Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Matemática
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
OBXECTIVOS (O):
O1) Estudar os principais problemas de ensino e aprendizaxe da matemática nos niveis da educación secundaria, relacionados coa Aritmética, a Álxebra e a Análise matemática.
O2) Coñecer metodoloxías de ensino e aprendizaxe da matemática nos niveis de educación secundaria, relacionadas coa Aritmética, a Álxebra e a Análise matemática.
O3) Utilizar instrumentos de avaliación como parte do proceso de ensino e aprendizaxe da matemática nos niveis de secundaria relacionados coa Aritmética, a Álxebra e a Análise matemática.
O4) Deseñar situacións de aprendizaxe, tarefas e proxectos nos niveis de educación secundaria, relacionados coa Aritmética, a Álxebra e a Análise matemática.
BLOQUES DE CONTIDOS (C)
C1) Dificultades, erros e obstáculos no ensino – aprendizaxe da matemática en educación secundaria: (6 h)
C11. Unha clase real.
C12. Tipos de dificultades, erros e obstáculos.
C13. Diagnóstico, estratexias de prevención e remedio.
C2) Análise didáctica da Aritmética: (12 h)
C21. Contidos curriculares de Aritmética en educación secundaria.
C22. Orientacións didácticas a través do xogo e a maxia.
C23. Propostas de intervención e recursos dispoñibles.
C24. Unidade didáctica.
C3) Análise didáctica da Álxebra: (12 h)
C31. A álxebra como instrumento de modelización matemática
C32. Contidos curriculares de Álxebra en educación secundaria
C33. Estratexias e recursos para a aprendizaxe da linguaxe alxebraico
C34. Propostas de intervención a través de problemas.
C35. Unidade didáctica.
C4) Análise didáctica da Análise Matemática: (12 h)
C41. A relación funcional.
C42. Contidos curriculares relativos á Análise Matemática en Educación Secundaria e Bacharelato.
C43. O cálculo diferencial e integral no bacharelato.
C44. Estratexias e recursos para o seu ensino.
C45. Propostas de intervención a través de traballo colaborativo.
C46. Unidade didáctica.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA (BB)
BB1) Arce, M., Conejo, L. y Muñoz, J. M. (2019). Aprendizaje y enseñanza de las matemáticas. Síntesis.
BB2) Calvo, C., Deulofeu y J., Jareño, J. y Morera, L. (2016). Aprender a enseñar matemáticas en la educación secundaria obligatoria. Síntesis.
BB3) Saénz, C. y Lasa, A. (2018) Iniciación a la investigación y la innovación en educación matemática. Síntesis.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA (BC)
Libros:
BC1) Azcárate, C., Casadevall, M., Casellas, E. y Bosch, D. (1996). Cálculo diferencial e integral. Síntesis.
BC2) Berenguer, L et al. (2001), Materiales para construir las matemáticas en la ESO. Guía didáctica. Proyecto Sur De Ediciones
BC3) Blanco, L. y Cárdenas, J. A. (2013). La Resolución de Problemas como contenido en el Currículo de Matemáticas de Primaria y Secundaria. Campo Abierto, 32(1), 137‑156.
BC4) Bozal, J. L. A. (1994). Taller de matemáticas. Narcea Ediciones, 17.
BC5) Corbalán, F. (1994). Juegos matemáticos para Secundaria y Bachillerato, Madrid, Síntesis.
BC6) Deulofeu, J y Azcárate C. (1998). Guías Praxis para el profesorado de ESO, matemáticas: contenidos, actividades y recursos. Wolters Kluwer Educación.
BC7) Dolores, C. (2004). Acerca del análisis de funciones a través de sus gráficas: concepciones alternativas de estudiantes de bachillerato. RELIME, 7(3), 195-218.
BC8) Edwards, B. S., Dubinsky, E. y Mc Donald, M. A. (2005). Advanced Mathematical Thinking. Mathematical Thinking and Learning, 7(1), 15‑25.
BC9) Font, V. (2011). Competencias profesionales en la formación inicial de profesores de matemáticas de secundaria. UNIÓN, 26, 9‑25.
BC10) Gairín, J. M. y Sancho, J. (2002). Números y algoritmos. Síntesis.
BC11) García, A. Martínez, A. y Miñano, R. (1995). Nuevas tecnologías y enseñanza de las Matemáticas. Síntesis.
BC12) Godino, J. D., Contreras, A. y Font, V. (2006). Análisis de procesos de instrucción basado en el enfoque ontológico-semiótico de la cognición matemática. Recherches en Didactiques des Mathematiques, 26(1), 39-88.
BC13) Ortiz, M. (2014), Cálculo Mental en el Aula en Educación Secundaria Obligatoria, Madrid, CCS.
BC14) Shell Centre (1990). El lenguaje de funciones y gráficas. Ministerio de Educación y Ciencia. Centro de Publicaciones. Servicio Editorial Universidad del País Vasco, Bilbao.
BC15) Stein, M. K . y Smith, M. (2018), Five practices for orchestrating productive mathematics discussions. Reston, NCTM.
Revistas españolas de investigación e experiencias en Educación Matemática:
1) "EPSILON", Sociedad Andaluza de Profesores de Matemáticas THALES.
2) "GAMMA", Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática.
3) "NÚMEROS", Sociedad Canaria de P. de M. ISAAC NEWTON.
4) "SUMA", Federación de profesores de Matemáticas. Análisis didáctico. Recursos en el Aula de Matemáticas.
NOTA IMPORTANTE:
- OS RECURSOS NECESARIOS PARA A APRENDIZAXE DOS ESTUDANTES SERÁN PROPORCIONADOS EN FORMATO DIXITAL A TRAVÉS DA AULA VIRTUAL.
COMPETENCIAS
A) COMPETENCIAS DA TITULACIÓN:
Xerais (X):
X1. Coñecer os contidos curriculares das materias relativas á especialización docente correspondente.
X2. Coñecer o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procesos de ensino e aprendizaxe respectivos.
X3. Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias dos respectivos ensinos, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como á orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
B) OUTRAS COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
OCE1. Crear situacións de aprendizaxe partindo do currículo da área de matemáticas, nas que o alumnado sexa o protagonista a través dunha metodoloxía didáctica tecnolóxica, cooperativa e interdisciplinar, baseada en problemas, que atenda á diversidade dos estudantes, que lles estimule e motívelles, promovendo unha aprendizaxe autónoma, que desenvolva as súas habilidades de pensamento lóxico-matemático e que resolva os problemas da aprendizaxe na área das matemáticas.
OCE2. Utilizar estratexias de avaliación integradas no proceso de ensino-aprendizaxe de modo que guíen ao alumnado, estimúlelles e reforce a súa aprendizaxe.
METODOLOXÍA DE ENSINO:
Seguirase preferentemente unha metodolóxía de aprendizaxe baseada en problemas. Nas sesións expositivas presentaranse os fundamentos teóricos e os aspectos a observar á hora de analizar, deseñar ou escoller tarefas para a aula de secundaria. Seguindo este esquema, en cada bloque presentaranse as particularidades propias dos contidos a tratar (aritmética, álxebra e análise matemática), así como as dificultades específicas de cada un deles. Finalmente, dentro destas sesións teóricas, presentaranse exemplos de actividades e tarefas adaptables á aula de secundaria.
Baseándose nestes exemplos propoñerase para cada bloque o deseño dalgunha tarefa específica, centrada en superar algunha dificultade ou erro frecuente. O alumnado distribuirase en grupos e, durante as sesións interactivas, deberá resolver o problema didáctico proposto. Os produtos destas tarefas presentaranse e comentaranse as dificultades atopadas na súa resolcuión e a ampliación correspondente dos contidos teórico-prácticos traballados anteriormente.
O alumnado con dispensa de docencia deberá resolver estes problemas de maneira individual e presentalos a través da aula virtual.
SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE
CONVOCATORIA ORDINARIA:
Avaliaranse as competencias: X1, X2, X3, OCE1, OCE2 en función do seguinte esquema:
PARTE 1 (AVALIACIÓN CONTINUA): 60% da nota final.
Valoraranse os traballos realizados nas sesións interactivas empregando rúbricas que se lle facilitarán ao alumnado. O peso de cada traballo na nota será proporcional ao tempo que se lle adique a cada un dos bloques.
PARTE 2 (AVALIACIÓN FINAL): 40% da nota final
Realizarase unha proba específica, de carácter competencial, centrada no traballo realizado na aula. Esta proba poderá ser escrita ou oral.
- ALUMNADO EXENCIÓN OU CON DISPENSA:
O alumnado con exención ou dispensa deberá poñerse en contacto co profesorado da materia para concretar ao seu caso particular os aspectos relativos á avaliación. En calquera caso, a avaliación do alumnado con exención ou dispensa será similar á do alumnado da modalidade presencial, adaptado na medida do posible ás súas circunstancias.
- CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA
O alumnado que non supere a materia na convocatoria ordinaria deberá realizar os traballos ou as probas específicas que se lle requiran, en función da cualificación obtida nas mesmas, e presentalas antes do día previsto para o exame de segunda oportunidade.
SESIÓNS DE TRABALLO E NÚMERO DE ACTIVIDADES:
HORAS PRESENCIAIS (45 horas) en función de:
1. ACTIVIDADES EN GRUPO EXPOSITIVO (catro tarefas de carácter colectivo e obrigatorio) (18 horas)
- Actividades expositivas breves: currículo, dificultades de aprendizaxe, metodoloxías, recursos, avaliación, proxectos, ...
- Prácticas sobre temas expostos en grupo clase.
- Presentacións e exposicións de plan de traballo, tarefas e proxectos.
- Realización de probas.
2. ACTIVIDADES EN GRUPO INTERACTIVO (seis tarefas de carácter colectivo e obrigatorio) (24 horas)
- Situacións de ensino-aprendizaxe
- Desafíos didácticos.
- Aprendizaxes a través de tarefas e proxectos.
- Aprendizaxes a través de problemas
- Gamificación na aula.
- Clases investidas.
- Postas en común e debates de pequeno a gran grupo.
3. ACTIVIDADES INDIVIDUAIS (catro retos de carácter individual e opcional 3 horas)
- Reflexión traballo grupo
- Discusión de proxectos
HORAS DE TRABALLO AUTÓNOMO (90 horas) en función de:
4. ACTIVIDADES EN GRUPO EXPOSITIVO (25 horas)
- Lectura e visualización de materiais.
- Preparación de presentacións e exposicións.
- Preparación de probas.
5. ACTIVIDADES EN GRUPO INTERACTIVO (45 horas)
- Lectura e visionado de documentos
- Colaboración en plataformas na elaboración de tarefas.
- Resolución de desafíos.
- Deseño de situacións de ensino-aprendizaxe.
- Planificación de tarefas e proxectos.
- Elaboración de aprendizaxes a través de problemas.
- Creación de propostas gamificadas.
- Produción de clases investidas.
- Procura de información complementaria.
- Reflexión en pequenos grupos.
6. ACTIVIDADES INDIVIDUAIS (20 horas)
- Resolución de dúbidas
- Discusión de proxectos e traballos en pequeno grupo
- Actividades de autoavaliación
HORAS TOTAIS: 135 horas.
RECOMENDACIÓNS:
A asistencia ás clases e o traballo nelas favorecerá a adquisición das competencias e a recollida de información.
A inmersión nos recursos proporcionados en formato dixital axudará ao estudante a avanzar nas súas aprendizaxes e consolidalas.
O alumnado que presente calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimento diario normal da materia, sexa esa dificultade permanente ou temporal, deberá xustificar a súa situación a través dun documento expedir polo servizo acreditado pola USC a estes efectos (Servizo de Promoción e Integración Universitaria) e informar do seu caso ao docente dentro das dúas primeiras semanas do semestre correspondente, a fin de que poidan acordar o máis axiña posible o plan de traballo da/do estudante na materia e, si é preciso, as adaptacións curriculares e/ou evaluativas que fosen pertinentes para atender cada situación particular.
OBSERVACIÓNS:
O alumnado con dispensa de asistencia ás clases deberá respectar os prazos de entrega de traballos e demais requisitos establecidos, e será recomendable e necesario que manteña contacto co profesorado da materia a través das titorías e a plataforma virtual, para garantir o excelente desenvolvemento da materia e a superación da mesma.
NOTA IMPORTANTE:
OS RECURSOS NECESARIOS PARA A APRENDIZAXE DOS ESTUDANTES SERÁN PROPORCIONADOS EN FORMATO DIXITAL A TRAVÉS DO CAMPUS VIRTUAL.
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse a través da aula virtual.
ASISTENCIA A CLASE:
De acordo coa normativa vixente, o alumnado ten o dereito/deber de asistir ás clases. Porén, non se avaliará a asistencia salvo os días que o profesorado da materia indique como de asistencia obrigatoria (presentacións de traballos, saídas de campo etc).
RESPONSABILIDADE AMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia fai falta ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación
- Imprimir as dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario:
- Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo de aula como nos traballos académicos encomendados.
OBRIGATORIEDADE DO USO DA CONTA RAI.
OBRIGATORIEDADE DE EMPREGO DE FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
NON SE PODERÁ EMPREGAR O TELÉFONO MÓBIL, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non adecuado do mesmo.
TER EN CONTA QUE O ENSINO - APRENDIZAXE (CLASES / TITORÍAS) É UN PROCESO PRIVADO, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
OBRIGATORIEDADE DO CUMPRIMENTO DA NORMATIVA DE PROTECCIÓN DE DATOS: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
Ana Belen Rodriguez Raposo
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Matemática
- Teléfono
- 881812124
- Correo electrónico
- anabelen.rodriguez.raposo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
Xoves | |||
16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
19.05.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
25.06.2026 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 21 |