Créditos ECTS Créditos ECTS: 10
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 170 Horas de Titorías: 10 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 40 Total: 250
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Coñecer a estrutura da Formación Profesional, así como o seu marco xurídico, os organismos e institucións que a xestionan e imparten
2. Coñecer en profundidade a conexión existente entre o mundo laboral e a formación profesional, con compresión e manexo dos conceptos propios de ambos os dous contextos.
3. Comprender as vinculacións do mercado laboral e a formación profesional, manexando o seu marco conceptual e as posibilidades que poida ofrecer aos suxeitos cos que traballa.
4. Recoñecer a influencia de condicionamentos sociais na valoración da actividade laboral e no seu recoñecemento.
5. Manexar e analizar algunhas das fontes lexislativas máis importantes en relación coa Formación Profesional Inicial
6. Valorar a importancia da investigación, reflexión e capacidade de crítica coa propia práctica
7. Desenvolver un coñecemento reflexivo e crítico da práctica apoiado na investigación
A materia se traballará a través dos seguintes temas:
Tema 1: Visión europea da formación
Tema 2: Formación e mercado laboral
Tema 3: Antecedentes da FP
Tema 4: Formación Profesional Inicial
Tema 5: Formación para o Emprego
BÁSICA
1. Alujas, J.A. (2004). “La formación ocupacional: principal medida del eje de formación de las políticas activas de mercado de trabajo en España”. Boletín Económico de ICE, 2825, 15-28.
2. Camas, F. (2007). La formación profesional en los ámbitos educativo y laboral. Análisis tras la LO 2/2006, de Educación, y del RD 395/2007 de Formación Profesional para el Empleo. Pamplona: Aranzadi, SA.
3. Rial, A. (2000). “La formación para el trabajo: nuevos escenarios, nuevos requerimientos de competencias y cualificaciones”, en Monclús, A. (coord.). Formación y empleo: Enseñanza y Competencias. Granada, Comares.
4. Sarceda Gorgoso, C. (2008). Deseño en Formación Ocupacional e Inserción Laboral. Vigo: Servicio de Publicacións da Universidade de Vigo.
COMPLEMENTARIA
1. Círculo de Empresarios (2007). Formación Profesional: una necesidad para la empresa. Madrid: Artes gráficas Danubio.
2. Gallego, D. (1991). “La orientación en la formación ocupacional: delimitación conceptual de la formación ocupacional”. En Actas de las VII Jornadas Nacionales de Orientación Escolar y Profesional: La orientación en el sistema educativo y en el mundo laboral. Madrid: AEOEP.
3. García Moreno, J.R. (1991). “Orientación y formación ocupacional”. En Actas de las VII Jornadas Nacionales de Orientación Escolar y Profesional: La orientación en el sistema educativo y en el mundo laboral. Madrid: AEOEP.
4. González Fernández, A. y Losada, J.A. (2005). Formación profesional e emprego. Santiago: Xunta de Galicia.
5. Green, A.; Leney, T. y Wolf, A. (2001). Convergencias y divergencias en los sistemas europeos de educación y formación profesional. Barcelona: Pomares.
6. INEM (2006). Resumen panorámico de los Sistemas de Formación Profesional en España. Informe realizado por el Servicio Público de Empleo Estatal-INEM. Por encargo del CEDEFOP. Madrid: INEM.
7. Jato, E. (1998). La formación profesional en el contexto europeo. Nuevos desafíos y tendencias, Barcelona: Estel.
8. Jover Torregrosa, D. (1990). La formación ocupacional: para la inserción, la educación permanente y el desarrollo local. Madrid: Popular.
9. Rial, A. y Lorenzo, M. (coord.)(2009). A formación para o traballo en Galicia: da ensinanza obreira á profesional. Santiago: Xunta de Galicia.
10. Sarceda Gorgoso, MC., Santos González, MC. y Sanjuán Roca, MM. (2017). “La Formación Profesional Básica: ¿alternativa al fracaso escolar?”, en Revista de Educación, 378: 78-102.
11. Sarceda Gorgoso, MC., Santos González, MC., Barreira Cerqueiras, EM. y Sanjuán Roca, MM. (2019). “Atención a la diversidad, éxito educativo y empleabilidad: de los programas de garantía social a la formación profesional básica”. En: Éxito educativo. Claves de Construcción y desarrollo. (Santos Rego, MA., Valle Arias, A. y Lorenzo Moledo, MM., ed.), pp 255-272. Valencia: Titant humanidades. ISBN 978-84-17508-80-7
12. Torres, J. M. (1997). “La formación ocupacional”. Herramientas. 49, pp. 10-14.
13. Sanjuán-Roca, M. del M., Villar-Varela, M., & López-Gómez, S. (2025). El aprendizaje-servicio y la formación del profesorado de Formación Profesional. En M. Montenegro-Rueda, S. Domene-Martos, C. Llorente-Cejudo & M. Reina-Parrado (Eds.), Docencia en la era digital: experiencias, retos e innovación (pp. 173–188). Dykinson.
14. Xunta de Galicia. (2008). II Plan Gallego de Formación Profesional. Santiago: Xunta de Galicia.
15. Sanjuán Roca, M. del M., & Villar Varela, M. (2024). Profesorado de Formación Profesional: Acceso a la profesión docente y evaluación del profesorado. En A. Felpeto Guerrero & M. C. Caldeiro Pedreira (Coords.), Desafíos formativos y competenciales para el docente de FP (pp. 51–60). Universidade de Santiago de Compostela.
Competencias xerais
-Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, imprimida, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe nas materias propias da especialización cursadas.
-Coñecer a normativa e organización institucional do sistema educativo e modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros de ensino.
-Coñecer e analizar as características históricas da profesión docente, a súa situación actual, perspectivas e interrelación coa realidade social de cada época.
-Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación.
-Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas a ámbitos educativos novos ou pouco coñecidos.
Competencias específicas
-Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares
-Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
-En formación profesional, coñecer a evolución do mundo laboral, a integración entre sociedade, traballo e calidade de vida
-En formación profesional, coñecer a necesidade de adquirir a formación axeitada para a adaptación aos cambios e transformacións que poidan requirir as profesións.
Competencias transversais
-Coñecer a tipoloxía empresarial correspondente aos sectores produtivos e comprender os sistemas organizativos máis comúns nas empresas.
-Utilizar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
-Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
-Potenciar a capacidade para o traballo en ámbitos cooperativos e pluridisciplinarios.
Tendo en conta as características da materia é preciso desenvolver unha metodoloxía que integre teoría e práctica. Para iso combínanse sesións expositivas, de carácter máis teórico, con sesións interactivas máis centradas na aplicación práctica dos coñecementos. Estas sesións desenvólvense a través dunha metodoloxía de traballo colaborativo, o que supón a implicación do alumnado, que debe realizar unha parte de traballo autónomo fóra do horario de clase para poder participar dun xeito activo nas diferentes sesións de traballo. Tanto nas sesións expositivas como interactivas, o alumnado deberá realizar exposicións orais e presentacións, con apoio de material audiovisual, relacionadas cos coñecementos que vai adquirindo a partir das distintas actividades como lecturas, busca de información, exploración de sitios web, observación e investigación na aula, discusións con outros compañeiros, e calquera outra que contribúa á construción de coñecemento.
Dependendo das características do alumnado e das posibilidades durante o desenvolvemento da materia, incluírase a metodoloxía ApS para o alumnado asistente.
Para a realización deste traballo o alumnado contará cos recursos bibliográficos necesarios que serán proporcionados polo profesor a través da guía docente e dun informe de lecturas e materiais.
Na materia prevese o desenvolvemento de, cando menos, unha práctica de campo compartida con outras do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións ...) na perspectiva dunha actividade interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
As titorías terán un carácter fundamentalmente personalizado ou en pequenos grupos e serán desenvoltas no horario especificamente dedicado a tal fin polas profesoras da materia, a través da plataforma Teams con cita previa ou ben presencialmente no despacho. Estas sesións posibilitarán o desenvolvemento teórico-práctico da materia e a orientación dos traballos que leven a cabo ao longo do curso. O horario de titorías especificarase a comezos de curso, tendo lugar no mesmo a atención persoal e on-line (a través do correo electrónico) das dúbidas e consultas formuladas polos/as estudantes no que respecta a os contidos abordados na materia. En relación coas cuestións que o alumnado formule ás docentes da materia mediante o correo electrónico, debe aclararse que deberá utilizarse o correo electrónico da USC (@ rai.usc.es).
O sistema de avaliación baserase nos seguintes elementos:
A. PROBAS ESPECÍFICAS: 40%
- Exame escrito.
B. INFORMES ESCRITOS e OTRAS PRODUCCIONS: 50%
• Traballo en grupo dunha familia profesional: 20%
• Resolución de traballos prácticos en grupo: 20%
• Actividades individuais relacionadas coa parte teórica dos temas: 10%
C. Participación na resolución e presentación oral de traballos na aula: 10%
Para superar a materia será preciso cumprir os seguintes requisitos:
-CUALIFICACIÓN MÍNIMA: para obter a cualificación de aprobado, o alumnado deberá conseguir unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10, debendo obter a cualificación mínima esixida no apartado probas específicas (2) e en informes escritos e outras producións (2,5), así como na súa presentación e defensa (0,5).
-ASISTENCIA:A asistencia a clase de, alomenos, un 80% será preceptiva para superar a materia. Con anterioridade á realización das probas publicarase un listado do estudantado que satisfaga este requisito para poder examinarse (Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da USC, aprobado o 25 de novembro de 2024). As ausencias xustificadas, conforme ao establecido no artigo 3 do Regulamento, deberán comunicarse e acreditarse nun prazo máximo de cinco días hábiles desde que remate a causa. As ausencias que non superen o 10% do total de horas programadas non requirirán xustificación, agás no caso de actividades obrigatorias. O alumnado con dispensa de asistencia ou exención de docencia terá dereito a un sistema de avaliación adaptado, con garantías de equidade e dereito a obter a máxima cualificación.
O alumnado repetidor poderá seguir o réxime ordinario.
-RECUPERACIÓN DA MATERIA: O alumnado que non supere a materia no período ordinario, pode encontrarse nunha das seguintes circunstancias na convocatoria extraordinaria de xullo:
o Se no período ordinario asistiu como mínimo ao 80% das sesións presenciais e ten cualificación positiva nos outros apartados da avaliación, debe presentarse unicamente ao exame final en xullo. Neste caso, mantéñenselle as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade.
o Se no período ordinario, non obtivo cualificación nalgún dos apartados, participará nunca proba final de xullo específica sobre unha cualificación de 10 puntos. Neste caso, non se terán en conta as cualificacións de traballos que o/a alumno/a puidera ter realizado durante o curso, nin se admitirán outro tipo de traballos.
No caso de optar pola metodoloxía de ApS (só para alumnado asistente) a avaliación adaptarase ao traballo realizado. O alumnado con DISPENSA non poderán optar a esta metodoloxía nin a este sistema de avaliación.
EVALUACIÓN PARA O ALUMNADO CON DISPENSA:
Os/as estudantes con DISPENSA concedida:
- En convocatoria ordinaria: terán unha proba final específica que se avaliará sobre 50% da nota final. Os traballos prácticos (previamente establecidos polas docentes que se irán activando na aula virtual a medida que se vai desenvolvendo a materia)realizaranse de forma individual representando o outro 50% da nota. Terán unha titoría presencial coas profesoras antes de inicialos que presentarán persoalmente contestando preguntas sobre o contido e o proceso seguido para a súa realización.
- En convocatoria extraordinaria: poderán ser avaliados/as como na convocatoria ordinaria ou terán a posibilidade de realizar un exame que supoñerá o 100% da cualificación, sen entrega de traballos.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen
reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos/ás autores/as e das fontes.
Ao tratarse dunha materia de 10 créditos ECTS, correspóndenlle 250 horas de traballo del alumnado, que se distribúen en 80 horas de traballo presencial e 165 de traballo autónomo
-A asistencia continuada ás sesións presenciais, a entrega en tempo e forma dos traballos e actividades que se propoñan.
-É recomendable posuír coñecementos de informática básicos.
-Propoñerse un estudo comprensivo e non memorístico da materia.
-Mostrar, tanto nas intervencións en clase coma nos escritos, unha actitude ética e de respecto cara aos demais.
É necesario ter en conta en calquera dos escenarios formativos que poidan establecerse, que o alumnado teña acceso a un equipo informático de uso individual coa posibilidade de acceso a Internet para o traballo na aula síncrono e asíncrono.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
- Responsabilidade medioambiental. Se o/a docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Usar as dúas caras do papel e, no caso de ser unha impresión, facelo en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero. Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://pro assetsusc.azureedge.net/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1efUER3o85f5lb1ZY/1673868829/public/paragr aphs/more_info_service/2023-01/linguaxe_non_sexista_publicado_WEB_USC.pdf
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías): é un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Del Mar Sanjuan Roca
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813811
- Correo electrónico
- mariadelmar.sanjuan [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Silvia Lopez Gomez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- silvialopez.gomez [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Milena Villar Varela
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- milena.villar [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
18:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
Martes | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
18:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
Mércores | |||
18:00-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
Xoves | |||
17:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
Venres | |||
16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
16.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
22.06.2026 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |