Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 18 Total: 55
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Bioloxía Celular
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer a composición e a estrutura das moléculas que forman os seres vivos.
- Coñecer a estrutura celular, o desenvolvemento embrionario e a organoxénese.
- Estudar as bases moleculares do almacenamento e da expresión da información biolóxica.
- Coñecer e manexar material e técnicas básicas de laboratorio.
PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS (36 horas).
TEMA 1.- Introdución. Breve historia da Citoloxía e Histoloxía. A Teoría Celular. A Citoloxía e Histoloxía actual e a súa relación con outras ciencias (0,5 horas).
TEMA 2.- Organización estrutural dos seres vivos. Células e tecidos (1 hora).
O núcleo, ribosomas e mecanismos xenéticos (6 horas).
TEMA 3.- Organización estrutural do núcleo celular interfásico.
TEMA 4.- Cromatina e cromosomas.
TEMA 5.- Replicación. Transcrición.
TEMA 6.- Ribosomas e síntese de proteínas.
Membrana plasmática (3 horas).
TEMA 7.- Composición e estrutura da membrana plasmática.
TEMA 8.- Intercambios da célula co medio externo I. Transporte de pequenas moléculas e ións a través da membrana plasmática.
TEMA 9.- Intercambios da célula co medio externo II. Transporte de macromoléculas e partículas.
Sistemas de endomembranas (4 horas).
TEMA 10.- Retículo endoplasmático.
TEMA 11.- Aparato de Golgi.
TEMA 12.- Sistema lisosomal e vacúolos.
Conversión da enerxía (3,5 horas).
TEMA 13.- Mitocondrias.
TEMA 14.- Plastos.
TEMA 15.- Peroxisomas.
Citosol.
TEMA 16.- O citosol. Inclusións citoplamáticas (0,5 horas).
Motilidade celular e citoesqueleto (4 horas).
TEMA 17.- Citoesqueleto. Microfilamentos.
TEMA 18.- Microtúbulos.
TEMA 19.- Filamentos intermedios.
O ciclo celular e a división celular (3,5 horas).
TEMA 20.- O ciclo celular eucariota.
TEMA 21.- División celular.
TEMA 22.- Meiose.
Determinación, diferenciación e morte celular (3 horas).
TEMA 23.- Determinación e diferenciación celular.
TEMA 24.- Avellentamento e morte celular.
Relación das células entre si e co medio (3 horas).
TEMA 25.- Sinalización celular.
TEMA 26.- Matriz extracelular e unións intercelulares.
TEMA 27.- A parede celular vexetal.
Desenvolvemento embrionario (2 horas).
TEMA 28.- Desenvolvemento embrionario e organoxénese.
TEMA 29.- Desenvolvemento do sistema visual.
Sistema inmunitario (2 horas).
TEMA 30.- O sistema inmunitario. Resposta inmunitaria innata.
TEMA 31.- O sistema inmunitario. Resposta inmunitaria adquirida.
O sistema inmunitario no ollo. Alteracións do sistema inmunitario e as súas manifestacións oculares.
TEMA 32.- O sistema inmunitario e o ollo.
TEMA 33.- Manifestacións oculares nos procesos alérxicos.
TEMA 34.- Manifestacións oculares nas enfermidades autoinmunitarias.
TEMA 35.- Manifestacións oculares nas inmunodeficiencias.
Sistema visual nos animais.
TEMA 36.- Sistema visual e visión nos animais.
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS (6 horas).
PRÁCTICA 1.- Práctica laboratorio. Libros de texto na rede. Páxinas na rede relacionadas coa Bioloxía Celular. Manexo do microscopio óptico. Observación de orgánulos celulares: aparato de Golgi en neuronas dun ganglio raquídeo. Observación dun ollo composto de insecto.
PRÁCTICA 2.- Práctica de laboratorio. Observación de orgánulos celulares: retículo endoplasmático en motoneuronas da medula espiñal. Observación e interpretación de micrografías electrónicas de distintos orgánulos celulares.
PRÁCTICA 3.- Práctica de laboratorio. Procesado de mostras biolóxicas para a súa observación ao microscopio óptico e electrónico. Observación de seccións de ollo de troita e da mitose en seccións da raíz da cebola.
SEMINARIOS (8 horas).
O profesor suministrará ou indicará onde localizar a materia para a realización dos seminarios. O estudantado deberá preparar os seminarios propostos polo profesor. Nos seminarios, trataranse os contidos dos 7 últimos temas do programa e o estudantado terá que responder preguntas e entregar por escrito (a man) as actividades propostas polo profesor.
TITORÍA OBRIGATORIA (1 hora).
Na titoría explicarase a programación do curso, daranse as recomendacións para organizar e estudar a materia e resolveranse as dúbidas do estudantado en relación coa mesma.
Bibliografía básica
Cooper, G. M. (2022). La Célula. 8ª ed. Editorial Marbán, Madrid. ISBN: 9788418068584. Dispoñible en liña en inglés (non todos os contidos) en: https://learninglink.oup.com/access/cooper8e
Bibliografía complementaria
Alberts, B; Hopkin, K.; Johnson, A.; Morgan, D.; Raff, M.; Roberts, K.; Walter, P. (2021). Introducción a la Biología Celular. 5ª ed. Editorial Médica Panamericana. ISBN: 9786078546442. Dispoñible en liña no buscador Iacobus da biblioteca: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/biblioteca-universitaria
Alberts, B.; Johnson, A.; Lewis, J.; Morgan, D.; Raff, M.; Roberts, K.; Walter, P. (2016). Biología Molecular de la Célula. 6ª edición. Editorial Omega. ISBN: 9788428216388.
Iwasa, J.; Marshall, W. (2019). Karp Biología celular y molecular: conceptos y experimentos. 8ª ed. MacGraw-Hill Interamericana. ISBN: 9781456269227. Dispoñible en liña no buscador Iacobus da biblioteca: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/biblioteca-universitaria
Lodish, H.; Berk, A.; Kaiser, C.A.; Krieger, M.; Bretscher, A.; Ploegh, H.; Amon, A.; Scott, M.P. (2016). Biología celular y molecular. 7ª ed. Editorial Médica Panamericana. ISBN: 9789500606264. Dispoñible en liña no buscador Iacobus da biblioteca: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/biblioteca-universitaria
Técnicas
Montuenga, L.; Esteban, F.J.; Calvo, A. (2014). Técnicas en Histología y Biología Celular. 2ª ed. Editorial Elsevier Masson. ISBN: 9788445825204. Dispoñible en liña no buscador Iacobus da biblioteca: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/biblioteca-universitaria
Sepúlveda, J. (2014). Instructivo de laboratorio. Histología. Biología celular y tisular. 6º ed. McGraw-Hill. ISBN: 9786071511492. Accesible nos libros electrónicos da biblioteca: https://accessmedicina.mhmedical.com/book.aspx?bookID=1503
Megías, M., Molist, P., Pombal, M.A. Técnicas histológicas. Atlas de histología vegetal y animal. Accesible en: https://mmegias.webs.uvigo.es/6-tecnicas/1-introduccion.php
Megías, M., Molist, P., Pombal, M.A. Microscopio virtual. Atlas de histología vegetal y animal. Accesible en: https://mmegias.webs.uvigo.es/7-micro-virtual/virtual-todas.php
Coñecementos
Con4: Coñecer a estrutura celular, o desenvolvemento embrionario e a organoxénese; e o desenvolvemento do sistema visual.
Con17: Estudar as bases moleculares do almacenamento e da expresión da información biolóxica.
Con18: Coñecer o material e as técnicas básicas de laboratorio.
Habilidades/destrezas
H/D1: Pensar de forma integrada e abordar os problemas dende diferentes puntos de vista con razoamento crítico.
H/D2: Organizar e planificar o traballo.
H/D3: Interpretar resultados e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
H/D5: Manter un compromiso ético, así como un compromiso coa igualdade e a integración.
H/D6: Iniciativa, espíritu emprendedor e adaptación a novas situacións (resiliencia).
H/D8: Saber analizar datos e interpretar resultados experimentais propios dos ámbitos da óptica e optometría.
H/D9: Saber aplicar as técnicas instrumentais e os protocolos de traballo nun laboratorio, aplicando as normativas e técnicas relacionadas coa seguridade e hixiene, xestión de residuos e calidade.
H/D10: Saber obter, procesar e interpretar información das principais bases de datos (bibliográficas, clínicas), empregar ferramentas bioinformáticas e obter conclusións en temas relacionados coa óptica y optometría.
H/D12: Manexar material e técnicas básicas de laboratorio.
Competencias
Comp1: Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuicios que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
Comp3: Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Comp4: Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos no grao dunha forma profesional e sexan competentes na formulación/resolución de problemas, así como na elaboración/defensa de argumentos tanto en contextos académicos como profesionais relacionados coa óptica y optometría.
Comp5: Capacidade de aprender de forma autónoma, de traballar en equipo, de organizar o tempo e os recursos, e de adquirir novos coñecementos e técnicas en óptica y óptometría.
- Clases expositivas obrigatorias.
- Clases interactivas de seminario obrigatorias (seminario).
- Clases prácticas de laboratorio obrigatorias.
- Titoría obrigatoria.
- O estudantado debe superar un exame dos contidos explicados nas clases expositivas que representará o 60% da nota final. Realizarase, se o permite o calendario, un parcial que se se supera, elimina a materia das probas oficiais establecidas en cada ano académico. A nota será un promedio dos exames superados realizados. O aprobado está en 5 sobre 10.
Competencias avaliadas: Con4, Con17, H/D1, H/D2, H/D3, H/D5, H/D6, H/D10, Comp1, Comp3, Comp4, Comp5.
- O estudantado tamén debe realizar obrigatoriamente os seminarios que suporán o 20% da nota final. A non asistencia aos seminarios tamén se terá en conta. Nos seminarios, trataranse os contidos dos 7 últimos temas do programa e o estudantado terá que responder preguntas e entregar por escrito (a man) as actividades propostas polo profesor. En cada seminario, o estudantado debe obter na cualificación un mínimo do 35%.
Competencias avaliadas: Con4, H/D1, H/D2, H/D3, H/D5, H/D6, H/D8, H/D10, Comp1, Comp3, Comp4, Comp5.
- Así mesmo, é obrigatoria a asistencia a prácticas, sendo necesaria para a superación das mesmas. Realizarase un exame das prácticas que determinará o 12% da nota final.
Competencias avaliadas: Con18, H/D1, H/D2, H/D3, H/D5, H/D6, H/D9, H/D10, H/D12.
- A titoría obrigatoria, a asistencia a clase e a participación nas clases ou a través do Campus Virtual tamén se terán en conta e suporá o 8% da nota final.
Competencias avaliadas: Con4, Con17, Con18, H/D1, H/D2, H/D3, H/D5, H/D6, H/D8, H/9, H/D10, H/D12, Comp1, Comp3, Comp4, Comp5.
- Unha vez superado o exame (nas probas oficiais ou por parciais) dos contidos explicados nas clases expositivas sumarase a cualificación obtida nos seminarios (onde se debe obter un mínimo do 35% da nota) e as obtidas nas prácticas e asistencia-participación.
- Non se poderá superar esta materia se non se realizan os seminarios ou non se alcanza o mínimo do 35% da súa cualificación. Tampouco se poderá superar esta materia se non se realizan as prácticas.
- A non asistencia á titoría obrigatoria terase en conta na nota final.
- O estudantado repetidor non terá que facer as prácticas nin os seminarios se xa os realizaron nos anos anteriores (consérvanse as notas obtidas). Aínda que repetirá as prácticas e os seminarios se así o considera e se quere superar (ou baixar) a nota que xa ten, poderá facer o exame de prácticas e/ou os dos seminarios.
- Teoría: 36 horas presenciais e 70 horas de traballo persoal.
- Titoría obrigatoria e preparación de seminarios: 9 horas presenciais e 23 horas de traballo persoal.
- Prácticas de laboratorio: 6 horas presenciais e 2 horas de traballo persoal.
- Realización de exames: 4 horas presenciais.
- Total de horas de traballo presencial na aula: 55 horas.
- Total de horas de traballo persoal: 95 horas.
- Asistencia e participación activa na clase.
- Por cada hora de clase unha hora de estudo, empregando material bibliográfico para comprender e afondar na información obtida na clase (é fundamental que a hora de estudo sexa o máis próxima posible á hora de clase).
- Estudo e revisión semanal da materia dada.
- Aclaración co profesor de posibles dúbidas.
- Repaso para o exame final.
Esta materia terá operativa unha aula virtual na plataforma Moodle a disposición do estudantado.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións”.
Manuel Noia Guldrís
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816948
- Correo electrónico
- manuel.guldris [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 3 |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 3 |
17.12.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
17.12.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
17.12.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
15.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
15.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
15.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |