Ir o contido principal

Hackathon USC Emprende

30.10.2025 | 12.00h-20.00h

Escola Técnica Superior de Enxeñería – ETSE

O Hackathon USC Emprende é unha oportunidade única para o alumnado da Universidade de Santiago de Compostela que queira amosar o seu talento e impulsar a creación de novas solucións innovadoras. 

O vindeiro 30 de outubro na ETSE, estudantes da ETSE e das Facultades de Matemáticas, Física e Química participarán nunha xornada intensa de creatividade, colaboración e resolución de retos reais, impulsada pola Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento. Será un espazo no que as ideas con potencial de desenvolvemento poidan converterse en proxectos futuros e onde o espírito emprendedor marque o camiño cara ás solucións do mañá.

Inscrición

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.10.2025.