Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Coñecer e comprender e os conceptos e métodos básicos no estudo da variación lingüística
• Coñecer as principais variantes rexionais do galego moderno
• Identificar e analizar as principais variables que caracterizan as variedades xeográficas do galego
• Coñecer e diferenciar os niveis de análise lingüística
• Identificar e usar correctamente a terminoloxía propia da descrición lingüística
• Analizar e interpretar a variación lingüística nos distintos niveis
• Comprender os procesos de variación e cambio lingüístico
• Poñer en relación a variación lingüística co cambio lingüístico
• Iniciarse na investigación da variación dialectal
Bloque 1. Introdución e conceptos xerais
1.1 O estudo da variación lingüística: conceptos básicos
1.2. Variación e niveis de análise
1.3. As causas da variación: factores internos e externos
Bloque 2. Dialectoloxía: principios e métodos
2.1. A variación espacial: dialectoloxía e xeografía lingüística
2.2. Métodos de investigación dialectal
2.3. Ferramentas e recursos para a investigación dialectal
Bloque 3. A variación dialectal en galego
3.1. Historia da dialectoloxía galega
3.2. Fontes para o estudo da variación dialectal en galego
3.3. As variedades dialectais do galego
3.3.1. A variación dialectal do galego no panorama románico e ibérico
3.3.2. Caracterización das variedades dialectais galegas: niveis lingüísticos e variación
3.3.3. Propostas de clasificación das variedades dialectais
Bloque 4. Variación e cambio lingüístico en dialectoloxía
4.1 O estudo do cambio lingüístico e a dialectoloxía
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Álvarez, Rosario & Xulio Sousa. 2017. A investigación sobre a variación lingüística do galego: desde o ALGa ata a actualidade. Labor Histórico 3(1). 63-75.
Cardeira, Esperança e Maria Helena Mira Mateus. 2008. Norma e variación. Lisboa: Caminho
Chambers, Jack . K. & Peter Trudgill. 2012 [1998]. Dialectology. Cambridge: Cambridge University Press. Versión en español: 1994. La dialectología. Madrid: Visor.
Dubert García, Francisco & Charlotte Galves. 2016. Galician and Portuguese. En Adam Ledgeway & Martin Maiden (eds.), The Oxford Guide to the Romance languages. 411–446. Oxford: Oxford University Press.
Fernández Rei, Francisco. 1990. Dialectoloxía da lingua galega. Vigo: Xerais.
Ossenkop, Christina. 2018. Les frontières linguistiques dans l’ouest de la Péninsule ibérique. En Christina Ossenkop & Otto Winkelmann (eds.), Manuel des frontières linguistiques dans la Romania. 177–220. Berlin, Boston: De Gruyter.
Penny, Ralph. 2000. Variation and Change in Spanish. Cambridge: Cambridge University Press. Versión en español: 2004. Variación y cambio en español. Madrid: Gredos
Sánchez Rei, Xosé Manuel. 2011. Lingua galega e variación dialectal. Bertamiráns: Laiovento.
Santamarina, Antón. 1982. Dialectoloxía galega: historia e resultados. En Ramón Lorenzo & Dieter Kremer (eds.), Tradición, actualidade e futuro do galego. Actas do coloquio de Tréveris. 153-187. Santiago: Xunta de Galicia.
Segura, Luísa. 2013. Variedades dialetais do português europeu. En Eduardo P. Raposo, do Nascimento, Maria F. B., Maria A. C. Mota, Luísa Segura & Amália Mendes (eds.), Gramática do português I. 85–142. Coimbra: Fundação Calouste Gulbenkian.
Sousa, Xulio. 2016. A xeolingüística e o estudo da historia da linguas. En Alexandre Rodríguez Guerra (ed.), Lingüística histórica e dialectoloxía: coordenadas do cambio lingüístico. 35-52. Vigo: Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo.
Sousa, Xulio. 2021. La investígación geolingüística en Galicia: del siglo XX al siglo XXI. En Adolfo Arejita (ed.), Aniztasuna: hizkeren berba-mintzoak: Euskaltzaindiaren : II Nazioarteko Dialektologia Biltzarra :13-15 martxoa 2019, Bilbo. 121–136. Bilbao: Euskaltzaindia.
Sousa, Xulio. 2022. El Atlas Lingüístico de la Península Ibérica y el gallego del siglo XX. En Isabel Molina Martos & Pilar García Mouton (eds.), Geolingüística en la península ibérica, 55–70. Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Científicas.
Sousa, Xulio. 2023. Galician Dialect Classifications. Dialectologia Special Issue 11. 111–145.
Sousa, Xulio. 2025. Dialectal variation. En Xulio Sousa & Ernesto González Seoane (eds.), Manual of Galician Linguistics. 217–242. Berlín: De Gruyter Mouton.
Valcárcel Riveiro, Carlos. 2011. Lingua e territorio en Galicia. En María J. Piñeira Mantiñán & José M. Santos Solla (eds.), Xeografía de Galicia. 33–64. Vigo: Xerais.
• Ampliar os coñecementos sobre a análise e interpretación dos feitos lingüísticos
• Valorar axeitadamente a variación lingüística e as diferenzas dialectais
• Aplicar os métodos que axudan a describir a variación lingüística
• Adquirir coñecementos que permitan deseñar e desenvolver un traballo de investigación
• Coñecer e utilizar os métodos de documentación e análise lingüística
• Deseñar e elaborar un traballo de investigación
• Colaborar cos compañeiros no traballo en equipo
1. Exposición dos contidos teóricos e metodolóxicos da materia nas aulas expositivas
2. Comentario de textos dialectais
3. Deseño e elaboración dun traballo de documentación lingüística
4. Titorías individuais
5. Probas escritas sobre os contidos da materia
6. Traballo independente do alumno
Na aula virtual ofreceranse as referencias e materiais necesarios para o seguimento destas tarefas.
A avaliación das competencias acadadas realizarase de acordo cos sistemas que se indican.
I. Sistema presencial
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Os alumnos matriculados na materia deben realizar todas as actividades correspondentes ós seguintes elementos:
1. Control e comentario das lecturas, actividades de comentario de textos dialectais e probas de coñecemento (20%).
2. Traballo de iniciación á investigación (30%). Para superar a materia é imprescindible obter unha puntuación igual ou superior a 5.
3. Exame final (50%). Para superar a materia é imprescindible obter unha puntuación igual ou superior a 5.
As actividades non entregadas ou entregadas fóra de prazo cualificaranse con 0. Para superar a materia os alumnos deben obter unha puntuación global igual ou superior a 5. Os alumnos que realicen só dúas ou menos actividades avaliables serán cualificados como non presentados.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Os alumnos deben realizar todas as actividades correspondentes ós elementos sinalados para a primeira oportunidade.
1. Control e comentario das lecturas, actividades de comentario de textos dialectais e probas de coñecemento (20%). Avaliaranse unicamente as entregadas en prazo para a primeira oportunidade.
2. Traballo de iniciación á investigación (30%). Para superar a materia debe obterse unha puntuación igual ou superior a 5. Se na primeira oportunidade obtiveron unha cualificación inferior a 5 no traballo de investigación, deben entregar unha nova versión (30 días antes da data do exame da 2ª oportunidade). Neste caso a nota máxima para os alumnos que repitan o traballo será 5.
3. Exame final (50%). Para superar a materia debe obterse unha puntuación igual ou superior a 5.
As actividades non entregadas ou entregadas fóra de prazo cualificaranse con 0. Os alumnos que realicen só dúas ou menos actividades avaliables serán cualificados como non presentados. Para superar a materia os alumnos deben obter unha puntuación global igual ou superior a 5.
II. Sistema non presencial
Este sistema aplicarase exclusivamente a aqueles alumnos que xustifiquen documentalmente a dispensa oficial de asistencia a clase e ós alumnos repetidores que tamén xustifiquen a súa situación. En todos os casos os estudantes deben concertar unha cita co profesor da materia antes do 30 de setembro (ou non máis de 7 días despois de recoñecida a dispensa).
1. Control e comentario das lecturas, actividades de comentario de textos dialectais e probas de coñecemento (15%). As tarefas deben entregarse no prazo determinado no Campus Virtual.
2. Traballo de iniciación á investigación (15%). Para superar a materia debe obterse unha puntuación igual ou superior a 5. O traballo debe entregarse no prazo determinado no Campus Virtual.
3. Exame final (70%). Para superar a materia debe obterse unha puntuación igual ou superior a 5.
Os prazos de entrega para as actividades son os mesmos que para o resto do alumnado. As actividades non entregadas ou entregadas fóra de prazo cualificaranse con 0. Para superar a materia os alumnos deben obter unha puntuación global igual ou superior a 5.
50 horas para o estudo e preparación de actividades programadas na clase.
20 horas para as lecturas programadas.
25 horas para a realización de traballos de iniciación á investigación.
15 horas para a preparación de probas.
Observacións
1. Os alumnos que conten con tres ou máis cualificacións de tarefas serán avaliados coa nota correspondente (non como non-presentados), independentemente de que non se presenten ó exame final.
2. Nas probas orais e escritas terase en conta a adecuación e corrección lingüísticas e a presentación consonte as convencións de estilo dos traballos académicos.
3. Os alumnos que acudan á segunda oportunidade e teñan unha nota inferior a 5 no traballo de investigación poderán presentar unha nova versión que será avaliada (nota máxima 5).
4. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións(https://www.usc.gal/gl/usc/institucional/goberno/valedor/
normativa).
Xulio Sousa Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811866
- Correo electrónico
- xulio.sousa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C10 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C10 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | Galego | D07 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | Galego | D07 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | Galego | D07 |
08.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C07 |
08.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | C07 |
08.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | C07 |
08.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | C07 |
08.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | C08 |
08.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | C08 |
08.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | C08 |
08.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C08 |
03.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D10 |
03.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A-F) | D10 |
03.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_02 (G-O) | D10 |
03.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_03 (P-Z) | D10 |