Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 38 Clase Interactiva: 20 Total: 60
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
Áreas: Toxicoloxía
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer os conceptos básicos en toxicoloxía e os principais factores que inflúen sobre a toxicidade.
Coñecer os principios básicos da toxicocinética, e os principais mecanismos de toxicidade das sustancias químicas.
Familiarizarse coas distintas técnicas empregadas na avaliación da toxicidade dunha nova sustancia química.
Adquirir unhas nocións básicas sobre a forma de realizar o diagnóstico e o tratamento dunha intoxicación aguda.
Coñecer as principais técnicas analíticas de utilidade en Toxicoloxía, e as súas aplicacións
Coñecer os principais riscos tóxicos dos fármacos e drogas de abuso de maior interese toxicolóxico.
Bloque I. Principios básicos
Lección 1.- Toxicoloxía. Concepto de toxicidade.
Lección 2.- Acción tóxica.
Lección 3.- Mecanismos de toxicidade.
Lección 4.- Procedementos de avaliación toxicolóxica.
Bloque II. Diagnóstico e tratamento en toxicoloxía
Lección 5.- As intoxicacións. Diagnóstico e tratamento xeral.
Lección 6.- Introdución á análise toxicolóxica.
Lección 7.- Tratamento da mostra.
Lección 8.- Técnicas analíticas aplicadas á toxicoloxía.
Bloque III.Toxicoloxía de sistemas
Lección 9.- Efectos tóxicos sobre o Fígado
Lección 10.- Efectos tóxicos sobre o Ril.
Lección 11.- Efectos tóxicos sobre o Sistema Nervioso.
Lección 12.- Efectos tóxicos sobre o Aparello Cardiovascular.
Lección 13.- Efectos tóxicos sobre o Aparello Respiratorio.
Lección14.- Efectos tóxicos sobre o Sangue.
Bloque IV. Reaccións adversas e intoxicacións por sustancias de interese sanitario
Lección 15.- Drogas de abuso
Lección 16.- Analxésicos e antipiréticos
Lección 17.- Psicofármacos.
Lección 18.- Outros fármacos e tóxicos de interese.
Bibliografía Básica
-Klaassen CD, Watkins II JB. Casarett & Doull's Essentials of Toxicology. 4ª Ed. New York: McGraw-Hill; 2021.
-Repetto M, Repetto Kuhn, G. Toxicología Fundamental. 5ª Ed. Madrid: Díaz de Santos; 2024.
-Villanueva Cañadas E, Gisbert Calabuig JA. Medicina Legal y Toxicología. 8ª Ed. Barcelona: Elsevier; 2024
-Delgado Bueno S, Bandres Moya,F. Medina Crespo M,Torrecilla Jimenez JM. Tratado de Medicina Legal yCiencias Forenses. Tomo II: Toxicología forense.Daño corporal o psico-físico. Daño cerebraladquirido. Barcelona: Bosch; 2012
Bibliografía Complementaria
-Nogué Xarau S, Martínez Sánchez L, Salgado García, E. Toxicología Clínica. Bases para el diagnóstico y el tratamiento de las intoxicaciones en servicios de urgencias, áreas de vigilancia intensiva y unidades de toxicología. 2ªEd. Barcelona: Elsevier España, 2024.
-Morán Chorro I, Baldirà Martínez de Irujo J, Marruecos-Sant L, Nogué Xarau S. Toxicología Clínica. Madrid: Grupo Difusión, 2011. https://www.fetoc.es/asistencia/Toxicologia_clinica_libro.pdf
-Hayes AW, Kruger CL. Principles and Methods of Toxicology, 6ªed, Boca Raton: CRC Press, Taylor & Francis Group; 2014.
-Levine B, Kerrigan S. Principles of Forensic Toxicology. Switzerland: Springer Nature; 2020.
-Karch SB, Drummer O. Karch’s Pathology of Drug Abuse. 5ª Ed. London: CRC Press; 2021.
-Dart R.C. Medical Toxicology. Philadelphia: Lippincott Williams & Wilkins; 2004.
-Ellenhorn MJ, Barceloux DG. Medical Toxicology, 2ªed. Baltimore: Willians & Willians;1997.
-Bello Gutierrez J. y López de Ceraín Salsamendi A. Fundamentos de Ciencia Toxicológica. Madrid: Diaz de Santos; 2001.
-Niesink R.J.M., De Vries J. y Hollinger M.A. Toxicology: Principles and Applications. New York:CRC Press;1996.
Habilidades ou destrezas:
H/D 03. Avaliar os efectos toxicolóxicos das sustancias e diseñar e aplicar as probas e análises correspondentes.
H/D 05. Desnvolver habilidades de comunicación e información, tanto orais como escritas, para tratar con pacientes e usuarios do centro donde desempeñe a súa actividade profesional.
HD 06. Promover as capacidades de traballo e colaboración en equipos multidisciplinares e as relacionadas con outros profesionais sanitarios.
H/D 09. Estimar os riscos asociados a utilización de sustancias químicas e procesos de laboratorio.
H/D 12. Desenvolver habilidades relacionadas co uso dos efectos beneficiosos das plantas medicinais e comprender os riscos sanitarios asociados co seu mal uso.
H/D 20. Avaliar os efectos toxicolóxicos de sustancias e diseñar y aplicar as probas e análisis correspondentes.
Competencias:
Comp 01. Capacidade de análise e síntese.
Comp 02. Capacidade de organizar e planificar.
Comp 03. Comunicación oral e escrita na propia lingua.
Comp 04. Coñecemento dunha segunda lingua.
Comp 05. Habilidades básicas de manexo do ordenador.
Comp 06. Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de fontes diversas).
Comp 07. Resolución de problemas.
Comp 08. Toma de decisións.
Competencias interpersonales:
Comp 10. Capacidade crítica e autocrítica.
Comp 11. Traballo en equipo.
Comp 12. Habilidades interpersonais.
Comp 17. Compromiso ético.
Comp 18. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
Comp 20. Capacidade de aprender.
Comp 21. Capacidade para adaptarse a novas situacións.
Comp 23. Liderado.
Comp 25. Habilidade para traballar de forma autónoma.
Comp 28. Preocupación pola calidade.
A) Docencia expositiva en grupo grande:
Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, directrices xerais da materia…). Ao longo dun cuadrimestre impartiranse 30 horas de clases expositivas, nas que se abordarán os aspectos máis importantes e complexos do temario, deixando para o traballo persoal do alumno aqueloutros que poida acometer en por si, baseándose nos fundamentos expostos polo profesor.
B) Docencia interactiva en grupo reducido-SEMINARIO:
O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: facendo unha pequena presentación, respondendo a preguntas do profesor ou doutros alumnos, expondo cuestións relacionadas co tema etc... O profesor e os alumnos poden contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos se fosen necesarios. Poderanse realizar probas de avaliación nalgunha ou todas as sesións. A asistencia a estas clases é obrigatoria para a avaliación continua.
C) Clases Prácticas:
A asistencia a estas clases é obrigatoria, de modo que o alumno non será avaliado se non realiza as prácticas. Organizaranse da seguinte forma:
• Prácticas de laboratorio: Realízanse no laboratorio de prácticas da Facultade de Farmacia. Nelas o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. Tras unha explicación do profesor, o alumno realizará individualmente, ou en grupos reducidos, as experiencias e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica, recollendo no diario de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados que procedan, presentando, ao finalizar, os resultados en forma de memoria, que será avaliada.
• Práctica interactiva con computador: procura de información bibliográfica en bases de datos e de temas relacionados coa Toxicoloxía.
D) Outras: Debate, estudo de casos, resolución de problemas, técnicas de aprendizaxe colaborativa...
A avaliación nas dúas oportunidades do curso académico realizarase da mesma forma, e consistirá en dous partes: exame teórico e avaliación continua.
• Exame teórico: supón o 80% da cualificación final (máximo de 8 puntos).
Será un exame escrito tipo test e/o de preguntas curtas que se celebrará en cada oportunidade na data prevista no calendario oficial de exames da Facultade de Farmacia. É necesario que a cualificación obtida neste exame supere o 45% correspondente ao devandito apartado (nota mínima de 3,6 sobre 8) para sumar a nota de avaliación continua.
• Avaliación continua: supón o 20% da cualificación final (máximo 2 puntos).
Calcularase tendo en conta a asistencia ás clases expositivas, a participación nas clases prácticas e a memoria entregada ao finalizalas, e as notas obtidas nas avaliacións que se realicen nas clases interactivas. O control de asistencia ás actividades obrigatorias realizarase pasando lista e rexistrando a asistencia nun documento Excel. Para o control de asistencia ao resto de actividades cada profesor establecerá o sistema de control a utilizar. A falta de asistencia que non supere o 10% das horas programadas non ten que ser xustificada, excepto nos casos de actividades de realización obrigatoria. A distribución da cualificación da avaliación continua entre as distintas actividades será:
-Asistencia a clase: 12,5% (máximo 0,25 puntos).
-Clases prácticas: 12,5% (máximo 0,25 puntos).
-Clases interactivas: 75% (máximo 1,5 puntos).
A avaliación das competencias adquiridas será realizada a través das seguintes vías:
Exame teórico: Comp 01. 03. Comp 07. Comp 08.Comp 18. Comp 20.Comp 28.
Clases interactivas: Comp 01. Comp 02. Comp 03.Comp 04. Comp 05. Comp 06. Comp 07. Comp 08.Comp 10. Comp 11. Comp 12.
Comp 17. Comp 18. Comp 20. Comp 21. Comp 23.Comp 25. Comp 28.
Prácticas de laboratorio: Comp 01. Comp 02. Comp04. Comp 06. Comp 07. Comp 08. Comp 10. Comp 11.Comp 12. Comp 17. Comp 18. Comp 20. Comp 21.Comp 23. Comp 25. Comp 28.
Consideracións a ter en conta:
o A asistencia ás prácticas é indispensable para poder presentarse ao exame final e superar a materia.
o Para aprobar a materia é necesario obter unha nota final mínima de 5 sobre 10 (exame teórico + avaliación continua).
o No exame teórico, deberá obterse como mínimo un 45% da nota máxima (nota mínima 3,6 sobre 8) para poder sumar a nota da avaliación continua.
o Para obter puntuación en cada un dos seminarios é obrigatorio asistir aos mesmos e participar activamente nas actividades propostas.
o A cualificación de avaliación continua gardarase durante 3 cursos académicos consecutivos.
o Na 2ª oportunidade só realizarase o exame final, mantendo a nota de avaliación continua. A nota máxima sobre a que se cualificará o exame e o mínimo requirido serán os descritos para a 1ª convocatoria.
Criterios de avaliación para os alumnos con dispensa de asistencia a clase:
No caso de alumnos aos que se lles concedeu a dispénsa de asistencia a clase, a realización das prácticas será obrigatoria, e a nota será a obtida no exame final.
Docencia teórica ........................................... 30
Docencia interactiva - seminario ........................... 14
Docencia interactiva - laboratorio/aula informática... 10
Titorización do alumnado .....................................2
Exames e revisión .............................................4
Traballo personal do alumnado ............................90
Recomendacións xerais:
• A participación activa nas clases e a formulación das dúbidas nas clases expositivas e interactivas.
• A utilización da bibliografía recomendada.
• A utilización de materiais e documentos facilitados polos profesores.
Recomendacións para a avaliación:
-É importante que o alumno dedique polo menos 30 minutos ao estudo da materia despois de cada clase, completando as súas notas coa axuda da bibliografía recomendada. Aínda que esta materia é de fácil comprensión, require un esforzo e dedicación continuados.
-O alumno debe expor as dúbidas que lle vaian xurdindo, tanto en clase como nas horas de titorías.
-No momento da realización do exame, é fundamental a lectura detida de cada unha das preguntas para evitar respostas equivocadas, na medida do posible.
Recomendacións para a recuperación:
-É fundamental que o alumno asista á revisión de exames para comprobar cales foron os seus erros e en que partes da materia debe realizar un maior esforzo para a recuperación.
-Tamén é importante que acuda ás titorías para resolver as dúbidas que se lle presenten no estudo e comprensión da materia.
Inés Sánchez Sellero
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Toxicoloxía
- Correo electrónico
- ines.sanchez.sellero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Maria Bermejo Barrera
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Toxicoloxía
- Teléfono
- 881812206
- Correo electrónico
- anamaria.bermejo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Angelines Cruz Landeira
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Toxicoloxía
- Teléfono
- 881812317
- Correo electrónico
- angelines.cruz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ana De Castro Rios
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Toxicoloxía
- Correo electrónico
- ana.decastro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Miriam Blanco Ces
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Toxicoloxía
- Correo electrónico
- miriamblanco.ces [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
18:00-19:00 | Grupo B/CLE_02 | Castelán, Galego | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
18:00-19:00 | Grupo B/CLE_02 | Galego, Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
18:00-19:00 | Grupo B/CLE_02 | Galego, Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
18:00-19:00 | Grupo B/CLE_02 | Castelán, Galego | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |
18:00-19:00 | Grupo B/CLE_02 | Galego, Castelán | 5035 Aula 6 Facultade Dereito |