Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 11 Clase Interactiva: 10 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia Tecnoloxías para a análise cualitativa trátase dunha materia de carácter obrigatorio correspondente ao primeiro módulo da titulación (Instrumentos para a análise política), Máster en Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política, que consta dun total de 3 ECTS. Nela preténdese que o alumnado poida:
- Comprender os elementos que definen o enfoque metodolóxico cualitativo.
- Identificar as principais técnicas cualitativas.
- Coñecer os procedementos de muestreo non probabilístico.
- Manexar os procesos de recollida de datos.
- Manexar as novas tecnoloxías aplicadas á análise de datos cualitativos.
Nesta materia preténdese amosar ao alumnado os obxectivos, as características, as vantaxes e as limitacións das técnicas cualitativas de investigación para abordar os fenómenos sociais e políticos actuais. Fenómenos que se suceden en escearios cambiantes e que deben ser abordados cun enfoque sensible ao contexto e orientado a obter un coñecemento deles, caracterizado pola proximidade a axentes e escearios, o detalle e a profundidade descriptivos e o potencial analítico para respostar ás preguntas sobre o por qué e o cómo de tales fenómenos.
Farase fincapé en que o estudantado manexe as novas aplicacións tecnolóxicas que permiten a recollida e análise cualitativa, con especial atención á revisión e actualización de técnicas cualitativas clásicas coma a análise do discurso, a análise de contido aplicado ás redes sociais, a realización e xestión de focus group, a creación de labs, o TGN, …
TEMA 1. Epistemoloxía e metodoloxía en Ciencias Sociais: a investigación cualitativa
TEMA 2. Fases e deseño da investigación cualitativa
TEMA 3. Técnicas cualitativas grupais: focus group, grupos Delphi, Técnica de Grupo Nominal.
TEMA 4. Análise do discurso.
TEMA 5. Análise de contido.
TEMA 6. Outras técnicas cualitativas: entrevista en profundidade, creación de labs, etc…
Como bibliografía básica orientativa da materia, recoméndase a que segue:
-BERGANZA CONDE, M.R. Y RUIZ SAN ROMÁN, J. A. (2010). Investigar en Comunicación Social. Madrid: McGraw Hill.
- BLATTER, J., HAVERLAND, M., & VAN HULST, M. (Eds.). (2016). Qualitative research in political science. Sage Publications.
-BOUDON, R. Y LAZARSFELD, P. (1985). Metodología de las Ciencias Sociales. (Vol. I y II). Barcelona: Laia.
-DELLA PORTA, D. Y KEATING, M. (Eds.) (2013). Enfoques y metodologías de las Ciencias Sociales. Una perspectiva pluralista. Madrid: Akal Universitaria.
- COLLIER, D. y GERRING, J. (2008). Concepts and methods in Social Science: the tradition of Giovanni Sartori. London: Routledge.
-CORBETTA, P. (2003). Metodología y técnicas de la investigación social. México: McGraw Hill.
- CORBIN, J. (2015). Basics of Qualitative Research : Techniques and Procedures for Developing Grounded Theory. Los Angeles: Sage.
- FLICK, U. (2018). An introduction to qualitative research. Sage.
-GARGÍA FERRANDO, M., IBÁÑEZ, J. y ALVIRA, F. (comp.) (2005). El análisis de la realidad social. Métodos y técnicas de investigación (3ª Ed.). Madrid: Alianza Editorial.
-GIBBS, G. (2012). El análisis de datos cualitativos en investigación cualitativa. Madrid: Morata, D.L.
-RAGIN, Ch. (2007). La construcción de la investigación social. Introducción a los métodos y su diversidad. Bogotá: Siglo del Hombre Editores, Universidad de los Andes, Sage Publications.
- RITCHIE, J. y LEWIS, J. (2003). Qualitative research practive: a guide for social science students and researchers. London: Sage.
- SILVERMAN, D. (Ed.). (2020). Qualitative research. Sage Publications Limited.
-VERD, J.M. y LOZARES, C. (2016). Introducción a la investigación cualitativa. Fases, métodos y técnicas. Madrid: Síntesis.
-ZAPATA, R. y SÁNCHEZ-MONTIJANO, E. (2011). Manual de investigación cualitativa en ciencia política. Madrid: Tecnos.
* Nota: Ademais da bibliografía básica mencionada, o profesor/a recomendará e distribuirá material complementario de carácter teórico e empírico que permitirá completar o seguimento do temario.
Con esta materia se persegue que o alumnado desenvolva as seguintes competencias básicas, xerais, específicas e transversais, tal e como figura na Memoria da titulación.
As competencias básicas:
- CB 1: Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
- CB2. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
- CB3. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e motivos últimos que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüedades.
- CB4. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar formándose dun xeito que haberá de ser en gran medida, autodirixido ou autónomo.
- CB5. Que os estudantes posúan e comprendan os coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a menudo nun contexto de investigación.
As competencias generales:
- CG1. Dominar as tecnoloxías e técnicas que lle permitan obter información e analizar situacións, avaliar a súa relevancia e dispor dos recursos para facerlles fronte.
- CG2. Tratar situacións complexas, críticas e impredecibles de forma sistemática e creativa, con xuízo crítico, con información incompleta, asumindo riscos, tomando decisións e comunicándoas a calquera tipo de audiencia.
- CG3. Desempeñar diferentes roles dentro dun equipo.
- CG4. Recoñecer a necesidade do cambio e ter a habilidade necesaria para xestionalo.
- CG6. Aportar valor á organización mediante a súa creatividade e participación.
- CG7. Xestionar e dirixir proxectos, e adquirir as capacidades de síntese e exposición que permitan a elaboración dun informe final.
- CG8. Xestionar a influencia dos cambios técnicos e tecnolóxicos derivados da expansión dos medios de comunicación dixitais.
As competencias transversais:
- CT2. Capacidade analítica e de síntese.
- CT4. Habilidade para o manexo de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).
- CT5. Capacidade de xestión de información, resolución de problemas e toma de decisións.
As competencias específicas:
- CE1. Capacidade de xestionar o marketing político de organizacións e institucións, e de executar campañas de comunicación política.
- CE2. Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos na toma de decisións e na resolución de conflictos de carácter político, e no seguimento destes, tanto no nivel estratéxico como no operativo ou no táctico.
- CE4. Capacidade para utilizar as tecnoloxías máis avanzadas na xestión do márketing, a comunicación e a consultoría política orientada aos gobernos e ás campañas no entorno dixital dende unha perspectiva estratéxica, así como para deseñar proxectos de marketing viral, interactivo, SEM-SEO, etc…
- CE6. Capacidade para utilizar tecnoloxías, métodos e técnicas avanzadas de investigación social e política no ámbito do marketing e a comunicación políticos, en organizacións públicas e privadas.
- CE9. Capacidade de deseñar e xestionar o marketing, a consultoría e a comunicación en situacións de crise a nivel estratéxico, operativo e táctico.
- CE12. Capacidade para elaborar todo tipo de informes propios do ámbito da consultoría política.
- CE13. Capacidade de xestionar as relacións cos clientes do consultor político, tanto do ámbito público como do ámbito privado.
- CE14. Capacidade para elaborar presentacións de alto nivel como parte do asesoramento proporcionado polo consultor político.
- CE15. Capacidade para desenvolver as técnicas de segmentación superreducida (microtargeting) no ámbito do marketing político e a comunicación.
- CE16. Capacidade para manexar os novos entornos dixitais e as súas posibilidades de cara á formación de candidatos, o deseño de campañas e a construción do produto político.
- CE17. Capacidade para desenvolver novos modelos de análise política, baseados na importancia do compoñente emocional a través de diversas técnicas de investigación.
A materia desenvolverase a través da combinación de diferentes metodoloxías docentes.
O seguimento global da materia realizarase a través de clases presenciais nas que combinarase a explicación maxistral do/a docente coa lectura por parte do alumnado de textos indicados por aquel/a; así como a realización de casos prácticos e/ou sesións de debate.
Contémplanse na materia a realización de 10 horas de clases interactivas para garantir a adquisición de experiencia práctica por parte do alumnado con algunhas das técnicas presentadas e comentadas no aula.
Así mesmo, o/a docente poderá solicitar a realización de traballos individuais ou en grupo titorizados de corto alcance segundo se desenvolva a materia. O alumnado disporá de horas de titorías para consultar dúbidas, as cales solicitaranse previamente o/a docente a través de correo electrónico: maria.pereira.lopez [at] usc.es (maria[dot]pereira[dot]lopez[at]usc[dot]es)
Para o seguimento da docencia farase uso do aula virtual cando sexa oportuno.
O coñecemento acadado polo alumno/a nesta materia calificarase da seguinte forma:
- Realización de traballos en grupo (ata un 70%). As características formais e de contido dos traballos explicaranse polo/a docente ao principio de curso. Terase en conta tanto a presentación escrita como a exposición pública, para a súa calificación.
- Realización de traballos individuais e participación nas clases interactivas (ata un 30%). O alumnado deberá asistir e entregar o 80% dos traballos solicitados nestas clases para que a cualificación desta parte da materia se sume á cualificación obtida no traballo en grupo da materia. A data de entrega establecida para estes traballos non será adiada, salvo causa debidamente xustificada e comunicada aos docentes de xeito oportuno (correo electrónico).
A forma de avaliación será a mesma nas dúas convocatorias previstas na materia, sendo esta cualificación tan só válida para o curso vixente.
En función do Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024) a asistencia a clase terá efectos na avaliación, sendo preceptiva para superar a materia ou para presentarse á realización de exames (1.2.c). O alumnado deberá acudir, como mínimo, ao 80% das actividades docentes programadas.
Con anterioridade á realización das probas publicarase unha listaxe do estudantado que satisfaga este requisito para poder examinarse. As persoas repetidoras estarán eximidas deste requisito de asistencia nas clases expositivas, no caso de telo cumprido con anterioridade, mais non da asistencia ás clases interactivas, ás que deberán acudir igualmente (3.6). O peso das avaliacións será o mesmo para este alumnado, e deberán presentarse ao exame final.
No caso do alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia por calquera dos motivos contemplados na normativa da USC o sistema de avaliación será distinto. O único elemento de avaliación deste alumnado será o exame/proba final (100% da cualificación).
Para o resto de aspectos pódese consultar o Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024), especial atención ao artigo 3 no que se recollen os motivos de non asistencia xustificada.
As ausencias deberán ser comunicadas por correo electrónico aos docentes da materia e xustificadas segundo recolle o regulamento mencionado.
TRABALLO PRESENCIAL NO AULA (24 HORAS)
Clases expositivas (11).
Clases laboratorio (10).
Titorías e tarefas relacionadas co obxecto de estudo (3).
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO/A (51 HORAS)
Estudo individual do alumno/a (25).
Preparación de traballos e exposicións en grupo (12,5).
Realización de traballos individuais (12,5).
Outras tarefas (1).
Como recomendacións para o seguimento e óptimo aproveitamento desta materia para o alumnado e de forma xeral:
- Capacidade de análise.
- Capacidade de síntese.
- Capacidade de traballo en equipo.
- Capacidade para a lectura e comprensión de textos en inglés.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Perspectiva de xénero. Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de
avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Non se aceptarán traballos que poidan ter sido realizados con IA.
Maria Pereira Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- maria.pereira.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1.4 |
Xoves | |||
19:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1.4 |
08.01.2026 18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | 1.4 |
08.01.2026 18:30-20:30 | Grupo /CLIL_02 | 1.4 |
08.01.2026 18:30-20:30 | Grupo /CLIL_01 | 1.4 |
08.06.2026 18:30-20:30 | Grupo /CLIL_01 | 1.4 |
08.06.2026 18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | 1.4 |
08.06.2026 18:30-20:30 | Grupo /CLIL_02 | 1.4 |