Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 49.5 Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Química Analítica
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
* Coñecer os conceptos básicos sobre xestión de calidade e control de calidade así como sobre as actividades de control e avaliación necesarias para implantar un sistema de calidade.
* Adquirir os coñecementos básicos para implantar un sistema de calidade nunha empresa ou laboratorio de análise.
* Capacidade para adaptarse a novas situacións.
* Capacitar ao alumno na procura de información achega dos organismos e axencias que se dedican á calidade así como en xeral ás referencias normativas.
*Introdución á calidade
*Ferramentas básicas de xestión da calidade
*Novas ferramentas de planificación e xestión de calidade
*Técnicas avanzadas para a xestión da calidade
*Normalización, certificación e acreditación da calidade
*ISO 9001. Normas de garantía de calidade hixiénico-sanitaria nos alimentos
•Calidad. Fundamentos, herramientas y gestión de la calidad para pymes. Alcalde San Miguel, P. Ed. Paraninfo, 2019
•Calidad y seguridad en el sector agroalimentario. Serra, J.A.; Fernández, I. Ed. Universitat Politècnica de València, 2010
•Gestión de la Calidad. Alonso, J.M.; Provedo, P. Ed. Santillana Educación, 2009.
•Gestión de la calidad: Conceptos, enfoques, modelos y sistemas. Camisón, C.; Cruz, S.; González, T. Ed. Pearson Education, 2006
•Gestión Integral de la Calidad. Implantación, control y certificación. Cuatrecasas, Ll. Ed. Profit, 2017.
•Herramientas para la mejora de la calidad. Métodos para la mejora continua y la solución de problemas. López Lemos, P. Ed. Fundación Confemetal, 2016
•Herramientas para la gestión de calidad (Libro en PDF descargable). Santiago, H., 2018.
https://gestiondecalidadhome.files.wordpress.com/2018/12/HERRAMIENTAS-P…
•Introducción a la gestión de la calidad. Miranda, F.J.; Chamorro, A.; Rubio, S. Publicaciones Universitarias Delta, 2007
•Teoría y práctica de la Calidad. Sangüesa, M.; Mateo, R.; Ilzarbe, L. Ed. Paraninfo, 2019
• Cómo documentar un sistema de gestión de la calidad según ISO 9001:2015, FC Editorial, 2015
• Implantación de Sistemas de Gestión de la Calidad. La Norma ISO 9001:2015. José Manuel Sánchez Rivero, Antonio Enríquez Palomino. FC Editorial, Madrid, 2016.
BASICAS E XERAIS:
CB2- Que os estudantes sepan aplicar os seus coñecementos o seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que soen demostrarse colaborando e defendendo argumentos e resolvendo problemas dentro do seu eido de estudo.
CB3- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar os datos relevantes (normalmente dentro do seu eido de estudo) pra poder emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas importantes sociais, científicos ou éticos.
CB5- Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias pra levar a cabo estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG3- Recoñecer a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, dándolle especial importancia á aprendizaxe, de forma autónoma e continua, de novos coñecementos, produtos e técnicas en nutrición e alimentación, así como a motivación para a calidade.
CG7- Ter a capacidade de elaborar informes e encher rexistros relativos a intervención profesional do Dietista-Nutricionista.
CG23- Asesorar no desenrolo, comercialización, etiquetado, comunicación e marketing dos produtos alimentarios dacordo cas necesidades sociais, os coñecementos científicos e a lexislación vixente.
CG27- Intervir na calidade e seguridade alimentaria dos produtos, instalacións e procesos.
CG29- Adquirir a formación básica para a actividade investigadora, sendo capaces de formular hipóteses, recoller e interpretar a información para resolver problemas seguindo o método científico, e comprendendo a importancia e as limitacións do pensamento científico no eido sanitario e nutricional.
ESPECIFICAS:
CE19- Colaborar na implantación de sistemas de calidade.
* Clases presenciais (teoría e seminarios). O profesor explicará os contidos teóricos fundamentais de cada tema e a súa importancia no contexto da materia. As clases desenvolveranse de xeito interactivo cos alumnos, discutindo con eles os aspectos que resulten máis dificultosos ou especialmente interesantes de cada tema.
* Prácticas na aula de informática. Serán de asistencia obrigatoria e availables (Acordo do Consello de Goberno do 25/11/2024, que aprobou o Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela). As sesións prácticas dedicaranse á realización das prácticas correspondentes e á interpretación dos resultados obtidos.
* Titorías. Nelas preténdese levar a cabo un seguimiento próximo do traballo desenvolvido por cada alumno así como aclarar dúbidas e orientar o traballo persoal do alumno.
A avaliación levarase a cabo tendo en conta os seguintes aspectos:
* Traballos prácticos: 15%.
* Exame final: 70%
* Prácticas: Realización das mesmas e presentación dunha memoria 15%
A realización das prácticas na aula de informática é obrigatoria. Tamén se require a presentación dun informe das mesmas que deberá obter unha valoración positiva da profesora.
As prácticas conservaranse durante 1 curso académico, sempre que o informe das prácticas obteña unha avaliación positiva, e conservarase a nota obtida.
-A nota final acadarase sempre que a nota do exame sexa polo menos de 3,5 (sobre 7,0). A valoración positiva do informe das prácticas, así como as notas das actividades realizadas durante o curso, incrementarán a nota do exame ata a nota final.
ALUMNADO CON EXENCIÓN DE ASISTENCIA:
Os estudantes que teñan concedida a dispensa de asistencia pola Comisión de Título segundo o disposto no Regulamento de asistencia a clase, deben ter en conta que para aprobar a materia é obligatoria a asistencia as prácticas na aula de informática. A asistencia as clases expositivas, as clases interactivas de seminarios e as titorías grupais non é obligatoria.
No caso de solicitude dunha exención de asistencia por parte dun alumno, o sistema de avaliación para a primeira e segunda oportunidade será o mesmo que para o alumnado de nova matrícula.
O alumno repetidor con exención de asistencia non terá que repetir as prácticas, nin presentar una memoria das mesmas si as tén aprobadas.
"En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto no" Regulamento de avaliación do rendemento académico dos estudantes e revisión das cualificacións ”.
Esta materia e semestral e consta de 3 créditos ECTS o que supón unha carga de traballo para o estudante de 75 h (3 créditos x 25 h/crédito):
Clases expositivas: 16 h presenciais + 32 h non presenciais = 48 h totais
Clases interactivas de seminario: 2 h presenciais + 2 h non presencialis = 4 h totais
Clases interactivas de prácticas: 6 h presenciais + 4 h informe das prácticas = 10 h totais
Clases interactivas de tutorías: 1.5 h presenciais + 1.5 h no presenciais = 3 h totais
Realización de traballos individuais o en grupo: 7 h non presenciais = 7 h totais
Realización del examen y revisión: 3 h presenciais = 3 h totais.
- Asistencia as clases cunha participación activa
- Estudio continuado da materia
- Aproveitamento das prácticas de laboratorio
- Uso das titorías individualizadas para resolver as dúbidas xeneradas no estudio da materia.
- Consulta da bibliografía recomendada. É importante consultar a bibliografía recomendada para unha mellor comprensión da materia e para ter unha maior visión global do campo de acción da Garantía de Calidade.
Consuelo Pita Calvo
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Correo electrónico
- consuelo.pita [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
Venres | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
21.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
21.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
23.06.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 7 PLANTA BAIXA |