Habilidades directivas e expectativas de carreira: relación e diferenzas en función do sexo no sector da enxeñaría e a tecnoloxía.
Autoría
S.C.C.
Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense

Data da defensa
15.07.2025 11:00
15.07.2025 11:00
Resumo
Desde hai décadas, as diferenzas entre homes e mulleres no que respecta ao desenvolvemento de carreira ou ás súas capacidades para supervisar a outros traballadores foron obxecto de estudo en numerosas investigacións. Sendo a enxeñaría e a tecnoloxía un ámbito laboral tradicionalmente masculinizado polo cal se seguen decantando unha minoría de mulleres, resulta de especial relevancia afondar nas habilidades directivas e aspiracións de carreira daquelas que optaron por traballar neste sector. A través deste estudo, quíxose coñecer se existen diferenzas en función do sexo en ditas variables e a relación entre ambas. Para iso, empregáronse dúas escalas para avaliar as habilidades directivas xunto a unha terceira escala sobre aspiracións laborais. Os resultados atopados non amosaron diferenzas significativas nas puntuacións medias das variables examinadas en función do sexo. Porén, no que respecta á relación entre estas variables, de forma xeral, atopouse que unha maior percepción de habilidades directivas correlaciona con maiores aspiracións de carreira, a excepción das habilidades intratéxicas no caso das mulleres. Para finalizar, no apartado de discusión, propóñense as implicacións teóricas e prácticas destes achados e expóñense cuestións de investigación para futuros estudos.

Dirección
MARTINEZ GOMEZ, ALEXANDRA (Titoría)
MARTINEZ GOMEZ, ALEXANDRA (Titoría)
Tribunal
CUADRADO GONZALEZ, DAMARIS (Coordinador)
Leirós Lobeiras, Luz Isabel (Presidente/a)
OTERO MORAL, INMACULADA (Secretario/a)

“Modernización do agro galego: loita contra a crise demográfica e mantemento de actividades dende o prisma fiscal”
Autoría
A.D.F.
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral (2ª ed)
A.D.F.
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral (2ª ed)
Data da defensa
15.07.2025 10:30
15.07.2025 10:30
Resumo
A complexidade demográfica de Galicia ten a súa representación no seu sector gandeiro. Isto é tanto pola perda de man de obra cualificada e explotacións, como por un ambiente cambiante, caracterizado ademáis polo escaso tempo que tuvo o rural da nosa Comunidade por profesionalizarse e adaptarse a grandes variacións nos custos, tanto ordinarios como extraordinarios. Aos traballos precisos para obter unha produción e calidade axeitada e equilibrada, súmanselle agora unhas condicións sanitarias e climáticas moi difíciles. Este traballo académico analiza o marco normativo ao que se someten as pequenas explotacións de Galicia, máis propensas a desaparecer e a obter menores ingresos, para tentar ofrecer unha proposta normativa. Esto será a través de dous importantes tributos, o IRPF como imposto directo e o IVE, como manifestación indirecta. En ambos casos, tanto para o Réxime Especial e Simplificado do IVE, como para a estimación obxectiva do IRPF, confiren mellores condicións que os outros réximes tributarios, polo tanto poden supoñer unha salvagarda para moitas persoas do sector. Basearémonos no crecemento do IPC dende o 2016 (ano en que se establecen os límites do réxime especial e simplificado do IVE) e as particularidades da distribución da cabaña láctea galega, moi condicionada polo seu desenvolvemento desigual ao longo do territorio.

Taboada Villa, Jorge (Titoría)
Taboada Villa, Jorge (Titoría)
Tribunal
FERREIRO REGUEIRO, MARIA CONSUELO (Presidente/a)
ARES FERNANDEZ, JUAN JOSE (Secretario/a)
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Vogal)

A violencia de xénero no sistema de protección social
Autoría
D.G.D.
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral (2ª ed)
D.G.D.
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral (2ª ed)
Data da defensa
15.07.2025 10:30
15.07.2025 10:30
Resumo
O propósito deste Traballo Fin de Máster é realizar unha revisión integral do complexo marco de protección social fronte á violencia de xénero co obxectivo de contribuír á comprensión e posible mellora das políticas públicas dirixidas a defender os dereitos das mulleres afectadas. Para isto, analízanse as distintas medidas implementadas polo sistema de protección social, agrupándoas en catro categorías principais: as relacionadas coa cotización laboral que asegurán a continuidade económica ante a situación sufrida; as dirixidas a promover a inserción e estabilidade no emprego; as prestacións sociais que garanten dereitos básicos e benestar; e as axudas económicas específicas que proporcionan soporte financeiro en situacións de maior vulnerabilidade. Cada categoría será analizada dende a súa natureza, perfil de beneficiarias, regulación normativa e alcance. A avaliación destas medidas permítenos comprender como o sistema busca ofrecer un respaldo multidisciplinar, que abarca desde aspectos económicos e laborais ata sociais, nun contexto de especial vulnerabilidade e necesidade de protección.

GIL OTERO, LIDIA (Titoría)
GIL OTERO, LIDIA (Titoría)
Tribunal
FERREIRO REGUEIRO, MARIA CONSUELO (Presidente/a)
ARES FERNANDEZ, JUAN JOSE (Secretario/a)
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Vogal)
FERREIRO REGUEIRO, MARIA CONSUELO (Presidente/a)
ARES FERNANDEZ, JUAN JOSE (Secretario/a)
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Vogal)
Marca empregadora, expectativas de busca de emprego e benestar subxectivo: un estudo con estudantes
Autoría
G.L.F.
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral (2ª ed)
G.L.F.
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral (2ª ed)
Data da defensa
15.07.2025 10:30
15.07.2025 10:30
Resumo
O obxectivo deste estudo é analizar o papel da marca empregadora e as expectativas de busca de emprego, centrándose nos factores que inflúen nas decisións dos estudantes universitarios á hora de elixir unha empresa como lugar de traballo. A través dun estudo empírico realizado cunha mostra de 86 estudantes da Universidade de Santiago de Compostela, investíganse as dimensións máis valoradas da marca empregadora, así como a influencia doutras variables como a experiencia laboral previa, o rendemento académico, o xénero e o benestar subxectivo nesta percepción. Os resultados revelan que os factores máis valorados polos enquisados son a conciliación da vida laboral e persoal e as oportunidades de desenvolvemento profesional, mentres que a responsabilidade social corporativa e a cultura organizativa tamén son importantes, aínda que en menor medida. Esta investigación axuda a identificar as preferencias de marca empregadora da nova xeración que entra no mercado laboral e ofrece recomendacións útiles para que as empresas adapten as súas estratexias para satisfacer as expectativas destes mozos.

LADO CAMPELO, MARIO ANTONIO (Titoría)
LADO CAMPELO, MARIO ANTONIO (Titoría)
Tribunal
FERREIRO REGUEIRO, MARIA CONSUELO (Presidente/a)
ARES FERNANDEZ, JUAN JOSE (Secretario/a)
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Vogal)
FERREIRO REGUEIRO, MARIA CONSUELO (Presidente/a)
ARES FERNANDEZ, JUAN JOSE (Secretario/a)
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Vogal)
Atribución do éxito deportivo, Satisfacción cos resultados, nivel de diversión percibido e a relación co desempeño deportivo: un estudio con xogadores de fútbol en categorías de formación.
Autoría
J.M.Z.
Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense
J.M.Z.
Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense
Data da defensa
15.07.2025 11:00
15.07.2025 11:00
Resumo
O obxectivo deste traballo de fin de máster é medir si os factores Atribución do éxito deportivo, Satisfacción cos resultados, Nivel de diversión percibido correlacionan co desempeño deportivo en futbolistas de equipos profesionais nas categorías cadete e xuvenil. Participaron x persoas 70 futbolistas, 44 pertenecientes á categoría cadete e 26 á categoría xuvenil. Se les aplicó un cuestionario formado por los cuestionarios (POSQ) de Roberts y Balagué (1991), (CSRD) de Treasure y Roberts (1994), (CDPD) de Duda y Nicholls (1992) y Un cuestionario de Desempeño de autorreporte. Os resultados indicaron que tanto nas categorías cadetes e alevíns non hubo diferencias significativas no desempeño deportivo e que o factor que mellor predecía o desempeño deportivo foi o factor “Diversión”.
O obxectivo deste traballo de fin de máster é medir si os factores Atribución do éxito deportivo, Satisfacción cos resultados, Nivel de diversión percibido correlacionan co desempeño deportivo en futbolistas de equipos profesionais nas categorías cadete e xuvenil. Participaron x persoas 70 futbolistas, 44 pertenecientes á categoría cadete e 26 á categoría xuvenil. Se les aplicó un cuestionario formado por los cuestionarios (POSQ) de Roberts y Balagué (1991), (CSRD) de Treasure y Roberts (1994), (CDPD) de Duda y Nicholls (1992) y Un cuestionario de Desempeño de autorreporte. Os resultados indicaron que tanto nas categorías cadetes e alevíns non hubo diferencias significativas no desempeño deportivo e que o factor que mellor predecía o desempeño deportivo foi o factor “Diversión”.
Dirección
LADO CAMPELO, MARIO ANTONIO (Titoría)
LADO CAMPELO, MARIO ANTONIO (Titoría)
Tribunal
CUADRADO GONZALEZ, DAMARIS (Coordinador)
Leirós Lobeiras, Luz Isabel (Presidente/a)
OTERO MORAL, INMACULADA (Secretario/a)
CUADRADO GONZALEZ, DAMARIS (Coordinador)
Leirós Lobeiras, Luz Isabel (Presidente/a)
OTERO MORAL, INMACULADA (Secretario/a)
É a Conduta Delituosa Consecuencia dos Delirios Compartidos?
Autoría
A.V.M.A.
Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense
A.V.M.A.
Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense
Data da defensa
15.07.2025 11:00
15.07.2025 11:00
Resumo
A psicosis compartida, ou folie à deux, é un fenómeno complexo no que unha persoa induce ideas delirantes noutra ou noutras, normalmente nun contexto de vínculos interpersoais estreitos, dependencia emocional e illamento social. Este estudo explora a relación entre os delirios inducidos e a conduta delituosa mediante unha análise comparativa de 11 casos clínicos, identificando patróns recorrentes e expresións delirantes asociadas co crime. Os achados suxiren que a maioría dos casos de psicosis compartida están ligados a delirios de carácter relixioso ou persecutorio, e que a influencia dominante dunha persoa sobre outra pode comprometer a capacidade de toma de decisións, un aspecto con implicacións directas na responsabilidade penal. Conclúese que a detección temperá e a separación das persoas implicadas poden evitar que a persoa influenciada cometa un delito. Cómpre seguir investigando para afondar no coñecemento das características específicas desta rara condición psicopatolóxica.

Sobral Fernández, Jorge (Titoría)
Sobral Fernández, Jorge (Titoría)
Tribunal
CUADRADO GONZALEZ, DAMARIS (Coordinador)
Leirós Lobeiras, Luz Isabel (Presidente/a)
OTERO MORAL, INMACULADA (Secretario/a)
CUADRADO GONZALEZ, DAMARIS (Coordinador)
Leirós Lobeiras, Luz Isabel (Presidente/a)
OTERO MORAL, INMACULADA (Secretario/a)
Psicopatía xuvenil e reincidencia criminal: Unha revisión meta-analítica sobre a validez predictiva do PCL:YV
Autoría
A.P.C.
Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense
A.P.C.
Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense
Data da defensa
15.07.2025 11:00
15.07.2025 11:00
Resumo
Obxectivo: Este meta-análise avaliou a validez predictiva da Psychopathy Checklist: Youth Version (PCL:YV) na reincidencia criminal de adolescentes infractores, examinando diferenzas entre facetas do construo e o rol moderador do xénero. Métodos: Seguindo protocolos PRISMA e JARS-Quant, analizáronse 11 estudos lonxitudinais/correlacionais (k=11; N=1.956 adolescentes; 87.2% homes; idade media=16.2 anos) mediante modelos de efectos aleatorios. Estandarizáronse tamaños do efecto a correlacións de Pearson (r) e avaliáronse sesgos con funnel plots, rexresión de Egger e trim-and-fill. Resultados: Atopouse unha correlación significativa entre puntuacións totais do PCL:YV e reincidencia xeral (r=0.32). O Factor 2 (conductual: estilo de vida antisocial) mostrou maior poder predictivo que o Factor 1 (afectivo-interpersoal) en reincidencia xeral (Delta r=0.15) e violenta (Delta r=0.15). A proporción de homes moderou significativamente os efectos, con asociacións máis débiles en mostras mixtas. Conclusións: O PCL:YV é un predictor moderado de reincidencia xuvenil, mais a súa utilidade clínico-forense depende criticamente da faceta avaliada (priorizando o Factor 2) e da composición de xénero da mostra. Destácase a necesidade de integrar variables dinámicas (trauma, apoio familiar) en avaliacións de risco.

Determinantes da satisfacción laboral dos inmigrantes. A satisfacción vital, a felicidade e o apoio social nun grupo de traballadores peruanos en España
Autoría
W.T.R.A.
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral (2ª ed)
W.T.R.A.
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral (2ª ed)
Data da defensa
15.07.2025 10:30
15.07.2025 10:30
Resumo
Esta investigación analiza as dimensións da satisfacción vital, a felicidade, o apoio social e a satisfacción laboral nunha mostra de 101 traballadores migrantes peruanos residentes en España. Por medio dun enfoque cuantitativo aplicáronse escalas estandarizadas para avaliar as devanditas dimensións, xunto con variables sociodemográficas. Os resultados revelan niveis medios de satisfacción vital, felicidade e satisfacción laboral, sendo esta última lixeiramente máis alta nos seus factores intrínsecos. O apoio social percibido presentouse como limitado, aínda que a satisfacción co apoio recibido mostrou unha relación positiva co benestar laboral. De todas as variables sociodemográficas analizadas, só a experiencia laboral previa tivo un impacto significativo na satisfacción laboral. Os achados destacan que a valoración do traballo non se explica unicamente por factores obxectivos, senón tamén por elementos subxectivos e relacionales. Conclúese que a análise do benestar laboral migrante require unha perspectiva integral, que considere tanto o sentido do traballo como as redes de apoio social.
Esta investigación analiza as dimensións da satisfacción vital, a felicidade, o apoio social e a satisfacción laboral nunha mostra de 101 traballadores migrantes peruanos residentes en España. Por medio dun enfoque cuantitativo aplicáronse escalas estandarizadas para avaliar as devanditas dimensións, xunto con variables sociodemográficas. Os resultados revelan niveis medios de satisfacción vital, felicidade e satisfacción laboral, sendo esta última lixeiramente máis alta nos seus factores intrínsecos. O apoio social percibido presentouse como limitado, aínda que a satisfacción co apoio recibido mostrou unha relación positiva co benestar laboral. De todas as variables sociodemográficas analizadas, só a experiencia laboral previa tivo un impacto significativo na satisfacción laboral. Os achados destacan que a valoración do traballo non se explica unicamente por factores obxectivos, senón tamén por elementos subxectivos e relacionales. Conclúese que a análise do benestar laboral migrante require unha perspectiva integral, que considere tanto o sentido do traballo como as redes de apoio social.
Dirección
LADO CAMPELO, MARIO ANTONIO (Titoría)
LADO CAMPELO, MARIO ANTONIO (Titoría)
Tribunal
FERREIRO REGUEIRO, MARIA CONSUELO (Presidente/a)
ARES FERNANDEZ, JUAN JOSE (Secretario/a)
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Vogal)
FERREIRO REGUEIRO, MARIA CONSUELO (Presidente/a)
ARES FERNANDEZ, JUAN JOSE (Secretario/a)
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Vogal)
Estado de Benestar e Políticas Sociolaborais
Autoría
C.R.P.
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral (2ª ed)
C.R.P.
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral (2ª ed)
Data da defensa
15.07.2025 10:30
15.07.2025 10:30
Resumo
O presente traballo de Fin de Máster aborda o tema do Estado de Benestar e as políticas sociolaborais en España a través dun marco introdutorio onde se tratará o concepto de Estado de Benestar, así como a súa evolución histórica desde o S.XIX ata a consolidación do modelo español actual. O principal obxectivo do traballo é analizar a situación con respecto á sustentabilidade a futuro das políticas de benestar actuais e destacar os principais problemas e ameazas que poden poñer en perigo todo o sistema, co fin de discernir cara a onde deberían ir encamiñadas as solucións que permitan sortear devanditos obstáculos co maior éxito posible.

LOPEZ RODRIGUEZ, ALFONSO ANTONIO (Titoría)
LOPEZ RODRIGUEZ, ALFONSO ANTONIO (Titoría)
Tribunal
FERREIRO REGUEIRO, MARIA CONSUELO (Presidente/a)
ARES FERNANDEZ, JUAN JOSE (Secretario/a)
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Vogal)
FERREIRO REGUEIRO, MARIA CONSUELO (Presidente/a)
ARES FERNANDEZ, JUAN JOSE (Secretario/a)
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Vogal)
Supervisión abusiva e as súas respostas organizacionales: compromiso laboral, burnout, desempeño e comportamento contraproductivo.
Autoría
M.Z.S.P.
Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense
M.Z.S.P.
Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense
Data da defensa
15.07.2025 11:00
15.07.2025 11:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Máster ten como obxectivo analizar a relación entre a supervisión abusiva e unha serie de variables organizacionales clave: o compromiso organizacional, o burnout, os comportamentos contraproductivos e o desempeño laboral. A partir dunha mostra de 111 traballadores en activo no contexto español, administráronse cuestionarios validos que avalían cada constructo, considerando as súas dimensións específicas. Os resultados indican que a supervisión abusiva relaciónase negativamente co compromiso afectivo e normativo, e positivamente co desgaste emocional, o cinismo e as condutas contraproductivas tanto organizacionales como interpersoais. Os achados subliñan a importancia de fomentar estilos de liderado saudables e previr as condutas abusivas na contorna laboral, así como a necesidade de impulsar investigacións empíricas con mostras máis amplas no contexto nacional.

SALGADO VELO, JESUS FERNANDO (Titoría)