Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Acadar un coñecemento panorámico das principais correntes e achegas individuais que dan forma á historia da narrativa galega contemporánea, con especial énfase nos textos publicados dende comezos do século XX ata os nosos días e prestando atención á singularidade da súa configuración discursiva e do seu contexto de producción e recepción.
- Establecer unha xenealoxía na que o estudo dunha serie de textos (escollidos ben pola súa canonización simbólica en base a características formais, ben pola súa singular importancia para a explicación de persistencias, fronteiras e mudanzas no discurso narrativo galego) sirvan para sentar as bases dun coñecemento panorámico do rol que a escritura prosística galega xogou na configuración, renovación e mantemento do campo literario galego.
BLOQUE 0. Historia e sociedade na construción dun xénero literario. Algúns marcos de lectura.
Bibliografía complementaria recomendada:
Anderson, Benedict (1993 [1983]): “Introducción” e “Las raíces culturales”, en Comunidades imaginadas. Reflexiones sobre el origen y la difusión del nacionalismo. Ciudad de México: Fondo de Cultura Económica.
* De ser posible, recoméndase a consulta da versión orixinal: Imagined, Cummunities. Reflections on the Origin and Spread of Nationalism. London and New York: Verso.
González Millán, Xoan (1995): “Do nacionalismo literario á literatura nacional. Hipóteses de traballo para un estudio institucional da literatura galega”, Anuario de Estudios Literarios Galegos 1994, 67-81.
— (1994): “Unha introducción (in)necesaria”, en Literatura e sociedade en Galicia (1975-1990). Vigo: Xerais, 15-22.
BLOQUE 1. Campo literario, modernidade e o artellamento dun xénero: A prosa de ficción en galego, antes da Guerra Civil.
1.1. Nación e narración en dúas coleccións de literatura popular: Un ollo de vidro, de Castelao (Céltiga, 1922); A trabe de ouro e a trabe de alquitrán, de Vicente Risco (Lar, 1925).
Bibliografía complementaria recomendada:
Alonso Nogueira, Alejandro (2020): “‘As antinomias de Vicente Risco: etnografía, literatura popular e política”, en Grial 228, 44-53.
González Seoane, Ernesto e Vilavedra, Dolores (1994): “Castelao, un home do seu tempo” en Retrincos; Un ollo de vidro. Vigo: Galaxia, 7-53.
Tato Fontaíña, Laura (2003): “A emerxencia do discurso narrativo: das coleccións de novela curta ao romance” en Maria do Amparo Tavares Maleval e Francisco Salinas Portugal (eds.), Estudos galego-brasileiros. Rio de Janeiro: H.P. Comunicaçao, 193-218.
1.2. Cultura impresa, vangarda estética e ideoloxía liberal: Rafael Dieste e Dos arquivos do trasno (1926).
Bibliografía complementaria recomendada:
Casas, Arturo (1994): “Para unha biografía intelectual (1899-1930)” e “A obra narrativa” en Rafael Dieste e a súa obra literaria en galego. Vigo: Galaxia, 15-59.
Figueroa, Antón (2010): “Máis alá da teoría: o nacemento da autonomía”, en Ideoloxía e autonomía no campo literario galego. Bertamiráns: Laiovento, 73-113.
Irizarry, Estelle (1980): “Realidad integral en Dos arquivos do trasno” e “El arte del cuento”, en La creación literaria de Rafael Dieste. Sada: Ediciós do Castro, 126-133, 240-249.
Tarrío, Anxo (1987): “Dos arquivos do trasno: ‘Opera aperta’”, en De letras e signos. Ensaios de semiótica e crítica literaria. Vigo: Xerais, 86-90.
BLOQUE 2. Literatura narrativa e reconstrución do campo literario galego, no fervedoiro dos anos 50
2.1. Fantasía e liberdade no proxecto literario de Galaxia: Merlín e familia (1955), de Álvaro Cunqueiro.
Bibliografía complementaria recomendada:
González Millán, Xoan (1991): Alvaro Cunqueiro e Merlín e familia. Vigo: Galaxia.
Piñeiro, Ramón (1951): “Carta a Álvaro Cunqueiro, trovador galego, falándolle dos males presentes de Europa e do seu remedio, dende a ladeira dun castro lugués”, en Presencia de Curros y Dª Emilia, Colección Grial 3, pp. 103-107.
2.2. A esmorga (1959), de Eduardo Blanco-Amor, e o seu proxecto dunha narrativa nacional-popular en lingua galega.
Bibliografía complementaria recomendada:
Alonso Nogueira, Alejandro (2009): “Blanco-Amor e a constitución do campo literario galego durante os anos de Galaxia”, Grial 184: 28–35.
García Martínez, Pablo (2023): “Lengua y texto literario en la construcción de una cultura nacional-popular: Eduardo Blanco-Amor, de Galicia Emigrante a A Esmorga”, Bulletin of Spanish Studies, 100.6, pp. 881-901.
Vilavedra, Dolores (2000): “A esmorga: un exemplo da rendabilidade da polifonía como estratexia enunciativa nas literaturas minorizadas”, en Sobre narrativa galega contemporánea. Vigo: Galaxia, pp. 97-115.
BLOQUE 3. Novas voces para unha nova narrativa
3.1. Apropiación, modernidade técnica e procura dun novo discurso narrativo: A orella no buraco (1965), de María Xosé Queizán
Bibliografía complementaria recomendada:
Carvalho Calero, Ricardo [Fernando Cadaval] (1956): “Kafka, faulkner y otras kaes” La Noche 05/07/1956, 5.
Figueroa, Antón (2010): “Supervivencia do campo de produción ideolóxico” e “Outra vez camiño da autonomía” en Ideoloxía e autonomía no campo literario galego. Compostela: Laiovento, pp. 113-159.
Piñeiro, Ramón (1956): “Carta a Daniel Cortezón Álvarez”, en Daniel Cortezón, As covas do rei cintolo. Vigo: Galaxia, 11-26.
Queizán, María Xosé (1979): “A nova narrativa ou a loita contra o sentimentalismo”, en Grial 63: 67-80.
Regueira, Mario (2020): “María Xosé Queizán e A orella no buraco. Nova Narrativa e Nouveau Roman”, en Narrativa e imaxinario nacional na reconstrución do campo literario de posguerra (1936-1966). Vigo: Xerais, 265-270.
Vilavedra, Dolores (1989): “A voltas coa ‘Nova narrativa galega’”, en Dorna 15, 83-86.
3.2. Mirada feminina e novela de iniciación sentimental en Adiós María (1971) de Xohana Torres
Bibliografía complementaria recomendada:
Bermúdez, Teresa (2000): “Adiós María como novela feminina galega”, en Isabel de Riquer, Elena Losada e Helena González (eds.), Ensinar a pensar con liberdade e risco. Homenatge a Basilio Losada, Barcelona, Universitat de Barcelona, p. 163-170.
Garrido González, Ana (2015): “Las chicas raras no tienen voz: una interpretación de ‘Adiós María’ de Xohana Torres”, en Itinerarios: revista de estudios lingüisticos, literarios, históricos y antropológicos 21, 183-198.
3.3. Bildungsroman e conciencia de clase na procura dun realismo crítico: Antón e os inocentes (1976), de Xosé Luís Méndez Ferrín
Bibliografía complementaria recomendada:
Méndez Ferrín, Xosé Luis (1966): “‘Nova Narrativa’ y compromiso social”, en Presencia 14/05/1966, 6.
Blanco, Carmen (1994): “A espiral permanente: aproximación literaria á figura de X. L. Méndez Ferrín”, en Anuario de Estudios Literarios Galegos 1993, 11-45.
Blanco Casás, Antón (2020): “Antón e os inocentes, de Méndez Ferrín. Unha concepción internacionalista da Galicia contemporánea desde Vigo e o seu mar”, en Abriu: estudos de textualidade do Brasil, Galicia e Portugal 9, 177-201.
BLOQUE 4. A consolidación dunha literatura, a creación dun mercado literario
4.1. A invención dun premio, a construción dun xénero e o artellamento dun mercado literario: Crime en Compostela (1984), de Carlos Reigosa.
Bibliografía complementaria recomendada:
González Millán, Xoán (1994): “A novela policial. Fragmento de Crime en Compostela, de Carlos G. Reigosa”, en Claudio Rodríguez Fer (ed.) Comentarios de textos populares e de masas. Vigo: Xerais, 193-229.
— (1994): “Os premios literarios” en Literatura e sociedade en Galicia (1975-1990). Vigo: Xerais, 105-132.
Vilavedra, Dolores (2010): “A chamada ‘narrativa de xénero’” e “Nace o policial”, en A narrativa galega na fin de século. Unha ollada crítica dende 2010. Vigo: Galaxia, 105-118.
4.2. Experimentación e ruptura en Polaroid (1986), de Suso de Toro.
Bibliografía complementaria recomendada:
Baltrush, Burghard (2018): “Para unha caracterización histórica do vangardismo porsmoderno na literatura galega dende ‘Rompente’ a Antón Reixa e Suso de Toro”, en Homenaxe a Ramón Gutiérrez Izquierdo. Vigo: Servizo de publicacións da Universidade de Vigo, 27-40.
Vilavedra, Dolores (2000): “De Polaroid a Tic-tac ou como ser posmoderno pasando por Otero Pedrayo”, en Sobre narrativa galega contemporánea. Vigo: Galaxia, 45-60.
4.3. A literatura galega fronte ao boom da memoria: O lápis do carpinteiro (1998), de Manuel Rivas.
Bibliografía complementaria recomendada:
Assmann, Aleida (2021): “Cultural Memory”, en Social trauma–an interdisciplinary textbook. Cham: Springer, 25-36.
Labanyi, Jo (2007): “Memory and modernity in democrat ic Spain: The difficulty of coming to terms with the Spanish Civil War”, en Poetics Today 28.1: 89-116.
Vilavedra, Dolores (2015): “Literatura en el espacio público. Rivas y su obra: un punto de inflexión en la recuperación de la memoria histórica”, en Olivar 16.24.
BLOQUE 5. ¿Narrar, aínda, hoxe? A prosa galega no primeiro cuarto do século XXI
5.1. Renovando o arquivo do feminismo galego cunha reescritura da Materia de Bretaña: Morgana en Esmelle (2012), de Begoña Caamaño.
Bibliografía complementaria recomendada:
Caamaño, Begoña (2012): “Morgana en Esmelle”, en Festa da palabra silenciada 28, 40-46.
Forcadela, Manuel (2012): “Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño”, en Festa da palabra silenciada 28, 87-89.
González, Helena (2005): “Xenealoxías míticas. As Penélopes navegantes”, en Elas e o paraugas totalizador. Escritoras, xénero e nación. Vigo: Xerais, 127-142.
Nogueira Pereira, María Xesús (2016): “A (re)escritura feminista. Notas sobre Begoña Caamaño”, en Madrygal 19: 151-159.
5.2. Narrar o cotiá, resistir o cotiá: Carrusel (2019), de Berta Dávila.
Bibliografía complementaria recomendada:
Dávila, Berta (2023): “Perdón polas manchas desta páxina”, en Boletín da Real Academia Galega 384, 401-403.
Forcadela, Manuel (2021): “Xénero e suxeito en sete novelas escritas por mulleres”, A Trabe de ouro: publicación galega de pensamento crítico 118: 83-105.
5.3. A voz des que marcharon, os lugares que ficaron: investigación e audacia narrativa en Ninguén queda (2022), de Brais Lamela.
Bibliografía complementaria recomendada:
Lamela, Brais (2024): “Os lugares e as conversas”, Boletín da Real Academia Galega 384: 405-407.
Miguélez-Carballeira, Helena (2024). “The traumatic rural unconscious in contemporary Galician culture: hydropolitical violence in literature and film”, en Journal of Spanish Cultural Studies 25.4, 549-564.
NOTA. Enténdese que os estudantes coñecen xa as obras literarias de lectura obrigatoria nas materias de literatura galega de cursos anteriores.
A “Bibliografía básica” compóñena o conxunto das obras de literatura narrativa (relatos e, principalmente, novelas) sinaladas no apartado “Contidos” do presente programa. Os textos que aparecen nesa mesma sección, baixo os epígrafes de “Bibliografía complementaria recomendada”, dialogan coa información achegada durante as sesións expositivas da materia, ben a nivel de análise das autoras e os autores, ben a nivel de contextualización histórica ou sociolóxica dos textos narrativos, ben a nivel do enfoque analítico suxerido para o estudo do corpus. A maiores, facilítase a seguir unha listaxe de “Bibliografía complementaria xeral”, feita de materiais que serven para formar unha visión máis panorámica dos momentos da historia cultural galega cos que dialogan os materiais de literatura narrativa estudados na materia.
Bibliografía complementaria xeral:
Beramendi, Justo G (2007): De provincia a nación: historia do galeguismo político. Vigo: Xerais.
Carvallo Calero, Ricardo (1963): Historia da literatura galega contemporánea. Vigo: Galaxia.
Casas, Arturo (1994): Rafael Dieste e a súa obra literaria en galego. Vigo: Galaxia.
Fernández Freixanes, Víctor (1976): Unha ducia de galegos. Vigo: Galaxia.
Forcadela, Manuel (1993): Manual e escolma da Nova Narrativa Galega. Compostela: Sotelo Blanco.
Forcadela, Manuel e Noia, Camino (2011): Cara a unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán. Vigo: Xerais.
González-Millán, Xoán (1996): A narrativa galega actual (1975-84). Vigo: Xerais.
González-Millán, Xoán (1994): Literatura e sociedade en Galicia (1975-90). Vigo: Xerais.
González-Millán, Xoán (1991): Álvaro Cunqueiro: os artificios da fabulación. Vigo: Galaxia.
Lakhdari, Sadi (2012): Voces de Galicia. Manuel Rivas y Suso de Toro. París: Indigo & Côté-Femmes.
López López, Lorena (2022): Aínda invisíveis? Narradoras e margens na literatura galega contemporânea. Compostela: Através.
Nicolás, Ramón (ed.) (2017): Irmandades da Fala: narrativa. Antoloxía. A Coruña: Real Academia Galega.
Noia, Camiño (1992): A nova narrativa galega. Vigo: Galaxia.
Regueira, Mario (2020): Narrativa e imaxinario nacional na reconstrución do campo literario de posguerra (1936-1966). Vigo: Xerais.
Rodríguez, Francisco (1993): Eduardo Blanco Amor. O desacougo da nación negada. Pontevedra: Cumio.
Rodríguez Rodríguez, Marisol (2013): Feminismo e innovación en la narrativa gallega de autoría femenina : Xohana Torres, María
Xosé Queizán, Carmen Blanco y Teresa Moure. Lewiston (New York): Edwin Mellen Press.
Rosales Cereijo, Manuel (1997): A narrativa de Castelao. Xénese e desenvolvemento. Compostela: Sotelo Blanco.
Rodríguez González, Olivia (2001): Estética e teoría da cultura en Vicente Risco. Vigo: Galaxia.
Tarrío, Anxo (1994): Literatura galega. Aportacións a unha historia crítica. Vigo: Xerais.
Tarrío, Anxo (1989): Álvaro Cunqueiro ou os disfraces da melancolía. Vigo: Galaxia.
Vilavedra, Dolores [coord.] (1995-2004): Diccionario da literatura galega. Vigo: Galaxia.
Vilavedra, Dolores (2010): A narrativa galega na fin de século. Unha ollada crítica dende 2010. Vigo: Galaxia.
Vilavedra, Dolores (2000): Sobre narrativa galega contemporánea. Vigo: Galaxia.
Vilavedra, Dolores (1999): Historia da literatura galega. Vigo: Galaxia.
O alumnado debe, ao remate do curso:
- ter un coñecemento panorámico do proceso por medio do cal se foi constituíndo o discurso narrativo galego, dende os primeiros momentos da súa cristalización como xénero autónomo, nas primeiras décadas do S. XX, ata os nosos días.
- ser quen de identificar as singularidades, e algúns dos principais fitos, que caracterizan ese proceso.
- ser quen de relacionar as obras tanto coa evolución na construción do estilo das autoras e dos autores das mesmas como cos contextos históricos e sociais nos que aquelas toman forma.
-ter lidos os textos obrigatorios, ser quen de formular propostas interpretativas sobre eles e hipótesis sobre calquera outro texto da época, a partir do seu coñecemento global desta.
-ser quen de ler, entender, sintetizar e responder críticamente a bibliografía secundaria sobre a narrativa das épocas estudadas.
Combinaranse as sesións expositivas co comentario das obras que figuran como obrigatorias no programa (vid, supra) e, de ser o caso, outros textos que o profesor poida achegarlle ao alumnado.
As sesións interactivas estarán reservadas para o comentario das obras de lectura obrigatoria, realizado en relación coa información ofrecida polo profesor durante as sesións expositivas.
É imprescindible, para un correcto aproveitamento das clases, ter realizadas as lecturas literarias cando se expliquen eses textos e autores na aula ou, cando menos, realizalas en paralelo.
- Calquera circunstancia que puidese xustificar a ausencia puntual ou sistemática das sesións presenciais debe ser posta en coñecemento do profesor nas dúas primeiras semanas do semestre, ben no horario de titorías, ben a través do correo electrónico.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”, aprobada polo Consello de Goberno da USC en 15/06/2011.
Na 1ª oportunidade existen dúas modalidades de avaliación:
Opción A (Avaliación final)
- O 100% da nota sae do exame final.
Opción B (Avaliación continua)
- O 50% da nota sae da cualificación obtida no exame final.
- O 30% da nota sae da cualificación obtida nun traballo escrito.
- O 20 % da nota sae da combinación da participación activa nas clases coa cualificación obtida nunha entrevista a realizar, por parellas, nas últimas semanas do curso e centrada nun dos 5 Bloques temáticos que compoñen a sección “Contidos” do presente programa.
Especificacións das condicións para a Opción B:
- O número máximo de faltas sen xustificar permitidas para optar á Opción B é de 6. As persoas que superen este número de faltas sen xustificar pasarán a ser, automaticamente, avaliadas a través da Opción A.
- Aquelas persoas que queiran facer uso da “Opción B” deben facerllo saber ao profesor nas dúas primeiras semanas de clase, notificándolle igualmente cal é a lectura obrigatoria sobre a que elixen facer o traballo escrito.
- A entrevista realizarase por parellas, mais a nota será individual. Ao final da segunda semana de clase, o profesor realizará o agrupamento por parellas, atendendo á orde alfabética dos apelidos e tomando só en consideración aes estudantes que mantiveran unha asistencia regular á clase ata ese momento.
- Os traballos escritos consistirán nun comentario dunha das obras de lectura obrigatoria, para o cal é necesario botar man tamén das lecturas recollidas no apartado “Contidos” do presente programa, dentro das seccións “Bibliografía complementaria recomendada”.
- Utilizarase o modelo de citación APA e será necesario realizar unha correcta atribución das ideas tomadas das fontes secundarias escolleitas para a realización do traballo.
- Os traballos terán unha extensión mínima de 1.000 palabras e máxima de 1.200 palabras e deberán ir acompañados dun reconto de palabras.
- Para seren tidos en conta, os traballos deben entregarse (a través do espazo facilitado para tal propósito dentro do Campus Virtual) antes da finalización do último día lectivo da semana en que se analice a obra elixida para a realización desta tarefa.
- É preciso aprobar as tres partes (exame, entrevista e traballo) para poder optar á avaliación positiva na nota final
Na 2ª oportunidade:
- Aquelas persoas que elixiran a Opción A como medio de avaliación para a primeira oportunidade volverán a ser avaliadas a través desa modalidade.
- Aquelas persoas que, tendo elixido a Opción B e cumprido cos requisitos de asistencia, obtiveran unha cualificación superior ao 50% tanto no traballo escrito como na entrevista, pero non no exame, poderán conservar as cualificacións destas dúas probas (traballo e entrevista) e facer na segunda oportunidade só a parte do exame correspondente ao 50% da nota final. Para poder optar a esta vía débenllo notificar ao profesor, con anterioridade ao día de realización do exame na devandita 2ª oportunidade.
Ao estudantado con dispensa de asistencia, así como ao estudantado repetidor ao que as coincidencias horarias lle dificulte asistir regularmente á clase ofréceselle, a maiores da Opción A de avaliación (100% da puntuación procedente do exame final), a seguinte modalidade da Opción B:
- Na primeira oportunidade poden combinar o 50% da cualificación final procedente do exame final cun 50% que procedería dun traballo, a ser solicitado e entregado nos mesmos prazos e nas mesmas condicións explicados con anterioridade para es estudantes do réxime xeral de asistencia, coa única diferencia de que a extensión deste debe ser de entre 1.800 e 2.000 palabras. Neste caso, sería preciso aprobar as dúas partes da materia para poder optar á avaliación positiva na nota final.
- Na segunda oportunidade poden, en caso de ter acadado unha cualificación superior ao 50% no traballo e non así no exame, conservar a cualificación do traballo. Ao igual que acontece co estudantado do réxime xeral de asistencia, a escolla desta opción debe ser notificada con anterioridade á realización do exame na segunda oportunidade.
Trátase dunha materia de 6 créditos, o cal supón 150 horas de traballo de cada estudante. As actividades presenciais consistirán en 2 horas semanais de sesións expositivas e 1 hora semanal de sesións interactivas ou de seminario. O resto dedicarase a actividades non presenciais dirixidas (lecturas) e actividades non presenciais libres (estudo).
Recoméndase unha asistencia regular e puntual ás clases co fin de poder asimilar progresivamente a información e de participar na aula.
O Campus Virtual sirve como espazo de comunicación estendida, alén da aula, do que o profesor se servirá para facer anuncios ou recordatorios, así como para facer dispoñibles a través deste medio textos relacionados co devir da materia. En consecuencia, recoméndase a consulta habitual do Campus Virtual por parte do alumnado.
Recoméndase chegar ás sesións interactivas tendo repasado os contidos achegados nas sesións expositivas desa mesma semana, para tirar así máis partido do traballo analítico e do debate sobre o corpus de textos literarios.
Permítese o uso de dispositivos electrónicos (teléfonos, tablets, computadoras) sempre que estes non teñan unha interferencia negativa no normal desenvolvemento das aulas. En caso contrario, o profesor resérvase o dereito a prohibir o uso destes dispositivos a aquelas persoas que fagan un uso inapropiado que dificulte o proceso de ensinanza-aprendizaxe. A maiores, este uso inapropiado dos dispositivos electrónicos que teña un impacto negativo no normal desenvolvemento das aulas podería ter un impacto negativo na parte da avaliación onde se considerará a "participación activa e proveitosa nas clases".
Pablo Garcia Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- pablogarcia.martinez [at] usc.gal
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C07 |
Mércores | |||
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C09 |
22.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D11 |
22.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D11 |
22.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D11 |
22.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D12 |
22.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D12 |
22.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D12 |
26.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D11 |
26.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D11 |
26.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D11 |