Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 8 Clase Interactiva: 17 Clínicos EEES: 35 Total: 60
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Optometría
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo principal é proporcionar ao alumno/a a experiencia clínica necesaria en atención primaria en saúde visual e ocular, para afrontar con garantías de éxito a práctica profesional. Ao rematar esta materia o alumno/a deberá ter acadado os seguintes obxectivos:
- Desenvolver habilidades de comunicación, de rexistro de datos e de elaboración de historias clínicas.
- Adquirir as habilidades clínicas necesarias para o exame e tratamento de pacientes.
- Adquirir a capacidade para examinar, diagnosticar e tratar anomalías visuais poñendo especial énfase no diagnóstico diferencial.
- Coñecer a natureza e organización dos distintos tipos de atención clínica.
- Coñecer os diferentes protocolos aplicados aos pacientes.
- Coñecer e aplicar as novas tecnoloxías no campo da clínica optométrica.
- Ter capacidade para actuar como axente de atención primaria visual.
- Ter habilidade para prescribir, controlar e facer o seguimento das correccións ópticas.
- Adquirir destreza para a interpretación e xuízo clínico dos resultados das probas visuais, para establecer o diagnóstico e o tratamento máis axeitado.
A materia céntrase no desenvolvemento de competencias clínicas no eido da atención primaria en saúde visual. Baixo a supervisión do profesorado, o estudantado participará activamente na avaliación, diagnóstico, prognóstico, tratamento e seguimento de pacientes. Os contidos organízanse arredor de dous eixes fundamentais:
- Avaliación optométrica básica: O alumnado realizará exames visuais completos a pacientes reais, incluíndo a elaboración da historia clínica, a interpretación de probas diagnósticas, o establecemento dun diagnóstico clínico e a proposta dun tratamento axeitado, con especial atención ao diagnóstico diferencial.
- Atención especializada en optometría clínica: Abordaranse distintas áreas específicas da práctica profesional, incluíndo: adaptación e seguimento de lentes de contacto; avaliación e tratamento de disfuncións da visión binocular e problemas acomodativos; manexo clínico en casos de baixa visión e procesos de rehabilitación visual.
Estas competencias desenvolveranse mediante dous tipos de actividades formativas:
- Seminarios: Sesións orientadas á exposición, análise e discusión de casos clínicos. Promoverase a elaboración de informes de derivación e o desenvolvemento do xuízo clínico.
- Prácticas clínicas: Participación directa e supervisada no Servizo de Optometría, con aplicación práctica de procedementos optométricos en distintos ámbitos clínicos.
- Martín R, Vecilla G. Manual de Optometría. Ed. Panamericana, 2010
- Nancy B. Carlson, Daniel Kurtz, David A. Heath, Catherine Hines. Procedimientos Clínicos en el Examen Visual. Ed. Génova, 1992.
- González-Cavada Benavides J. Atlas de Lámpara de Hendidura. Ed, Complutense, 2000.
- Edwards K, Llewellyn R. Optometría. Ed, Masson-Salvat, 1993.
- Grosvenor T. Optometría de atención primaria. Ed. Masson, 2004.
- Pickwell, D., Anomalías de la visión binocular: Investigación y tratamiento. Ed. JIMS, 1996.
- Scheiman, M. H. y Wick, B., Tratamiento clínico de la visión binocular, disfunciones heterofóricas, acomodativas y oculomotoras. Ed. Ciagami, 1996.
- Goss, D. A., Ocular accommodation, convergence & fixation disparity. Ed. Butterworths-Heinemann, 1995.
- Rosenbloom AA y Morgan MW. Vision and aging. 2ª edition. Ed. Butterworth-Heinemann, 1993.
- Zadnik K. The ocular examination. Measurements and findings. Ed. W.B. Saunders Company, 1997.
- García G. Manual de refracción. Ed. Masson-Salvat, 1992.
- Benjamin WJ. Borish,s Clinical Refraction. 2ª edition. Ed. Butterworth Heinemann, 2006.
- Rosenbloom AA y Morgan MW. Principles and Practice of Pediatric Optometry. J.B. Lippincott Company. 1990.
- Milton M. Hom and Adrian S. Bruce. Prescripción y Adaptación de Lentes de Contacto. Elsevier Mason. 2007
- González-Cavada Benavides J. Atlas de Lámpara de Hendidura. Ed, Complutense, 2000.
- Nathan Efron. Butterworth-Heinemann. Complicaciones de las Lentes de Contacto. Elsevier España, S.A. Madrid, 2005
Coñecementos:
• Con_49. Coñecer a natureza e organización dos distintos tipos de atención clínica.
• Con_50. Coñecer os diferentes protocolos aplicados aos pacientes.
• Con_51. Coñecer as técnicas de cribado visual aplicadas ás diferentes poboacións.
• Con_52. Coñecer as novas tecnoloxías no eido da clínica optométrica.
Habilidades e Destrezas:
• HyD_1. Pensar de forma integrada e abordar os problemas desde diferentes puntos de vista con razoamento crítico.
• HyD_2. Organizar e planificar o traballo.
• HyD_3. Interpretar resultados e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
• HyD_4. Traballar en equipo.
• HyD_5. Manter un compromiso ético, así como un compromiso coa igualdade e a integración.
• HyD_7. Capacidade de organización, planificación e liderado.
• HyD_8. Saber analizar datos e interpretar resultados experimentais propios dos ámbitos da Óptica e Optometría.
• HyD_23. Desenvolver habilidades de comunicación, de rexistro de datos e de elaboración de historias clínicas.
• HyD_25. Habilidade para prescribir, controlar e facer o seguimento.
• HyD_29. Empregar protocolos clínicos e instrumentais na exploración asociada á adaptación de lentes de contacto.
• HyD_33. Adquirir as habilidades clínicas necesarias para o exame e tratamento de pacientes.
• HyD_34. Aplicar técnicas de cribado visual aplicadas ás diferentes poboacións.
• HyD_35. Aplicar as novas tecnoloxías no eido da clínica optométrica.
Competencias:
• Comp_1. Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
• Comp_2. Que o estudantado sexa capaz, tanto por escrito como de forma oral, de debater e de transmitir información, ideas, problemas e solucións relativos á Óptica e Optometría a un público tanto especializado como xeral non especializado.
• Comp_3. Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
• Comp_4. Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos no grao dunha forma profesional e sexa competente no prantexamento/solución de problemas, así como na elaboración/defensa de argumentos tanto en contextos académicos como profesionais relacionados coa Óptica e Optometría.
• Comp_5. Capacidade de aprender de forma autónoma, de traballar en equipo, de organizar o tempo e os recursos, e de adquirir novos coñecementos e técnicas en Óptica e Optometría.
• Comp_6. Apreciar claramente as implicacións éticas, sociais, económicas e ambientais da actividade profesional a desenvolver, así como coñecer e aplicar criterios de avaliación de riscos.
• Comp_10. Interpretar e aplicar xuízo clínico aos resultados das probas visuais, para establecer o diagnóstico e o tratamento máis axeitado.
• Comp_11. Realizar unha anamese completa.
• Comp_12. Medir, interpretar e tratar os defectos refractivos. Medir, interpretar e tratar as anomalías acomodativas e da visión binocular.
• Comp_14. Examinar, diagnosticar e tratar anomalías visuais poñendo especial énfase no diagnóstico diferencial.
• Comp_15. Identificar e analizar os factores de risco ambientais e laborais que poden causar problemas visuais.
• Comp_16. Actuar como axente de atención visual primaria.
• Comp_17. Medir, interpretar e tratar as anomalías acomodativas e da visión binocular.
• Comp_18. Capacidade para exercer a profesión con respecto á autonomía do paciente, ás súas crenzas, cultura, determinantes xenéticos, demográficos e socioeconómicos, aplicando os principios de xustiza social e comprendendo as implicacións éticas nun contexto mundial en transformación.
A metodoloxía da materia baséase na integración de coñecementos teóricos e prácticos, co obxectivo de desenvolver competencias clínicas avanzadas en contextos reais de atención visual. O aprendizaxe articulase mediante actividades presenciais guiadas e supervisadas, que inclúen seminarios, prácticas clínicas e sesións de titoría.
- Clases interactivas de seminario: - 20 horas/alumno/a: Impartiranse en grupos reducidos (ratio profesor/alumno/a de 1:20) para facilitar a participación activa do alumnado. Cada sesión terá unha duración de 1 hora e centraranse no análises e discusión de casos clínicos reais ou simulados. As actividades incluirán: Presentación completa de casos clínicos, con recollida de historia clínica, resultados de probas diagnósticas, diagnóstico diferencial e proposta de tratamento; Elaboración de informes de derivación e remisión a outros profesionais, xustificando as decisións clínicas adoptadas; Discusión guiada polo profesorado, orientada a desenvolver o razoamento clínico, a capacidade crítica e as habilidades de comunicación profesional; Simulación de situacións clínicas reais para potenciar as competencias organizativas e o traballo en equipo.
- Clases interactivas de prácticas – 30 horas/alumno/a: Desenvolveranse no Servizo de Optometría da USC en sesións presenciais de 3 horas por grupo, de acordo co horario académico establecido, con unha ratio profesor/alumno/a de 1:5. Cada estudante deberá elaborar e manter un rexistro individualizado dos casos clínicos nos que participe ao longo do curso.
Para participar nas prácticas clínicas, o alumnado deberá cumprir as seguintes condicións: Uso obrigatorio de bata branca durante todas as sesións prácticas; Dispor de lanterna de luz puntual e unha regra de 20 cm para a exploración visual; Asistir con vestimenta adecuada ao entorno clínico (non se permite o uso de pantalón curto, roupa deportiva nin prendas que cubran a cabeza, salvo por motivos culturais ou relixiosos debidamente xustificados); Non está permitido o uso de teléfonos móbiles nin outros dispositivos electrónicos durante as sesións clínicas (o seu uso pode implicar a expulsión da aula ou unha cualificación negativa na sesión).
- Titorías: Realízanse de maneira presencial ou electrónicamente utilizando o chat da plataforma Moodle da aula virtual e/ou TEAMS. Dende o inicio do ano académico, activaranse as aulas virtuais da materia. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A avaliación da materia basearase en tres apartados principais: os contidos teóricos e seminarios, os contidos prácticos e a participación/actitude do estudante. Cada un deles aportará un porcentaxe determinado á nota final, sempre que se acadaren as cualificacións mínimas requiridas.
- Avaliación de contidos teóricos e seminarios: As sesións interactivas de seminarios avaliaranse preferentemente mediante a realización de presentacións orais ou traballos escritos ao longo do semestre. No caso de que estas actividades substitúan á avaliación final de seminarios, o profesorado comunicarallo previamente. A cualificación obtida nestas actividades será a nota final correspondente a esta sección. Así mesmo, o alumnado disporá dunha data oficial de exame presencial, fixada segundo o calendario aprobado pola Xunta de Centro. Esta proba poderá consistir en preguntas tipo test, preguntas de desenvolvemento breve, temas teóricos ou a resolución dun caso práctico, co fin de valorar a capacidade do estudante para aplicar os coñecementos adquiridos. No caso de que o estudante se presente a este exame final, a nota obtida nesta proba substituírase por completo á obtida previamente nas actividades de seminario, quedando rexistrada como cualificación definitiva desta sección, sen posibilidade de conservar a nota anterior. A nota correspondente aos seminarios representará o 20% da cualificación final da materia (2 puntos sobre 10). Para que esta puntuación se suma aos outros apartados avaliables, o estudante deberá acadarse unha cualificación mínima de 1 punto neste apartado.
- Avaliación de contidos prácticos: A avaliación das habilidades do alumnado no manexo de todos os contidos prácticos que compoñen a materia realizarase mediante avaliación continua e exame de prácticas: 1) A avaliación continua, que representará o 50% da cualificación (5 puntos), realizarase a través de sesións presenciais no Servizo de Optometría; 2) O exame de prácticas, que representará o 20% (2 puntos) da cualificación, realizarase de forma presencial. O estudante debe acadar un nivel mínimo de 4,5 puntos no total da avaliación práctica para sumar cos resultados dos outros apartados.
As prácticas non realizadas por ausencia do alumnado terán unha cualificación de cero para o cálculo da nota continua. Para solicitar a recuperación dunha práctica perdida ou o cambio puntual de grupo, isto debe facerse sempre baixo causa correctamente xustificada; no caso de cambio puntual de grupo, este será mediante intercambio con outro compañeiro para respectar a ratio alumno/a/docente establecida na Memoria de Grao en Óptica e Optometría dentro das prácticas clínicas, e sempre baixo aprobación dos docentes afectados (o non cumprimento deste requisito ou o non contar coa aprobación explícita de permiso de asistencia dos docentes afectados, pode implicar o abandono da práctica ao inicio da mesma). Así mesmo, a non asistencia a máis de 2 sesións de práctica clínica supoñerá a perda do dereito a realizar exame final de prácticas.
- Participación/actitude: Agregarán 1 punto á cualificación final. Para que a puntuación de participación/actitude se inclúa na cualificación final, o estudante debe ter polo menos unha puntuación mínima requirida nas avaliacións de contidos teóricos e prácticos. Repartirase da seguinte maneira: 0.7 prácticas + 0.3 seminarios.
A cualificación global na primeira convocatoria do curso será, sempre que se acadaren os mínimos establecidos para cada apartado, a resultante de sumar a obtida nas probas de prácticas, seminarios e participación/asistencia/actitude. A puntuación obtida na avaliación de prácticas supoñerá o 70% da cualificación total (50% avaliación continua e 20% exame), a avaliación de seminarios o 20%, e participación/asistencia/actitude o 10%.
Na segunda convocatoria do curso académico, o alumnado deberá examinarse da/s parte/s (prácticas e/ou seminarios) que teña suspensa/s, mantendo a cualificación correspondente á participación/asistencia/actitude obtida durante o curso.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
As horas totais de traballo persoal do alumnado son 52,5 distribuídas da seguinte maneira:
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 20 h.
- Escrita de exercicios, conclusións ou outros traballos: 7 h.
- Programación, experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio: 8 h.
- Lecturas recomendadas, actividades na biblioteca ou similar: 9,5 h.
- Preparación de presentacións orais, debates ou similar: 8 h.
- Repaso inicial e continuo do temario das materias Fundamentos de Optometría, Optometría I, Optometría II, Contactoloxía I,
- Uso do horario de titorías para aclarar dúbidas e preentar puntos de discusión.
- Repaso diario dos casos clínicos tratados co obxectivo de resolver posibles dúbidas coa maior inmediatez antes dunha nova sesión clínica.
Recoméndase a lectura das seguintes normativas
- Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES na USC: https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/13189
- Código deontolóxico e manual de boas prácticas clínicas do Óptico-Optometrista: https://coocv.com/codigo-deontologico/
- Regulamento do Servizo de Optometría: https://www.usc.gal/es/servicios/unidades/servicio-optometria
Gonzalo Garcia Dominguez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- gonzalo.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Eva Punín Dorrio
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Dolores Purificación Ferreiro Figueiras
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Elena Fraga Pumar
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- elena.fraga.pumar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Silvia Garcia Montero
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- silvia.garcia.montero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Maria Covadonga Vazquez Sanchez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- mariacovadonga.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Adrian Perez Baladron
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- adrianperez.baladron [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Jacobo García Queiruga
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- jacobogarcia.queiruga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Venres | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 3 |
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 2 |
16.12.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 1 |
16.12.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 2 |
15.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula Magna |