Créditos ECTS Créditos ECTS: 10
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 170 Horas de Titorías: 10 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 40 Total: 250
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Pretendemos a través desta materia contribuír á formación de docentes capaces e comprometidos coa asunción e posta en práctica de proxectos compartidos a nivel de centro, acompañados inescusablemente dunha responsabilidade individual para levalos a cabo.
Consideramos a figura do docente como un axente protagonista e dinamizador do necesario reaxuste de toda a maquinaria organizativa, das rutinas, dos
procesos de actuación..., para resituar á institución educativa como elemento
socializador das novas xeracións.
Por conseguinte, esta materia persegue os seguintes obxectivos:
- Coñecer a organización e a estrutura dos Ciclos Formativos.
- Identificar os diferentes niveis de concreción curricular referidos aos módulos da súa especialidade.
- Deseñar unha Programación Didáctica.
- Coñecer como implementar unha programación didáctica na aula, coñecendo estratexias, métodos e recursos, tanto para as actividades de desenvolvemento como para as relacionadas con procesos avaliativos.
- Organización e estrutura actual dos Ciclos Formativos. Actualizacións da LOMLOE e a LOIFP.
-Niveis de concreción curricular. Análise do deseño curricular dos módulos da especialidade.
-Programación didáctica: deseño e elementos conformadores.
- Selección, deseño e desenvolvemento de actividades formativas, estratexias metodolóxicas, inclusión das TIC e recursos didácticos.
-Avaliación (e a súa práctica): obxecto, criterios, métodos e instrumentos.
*BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
BROWN, SALLY & PICKFORD, RUTH (2014). Evaluación de habilidades y competencias en la educación superior. Narcea.
BRUNET, IGNASI & MORAL, DAVID (2017). Origen, contexto, evolución y futuro de la Formación Profesional. Universitat Rovira i Virgili,
Publicaciones URV.
http://llibres.urv.cat/index.php/purv/catalog/book/272
LOZANO LUZÓN, JOSÉ (2022). Cómo realizar una programación didáctica por competencias en la Formación Profesional. Síntesis editorial.
LUKAS, JOSE FRANCISCO & SANTIAGO, KARLOS (2014). Evaluación
Educativa. Alianza Editorial.
LUZÓN, ANTONIO & TORRES, MÓNICA (2015). Las políticas de formación profesional en España y Europa. Octaedro.
MALDONADO, MIGUEL ÁNGEL (2010). Currículo con enfoque de competencias. Ediciones ECOE.
MELLA MÉNDEZ, LOURDES & FERREIRO REGUEIRO, CONSUELO (2023). La formación profesional para la empresa y la sociedad del siglo XXI: puntos críticos. ARANZADI/CIVITAS.
SANTIVÁNEZ, VICENTE (2012). Diseño curricular basado en competencias. Ediciones de la U.
SOLBES i MONZÓ, RAÜL (2014). Programas didácticos para FP: manual de diseño y desarrollo de un programa didáctico basado en habilidades contextualizadas. Nau Llibres
VÁZQUEZ CANO, ESTEBAN; POLO MARTÍNEZ, IGNACIO; GARCÍA
IGLESIAS, ANA MARÍA (2022). Cómo realizar un Programa Didáctico en Formación Profesional. Editorial Sanz y Torres SL
ZABALA, ANTONI & ARNAU, LAIA (2014). Métodos para enseñar habilidades. Grao.
*BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
BARREIRA-CERQUEIRAS, EVA MARÍA & SARCEDA GORGOSO, CARMEN (Coords.) (2022). Retos para la formación inicial del profesorado técnico vocacional y claves del éxito. Dykinson.
CANTÓN MAYO, ISABEL & PINO JUSTE, MARGARITA R. (Coords.)
(2014). Diseño y desarrollo curricular. Alianza Editorial.
CATALÁN BLAY, FERNANDO L. (2011). Unidad 2: El desarrollo curricular de la formación profesional. https://slideplayer.es/slide/2489011/
CEUFP (2019). Manual. Elaboración de programas para módulos profesionales LOE a través de la aplicación informática. Ministerio de Educación, Universidad y Formación Profesional. Consejo de Galicia.
https://bit.ly/44XG9qP
DE LA TORRE, SATURNINO (Dir.) (2008). Estrategias didácticas en el aula. Buscando calidad e innovación. UNED.
DE MIGUEL DÍAZ, MARIO (Coord.) (2006). Metodologías de enseñanza y aprendizaje para el desarrollo de competencias: directrices para el profesorado universitario ante el espacio europeo de educación superior. Alianza
GARCÍA MONTERO, ROBERTO (2015). Metodología didáctica en la formación profesional de Grado Medio (Tesis Doctoral Inédita). Universidad de Deusto. https://repositorio.deusto.es/items/f06ac5b6dfe5-41cd-81bd-b29902fe9028…
GÓMEZ HURTADO, INMACULADA & GARCÍA PRIETO, FRANCISCO J.
(2014). Manual de didáctica: aprender a enseñar. Ediciones Pirámide.
HOLGUERAS, ANA ISABEL & GONZÁLEZ, RAÚL (2017). Formación profesional del profesorado. En Antonio M. Medina Rivilla, Agustín de la Herrán Gascón y Mª Concepción Domínguez Garrido (Coords.). Nuevas perspectivas en la formación docente (pp. 125-169). Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED).
LÓPEZ BARAJAS, JUAN CARLOS; LÓPEZ BARAJAS, ROBERTO CARLOS & LÓPEZ BARAJAS, JOSÉ MANUEL (2021). Evaluar los procesos de aprendizaje. Estrategias de evaluación. Editorial Página Seis.
LÓPEZ BARRANCOS, SERGIO; NAVARRO BARBA, JUAN & ESCARBAJAL FRUTOS, ANDRÉS (2023). La formación profesional como palanca de inclusión. Narcea.
MARTÍNEZ NAVARRO, FRANCISCO (2004). Programaciones didácticas para el aula. Manual para opositores de Secundaria. Cam–Ediciones PDS. https://bit.ly/44Ro51E
MOSCOSO ARIZA, ÁLVARO (2009). Metodología de la enseñanza en la formación profesional. Temas para la Educación - Revista digital para profesionales de la enseñanza.
https://www2.feandalucia.ccoo.es/docu/p5sd6126.pdf
PARRA-GONZÁLEZ, Mª ELENA; FUENTES CABRERA, ARTURO; SEGURAROBLES, ADRIÁN & LÓPEZ-BELMONTE, JESÚS (Coords.) (2020).
Metodologías emergentes para la innovación en la práctica docente. Octaedro.
RAJADELL, NÚRIA (2001). Procesos formativos en el aula: estrategias de enseñanza-aprendizaje. En FÉLIX SEPÚLVEDA & NÚRIA RAJADELL (Coords.). Didáctica general para psicopedagogos (pp. 463-525). UNED.
RAPOSO RIVAS, MANUELA; SARCEDA GORGOSO, CARMEN & SANJUÁN ROCA, MARÍA DEL MAR (2002). Teoría y práctica para la elaboración de programas de aula ¿Cómo confeccionamos una unidad didáctica? Tórculo Artes Gráficas, SA
RIAL SÁNCHEZ, ANTONIO F. (2007). Diseño curricular por competencias: el desafío de la evaluación. Jornada de trabajo: La evaluación del aprendizaje basada en competencias. Universidad de Gerona. https://bit.ly/3I2pwAo
VIA GIMÉNEZ, ANTÒNIA & IZQUIERDO AYMERICH, MERCÈ. (2016). Aprendizaje por competencias (I). Identificación de los perfiles de las competencias adquiridas. Enseñanza de las ciencias, 34(3), 73-90. https://doi.org/10.5565/rev/ensciencias.1693
ZABALA, ANTONI (2007). Práctica educativa. Como enseñar. Grao.
X1 Coñecer os contidos curriculares das materias relativas á especialización docente correspondente.
X3 Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias dos respectivos ensinos, atendendo ao nivel e formación previa dos estudantes, así como á orientación dos mesmos, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
X4 Buscar, obter, procesar e comunicar información “oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia”, transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe nas materias propias da especialización cursadas.
X5 Contextualizar o currículo que se vaia a implantar nun centro docente participando na planificación colectiva do mesmo.
X6 Deseñar e desenvolver metodoloxías didácticas tanto grupais como personalizadas, adaptadas á diversidade dos estudantes.
X7 Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, a formación cidadá e o respecto aos dereitos humanos que faciliten a vida en sociedade, a toma de decisións e a construción dun futuro sostible.
X10 Deseñar e realizar actividades formais e non formais que contribúan a facer do centro un lugar de participación e cultura na contorna no que está situado.
E1. Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
E2. Coñecer os contidos que se cursan nas respectivas ensinanzas.
E3. Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.
E5. Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
E6. Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo. E7. Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
E8. Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
E9. Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino - aprendizaxe.
E10. Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e
estímulo ao esforzo.
E15. En formación profesional, coñecer a evolución do mundo laboral, a integración entre sociedade, traballo e calidade de vida.
E16. En formación profesional, coñecer a necesidade de adquirir a formación adecuada para a adaptación aos cambios e transformacións que poidan requirir as profesións.
P1.- Adquirir experiencia na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización.
P5.- Para a formación profesional, coñecer a tipoloxía empresarial correspondente aos sectores produtivos e comprender os sistemas organizativos máis comúns nas empresas.
Tendo en conta as características da materia, é preciso desenvolver unha metodoloxía que integre teoría e práctica. Para isto combínanse sesións expositivas, de carácter máis teórico, con sesións interactivas máis centradas na aplicación práctica dos coñecementos. Estas sesións desenvólvense a través dunha metodoloxía de traballo colaborativo, o que supón unha forte implicación do alumnado, que debe realizar unha gran parte de traballo autónomo fora do horario de clase para poder participar dunha maneira activa nas diferentes sesións de traballo.
Tanto nas sesións expositivas como interactivas, o alumnado deberá realizar exposicións orais e presentacións con apoio de material audiovisual relacionadas cos coñecementos que vai adquirindo a partir das distintas actividades como lecturas, procura de información, exploración de sitios web, observación e investigación na aula, discusións con outros compañeiros, e calquera outra que contribúa á construción de coñecemento.
O traballo nas aulas será apoiado polo seguimento a través da USC Virtual (Aula Virtual da materia) onde o alumno disporá de ferramentas e materiais de apoio ao seu estudo.
A metodoloxía empregada para aquel alumnado que dispón dunha ‘dispensa de asistencia’ estará baseada na titoría directa (en directo/en diferido) tanto con carácter grupal como individual así como no manexo de dispositivos tecnolóxicos e dixitais que a USC pon a disposición da comunidade universitaria para as funcións de docencia. Así mesmo, este alumnado disporá dun ‘plan individualizado de traballo’ no cal se recollen as tarefas e traballos específicos que deberán realizar para a superación da materia. En todo caso, procurarase que estas tarefas sigan a mesma liña do realizado en aula co alumnado asistente.
AVALIACIÓN PARA ALUMNADO ASISTENTE (asistencia ao 90% das actividades formativas; véxase o apartado de “Observacións”).
A. PARTICIPACIÓN NA AULA
- Peso na cualificación: 20%
- Instrumentos de avaliación: control de asistencia, rexistro de participación, observación do profesor e/ou actividades/probas escritas que o profesor recollerá durante as clases.
- Indicadores/orientacións para a avaliación: a puntuación total deste apartado será acadada por aqueles alumnos que participen de xeito activo en clase, e coa actitude adecuada, nas dinámicas que se propoñan nas sesión de clase.
B. TRABALLOS ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS
- Peso na cualificación: 50%
- Instrumentos de avaliación: exercicios e prácticas; exposicións orais.
- Indicadores/orientacións para a avaliación: explicación polo/a docente ao inicio das sesións da materia.
*NOTA ACLARATORIA: para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas (plaxio nos traballos e uso indebido de tecnoloxías na realización das probas) será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
C. PROBAS ESPECIFICAS
- Peso na cualificación: 30%
- Instrumentos de avaliación: proba final (poderá ser tipo test, preguntas curtas ou unha combinación de ambas).
- Indicadores/orientacións para a avaliación: realizarase un exame final na data estipulada para tal fin, no que se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumno ao longo do curso.
~ SUPERACIÓN DA MATERIA: será preciso superar todos os apartados anteriores para a superación da materia, obtendo unha cualificación mínima global de 5 puntos (cualificación mínima no apartado B: 2 sobre 4, e cualificación mínima no apartado C: 2 sobre 4).
AVALIACIÓN DO ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA
Estará nesta situación aquel alumnado que por algún motivo considerado non poida asistir a clase de forma continuada e lle sexa concedida unha dispensa oficial de asistencia a clase pola Comisión do Título (véxase o apartado de “Observacións”).
A. TRABALLOS ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS.
- Peso na cualificación: 40%
- Instrumentos de avaliación: portafolios; exercicios e prácticas.
- Indicadores/orientacións para a avaliación: o alumno/a deberá entregar os traballos requiridos segundo unha programación e espazo de entregas habilitados.
**NOTA ACLARATORIA: para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas (plaxio nos traballos e uso indebido de tecnoloxías na realización das probas) será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
B. PROBAS ESPECIFICAS
- Peso na cualificación: 60%
- Instrumentos de avaliación: proba final (preguntas tipo test; preguntas de desenvolvemento, curtas e extensas).
- Indicadores/orientacións para a avaliación: realizarase un exame final na data estipulada para tal fin, no que se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumno ao longo do curso.
~SUPERACIÓN DA MATERIA: será preciso aprobar todos os apartados anteriores para a superación da materia, obtendo unha cualificación mínima global de 5 puntos (cualificación mínima no apartado B: 2 sobre 4, e cualificación mínima no apartado C: 3 sobre 6).
**OUTROS ASPECTOS A TER EN CONTA NO SISTEMA DE AVALIACIÓN:
~O ALUMNADO que NON ASISTA ao 90% das SESIÓNS DE AULA (segundo normativa da USC; véxase apartado de ‘Observacións’) decaerá das súas opción en canto ao sistema de avaliación establecido con anterioridade. A este respecto, non se correxirán entregas escritas nin outras producións e terá que ir, directamente, á PROBA ESPECÍFICA, cuxa ponderación é do 30%.
~PROCEDEMENTO PARA A RECUPERACIÓN DA MATERIA: o alumnado que non supera a materia na primeira oportunidade, deberá recuperar a parte ou partes suspensas do sistema de avaliación (a excepción do apartado relativo á ‘participación’ para o alumnado asistente) na convocatoria de segunda oportunidade.
~ALUMNADO REPETIDOR: se lle conservarán as cualificacións obtidas nos apartados do sistema de avaliación sempre e cando estean aprobados e a materia fose impartida polo profesorado que figura no programa do curso académico vixente.
Actividades formativas con seu contido en horas do alumno:
TRABALLO PRESENCIAL DO ALUMNADO:
- Clases expositivas: 30 h.
- Clases interactivas: 35 h.
- Titorías co profesor: 5 h.
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO:
- Estudio autónomo individual: 50 h.
- Lecturas a realizar fora da aula: 32 h.
- Realización de traballos da materia: 30 h
- Preparación de debates, ou exposicións, busca bibliográfica. 25 h. en relación o seu desenvolvemento.
- Traballo diario.
-Asistencia a clase de acordo coa normativa de USC.
-Uso do tempo de titorías do profesorado para a resolución de dúbidas.
PRESENCIALIDADE NAS SESIÓNS DE AULA DA USC: a Universidade de Santiago de Compostela é unha universidade presencial, tal como queda reflectido no sistema de avaliación. É obrigatoria a asistencia a un mínimo do 90% das actividades formativas. Así pois, entenderanse cumpridas as obrigas de asistencia ás actividades formativas recollidas neste Programa sen necesidade de aportar xustificación cando a falta de asistencia non supere o 10% das horas programadas, agás nos casos de actividades de realización obrigatoria (estas serán sinaladas polo profesorado no momento de inicio da materia). Tendo en conta o anterior, o alumnado que non poida asistir a clase de forma continuada deberá contar cunha dispensa de asistencia, segundo as condicións que se recollen no ‘Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela’, que terá que ser aprobada pola Comisión do Título.
O alumnado que se atope nesta situación deberá ter en conta as condicións que se establecen na avaliación en relación coa asistencia ás clases.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: o proceso de ensino - aprendizaxe que se desenvolve nesta materia (titorías / sesións de aula) é un proceso privado entre docente e discentes, isto é, un proceso de comunicación e intercambio académico entre ámbalas dúas partes (docente/s da materia e alumnado matriculado nela).
ATENCIÓN A ALUMNADO CON NEAE: o alumnado da materia que precise algún tipo de adaptación ou apoio debido a características asociadas a NEAE (Necesidade Específica de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, non obstante, só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que foran valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria: www.usc.es/gl/servizos/sepiu), co obxecto de poder coñecer con maior fundamento a súa problemática e garantir a igualdade no trato e o mellor aproveitamento da materia.
USO DE FERRAMENTAS DIXITAIS/TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: como membros da USC é obrigatorio manexar e facer uso das distintas ferramentas tecnolóxicas e dixitais que esta Universidade pon a disposición da comunidade universitaria. A máis importante e fundamental é a conta de usuario @rai.usc.es a cal permite acceder e manexar todas estas ferramentas e recursos: o Campus Virtual (e Aula Virtual da materia, que servirá como medio de comunicación, repositorio de materiais e de entrega de exercicios e traballos) e todas as funcionalidades de Microsoft 365 (correo electrónico, Forms, Teams, Office, etc.). Igualmente, poderán empregarse outras ferramentas, de ser o caso, que tiveran sido autorizadas pola Universidade (p. e., Lifesize, etc.). A este respecto os traballos, actividades e exercicios solicitados no marco desta materia serán entregados preferentemente a través da Aula Virtual da materia.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: non está permitido o uso do teléfono móbil/smartphone salvo cando se empregue como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo profesorado da materia, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROTECCIÓN DE DATOS: nesta materia é obrigatorio o cumprimento da normativa de protección de datos. Pódese consultar máis información na seguinte ligazón: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-protecciondatos
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL: seguindo unha actitude respectuosa co medioambiente, aqueles traballos/exercicios, tanto individuais como grupais, que se soliciten en papel para esta materia, deberán seguir as seguintes pautas: evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios; empregar grampas en lugar de encadernacións (sempre que sexa posible); imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”; non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes; evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: esta materia impártese atendendo á perspectiva de xénero polo cal se recomenda facer un uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá en aula (intervencións, debates, exercicios, actividades...) como nos traballos académicos encomendados.
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | - | Aula 28 |
Xoves | |||
16:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | - | Aula 28 |
Venres | |||
16:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | - | Aula 28 |
25.05.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 27 |
29.07.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 25 |