Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer os aspectos e conceptos fundamentais que se integran baixo a consideración pasada e presente do patrimonio cultural
Comprender a evolución histórica na apreciación e conservación dos bens que integran o patrimonio cultural
Reflexionar sobre as implicacións da conservación do patrimonio cultural para a formación e actividade profesional dos historiadores da arte
Desenvolver unha visión crítica sobre a realidade e valores actuais do patrimonio cultural
Os contidos que constan no descriptor da memoria do Título de grao desenvolveranse nos seguintes temas:
Tema 1. Historia da conservación do patrimonio cultural. Antecedentes. 1.1. A Antiguedade. As primeiras restauracións de monumentos. 1.2. A Idade Media. Reutilizacións positivas e negativas. 1.3. Do Renacemento ao século XVIII. Coleccionismo e restauracións miméticas. Alteracións en pinturas e esculturas. Criticas ás restauracións mimeticas. O recoñecemento do valor da pátina.
Tema 2. O culto aos monumentos e as primeiras teorías de restauración. 2.1. Da Ilustración á Revolución Francesa. Excavacións e estudio científico das antiguedades. A Revolución Francesa: destrucción e salvagarda do patrimonio. 2.2. Restauracións neoclásicas en Roma. Anastilosis e reconstrucción de ruinas. 2.3. O neogótico. Viollet e as restauracións en estilo. Teoría de restauración de Viollet: da aproximación pictórica ao estudo da lóxica estrutural. Intervencións de Viollet e seguidores. Difusión da restauración en estilo por Europa. 2.4. Teoría e posición antirrestauradora. John Ruskin. Discípulos de Ruskin: William Morris e a SPAB.
Tema 3. Das teorías de restauración ás primeiras lexislacións. 3.1. A restauración filolóxica. Camillo Boito. Categorías de restauracións. 3.2. Gustavo Giovannoni e a protección das cidades históricas. 3.4. A reflexión de Riegl sobre os valores dos monumentos.
Tema 4. Concepto de patrimonio cultural. 4.1. Definición e implicacións do patrimonio e da súa conservación. Tipos, medidas e graos de intervención sobre o patrimonio. 4.2. A conservación do patrimonio herdado. Recoñecemento e creación de novos patrimonios. Abandono, alteracións e destruccións. A dinámica da patrimonialización. Procesos de selección e activación patrimonial. 4.3. Os bens culturais e os seus valores. Valores de uso, formais, estéticos e simbólicos.
Bibliografía básica (os libros marcados con * se considerarán, en caso de necesidade, como manuais da asignatura):
ANICO, M., PERALTA, E., Heritage and Identity. Engagement and Demission in the Contemporary World, Ashgate, Routledge, 2009.
BALLART, J., El patrimonio histórico y arqueológico: valor y uso. Ariel, Barcelona, 1997.
**LECTURA OBLIGATORIA. CHOAY, F., Alegoría del patrimonio, Barcelona, GG, 2007 [1992].
FOURCADE, M.B., Patrimoine et patrimonialisation entre le matériel et l'immatériel, Presses de l'Université Laval, Québec, 2007.
GARCÍA CUETOS, M. P., El patrimonio cultural. Conceptos básicos, Universidad de Zaragoza, 2011.
GARCÍA MORALES, M.V., SOTO CABA, V., MARTÍNEZ PINO, J., El estudio del patrimonio cultural, UNED-Ramón Areces, 2017.
*GONZÁLEZ-VARAS, I., Conservación de bienes culturales. Teoría, historia, principios y normas, Cátedra, Madrid, 1999.
*GONZÁLEZ-VARAS, I., Patrimonio cultural. Conceptos, debates y problemas, Cátedra, Madrid, 2015.
HERNÁNDEZ HERNÁNDEZ, F., El patrimonio cultural: la memoria recuperada, Trea, Gijón, 2002.
**LECTURA OBLIGATORIA. LOWENTHAL, D., El pasado es un país extraño. Akal, Madrid, 1998 [1985].
MOHEN, J.P., Les Sciences du Patrimoine. Identifier, conserver, restaurer, Odile Jacob, Paris, 1999.
TUGORES TRUYOL, F., PLANAS, R., Introducción al patrimonio cultural, Trea, Gijón, 2006.
VV.AA., Diccionario técnico Akal de conservación y restauración de bienes culturales, Akal, Madrid, 2003.
Bibliografía específica (acceso a bibliografía completa en el Campus Virtual):
BECK, J., DALEY, M., La restauración de obras de arte. Negocio y cultura, controversia y escándalo. Eds. del Serbal, Barcelona, 1997.
BEVAN, R., The destruction of memory. Architecture at war, London 2006.
CAPITEL, A., Metamorfosis de monumentos y teorías de la restauración. Alianza ed., Madrid, 1988.
FERNÁNDEZ ARENAS, J., Introducción a la conservación del patrimonio y técnicas artísticas. Ariel, Barcelona, 1996.
GARCÍA CUETOS, Mª P., Humilde condición: el patrimonio cultural y la conservación de su autenticidad, Gijón, Trea, 2009.
GLENDINNING, M., The Conservation Movement: A History of Architectural Preservation. Antiquity to Modernity, Routledge, 2013.
JOKILEHTO, J., A History of Architectural Conservation, Butterworth-Heinemann, Oxford-Boston, 2002.
MACARRÓN MIGUEL, A.M., Historia de la conservación y la restauración: desde la Antigüedad hasta finales del siglo XIX. Tecnos, Madrid, 1995.
MACARRÓN MIGUEL, A.M., GONZÁLEZ MOZO, A., La conservación y la restauración en el siglo XX. Tecnos, Madrid, 1998
MARTÍNEZ JUSTICIA, M.J., Antología de textos sobre restauración. Universidad de Jaén, 1996.
MORALES, A.J., Historia del arte y Bienes Culturales. Cuadernos del Instituto Andaluz de Patrimonio Histórico, VIII. Granada, 1998.
ORDIERES DÍEZ, I., Historia de la Restauración Monumental en España (1835-1936). Madrid, 1995.
RIEGL, A., El culto moderno a los monumentos (1903), Visor, Madrid, 1987.
Competencias xenéricas:
Capacidade para sintetizar información a partir de distintas fontes textuais, tanto escritos teóricos e bibliografía especializada como artigos de prensa
Capacidade para traballar en grupo colaborando na aportación de propostas para os casos de estudio e comentarios plantexados
Manexo dos contidos e recursos sobre conservación do patrimonio no entorno da USC Virtual
Manexo dos contidos e recursos sobre conservación do patrimonio dispoñibles en Internet
Competencias específicas:
Manexar correctamente a terminoloxía histórico-artística referida á conservación e restauración dos bens do patrimonio cultural
Capacidade para relacionar os criterios teóricos sobre restauracións coas problemáticas, lexislacións e accións de tutela sobre o patrimonio cultural
Capacidade para valorar os retos e dificultades que esixe a conservación dos bens do patrimonio cultural
Docencia expositiva ou teórica: desenvolvemento do programa de contidos teóricos a través, principalmente, da metodoloxía de clase presencial participativa con axuda de materiais audiovisuais. Para unha mellor comprensión dos conceptos, xunto coa bibliografía recomendada no apartado correspondente o estudante dispoñerá de material docente complementario que será proporcionado polo profesor e que estará dispoñible na aula virtual da materia e tambén enlaces a contidos audiovisuais vistos durante as clases.
Docencia interactiva ou práctica: clases presenciais a desenvolver en grupos de traballo de interactivas Traballo en equipo -equipos mínimo de 5 persoas-. O traballo en grupo terá como obxectivo realizar un informe para analizar e promover os valores dun ben ou sitio do patrimonio cultural, de acordo co modelo de selección e promoción de bens do patrimonio da iniciativa European Heritage Label.
Cada equipo presentará os avances do seu traballo na aula, no horario asignado de interactivas ou na alternativa que se dispoña, coa orientación e tutela do profesor da materia. O desenvolvemento de cada traballo terá que respectar o seguinte cronograma orientativo, que implica que ao principio de cada clase semanal os grupos deberán ter completadas as tareas correspondentes á semana de traballo previa mediante a entrega dunha evidencia escrita (mínimo 1 páxina):
- Semana 1ª de interactivas: Presentación do European Heritage Label e posibles Sitios a seleccionar - individual, transnacional, temático - para o traballo. Orientacións a cargo do profesor. Formación de grupos.
-Semana 2ª: Propostas e selección do Sitio a estudiar por cada grupo. Presentación de datos básicos e argumentos para apoiar o valor simbólico europeo do Sitio seleccionado. Consulta de dúbidas. Entregar evidencia escrita ao comenzo da clase.
-Semana 3ª: Reparto de tareas/partes do traballo entre os membros do grupo. Aportación dunha primeira lista de bibliografía, recursos e documentación gráfica localizada. Primeiro avance de descripción de elementos de interese. Entregar evidencia escrita: Índice do formulario con asignación de tareas entre membros do grupo; bibliografía; ficha de Datos e Resumo candidatura en Formulario
-Semana 4ª: Presentación detallada dos datos descriptivos, historia e valores simbólicos para o Sitio elexido. Entregar evidencia escrita: Parte I. Seccións I.A, I.B., I.C; e Parte II. II.A. Valor simbólico no Formulario
-Semana 5ª: Presentación de todas as accións do proxecto para promoción do Sitio: sensibilización, actividades educativas, multilingüismo, participación en redes, novas tecnoloxías, e actividades artísticas e culturais. Entregar evidencia escrita: Formulario Parte II. Sección. II.B, apartados 1 a 7
-Semanas 6ª ata o final: Exposición dos traballos completos (dous grupos por hora). Exposicións con tempo mínimo de 20 minutos por traballo, máis 10 minutos finais para preguntas e comentarios do resto da clase
- 18 de mayo: Entrega final de traballos, cargando pdf na aula virtual
A realización das actividades propostas entre a terceira e a quinta semana terá que xustificarse coa entrega de evidencia escrita (mínimo 1 páxina). A partires da terceira semana un grupo de cada sesión interactiva, elexido ao azar, exporá os avances verificados durante a semana anterior ao comenzo de cada sesion. As últimas semanas de interactivas dedicaranse exclusivamente á exposición dos traballos completos, cun tempo mínimo de 20 minutos por traballo, máis 10 para preguntas e comentarios do resto de estudiantes.
A realización de calquera traballo á marxe do control e presentación de resultados nas clases interactivas, incluíndo a exposición final en grupo, suporá que ese traballo non se terá en conta para avaliación na nota final. Os integrantes dos grupos poderán informar ao profesor dos casos de persoas que non aporten ou participen no traballo semanal do grupo, coa finalidade de diferenciar a súa nota da nota xeral do resto de membros do grupo.
A calificación dos traballos de curso desglosaráse en: traballo semanal e presentación de evidencias, 1,5 puntos; exposición oral o redacción escrita, 0,5 puntos; calidade de resultados do traballo, 1 punto.
Lecturas obrigatorias
Preguntas sobre as lecturas obrigatorias a resolver en clase interactiva ou ben, de non acreditarse suficientemente na clase, no exame final.
Campus virtual
Acceso aos recursos e ferramentas de comunicación da materia dispostas na USC Virtual. Acceso ás imaxes explicadas nas clases expositivas e os contidos audiovisuais inseridos na USC Virtual.
Prácticas de campo (a desenvolver co resto de materias de 3º):
Práctica 1.- Duración 1 día. Previsión 2 autobuses. Visita a Museos de Vigo: MARCO, Quiñones de León, Museo do Mar y O Castro. Data tentativa -28 marzo- a determinar segundo a concesión da axuda para desprazamento.
Práctica 2.- Duración 1 día. Previsión 2 autobuses. Visita a Museo Castro de Viladonga, Mosteiro de Meira, Mondoñedo (Museo e Catedral, Museo da Imprenta), Sargadelos. Data tentativa -4 abril- a determinar segundo a concesión da axuda para desprazamento.
Este curso é o derradeiro con docencia presencial nesta materia. Os estudiantes que non aproben a asignatura terán dous cursos máis (2026-2027 e 2027-2028) para superala mediante a avaliación correspondente, aínda que serán cursos sen docencia.
A avaliación da aprendizaxe nesta materia comprende tanto o proceso diario e semanal de traballo como o resultado obtido no exame final da mesma. Polo tanto a avaliación levarase a cabo mediante un sistema de avaliación continua e ademáis constará dunha proba final (exame), polo que abranguerá tanto cuestións analizadas na docencia expositiva como interactiva, xunto coa realización e defensa dun traballo de curso e lecturas tamén obrigatorias. Non será posible presentarse ó exame e superar a materia na primeira oportunidade no caso dunha asistencia ás clases en porcentaxe inferior ó 30 % das sesións expositivas programadas e/ou non ter participado e realizado os traballos de curso desenvoltos semanalmente, agás os casos de dispensa de asistencia ou por causas xustificadas contempladas no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da USC (CG do 25/11/2024).
Os estudiantes que teñan concedida dispensa de asistencia a clase (segundo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias e o Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da USC, CG do 25/11/2024), se avaliarán cunha proba final específica -exame según modelo e baremos indicados abaixo- que suporá o 100% da cualificación.
A asistencia e participación nas clases e a realización dos traballos de curso e demáis actividades presenciais son actividades formativas obrigatorias para superar a materia (Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, CG do 25/11/2024). No caso de que algún estudiante non puidese cumprir na primeira oportunidade da convocatoria cos requisitos establecidos para a avaliación continua, previa xustificación das razóns da imposibilidade, fixarase un procedemento singularizado para poder cubrir esa parte da valoración final, a través de traballos individuais e lecturas que o profesor lle indicará, e que deberán de ser entregados coa debida antelación para proceder á súa corrección, alomenos 10 días antes da data do exame da segunda oportunidade do semestre. A recuperación de actividades desenvoltas nas aulas ata a primeira oportunidade só afectará á posible compensación de traballos de curso, comentarios de lecturas e outras actividades individuais complementarias, sendo obrigatoria a realización do exame na segunda oportunidade.
A avaliación continua terá un peso do 100 % da cualificación final, cunha desagregación de:
-Asistencia e participación nas clases (incluida práctica de campo ou actividade sustitutoria): ata 10 % nota final
-Lectura dos libros obrigatorios: preguntas sobre as lecturas en clase interactiva ou, no caso de non acreditarse na clase, no exame final da materia: ata 10%
-Clases interactivas para realización, presentación e entrega do traballo en grupo: ata 30%
-Exame: ata 50%. 2 preguntas cortas de desarrollo teórico e 10 preguntas tipo test, con penalización sólo sobre as preguntas falladas.
Para superar a materia considérase requisito obrigatorio que o estudiante acade no exercicio de exame a puntuación mínima de 3 sobre 10 ou 1,5 sobre 5. Preguntas sobre as lecturas obrigatorias: ata 1 punto, no caso de non ter acreditadas as lecturas nas sesións de interactivas das clases.
Plaxios nos traballos de curso:
Para os casos de realización fraudulenta de traballos ou probas con impacto na calificación será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudiantes e de revisión de cualificacións da USC (2011). A redacción parcial ou total de traballos de curso reproducindo textos xerados por IA será considerada como plaxio.
Este curso é o derradeiro con docencia presencial nesta materia. Os estudiantes que non aproben a asignatura terán dous cursos máis (2026-2027 e 2027-2028) para superala mediante a avaliación correspondente, aínda que serán cursos sen docencia.
Tempo traballo presencial estudiantes.- 51 horas
Docencia expositiva.- 32 horas
Docencia interactiva.- 16 horas
Titorías.- 3 horas
Tempo de estudio e actividade persoal.- 99 horas
Estudio autónomo individual ou en grupo.- 60 horas
Lecturas propostas, actividades de biblioteca.- 32 horas
Outras tareas.- 7 horas
Asistencia e participación nas clases expositivas e interactivas. Realización das diferentes prácticas interactivas semanais. Realización do traballo de curso. Consulta da bibliografía. Acceso e consulta aos contenidos docentes na páxina web da USC Virtual. Consultas nos horarios de titorías presenciais e a través de titoría virtual dentro da USC Virtual.
A asistencia ás sesións de clases expositivas e interactivas é obrigatoria para a superación da materia. Os estudiantes terán que realizar todas as actividades propostas ou compensatorias para superar con éxito a materia.
Asistencia á práctica de campo programada ou actividade sustitutoria.
Actividades formativas. Recoméndase a inscrición nos cursos de Competencias da Información que oferta a Biblioteca do centro.
O uso alleo á mecánica da materia de ordenadores e dispositivos móviles non está permitido durante a docencia expositiva.
O material docente comentado nas clases expositivas e a bibliografía estarán a disposición dos estudiantes na aula do Campus Virtual da USC. É posible que se programen con antelación actividades alternativas para o desenvolvemento da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de traballos ou probas con impacto na calificación será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC.
Jesus Angel Sanchez Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812597
- Correo electrónico
- jesusangel.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade