Estudo da película lacrimal co uso de dispositivos electrónicos
Autoría
A.S.A.
Máster Universitario en Optometría
A.S.A.
Máster Universitario en Optometría
Data da defensa
04.07.2025 09:00
04.07.2025 09:00
Resumo
Obxectivo Este estudo tiña como obxectivo principal analizar o impacto do uso de dispositivos electrónicos sobre a saúde ocular, avaliando a repetibilidade de parámetros lacrimais como son a altura do menisco lacrimal, o tempo de rotura lacrimal non invasivo e tinción corneal, e investigando como actividades dixitais habituais, como a visualización de vídeos e a lectura en pantalla, afectan á película lacrimal. Métodos Realizouse un estudo experimental cun deseño inter-sesión e intra-sesión. Participaron 24 persoas de entre 18 e 25 anos, que completaron dúas sesións separadas por unha semana. En cada sesión, os participantes foron sometidos a medicións da película lacrimal antes e despois de realizar unha actividade visual (visualización de vídeo ou lectura en pantalla), durante 20 minutos. As probas incluíron a medición da altura do menisco lacrimal (TMH), o tempo de rotura lacrimal non invasivo (NIKBUT) e a presenza de tincións corneais, empregando o equipo Keratograph 5M. Os datos foron analizados mediante probas estatísticas para avaliar a repetibilidade e o efecto das tarefas visuais sobre os parámetros estudados. Resultados Os resultados mostraron unha limitada repetibilidade nos parámetros TMH e NIKBUT, cunha dispersión considerable nas diferenzas entre sesións. As actividades visuais propostas non tiveron un efecto significativo na maioría dos parámetros da película lacrimal, agás unhaexcepción puntual no TMH tras a lectura, onde se observou un incremento do seu volume, posiblemente debido a un efecto reflexo. As tincións corneais permaneceron invariantes ao longo do experimento, polo que non foron obxecto de análise comparativa. Conclusión O estudo evidencia que, a curto prazo, o uso de dispositivos electrónicos non provoca alteracións estatisticamente significativas nos principais parámetros da película lacrimal, aínda que a literatura internacional segue a sinalar o uso prolongado de pantallas como un factor de risco relevante. As limitacións metodolóxicas, como o tamaño reducido da mostra e a falta de control de variables ambientais, resaltan a necesidade de deseños experimentais máis robustos e de continuar investigando para delimitar mellor os limiares de risco e identificar estratexias eficaces de protección ocular.

Dirección
GARCIA RESUA, CARLOS (Titoría)
Sabucedo Villamarín, Belén Cotitoría
GARCIA RESUA, CARLOS (Titoría)
Sabucedo Villamarín, Belén Cotitoría
Tribunal
FANDIÑO FERNANDEZ, JOSÉ MARIA (Presidente/a)
GARCIA DOMINGUEZ, GONZALO (Secretario/a)
VARELA LEMA, MARIA LEONOR (Vogal)

Estudo comparativo de técnicas para medir a heteroforia
Autoría
A.V.F.
Máster Universitario en Optometría
A.V.F.
Máster Universitario en Optometría
Data da defensa
04.07.2025 09:00
04.07.2025 09:00
Resumo
O presente estudo céntrase na avaliación de tres métodos diferentes para medir a heteroforia: o Cover Test, a Proba Modificada de Thorington e o test de Von Graefe. A heteroforia é un desvío ocular latente que pode afectar a visión binocular e a calidade de vida dos individuos, polo que é crucial contar con técnicas precisas e confiables para a súa medición. O obxectivo principal deste traballo é comparar a efectividade e a repetibilidad destas tres técnicas nunha mostra de suxeitos sans. Para iso, levou a cabo un estudo no que participaron 24 voluntarios, dos cales 6 eran homes e 18 mulleres, con idades comprendidas entre os 17 e 30 anos. Rexistráronse as medicións de heteroforia en visión próxima utilizando cada unha das técnicas mencionadas. A metodoloxía do estudo incluíu a realización de múltiples medicións en sesións separadas por unha semana, o que permitiu avaliar a consistencia dos resultados obtidos. Os resultados da análise estatística revelaron que non existiron diferenzas significativas entre as tres técnicas de medición da heteroforia. Con todo, observouse que o Cover Test e a Proba Modificada de Thorington mostraron unha mellor concordancia nos seus resultados, o que suxire que estas técnicas poderían ser máis confiables para a avaliación da heteroforia en comparación co test de Von Graefe. A partir destes achados, o traballo conclúe que, aínda que as tres técnicas son válidas para medir a heteroforia, recoméndase realizar investigacións adicionais con mostras máis amplas para validar os resultados.

Nores Palmás, Noelia Cotitoría