Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 16 Total: 38.25
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Enfermaría
Centro Facultade de Enfermaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Identificar alteracións da saúde en adultos, as manifestacións que aparecen nas súas diferentes fases.
- Identificar as necesidades asistenciais derivadas de problemas de saúde.
-Analizar os datos recollidos na avaliación.
- Aplicar o plan de coidados.
- Seleccionar intervencións dirixidas a tratar ou previr problemas derivados de desviacións de saúde.
-Establecer unha actitude de cooperación cos distintos membros do equipo
- Recoñecer e interpretar signos normais ou cambiantes de saúde: mala saúde, sufrimento, discapacidade da persoa.
Nos diferentes temas recóllense as manifestacións clínicas da enfermiade, as probas diagnósticas e os coidados de enfermaría, a atención en urxencias extrahospitalarias e intrahospitalarias, o manexo do paciente crítico e a atención en unidad de hospitalización atendendo as necesidades do paciente.
MÓDULO - SISTEMA MUSCULOESQUELÉTICO
Tema 1. Traumatismos cráneo encefálicos. Manexo. Coidados xeraís no/na paciente con trumatismo craneo encefálico (E/S/L).
Tema 2.Traumatismos vértebro-medulares. Manexo.Coidados xeraís no/na paciente con traumatismos vertebro-medulares (E/S).
Tema 3.- Esguinces e luxacións.Manexo, procedementos e cuidados. (E).
Tema 4.- Fracturas. Manexo, procedementos e cuidados. Coidados pre e poscuirurgicos na osteosíntesis, fixadores externos e reemplazamento articular. -Principios básicos de atención a múltiples victimas. -Paciente politraumatizado. -Traumatismos torácicos. Manexo, procedementos e cuidados (E/S/L).
Tema 5.-Artrose e Osteoprose.Manexo, procedementos e cuidados
MÓDULO-SISTEMA URINARIO
Tema 1.Obstrucción de vías urinarias. Litiasis urinaria. Coidados (E/S/L).
Tema 2. Traumatismo do aparato urinario.Coidados (E/S/L).
Tema 3. Insuficiencia renal aguda. Coidados (E/S).
Tema 4. Síndrome nefrótico e Síndrome nefrítico. Coidados(E).
Tema 5. Diálise.Coidados (E).
MÓDULO VI- ALTERACIÓNS HEMATOLÓXICAS
Tema 1. Trastornos da serie vermella (E/S/L).
Tema 2. Trastornos da serie branca (E/S/L).
Tema 3. Trastornos da hemostasia (E/S).
Tema 4. Transfusión sanguínea (E/S/L).
E: Expositiva; S: seminarios; L: Laboratorio
No campus virtual pode accederse a información e contidos básicos da materia.
Forman parte da bibliografia básica as guías e documentos de consenso. Pode acceder as mesmas nos seguintes enlaces.
Forma parte da bibliografía complementaria: Outros documentos e artigos dispoñibles nos seguintes enlaces.
Todos eles son de acceso gratuito e teñen o respaldo científico das asociación e organismos que as editan.
Nas páxinas web das sociedades abaixo indicadas pode accederse a documentos de consenso, ás revistas das sociedades con acceso a artículos de forma libre, guías clínicas, etc.
-American Heart Association. https://www.heart.org/. Se dispone de guias, declaraciones de consenso, etc en: https://professional.heart.org/en/guidelines-and-statements/guidelines-…
- Sociedad Española de Cardiología (SEC) http://www.secardiologia.es/
-Consejo Español de Resucitación Cardiopumonar: Se dispone de guias, documentos, legislación sobre DEAs y RCP, etc. en el enlace: https://www.cercp.org/guias-
-European Society of Cardiology (ESC) http://www.escardio.org/Pages/index.aspx
-Sociedad Española de Enfermedades Infecciosas y Microbioloxía Clínica (SEIMC) http://www.seimc.org/inicio/index.asp. Se dipone de documentos de consenso no enlcace https://www.seimc.org/documentos-cientificos/documentos-de-consenso
Sociedad Española de Medicina Intensiva, Crítica y Unidades Coronarias (SEMICYUC):https://semicyuc.org/
-Sociedad Española de Neurología (SEN): Se dipone de documentos de consenso, guías de descarga gratuita no seguinte enlace: https://www.sen.es/profesionales/guias-y-protocolos
- Sociedad Española de Cirugía Ortopédica y Traumatoloxía (SECOT) http://www.secot.es/
- European Society of Endocrinlogy (ESE) http://www.euro-endo.org/
- Sociedad Española de Endocrinoloxia (SEEN) http://www.seen.es/
-Sociedad Española de Diabetes (SED) http://www.sediabetes.org/:
Se dipone de documentos de consenso, guías y recomendaciones de descarga gratuita en
https://www.sediabetes.org/consensos- guias-y-recomendaciones/
Se dispone de revista "Diabetes" en el enlace: https://fundacion.sediabetes.org/index.php/revista/
-Asociación Española de Enfermería Quirúrgica. https://www.aeeq.net/
https://aeeq.net/archivos_cientificos/archivos.php
Libros: .-The Sanford Guide to Antimicrobial Therapy. Edición 2011.
.-Principles and practice of Infectious Diseases. Mandell, Douglas, Bennet. Editorial: Churchill
Livinstone. VII ed. 2010. Morillo J, Fernández D. Enfermería Clínica I. ISBN: 9788490224953; eBook ISBN: 9788490229002
Elsevier; 2016.
Segundo a memoria do título:
CE8A - (ANECA) Capacidade para recoñecer e interpretar signos normais ou cambiantes de saúde deficiente, sufrimento,
discapacidade da persoa (avaliación e diagnóstico)
CE17 - Coñecer os cambios de saúde dos adultos, identificando as manifestacións que aparecen nas súas diferentes fases.
Identificar as necesidades asistenciais derivadas de problemas de saúde. Analiza os datos recollidos na avaliación, prioriza
a problemática do paciente adulto, establecer e executar o plan asistencial e realizar a súa avaliación. Realiza as técnicas e
procedementos de coidados de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos pacientes e familiares. Seleccione o
intervencións dirixidas a tratar ou previr problemas derivados de desviacións de saúde. Ter unha actitude cooperativa
cos distintos membros do equipo.
Utilizaranse:
Sesión maxistral
Aprendizaxe baseada en problemas
Aprendizaxe colaborativa
Estudos de casos
Foros de debate
Gamificación
Simulación
E,S,L: utilización de novas tecnoloxías que incorporen imaxes clínicas, probas diagnósticas e simulacións informáticas ou con maniquíes e con pacientes simulados estandarizados .
S,L: Casos clínicos, Simulación básica e avanzada.
Utilizaranse casos clínicos estandarizados segundo as competencias da materia; segundo o caso con simulación ou con videoaprendizaxe e debriefing multimedia.
Para aprobar a materia é necesario superar cada unha das partes correspondentes á docencia expositiva e interactiva, tanto en seminarios como en laboratorio. Ademais, será imprescindible realizar todas as tarefas, actividades e probas que se propoñan.
Consideracións xerais sobre a asistencia a clase
A ensinanza desta titulación é de tipo presencial, sendo obrigatoria a asistencia ás clases, tanto expositivas como interactivas. No caso de faltar por causa de forza maior, esta deberá ser debidamente xustificada. A asistencia a clase constitúe un requisito imprescindible para superar a materia ou para presentarse á realización dos exames. Antes da realización das probas publicarase un listado co alumnado que cumpra este requisito para poder examinarse. A presencialidade, segundo o tipo de docencia, establécese do seguinte xeito:
Clases expositivas: 60%
Clases interactivas:
Seminarios: 70%
Laboratorios: 80%
Titorías: 100%
Probas de avaliación : 100%
Para que unha falta se considere xustificada, deberá presentarse ao profesor/a responsable da materia (nun prazo máximo de 5 días hábiles desde que remate a causa que impediu a asistencia) un documento que acredite debidamente a causa da falta. Cando a ausencia se deba a unha actividade programada (por exemplo, unha cita médica), o estudante deberá comunicarlle con suficiente antelación ao profesor/a responsable para intentar recuperar a falta mediante unha sesión alternativa (por exemplo, con outro grupo de seminario/laboratorio).
As faltas de asistencia serán tidas en conta na avaliación continua.
Aplicarase exención de docencia nos casos determinados polo centro.
A manipulación ou falsificación intencionada dos sistemas de control de asistencia determinará a consideración de non asistencia á actividade e será comunicada ao Reitorado para o inicio das actuacións disciplinarias que puidesen corresponder.
Consideracións sobre a avaliación
Para aprobar a materia será necesario superar tanto a docencia expositiva como a docencia interactiva. Para superar a docencia interactiva, é imprescindible realizar todas as actividades propostas, así como acadar, polo menos, o 50% da puntuación máxima de todas elas.
Valorarase a actitude do estudante, as achegas de interese, a participación, o traballo en equipo, o comportamento e o respecto cara ao profesor/a e ao resto dos compañeiros/as, así como o cumprimento dos horarios.
Cando o alumno/a non se presente á proba final escrita, considerarase como "non presentado".
Na proba da segunda oportunidade manterase a avaliación continua da docencia interactiva.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
A nota final da materia desglosarase do seguinte xeito:
Exame Final: O valor ponderado será do 60% e consistirá nunha proba obxectiva escrita.
Avaliación continua: O valor ponderado será do 40%. Este valor corresponde ao sumatorio das cualificacións obtidas nas distintas tarefas propostas ao longo do curso, que poderán incluír probas escritas e un ECOE. O número de tarefas, o valor de cada unha delas e os criterios de corrección especificaranse ao longo da docencia con suficiente antelación e serán visibles a través das plataformas interactivas para a docencia. Os períodos de entrega de cada tarefa comunicaranse ao longo da actividade académica con suficiente antelación. Non se recollerá ningunha tarefa que non sexa entregada a través do medio indicado, dentro do prazo establecido e no formato requirido. Inclúense nesta avaliación a aprticipación.
No caso de aprobar a parte interactiva (seminarios e/ou laboratorios) e non a parte expositiva correspondente, a parte superada de seminarios e/ou laboratorios poderá gardarse durante o curso seguinte.
Se por circunstancias excepcionais (enfermidade, etc.) se perdese algún dos seminarios/laboratorios e se participase nas actividades vinculadas a estes, logo de achegar a correspondente xustificación da circunstancia e a súa análise, o profesorado poderá establecer algunha alternativa para a súa realización.
Actividades correspondentes:
Formato ECOE (segundo dispoñibilidade docente): Dirixido a avaliar competencias mediante un formato de proba ECOE, ferramenta de probada validez para determinar a capacidade do alumno/a para utilizar coñecementos, habilidades e actitudes na resolución de situacións que se presenten no exercicio da profesión.
Na proba ECOE inclúense a avaliación das seguintes habilidades clínicas:
Habilidades clínicas básicas
Comunicación
Habilidades técnicas
Xestión de situacións (plan de acción de enfermaría)
Instrumentos utilizados:
Pacientes simulados estandarizados
Simuladores avanzados
Maniquís
Imaxes clínicas
Preguntas abertas con respostas curtas tipo test
Exame oral estruturado
A materia consta de 4,5 ECTS.
Cada crédito ECTS equivale a 25 horas, das que 16,5 corresponden ao traballo autónomo do estudante, polo que o tempo de estudo e traballo persoal asignado é de 74 horas.
Establecer nexos entre a información teórica recibida nas clases teóricas e as observacións e intervencións realizadas nos seminarios.
Solicitar colaboración e/ou axuda do profesor mediante as titorías.
Técnica de estudo baseada no razoamento na busca da aplicabilidade práctica dos contido teóricos
USO DE DISPOSITIVOS ELECTRÓNICOS NA CLASE
- De acordo co artigo 9.2.a do Estatuto do Estudante da USC e o artigo 36 da Lei Organización do Sistema Universitario, en clases expositivas e interactivas o uso de uso de dispositivos electrónicos (teléfonos móbiles, tabletas, ordenadores, etc.)
agás cando o autorice expresamente o profesorado.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
Promoverase la entrega de traballos en formato dixital. De solicitarse para a materia algún traballo impreso, sexa individual ou grupal, teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar as tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de espirais.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas tratados nos traballos.
Para obter mais información visitar o enlace https://www.usc.gal/es/usc/institucional/desarrollo-sostenible
PERSPECTIVA DE XÉNERO
A perspectiva de xénero introducirase de maneira transversal nos contidos.
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso dunha linguaxe non sexista tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos solicitados. Pode obterse información ao respecto na seguinte ligazón:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
Tamén se utilizarán outras medidas para aplicar o enfoque de xénero na docencia, tales como o recoñecemento e consideración das situacións particulares das alumnas, a promoción dun clima de interaccións igualitario, a organización paritaria de grupos sempre que sexa posible, a mostra das contribucións científicas e técnicas das mulleres na materia e das propias alumnas, e a introdución do xénero como categoría de análise dos traballos do alumnado.
PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
Seguirase a normativa de privacidade e protección de datos persoais dispoñible en https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
Maria Jesus Nuñez Iglesias
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Enfermaría
- Teléfono
- 881812070
- Correo electrónico
- mjesus.nunez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Lucia Ordoñez Mayan
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Enfermaría
- Correo electrónico
- lucia.ordonez.mayan [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Emilio Ruben Pego Perez
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Enfermaría
- Teléfono
- 881812053
- Correo electrónico
- emilioruben.pego [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán, Galego | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Galego, Castelán | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
Venres | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán, Galego | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
19.05.2026 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
19.05.2026 12:30-14:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
19.05.2026 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |
19.05.2026 12:30-14:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |
19.05.2026 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula Magna |
19.05.2026 12:30-14:30 | Grupo /CLE_02 | R.N.S.-Aula Magna |
26.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
26.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
26.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |
26.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |
26.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | R.N.S.-Aula Magna |
26.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | R.N.S.-Aula Magna |