Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 137.25
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Matemáticas
Áreas: Xeometría e Topoloxía
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Obxectivos da materia
– Unha vez resumida e analizada a información recollida dunha mostra (temas tratados en Matemáticas e Estatística I), o obxectivo agora é, usando a Inferencia Estatística, contrastar se unha situación mostral deriva dun determinado modelo de probabilidade e inferir á poboación o coñecemento dispoñible dese modelo. En particular, a partir dos datos obtidos mediante unha mostra aleatoria trátase de saber aplicar os procedementos estatísticos axeitados para inferir características descoñecidas da poboación e calcular as marxes de erro da estimación.
– Aplicar, mediante a utilización dun paquete estatístico, os conceptos de regresión, contrastes e intervalos de confianza aos datos físicos, químicos, biolóxicos e procedentes de bases de datos médico-farmacéuticas, e interpretar os resultados.
– Proporcionar unha capacidade elemental para o deseño de experimentos de acordo a criterios estatísticos.
TEMA 1: INTRODUCIÓN Á INFERENCIA ESTATÍSTICA. ESTIMACIÓN
1.1 Poboación e mostra.
1.2 Parámetro. Estatístico.
1.3 Distribución de diferentes estatísticos. Teorema central do límite.
1.4 Estimación puntual. Propiedades dos estimadores.
1.5 Estimación por intervalos de confianza: conceptos básicos. Nivel de confianza.
1.6 Intervalos de confianza para a media, varianza e proporción.
1.7 Determinación do tamaño da mostra.
TEMA 2: CONTRASTES DE HIPÓTESE
2.1 Hipótese estatística. Formulación e método.
2.2 Tipos de erro. Criterios de decisión. Nivel crítico ou p-valor. Potencia dun contraste.
2.3 Interpretación dun contraste de hipótese. Relación entre intervalos de confianza e contrastes de hipótese.
2.4 Contrastes cunha mostra: para unha media, para unha proporción e para unha varianza.
2.5 Contrastes con dúas mostras: comparación de dúas varianzas; comparación de dúas medias (mostras independentes, mostras apareadas); comparación de dúas proporcións.
2.6 Intervalos de confianza para a diferenza de medias, diferenza de proporcións e cociente de varianzas.
TEMA 3: A PROBA CHI-CADRADO
3.1 Contrastes para datos categóricos: táboas de continxencia. Test chi-cadrado. Táboas 2×2. Deseño de estudos. Contrastes de homoxeneidade. Contrastes de independencia.
3.2 Contrastes de bondade de axuste: o contraste chi-cadrado de Pearson; o contraste de Kolmogorov-Smirnov; contrastes de normalidade.
TEMA 4: REGRESIÓN E CORRELACIÓN
4.1 Introdución. Conceptos xerais.
4.2 Regresión: método de mínimos cadrados, rectas de regresión.
4.3 Varianza total. Varianza residual e varianza explicada.
4.4 Correlación: coeficiente de correlación linear.
4.5 Outros modelos de regresión: O modelo exponencial e o modelo potencial.
4.6 Contrastes de hipóteses para os parámetros da regresión: ANOVA.
– Milton, J.S.,“Estadística para Biología y Ciencias de la Salud” Tercera edición ampliada. McGraw-Hill Interamericana, Madrid, 2007.
-- Apuntes da materia, dispoñibles no curso virtual.
Complementaria
– Cao Abad, R., Francisco Fernández M., y otros, Introducción a la estadística y sus aplicaciones, Ed. Pirámide (Grupo Anaya, S.A.), Madrid, 2001.
– Colton, T., Estadística en Medicina, Ed. Masson-Litle, Brown, S.A., Barcelona, 1995.
– Martín Andrés, A.; Luna del Castillo, J. de D., Bioestadística para las Ciencias de la Salud, Ed. Norma S.L. (4ª edición), Madrid, 1994.
– Peña Sánchez de Rivera, D., Estadística Modelos y métodos. I. Fundamentos, Alianza editorial, S.A., Madrid, 2000.
- Samuels, Myra L; Witmer, J., Fundamentos de Estadística para las Ciencias de la Vida, Ed. Pearson Educación, 2012.
– Sánchez M.; Frutos G.; Cuesta, P.L., Estadística y Matemáticas Aplicadas. Edición dirigida a los estudios de Farmacia, Editorial Síntesis S.A., Madrid, 1996.
Competencias transversais.
CP01 Capacidade crítica e autocrítica.
CI01 Capacidade de análise e síntese.
CI07 Habilidades básicas do computador.
CI08 Habilidades de xestión da información (habilidade para buscar e analizar información proveniente de fontes diversas.
CI09 Resolución de problemas.
CI10 Toma de decisións.
CS01 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
CS03 Capacidade de aprender.
Competencias Específicas.
FM01 Aplicar os coñecementos de Matemáticas ás ciencias farmacéuticas.
FM02 Aplicar técnicas computacionais e de procesamento de datos, en relación con información referente a datos físicos, químicos e biolóxicos.
FM03 Deseñar experimentos en base a criterios estatísticos.
FM04 Avaliar datos científicos relacionados cos medicamentos e produtos sanitarios.
FM05 Utilizar a análise estatística aplicada ás ciencias farmacéuticas.
Dado que a materia é fundamentalmente práctica, poñerase especial interese en desenvolver os contidos con sinxeleza, sen sacrificar a precisión.
– Clases expositivas en grupo grande: en cada clase dedicarase un tempo á introdución, exposición ou ilustración dalgunha cuestión teórica, e o resto á resolución de problemas ou exercicios relacionados coa devandita cuestión.
– Clases interactivas en grupo reducido: Entregaranse aos alumnos boletíns de exercicios e problemas, que se corresponderán cos contidos de cada un dos temas do programa. O alumno intentará, coa axuda do traballado no punto anterior, resolvelos, ou en caso necesario, solucionalos na aula, contando coa súa participación activa.
– Clases interactivas con ordenador en grupo reducido: Introdución de datos e codificación (prácticas con EXCEL). A asistencia a estas clases é obrigatoria e realizarase un exame ao finalizar estas.
– As titorías en grupos moi reducidos dedicaranse, de forma individual ou en grupos, a resolver as dúbidas e dificultades particulares que vaian xurdindo, e ao seguimento individualizado de cada estudante.
-- A cualificación de cada estudante farase mediante a avaliación continua e a realización das probas finais fixadas no calendario de exames da Facultade. Será necesario ter realizado e superado as prácticas de ordenador.
-- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
-- A cualificación do alumno/a será a suma do 80% da nota do exame final e o 20% da correspondente á avaliación continua.
-- A avaliación continua farase por medio de controis escritos ou de ordenador, resolución de boletíns de problemas, participación do estudante na aula e titorías. O alumno coñecerá a súa cualificación de avaliación continua antes do exame final.
-- Os controis serán en horario lectivo. Terán unha duración máxima de 1 h. O día e a hora na que terá lugar cada control, así como a materia obxecto de exame, anunciaranse con antelación.
-- A proba final consistirá na resolución de problemas, similares aos traballados en clase.
-- Na segunda oportunidade manteranse as mesmas condicións de avaliación e a nota da avaliación continua da primeira oportunidade.
-- As prácticas de ordenador xa realizadas e superadas, manteranse como aprobadas en sucesivos cursos académicos.
-- Os alumnos repetidores da materia que o desexen, poderán solicitar que se teña en conta a súa nota de avaliación continua do curso anterior.
Avaliación das competencias.
No exame:
FM03, FM05, CI01, CI09, CI10, CP01 e CS01.
Nas prácticas de laboratorio:
FM02, FM05, CI07 e CI08.
Nas clases interactivas:
FM04, FM05, CI09, CI10, CP01, CP02, CS01 e CS03.
TRABALLO NA AULA (en horas)
Clases expositivas en grupo grande 23.
Clases interactivas en grupo reducido 10.
Clases interactivas con ordenador en grupo reducido 10.
Titorías en grupos moi reducidos ou individualizados 2.
Total horas de traballo presencial 44.
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO/A
Estudo autónomo individual ou en grupo 45.
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos 13,5.
Traballos en ordenador 9.
Exames e revisión 2.
Total horas de traballo persoal do alumno/a 6,5.
No curso dedícase moito tempo á resolución de exercicios. Obviamente, considérase un aspecto fundamental na aprendizaxe da materia, por iso recoméndase:
– Intentar resolver os problemas dos boletíns.
– Utilizar a bibliografía para afianzar os coñecementos e técnicas que permiten a resolución dos problemas propostos nos boletíns.
– Acudir ás titorías para poder ir resolvendo as dúbidas que xurdan ao longo do curso.
– Utilizar a aula virtual da USC para acceder ao material didáctico.
Antonio M. Gómez Tato
Coordinador/a- Departamento
- Matemáticas
- Área
- Xeometría e Topoloxía
- Teléfono
- 881813151
- Correo electrónico
- antonio.gomez.tato [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Carlos Diaz Ramos
- Departamento
- Matemáticas
- Área
- Xeometría e Topoloxía
- Teléfono
- 881813363
- Correo electrónico
- josecarlos.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Miguel Dominguez Vazquez
- Departamento
- Matemáticas
- Área
- Xeometría e Topoloxía
- Teléfono
- 881813156
- Correo electrónico
- miguel.dominguez [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
Victor Sanmartin Lopez
- Departamento
- Matemáticas
- Área
- Xeometría e Topoloxía
- Correo electrónico
- victor.sanmartin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Diego Mojon Alvarez
- Departamento
- Matemáticas
- Área
- Xeometría e Topoloxía
- Correo electrónico
- diego.mojon.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Juan Manuel Lorenzo Naveiro
- Departamento
- Matemáticas
- Área
- Xeometría e Topoloxía
- Correo electrónico
- jm.lorenzo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Angel Cidre Diaz
- Departamento
- Matemáticas
- Área
- Xeometría e Topoloxía
- Correo electrónico
- angel.cidre.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo B/CLE_02 | Galego | 5035 Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
13:00-14:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula de Fisioloxía Vexetal |
17:30-18:30 | Grupo C/CLE_03 | Castelán | 5035 Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo B/CLE_02 | Galego | 5035 Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
13:00-14:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula de Fisioloxía Vexetal |
17:30-18:30 | Grupo C/CLE_03 | Castelán | 5035 Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo B/CLE_02 | Galego | 5035 Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
13:00-14:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula de Fisioloxía Vexetal |
17:30-18:30 | Grupo C/CLE_03 | Castelán | 5035 Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo B/CLE_02 | Galego | 5035 Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
13:00-14:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula de Fisioloxía Vexetal |
17:30-18:30 | Grupo C/CLE_03 | Castelán | 5035 Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo B/CLE_02 | Galego | 5035 Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |
13:00-14:00 | Grupo A/CLE_01 | Castelán | 5035 Aula de Fisioloxía Vexetal |
17:30-18:30 | Grupo C/CLE_03 | Castelán | 5035 Aula de Edafoloxía. Facultade de Farmacia |