Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 26 Total: 53
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Estatística, Análise Matemática e Optimización
Áreas: Estatística e Investigación Operativa
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Dotar ao alumnado das técnicas estatísticas indispensables na experimentación en Óptica e Optometría. Capacitalo para a análise de datos e para o razoamento estatístico. Aprender o manexo de software para a resolución de problemas estatísticos.
Tema 1. Estatística descritiva
Introdución á estatística. Variables. Distribucións de frecuencias. Representacións gráficas. Medidas de posición e de dispersión. Medidas de forma. Diagramas de caixa. Relación entre variables: táboas de continxencia, gráfico de dispersión, covarianza e coeficiente de correlación.
Tema 2. Probabilidade
Experimento aleatorio. Espazo mostral. Sucesos. Probabilidade. Probabilidade condicionada. Independencia de sucesos. Regra do produto, lei de probabilidades totais e teorema de Bayes. Sensibilidade, especificidade, valores preditivos positivo e negativo.
Tema 3. Variables aleatorias
Variables aleatorias discretas e continuas. Distribucións de probabilidade: función de masa, función de densidade e función de distribución. Medidas dunha variable aleatoria. Independencia entre variables aleatorias. A distribución binomial e a distribución normal. Aproximación da distribución binomial pola distribución normal. Verificación da normalidade: o QQ-plot e o estatístico de Shapiro-Wilk.
Tema 4. Estimación e intervalos de confianza
Introdución á Inferencia Estatística. Estimación de parámetros. Intervalos de confianza para a proporción e para a media e a varianza dunha poboación normal.
Tema 5. Contrastes de hipóteses
Introdución. Hipótese nula e alternativa. Tipos de erros nun contraste de hipótese. Nivel de significación e potencia dun test. Etapas na resolución dun contraste de hipótese. O valor p. Contrastes de hipótese para a proporción e para a media e a varianza dunha poboación normal.
Tema 6. Comparación de poboacións
Mostras emparelladas e mostras independentes. Comparación de dúas medias en mostras emparelladas e en mostras independentes. Contraste de dúas varianzas. Contraste de dúas proporcións.
Tema 7. Análise da varianza
O modelo de análise da varianza cun factor de variación. O test F. Comparacións múltiples. Diagnose do modelo.
Tema 8. Modelos de regresión
Introdución aos modelos de regresión: o modelo lineal simple. Estimación dos coeficientes por mínimos cadrados. Estimación da varianza do erro. Inferencia sobre os parámetros. Predición.
Estarán dispoñibles no campus virtual os materiais de estudo da disciplina, nos cales estarán desenvolvidos os contidos teóricos, exemplos ilustrativos, boletíns de exercicios para os seminarios e guións das prácticas de ordenador.
Con carácter complementario recoméndanse os libros seguintes:
Crujeiras, R.M. e Faraldo Roca, P. (2010): "Manual de estadística básica para ciencias de la salud”. Universidade de Santiago de Compostela.
Daniel, W.W. (2002): “Bioestadística. Base para el análisis de las ciencias de la salud”, Limusa Wiley.
Milton, J.S. (2007): “Estadística para Biología y Ciencias de la Salud”, McGraw-Hill-Interamericana.
Rosner, B. (2005): “Fundamentals of Biostatistics”, Duxbury Press.
Coñecementos:
· Con_20. Coñecer as técnicas estatísticas indispensables na experimentación en
Óptica e Optometría.
Habilidades e destrezas:
· HyD_1. Pensar de forma integrada e abordar os problemas desde diferentes puntos de
vista con razoamento crítico.
· HyD_2. Organizar e planifica-lo traballo.
· HyD_3. Interpretar resultados e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
· HyD_4. Traballar en equipo.
· HyD_5. Manter un compromiso ético, así como un compromiso coa igualdade e a
integración.
· HyD_8. Saber analizar datos e interpretar resultados experimentais propios dos
ámbitos da Óptica e Optometría.
· HyD_13. Aplica-los métodos xerais da Estatística á Optometría e Ciencias da
visión.
Competencias:
· Comp_1. Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes
para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social,
científico ou ético.
· Comp_3. Que o estudantado desenvolvese aquelas habilidades de aprendizaxe.
necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
· Comp_4. Que o estudantado separa aplicar os coñecementos teóricos-prácticos
adquiridos no grao dunha forma profesional e sexan competentes no
formulación/resolución de problemas, así como na elaboración/defensa de
argumentos tanto en contextos académicos como profesionais relacionados coa
Óptica e Optometría.
· Comp_5. Capacidade de aprender de forma autónoma, de traballar en equipo, de organizar
o tempo e os recursos, e de adquirir novos coñecementos e técnicas en Óptica e
Optometría.
• Impartiranse 24 horas expositivas en aula con pizarra, onde se aprenderán os contidos teóricos da materia e os procedementos de resolución dos problemas prácticos.
• Realizaranse 12 horas de sesións interactivas en aula de seminario nas cal se resolverán exercicios e debateranse os conceptos da disciplina. Haberá outras 12 horas interactivas consistentes en prácticas de ordenador, onde se aprenderá o uso de software para a aplicación das técnicas estatísticas.
• Recolleranse e corrixiranse as tarefas propostas nas actividades interactivas, o que formará parte da avaliación.
• O alumnado con dispensa de asistencia a clase deberá preparar os mesmos contidos e actividades, aos que poderá acceder a través do curso virtual.
• A cualificación global da disciplina será o resultado dun exame final teórico-práctico, que corresponderá ao 55% da cualificación total, e da avaliación continua durante o perigo lectivo, que será o 45% restante da cualificación total.
• O 45% correspondente á avaliación das actividades interactivas estará formado por un 20% obtido mediante probas durante as sesións de ordenador, un 20% nunha proba sobre os contidos teóricos e de exercicios prácticos e un 5% pola participación nos seminarios e entrega de tarefas.
• Considerarase como presentado á avaliación a calquera estudante que participe en actividades de avaliación que permitan acadar un 50% da cualificación.
• Na recuperación aplicarase o mesmo sistema de avaliación, de maneira que o novo exame substituirá a cualificación do exame en primeira oportunidade, manténdose o 45% da avaliación continua realizada no período lectivo.
• O alumnado con dispensa de asistencia a clase deberá realizar o exame final de modo presencial e enviar as actividades interactivas en soporte electrónico para a súa avaliación.
En xeral, catro horas adicionais por semana, de estudo e traballo persoal, que complementen a asistencia ás clases, deberían resultar suficientes.
Para superar con éxito a materia é conveniente a asistencia ás clases, tanto expositivas como interactivas. Así mesmo, a resolución e revisión dos exercicios propostos ao longo do curso deberán servir para alcanzar os obxectivos da materia.
Cesar Andres Sanchez Sellero
- Departamento
- Estatística, Análise Matemática e Optimización
- Área
- Estatística e Investigación Operativa
- Teléfono
- 881813208
- Correo electrónico
- cesar.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 3 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 3 |
18.05.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
18.05.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
29.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
29.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |