Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 16 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Latina
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1) Coñecer o sistema lingüístico latino nos seus aspectos sintácticos, principalmente nunha perspectiva sincrónica (con especial atención á época clásica), pero tamén desde unha perspectiva diacrónica.
2) Saber analizar e interpretar as estruturas sintácticas que aparecen nos textos latinos.
3) Desenvolver a capacidade de teorización lingüística mediante a avaliación crítica de diversas propostas explicativas.
A) TEORÍA
1. Aspectos introdutorios da sintaxe latina.
2. A oración simple. A concordancia.
3. As categorías de xénero e número.
4. O substantivo e a sintaxe dos distintos casos. As preposicións.
5. O adxectivo.
6. Os pronomes.
7. O adverbio. As "partículas".
8. O verbo e as súas categorías específicas.
9. As formas nominais do verbo.
10. A oración complexa. "Consecutio temporum". Atracción modal.
11. A coordinación.
12. A subordinación.
13. Discurso indirecto.
14. Orde de palabras.
B) PRÁCTICA
Exercicios de análise sintáctica de textos latinos diversos nos que se poñan de manifesto os distintos aspectos sintácticos estudados.
1. BIBLIOGRAFÍA BÁSICA: MANUAIS DE SINTAXE LATINA
BALDI, Ph. & CUZZOLIN, P. (eds.), New Perspectives on Historical Latin Syntax. Syntax of the Sentence, 4 vols., Berlin 2009-2011
BAÑOS, J. M. (coord.), Sintaxis del latín clásico, Madrid 2009
BAÑOS, J. M. (coord., ed.), Sintaxis Latina, I-II, Madrid 2021
BASSOLS DE CLIMENT, M., Sintaxis histórica de la lengua latina, 2 vols., Barcelona 1945-1948
BASSOLS DE CLIMENT, M., Sintaxis latina, 2 vols., Madrid 1956
BENNETT, CH.E., Syntax of Early Latin, 2 vols., Boston 1910-1914
BLATT, F., Précis de syntaxe latine, Lyon-Paris 1952
ERNOUT, A.-THOMAS, F., Syntaxe latine, Paris 1953 (2ª ed.)
GUILLÉN, J., Sintaxis estructural de la lengua latina, Salamanca 1961
HAPP, H., Grundfragen einer Dependenz-Grammatik des Lateinischen, Göttingen 1976
HOFMANN, J. B.-SZANTYR, A., Lateinische Syntax und Stilistik, München 1965
KÜHNER, R.-STEGMANN, C., Ausführliche Grammatik der lateinischen Sprache. II: Satzlehre, 2 vols., revis. A. THIERFELDER, Darmstadt 1980 (8ª ed.)
LÖFSTEDT, E., Syntactica. Studien und Beiträge zur historischen Syntax des Lateins, 2 vols., Lund 1962 (4ª ed.)
PANHUIS, D. G. J., Latin Grammar, Ann Arbor 2006
PINKSTER, H., Sintaxis y semántica del latín, Madrid 1995
PINKSTER, H., The Oxford Latin Syntax. I: The Simple Clause, Oxford 2015
PINKSTER, H., The Oxford Latin Syntax. II: The Complex Sentence and Discourse, Oxford, 2021.
RUBIO, L., Introducción a la sintaxis estructural del latín, Barcelona 1989 (3ª ed.)
SCHERER, A., Handbuch der lateinischen Syntax, Heidelberg 1975
SERBAT, G., Les structures du latin, Paris 1994 (4ª ed.)
SIHLER, A. L., New Comparative Grammar of Greek and Latin, Oxford 1995
TOURATIER, CH., Syntaxe latine, Louvain-la-Neuve 1994
TOVAR, A., Gramática histórica latina. Sintaxis, Madrid 1946
TRAINA, A.-BERTOTTI, T., Sintassi normativa della lingua latina, Bologna 1985 (2ª ed.)
WOODCOCK, E. C., A New Latin Syntax, London-Cambridge 1962
2. BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
A bibliografía específica sobre cada tema concreto será facilitada na clase no momento oportuno.
1) Capacidade de definir e delimitar a “sintaxe” como disciplina de análise lingüística.
2) Capacidade de identificar e analizar os aspectos sintácticos propios da lingua latina.
3) Capacidade de traballar cos principais enfoques e metodoloxías da descrición e da análise sintácticas aplicables á lingua latina.
4) Habilidade na utilización dos “instrumenta philologica” pertinentes.
A parte teórica dos contidos será na súa maior parte explicada polo profesor. Para algúns aspectos teóricos concretos encomendarase aos estudantes, de forma individual ou en grupo, a súa preparación e presentación na clase.
As actividades prácticas desenvolveranse de forma interactiva entre profesor e estudantes, buscando sempre a participación de todos de acordo coas instrucións que puntualmente se irán dando.
A actividade non presencial dirixida incluirá a lectura dalgunhas páxinas de bibliografía e a preparación dalgún aspecto teórico e de exercicios prácticos.
Utilizarase o Campus Virtual da USC para aloxar materiais de traballo e para a realización dalgúns exercicios prácticos.
Nas dúas oportunidades de avaliación do curso os aspectos, criterios e métodos que se terán en conta serán os seguintes:
1. A asistencia e a participación activa nas clases presenciais e nas actividades que nelas se desenvolvan suporán o 30% da cualificación final. Valoraranse a asistencia regular ás clases e as intervencións pertinentes nas clases teóricas e prácticas. Os métodos utilizados para a avaliación serán as observacións e notas diarias do profesor, unha autoavaliación periódica do propio alumno e a avaliación por parte dos compañeiros e compañeiras. A asistencia controlarase mediante sinatura. Para que esta parte da avaliación poida ser tida en conta non poderá faltarse ás clases sen xustificación máis do 10% das horas presenciais programadas e terá que acadarse como mínimo unha puntuación de 5 no exame final que deseguido se explica.
2. Un exame final escrito permitirá conseguir o 70% da cualificación total. Ese exame constará de dúas partes de igual valor na cualificación (5 puntos cada parte para un total de 10): unha teórica, na que se desenvolverán os temas ou conceptos propostos, e unha práctica, na que se resolverán exercicios de análise sintáctica de textos. Valorarase a pertinencia, calidade e corrección das respostas.
Os estudantes con dispensa oficial de asistencia a clase serán avaliados en calquera das dúas oportunidades mediante o exame final escrito antes explicado, o cal permitirá acadar o 100% da cualificación.
Este último sistema de avaliación tamén poderá ser acordado ao inicio do semestre cos estudantes que xustifiquen ante o profesor algunha causa que lles impida asistir regularmente ás clases, en particular estudantes que repitan a materia e teñan recoñecida a asistencia a clases da materia en cursos anteriores.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na normativa da USC relativa á avaliación do rendemento académico dos estudantes e á revisión de cualificacións.
A materia consta de 6 créditos ECTS equivalentes a 150 horas de traballo do estudante: 75 horas (50%) serán de traballo obrigatorio dirixido polo profesor e 75 horas (50%) serán de traballo autónomo do estudante.
As 75 horas de traballo dirixido obrigatorio repartiranse en 50 horas (67%) de actividades presenciais e 25 horas (33%) de actividades non presenciais. A distribución de horas entre as distintas actividades dirixidas previstas será a seguinte:
1. Clases expositivas: 29 horas presenciais e 15 horas non presenciais dedicadas á algunha lectura e á preparación dalgún aspecto teórico.
2. Clases de seminario: 15 horas presenciais e 10 horas non presenciais dedicadas á preparación dalgún exercicio práctico.
3. Titorías programadas: 3 horas presenciais.
4. Avaliación: 3 horas presenciais.
É conveniente que o estudante teña cursadas as materias de "Lingua Latina 1 e 2", para posuír xa uns coñecementos básicos de sintaxe latina e unha certa familiaridade cos textos latinos.
Téñase en conta que é necesario utilizar a conta oficial de correo da USC (@rai.usc.gal), as ferramentas tecnolóxicas institucionais da USC (Campus Virtual, Microsoft Office 365, MSTeams etc.), e que é obrigatorio cumprir a normativa de protección de datos (https://www.usc.gal/gl/politica-privacidade-proteccion-datos).
José Carracedo Fraga
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Teléfono
- 881811881
- Correo electrónico
- jose.carracedo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Adrian Boullosa Fraga
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Correo electrónico
- adrian.boullosa.fraga [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C04 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D10 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | C01 |
15.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C09 |
15.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C09 |
10.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C04 |
10.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C04 |