Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Románica
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer as diversas manifestacións teatrais da literatura románica medieval.
- Coñecer a posición particular que ocupa o teatro entre os xéneros literarios medievais, as peculiaridades artísticas que presenta e a súa dobre dimensión literaria e espectacular.
- Presentar unha análise sincrónica e diacrónica da evolución do xénero teatral nas tradicións literarias obxecto de estudo.
- Coñecer as peculiaridades das manifestacións teatrais en lingua romance a través da análise dos textos seleccionados.
- Preparar aos estudantes para abordar o estudo das obras teatrais coa metodoloxía e os instrumentos axeitados.
Tema 1
- A situación do teatro na literatura medieval: literatura e espectáculo.
- Análise sígnica do texto dramático e do texto espectacular. Os diversos sistemas de codificación teatral.
- O espazo teatral
Tema 2
- Dramaticidade e performatividade da obra medieval
- Perspectiva histórica do teatro occidental: Baixa Latinidade e Idade Media.
- A formación dos ciclos relixiosos. Ciclo de Pascua e ciclo de Nadal. Outras pezas.
- O teatro en lingua romance: teatro relixioso e teatro profano
Tema 3
- O teatro medieval francés
3.1) O Jeu d’Adam.
3.2) O Jeu de Saint Nicolas de Jean Bodel.
3.3) O Jeu de la Feuillée de Adam de la Halle
3.4) A farsa de Maistre Pathelin.
3.5) Passions e Mystères.
Tema 4
O teatro na Península Ibérica
4.1) A Representación de los Reyes Magos
4.2.) Auto de la Pasión de Alonso del Campo.
4.3) O teatro salmantino: Juan del Encina
Tema 5
- O teatro en Italia
5.1) As Laude, A Passione de Montecassino
5.2) A Sacra rappresentazione toscana.
FONTES PRIMARIAS
Aebischer, P., Le Mystère d'Adam, Genève-Paris, Droz, 1964.
Badel, P.-Y. (ed.), Adam de la Halle. Oeuvres complètes, Librairie générale française, Paris, 1995.
Dufournet, J. (ed. y trad.), Adam de la Halle. Le Jeu de la feuillée, Peeters, Louvain, 1991 (1ª ed. 1977).
*Harguindey, H. (trad.), Tres pezas cómicas medievais, A Coruña, Universidade da Coruña, 1999.
Henry, A. (ed), Jean Bodel, Le Jeu de Saint Nicolas, Genève, 1981.
Langlois, E. (ed.), Adam le Bossu. Le Jeu de la Feuillée, Honoré Champion, Paris, 1984 (1ª ed. 1923).
*Lázaro Carreter, F., Teatro medieval, Madrid, Castalia, 1986.
Lippardt, W., Lateinische Osterfeiern und Osterspiele, Berlín, 1975-1990, 9 vols.
Leroir , N. (ed), La farce de Maistre Pathelin, Paris, Gallimard, 2003.
*García Peinado, M. A., Farce de Maistre Pierre Pathelin, Córdoba, 1984.
*Martínez Pérez, A.-Palacios Bernal, C., Teatro profano francés en el siglo XIII. Jeu de Saint Nicolas, Murcia, 1994, pp. 52-257.
*Palacios Bernal, C. - Martínez Pérez, A. (trads.), El teatro de Adam de la Halle. Le Jeu de la Feuillée, Le Jeu de Robin et Marion, Universidad de Murcia, Murcia, 1989.
*Pérez Priego, M. A., Teatro medieval, Madrid, Cátedra, 2009.
*Redoli Morales, R., Le Jeu d'Adam, Málaga, Universidad de Málaga, 1994.
Rony, J. (ed.), Adam de la Halle. Oeuvres complètes, Librairie Générale Française, Paris, 1995.
Bibliografía básica
Allegri, L., Teatro e spettacolo nel Medioevo, Laterza, Bari, 1988.
Aubailly, J. C., Le théâtre médiéval profane et comique, Honoré Champion, Paris, 1975.
Castro Caridad, E., Introducción al teatro latino medieval, USC, Santiago de Compostela, 1996.
Drumbl, J., Il teatro medievale, Il Mulino, Bologna, 1989.
Young, K., The Drama of Medieval Church, Oxford, 1967.
Bibliografía complementaria
Accarie, M., Le théâtre sacré à la fin du Moyen Âge: le Mystère de la Passion de Jean Michel, Genève, Droz, 1980.
Apollonio, M., Storia del Teatro Italiano, Sansoni, Firenze, 1981.
Auerbach, E., Mimesis. La representación de la realidad en la literature occidental, México, FCE, 1993.
Braet, H. et alii (eds.), The Theatre in the Middle Ages, Lovaine, Leuven University Press, 1985.
Cátedra, P., Liturgia, poesía y teatro en la Edad Media, Madrid, Gredos, 2005.
Cohen, G., Histoire de la mise en scène dans le théâtre religieux français du Moyen Age, Paris, Champion, 1951.
Chambers, E. K., The Medieval Stage, Oxford University Press, Oxford, 1903, 2 vols.
De Merolis, F., Studi sul Teatro medievale in Francia tra sacro e profano, dal Quem quaeritis al Jeu de la Feuillée, Itinerari Edizioni, Lanciano, 2006.
Doglio, F., Teatro in Europa, I: Medioevo, Garzanti, Milano, 1982.
Goldstein, L., The Origin of Medieval Drama, Fairleigh Dickinson University Press, Madison (N.J.), 2004.
Gómez Moreno, A., El teatro medieval castellano en su marco románico, Taurus, Madrid, 1991.
Harris, J. W., Medieval Theatre in Context: An Introduction, Routledge, London, 1992.
Iogna-Prat, D. – Darwing, S., Théâtres du Moyen Âge: textes, images et performances, Saint-Denis, Université de Vincennes, 2010.
Konigson, E., L’espace théâtral médiéval, CNRS, Paris, 1975.
Massip, F., El teatro medieval. Voz de la divinidad, cuerpo de histrión, Montesinos, Barcelona, 1992.
Quirante, L, Teatro asuncionista valenciano, Valencia, 1987.
- Identificar as características dos textos que integran o xénero.
- Habilidade para establecer as oportunas relacións entre as diversas manifestacións do xénero nas tradicións literarias romances.
- Identificar a influencia que outros xéneros e manifestacións exercen sobre o teatro medieval.
- Dominio do comentario de textos aplicado ás obras teatrais.
- Realización de traballos monográficos con rigor, orixinalidade e capacidade de síntese.
- Asimilación da bibliografía recomendada polo profesor con coherencia e principios críticos.
- Empregar de maneira eficaz diversos medios de pescuda bibliográfica para desenvolver a aprendizaxe autónoma (información na rede, bases de datos, bibliotecas virtuais...).
- Desenvolver a capacidade de reflexión, exposición e argumentación.
- De acordo cos principios metodolóxicos da historia literaria, a profesora explicará nas horas lectivas o temario do Programa mediante a correspondente exposición dos contidos, que se basearán na oportuna selección de textos, imaxes e recursos informáticos como base da aprendizaxe.
No ensino da materia predominará o método histórico-comparado, polo que se presentará o desenvolvemento do xénero no seu contexto histórico e cultural. Ademais, os textos literarios serán analizados a través da comparación cos exemplares da mesma modalidade en sincronía e diacronía.
A participación activa do alumnado nas clases constitúe un dos elementos básicos da metodoloxía da materia. Por esta razón, é obrigatoria a asistencia á clase (asistencia mínima: 80% das horas lectivas), que se complementará coa lectura e anotación individual das obras de lectura obrigatorias (marcadas con asterisco na Bibliografía), que servirán de base para a discusión e posta en común dos contidos.
Existe un horario de titorías personalizadas, destinadas, fundamentalmente, a resolver as dúbidas suscitadas durante as explicacións dadas pola profesora ou para orientar a preparación dos comentarios e traballos.
Como corresponde á metodoloxía de ensinanza exposta, os/as estudantes deben levar ao día o estudio da materia e ir asimilando todos os contidos que se van desenvolvendo segundo unha planificación ordenada.
- 1ª Oportunidade
Sistema de AVALIACIÓN CONTINUA, baseado no seguimento dos estudantes nas aulas, na participación activa nas mesmas e na realización de actividades individuais ao longo do curso, que se complementará coa elaboración dun traballo final de carácter individual.
Os diferentes apartados nos que se desglosa o sistema de avaliación distribúensen de acordo co seguinte valor á hora de establecerr a cualificación final:
a) Asistencia a clase y preparación de actividades: 30% da nota final (contémplase tanto a presencialidade como a participación nas actividades formativas).
b) Realización de comentarios e traballos: 70%.
Para superar a materia, a avaliación destes dous apartados deberá ser positiva.
A non participación nalgunha das actividades previstas, xustificada de acordo co que prevé a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior, actualizada polo Consello de Goberno da USC na súa sesión do 25 de novembro de 2024, pode ser suplida cos oportunos traballos substitutivos.
Os/as estudantes que non se acollan a esta modalidade de avaliación (incluíndo aquí os alumnos con dispensa de asistencia a clase e aqueles que non poidan asistir ás aulas por problemas sobrevidos ao longo do curso) deberán entregar o resumo das obras de lectura obrigatorias e realizarán o exame final da materia na data oficial establecida pola Secretaría da Facultade de Filoloxía.
Na primeira oportunidade, os ESTUDANTES REPETIDORES que opten pola avaliación continua obterán o 30% da cualificación a través da realización das actividades prácticas programadas, mentres que o 70% restante corresponderá a un exame escrito, que versará sobre os contidos teóricos e prácticos das sesións presenciais.
- 2ª oportunidade
A avaliación efectuarase exclusivamente a través dun exame escrito sobre o contido do programa. 100% da cualificación.
*Mentras non exista un sistema electrónico habilitado pola USC, a asistencia ás clases será controlada en cada sesión mediante a sinatura dos estudantes.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
ACTIVIDADES PRESENCIAIS (HORAS)
- Sesións expositivas: 30
- Sesións interactivas: 15
- Titorías programadas: 3
- Sesións de avaliación: 2
TOTAL: 50
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS (HORAS)
- Estudo, lectura e preparación das actividades programadas: 30
- Realización de comentarios: 30
- Elaboración do traballo monográfico: 40
TOTAL: 150
- Asistencia regular a clase e interese polas materias de literatura medieval.
-Dedicación constante ás tarefas programadas.
- Lectura das fontes primarias obrigatorias antes da exposición do tema correspondente para poder facer un seguimento correcto dos contidos impartidos nas sesións expositivas.
-Lectura crítica da bibliografía especializada indicada polo profesor para poder desenvolver a aprendizaxe autónoma.
- Asistir ás titorías sempre que o estudante teña problemas ou dúbidas cos contidos da materia ou durante a elaboración dos comentarios e traballos obrigatorios.
Tanto para o correcto aproveitamento da programación como para o desenvolvemento da aprendizaxe autónoma, convén ter capacidade para ler nalgunha lingua estranxeira, o que favorecerá que o estudante enriqueza, valore e contraste a información dada polo profesor na aula. Así mesmo, recoméndase ao alumnado que relacione os contidos adquiridos cos doutras materias afíns.
Os estudantes deberán estruturar, redactar e presentar os seus traballos co nivel de corrección esperable ao seu grao académico.
As obras de lectura obrigatorias están marcadas no apartado Bibliografía (Fontes primarias) cun asterisco.
Maria Pilar Lorenzo Gradin
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Teléfono
- 881811826
- Correo electrónico
- pilar.lorenzo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D02-Aula de informática de docencia |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D02-Aula de informática de docencia |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | B10 |
18.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B05 |
18.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B05 |
19.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B05 |
19.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B05 |