Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 16 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer os aspectos e conceptos fundamentais que se integran baixo a consideración pasada e presente do patrimonio cultural
Comprender a evolución histórica na apreciación e conservación dos bens que integran o patrimonio cultural, en especial do patrimonio artístico.
Desenvolver unha visión crítica sobre as teorías de restauración, criterios de intervención e valores actuáis do patrimonio cultural
Reflexionar sobre as implicacións da conservación do patrimonio cultural para a formación e actividade profesional dos historiadores da arte
Os contidos que constan no descriptor da memoria do título de grao desenvolveranse nos seguintes temas:
Tema 1. Introducción ó concepto de Patrimonio. Definición e tipoloxías. Tipos de intervencións sobre o patrimonio.
Tema 2. Dinámicas de patrimonialización. Condicións e valores do patrimonio cultural. Patrimonio e sociedade.
Tema 3. Marcos actuais e axentes para a tutela e promoción dos bens culturais. Os historiadores da arte e o patrimonio: da investigación á conservación e interpretación.
Tema 4. Antecedentes históricos na conservación do patrimonio. Teorías e criterios de restauración. Século XVIII: restauracións neoclásicas. Século XIX e as primeiras teorías: Viollet, Ruskin e Boito. Século XX. A reflexión de Riegl. O restauro crítico e a teoría de restauración de Cesare Brandi.
Bibliografía básica (os libros marcados con * se considerarán, en caso de necesidade, como manuais da asignatura):
BALLART, J., El patrimonio histórico y arqueológico: valor y uso. Ariel, Barcelona, 1997.
**LECTURA OBRIGATORIA. CHOAY, F., Alegoría del patrimonio, Barcelona, GG, 2007 [1992].
FOURCADE, M.B., Patrimoine et patrimonialisation entre le matériel et l'immatériel, Presses de l'Université Laval, Québec, 2007.
GARCÍA CUETOS, M. P., El patrimonio cultural. Conceptos básicos, Universidad de Zaragoza, 2011.
GARCÍA MORALES, M.V., SOTO CABA, V., MARTÍNEZ PINO, J., El estudio del patrimonio cultural, UNED-Ramón Areces, 2017.
*GONZÁLEZ-VARAS, I., Conservación de bienes culturales. Teoría, historia, principios y normas, Cátedra, Madrid, 1999.
*GONZÁLEZ-VARAS, I., Patrimonio cultural. Conceptos, debates y problemas, Cátedra, Madrid, 2015.
HERNÁNDEZ HERNÁNDEZ, F., El patrimonio cultural: la memoria recuperada, Trea, Gijón, 2002.
LOWENTHAL, D., El pasado es un país extraño. Akal, Madrid, 1998 [1985].
MOHEN, J.P., Les Sciences du Patrimoine. Identifier, conserver, restaurer, Odile Jacob, Paris, 1999.
TUGORES TRUYOL, F., PLANAS, R., Introducción al patrimonio cultural, Trea, Gijón, 2006.
VV.AA., Diccionario técnico Akal de conservación y restauración de bienes culturales, Akal, Madrid, 2003.
Bibliografía complementaria (acceso a bibliografía completa no Campus Virtual):
AKAGAWA, N. y SMITH, L. (eds.), Safeguarding Intangible Heritage, Routledge, London, 2018. https://doi.org/10.4324/9780429507137
ALEGRE ÁVILA, J.M., Evolución y régimen jurídico del Patrimonio Histórico. Ministerio de Cultura, Madrid, 1994.
ÁLVAREZ ARECES, M.A., Arqueología industrial. El pasado por venir, CICEES, 2007.
ANICO, M., PERALTA, E., Heritage and Identity. Engagement and Demission in the Contemporary World, Ashgate, Routledge, 2009.
ANTIGÜEDAD DEL CASTILLO, Mª.D., Colecciones, expolio, museos y mercado artístico en España en los siglos XVIII y XIX, Fundación Ramón Areces, Madrid, 2011.
ARROYO SERRANO, S., Conservación y restauración del patrimonio industrial, Síntesis, 2018.
BANDARIN, F., VAN OERS, R., El paisaje urbano histórico. La gestión del patrimonio en un siglo urbano, Abada, Madrid, 2014.
BECK, J., DALEY, M., La restauración de obras de arte. Negocio y cultura, controversia y escándalo. Eds. del Serbal, Barcelona, 1997.
BELLIDO GANT, M.L., Difusión del Patrimonio Cultural y Nuevas Tecnologías, Universidad Internacional de Andalucía, Sevilla, 2008.
BERMÚDEZ, A. et. al., Intervención en el patrimonio cultural. Creación y gestión de proyectos, Síntesis, Madrid, 2004.
BEVAN, R., La destrucción de la memoria, La Caja Books, 2019.
CALLE VAQUERO, M. de la, La ciudad histórica como destino turístico, Ariel, Madrid, 2006.
CAPITEL, A., Metamorfosis de monumentos y teorías de la restauración. Alianza ed., Madrid, 1988.
CARUNCHIO, T., Dal restauro alla conservazione: introduzioni ai temi della conservazione del patrimonio architettonico, Kappa, Roma, 1996.
CASTILLO, M.A. (ed.), Centros históricos y conservación del patrimonio, Fundación Argentaria, Madrid, 1998.
CASTILLO RUIZ, J., Los límites del patrimonio cultural. Principios para transitar por el desorden patrimonial, Cátedra, Madrid, 2022
CHOAY, F., Le patrimoine en question: Anthologie pour un combat, Seuil, Paris, 2009.
CUNO, J., Who owns antiquity? Museums and the battle over our ancient heritage, Princeton University Press, 2008.
Competencias xenéricas:
Conciencia e capacidade para reflexionar sobre cuestións éticas e de responsabilidade social.
Capacidade para comunicar ideas, metodoloxías e problemas sobre a disciplina de forma clara e precisa, tanto en modo oral como escrito.
Capacidade para planificar e levar adiante proxectos de aprendizaxe individuais ou en grupo.
Competencias específicas e habilidades
Habilidade para comunicarse efectivamente, tanto de forma oral como escrita, na lingua nativa e nunha ou máis línguas extranxeiras.
Habilidades para deseñar, planificar e levar adiante traballos académicos.
Habilidades para o traballo en equipo.
Habilidade para la evaluación crítica das obras de arte e pezas audiovisuais nos seus procesos e medios de difusión (exposicións, museos, concertos, proxeccións, realidade virtual).
Habilidade para aplicar os coñecementos á resolución de problemas prácticos ben definidos.
Docencia expositiva ou teórica: desenvolvemento do programa de contidos teóricos a través, principalmente, da metodoloxía de clase presencial participativa con axuda de materiais audiovisuais. Para unha mellor comprensión dos conceptos, xunto coa bibliografía recomendada no apartado correspondente o estudante dispoñerá de material docente complementario que será proporcionado polo profesor e que estará dispoñible na aula virtual da materia e tambén enlaces a contidos audiovisuais vistos durante as clases.
Docencia interactiva ou práctica: clases presenciais a desenvolver en grupos de traballo de interactivas. Traballo en equipo -equipos mínimo de 5 persoas-. O traballo terá como obxectivo analizar os antecedentes históricos, elementos de interese artístico e valores que levaron á protección como BIC dun ben ou sitio do patrimonio cultural de Galicia ou do resto de España, propoñendo tamén estratexias xerais para a súa conservación, promoción e interpretación.
Cada equipo presentará semanalmente os adiantos do seu traballo na aula, no horario asignado de interactivas ou na alternativa que se dispoña, coa orientación e supervisión do profesor da materia e eventuais bolseiros. O desenvolvemento de cada traballo terá que respectar o seguinte cronograma orientativo, que implica que ao principio de cada clase semanal os grupos deberán ter completadas as tareas correspondentes á semana de traballo previa mediante a entrega dunha evidencia escrita (mínimo 1 páxina):
- Semana 1ª de interactivas: Presentación e orientacións do traballo. Lista de posibles bens culturais a analizar. Esquema de contidos do traballo. Formación de grupos.
-Semana 2ª: Presentación de datos básicos do ben do patrimonio. Aportación dunha primeira listaxe de bibliografía, recursos e documentación localizada. Consulta de dúbidas. Entregar evidencia escrita ao comenzo da clase.
-Semana 3ª: Descripción de aspectos histórico e artísticos de interese. Ficha descriptiva e datos do proceso de declaración como BIC. Entregar evidencia escrita.
-Semana 4ª: Análise de valores patrimoniais (primeiro borrador). Entregar evidencia escrita.
-Semana 5ª: Análise de valores patrimoniais (versión final). Entregar evidencia escrita.
-Semana 6ª: Proxecto de conservación, promoción e interpretación dos valores do ben patrimonial. Evidencia escrita.
-Semanas 7ª e seguintes: Exposición dos traballos completos. Exposicións con tempo mínimo de 20 minutos por traballo, máis 10 minutos finais para preguntas e comentarios do resto da clase
- 18 de mayo: Entrega final de traballos, cargando pdf na aula virtual
A realización das actividades propostas entre a terceira e a sexta semana terá que xustificarse coa entrega de evidencia escrita (mínimo 1 páxina). A partires da terceira semana un grupo de cada sesión interactiva, rotando cada semana, exporá os avances verificados durante a semana anterior ao comenzo de cada sesion. As últimas semanas de interactivas dedicaranse exclusivamente á exposición dos traballos completos, cun tempo mínimo de 20 minutos por traballo, máis 10 min para preguntas e comentarios do resto de alumnos.
A realización de calquera traballo á marxe do control e presentación de resultados nas clases interactivas, incluíndo a exposición final en grupo, suporá que ese traballo non se terá en conta para avaliación na nota final. Os integrantes dos grupos poderán informar ao profesor dos casos de persoas que non aporten ou participen no traballo semanal do grupo, coa finalidade de diferenciar a súa nota da nota xeral do resto de membros do grupo.
A calificación dos traballos de curso desglosaráse en: traballo semanal e presentación de evidencias, ata 1,5 puntos; exposición y presentación final, 0,5 puntos; calidade de resultados do traballo, 1 punto.
Campus virtual
Acceso aos recursos e ferramentas de comunicación da materia dispostas na USC Virtual. Acceso ás imaxes explicadas nas clases expositivas e os contidos audiovisuais inseridos na USC Virtual.
Visita de campo
Visita a bens do patrimonio cultural, museos ou monumentos de Galicia ou do resto do Estado, para analizar casos prácticos de aspectos de conservación e xestión do patrimonio, co resto de materias de 2º.
A avaliación da aprendizaxe nesta materia comprende tanto o proceso diario e semanal de traballo como o resultado obtido no exame final da mesma. Polo tanto a avaliación levarase a cabo mediante un sistema de avaliación continua e ademáis constará dunha proba final (exame), polo que abranguerá tanto cuestións analizadas na docencia expositiva como interactiva, xunto coa realización e defensa dun traballo de curso e lecturas tamén obrigatorias. Non será posible presentarse ó exame e superar a materia na primeira oportunidade no caso dunha asistencia ás clases en porcentaxe inferior ó 30 % das sesións expositivas programadas e/ou non ter participado e realizado os traballos de curso desenvoltos semanalmente, agás os casos de dispensa de asistencia ou por causas xustificadas contempladas no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da USC (CG do 25/11/2024).
Os estudiantes que teñan concedida dispensa de asistencia a clase (segundo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias e o Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da USC, CG do 25/11/2024", se avaliarán cunha proba final específica -exame según modelo indicado abaixo- que suporá o 100% da cualificación.
A asistencia e participación nas clases e a realización dos traballos de curso e demáis actividades presenciais son actividades formativas obrigatorias para superar a materia (Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, CG do 25/11/2024). No caso de que algún estudante non puidese cumprir na primeira oportunidade da convocatoria cos requisitos establecidos para a avaliación continua, previa xustificación das razóns da imposibilidade, fixarase un procedemento singularizado para poder cubrir esa parte da valoración final, a través de traballos individuais e lecturas que o profesor lle indicará, e que deberán de ser entregados coa debida antelación para proceder á súa corrección, alomenos 10 días antes da data do exame da segunda oportunidade do semestre. A recuperación de actividades desenvoltas nas aulas ata a primeira oportunidade só afectará á posible compensación de traballos de curso, comentarios de lecturas e outras actividades individuais complementarias, sendo obrigatoria a realización do exame na segunda oportunidade.
A avaliación continua terá un peso do 100 % da cualificación final, cunha desagregación de:
-Asistencia e participación nas clases (incluida práctica de campo ou a actividade sustitutoria): ata 10 % nota final
-Lectura obrigatoria: ata 10% nota final. Con respecto á lectura obrigatoria, o profesor indicará na aula o método para avaliar esa lectura, en primeiro lugar mediante comentario e revisión en clase interactiva de análise e debate. Os estudiantes que non acrediten suficientemente a lectura nesa clase terán que responder a unha pregunta sobre o libro no exame final.
-Clases interactivas para realización, presentación e entrega do traballo en grupo: ata 30%
-Exame: ata 50%. Exame consistente en preguntas curtas sobre a parte teórica do temario. No caso de non acreditar satisfactoriamente a lectura obrigatoria do curso durante a sesión de clases se engadirá unha pregunta específica sobre ese libro. Para superar a materia considérase requisito obrigatorio que o estudiante acade no exercicio de exame a puntuación mínima de 3 sobre 10 ou 1,5 sobre 5.
Para os casos de realización fraudulenta de traballos ou probas con impacto na calificación será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudiantes e de revisión de cualificacións. A redacción parcial ou total de trabajos de curso reproducindo textos xerados por IA será considerada como plaxio.
Tempo traballo presencial estudiantes.- 51 horas
Docencia expositiva.- 32 horas
Docencia interactiva.- 16 horas
Titorías.- 3 horas
Tempo de estudio e actividade persoal.- 99 horas
Estudio autónomo individual ou en grupo.- 60 horas
Lecturas propostas, actividades de biblioteca.- 32 horas
Outras tareas.- 7 horas
Asistencia e participación nas clases expositivas e interactivas como dereito e obriga de todos os estudiantes. Realización das diferentes prácticas interactivas semanais. Realización do traballo de curso. Consulta da bibliografía. Acceso e consulta aos contenidos docentes na páxina web da USC Virtual. Consultas nos horarios de titorías presenciais e a través de titoría virtual -email-.
A asistencia ás sesións de clases expositivas e interactivas é obrigatoria para a superación da materia. Os estudiantes terán que realizar todas as actividades propostas ou compensatorias para superar con éxito a materia.
Actividades formativas. Recoméndase a inscrición nos cursos de Competencias da Información que oferta a Biblioteca do centro.
O uso alleo á mecánica da materia de ordenadores e dispositivos moviles non está permitido durante a docencia expositiva.
O material docente complementario para clases expositivas e a bibliografía estarán a disposición dos estudiantes na aula do Campus Virtual da USC. É posible que se programen con antelación actividades alternativas para o desenvolvemento de traballos da materia
Jesus Angel Sanchez Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812597
- Correo electrónico
- jesusangel.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Francisco Prado Vilar
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- f.prado.vilar [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
Mércores | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |