Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 16 Total: 50
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Moderna
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Introducir ao alumnado no coñecemento dos principais procesos demográficos, económicos, sociais, políticos e culturais de Europa desde mediados do século XVII ata o final do século XVIII e conseguir que adquira conciencia das coordenadas espazo-temporais.
Segunda metade do século XVII e século XVIII na súa integridade.
A.- As bases socioeconómicas
1. A poboación: do réxime demográfico antigo aos inicios da "revolución demográfica".
2. O sector agrario: continuidade e renovación.
3. A expansión do comercio. A industria e as orixes da "revolución industrial".
4. A sociedade: permanencias e transformacións.
B.- Pensamento e cultura
5. Cultura e relixiosidade no século do Barroco.
6. As novas correntes do pensamento.
7. A Ilustración e os seus condutos difusores.
C.- Goberno e política. As relacións internacionais
8. A situación política na Europa da segunda metade do século XVII.
9. A situación política no século XVIII.
10. O Despotismo Ilustrado.
A) BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
EIRAS ROEL, A., Historia Universal, vol. 12. Siglo XVII, Barcelona, 1994.
ENCISO RECIO, L.M., Historia Universal, vol. 13. Siglo XVIII, Barcelona, 1994.
FLORISTÁN IMÍZCOZ, A. (coord.), Historia Moderna Universal, Barcelona, 2005.
HINRICHS, Introducción a la Historia de la Edad Moderna, Barcelona, 2001.
MOLAS RIBALTA, P. et al., Manual de Historia Moderna, Barcelona, 1993.
TENENTI, A., La Edad Moderna: siglos XVI-XVIII, Barcelona, 2000.
B) BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
BARDET, J.-P., y DUPÂQUIER, J. (dirs.), Historia de las poblaciones de Europa, Madrid, 2001.
BLACK, G., La Europa del siglo XVIII, 1700-1789, Madrid, 1997.
CHARTIER, R., El orden de los libros. Lectores, autores, bibliotecas en Europa entre los siglos XIV y XVIII, Barcelona, 1992.
CIPOLLA, C.M., Historia económica de la Europa preindustrial, Madrid, 1976.
VRIES, J. de, La economía de Europa en un período de crisis, 1600-1750, Madrid, 1979.
DUPLESSIS, R.S., Transiciones al capitalismo en Europa durante la Edad Moderna, Zaragoza, 2001.
FLANDRIN, J.-L., Los orígenes de la familia moderna, Barcelona, 1979.
FLINN, M.W., El sistema demográfico europeo, 1500-1820, Barcelona, 1989.
HALL, A.R., La revolución científica, 1500-1750, Barcelona, 1985.
KRIEDTE, P., Feudalismo tardío y capital mercantil. Líneas maestras de la historia económica europea desde el siglo XVI hasta finales del XVIII, Barcelona, 1992.
LIVI-BACCI, M., Ensayo sobre la historia demográfica europea. Población y alimentación en Europa, Barcelona, 1988.
MARAVALL, J.A., La cultura del Barroco: análisis de una estructura histórica, Barcelona, 2008.
MUNCK, Th., La Europa del siglo XVII, 1598-1700, Madrid, 1994.
NAVA RODRÍGUEZ, M.T., La educación en la Europa moderna, Madrid, 1992.
REINHARD, W. (ed.), Las élites de poder y la construcción del Estado, Madrid, 1996.
RENOUVIN, P. (dir.), Historia de las relaciones internacionales, Madrid, 1967.
RIVERO RODRÍGUEZ, M., Diplomacia y relaciones exteriores en la Edad Moderna. De la Cristiandad al sistema europeo, 1453-1794, Madrid, 2000.
ROLL, E., Historia de las doctrinas económicas, México, 1982.
ROSSI, P., El nacimiento de la ciencia moderna en Europa, Barcelona, 1997.
SCHULTZ, H., Historia económica de Europa, 1500-1800. Artesanos, mercaderes y banqueros, Madrid, 2001.
SIMPLICIO, O. de, Las revueltas campesinas en Europa, Barcelona, 1989.
SLICHER VAN BATH, B.H., Historia agraria de Europa occidental, 500-1850, Barcelona, 1974.
VALLESPIN, F. (ed.), Historia de la teoría política, Madrid, 1990.
VOVELLE, M., Ideologías y mentalidades, Barcelona, 1985.
Coñecer e analizar as principais claves explicativas da Historia Moderna Universal desde mediados do século XVII ata o final do século XVIII.
Comprender e interpretar mapas, gráficos, textos e fontes históricas.
Traballar de forma autónoma, con responsabilidade e iniciativa, desenvolvendo capacidades de xestión da información, organización e planificación.
- As clases expositivas empregaranse para a explicación do temario da materia por parte do profesor co apoio daqueles recursos didácticos que posibiliten unha mellor comprensión.
- Pola súa parte as clases interactivas dedicaranse á presentación e comentario de materiais históricos en forma de textos, mapas, gráficos ou cadros estatísticos, confíase que o alumno tome parte activa no desenvolvemento de ditas clases mediante a súa partipación con preguntas ou reflexións.
- Asimesmo o alumno deberá realizar e entregar os traballos prácticos que lle serán propostos oportunamente.
- As titorías personalizadas orientaranse a aclarar cuestións concretas en relación coas tarefas do curso, así como a tratar de resolver calquera dificultade relacionada coa materia.
- Faránse prácticas de campo sempre que se acaden recursos económicos para elo.
- Farase uso do Campus Virtual para soporte da docencia da materia.
A cualificación da materia resultará da suma dos seguintes apartados coas condicións que se indican:
1) exame escrito a realizar logo de terminadas as clases,
2) traballos prácticos realizados e entregados ao longo do curso
- De acordo coa normativa vixente, ao primeiro dos apartados citados outórgaselle un valor do 70% dentro da cualificación global, en tanto que ao segundo correspóndelle o 30% restante.
- En calquera caso, para alcanzar o aprobado da materia, será requisito imprescindible ter polo menos un 5 en ambos sumandos.
- Para o exame de xullo, gardaranse os aprobados logrados na primeira oportunidade, e no caso de que non se aprobe a parte práctica, haberán de presentarse tódolos traballos suspensos ou aqueles que se indiquen, ben entendido que todo traballo non presentado será cualificado cun cero no cálculo da cualificación.
- Baixo ningún concepto gardaranse aprobados parciais para cursos sucesivos.
- De acordo con "Regulamento de asistencia á aula nas ensinanzas oficias de Grao e Mestrado da Universidade de Santiago de Compostela", artigo 1.2a), a asistencia a clase terase en conta para a evaluación continua da materia. Farase un control de asistencia mediante sinatura mentras non se conte cun medio electrónico. As faltas de asistencia contempladas e a súa xustificación están recollidas no artigo 3 do devandito "Regulamento".
- Os alumnos que obtiveran dispensa de asistencia a clase, deberá realizar o exame escrito e os traballos prácticos coas mesmas características xa sinaladas.
- Considerarase como "non presentado" na cualificación final a toda aquela persoa matriculada que non se presente ao exame e non teña entregado os traballos prácticos.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas (plaxio e uso indebido dos medios tecnolóxicos) será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
En caso de fraude académica tal como se define no artigo 42 da Lei de Convivencia da USC de marzo de 2023 aplicaranse as sancións previstas no artigo 11 de producirse plaxio en traballos académicos ou exames ou ben emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
Cada hora de docencia expositiva debería ir acompañada por un traballo complementario do alumno de aproximadamente dúas horas, e por cada hora de docencia interactiva o alumno debería aplicar unha media de catro horas de traballo persoal. En virtude diso e da carga docente da materia, estímase que o tempo de traballo persoal do alumno debería establecerse ao redor das 150 horas.
-Unha asídua asistencia a clase sexa de xeito presencial ou telemático considérase como unha condición fundamental e insubstituíble.
-A lectura da bilbiografía recomendada serviría para ampliar ou complementar as explicacións recibidas nas clases.
-Considérase así mesmo conveniente a realización de comentarios de textos e outros documentos históricos (mapas, cadros estatísticos, gráficos).
-A consulta de atlas históricos e de dicionarios específicos debería ser algo habitual.
-Tratar sempre de aclarar as dúbidas que poidan xurdir, xa sexa nas clases ou nas tutorías.
Estímase necesario cursar previamente a materia de Alta Idade Moderna.
Roberto Javier Lopez Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 881812612
- Correo electrónico
- robertojavier.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mario Sixto Puente
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Correo electrónico
- mario.sixto.puente [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio