Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingua Española
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
a) Adquirir unha formación básica en contidos metodolóxicos e didácticos relacionados co ensino de ELE.
b) Adquirir os recursos básicos para organizar e programar o labor docente nas clases de ELE.
c) Poñer en práctica os coñecementos adquiridos.
1. Adquisición de segundas linguas
2. Métodos e enfoques no ensino de idiomas
3. Ensino/aprendizaxe de competencias en ELE
4. Desenvolvemento e integración das actividades comunicativas da lingua (comprensión, expresión, interacción e mediación)
5. Programación de unidades didácticas
3.1. Obras de referencia
Baralo, Marta (1999): La adquisición del español como lengua extranjera, Madrid, Arco/Libros.
Centellas Rodrigo, Aurora (ed.) (2021): Lingüística aplicada. Adquisición del español como Lengua Extranjera, Madrid, Enclave-ELE y UDIMA.
Centellas Rodrigo, Aurora (ed.) (2022): Proceso de enseñanza del Español como Lengua Extranjera, Madrid, Enclave-ELE y UDIMA.
Cestero Mancera, Ana María e Inmaculada Penadés Martínez (eds.) (2017): Manual del profesor de ELE, Alcalá de Henares, Servicio de Publicaciones de la Universidad de Alcalá.
García Santa-Cecilia, Álvaro (2000): Cómo se diseña un curso de lengua extranjera, Madrid, Arco Libros.
Jiménez Calderón, Francisco y Anna Rufat Sánchez (eds.) (2019): Manual de formación para profesores de ELE, Madrid, SGEL.
Juan-Lázaro, Olga y Leyre Alejaldre Biel (2020): Competencias digitales en el aula. Estrategias y modelos de implementación en la enseñanza de idiomas, Madrid, en-ClaveELE-UDIMA.
Lacorte, Manel y Agustín Reyes-Torres (2021): Didáctica de la lengua como 2/L en el Siglo XXI, Madrid, Arco Libros.
Martín Peris, Ernesto (coord.) (2015): La formación del profesorado de español. Innovación y reto, Madrid, Difusión.
Méndez Santos, María del Carmen (2021): 101 preguntas para ser profe de ELE: introducción a la lingüística aplicada para la enseñanza del español, Madrid, Edinumen.
Muñoz-Basols, Javier, Elisa Gironzetti y Manel Lacorte (eds.) (2019): The Routledge handbook of Spanish language teaching: metodologías, contextos y recursos para la enseñanza del español L2, Milton Park, Abingdon, Oxon, Routledge.
Pastor Cesteros, Susana (2004): Aprendizaje de segundas lenguas. Lingüística aplicada a la enseñanza de idiomas, Publicaciones de la Universidad de Alicante.
Regueiro Rodríguez, María Luisa (2014): La programación didáctica ELE. Pautas para el diseño de la programación de un curso ELE, Madrid, Arco Libros.
Richards, Jack C. y Theodore S. Rodgers (1986): Approaches and Methods in Language Teaching, Cambridge University Press. Trad. esp. de José M. Castrillo y María Condor, Enfoques y métodos en la enseñanza de idiomas, Cambridge University Press, Sucursal en España, 2003, 2ª edición actualizada.
Sánchez Lobato, Jesús e Isabel Santos Gargallo (dirs.) (2004): Vademécum para la formación de profesores. Enseñar español como segunda lengua (L2) / lengua extranjera (LE), Madrid, SGEL.
Santos Gargallo, Isabel (1999): Lingüística aplicada a la enseñanza-aprendizaje del español como lengua extranjera, Madrid, Arco/Libros.
3.2. Diccionarios terminológicos
Instituto Cervantes (Centro Virtual Cervantes). Diccionario de términos clave de español como lengua extranjera.
https://cvc.cervantes.es/ensenanza/biblioteca_ele/diccio_ele/.
Palacios Martínez, I. M. (dir.) (2019): Diccionario electrónico de enseñanza y aprendizaje de lenguas. https://www.dicenlen.eu/es.
1. Competencias básicas e xerais
CB2. Capacidade para elaborar argumentos e defendelos, así como para propoñer solucións a problemas lingüísticos.
CB3. Capacidade para reunir e interpretar datos lingüísticos relevantes co fin de emitir xuízos reflexivos.
CB4. Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público especializado e non especializado.
CB5. Capacidade para aplicar de forma autónoma en estudos posteriores as habilidades de aprendizaxe adquiridas.
CG1. Adquisición e comprensión de coñecementos, métodos científicos e recursos de análises específicas para o estudo lingüístico avanzado do español.
CG2. Habilidade para aplicar os coñecementos e métodos adquiridos na identificación e resolución de problemas, tanto no ámbito dos estudos lingüísticos como no ámbito profesional.
CG3. Capacidade de reflexión e pensamento crítico para describir, interpretar e valorar os feitos lingüísticos.
CG5. Capacidade de abstracción, síntese e análise para extraer ideas xerais a partir da observación e descrición dos datos.
CG6. Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións sobre cuestións da lingua española a un público especializado e non especializado.
CG7. Dominio da expresión oral e escrita en español en diferentes contextos de uso.
CG8. Habilidade para manexar ferramentas informáticas e redes cooperativas que permitan establecer contactos nacionais e internacionais.
CG9. Habilidade para o traballo cooperativo en contextos multiculturais e multilingües.
CG10. Aprendizaxe autónoma de novos coñecementos e técnicas de análise.
2. Competencias específicas do Grao en Lingua e Literatura Españolas que se adquiren nesta materia
CE1. Dominio das bases teóricas, enfoques e recursos de análise do ámbito da lingüística.
CE5. Capacidade para recoñecer o carácter interdisciplinar dos estudos lingüístico-literarios.
CE14. Capacidade para recoñecer as variedades internas da lingua española (temporais, espaciais, sociais e situacionais).
CE16. Habilidade para manexar novas tecnoloxías que faciliten o estudo da lingua española.
CE17. Habilidade para empregar ferramentas de busca de recursos bibliográficos no estudo da lingua española.
CE18. Desenvolvemento da competencia comunicativa en contextos académicos.
CE19. Adquisición de estratexias que faciliten a realización de estudos filolóxicos posteriores.
3. Competencias específicas da materia
a) Capacidade para reflexionar sobre que significa aprender unha lingua estranxeira.
b) Capacidade para reflexionar sobre as propias crenzas relacionadas co papel do profesor, do alumno e da lingua no proceso de ensino e aprendizaxe.
c) Dominio dos principais fundamentos metodolóxicos nos que se basea actualmente o ensino de linguas.
d) Capacidade para avaliar e seleccionar materiais didácticos de ELE que faciliten e motiven a actividade docente.
e) Adquisición de criterios didácticos prácticos e ben fundamentados para planificar as clases, cun enfoque integrador dos contidos e aplicando unha variada tipoloxía de actividades e recursos.
f) Desenvolvemento de diferentes técnicas e habilidades para a actuación docente na aula, con distintos agrupamentos e recursos.
g) Manexo da terminoloxía específica no ámbito do ensino de ELE.
h) Respecto pola diversidade lingüística e cultural na aula e fóra da aula.
O curso ten unha dobre vertente teórico-descritiva e práctica. Nas sesións expositivas a profesora desenvolverá os temas do programa; as sesións de seminario dedicaranse á resolución e comentario de exercicios e á reflexión e discusión sobre cuestións concretas do temario.
O curso dispón dunha aula virtual con materiais e recursos necesarios para o desenvolvemento dos temas e a realización das prácticas.
1. PRIMEIRA OPORTUNIDADE
A avaliación será continua, baseada na realización das seguintes probas:
a. Lectura reflexiva e crítica de traballos sobre algúns dos contidos do programa (15% da cualificación).
b. Elaboración dun glosario da materia a través da ferramenta Glosario do Campus Virtual (10% da cualificación).
c. Tarefa de busca, selección e valoración crítica de recursos na rede para o ensino e a aprendizaxe de ELE (30% da cualificación).
d. Planificación e deseño dunha clase de ELE (45% da cualificación).
2. SEGUNDA OPORTUNIDADE
Manteranse as cualificacións das probas superadas na primeira oportunidade e deberanse recuperar as probas suspensas, mantendo o peso da primeira oportunidade. A entrega e/o realización das probas suspensas terá lugar na data oficial fixada pola Facultade de Filoloxía.
ESTUDANTADO REPETIDOR
O estudantado repetidor será avaliado de acordo co réxime ordinario anteriormente descrito (1. Primeira oportunidade e 2. Segunda oportunidade).
ESTUDANTADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA
O estudantado con dispensa de asistencia acreditada terá que realizar as seguintes probas:
1. Planificación e deseño dunha clase de ELE (60%).
2. Proba escrita sobre os contidos da materia (40%).
Este sistema de avaliación aplicarase tanto na primeira como na segunda oportunidade. A entrega da proba 1 e o desenvolvemento da proba 2 terán lugar nas datas oficiais fixadas pola Facultade de Filoloxía.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
As actividades non presenciais ocuparán ao alumnado 105 horas de traballo, o que sumado ás 45 horas de traballo na aula supón 150 horas, equivalentes a 6 créditos ECTS.
Para cursar esta materia recoméndase que o alumnado non nativo teña un dominio instrumental avanzado da lingua española, correspondente ao nivel B2 (MCER).
a. Os procedementos e as canles de comunicación que serán utilizados no desenvolvemento da materia (titorías, actividades de seguimento, etc.) limítanse exclusivamente ás distintas ferramentas tecnolóxicas institucionais (Campus Virtual, Plataforma MS Teams, Office 365, correo electrónico institucional).
b. En todas as actuacións relacionadas coa materia respectaranse a política de privacidade e protección de datos da USC: https://www.usc.gal/gl/politica-privacidade-proteccion-datos.
c. O material docente elaborado polo profesorado está sometido a dereitos de autor. Non se permite o seu uso para fins distintos dos de impartición da docencia en cada materia do Campus Virtual. Tampouco se permite a súa difusión nin publicación por ningún outro canle. O seu uso e difusión para outros fins requirirá a autorización expresa da USC (cfr. Condicións de uso dos materiais que figuran no campus virtual da USC: https://www.usc.gal/es/node/41099).
Marta Blanco Dominguez
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Teléfono
- 881811765
- Correo electrónico
- marta.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | D07 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D09 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D09 |
09.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D08 |
09.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D08 |
04.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D04 |
04.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D04 |