Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Grega
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1.- Coñecer e dominar a gramática do grego clásico en liñas xerais.
2.- Adquirir un vocabulario básico do grego.
3.- Adquirir destreza na lectura, comprensión e tradución dos textos e autores propostos.
1.- Gramática. Revisión dos coñecementos gramaticais necesarios para o dominio da gramática ao nivel do curso.
2.- Vocabulario básico. Proporcionarase un caderno co vocabulario que haberá que aprender nesta materia.
3.- Tradución e comentario de textos de pouca dificultade (entregarase aos alumnos unha antoloxía), con especial atención aos aspectos fonéticos e morfolóxicos e insistindo na aprendizaxe de léxico e gramática. Parte dos textos traballaranse na aula e outra parte deberán traballalos os alumnos pola súa conta.
Gramática:
O libro de base de gramática grega é E. Bornemann, E. Risch, «Griechische Grammatik», Frankfurt, 1978 (2ª ed.), que será resumido en apuntamentos que serán entregados aos alumnos.
Moi amplas son dúas obras de referencia, que serven para todo o grao:
Evert van Emde Boas, Albert Rijksbaron, Luuk Huitink, Mathieu de Bakker, The Cambridge Grammar of Classical Greek. Cambridge: Cambridge University Press 2019.
Jiménez López, D. coord., Sintaxe do grego antigo, Madrid, CSIC, 2021. 2 vols.
Outros manuais de gramática útiles (Gildersleeve, Goodwin, Rydberg- Cox, Smyth) están dispoñibles en www.perseus.tufts.edu.
O dicionario máis completo é agora Logeion: www.logeion.chicago.edu
Acaba de aparecer: «The Cambridge Greek Lexicon», Cambridge, CUP, 2021
Un dicionario para uso máis sinxelo, aínda sen concluír, é www.dicciogriego.es
Dominar a parte de gramática grega obxecto de revisión nesta materia.
Memorizar o vocabulario proposto para esta materia.
Analizar e traducir correctamente os textos propostos.
Tres horas de clase semanais en dous eixos: análise, comentario e tradución de textos e explicacións teórico-prácticas de gramática.
Os materiais necesarios facilitaránse a través da Aula Virtual.
- A asistencia a clase e participación activa (tradución en clase, exercicios propostos na aula virtual, etc.) é obrigatoria e constitúe un 10% da nota final. A xustificación das faltas ha de facerse conforme ao Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado polo Consello de Goberno na sesión ordinaria do 25 de novembro de 2024. Un 10% de faltas non xustificadas terá que ser compensada cun traballo proposto polo profesor.
- Vocabulario: A proba de vocabulario realizarase o día 29 de outubro. Constará dun listado de 20 palabras, das que haberá que dar o significado. Para superala cómpre non ter máis de 5 fallos. Caso de non superala poderase repetir na data oficial do exame.
- Gramática: Haberá dúas probas, unha de morfoloxía nominal e outra de morfoloxía verbal. As probas de gramática consistirán na análise morfolóxica de 20 palabras, das que haberá que indicar todas as categorías (xénero, número e caso para substantivos e adxectivos; voz, modo, tempo, número e persoa para verbos). Ademais daranse 10 palabras, en nominativo, se son substantivos ou adxectivos, ou en 1ª persoa de singular de presente de indicativo, se é un verbo, das que se pedirá unha forma do seu paradigma. Para superar as probas cómpre non ter máis de 5 fallos na análise das 20 palabras nin máis de 3 nas outras 10 palabras. Caso de non superalas poderase repetir na data oficial do exame.
É imprescindible superar as probas de léxico e gramática para aprobar a materia.
- Tradución:
Exame oral de tradución sen dicionario e comentario de textos traballados polo alumno fóra da aula (10% da nota). Farase na primeira quincena de decembro.
Exame de tradución de textos a primeira vista dun nivel similar aos propostos en clase (80% da nota). Non se permitirá o uso do dicionario. Se algunha palabra non está no vocabulario básico, darase o seu significado.
Para aprobar a materia cómpre aprobar os dous exercicios de tradución.
Na 2ª oportunidade os criterios de avaliación serán os mesmos.
As faltas de ortografía poden restar ata un máximo de 2 puntos. (0,25 cada falta, 0,10 cada til).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
3 horas semanais de aprendizaxe de gramática e vocabulario. 6 horas semanais de tradución.
É fundamental a asistencia a clase e a constancia no traballo persoal en casa.
Maria Teresa Amado Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Grega
- Teléfono
- 881811888
- Correo electrónico
- mariateresa.amado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Marcos Dieste Trillo
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Grega
- Correo electrónico
- marcos.dieste [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Castelán | D09 |
14:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Castelán | D09 |
Martes | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C12 |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C10 |
23.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C11 |
23.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C11 |
23.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C11 |
18.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C11 |
18.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C11 |
18.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C11 |