Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 16 Total: 51
Linguas de uso Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos xenerais
1. Comprender os principios básicos da tutela patrimonial.
2. Coñecer as institucións que interveñen na tutela do patrimonio
3. Valorar o papel da normativa relacionada coa tutela patrimonial
4. Entender a repercusión social das políticas e accións referentes á tutela do patrimonio.
5. Practicar o vocabulario técnico propio da disciplina, así como os seus diferentes criterios metodolóxicos.
1. Salvagarda e tutela do patrimonio: conceptos e fundamentos.
2. A historia da protección: das primeiras políticas á globalización do patrimonio
3. As institucións e os axentes da tutela patrimonial: organismos internacionais, administracións e sociedade civil
4. O marco normativo do patrimonio: normativa internacional, estatal e autonómica
5. Os instrumentos de protección do patrimonio: catálogos, inventarios, bases de datos e figuras de protección
6. As intervencións no patrimonio cultural: principios de intervención, conservación e restauración
7. Patrimonio e sociedade: participación social, educación e difusión cultural, conflitos e usos do patrimonio e turismo cultural
Bibliografía básica.
CASTILLO RUIZ, José. Los límites del patrimonio cultural. Principios para transitar por el desorden patrimonial. Madrid, Cátedra, 2022.
GARCIA CUETOS, María del Pilar, El patrimonio cultural, conceptos básicos, Zaragoza: Prensas Universidad, Textos docentes, 2012
GONZÁLEZ-VARAS, Ignacio. Conservación del Patrimonio Cultural: teoría, historia, principios y normas. Madrid, Cátedra, 2018.
HERNÁNDEZ HERNÁNDEZ, Francisca. El Patrimonio cultural: la memoria recuperada. Gijón, Ediciones Trea, 2002.
MONTERROSO MONTERO, Juan Manuel, Protección y conservación del patrimonio. Principios teóricos. Santiago de Compostela: Tórculo, 2000.
QUEROL, María Ángeles. Gestión del Patrimonio Cultural. 2ª edición. Madrid, Akal, 2020.
REBOLLO MATÍAS, Alejandro. Historia del Arte y patrimonio cultural en España. Madrid, Sintesis, 2001
Bibliografía complementaria
ALONSO IBÁÑEZ, María del Rosario.- El Patrimonio Histórico. Destino público y valor cultural. Madrid: Civitas, 1992.
BALLART, Josep y JUAN I TRESSERRAS, Jordi. Gestión del Patrimonio Cultural. Barcelona, Ariel, 2001.
BALLART, Josep, El patrimonio histórico y arqueológico: valor y uso. Barcelona: Ariel Patrimonio, 2006
BARRERO RODRÍGUEZ, Concepción. La ordenación jurídica del Patrimonio Histórico. Madrid: Civitas, 1990.
BELLIDO GANT, María Luisa, Difusión del patrimonio cultural y nuevas tecnologías. Ed. Sevilla, Universidad Internacional de Sevilla, 2008
BONET, Lluis, CASTAÑER, Xavier y FONT, Josep. Gestión de proyectos culturales. Análisis de casos. Barcelona, Ariel, 2006.
CASTILLO, Miguel Angel (Ed.). Centros históricos y conservación del patrimonio. Madrid, Visor y Fundación Argentaria, 1998.
CASTILLO RUIZ, José. El entorno de los bienes inmuebles de interés cultural: concepto, legislación y metodologías para su delimitación. Evolución histórica y situación actual. Granada: Universidad, 1997.
FERNÁNDEZ APARICIO, Juan Manuel. La protección penal del Patrimonio Histórico. Sevilla: Consejería de Cultura, 2004.
GONZÁLEZ VARAS IBAÑEZ, Ignacio, Patrimonio cultural, conceptos, debates e problemas, Madrid: Catedra, 2015.
HENARES CUELLAR. Ignacio. (edit.), La Protección del Patrimonio Histórico en la España Democrática. Granada: Fundación Caja Madrid y Universidad de Granada, 2010
HERNÁNDEZ NÚÑEZ, Juan Carlos. Los instrumentos de protección del Patrimonio Histórico Español. Sociedad y Bienes Culturales. Grupo Publicaciones del Sur, 1998.
LÓPEZ BRAVO, Carlos. El patrimonio cultural en el sistema de derechos fundamentales. Sevilla, Universidad, 1999.
LOPEZ TRUJILLO, Miguel Ángel, La lucha por los bienes culturales españoles (1500-1939). Gijón: Trea, 2006.
MACARRÓN MIGUEL, Ana María., GONZÁLEZ MOZO, Ana, La conservación y restauración en el siglo XX. Madrid: Tecnos, 1998.
MORALES, Alfredo. Patrimonio Histórico artístico. Madrid. Historia 16, 1996.
MORALES MIRANDA, Jorge. Guía práctica para la interpretación del patrimonio. El arte de acercar el legado natural y cultural. Ed. Sevilla, Junta de Andalucía, 2001
MUÑOZ COSME, Alfonso, La conservación del patrimonio arquitectónico español. Madrid: Ministerio de Cultura. Instituto de Conservación e Restauración de Bens Culturais, 1989.
LLUENT, José Manuel. Expolio y fraude en el arte. Gijón: Trea, 2013.
QUIROSA GARCÍA, Victoria. Evolución de la tutela de los bienes culturales muebles en España: s. XVIII-s.XXI. Granada, Universidad, 2008.
ROSELLÓ CEREZUELA, David. Diseño y evaluación de proyectos culturales. Barcelona, Ariel, 2004.
SALMERÓN ESCOBAR, Pedro (dir.). Repertorio de Textos internacionales del Patrimonio Cultural. Granada: Instituto Andaluz de Patrimonio Histórico, Comares, 2004.
VIDAL GALLARDO, Mercedes. Bienes Culturales y libertad de conciencia en el derecho eclesiástico del Estado. Valladolid: Universidad, 1999.
Competencias xerais
1. Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos a situacións prácticas e reais
2. Conciencia e capacidade para reflexionar sobre cuestións éticas e de responsabilidade social
3. Capacidade para recoñecer problemas, definir un plan de traballo e organizar fases para a súa resolución, incluída a avaliación do resultado.
Competencias específicas e habilidades
1. Habilidade para o traballo en equipo
2. Habilidade para colaborar en proxectos interdisciplinares
3. Habilidade para a utilización de novas tecnoloxías e ferramentas de comunicación
4. Habilidade para aplicar os coñecementos á resolución de problemas prácticos ben definidos
A materia desenvólvese no segundo dos semestres do curso académico. As sesións docentes serán de dous tipos: expositivas (32 horas) e interactivas (16 horas)
Docencia expositiva:
Nestas clases explicaranse os conceptos teórico-prácticos dos contidos, apoiándose en presentacións multimedia ou en calquera outro medio audiovisual que lle axude a facilitar a comprensión da materia. Para unha mellor comprensión dos conceptos e facilitar a aprendizaxe, o estudantado, xunto coa bibliografía recomendada, dispoñerá de material docente complementario dispoñible na aula virtual da materia.
Docencia interactiva:
Estas clases impartiranse na aula e terán un carácter práctico. Nelas o alumnado e os docentes traballarán conxuntamente na discusión de lecturas, a análise e comentario de casos concretos, na resolución dos problemas derivados dos traballos ou das actividades que os alumnos teñan que realizar. Para a realización destas actividades o/a alumno/a dispoñerá do material correspondente na aula virtual.
Tamén se previu, dentro da docencia interactiva a realización de prácticas de campo e, preferentemente, en colaboración con outras materias do Grao, a visita a diversos monumentos, restauracións ou museos de Galicia ou do resto do resto do Estado, para a análise de casos prácticos in situ relacionados con accións de salvagarda e tutela do patrimonio
A avaliación levarase a cabo mediante un sistema de avaliación continua, proba teórico-práctica final e traballo obrigatorio grupal. A avaliación continua, terá un peso do 100% da cualificación final.
Avaliación das actividades de interactivas: que terá un peso dun 40% na cualificación final.
Esta baséase na valoración das actividades desenvolvidas polo alumno na docencia interactiva para a realización do traballo grupal e na participación nas diferentes actividades propostas. A realización e entrega de todas as actividades propostas é obrigatoria e realizarase a través do campus virtual, no que estará dispoñible a información para o alumno, e neles, para superar a materia, o/a alumno/a ten que obter unha puntuación igual ou superior a 1.5 ptos.
Proba final de carácter teórico-práctico. corresponderalle unha puntuación dun 60% na cualificación final.
Esta proba terá dous partes, na primeira o alumno deberá de responder un total de seis preguntas curtas en relación cos contidos teóricos e na segunda realizar un comentario sobre un caso práctico. Para superar a materia o/a alumno/a deberá de conseguir polo menos 1.5 ptos sobre 3 en cada unha das partes que a compoñen.
De forma voluntaria, o alumnado poderá realizar un traballo con carácter opcional. Este traballo valorarase ata 20% da nota final da materia alcanzada polo estudante, sempre que este superase o sistema de avaliación anteriormente indicado
No caso de que algún estudante non puidese cumprir na primeira opción da convocatoria cos requisitos establecidos para a avaliación continua, previa xustificación das razóns da imposibilidade, fixarase un procedemento singularizado, para poder cubrir esa parte da valoración final, a través de materiais, lecturas ...etc., e que deberán de ser entregados, a través do campus virtual, coa debida antelación (sete días antes da data do exame fixada pola Universidade.
Asistencia. De acordo co Regulamento de asistencia a clase nos ensinos oficiais de grao e master da Universidade de Santiago de Compostela (CG 25/11/2024), a asistencia a clase será preceptiva para superar a materia e para realizar o exame. Para ter dereito a realizar o exame o/a alumno/a deberá de contar cunha porcentaxe de presencialidade nas actividades docentes programadas do 75%, tanto nas sesións expositivas (22) como nas interactivas e prácticas de campo (11)
Dispensa. Ao alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (Regulamento de asistencia a clase nos ensinos oficiais de grao e master da Universidade de Santiago de Compostela, (CG 25/11/2024), avaliaralla cunha proba final específica que supoñerá o 100% da cualificación final.
Realización fraudulenta de exercicios e probas. : Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, tal e como se define no art. 42 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela e de conformidade co disposto no artigo 11 g. aplicásense as sancións previstas pola normativa.
TEMPO PRESENCIAL DO ALUMNO: 51 horas. Das cales:
Docencia expositiva: 32 horas
Docencia interactiva: 16 horas
Titorías: 3 horas
TEMPO DE ESTUDO E ACTIVIDADE PRIVADO: 99 horas. Das cales:
Estudo autónomo, individual ou en grupo: 60 horas
Lecturas propostas, actividades de biblioteca e preparación de presentacións: 32 horas
Outras tarefas: 7 horas
A asistencia ás sesións expositivas e interactivas resulta fundamental para o seguimento e a superación da materia, xa que a avaliación continua é o sistema establecido nesta programación desta materia, como forma de valorar a aprendizaxe do estudantado.
O alumnado así mesmo deberá de realizar todas as actividades propostas para superar con éxito a materia.
O material docente estará ao dispor do alumnado na aula do Campus Virtual da USC.
Programaranse con antelación actividades alternativas para o desenvolvemento completo da materia, como conferencias ou outras actividades que poden resultar de interese no proceso de aprendizaxe.
Begoña Fernandez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812715
- Correo electrónico
- begona.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Fernando Pérez Rodríguez
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812596
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
| Martes | ||
|---|---|---|
| 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario do ILGA |
| Venres | ||
| 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario do ILGA |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA | Castelán |
| PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA | Castelán |
| PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA | Castelán |
| PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA | Castelán |
| PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERNANDEZ RODRIGUEZ, BEGOÑA | Castelán |
| PÉREZ RODRÍGUEZ, FERNANDO | Castelán |