobre o Mariscal permitirán comprender a canonización desta figura, e darán luz á existencia dunha serie de topónimos, construcións e outras manifestacións presentes nas localidades mariñás. Finalmente, tamén se presentarán os usos administrativos e turísticos de Pardo de Cela, valorando o seu papel como figura identitaria e patrimonial da comarca lucense.
O presente traballo académico ten como finalidade a análise da figura do Mariscal Pardo de Cela no contexto da Mariña Lucense. Para iso, o traballo comezará cunha revisión deste personaxe dende unha perspectiva histórico-social, realizando un percorrido pola súa traxectoria vital, as circunstancias sociais que a caracterizaron e o modo en que estes contribuíron á súa mitificación. A segunda parte do traballo consistirá na revisión e interpretación dos elementos pardocelianos conservados até a actualidade. Partindo dunha base literaria e etnográfica, os mitos e lendas existentes sobre o Mariscal permitirán comprender a canonización desta figura, e darán luz á existencia dunha serie de topónimos, construcións e outras manifestacións presentes nas localidades mariñás. Finalmente, tamén se presentarán os usos administrativos e turísticos de Pardo de Cela, valorando o seu papel como figura identitaria e patrimonial da comarca lucense.
Dirección
FEIJO TORRES, ELIAS JOSE (Titoría)
FEIJO TORRES, ELIAS JOSE (Titoría)
Tribunal
VILAVEDRA FERNANDEZ, DOLORES (Presidente/a)
RIVADULLA COSTA, DIEGO (Secretario/a)
SALGADO RODRIGUEZ, JOSE MANUEL ANTONIO (Vogal)
VILAVEDRA FERNANDEZ, DOLORES (Presidente/a)
RIVADULLA COSTA, DIEGO (Secretario/a)
SALGADO RODRIGUEZ, JOSE MANUEL ANTONIO (Vogal)
O relato do crime: o xénero policial na obra de Ricardo Piglia
Autoría
E.R.M.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
E.R.M.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
Data da defensa
20.06.2025 12:15
20.06.2025 12:15
Resumo
Lonxe en ocasións dese prestixio cultural do que si gozaron outros xéneros literarios, o xénero policial espertou o interese en moitos autores de renome. O crecemento experimentado ao longo do século XX levou á aparición de diferentes usos e manifestacións que non fixeron senón enriquecer un xénero de gran éxito entre as masas. Na narrativa arxentina, nomes tan destacados coma Bioy Casares, Borges ou Rodolfo Walsh cultivaron o relato policial. Sen embargo, Ricardo Piglia (1941-2017) quizais foi un dos autores que máis traballou sobre o policial no país, ben co seu labor na “Serie Negra”, coma na súa prosa e textos teóricos. Este traballo parte dunha introdución xeral sobre a evolución do xénero, para posteriormente centrar o interese sobre o seu lugar na literatura arxentina. Con esta base, preténdese realizar un estudo das diferentes manifestacións do xénero na obra de Piglia, con especial énfase en dúas das súas novelas: Plata quemada (1997) e Blanco nocturno (2010). O obxectivo é examinar os mecanismos propios do xénero presentes nestes textos e como o autor os reinterpreta, combinando elementos clásicos e modernos para construír o seu propio discurso literario.

CHOUCIÑO FERNANDEZ, ANA GLORIA (Titoría)
CHOUCIÑO FERNANDEZ, ANA GLORIA (Titoría)
Tribunal
AZAUSTRE GALIANA, ANTONIO (Presidente/a)
DOMINGUEZ PRIETO, CESAR PABLO (Secretario/a)
PEREZ-ABADIN BARRO, MARIA SOLEDAD (Vogal)
AZAUSTRE GALIANA, ANTONIO (Presidente/a)
DOMINGUEZ PRIETO, CESAR PABLO (Secretario/a)
PEREZ-ABADIN BARRO, MARIA SOLEDAD (Vogal)
Novos retos sistémicos: na procura doutros públicos desde o canon da LIX
Autoría
N.R.C.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
N.R.C.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
Data da defensa
18.06.2025 11:15
18.06.2025 11:15
Resumo
O presente traballo busca estudar e sistematizar, a través da análise de tres obras narrativas, o fenómeno de migración de tres autores canónicos da Literatura Infantil e Xuvenil Galega (LIX), Xabier P. Docampo, Agustín Fernández Paz e Fina Casalderrey, cara á narrativa para público adulto a partir da segunda década do século XXI. Desenvólvese unha achega expositiva á traxectoria literaria de cada un destes autores no eido da LIX, contextualizada no marco socio-político e cultural da Galicia dos anos noventa e da primeira década dos anos dous mil. Así mesmo, preséntase unha análise pormenorizada das tres obras seleccionadas, A viaxe de Gagarin (2014); de Agustín Fernández Paz; A nena do abrigo de astracán (2017), de Xabier P. Docampo e A muller xabaril (2023), de Fina Casalderrey, atendendo particularmente aos aspectos técnico-temáticos comúns e á recepción das novelas por parte da crítica e do público lector. Ofrécese, a propósito das obras estudadas, unha relación dos parámetros sistémico-literarios que subxacen na decisión de aposta pola literatura para adultos de tres autores da denominada Xeración Lamote, así como dos cambios socio-culturais e económicos que influíron no cambio dos seus proxectos narrativos.
O presente traballo busca estudar e sistematizar, a través da análise de tres obras narrativas, o fenómeno de migración de tres autores canónicos da Literatura Infantil e Xuvenil Galega (LIX), Xabier P. Docampo, Agustín Fernández Paz e Fina Casalderrey, cara á narrativa para público adulto a partir da segunda década do século XXI. Desenvólvese unha achega expositiva á traxectoria literaria de cada un destes autores no eido da LIX, contextualizada no marco socio-político e cultural da Galicia dos anos noventa e da primeira década dos anos dous mil. Así mesmo, preséntase unha análise pormenorizada das tres obras seleccionadas, A viaxe de Gagarin (2014); de Agustín Fernández Paz; A nena do abrigo de astracán (2017), de Xabier P. Docampo e A muller xabaril (2023), de Fina Casalderrey, atendendo particularmente aos aspectos técnico-temáticos comúns e á recepción das novelas por parte da crítica e do público lector. Ofrécese, a propósito das obras estudadas, unha relación dos parámetros sistémico-literarios que subxacen na decisión de aposta pola literatura para adultos de tres autores da denominada Xeración Lamote, así como dos cambios socio-culturais e económicos que influíron no cambio dos seus proxectos narrativos.
Dirección
VILAVEDRA FERNANDEZ, DOLORES (Titoría)
VILAVEDRA FERNANDEZ, DOLORES (Titoría)
Tribunal
NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS (Presidente/a)
RIVADULLA COSTA, DIEGO (Secretario/a)
SALGADO RODRIGUEZ, JOSE MANUEL ANTONIO (Vogal)
NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS (Presidente/a)
RIVADULLA COSTA, DIEGO (Secretario/a)
SALGADO RODRIGUEZ, JOSE MANUEL ANTONIO (Vogal)
O eco da revolución: narrativa de poder, resistencia e cambio en A muller habitada de Gioconda Belli.
Autoría
L.R.B.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
L.R.B.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
Data da defensa
18.06.2025 16:00
18.06.2025 16:00
Resumo
O obxectivo principal deste Traballo de Fin de Grao (TFG) é explorar e analizar desde unha perspectiva histórica e literaria a obra La mujer habitada (1988) de Gioconda Belli, unha escritora nicaraguana cuxa produción está fondamente marcada polo seu compromiso político e a súa vinculación coa terra natal, Managua. Na primeira parte do traballo examinarase o contexto no que xorde a novela, prestando especial atención ás tensións sociopolíticas que afectaron ao país durante a ditadura somocista (1936 a 1979). Tamén se abordará a traxectoria da autora e a súa relación co movemento revolucionario nicaraguano, o Frente Sandinista de Liberación Nacional, así como o impacto da súa experiencia persoal e política na súa produción literaria. O eixo central do traballo dedicarase á análise literaria de La mujer habitada, estruturada arredor de catro elementos clave: o narrador, o espazo, o tempo e os personaxes. Examinarase o uso da linguaxe e das estratexias narrativas empregadas por Belli, a construción do espazo tanto físico como simbólico, e a forma na que a alternancia entre distintos planos temporais inflúe na estrutura da obra e na interacción entre as súas protagonistas. Así mesmo, realizarase un estudo detallado dos personaxes principais, centrándose especialmente na evolución de Lavinia e na presenza de Itzá como vínculo entre o pasado indíxena e a loita revolucionaria contemporánea. Finalmente, as conclusións recollerán os resultados obtidos neste traballo, que se complementará coa bibliografía utilizada na súa elaboración.

CHOUCIÑO FERNANDEZ, ANA GLORIA (Titor do alumno)

Lingua e Identidade no concello do Porriño: a mocidade de dezaoito a trinta e cinco anos
Autoría
J.R.C.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
J.R.C.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
Data da defensa
18.06.2025 10:00
18.06.2025 10:00
Resumo
A relación entre a lingua e identidade é unha cuestión de gran interese, sobre todo no contexto do sector xuvenil galego, onde estas dúas se atopan en constante interacción e cambio. Neste Traballo de Fin de Grao, preténdese coñecer a conexión que existe entre a lingua e a identidade galega no concello do Porriño. Para isto, ao longo de varios meses, entrevístase segundo o enfoque cualitativo a diversas persoas de entre 18 e 35 anos, conversando con elas e sacando conclusións que permitan extraer datos de relevante carácter informativo; achegándonos á situación real do concello e ao significado que este sector lle outorga á identidade galega.
A relación entre a lingua e identidade é unha cuestión de gran interese, sobre todo no contexto do sector xuvenil galego, onde estas dúas se atopan en constante interacción e cambio. Neste Traballo de Fin de Grao, preténdese coñecer a conexión que existe entre a lingua e a identidade galega no concello do Porriño. Para isto, ao longo de varios meses, entrevístase segundo o enfoque cualitativo a diversas persoas de entre 18 e 35 anos, conversando con elas e sacando conclusións que permitan extraer datos de relevante carácter informativo; achegándonos á situación real do concello e ao significado que este sector lle outorga á identidade galega.
Dirección
FEIJO TORRES, ELIAS JOSE (Titoría)
FEIJO TORRES, ELIAS JOSE (Titoría)
Tribunal
BOULLON AGRELO, ANA ISABEL (Presidente/a)
Sousa Fernández, Xulio (Secretario/a)
Cidrás Escáneo, Francisco Antonio (Vogal)
BOULLON AGRELO, ANA ISABEL (Presidente/a)
Sousa Fernández, Xulio (Secretario/a)
Cidrás Escáneo, Francisco Antonio (Vogal)
Variación na expresión do futuro en galego a través de textos narrativos modernos
Autoría
A.R.D.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
A.R.D.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
Data da defensa
18.02.2025 12:00
18.02.2025 12:00
Resumo
Nalgunhas variedades romances, como o español de América, estase a producir un notable avance no proceso de substitución do futuro morfolóxico (-rei) pola forma perifrástica ir (a) + infinitivo para a expresión dos valores temporais de futuridade (Bermúdez, 2016). En galego, os estudos existentes (Meier, 1974; Rojo, 1974; López Martínez, 2012), aínda que apuntan cara ao mantemento do valor de prospección en ámbalas dúas formas, tamén amosan, con certas diferenzas, un aumento na frecuencia de uso do futuro analítico en detrimento do sintético. O traballo ten como obxectivo analizar os valores e a distribución do futuro morfolóxico e da construción ir + infinitivo nunha selección de textos narrativos escritos do século XXI. Á fin de dar conta dos factores que poden determinar a escolla dunha ou doutra forma cando estas se atopan en situación de alternancia, examinaranse os seus usos atendendo a unha selección de variables que resultaron relevantes en estudos previos (Bauhr, 1989; Sedano 1994, 2006; López Martínez, 2012): a distancia temporal, a persoa gramatical do verbo, o tipo de oración e a modalidade. Para a obtención de datos, empregarase o Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA), que permite a recuperación automática das formas propostas para o estudo, de acordo coa tipoloxía textual e o período cronolóxico establecidos. Preténdese, deste xeito, comprobar se a expresión de futuridade no galego segue ou non as tendencias de cambio lingüístico iniciadas noutras variedades, así como examinar a incidencia das variables na escolla de cada unha das formas.

A colaboración literaria dalgunhas escritoras da Idade de Prata no periódico El Regional. Diario de Lugo (1930-1931)
Autoría
A.R.F.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
A.R.F.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
Data da defensa
20.06.2025 13:00
20.06.2025 13:00
Resumo
A denominada Idade de Prata (1902-1939) caracterízase por ser un dos períodos máis brillantes da nosa historia da literatura. Durante esta etapa, a publicación de textos literarios na prensa e nas revistas especializadas floreceu dun xeito particular. Neste contexto sitúase a obra de moitas mulleres que exerceron como autoras de literatura de ficción, tradutoras e ensaístas. A esta época de esplendor seguiulle unha de silencio tras a Guerra Civil, o que ocasionou que moitas delas caesen no esquecemento e que os seus nomes e textos desaparecesen da historia da literatura. Este traballo de fin de grao ten como obxectivo visibilizar e recuperar o labor literario dalgunhas destas autoras mediante a análise da colaboración que prestaron no ámbito do xornal lucense El Regional. Diario de Lugo (1884-1931) e, concretamente, nas seccións tituladas «Con pluma ajena» e «Cuentos propios». Dada a extensión deste traballo, acoutouse a revisión aos números dos anos 1930 e 1931. A partir desta busca obterase un corpus de textos literarios que permitirá afondar na obra de autoras como Luisa Carnés ou Sara Insúa, quen xa contan con algunha bibliografía crítica, así como descubrir os textos doutras escritoras cuxos nomes e obras foron soterrados polo esquecemento. Con este estudo búscase contribuír á recuperación de nomes e ao estudo de textos de autoras que, pese á súa relevancia na época, foron expulsadas da historia literaria.

A función dos amebeos nas Troianas de Eurípides
Autoría
H.R.R.
Grao en Filoloxía Clásica
H.R.R.
Grao en Filoloxía Clásica
Data da defensa
18.02.2025 11:00
18.02.2025 11:00
Resumo
O propósito deste traballo é o análisis métrico-prosódico dos amebeos, tanto líricos como epirremáticos, insertos na traxedia As troianas de Eurípides (vv. 153-196, 239-292, 577-606, 1216-1332). Os amebeos son diálogos entre un personaxe e o coro ou directamente entre personaxes, que son intercalados na obra para facer resaltar o ethos da escena e amplificar os sentimentos do diálogo, normalmente en pasaxes de carácter doloroso e tráxico. En canto aos tipos de amebeo, os amebeos líricos son aqueles nos que ambas as dúas partes cantan (recollen unha amplia variedade de metros), mentres que os amebeos epirremáticos están formados por unha parte cantada e outra recitada (normalmente a parte recitada utiliza trímetros iámbicos). Ademais, os amebeos pódense inserir ao longo de toda a traxedia; os fragmentos seleccionados para este traballo atópanse na párodo, no primeiro e segundo episodio e no éxodo. Para a análise métrica son fundamentais os manuais de Gentili (Gentili, B. (1999), La Colometria antica dei testi poetici greci, Pisa: Istituti Editoriali e Poligrafici Internazionali), Guzmán Guerra (Guzmán Guerra, A. (1997), Manual de métrica griega, Madrid: Ediciones Clásicas) e West (West, M. L. (1982), Greek Metre, Oxford: Clarendon Press).

PEREIRO PARDO, AMELIA DEL CARMEN (Titoría)
PEREIRO PARDO, AMELIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
DE CARLOS VILLAMARIN, HELENA ROSA (Presidente/a)
GARCIA TRABAZO, JOSE VIRGILIO (Secretario/a)
RUIZ PEREZ, ANGEL (Vogal)

Disidencia, sexualidade e xénero na narrativa galega contemporánea: María Xosé Queizán, Teresa Moure, María Reimóndez e Nee Barros
Autoría
M.R.V.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
M.R.V.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
Data da defensa
18.06.2025 13:30
18.06.2025 13:30
Resumo
O presente traballo de investigación ten como finalidade analizar as representacións da disidencia sexual e de xénero nunha escolma de obras narrativas da literatura galega, publicadas dende os anos oitenta ata os nosos días. O corpus do estudo está constituído polas obras Amantia, de María Xosé Queizán, Herba Moura, de Teresa Moure, Pirata, de María Reimóndez e Nom estamos quebrades, de Nee Barros. A través dunha análise crítica e comparativa, abordaranse personaxes, discursos e conflitos (entre outras cuestións) que configuran as diversas representacións das ditas disidencias nestas novelas. Deste xeito, exploraranse temas como a homosexualidade, a subversión dos roles de xénero, a bisexualidade ou a ruptura co binarismo de xénero, entre outros. Ademais, atenderase sempre ao contexto sociocultural e histórico no que estas obras están inseridas, a fin de comprender as interseccións entre a produción literaria e as dinámicas sociais que atravesan as cuestións da identidade, a sexualidade e o xénero. Esta análise desenvolverase a través dun enfoque interdisciplinar, integrando as achegas da crítica literaria feminista e queer, así como tamén dos estudos de xénero. Desta maneira, a investigación procurará evidenciar a relevancia de obras destas características para a configuración dun imaxinario plural e inclusivo na literatura galega.

NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS (Titoría)
NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS (Titoría)
Tribunal
VILAVEDRA FERNANDEZ, DOLORES (Presidente/a)
RIVADULLA COSTA, DIEGO (Secretario/a)
SALGADO RODRIGUEZ, JOSE MANUEL ANTONIO (Vogal)
VILAVEDRA FERNANDEZ, DOLORES (Presidente/a)
RIVADULLA COSTA, DIEGO (Secretario/a)
SALGADO RODRIGUEZ, JOSE MANUEL ANTONIO (Vogal)
Algunhas perspectivas sobre a natureza e o uso do inglés na publicidade.
Autoría
C.R.N.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
C.R.N.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
Data da defensa
18.02.2025 17:30
18.02.2025 17:30
Resumo
O principal obxectivo deste traballo é a descripción das características lingüísticas e do uso do inglés na publicidade. Dividirase en dúas partes fundamentais. Na primeira, empezarei definindo que se entende por publicidade e o seu papel da sociedade moderna. A continuación, tratarei os diversos tipos (online, TV e radio, impresa, medios sociais, etc.) e as súas principais diferencias. A seguinte sección desta primeira parte estará adicada a unha descripción detallada das principais características lingüísticas deste xénero donde as técnicas de persuasión xogan un papel moi importante e inclúen, entre outras, o uso de frases curtas, a utilización da linguaxe directa, xogos de palabras, expresións de doble significado, a búsqueda de ritmo, ou incluso efectos musicais para que a mensaxe poda ser recordada máis facilmente. A sección que segue explorará a importancia do contexto, centrándose especificamente no contexto cultural, xa que é evidente que os anuncios sofren cambios en función do país e a sociedade para os que se crean. Concluirei esta primeira parte estudando como evolucionou co tempo o papel do factor xénero na publicidade. A segunda metade da investigación será máis práctica e consistirá na aplicación dos principios teóricos e ideas expostas na primeira parte a unha mostra de anuncios extraídos de distintas fontes, como a televisión e as redes sociais. O traballo rematará con varias reflexións derivadas das conclusións do estudio. Seguirán as referencias bibliográficas e as webgrafías e, se é necesario, incluiranse apéndices con algúns dos anuncios analizados.

PALACIOS MARTINEZ, IGNACIO MIGUEL (Titoría)
PALACIOS MARTINEZ, IGNACIO MIGUEL (Titoría)
Tribunal
SANCHEZ ROURA, MARIA TERESA (Presidente/a)
ALONSO ALONSO, MARIA (Secretario/a)
MOURON FIGUEROA, CRISTINA (Vogal)
SANCHEZ ROURA, MARIA TERESA (Presidente/a)
ALONSO ALONSO, MARIA (Secretario/a)
MOURON FIGUEROA, CRISTINA (Vogal)
Un estudo do inglés irlandés e a súa caracterización na serie de televisión Normal People.
Autoría
L.S.P.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
L.S.P.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
Data da defensa
18.06.2025 18:00
18.06.2025 18:00
Resumo
Este traballo pretende ofrecer unha descrición da situación sociolingüística e unha caracterización lingüística do inglés en Irlanda, centrándose no Irish English (IRE) ou Hiberno-English. O obxectivo é combinar un enfoque teórico cunha análise de como se representa esta variedade en Normal People (2020), unha miniserie de televisión adaptada da novela de Sally Rooney (2018). Este estudo está motivado pola representación da identidade hiberno-inglesa e as súas subvariedades. A disertación dividirase en dúas seccións: a primeira abordará os aspectos teóricos, centrándose no contexto sociolingüístico e as características lingüísticas da variedade e as subvariedades. Ademais, esta parte inclúe unha análise da variedade baseado no exame dos distintos marcos teóricos para describir o inglés no mundo, como Kachru (1985) ou Schneider (2007). A continuación, examinaranse os trazos lingüísticos do hiberno-inglés no contexto de Irlanda, explorando as súas posibles conexións coas dúas principais variedades de referencia e a súa relación con outras World Englishes. A segunda parte da tese incluirá unha análise da caracterización da variedade na serie de televisión Normal People (2020). Esta descrición abarcará varios niveis lingüísticos, incluíndo aspectos fonológicos, morfolóxicos, sintácticos e léxicos. Ademais, explorará as eleccións lingüísticas realizadas na serie, centrándose en como se aliñan ou diverxen da diversidade lingüística real dentro de Irlanda, en particular no que respecta a as subvariedades do hiberno-inglés e ao espectro máis amplo das linguas inglesas do mundo.

Xénero e Subversión nas Reescrituras de Contos de Fadas do Século XX
Autoría
L.S.B.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
L.S.B.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
Data da defensa
20.06.2025 13:00
20.06.2025 13:00
Resumo
As historias desenvoltas nos contos de fadas son testemuña da percepción social dos defectos, virtudes e roles prescritos. Ademais, os contos de fadas tradicionais veñen retratando e promovendo de forma sistemática visións esencialistas sobre a identidade da muller, debilitando a autonomía feminina e a súa relevancia dentro da comunidade. Non obstante, a colección The Bloody Chamber (1979) de Angela Carter ou Kissing the Witch (1993) de Emma Donoghue entre outras, propoñen narrativas subversivas contra ditos patróns tradicionais ao destacar a subxectividade e o apoderamento social das mulleres. Este traballo busca analizar como ditas obras conectan cos contos de fadas tradicionais ao mesmo tempo que os alteran. A representación das relacións femininas, dos roles de xénero, da sexualidade, da violencia, da feminidade e das relacións de poder nos contos de fadas tradicionais ten contribuído considerablemente a encaixar ás mulleres en patróns de sumisión, cosificación e obediencia. Este traballo explorará como se reflicten e se abordan de novo temas deste tipo nas reescrituras de Carter e Donoghue para rebelarse contra as xerarquías opresivas. Para a súa elaboración examinaranse os relatos tradicionais que se axustan aos valores patriarcais para explicar adecuadamente a evolución da estratexia de subversión. Para dito fin, o traballo basearase na crítica e os estudos sobre o desenvolvemento dos contos de fadas tradicionais, así como nas súas reavaliacións contemporáneas con fins feministas.

Enseñar a fonética en FLE: proposta didáctica para solventar as dificultades dos estudantes castelanfalantes
Autoría
A.S.F.
Grao en Linguas e Literaturas Modernas
A.S.F.
Grao en Linguas e Literaturas Modernas
Data da defensa
18.06.2025 09:30
18.06.2025 09:30
Resumo
A aprendizaxe do francés como lingua estranxeira (FLE) por parte de castelanfalantes considera unha serie de retos que poden afectar a comprensión e a expresión oral. Este traballo pretende examinar as principais dificultades as que se enfrontan estes aprendices, destacando as discrepancias entre os sistemas fonéticos francés e español. Este traballo ten como obxectivo analizar unha serie de manuais de fonética especializados en FLE. A partir dun estudo comparativo, buscarase identificar os enfoques pedagóxicos que estean mellor adaptados as necesidades específicas das persoas castelanfalantes. O obxectivo será propoñer exercicios e estratexias para axudar aos aprendices a afrontar os retos fonéticos da súa aprendizaxe. Comezarase con un estudo teórico das diferencias fonéticas que existen entre as dúas linguas, seguido dunha análise comparativa en profundidade dos métodos didácticos utilizados. Para rematar, propoñerase unha unidade didáctica integrando as estratexias máis eficaces para mellorar a pronunciación das persoas castelanfalantes en FLE. Este enfoque pretende proporcionar aos docentes ferramentas concretas para reforzar o coñecemento fonético dos seus alumnos e para fomentar unha comunicación máis fluída e natural. Este traballo de investigación podería ser un punto de partida para futuros estudos sobre a ensinanza da fonética en FLE dirixidos a outros alumnos falantes doutra lingua.

PINO SERRANO, Mª DOLORES LAURA (Secretario/a)
PÉREZ VARELA, CARLOS (Vogal)
GARCIA MARTINEZ, MANUEL (Presidente/a)
PINO SERRANO, Mª DOLORES LAURA (Secretario/a)
PÉREZ VARELA, CARLOS (Vogal)
Un estudo das características lingüísticas do inglés de Nova York e a súa representación no filme Do the Right Thing
Autoría
B.S.F.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
B.S.F.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
Data da defensa
18.06.2025 18:30
18.06.2025 18:30
Resumo
O propósito deste TFG é describir a variedade de inglés falada en Nova York empregando un enfoque teórico combinado cunha análise de como foi representado no filme Do the Right Thing dirixido por Spike Lee. Tamén tratará a influencia que o contexto social pode ter tido no desenvolvemento da variedade e das súa caracterización no filme. O traballo estará dividido en dúas seccións: a primeira será máis teórica, dándolle importancia ao contexto sociolingüístico da cidade multilingue. Ademais, esta parte abarcará tamén a clasificación da variedade nos diferentes modelos teóricos de Inglés Global como o de Kachru ou o de McArthur, así como as características lingüísticas da variedade de Nova York en comparación con outras variedades rexionales do inglés americano. A segunda sección tratará a representación da variedade no filme Do the Right Thing. Enfocarase nos diferentes niveles de análise lingüístico tales como a fonética, a morfoloxía e a sintaxe, mostrando como o filme aborda a representación de temas como a raza e o multiculturalismo ao usar personaxes inmigrantes.
O propósito deste TFG é describir a variedade de inglés falada en Nova York empregando un enfoque teórico combinado cunha análise de como foi representado no filme Do the Right Thing dirixido por Spike Lee. Tamén tratará a influencia que o contexto social pode ter tido no desenvolvemento da variedade e das súa caracterización no filme. O traballo estará dividido en dúas seccións: a primeira será máis teórica, dándolle importancia ao contexto sociolingüístico da cidade multilingue. Ademais, esta parte abarcará tamén a clasificación da variedade nos diferentes modelos teóricos de Inglés Global como o de Kachru ou o de McArthur, así como as características lingüísticas da variedade de Nova York en comparación con outras variedades rexionales do inglés americano. A segunda sección tratará a representación da variedade no filme Do the Right Thing. Enfocarase nos diferentes niveles de análise lingüístico tales como a fonética, a morfoloxía e a sintaxe, mostrando como o filme aborda a representación de temas como a raza e o multiculturalismo ao usar personaxes inmigrantes.
Dirección
DOVAL SUAREZ, SUSANA MARIA (Titoría)
DOVAL SUAREZ, SUSANA MARIA (Titoría)
Tribunal
PALACIOS GONZALEZ, MANUELA (Presidente/a)
PEREIRA ROMASANTA, RAQUEL (Secretario/a)
BLANCO SUAREZ, ZELTIA (Vogal)
PALACIOS GONZALEZ, MANUELA (Presidente/a)
PEREIRA ROMASANTA, RAQUEL (Secretario/a)
BLANCO SUAREZ, ZELTIA (Vogal)
Preposicións en galego, castelán e italiano: dificultades de aprendizaxe e propostas didácticas”
Autoría
M.T.G.
Grao en Linguas e Literaturas Modernas
M.T.G.
Grao en Linguas e Literaturas Modernas
Data da defensa
21.02.2025 13:00
21.02.2025 13:00
Resumo
Esta tese de grao (TFG) céntrase na análise contrastiva dos sistemas preposicionais do galego, español e italiano, co obxectivo de identificar as dificultades que atopan os estudantes galegofalantes e hispanofalantes cando aprenden italiano como segunda lingua. As preposicións, debido á súa natureza gramatical abstracta e ao seu uso variable entre linguas, constitúen un desafío importante para os estudantes. En particular, abórdanse as diferenzas no uso de preposicións como a, de, en e con nestes tres idiomas, destacando casos nos que as interferencias lingüísticas dan lugar a erros comúns. O traballo segue dous enfoques principais: en primeiro lugar, unha análise lingüística das preposicións nestas linguas románicas; en segundo lugar, unha proposta didáctica que busca ofrecer solucións prácticas para minimizar os erros por interferencia. Esta proposta pretende deseñar actividades específicas que traten as diferenzas preposicionais en niveis iniciais, intermedios e avanzados, co fin de mellorar a precisión no uso das preposicións italianas. A metodoloxía inclúe tanto un marco teórico baseado en estudos previos sobre a adquisición dunha segunda lingua, como unha análise comparativa do uso das preposicións, prestando especial atención ás diferenzas e semellanzas que poden facilitar ou dificultar a aprendizaxe. Finalmente, destácanse as implicacións pedagóxicas desta análise contrastiva, suxerindo que un enfoque didáctico baseado na comparación pode ser eficaz para superar as barreiras lingüísticas.

MONTES LOPEZ, MARIA (Titoría)
MONTES LOPEZ, MARIA (Titoría)
Tribunal
MONTES LOPEZ, MARIA (Titor do alumno)
MONTES LOPEZ, MARIA (Titor do alumno)
A Importancia da Comunicación Non-Verbal nos Debates Presidenciais: Unha Análise de Trump vs. Harris.
Autoría
A.T.A.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
A.T.A.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
Data da defensa
19.06.2025 12:30
19.06.2025 12:30
Resumo
Neste traballo analizarase a importancia da comunicación non-verbal nos debates políticos. Na oratoria, a maior parte do peso da comunicación recae sobre a linguaxe non-verbal (Mehrabian, 1972). Nun contexto como o dos debates políticos, a importancia da comunicación non-verbal é aínda maior, xa que é esencial para garantir que a mesaxe transmitida oralmente teña impacto sobre a audiencia. Os xestos, as expresión faciais e o ton da voz poden reforzar a mesaxe oral ou contradecila, como explicaron Riggio e Feldman (2005). Os políticos reciben formación neste campo desde o principio; enséñaselles a empregar o seu corpo como instrumento de persuasión para influir na audiencia. O obxectivo deste traballo é analizar cómo se empregan a comunicación non-verbal nos debates presidenciais estadounidenses e cómo inflúe na audiencia, centrándose no debate presidencial de 2024 entre Trump e Harris. O traballo dividirase en dúas partes principais. Na primeira parte, definirei o concepto de comunicación non-verbal e os diferentes elementos que a compoñen. Ademais, realizarei unha revisión exhaustiva da literatura relevante sobre o papel da comunicación non-verbal na política estadounidense ao longo da historia, prestando especial atención aos debates presidenciais e empregando fontes como “Nonverbal Communication” de Mehrabian (1972) ou “Applications of Nonverbal Communication” de Ronald E. Riggio e Robert S. Feldman (2005). A segunda parte consistirá nunha análise en profundidade das habilidades non-verbais empregadas por ambos os dous candidatos no debate presidencial entre Donald Trump e Kamala Harris nas eleccións de 2024, onde aplicarei os métodos e conceptos presentados na sección previa. Esto complementarase coa análise dunha selección de artigos de prensa, publicados nos principais xornais estadounidenses, The New York Times ou The Washington Post, inmediatamente despois do debate, centrándome na súa evaluación e presentación do estilo de comunicación non-verbal dos candidatos.

Presenza cultural na dobraxe española peninsular e latinoamericana
Autoría
B.V.R.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
B.V.R.
Grao en Lingua e Literatura Inglesas
Data da defensa
20.06.2025 13:30
20.06.2025 13:30
Resumo
O presente traballo abordará os factores subxacentes que contribúen ás disparidades nas prácticas de dobraxe ao español para os públicos de América Latina e de España peninsular nos medios audiovisuais. A relevancia deste tema nos estudos de tradución vén dada polo feito de que o español, como unha das linguas máis faladas do mundo, require adaptacións que teñan en conta as características culturais das súas diversas comunidades lingüísticas. Por esta razón, concibiuse o concepto de “español neutro”, unha variante lingüística destinada a abarcar a totalidade das nacións hispanofalantes (Ávila, 2011). Aínda que esta noción foi amplamente aceptada en América Latina, non foi acollida en España, o que levou a unha bifurcación nas prácticas de dobraxe para estes dous públicos distintos, un fenómeno que este traballo pretende analizar. O obxectivo desta investigación é, en primeiro lugar, ofrecer unha visión teórica da dobraxe ao español e, en segundo lugar, comparar fragmentos de filmes cómicos, xa que este xénero permite unha maior flexibilidade na adaptación dos diálogos. A estrutura divídese en dúas seccións principais: a primeira explora en profundidade a teoría da dobraxe ao español, abordando a historia da dobraxe en España e América Latina, as diferenzas nas técnicas de adaptación empregadas en cada rexión ao dobrar desde o inglés, e o concepto de español neutro. A segunda sección presenta unha análise comparativa de fragmentos das películas The Hangover e Shrek, comparando as súas versións orixinais en inglés coas versións dobradas para os públicos español e latinoamericano, analizando aspectos como a adaptación cultural, a fidelidade ao contido orixinal e o tratamento da linguaxe tabú ou ofensiva.

Variación lingüística en tempo aparente: o léxico das aves
Autoría
S.V.R.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
S.V.R.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
Data da defensa
18.06.2025 12:30
18.06.2025 12:30
Resumo
Este traballo ten como obxectivo estudar o cambio lingüístico no léxico referido ás aves en dúas xeracións de falantes do concello coruñés de Carballo. Para este fin, escolleranse dous grupos de informantes de distintas xeracións: a) unha con persoas de entre os 15 e os 30 anos; e b) outra con individuos de máis de 50 anos. Para obter os datos realizaráselles unha entrevista a ambos grupos utilizando fotografías e comentarios de paxaros comúns na zona. A investigación busca comprobar as diferenzas no coñecemento e denominación dos paxaros nas dúas xeracións obxecto de estudo. Na análise dos datos teranse en conta varios factores: idade, sexo, hábitat, estudos, etc. A pregunta de investigación da que se parte é: que factores inflúen de xeito máis determinante no cambio e perda de repertorio léxico?
Este traballo ten como obxectivo estudar o cambio lingüístico no léxico referido ás aves en dúas xeracións de falantes do concello coruñés de Carballo. Para este fin, escolleranse dous grupos de informantes de distintas xeracións: a) unha con persoas de entre os 15 e os 30 anos; e b) outra con individuos de máis de 50 anos. Para obter os datos realizaráselles unha entrevista a ambos grupos utilizando fotografías e comentarios de paxaros comúns na zona. A investigación busca comprobar as diferenzas no coñecemento e denominación dos paxaros nas dúas xeracións obxecto de estudo. Na análise dos datos teranse en conta varios factores: idade, sexo, hábitat, estudos, etc. A pregunta de investigación da que se parte é: que factores inflúen de xeito máis determinante no cambio e perda de repertorio léxico?
Dirección
Sousa Fernández, Xulio (Titoría)
Sousa Fernández, Xulio (Titoría)
Tribunal
BOULLON AGRELO, ANA ISABEL (Presidente/a)
ALVAREZ DE LA GRANJA, MARIA (Secretario/a)
Cidrás Escáneo, Francisco Antonio (Vogal)
BOULLON AGRELO, ANA ISABEL (Presidente/a)
ALVAREZ DE LA GRANJA, MARIA (Secretario/a)
Cidrás Escáneo, Francisco Antonio (Vogal)
O tratamento do tempo en Le Sang des Promesses de Wajdi Mouawad: fragmentación, tempo cíclico e urxencia temporal.
Autoría
A.V.R.
Grao en Linguas e Literaturas Modernas
A.V.R.
Grao en Linguas e Literaturas Modernas
Data da defensa
18.06.2025 10:15
18.06.2025 10:15
Resumo
Na súa obra dramática, Wajdi Mouawad xoga co tempo e deconstrúe a linealidade temporal para darlle á súa narrativa unha dimensión memorial e tráxica. Este estudo explora (na tetraloxía Le Sang des Promesses) como Mouawad emprega a fragmentación temporal para reflectir unha memoria esnaquizada marcada polo trauma. Ao entrelazar pasado, presente e futuro, Mouawad introduce a imposibilidade dos personaxes de desprenderse do seu pasado á vez que abre unha posibilidade de reconciliación coa súa historia. Esta memoria fragmentada, a miúdo marcada polo trauma, fai que a reconstrución da identidade sexa difícil e dolorosa. Ademais, a ciclicidade temporal pon en tensión a fatalidade e o desexo de renovación, confrontando os protagonistas co eterno retorno do pasado. O incesante retorno do pasado impón unha repetición tráxica dos acontecementos, creando un efecto de inevitabilidade. Este ciclo temporal inflúe directamente na dramaturxia, reforzando a intensidade dramática e o alcance simbólico das historias. Ao mesmo tempo, unha aceleración gradual do ritmo dramático reforza a urxencia da historia e intensifica a tensión dramática. Esta análise dramatúrxica, acompañada dunha reflexión sobre a percepción do tempo, destaca como Mouawad fai do tempo un elemento estruturante da súa escrita, desempeñando un papel fundamental na construción da identidade e na expresión da traxedia.

PINO SERRANO, Mª DOLORES LAURA (Presidente/a)
BOURGOIN VERGONDY, EMMANUEL CLAUDE (Secretario/a)
PÉREZ VARELA, CARLOS (Vogal)
PINO SERRANO, Mª DOLORES LAURA (Presidente/a)
BOURGOIN VERGONDY, EMMANUEL CLAUDE (Secretario/a)
PÉREZ VARELA, CARLOS (Vogal)
A construcion de ter mais participio no español falado en Galicia
Autoría
A.V.P.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
A.V.P.
Grao en Lingua e Literatura Españolas
Data da defensa
17.02.2025 13:15
17.02.2025 13:15
Resumo
A variedade de español de Galicia, tradicionalmente desatendida pola dialectoloxia hispanica, foi obxecto de interese nos ultimos anos. Traballos como Porto Dapena (2001) e Guillermo Rojo (2004), entre outros, sinalaron a influencia do galego no español de Galicia, pero ainda hoxe son escasas as publicacions baseadas en mostras representativas do uso linguistico real. O obxectivo deste TFG e aportar a analise de novos datos sobre unha construcion que parece reflexar a influencia do galego no español de Galicia. A estructura sintactica seleccionada e a combinacion do verbo ter cun participio, que segundo a bibliografia mostra na fala de Galicia un funcionamento distinto ao que ten noutras variedades do español. Para o estudo utilizaranse os datos do corpus oral ESLORA. O uso dos datos do corpus permite facer unha analise cualitativa e cuantitativa. Na analise vanse ter en conta as caracteristicas linguisticas das construcions (sintacticas e semanticas) e tamen a sua distribucion sociolinguistica. Porto Dapena, Alvaro. 2001. El español en contacto con el gallego. II Congreso Internacional de la Lengua Española. Valladolid. Rojo, Guillermo. 2004. El español de Galicia. En Rafael Cano (ed.), Historia de la lengua española, 1087-1101. Barcelona: Ariel.

VAZQUEZ ROZAS, MARIA VICTORIA (Titoría)
VAZQUEZ ROZAS, MARIA VICTORIA (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ ESPIÑEIRA, MARIA JOSE (Presidente/a)
SANTALLA DEL RIO, MARIA PAULA (Secretario/a)
CREGO GARCIA, VICKY (Vogal)
RODRIGUEZ ESPIÑEIRA, MARIA JOSE (Presidente/a)
SANTALLA DEL RIO, MARIA PAULA (Secretario/a)
CREGO GARCIA, VICKY (Vogal)
Un achegamento á variación lingüística nos concellos de Tui e Tomiño: as variantes relacionadas co seseo
Autoría
O.V.G.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
O.V.G.
Grao en Lingua e Literatura Galegas
Data da defensa
18.06.2025 13:00
18.06.2025 13:00
Resumo
Este traballo ten como obxectivo o estudo da variación lingüística existente en distintas localizacións dos concellos baixomiñotos de Tui e Tomiño, centrando a atención nas variables relacionadas co seseo. Con este fin realizaremos unha descrición e unha análise que terán en conta tanto a frecuencia das distintas variantes como as localizacións estudadas. Idealmente, isto permitiranos delimitar, dentro da área estudada, as zonas de ocorrencia das variantes nas distintas distribucións consideradas. Para poder levar a cabo esta investigación, partiremos dun corpus de lingua oral, que será recollido a través de entrevistas gravadas, que terán carácter semidirixido, a persoas galegofalantes dos distintos puntos seleccionados, todos eles dunha mesma faixa de idade.