Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Nutrición e Bromatoloxía
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Capacitar ó estudante para a elaboración e avaliación de dietas terapéuticas básicas e a súa aplicación en casos de patoloxías endocrino-metabólicas e en situacións especiais (parte I).
CONTIDOS TEÓRICOS.
- Dietoterapia: concepto, obxectivos, tipos de dietas.
- Dietas terapéuticas básicas: dietas con modificación da composición e dietas de consistencia modificada.
- Dietoterapia nas patoloxías endocrinometabólicas I: obesidade.
- Dietoterapia nas patoloxías endocrinometabólicas II: diabetes.
- Dietoterapia para outras patoloxías metabólicas: hiperuricemia, enfermidades da tiroide, enfermidades da glándula suprarrenal, enfermidades óseas.
- Dietoterapia nos trastornos da conducta alimentaria.
- Dietoterapia en coidados nutricionais en situacións especiais: climaterio e menopausia, xeriatría.
- Dietoterapia en enfermidades neurolóxicas.
- Atención nutricional no paciente hospitalizado. Valoración clínica. Malnutrición proteico-calórica.
SEMINARIOS
Os estudantes levarán a cabo traballos individuais ou en grupo, que terán como temática aspectos relacionados cos contidos da materia e que deberán de expoñer e defender oralmente.
CLASES PRÁCTICAS
Os contidos das prácticas son complementarios ós contidos teóricos:
1. Deseño de dietas para individuos con obesidade; dietas hipocalóricas e dietas non ortodoxas.
2. Deseño de dietas para individuos con diabetes; usos das táboas de intercambios e do índice glicémico.
3. Deseño de dietoterapia para outros casos (parte I).
Os estudantes entregarán unha memoria ou caderno de prácticas cos resultados e as súas conclusións, conforme as directrices do docente.
BÁSICA
• Cervera, P.; Clapés, J. y Rigolfas, R. 2010. Alimentación y dietoterapia. 4ª ed. McGraw-Hill Interamericana.
• Escott-Stump, S. Nutrición, diagnóstico y tratamiento. Ed. Mc Graw-Hill. México. 2005.
• Gil Hernández, A. Tomo IV: Nutrición clínica (Tratado de Nutrición). Ed. Acción Médica-Grupo. Madrid. 2005.
• Grupo de trabajo de la GuipClinGot. Guía de Práctica Clínica para el Manejo de Pacientes con Gota. Sociedad Española de Reumatología: Madrid, 2020.
• Iowa Dietetic Association; Maher, A.K. Manual de dietas simplificado. Editorial Acribia. Zaragoza. 2007.
• Lagua, R.T y Claudio, V.S. 2007. Diccionario de nutrición y dietoterapia. 5ª ed. McGraw-Hill Interamericana.
• Lecube A. et al. Guía Española GIRO: guía española del manejo integral y multidisciplinar de la obesidad en personas adultas, 2ª edición. Sociedad Española para el Estudio de la Obesidad (SEEDO): España, 2024. Dispoñible en: https://www.seedo.es/index.php/guia-giro
• Mahan, K.L. y Escott, S. 2009. Krause dietoterapia. 1-2ª ed. Elsevier, Amsterdam.
• Martínez Hernández, A. Alimentación hospitalaria 2 Vols. Tomo 1. Fundamentos. Tomo 2. Dietas hospitalarias. Ed. Díaz de Santos. Madrid. 2004.
• Muñoz, M.; Aranceta, J.; García-Jalon, I. Nutrición Aplicada y Dietoterapia. (2ª ed.). Ediciones EUNSA. Pamplona. 2004.
• Requejo, A.M.; Ortega, R.M. Nutriguía. Ed. Complutense. Madrid. 2000.
• Rojas Hidalgo E. Dietética, principios y aplicaciones. (2ª ed). Madrid: Grupo Aula Médica; 1998.
• Ruiz Pons, M.; Sánchez-Valverde Visus, F.; Dalmau Serra, J.; Gómez López, L. Tratamiento nutricional de los errores innatos del metabolismo. (2ª ed.) Drug Farma. Madrid. 2007.
COMPLEMENTARIA
• Russolillo, G.; Marques, I. Sistema de intercambios para la confección de dietas y planificación de menús. Ed. ICM. Madrid. 2008.
• Salas-Salvadó, J.; Bonada, A., Trallero, R.; Saló, M.E.; Burgos, R. Nutrición y dietética clínica (2ª ed.). Ed. Doyma SL. Barcelona. 2008.
• Vidal, E. 2009. Manual práctico de nutrición y dietoterapia. 1ª ed. Monsa-Prayma, Barcelona.
BIBLIOGRAFIA ON-LINE
• Documentación de consenso da SEEDO, accesible en https://www.seedo.es
• Documentación de consenso da ADA, accesible en https://care.diabetesjournals.org
• Calvo Bruzos, et al. (2016) Manual de alimentación. Planificación alimentaria, accesible en https://prelo.usc.es/
• Welling, L., et al. (2017). International clinical guideline for the management of classical galactosemia: diagnosis, treatment, and follow-up. Journal of Inherited Metabolic Diseases (40):170-176.
• Información sobre enfermidades metabólicas conxénitas da Unidade de Enfermidades Metabólicas Conxénitas do Hospital Sant Joan de Déu Barcelona, dispoñible en: https://www.sjdhospitalbarcelona.org/es/ninos/enfermedades-metabolicas-…
• Información sobre enfermidades da tiroides e glándulas suprarrenais, SEEN, dispoñible en: https://www.seen.es
• Hipotiroidismo. American Thyroid Association (ATA), accesible en: https://www.thyroid.org/hipotiroidismo/
• Guías de práctica clínica na osteoporose posmenopáusica, glucocorticoidea e do varón. Sociedad Española de Investigación Ósea y del Metabolismo Mineral, accesible en: https://www.seiomm.org
• Consenso sobre la evaluación y el tratamiento nutricional de los trastornos de la conducta alimentaria: anorexia nerviosa, bulimia nerviosa, trastorno por atracón y otros. SENPE (2017) Nutrición Hospitalaria, vol. 34 Supl. 5: 1-97. Dispoñible en: https://www.senpe.com
Competencias BÁSICAS E XERAIS:
CB1 - Que os estudiantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudio que parte da base da educación secundaria xeral, e que normalmente se sitúa a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudio.
CB2 - que os alumnos poidan aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e teñan competencias tipicamente demostrados a través do deseño e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro do seu campo de estudio.
CB3 - Que los estudiantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - que os alumnos poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto cualificado como ordinario.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1 - Recoñecer os elementos esenciais da profesión de dietista - nutricionista , incluíndo os principios éticos, responsabilidades legais e o exercicio da profesión, aplicando o principio de xustiza social á práctica profesional e desenvolvendo dita práctica profesional con respecto ás persoas, os seus hábitos, crenzas e culturas.
CG2 - Desenvolver a profesión con respecto por outros profesionais sanitarios, adquirindo competencias para o traballo en equipo
CG3 - Recoñecer a necesidade de manter e actualizar as súas competencias profesionais, prestando particular importancia a aprender de forma autónoma e continuamente, novos coñecementos, productos e técnicas de nutrición e alimentación, así como a motivación pola calidade.
CG4 - Coñecer os límites da profesión e as súas competencias, identificando, cando sexa necesario un tratamento interdisciplinar ou reenvío a outro profesional.
CG5 - Realizar a comunicación de xeito efectivo, tanto de forma oral como escrita, cas personas, os profesionais da saúde ou a industria e os medios de comunicación, sabendo utilizar as tecnologías da información e a comunicación especialmente as relacionadas con nutrición e hábitos de vida.
CG6 - Coñecer, valorar criticamente e saber como usar e aplicar fontes de información relacionadas coa nutrición, alimentación, estilos de vida e aspectos sanitarios.
CG7 - Ter a capacidade de elaborar informes e cubrir rexistros completos relativos á intervención profesional do dietista - nutricionista.
CG12 - Coñecer os nutrientes, a súa función no corpo, a súa biodisponibilidade, necesidades e recomendacións, e os fundamentos da enerxía e equilibrio nutricional.
CG13 - Integrar e avaliar a relación entre a dieta e a nutrición nos estados de saúde e enfermidade.
CG14 - Aplicar o coñecemento científico da fisioloxía, fisiopatoloxía, a nutrición e a alimentación para a planificación e consello dietético para individuos e comunidades, durante todo o ciclo de vida, tanto de persoas sans como enfermas .
CG15 - Deseñar e levar a cabo protocolos de avaliación do estado nutricional, identificando os factores de risco nutricional.
CG16 - Interpretar un diagnóstico nutricional, avaliar os aspectos nutricionais dunha historia médica e facer o plan de acción da dieta.
CG17 - Coñecer a estrutura dos servizos de alimentación e unidades de alimentación e nutrición hospitalaria, identificando e desenvolvendo as funcións do Dietista- Nutricionista dentro do equipo multidisciplinar.
CG18 - Intervir na organización, xestión e implementación das distintas modalidades de alimentación e soporte nutricional hospitalario e do tratamento dietético-nutricional ambulatorio.
CG29 - Adquirir a formación básica para a actividade investigadora, sendo capaces de formular hipóteses, recoller e interpretar a información para a resolución de problemas seguindo o método científico, e comprendendo a importancia e as limitacións do pensamento científico en materia sanitaria e nutricional.
Competencias TRANSVERSAIS:
CT1 - Capacidade de análise e síntese
CT2 - Capacidade para organizar e planificar
CT3 - Capacidade de traballar en equipo (incluída en GC2)
CT5 - Capacidade de utilizar a tecnoloxía da información e comunicación (incluído no CG5)
CT6 - Capacidade para xestionar a información (incluída en CG6)
CT8 - Capacidade para tomar decisións
CT9 - Capacidade para transmitir coñecementos (incluida en CG5)
CT10 - Capacidade para o razoamento crítico e argumentación
CT11- Capacidade de aprendizaxe independente (incluído en CG3)
CT13 - Demostrar iniciativa e espirito emprendedor
Competencias ESPECÍFICAS:
CE36 - Aplicar os principios básicos da nutrición clínica á dietoterapia .
CE35 - Interpretar e integrar datos clínicos, bioquímicos e farmacolóxicos na avaliación nutricional do paciente e no seu tratamento alimentario e nutricional.
CE37 - Planificar, aplicar e avaliar dietas terapéuticas para individuos e / ou grupos.
CE44 - Manexar ferramentas básicas en TICs empregadas no campo da Alimentación, Nutrición e Dietética.
Os contidos estrutúranse en distintos temas expostos polo docente en clases maxistrais, durante as cales se establecen os fundamentos da materia. Os estudantes completarán e complementarán a súa formación coa realización de traballos individuais ou en grupo non presenciais (formación autónoma), desenvolvendo temas propostos polo profesor e seguindo as súas directrices; unha vez finalizados, os traballos serán defendidos cunha exposición oral. As actividades prácticas realízanse en grupos e considéranse complementos fundamentais da teoría. Entregarase un caderno ou memoria de prácticas reflectindo os resultados e conclusións para a súa avaliación. As titorías individuais e/ou en grupo serán presenciais nos horarios indicados, ou ben telemáticas a través das ferramentas institucionais, segundo as circunstancias e a valoración do profesor.
A ferramenta de soporte virtual fundamental para o proceso de ensino-aprendizaxe nesta materia é o Campus Virtual da Universidade de Santiago de Compostela. A través desta plataforma institucional realizaranse anuncios, depositaranse contidos e material adicional para a súa consulta, bibliografía, normativas, guías para a realización dos traballos, entrega de tarefas, e toda aqueloutra información que requiran as circunstancias. Para determinadas actividades poderá habilitarse un grupo de traballo en
O seguimento de todas as actividades realizarase mediante programación de entregas e listas de participación. Para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente, poderán realizarse a través do foro do Campus Virtual, Microsoft Teams, ou mediante correo electrónico.
AVALIACIÓN CONTINUA (30 %).
- Avaliarase a actitude e esforzo do/a estudante por aprender, resolver problemas e razoar de forma crítica e argumentada durante as sesións de aulas expositivas (5 %). Competencias avaliadas: CB2, CG2, CG3, CT2, CT3, CT8, CT10, CT11, CT13
- A realización das prácticas é obrigatoria para superar a materia, é un requisito, non se lle outorga puntuación. O control de asistencia será realizado in situ e rexistrado polo profesorado cun sistema de soporte electrónico (folla de cálculo en nube corporativa, ou similar). Ademais avaliaranse os resultados da aprendizaxe práctica reflectidos na memoria ou caderno de prácticas (20 %). Competencias avaliadas: CB2, CB4, CB5, CG1, CG3, CG4, CG6, CG7, CG12, CG13, CG14, CG16, CT1, CT2, CT3, CT5 (incluída en CG1), CT6, CT8, CT9 (incluída en CG5), CT10, CT11, CT13, CE35, CE36, CE37, CE44.
- Avaliación dos traballos realizados (5 %) sobre temas propostos polo profesorado e a súa presentación ou exposición oral. É requisito realizar a exposición oral do traballo nos horarios establecidos para ser avaliado. Competencias avaliadas: CB2, CB4, CB5, CG3, CG4, CG6, CG12, CG13, CG14, CG16, CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT8, CT9 (incluída en CG5), CT10, CT11, CE35, CE36, CE37.
EXAME FINAL (70 %).
Avaliación do coñecemento sobre os contidos da materia (é requisito alcanzar un mínimo do 45 % na puntuación deste exame para poder ser valorado e sumar a nota de avaliación continua). Competencias avaliadas: CB2, CB4, CB5, CG1, CG2, CG3, CG4, CG6, CG7, CG12, CG13, CG14, CG16, CT1, CT10, CT11, CE35, CE36, CE37, CE44. Na avaliación da convocatoria de segunda oportunidade manteranse todas as puntuacións obtidas polo estudante, excepto o exame final.
OUTRA INFORMACIÓN.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
O seguimento de todas as actividades, agás o exame final escrito, realizarase mediante programación de entregas e listas de participación.
Non procede a consideración de dispensa, en base á necesidade de realizar actividades de carácter obrigatorio e presencial no marco do sistema de avaliación desta materia.
A materia consta de 6 créditos ECTS, que inclúen as seguintes horas presenciais:
• Clases Maxistrais: 32 horas
• Seminarios: 5 horas
• Prácticas de laboratorio: 12 horas
• Titorías de grupo:2 horas
• Exames e revisión: 2 horas
A distribución da actividade formativa en horas de traballo do estudante totales é de (25 x nº de ECTS) 150 horas.
- Ter unha base de coñecementos sobre dietética e fisiopatoloxía humanas.
- Mostrar atención e interese durante a asistencia ás clases.
- Realización de esquemas e resumos, entendelos e memorizalos.
- Utilizar as titorías para resolver dúbidas sobre a materia.
- Traballar a materia día a día.
- Consultar a bibliografía e os artigos, e outras fontes de información recomendadas polo profesor.
A materia impártese nos dous idiomas oficiais da comunidade autónoma (galego e castelán), coa posibilidade de comunicación puntual en inglés cos estudantes que o necesiten.
Patricia Regal López
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Teléfono
- 982822484
- Correo electrónico
- patricia.regal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alejandra Cardelle Cobas
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Correo electrónico
- alejandra.cardelle [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Nerea Gonzalez Rodriguez
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Correo electrónico
- nerea.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
Xoves | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
Venres | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
12.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
12.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
19.06.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 7 PLANTA BAIXA |