Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán (20.59%), Galego (79.41%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá, Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Departamento da Área do Profesional da USC 991
Áreas: Filoloxía Inglesa, Teoría da Literatura e Literatura Comparada, Área do Profesional USC e Centros Convenio
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1) Introducir o estudantado nos principais métodos, enfoques e prácticas da investigación en literatura e cultura.
2) Familiarizar o estudantado coas principais fontes documentais, bases de datos e recursos dixitais para a investigación en estudos literarios e culturais.
3) Desenvolver competencias para a definición de obxectos de estudo, a formulación de preguntas de investigación e o deseño básico de proxectos académicos.
4) Favorecer o uso crítico e autónomo de ferramentas de busca, selección e xestión de información científica.
5) Reflexionar sobre as relacións entre investigación, transferencia social, humanidades públicas e aplicacións culturais dos estudos literarios e culturais.
6) Promover a capacidade de aprendizaxe autónoma e o desenvolvemento de competencias académicas e profesionais vinculadas á investigación humanística.
Bloque 1. Métodos de investigación en literatura e cultura
1.1. A investigación en literatura e cultura: obxectivos, metodoloxías e corpus
1.2. Escritura académica e estrutura do traballo de investigación
1.3. Uso de fontes, datos e outros materiais
1.4. Normas de estilo, presentación e publicación académica
1.5. Aspectos éticos e legais da investigación
Bloque 2. Fontes documentais para a investigación en literatura e cultura
2.1. Tipoloxía de fontes e recursos documentais
2.2. Bases de datos e repertorios especializados en estudos literarios e culturais
2.3. Bibliotecas dixitais, hemerotecas e repositorios
2.4. Criterios de busca, selección e avaliación de recursos
2.5. Xestión bibliográfica e organización de bases de datos persoais
Bloque 3. Humanidades públicas, cidadás e aplicadas
3.1. Humanidades públicas e transferencia social do coñecemento
3.2. Humanidades cidadás e participación cultural
3.3. Literatura, benestar e aplicacións sociais da investigación
3.4. Recursos dixitais, difusión e proxectos colaborativos
Bibliografía básica
Achtert, Walter S. e Joseph Gibaldi. MLA Handbook for Writers of Research Papers. 7th ed. New York: Modern Language Association, 2009.
Altick, Richard D. e John Fenstermaker. The Art of Literary Research. Nueva York: W. W. Norton & Co., 1992.
Ballano, Inmaculada e Itziar Muñoz, eds. La escritura académica en las universidades españolas. Bilbao: Publicaciones de la Universidad de Deusto, 2015.
Ballesteros Pérez, Pablo. Escritura académica. Antequera: ExLibric, 2021.
Da Sousa Correa, Delia e W. R. Owens, eds. The Handbook to Literary Research. London: Routledge, 2009.
Domènech, Conxita e Andrés Lema-Hincapié. Manual MLA. Novena edición adaptada al español. Nueva York: The Modern Language Association of America, 2025.
Eco, Umberto. Cómo se hace una tesis. Barcelona: Gedisa, 2001.
Fisher-Livne, Daniel e Michelle May-Curry, eds. The Routledge Companion to Public Humanities Scholarship. Londres/Nueva York: Routledge, 2024.
Henry, D. J. e A. Dorling Kindersley. Writing for Life: Paragraph to Essay. Harlow: Longman, 2007.
Prat Ferrer, Juan José e Ángel Peña. Manual de escritura académica. Madrid: Paraninfo, 2015.
Soriano, Ramón. Cómo se escribe una tesis. Guía práctica para estudiantes e investigadores. Córdoba: Berenice, 2008.
Swinnen, Aagjie, Amanda Kluveld e Renee Vall. Engaged Humanities: Rethinking Art, Culture, and Public Life. Ámsterdam: Amsterdam University Press, 2022.
Torres Ripa, Javier, ed. Manual de estilo Chicago Deusto. Edición adaptada al español. Bilbao: Publicaciones de la Universidad de Deusto, 2013.
Walker, Melissa. Writing Research Papers. A Norton Guide. Nova Iorque: W. W. Norton & Co., 1996.
Wisker, Gina. The Postgraduate Research Handbook. 2nd ed. Palgrave Macmillan, 2007.
Bibliografía complementaria
Proporcionarase canda cada tema do programa.
1) Desenvolver a capacidade de observación e análise crítica dos procesos e dinámicas culturais en distintos contextos históricos, sociais e mediáticos.
2) Favorecer unha comprensión comparativa dos fenómenos literarios e culturais en relación cos seus contextos xeoculturais e historiográficos.
3) Explorar as relacións entre literatura, medios de comunicación, tecnoloxías, artes e outras formas de produción cultural contemporánea.
4) Analizar criticamente o impacto dos medios e contornos tecnolóxicos na produción, circulación e recepción da literatura e da cultura.
5) Desenvolver capacidades de argumentación oral e escrita en contextos académicos e de investigación.
6) Promover a autonomía investigadora e o desenvolvemento de iniciativas individuais de investigación e análise cultural.
A materia combinará exposicións teóricas introdutorias con actividades prácticas orientadas á adquisición de competencias básicas de investigación en literatura e cultura.
As sesións incluirán:
a) presentación e discusión de conceptos, métodos e recursos de investigación;
b) análise de casos e exemplos de traballos académicos;
c) prácticas de busca, selección e xestión de fontes documentais;
d) exercicios de formulación de obxectos e preguntas de investigación;
e) e aproximacións a proxectos de transferencia e difusión social do coñecemento, humanidades públicas e aplicacións sociais da investigación humanística.
Fomentarase o traballo autónomo do estudantado mediante a realización progresiva de actividades vinculadas aos contidos da materia e o desenvolvemento dunha breve proposta de investigación ou transferencia. O portafolio permitirá recoller de maneira progresiva evidencias do traballo realizado ao longo da materia e favorecerá procesos de selección, revisión e reflexión crítica sobre as prácticas de investigación desenvolvidas.
A metodoloxía priorizará un enfoque aplicado e participativo, orientado a relacionar os contidos teóricos con prácticas reais de investigación académica e difusión do coñecemento.
A avaliación da materia realizarase mediante un sistema de avaliación continua baseado na realización e entrega das actividades e traballos propostos ao longo do curso.
A asistencia ás sesións presenciais non terá carácter obrigatorio, aínda que se recomenda a participación activa nas actividades desenvolvidas na aula.
Para superar a materia será obrigatoria a entrega de todos os traballos e actividades avaliables establecidos polo profesorado nos prazos indicados.
A cualificación final distribuirase do seguinte modo:
a) elaboración dun portafolio de actividades e exercicios de aplicación vinculados aos distintos bloques da materia, incluíndo a selección e revisión dunha actividade representativa por cada bloque temático: 50 %
b) elaboración dunha proposta breve de investigación ou transferencia e difusión social do coñecemento (aprox. 2.000–2.500 palabras) no ámbito dos estudos literarios e culturais: 50 %. A proposta breve de investigación ou transferencia deberá vincularse preferentemente cos contidos e enfoques desenvolvidos nalgún dos bloques da materia. A avaliación desta proposta será realizada de maneira coordinada polo profesorado da materia, con especial atención ao ámbito temático e metodolóxico no que se inscriba cada traballo.
Os criterios e requisitos de avaliación serán idénticos na convocatoria de segunda oportunidade.
En caso de dúbidas relativas á autoría ou elaboración das actividades e traballos presentados, o profesorado poderá solicitar aclaracións, defensas orais breves ou entrevistas académicas individuais.
A materia, de 3 ECTS, supón unha dedicación total estimada de 75 horas de traballo por parte do estudantado. Delas, 20 horas corresponden ás sesións presenciais e as restantes ao traballo autónomo.
O traballo non presencial incluirá a lectura e preparación de materiais, a busca e manexo de fontes documentais e recursos bibliográficos, a realización de actividades prácticas vinculadas aos contidos da materia e a elaboración progresiva dunha proposta breve de investigación ou transferencia no ámbito dos estudos literarios e culturais.
MLA website:
http://www.mla.org/
The Norton Introduction to Literature website: http://wwnorton.com/college/english/litweb10/writing/
Purdue Online Writing Lab (OWL):
http://owl.english.purdue.edu/
Dado que a programación de contidos e prácticas está moi axustada na súa temporalización, recoméndase ao alumnado a asistencia regular e puntual ás clases, o seguimento diario das tarefas programadas, a lectura pausada e profunda dos textos de traballo e o uso de todos os canais comunicativos co profesor e coas fontes de aprendizaxe. O profesor poderá manter entrevistas individuais con cada estudante ao longo do curso, sendo convocado/a ao seu despacho en distintas ocasións para facer un seguimento do seu progreso.
Uso responsable de ferramentas dixitais e intelixencia artificial:
O uso de ferramentas dixitais e sistemas de intelixencia artificial deberá axustarse a criterios de integridade académica e transparencia. O estudantado será responsable da autoría, veracidade e correcta citación de todos os materiais presentados para avaliación.
Recoméndase encarecidamente ao estudantado con necesidades específicas de apoio educativo que se poña en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) para que dito servizo determine como se poden cubrir as necesidades en cuestión no marco desta materia.
Margarita Estevez Saa
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811839
- Correo electrónico
- margarita.estevez.saa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Cesar Pablo Dominguez Prieto
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Teléfono
- 881811801
- Correo electrónico
- cesar.dominguez [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Daniel Cuevas Linera
- Departamento
- Departamento da Área do Profesional da USC 991
- Área
- Área do Profesional USC e Centros Convenio
- Correo electrónico
- daniel.cuevas [at] usc.es
- Categoría
- Profesional da USC e de Centros con Convenio
| Martes | ||
|---|---|---|
| 18:15-20:15 | Grupo /CLE_01 | D11 |
| 11.01.2027 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | C01 |
| 11.01.2027 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | C01 |
| 10.05.2027 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | C01 |
| 10.05.2027 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | C01 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CUEVAS LINERA, DANIEL | Castelán |
| DOMINGUEZ PRIETO, CESAR PABLO | Galego |
| ESTEVEZ SAA, MARGARITA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CUEVAS LINERA, DANIEL | Castelán |
| DOMINGUEZ PRIETO, CESAR PABLO | Galego |
| ESTEVEZ SAA, MARGARITA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| DOMINGUEZ PRIETO, CESAR PABLO | Galego |
| ESTEVEZ SAA, MARGARITA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| DOMINGUEZ PRIETO, CESAR PABLO | Galego |
| ESTEVEZ SAA, MARGARITA | Galego |