Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva Seminario: 5 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Iniciarse no coñecemento e comprensión do desenrolo e evolución da ópera occidental en relación contextualizada coa Historia da Música Clásica Occidental.
• Familiarizar ao estudantado cun repertorio operístico básico, atendendo a aspectos como o argumento, as tramas dramáticas, o contexto de creación, estilos e recursos operísticos, etc.
• Aprender a recoñecer e diferenciar auditivamente os estilos operísticos principais en función das distintas épocas e incluso poder reflexionar nun plano teórico sobre estes aspectos.
• Coñecer a terminoloxía operística específica e os elementos característicos de esta manifestación artística.
• Sensibilizar ao estudantado na importancia da arte en xeral e da música clásica e da ópera como parte desta última, en particular.
• Valorar a relación e a importancia da música con outras artes.
• Analizar a música de ópera empregada nos medios audiovisuais e a relación música-imaxe.
• Afondar na importancia da adaptación do consumo de ópera aos novos tempos e aos novos medios (tecnolóxicos) da sociedade actual.
• Potenciar a información xeral a través da estética musical, o gusto persoal e a capacidade crítica.
• Potenciar o uso das TICS como fonte de auto-aprendizaxe e de adquisición de información personalizada e actualizada.
Os contidos xerais da materia son os seguintes:
• Novos recursos para consumir e para aprender sobre ópera. Aplicación das novas tecnoloxías á ópera.
• A ópera e a globalización. Novos medios, novas influencias, novas formas de interpretación dos clásicos.
• A ópera como acontecemento social, hoxe e sempre.
• Periodización da Historia da Ópera Occidental: Barroco, Clasicismo, Romanticismo, vangardas do século XX e ópera actual.
• Definicións xerais relacionadas coa ópera.
• Clasificación das voces. Tipoloxías e técnicas.
• Exemplos de “clásicos” da Historia da Ópera Occidental.
Ao inicio do curso, nas primeiras sesións de clase da materia, detallaranse de forma pormenorizada os contidos específicos a abordar ao longo do cuadrimestre en relación cos contidos xerais propostos.
AA. VV.: Guía Akal de la Música (Stanley Sadie& A. Latham, ed.s). Madrid, Akal, 1994.
AA. VV.: Historia de la Música (12 vols.). Editorial Turner. Madrid.
AA.VV. Atlas de los Instrumentos. Editorial Alianza Atlas.
ALIER, R. (2007): ¿Qué es esto de la ópera?. Ediciones Robinbook.
ALIER, R. (2007): Guía Universal de la Ópera. Ediciones Robinbook.
ANDRÉS, Ramón: El mundo en el oído: El nacimiento de la música en la cultura. Ed. El Acantilado, 2008.
BATTA, A.: Ópera: compositores, obras, intérpretes. Colonia, Konemnan, 1991.
BENNET, R.: Investigando los Estilos Musicales. Barcelona, Akal, 1998.
BERNSTEIN, L. El maestro invita a un Concierto. Editorial Siruela.
CASARES, Emilio (dir.): Diccionario de la Música española e hispanoamericana. Emilio Madrid: SGAE, 19992002, 10 vols.
CASARES, Emilio (dir.): Diccionario de la Zarzuela. España e Hispanoamérica. Madrid: ICCMU, 2006,2 vols.
CITRON, M. (2009): Opera on Screen. New Haven and London: Yale University Press.
COPLAND, A. Como escuchar música. Editorial Fondo de Cultura.
ESSE, M. (2010): “Don’t Look Now: Opera Liveness and the Televisual. Eastmann School of Music”. Opera Quarterly, 26 (1), 81-95.
FUBINI, E.: Estética musical. Madrid, La balsa de la medusa, 2008.
GROUT D. J./PALISCA, C.: Historia de la Música Occidental(2 vols.).Madrid, Alianza, 1997.
HAMELINK, C. J. (1988): The technology gamble. Informatics and Public Policy: a study of technology choice. Norwood, New Jersey: Ablex Publishing Corporation.
HARNONCOURT, Nikolaus: La música como discurso sonoro. Ed. El Acantilado, 2011.
HEYER, P. (2008): “Live from the Met: Digital Broadcast Cinema, Medium Theory, and Opera for the Masses”. Canadian Journal of Communication, 33, 591-604.
HOOGEN, Eckhardt van den: El ABC de la ópera. Madrid: Taurus, 2005.
JEONGWON, J; Rose, T. (2002): Between opera and cinema. New York Routledge.
LACASA, I. y VILLANUEVA, I. (2011): “La digitalización audiovisual de la ópera. Nuevos medios, nuevos usos, nuevo públicos”. Revista TELOS (Cuadernos de Comunicación e Innovaión), Julio-Septiembre de 2011.
LACASA, I. y VILLANUEVA, I. (2012): “El cine exhibe ópera: el público y el futuro mediático de las artes”. Revista Icono 14 [en línea], 20 de Enero de 2012, Año 10, Vol. 1.
LANG, Paul Henry: La experiencia de la ópera. Madrid: Alianza, 2011. [Edición original inglesa 1973]
LIPOVETSKY, G. y SERROY, J. (2009): La pantalla global. Cultura mediática y cine en la era hipermoderna. Barcelona: Anagrama.
MADDALENO, Jordi (2015): “Rising Alterntive. La ópera en cine en todo su explendor”. Ópera Actual, Nº 184, Octubre de 2015.
MENÉNDEZ TORRELLAS, Gabriel: Historia de la ópera. Madrid: Akal, 2013.
MORRIS, C. (2010): “Digital Diva: Opera on video”. Opera Quarterly, 26 (1), 96-119.
ORREY, Leslie: La ópera: una breve historia. Barcelona: Destino, 1994
PARKER, Roger (compilador): Historia ilustrada de la ópera. Barcelona: Paidós, 1998.
PATIER, Beltrando, M-C.: La música occidental desde la Edad Media hasta nuestros días. Madrid, Espasa, 1997.
PUELLES LÓPEZ, J. (2008):El cine, la ópera y la ópera en el cine. Bubok Publishing.
RAYNOR, H.: Una historia social de la Música desde la edad media hasta Beethoven. Madrid, Siglo XXI, 2007.
REVERTER, Arturo: El arte del canto. El misterio de la voz desvelado. Madrid: Alianza, 2008.
RIDING, Alan: Ópera: Guía visual. Madrid: Espasa, 2008.
RINK, John (Ed.): La interpretación musical. Madrid: Alianza Música, 2006.
RODRÍGUEZ SUSO, Carmen: Prontuario de musicología. Música, sonido, sociedad. Barcelona, Clivis publicacións, 2002.
SADIE, Stanley (ed.): The New Grove Dictionary of Opera. London: Macmillan, 1992, 4 vols.
SNOWMAN, Daniel (2012): La ópera. Una historia social. Madrid, Siruela (2012).
TOURIÑÁN, J. M. (Dir.) (2010): Artes y educación. Fundamentos de pedagogía mesoaxiológica. Coruña, Netbiblo.
TRANCHEFORT, R. Guía de la Música de Cámara. Editorial Alianza Música.
TRÍAS, Eugenio: El canto de las sirenas. Argumentos musicales. Galaxia Gutenberg y Círculo de Lectores. Barcelona, 2007.
ULRICH, M.: Atlas de Música (2 vols). Madrid, Alianza Editorial, 1991.
VILLANUEVA BENITO, I; Radigales Babi, J. (2014): La actualización mediática de la ópera: la imagen social del cantante transformada por el cine y los medios audiovisuales. Revista Sphera Pública, 1, (14), 3-22.
• Saber definir os principais conceptos que definen o mundo da ópera.
• Recoñecer auditivamente os principais estilos operísticos en función da periodización da historia da música occidental.
• Saber reflexionar e comentar audicións, interpretacións e textos de contido musical.
• Recoñecer auditivamente e por escrito os compoñentes esenciais da linguaxe musical, as estruturas musicais, estilos, xéneros ou tradicións estudadas, así como saber describilos.
• Dominar (a nivel básico) o uso das TICS como fonte de auto-aprendizaxe e de adquisición de información personalizada e actualizada.
Esta materia formúlase en formato mixto ou híbrido:
1) parte das sesión estarán impartidas pola/s docente/s principais;
2) algunhas sesións estarán impartidas por docentes externos invitados/as en calidade de relatores/as expertos/as en determinados temas relacionados coa materia;
3) e algunhas sesións realizaranse -sempre que sexa posible- fóra da aula como prácticas e interrelacionadas coa oferta cultural.
• Exercitarase o hábito da escoita a través de exemplos en diferentes soportes audiovisuais e coa finalidade de poder recoñecer estilos pertencentes a distintos momentos históricos, estéticas, procedencias e formas musicais.
• Traballarase a sensibilización do sentido auditivo.
• Fomentarase o traballo individual e en equipo, procurando potenciar a creatividade do alumnado.
• Traballaranse terminoloxías básicas do ámbito operístico e as características máis destacadas da linguaxe musical, entre outros aspectos.
• Realizaranse actividades dentro e fóra da aula na medida do posible.
• Todos os contidos serán postos a disposición do alumnado a través do campus virtual, na aula virtual da materia.
No que respecta ao sistema de avaliación da materia, teranse en conta os seguintes aspectos:
-A asistencia e a participación (cun valor do 50% na nota final)
-A realización dunha tarefa a elixir de entre as dúas modalidades propostas (cun valor do 50% na nota final) que se detallan a continuación:
a) Realización dun breve exercicio de 10 preguntas curtas sobre os contidos da materia na data establecida polas docentes ou b) Realización dun breve traballo relacionado cos contidos da materia.
*Observación importante: é requisito imprescindible asistir ao 80% das sesións e realizar e entregar a tarefa (modalidade “a” ou “b”) para aprobar a materia.
Asistencia a clase, asistencia a sesións fóra da aula como prácticas e interrelacionadas coa oferta cultural -(no caso de que se leven a cabo)- e realizar as tarefas propostas indicadas no punto do "sistema de avaliación da aprendizaxe" (breve exercicio de 10 preguntas curtas ou breve traballo relacionado cos contidos da materia).
Asistencia a clase e repaso dos materiais proporcionados polas docentes.
ASISTENCIA A CLASE.
Regulamento de asistencia á clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
ENTREGA DE TRABALLOS.
Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIO-AMBIENTAL.
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO.
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso dunha linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI. É obrigatorio que o estudantado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS.
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL.
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o estudantado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE.
Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS.
No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
María González Blanco
Coordinador/a- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Correo electrónico
- maria.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Lusine Grigoryan Zohrabyan
- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Correo electrónico
- lusine.grigoryan [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:30-18:30 | CLE_01 | Galego | 5512 Sede Ribeira |