Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Lingüística Indoeuropea
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Seminario Indoeuropeo: Relixión e mitoloxía indoeuropeas.
1. Coñecemento básico das liñas xerais de reconstrución da relixión e da mitoloxía indoeuropeas.
2. Coñecemento básico das manifestacións históricas (textuais, iconográficas, arqueolóxicas) das tradicións relixiosas indoeuropeas antigas.
3. Capacidade para analizar e comentar textos relixiosos e mitolóxicos procedentes das tradicións indoeuropeas.
1. Introdución
-- Historia da cuestión. Métodos de reconstrución: lingüística histórico-comparativa indoeuropea, paleontoloxía lingüística e reconstrución a través do vocabulario e das fórmulas da lingua poética. Conceptos básicos de historia e filosofía da relixión e do estudo da mitoloxía.
2. Reconstrución do sistema do politeísmo indoeuropeo.
-- Onomástica dos deuses e dos heroes. O concepto indoeuropeo de divindade.
-- Divindades indoeuropeas. Aspectos formais, fundamentos filolóxicos e mitos asociados.
3. Heroes indoeuropeos.
-- Heroes culturais.
-- O pai da Humanidade.
4. Culto e outras concepcións relixiosas.
-- Adoración e sacrificio. Oración. Hospitalidade. Oráculos. Xuramento. Tabú.
-- Cosmografía. Concepcións do Alén.
1. Bibliografía básica:
-- OETTINGER, N. & P. JACKSON ROVA 2025. Indogermanische Religion. Rekonstruktion der Götterwelt, Mythologie und Kultsprache, Heidelberg.
-- PUHVEL, J. 1987. Comparative Mythology, Baltimore.
-- SCHMITT, R. 1967. Dichtung und Dichtersprache in indogermanischer Zeit, Wiesbaden.
-- WATKINS, C. 1995. How to Kill a Dragon: Aspects of Indo-European Poetics, New York / Oxford.
-- WEST, M. L. 2007. Indo-European Poetry and Myth, Oxford.
2. Bibliografía complementaria:
-- CALIN, D. 2017. Dictionary of Indo-European Poetic and Religious Themes, Paris.
-- HAUDRY, J. 1987. La religion cosmique des Indo-Européens, Milan-Paris.
-- LINCOLN, B. 1986. Myth, Cosmos, and Society: Indo-European Themes of Creation and Destruction, Cambridge, Mass.
-- MALLORY, J.P. & D.Q. ADAMS (eds.) 1997. Encyclopedia of Indo-European Culture (EIEC), London-Chicago.
-- MALLORY, J.P. & D.Q. ADAMS 2006. The Oxford Introduction to Proto-Indo-European and the Proto-Indo-European World, Oxford.
-- MATASOVIC, R. 2018. A Reader in Comparative Indo-European Religion, Zagreb.
-- MEID, W. 1978. Dichter und Dichtkunst in indogermanischer Zeit, Innsbruck.
3. Recursos online:
Proto-Indo-European Mythology (Wikipedia): https://en.wikipedia.org/wiki/Proto-Indo-European_mythology
TITUS: Thesaurus Indogermanischer Text- und Sprachmaterialien, Frankfurt etc.: http://titus.uni-frankfurt.de
-- Capacidade para recoñecer e discernir os principais rasgos de la relixión e da mitoloxía indoeuropeas, tal e coma se transmitiron nas testemuñas histórices y tamén na reconstrución prehistórica realizada a través da aplicación do método histórico-comparativo.
-- Aplicación dos coñecementos da relixión e da mitoloxía indoeuropeas ao estudo filolóxico e cultural das linguas indoeuropeas antigas, en especial o grego e o latín.
-- Coñecemento dos recursos dispoñibles para a profundización no estudo da relixión e da mitoloxía indoeuropeas.
O cuadrimestre concébese como presencial. Das tres horas semanais de aulas adicarase unha á parte teórica e dúas á parte práctica. Esta parte práctica --concebida como o verdadeiro miolo do curso-- consistirá principalmente na lectura e comentario lingüístico de textos ou fórmulas relixiosas ou mitolóxicas tirados das diversas tradicións indoeuropeas. Os textos facilitaranse aos estudantes a través da Aula Virtual.
Válido para ambas as dúas oportunidades: realizarase un exame final (75% de ponderación da nota global) que consistirá na análise comparativa de textos da tradición relixiosa indoeuropea, baseados nos temas explicados na aula ou na bibliografía recomendada. Valorarase tamén na nota final (25%) a participación activa dos estudantes nas aulas prácticas. Os estudantes con dispensa oficial de asistencia ás aulas serán avaliados exclusivamente consonte ao exame final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o reflectido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Materia de 6 créditos ECTS (6x25 = 150 h de carga de traballo para o estudante).
Estes créditos divídense en 3 teóricos e 3 prácticos.
Traballo dirixido polo profesor: 75 h (50%) [: 42 h (56%) de actividade presencial (tres horas por semana durante o primeiro cuadrimestre) e 33 h (44%) de actividade non presencial dirixida].
Traballo autónomo do estudante: 75 h (50%).
Recoméndase a asistencia regular e continuada ás aulas. Para a adquisición de práctica no comentario dos textos relixiosos considérase imprescindible axustarse a un hábito de traballo regular. A adquisición de destreza no uso dos diversos materiais combinarase coa paulatina introdución ao comentario de textos relixiosos ou mitolóxicos.
Jose Virgilio Garcia Trabazo
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Lingüística Indoeuropea
- Teléfono
- 881811888
- Correo electrónico
- josevirgilio.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| Luns | ||
|---|---|---|
| 12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | B06 |
| Martes | ||
| 12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | B06 |
| Mércores | ||
| 12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | D12 |
| 20.05.2027 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D14 |
| 20.05.2027 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D14 |
| 23.06.2027 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D14 |
| 23.06.2027 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D14 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA TRABAZO, JOSE VIRGILIO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA TRABAZO, JOSE VIRGILIO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA TRABAZO, JOSE VIRGILIO | Castelán |