Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1.- Analizar o coñecemento da cidade e o urbanismo ao longo da historia desde a súa aparición na Antigüidade ata o presente.
2.- Introducción no coñecemento do fenómeno urbano e no tema da cidade entendida como "obra de arte" e acontecemento cultural de primeira orde.
3.- Comprender as lóxicas que se agochan tralo desenvolvemento urbano ao longo da historia.
4.- Desenvolver unha visión crítica sobre a realidade urbana actual.
TEMA 1. A orixe da cidade. O mundo prehistórico
TEMA 2. Mesopotamia e Exipto.
TEMA 3. A polis grega e o sistema hipodámico
TEMA 4. Roma e o urbanismo dunha gran urbe
TEMA 5. A cidade musulmana. Granada
TEMA 6. As cidades medievais: Lübeck e as bastides francesas
TEMA 7. As cidades italianas do Renacemento. Florencia
TEMA 8. As cidades coloniais. Santo Domingo
TEMA 9. As misións xesuíticas. La Candelaria
TEMA 10. Cidades barrocas. Roma, París e Versalles
TEMA 11. A cidade industrial. De Manchester ás cidades utópicas
TEMA 12. A cidade do século XX. A Bauhaus.
TEMA 13. O século XXI. Varia
- Benevolo, L.: Diseño de la ciudad, 5 vols., México: Gustavo Gili, 1978.
- Chueca Goitia, F.: Breve historia del urbanismo, Madrid: Alianza, 2005 (reimp.)
- Franchetti Pardo, Vittorio (et al.): Historia del Urbanismo, 7 vols., Madrid: Instituto de Estudios de Administración Local, 1981-1985.
- García Bellido, A.(et al.): Resumen histórico del urbanismo en España, Madrid: Instituto de Estudios de Administración Local, 1968.
- García Vázquez, Carlos: Ciudad hojaldre. Visiones urbanas del siglo XXI, Barcelona, GG, 2004.
- Gravagnuolo, B.: Historia del urbanismo en Europa, 1750-1960. Madrid: Akal, 1998.
- Maluquer de Mote, Juan (et al.): Vivienda y urbanismo en España, Barcelona: Banco Hipotecario de España, 1982.
- Montero Vallejo, Manuel (et al.): Historia del urbanismo en España, 2 vols., Madrid: Cátedra, 1996-2011.
- Morris, L.: Historia de la forma urbana, Barcelona: Gustavo Gili, 1984
- Mumford, L.: La ciudad en la historia, Logroño: Pepitas de Calabaza, 2014 (reimpr.)
- Sennett, R.: Vida urbana e identidad personal, Barcelona: Península, 2001.
- Zoido, F. (et al.): Diccionario de urbanismo, Madrid: Cátedra, 2013.
1.- Coñecemento do fenómeno urbano ao longo da historia, desde os seus inicios ata o momento presente.
2.- Visión da cidade como fenómeno, ademais de histórico, tamén artístico e cultural.
3.- Comprensión da cidade e da forma urbana como obra de arte que ten tamén un significado patrimonial.
4.- Axudar a entender a función e significado das cidades en que nos movemos e do papel que desempeñaron na chamada "Civilización".
DOCENCIA EXPOSITIVA O TEÓRICA:
Desenvolvemento do programa de contidos teóricos en clases de asistencia obrigatoria: 32 horas.
DOCENCIA INTERACTIVA:
Clases prácticas presenciais de asistencia obrigatoria en grupos nas que se expoñerán presentacións polos estudantes sobre diferentes aspectos do urbanismo previamente acordados co profesor: 16 horas.
PRÁCTICA DE CAMPO
Práctica de campo coordinada coas restantes materias do primeiro cuatrimestre de Cuarto para visitar núcleos urbanos relevantes galegos como Santiago de Compostela, Pontevedra, Tui, Valença, Ourense. Celanova, Lugo ou outros (sempre que haxa financiamento). As devanditas prácticas terán carácter obrigatorio para todos os alumnos matriculados na materia e serán avaliables. Os destinos poderán ser modificados dentro do ámbito galego segundo as necesidades de cada unha das materias.
TITORÍAS PERSONALIZADAS
Titorías personalizadas para asesorar ao estudante en cuestións relacionadas coas clases teóricas e as presentacións das interactivas: 3 horas.
DOCENCIA VIRTUAL:
Acceso aos recursos e ferramentas de comunicación da asignatura dispoñibles na USC Virtual.
Sistema de avaliación da aprendizaxe:
-Exame obrigatorio dos temas tratados nas clases expositivas: 70 % da nota final (para aprobar a asignatura será obrigatorio realizalo o aprobalo cun mínimo de 3,5 sobre 7). Con él, valorarase a capacidade discursiva do alumno e a súa dedicación ao estudo dos contidos teóricos oficiais da materia.
-Elaboración e exposición oral de traballos obrigatorios a presentar nas clases interactivas: 20 % da nota final. Para aprobar a asignatura será obrigatorio realizalo, publicalo na aula virtual e aprobalo cun mínimo de 1 sobre 2.
-A asistencia a clase é obrigatoria e suporá o 10 % da nota final (a sumar so si se aprobou tanto o exame como os traballos expostos nas clases interactivas).
A nota definitiva acádase despois de superar o 50% tanto no exame final como nos traballos expostos nas clases interactivas. En caso de non conseguilo nalguhna delas, a nota final será a cualificación da parte suspendida ou non presentada .
A asistencia a clase (expositiva, interactiva e práctica de campo), ao ser a avaliación continua, é obrigatoria polo que a ausencia suporá a imposibilidade de que o estudante poida ser avaliado (pasarase lista todos os dias e aleatoriamente).
De acordo co Regulamento de Asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (DG do 25/11/2024), a asistencia a clase será perceptiva para superar a materia e para realizar o exame. Para ter dereito o exame o alumnado deberá contar cunha porcentaxe de presencialidade nas actividades docentes programadas do 75%, tanto nas sesiones expositivas como nas interactivas e prácticas de campo.
Na oportunidade de xuño-xullo a cualificación obterase a partir dun exame obrigatorio de todos os contidos da materia (70% da cualificación final: para aprobar a asignatura será obrigatorio un mínimo de 3,5 sobre 7) e realizaranse traballos obrigatorios que se exporán oralmente previamente acordados co profesor (20% restante: para aprobar a asignatura será obrigatorio realizalo e aprobalo cun mínimo de 1 sobre 2). A asistencia a clase suporá o 10 % da cualificación final (a sumar sempre que se aprobase tanto o exame como os traballos expostos nas clases interactivas).
O estudante que aprobase as actividades das clases interactivas durante o curso conservará a cualificación e só terá que examinarse da materia impartida nas clases expositivas. Por outro lado, o que non realice as actividades das clases interactivas durante o curso ou as suspenda estará obrigado à realización de novos traballos obrigatorios previamente indicados polo profesor. En caso de non presentarse os devanditos traballos obrigatorios, a calificación final será un Non Presentado.
O estudantado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (segundo o "Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela", aprobado por acordo do Consello de Goberno do 25/11/2024) avaliarase cun examen final específico que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de traballos, probas ou exámenes será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións (tal e como se define no artigo 42 do "Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia daUniversidade de Santiago de Compostela" e de conformidade co disposto no artigo 11. g) da "Lei de convivencia universitaria").
O tempo destinado polo estudante a horas de estudo e de traballo persoal debería ser aproximadamente de 100 horas:
- Tempo de estudo da materia teórica: 50 horas
- Tempo dedicado á preparación das clases interactivas: 30 horas
- Tempo dedicado á preparación do traballo de curso individual: 15 horas
- Outras actividades en relación coa docencia e visita de campo: 5 horas
1.- Asistir regularmente a clase.
2.- Atender ás explicacións e orientacións do profesor.
3.-Consultar a bibliografía recomendada.
4.- Atender preferentemente ao estudo de conceptos e contidos antes que á simple descrición formalista das obras e imaxes a analizar.
5.- Concibir o estudo como un conxunto indisociable entre imaxe e contido, sempre na súa dimensión artística e cultural.
6.- Acceso e consulta aos contidos docentes na páxina web da USC Virtual.
Esta materia está incluida nun título en proceso de extinción polo que estará vixente na modalidade presencial durante os cursos:
2025-2026 e 2026-2027.
Os cursos 2027-2028 e 2028-2029 a materia ofertarase sen docencia presencial ate a súa extinción definitiva
Miguel Tain Guzman
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812677
- Correo electrónico
- miguel.tain [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 09 |
Martes | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 09 |