Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 23 Clase Interactiva: 18 Total: 43
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica
Áreas: Botánica
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos da materia
Adquisición de coñecementos básicos sobre a importancia dos organismos fotosintéticos no medio ambiente e na saúde. Prestarase especial atención aos grupos utilizados como bioindicadores e biomonitores.
Contidos
Programa de clases expositivas (23 horas)
Tema 1.- Botánica ambiental e saúde. Conceptos e contido. Fotosíntesis. Ecosistemas e servizos ecosistémicos.
Tema 2.- Bioindicadores e Biomonitores. Definicións, características e tipos. Aplicación e utilidade dos distintos grupos vexetais.
Tema 3.- Augas continentais, contaminación e organismos fotosintéticos. Bioindicadores en augas continentais.
Tema 4.- Cianobacterias. Floracións de augas (“ blooms”). Cianotoxinas .
Tema 5.- Diatomeas. Metodoloxía de mostraxe e análise de diatomeas. Índice diatómico. Métodos de avaliación da contaminación. Euglenófitos.
Tema 6.- Dinoflagelados e mareas vermellas. Floracións algales nocivas (FAN) tóxicas. Caracterización, condicións de aparición, ciclos, toxinas. Implicacións para a saúde. Métodos de control.
Tema 7.- As algas mariñas e a contaminación do mar. As algas bentónicas como bioindicadores. Cambios nas comunidades.
Tema 8.- Os liques. Características. Contaminación atmosférica. Efecto dos contaminantes. Liques epífitos como bioindicadores. Métodos de estudo. Índices liquénicos.
Tema 9.- Os briófitos. Características. Brións como bioindicadores. Contaminación e deposición atmosférica. Brións acumuladores de metais pesados. Métodos de estudo e aplicacións. Brións indicadores da contaminación en augas continentais.
Tema 10.- Plantas vasculares. Características. Resposta aos contaminantes. Plantas vasculares como bioindicadores de contaminación atmosférica. Plantas vasculares indicadoras de contaminación en augas continentais.
Tema 11.- Helófitos como descontaminantes. Augas residuais. Métodos de descontaminación de augas residuais. Humidales artificiais. Plantas empregadas. Tipos de humidais. Vantaxes e inconvenientes dos diferentes tipos de humidais artificiais.
Tema 12.- Compoñentes biolóxicos da atmosfera como produtores de alerxias. Ciclos Biolóxicos de plantas produtoras de pole. Tipos de polinización. Anemofilia. Tipos polínicos. Calidade biolóxica do aire. Redes de Aerobiología.
Tema 13.- Botánica, cambio climático e saúde. Efecto invernadoiro. Emisións de gases de efecto invernadoiro. Quecemento global. Deforestación e Cambio climático. Secuestro de CO2, evapotranspiración e albedo. Cambios no uso do chan. Reforestación. Ecosistemas mariños: carbono azul.
Tema 14.- Infraestruturas verdes. Poles, alerxias e xardíns urbanos. Infraestruturas verdes urbanas e saúde. Isla de calor. Servizos ecosistémicos. Xustiza ambiental.
Tema 15.- Saúde e cambio climático. Quecemento global. Permafrost e emisións de gases. Desxeo. Aumento do nivel do mar. Anomalías climáticas. Fenómenos catastróficos. Amortiguación de fenómenos climáticos polas plantas. Cambio climático e enfermidades transmitidas por vectores.
Programa de clases prácticas
Realizaranse 3 prácticas (10 horas) co programa que se indica a continuación.
Práctica 1. Identificación e reconto de diatomeas en augas continentais. Cálculo de índices diatómicos.
Práctica 2. Identificación e reconto de liques. Aplicación dunha escala simple de medida da contaminación.
Práctica 3. Identificación e reconto de pole e esporas fúngicas en mostras aerobiológicas.
A 2ª realizarase na contorna do Centro e o resto das prácticas, no laboratorio.
O traballo realizado polo alumnado, nestas sesións, formará parte da avaliación continua.
Seminarios (8 horas)
Dedicaranse a tratar a parte metodolóxica (mostraxe, análise, aplicación de índices) dos bioindicadores máis comúns, concretamente das partículas biolóxicas atmosféricas, as diatomeas e os liques. O traballo realizado polo alumnado nestas sesións, formará parte da avaliación continua.
Titorías
As titorías desta materia (2 h), utilizaranse para que o alumnado presente os resultados dun traballo de curso, realizado individualmente, cuxa cualificación formará parte da avaliación continua.
Nas titorías de despacho (6horas/semana), voluntarias para o alumnado, atenderanse as dúbidas sobre aspectos teóricos ou prácticos do desenvolvemento do programa así como calquera outra relativa á organización e avaliación da materia.
Bibliografía básica
- Izco, J. et al., (2004). Botánica. 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana.
- Ederra A. (1996). Botánica ambiental aplicada: las plantas y el equilibrio ecológico de nuestra tierra. Ed. Eunsa.
- McMichael A.J. et al, eds. (2003) Cambio climático y salud humana - Riesgos y respuestas. RESUMEN. WHO, Geneva.
- Nabors, M.W.(2006). Introducción a la Botánica (en línea). Madrid: Pearson. https://bibliotecaia.ism.edu.ec/Varios/IntroduccionBotanica.pdf (22-05-2024)
Bibliografía complementaria
- Aira M.J., Vázquez R. & Izco J. Eds (2014). Manual de prácticas de Botánica: laboratorio y campo. Servicio de Publicaciones. Universidade de Santiago.
-- Cariñanos P., Casares-Porcel M., Díaz de la Guardia C. et al. (2016) Salud Ambiental de los parques españoles: Aproximación al potencial alergénico de espacios verdes urbanos. Revista de Salud Ambiental. 16(1):33-42.
- Iriso Calle A, Bueno Marí R, De las Heras E, Lucientes J, & Molina R. (2017). Cambio climático en España y su influencia en las enfermedades de transmisión vectorial. Revista de Salud Ambiental.; 17(1):70-86.
- Ministerio de sanidad, Servicios sociales e Igualdad. (2013). Impacto del Cambio Climático en la Salud. Resumen Ejecutivo. Informes estudios e investigación. Ministerio de sanidad, Servicios sociales e Igualdad. https://www.mscbs.gob.es/ciudadanos/saludAmbLaboral/docs/CCResumen_ESP… (última data de acceso 22-05-2024)
Coñecementos:
Con 03. Saber aplicar o método científico e adquirir habilidades no manexo da lexislación, fontes de información, bibliografía, elaboración de protocolos e demais aspectos que se consideran necesarios para o deseño e avaliación crítica de ensaios preclínicos e clínicos.
Con 22. Coñecer a natureza e comportamento de axentes infecciosos
Con 24. Coñecer as plantas medicinais: diversidade botánica, fisioloxía, uso e xestión.
Habilidades ou destrezas:
H/D 05. Desenvolver habilidades de comunicación e información, tanto orais como escritas, para tratar con pacientes e usuarios do centro onde desempeñe a súa actividade profesional.
Competencias:
Comp 10. Capacidade crítica e autocrítica.
Comp 11. Traballo en equipo.
Comp 12. Habilidades interpersoais.
Comp 18. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Comp 20. Capacidade de aprender.
Comp 21. Capacidade para adaptarse a novas situacións.
A) Clases expositivas: Lección impartida polo profesor con apoio de presentacións en powerpoint e no seu caso, material audiovisual adicional (vídeos, etc)
B) Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios, “ S” nas táboas horarias): Clases teórico/prácticas que se dedicarán a tratar a metodoloxía do uso dos bioindicadores. O alumnado dispoñerá de guións específicos na aula virtual. Dado que o traballo realizado polo alumnado nestas sesións, forma parte da avaliación continua, a asistencia a clases é obrigatoria.
C) Clases prácticas de laboratorio: Inclúense aquí as clases que teñen lugar nun laboratorio de prácticas e no campo. Nelas o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. Para estas prácticas, o alumno dispoñerá de guións específicos na aula virtual, que incluirán consideracións xerais sobre o traballo no laboratorio, así como dunha breve presentación dos fundamentos, a metodoloxía para seguir e a indicación dos cálculos para realizar e resultados a presentar. Tras unha explicación do profesor, o alumno realizará individualmente, ou en grupos reducidos, as experiencias e cálculos necesarios para a obtención dos resultados, que serán avaliados. Dado que o traballo realizado polo alumnado nestas sesións, forma parte da avaliación continua, a asistencia a clases é obrigatoria.
D) Titorías de lousa en grupo moi reducido (“ T” nas táboas horarias): Destinaranse á exposición por parte dos alumnos #ante o resto da clase dun traballo de curso, realizado individualmente. Ao finalizar a exposición realizarase un debate sobre o tema elixido. Dado que o traballo realizado polo alumnado nestas sesións, forma parte da avaliación continua, a asistencia a clases é obrigatoria.
O horario das clases expositivas atópase especificado na páxina web da Facultade de Farmacia. O horario no que se impartirán os seminarios e as prácticas quedará fixado na primeira semana de clase, de acordo co alumnado matriculado nese momento. Ditas datas deben ser acordes coa impartición do temario de clases expositivas. O primeiro día de clase tamén se fixará a data de entrega e exposición do traballo de curso.
O aprobado da materia lograrase coa obtención de 5 puntos. O exame teórico versará sobre os contidos do programa e será valorado cun máximo de 5,5 puntos da cualificación total (10 puntos). Será necesario obter 2,5 puntos no exame teórico para poder sumar coa avaliación continua.
As actividades de avaliación continua valoraranse con 4 puntos da cualificación total (10 puntos), que se poden obter da seguinte maneira:
• Ata 3 puntos pola actividade dos seminarios e prácticas (1 punto por bloque temático), coa realización de probas específicas ao final de cada bloque temático de prácticas e seminarios.
• Ata 1 punto polo traballo de curso
A asistencia a clase facilitará unha mellor comprensión da materia e aprendizaxe paulatino, ademais da interacción directa entre os estudantes e o profesorado. Obterase ata 0,5 puntos pola asistencia de polo menos 70% das clases expositivas.
A asistencia e participación en todas as actividades que forman parte da avaliación continua é obrigatoria para o alumnado de primeira matricula. Na segunda oportunidade, conservaranse ditas cualificacións ás que se sumará o resultado da repetición do exame de contidos das clases expositivas.
A puntuación da avaliación continua pódese manter (unicamente o curso seguinte) para os alumnos repetidores que o desexen, pero os alumnos repetidores poden repetir as actividades de avaliación continua se o desexan.
A avaliación das competencias adquiridas na materia será realizada a través das seguintes vías:
No exame avaliaranse coñecementos Con 22 e Con 24 e competencias Comp 10, Comp 12, Comp 20 e Comp 21, a través das cuestións que o alumnado debe responder de forma escrita. Nas clases interactivas avaliaranse os coñecementos Con 03, Con 22 Con 24, habilidades e destrezas H/D 05 e competencias Comp 10, 11, 12, 18, 20 e 21.
Clases expositivas - 23
Clases interactivas: Prácticas e seminarios - 18 (10+9)
Tutorías- 2
Exámenes e revisión - 2
Total horas trabajo presencial na aula ou no laboratorio 45
Estudio autónomo individual ou en grupo - 48
Resolucion de exercicios (seminarios e prácticas) e preparación do traballo de curso - 18
Consulta e descargas da aula virtual - 1,5
Total horas traballo personal do alumno - 67,5
- Asistencia a la totalidad de las actividades docentes.
- Consultar con el profesorado cualquier duda relacionada con la materia.
- Aprendizaje diario de los contenidos impartidos en las clases.
- Consulta de la bibliografía recomendada y complementaria.
- Utilizar el aula virtual
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Mª Del Carmen Lopez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 881813372
- Correo electrónico
- mdelcarmen.lopez.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Físico Química |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 5035 Aula Seminario de Físico Química |