Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 16 Total: 50
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Medieval
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer e comprender as categorías conceptuais fundamentais para a interpretación da Historia Medieval.
Asimilar a terminoloxía correcta que caracteriza as institucións, compoñentes estruturais e político-militares, os fenómenos sociais, económicos, relixiosos e os procesos culturais medievais.
Comprender as transformacións que se produciron nas mentalidades medievais e na cultura política.
Fomentar o desenvolvemento dun xuízo crítico e persoal.
Coñecer as diferentes perspectivas e debates historiográficos.
Valorar o proceso histórico medieval tendo en conta a contribución que realizaron os varóns e as mulleres.
Manexar fontes históricas e historiográficas, para extraer a información que conteñen, analizala e emitir avaliacións obxectivas.
1. A construcción do tablero. Feudalidade, monarquía, imperio
2. O despertar das cidades
3. Renacementos culturais, correntes de pensamento e obxectos compartidos
4. Forxar unha identidade. Do poder ao contexto social
5. Veciños conflictivos. A pugna polo territorio, os recursos e o poder
6. Rutas e intercambios. Cara a primeira globalización
7. A reconfiguración ol mapa político e novas dinámicas de poder
8. Cuestión de fe. Cismas, herexes, infieis.
- Bibliografía básica
ABULAFIA, David, Un mar sin límites. Una historia humana de los océanos, Barcelona, Crítica, 2021.
ÁLVAREZ PALENZUELA, Vicente (Dir.), Historia Universal de la Edad Media, Barcelona, Ariel, 2013.
BARTLETT, Robert, La formación de Europa, conquista, colonización y cambio cultural, 950-1350, València, Universitat de València, D.L. 2003.
CLARAMUNT, Salvador, GONZÁLEZ, Manuel, MITRE, Emilio, e PORTELA, Ermelindo, Historia de la Edad Media, Barcelona, Ariel, 2004.
FALK, Seb, La luz de la Edad Media, Madrid, Ático de los Libros, 2024.
FOSSIER, Robert, La Edad Media, 3 vols., Barcelona, Crítica, 1988.
FRANCOPAN, Peter, Las nuevas rutas de la seda, Barcelona, Crítica, 2019.
GARCÍA DE CORTÁZAR, José Ángel, Historia religiosa del Occidente medieval: años 313-1464, Madrid, Akal, 2012.
---------, e SESMA, José Ángel, Manual de Historia Medieval, Madrid, Alianza Editorial, 2002.
JORNET I BENITO, Núria, et al., Las relaciones en la Historia de la Europa Medieval, Barcelona, Tirant lo Blanc,2006.
PERROT, Michelle (dir.), Historia de las mujeres en Occidente. Vol. 2: La Edad Media, Madrid, Taurus, 1991.
ROACH, Levi, Normandos: Los Vikingos que crearon Europa, Barcelona, Crítica, 2023.
RAMIREZ, Janina, Femina: Una nueva historia de la Edad Media a través de las mujeres, Madrid, Ático, 2023.
RUNCIMAN, Steven, Historia de las Cruzadas, Madrid, Alianza, 2025.
SEBASTIAN, Conrad, Historia global. Una nueva visión para la Historia actual, Barceona, Crítica, 2017.
WATTS, John, La formación de los sistemas políticos europeos, Valencia, Universitat de València, 2016.
WICKHAM, Chris, Europa en la Edad Media, Madrid, Planeta, 2017.
- Bibliografía complementaria
ARIES, Philippe, e DUBY, Georges, Historia de la vida privada, Madrid, Taurus, 1988.
BAER, Marc David, Otomanos. Kanes, césares y califas, Madrid, Despertaferro, 2025.
BARRACLOUGH, Geoffrey, El papado en la Edad Media, Universidad de Granada, 2012.
BISSON, Thomas N., La crisis del siglo XII: el poder, la nobleza y los orígenes de la gobernación europea, Barcelona, 2010.
BLACK, Antony, El pensamiento político en Europa (1250-1450), Cambridge University Press, 1996.
BOIS, Guy, La gran depresión medieval; siglos XIV-XV: el precedente de una crisis sistemática, Valencia, 2006.
-------, La Revolución del año Mil, Barcelona, Crítica, 2015.
BLOCH, Marc, Los reyes taumaturgos, Madrid, Fondo de cultura económica, 2006.
DANIÉLOU, Jean, y MARROU, Henri I., Nueva Historia de la Iglesia (2 vols.), Madrid, Ediciones Cristiandad, 1982.
FAVEREAU, Marie, La Horda. Cómo los mongoles cambiaron el mundo, Madrid, Ático de los Libros, 2024
HEERS, Jacques, La invención de la Edad Media, Barcelona, 1995.
HUIZINGA, Johannes, El otoño de la Edad Media, Madrid, Alianza, 1981 (3ª).
KANTOROWICZ, Ernst, Los dos cuerpos del rey. Un estudio de teología política medieval, Madrid, Akal, 2012.
KEEN, Mattheu, Historia de la Guerra en la Edad Media, Madrid, Antonio Machado, 2006.
LE GOFF, Jacques, Los intelectuales en la Edad Media, Barcelona, 1986.
MONSALVO ANTÓN, José Mª, Los conflictos sociales en la Edad Media, Madrid, Síntesis, 2016.
PAYNE, Robert, La espada del Islam. Una historia del mundo musulmán de Mahoma al Imperio otomano, Madrid, Ático de los Libros, 2019.
RODRÍGUEZ, Ana, La estirpe de Leonor de Aquitania. Mujeres y Poder en los siglos XII y XIII, Barcelona, Crítica, 2014.
WOODACRE, Elena, Queens and Queenship, Leeds, Arc Humanities Press, 2021.
CB1- Poseer e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento eu/ou aplicación de ideas, especialmente nun contexto de investigación.
CB2 - Aplicar os coñecementos acadados e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos
dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB3 - Integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que, sendo incompleta
ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e
xuízos.
CB4 - Comunicar conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non
especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
CB5 - Poseer habilidades de aprendizaxe que permitan ao alumnado continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran
medida autodirixido ou autónomo.
CE1 - Coñecer, analizar e transmitir a historia xeral e a historia propia do territorio.
CE2 - Coñecer, analizar e interpretar detalladamente un ou máis períodos específicos do pasado da humanidade.
CE3 - Coñecer e interpretar a historia como disciplina en construcción.
CE4 - Coñecer e comprender os problemas obxecto do debate historiográfico, así como os cambios que estes experimentan co
tempo en función dos diversos contextos políticos, sociais e culturais.
CE5 - Tomar conciencia crítica da relación entre as dimensións social, económica e institucional do pasado.
CE7 - Comprender, interpretar e elaborar textos historiográficos ou documentos orixinais na lingua propia.
CG1 - Coñecer e analizar a estructura diacrónica da historia atendendo á contribución desenvolvida por persoas de diferentes
xéneros.
CG2 - Adquirir un coñecemento racional e crítico do pasado da humanidade para poder comprender o presente.
CG3 - Usar, ordenar e interpretar as fontes históricas.
CG4 - Coñecer e manexar os conceptos, categorías e temas máis relevantes das diferentes ramas da investigación histórica.
Aulas expositivas: Exposición teórica dos contidos nos que se estrutura o temario da materia, co apoio de medios audiovisuais.
Aulas interactivas: Ao longo do curso que inclúe a materia, realizarase un conxunto de 9 prácticas, que abordarán diferentes aspectos tratados nas aulas expositivas, pero desde unha perspectiva máis específica. Introduciranse tamén aspectos propios do debate historiográfico actual, para coñecer as diferentes escolas e enfoques cos que se escribe a Historia Medieval.
Preténdese estimular o debate na aula e fomentar o uso das ferramentas propias do historiador. É dicir, ofrecer instrumentos que sexan útiles máis alá da Historia Medieval e que poidan ser aplicados en futuros traballos de investigación, desde os diferentes campos do estudo historiográfico. Preténdese, en definitiva, inculcar o espírito crítico no tratamento da información historiográfica.
Parte expositiva
Realización dun exame de tipo teórico baseado no programa da materia desenvolvido nas aulas expositivas, que constará de dúas partes:
a. Varias preguntas breves sobre aspectos concretos do temario.
b. Elección e resposta dun tema a desenvolver entre dúas opcións (comentario de texto, tema de tipo diacrónico…).
Parte interactiva
- Participación no desenvolvemento das prácticas e entrega dos traballos asociados a cada unha delas.
- Uso do libro de lectura obligatoria tanto nas clases interactivas como, a ser posible, nalgún dos traballos asociados ás mesmas. O libro de lectura obrigatoria será: Le Goff, Jacques, Lo maravilloso y lo cotidiano en el Occidente Medieval, Gedisa, 1986.
- Participación significativa na aula (serán valoradas a asistencia, o interese e o nivel de recepción dos contidos obxecto de explicación).
A nota final obterase da suma das notas obtidas na parte expositiva (60% da cualificación final), na realización de cuestionarios de seguimento dos temas expositivos (10% da cualificación final) e na interactiva (30% realización dun ensaio).
Para poder facer media coa cualificación do exame, o alumno debe ter entregados todos os traballos requiridos, sen excepción, e obter unha cualificación media na proba escrita de 4 sobre 10.
Para convocatorias posteriores terase en conta o seguinte: os alumnos que tiveran entregados todos os traballos prácticos e obtiveran unha cualificación media global de 4 sobre 10, non teñen a obriga de volver a presentar os anteditos traballos, tendo que superar, unicamente, o exame da convocatoria correspondente.
Aqueles alumnos que, polo contrario, non tiveran entregado os traballos prácticos ou non acadaran a nota mínima ao longo do curso ordinario, teñen que entregar, no momento do exame da segunda convocatoria (ou sucesivas), un mínimo da metade das prácticas desenvolvidas durante o curso. No caso de que non as entreguen, non será avaliado o seu exame.
Para aquelas persoas ás que se lle concedese a dispensa de asistencia ás aulas, establecerase un sistema de cualificación mediante exame e, no seu caso, a entrega dos exercicios prácticos que se consideren necesarios. Estes deberán ser entregados, como moi tarde, o día no que se presenten ao examen da materia.
Cada hora de docencia expositiva debería ir acompañada por un traballo complementario do alumno (en forma de lecturas e fixación do exposto en clase) dunhas dúas horas.
Paralelamente estímase que para resolver cada unha das horas de docencia interactiva, o alumno debería empregar, como mínimo, unhas catro horas de traballo persoal.
Tendo en conta a carga docente da materia e as previsións antes indicadas, considérase que o tempo de traballo persoal de cada alumno debería ser dunhas 150 horas.
- Aínda que non se esixe ningunha formación previa específica, para o ingreso no grado en Historia en xeral e a matrícula nesta materia en particular, é recomendable que a formación do alumno sexa de perfil humanístico (R.D. 1467/2007, BOE do 6 de novembro, polo que se establece a estrutura do bacharelato y quedan fixadas as ensinanzas mínimas).
- Recoméndase ter a capacidade de ler nalgunha lingua estranxeira de uso común na produción científica no ámbito dos estudos medievais
Carla Trincado Rodriguez
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Medieval
- Correo electrónico
- carla.trincado.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Diana Pelaz Flores
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Medieval
- Teléfono
- 881812622
- Correo electrónico
- diana.pelaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade