Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 30 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Achegamento a temas medioambientais dende una perspectiva dinámica e atractiva que faga que o alumno se sinta como unha parte viva e activa da materia.
Xerar inquedanzas e interese por temas medioambientais e compartilos co resto dos compañeiros e os profesores fomentando a participación activa e o debate na clase.
1. Cambio climático. Unha carreira perigosa…
2. As enerxías renovables como unha solución de futuro.
3. Alimentos transxénicos, a solución? Os alimentos ecolóxicos como unha alternativa.
4. Por etiquetas que non sexa.
5. Temas de interese propostos polo alumnado.
Está previsto dedicar un día a unha práctica de campo (é dicir, a unha saída temática relacionada cos contidos da materia).
Úsase principalmente documentación obtida de internet e artigos de actualidade aparecidos na prensa; polo tanto as ligazóns varían ano a ano.
RESCO DE DIOS, V. "Ecomitos: los bulos ecológicos que agravan la crisis ambiental", Plataforma Editorial (2024).
Comprensión de moitos aspectos medioambientais dende un punto de vista formativo transversal.
Todos os temas preséntanse en formato activo e atractivo para facilitar a exposición e comprensión dos mesmos. Así, utilízase como ferramenta principal o PowerPoint e compleméntase coa emisión de vídeos e coa posta a disposición dos alumnos de material complementario na Aula Virtual. Revísanse acotío as novas na prensa relacionadas co medio ambiente e dedícase unha parte do tempo de clase a debatelas.
Entregaráselle ao estudante todo o material base necesario para o estudo da materia (presentacións, apuntamentos, textos de apoio, bibliografía, vídeos, etc.) a través da Aula Virtual. Empregaranse as ferramentas alí dispoñibles para facilitar o desenvolvemento da materia e para establecer unha comunicación fluída profesor-estudante.
O estudante disporá das horas de titorías correspondentes para solucionar dúbidas, ampliar coñecementos e mellorar os procesos de exposición dos traballos. As titorías poderán ser de tipo presencial ou realizarse a través dos medios da USC-virtual.
Ao rematar o curso cada estudante debe entregar un traballo relacionado coa materia; opcionalmente poderá realizar na aula (en calquera momento do cuadrimestre) a defensa dunha pequena presentación. Este traballo valórase conxuntamente coa asistencia e a participación do alumnado nas clases.
Obterá a cualificación de non presentado o alumnado que non entregou o traballo nin se someteu á avaliación continua por non ter asistido ás clases.
ENTREGA DE TRABALLOS
Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse preferentemente a través da aula virtual, ou ben por correo electrónico dirixido ao profesorado. É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo * [at] rai.usc.es
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas no canto de calquera tipo de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
FRAUDE ACADÉMICA
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”:
Artigo 16. Realización fraudulenta de exercicios ou probas.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
A asistencia a clase (30 h), tempo necesario para preparar o traballo (unhas 10 h, aínda que dependerá do tema elixido por cada persoa) e o tempo das actividades que vaian xurdindo a petición deles (5 h).
Asistencia activa ás clases.
O programa da materia Medio Ambiente é un programa dinámico que ano a ano evoluciona e se actualiza co fin de cubrir as inquedanzas do alumnado e onde se fomenta o debate e a participación deste no campo de medio ambiente. Polo tanto, e aínda que partimos dun programa básico, que trata de tocar todos os temas máis salientables de medio ambiente e que se foi elaborando a partir das peticións dos alumnos, cada ano tócanse temas de actualidade que en moitos casos son propostos polo propio alumnado. Os temas son moi transversais e abranguen dende o cambio climático (aspectos ambientais, sociais, económicos ou políticos) até temas relacionados coa alimentación (máis concretamente cos transxénicos e coa agricultura ecolóxica), pasando polo eido das enerxías renovables e por outras cuestións de actualidade que poidan ir xurdindo.
Lingua na que se imparte a docencia: Galego
Maria Del Pilar Brocos Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Teléfono
- 881813961
- Correo electrónico
- pilar.brocos [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h