Créditos ECTS Créditos ECTS: 9
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 52 Clase Interactiva: 32 Total: 85.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias Morfolóxicas
Áreas: Histoloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Anual
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Observar e describir seccións de diversos tecidos, órganos e sistemas, procedendo sempre do xeral (visión a pequeno aumento) ao específico, e buscando similitudes e diferenzas entre as diversas mostras examinadas. A descrición debe levarse a cabo metodicamente e con obxectividade, utilizando sempre a linguaxe científica axeitada.
2. Identificar as técnicas histolóxicas empregadas en cada caso, sinalando os seus fundamentos.
3. Recoñecer as distintas estirpes celulares, tecidos, órganos e sistemas, tanto desde o punto de vista óptico como ultraestrutural.
4. Relacionar a macroscopía coa morfoloxía óptica, esta última coa ultraestrutura, e todo isto coa función.
5. Relacionar a estrutura microscópica co substrato a través de técnicas histoquímicas e inmunohistoquímicas.
6. Diferenciar tecidos e órganos normais doutros patolóxicos (empregaranse preferentemente neste caso preparacións con áreas normais contiguas a zonas patolóxicas, de forma que os estudantes podan orientarse máis facilmente).
PROGRAMA TEÓRICO
BLOQUE I: HISTOLOXÍA HUMANA XERAL
UNIDADE TEMÁTICA 1.- HISTOLOXÍA HUMANA
Tema 1.- Introdución á histoloxía humana
Tema 2.- Técnicas histolóxicas
UNIDADE TEMÁTICA 2.- TECIDO EPITELIAL
Tema 3.- Tecido epitelial. Epitelios de revestimento
Tema 4.- Epitelios glandulares / Introdución á patoloxía
UNIDADE TEMÁTICA 3.- TECIDO CONXUNTIVO E DE SUSTENTACIÓN
Tema 5.- Tecido conxuntivo. Compoñentes
Tema 6.- Variedades do tecido conxuntivo. Tecido adiposo
Tema 7.- Tecido cartilaxinoso
Tema 8.- Tecido óseo. Osificación. Articulacións / Introdución á patoloxía
UNIDADE TEMÁTICA 4.- TECIDO MUSCULAR
Tema 9.- Tecido muscular. Tecido muscular liso
Tema 10.- Tecido muscular estriado esquelético
Tema 11.- Tecido muscular estriado cardíaco / Introdución á patoloxía
UNIDADE TEMÁTICA 5.- TECIDO NERVIOSO
Tema 12.- Tecido nervioso. A neurona. Sinapse
Tema 13.- Neuroglía e microglía
Tema 14.- Fibra nerviosa e nervio periférico
Tema 15.- Meninxes. Ventrículos. Plexos coroideos. Vasos do sistema nervioso central
Tema 16.- Citoarquitectura rexional / Introdución á patoloxía
BLOQUE II: HISTOLOXÍA HUMANA ESPECIAL
UNIDADE TEMÁTICA 1.- APARELLO CIRCULATORIO
Tema 1.- Aparello circulatorio. Corazón
Tema 2.- Arterias. Quimio e baroceptores. Capilares. Veas. Anastomose arteriovenosas. Vasos linfáticos / Introdución á Patoloxía
UNIDADE TEMÁTICA 2.- SANGUE E MEDULA ÓSEA
Tema 3.- Sangue
Tema 4.- Medula ósea. Hematopoese / Introdución á Patoloxía
UNIDADE TEMÁTICA 3.- SISTEMA INMUNITARIO
Tema 5.- Sistema inmunitario. Timo
Tema 6.- Ganglio linfático
Tema 7.- Bazo. MALT / Introdución á Patoloxía
UNIDADE TEMÁTICA 4.- APARELLO RESPIRATORIO
Tema 8.- Aparello respiratorio. Vías aéreas superiores
Tema 9.- Vías aéreas inferiores
Tema 10.- Pulmón. Pleura / Introdución á Patoloxía
UNIDADE TEMÁTICA 5.- APARELLO DIXESTIVO
Tema 11.- Aparello dixestivo. Cavidade oral
Tema 12.- Dente e odontoxénese
Tema 13.- Glándulas salivais
Tema 14.- Farinxe. Esófago
Tema 15.- Estómago
Tema 16.- Intestino delgado. Intestino groso
Tema 17.- Fígado. Vesícula biliar e vías biliares
Tema 18.- Páncreas exócrino / Introdución á Patoloxía
UNIDADE TEMÁTICA 6.- SISTEMA ENDÓCRINO
Tema 19.- Sistema endócrino. Hipotálamo. Glándula pineal
Tema 20.- Hipófise
Tema 21.- Tiroide. Paratiroide
Tema 22.- Suprarrenal. Paraganglios
Tema 23.- Páncreas endócrino
Tema 24.- Sistema neuroendócrino difuso / Introdución á Patoloxía
UNIDADE TEMÁTICA 7.- APARELLO URINARIO
Tema 25.- Aparello urinario. Ril
Tema 26.- Vexiga e vías urinarias / Introdución á Patoloxía
UNIDADE TEMÁTICA 8.- APARELLO REPRODUTOR MASCULINO
Tema 27.- Aparello reprodutor masculino. Testículo. Condutos excretores
Tema 28.-. Glándulas anexas
Tema 29.- Pene / Introdución á Patoloxía
UNIDADE TEMÁTICA 9.- APARELLO REPRODUTOR FEMININO
Tema 30.- Aparello reprodutor feminino. Ovario
Tema 31.- Trompa. Útero
Tema 32.- Vaxina. Xenitais externos / Introdución á Patoloxía
UNIDADE TEMÁTICA 10.- PEL E MAMA
Tema 33.- Pel e anexos cutáneos. Receptores sensoriais
Tema 34.- Mama / Introdución á Patoloxía
UNIDADE TEMÁTICA 11.- ÓRGANOS ESPECIAIS DOS SENTIDOS
Tema 35.- Ollo. Túnicas externas, medios refrinxentes, retina e anexos (párpado e glándula lagrimal)
Tema 36.- Oído e órgano do equilibrio / Introdución á Patoloxía
PROGRAMA PRÁCTICO
BLOQUE I: HISTOLOXÍA HUMANA XERAL
Práctica 1.- Tecido epitelial I: epitelios de revestimento
Práctica 2.- Tecido epitelial II: epitelios glandulares
Práctica 3.- Laboratorio: técnica histolóxica. Tecido conxuntivo I: compoñentes
Práctica 4.- Tecido conxuntivo II: variedades e tecidos esqueléticos
Práctica 5.- Tecido muscular
Práctica 6.- Tecido nervioso
BLOQUE II: HISTOLOXÍA HUMANA ESPECIAL
Práctica 1.- Laboratorio: Técnica inmunohistoquímica
Práctica 2.- Aparello circulatorio / Sangue
Práctica 3.- Médula ósea / Sistema inmunitario
Práctica 4.- Aparello respiratorio
Práctica 5.- Aparello dixestivo I.- Cavidade oral
Práctica 6.- Aparello dixestivo II.- Tubo dixestivo
Práctica 7.- Aparello dixestivo III.- Glándulas anexas / Ollo
Práctica 8.- Sistema endócrino. Pel
Práctica 9.- Aparello urinario / Aparello reproductor masculino
Práctica 10.- Aparello reproductor feminino / Mama
ATLAS
- Esenciais USC. Técnicas histolóxicas: microscopia óptica, inmunohistoquímica, hibridación in situ e microscopia electrónica. Lucía García-Caballero, Marina Gándara, Rosalía Gallego (disponible online colección Esenciais USC).
- Atlas de prácticas. Histología Humana General y Especial. Rosalía Gallego, Lucía García-Caballero, Marina Gándara, Alba Ferreirós, Paula Masa, Tomás García-Caballero. Fundación USC.
- Wheater. Histología Funcional. O'Dowd, Bell, Wright. 7ª ed. Elsevier, 2024 (disponible online biblioteca USC).
- Stevens, Lowe. Histología Humana. Lowe, Anderson. 5ª edición. Elsevier, 2020 (disponible online biblioteca USC).
- Atlas de Histología. Microscopía óptica y electrónica. Martín-Lacave, Utrilla Alcolea, Fernández-Santos, García-Caballero. Editorial Universidad de Sevilla, 2020 (disponible online biblioteca USC).
- Atlas de Inmunohistoquímica. Caracterización de células, tejidos y órganos normales. Martín-Lacave, García-Caballero. Ed. Díaz de Santos, 2012.
TEXTOS
- Histología Básica. Junqueira, Carneiro. 13ª edición. Ed. Panamericana, 2022 (disponible online biblioteca USC).
- Histología. Texto y Atlas. Correlación con Biología Molecular y Celular. Pawlina. 9ª ed. Wolters Kluwer, 2024.
- Netter. Histología esencial con correlación histopatológica. Ovalle, Nahierney. 3ª ed. Elsevier, 2021 (disponible online biblioteca USC).
- Histología y Biología Celular. Introducción a la anatomía patológica. Kierszenbaum, Tres. 5ª ed. Elsevier, 2020 (disponible online biblioteca USC).
O estudante debe rematar o curso estando capacitado para:
1. Tinguir os cortes con técnicas de rutina e especiais.
2. Realizar unha técnica de inmunohistoquímica.
3. Utilizar axeitadamente o microscopio binocular.
4. Recoñecer microscópicamente os distintos tecidos humanos e os seus compoñentes.
5. Recoñecer microscópicamente os distintos órganos humanos e as súas células integrantes.
DOCENCIA EXPOSITIVA:
O profesor/a explicará o tema co apoio de esquemas e imaxes dixitais, que irá intercalando ao longo da exposición. A ensinanza será homoxénea en tódolos grupos: cada profesor/a explica os mesmos temas en tódolos grupos. A asistencia ás clases expositivas é obrigatoria. Para a nota final poderase ter en conta a asistencia con aproveitamento ás clases expositivas.
DOCENCIA INTERACTIVA DE LABORATORIO:
Realizarase unha práctica semanal de 2 horas/grupo.
A) Prácticas de Laboratorio:
Cada estudante tinguirá unha preparación cunha técnica histolóxica especial e cunha técnica inmunohistoquímica.
B) Prácticas Microscópicas:
Trátase de observar, describir e recoñecer microscópicamente as diferentes células e tecidos e os distintos órganos e as súas células constituíntes, tanto mediante microscopia óptica como electrónica.
Ao comezo de cada práctica, proxectaranse imaxes microscópicas dixitais obtidas das distintas preparacións histolóxicas da práctica. O profesor/a explicará as imaxes ou chamará os estudantes para que sexan eles os que as describan. Complementariamente utilizarase o sistema EduClick, que permitirá a autoevaluación dos estudantes. O final de cada práctica discutiranse casos que inclúan imaxes normais adxacentes a outras patolóxicas co obxetivo de que o estudiante aprenda a diferencialas.
Unha vez descritas as imaxes, procederase a proxeción das preparacións histolóxicas escaneadas co PathScan e ao estudo microscópico das mesmas. O profesor/a resolverá no microscopio de cada estudante as dúbidas que vaian xurdindo. As dúbidas xerais poderán ser aclaradas proxectando as preparacións nun microscopio de proxección. Fóra do horario de prácticas, a aula de microscopios permanecerá sempre á disposición dos estudantes para a revisión das preparacións.
Para un axeitado desenvolvemento das prácticas é imprescindible que os estudantes preparen previamente a práctica por medio dun atlas de Histoloxía. A tal fin, o calendario das prácticas farase público ao comezo de cada curso.
A asistencia ás clases interactivas de laboratorio é obrigatoria.
A asistencia ás clases tanto expositivas como interactivas será obrigatoria e poderase ter en conta para a avaliación. A non asistencia polo menos a un 90% das prácticas de laboratorio impedirá a superación da materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade.
TEORÍA
Test de elección múltiple con resposta única (4 respostas posibles e só unha válida) no que se penalizan os erros (cada resposta incorrecta resta 0,33 puntos).
PRÁCTICAS
Exame test, das mesmas características que o teórico, de identificación de células, tecidos, órganos e sistemas presentados en láminas en color.
CUALIFICACIÓNS
A nota obterase da suma do resultado das partes teórica e práctica. Os niveis serán os seguintes: aprobado, 5; notable, 7; sobresaliente, 9. As matrículas de honra (5%) outorgaranse ás mellores puntuacións por riba de 9,0. Poderase ter en conta a asistencia, participación e aproveitamento dos estudantes nas actividades docentes.
Horas presenciais semanais: 2-3 horas teóricas + 2 horas prácticas
Horas de estudo semanal: 4 h
Preparación do exame final: 60 h
É imprescindible que os estudantes preparen por un atlas o tema que se tratará na práctica. Este pequeno esforzo de traballo continuado fará as prácticas máis áxiles e atractivas, incrementando o rendemento académico, e tamén lle permitirá ao estudante levar a materia ao día e resolver dúbidas directamente cos profesores/as.
Maria Rosalia Gallego Gomez
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Teléfono
- 881812399
- Correo electrónico
- mrosalia.gallego [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Tomas M. M. Garcia-Caballero Parada
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Correo electrónico
- tomas.garcia-caballero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Lucia Garcia-Caballero Perez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Teléfono
- ext 12400
- Correo electrónico
- lucia.garcia.caballero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alba Ferreiros Lopez
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Correo electrónico
- alba.ferreiros.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Marina Gándara Cortés
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Histoloxía
- Correo electrónico
- marina.gandara.cortes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
Martes | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
12:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
Mércores | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
Xoves | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
12:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
19:30-20:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
Venres | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
17:30-18:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Medicina-Aula 4 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_04 | Castelán | Medicina-Aula 5 |
11.05.2026 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 10 |
11.05.2026 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 2 |
11.05.2026 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 3 |
11.05.2026 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
11.05.2026 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
11.05.2026 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 6 |
11.05.2026 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
11.05.2026 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |
06.07.2026 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 3 |
06.07.2026 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 4 |
06.07.2026 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 5 |
06.07.2026 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 7 |
06.07.2026 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula 8 |