Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 8 Clínicos EEES: 16 Total: 60
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
Áreas: Oftalmoloxía
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Coñecemento da patoloxía ocular nos seus aspectos teóricos e prácticos
-Relacionar as enfermidades xerais coas suas manifestacions oculares
-Ser capaz de realizar una cribaxe do nivel de gravidade da patoloxía ocular
Uveíte. Tumores da úvea. Enfermidades vítreorretinianas. Patoloxía vascular da retina. Patoloxía macular. Desprendemento de retina. Patoloxía do nervio óptico. Manifestacións oculares das enfermidades xerais. Traumatismos oculares contusos e perforantes.
- Kanski, J. J., Oftalmoloxía Clínica, 6ª edición, Elsevier España, Barcelona, 2009.
- Pastor Jimeno, J. C. e cols., Guiones de Oftalmología, 10ª edición. McGraw-Hill/Interamericana, Madrid, 2002.
- G.K. Lang. Oftalmología. Texto y Atlas en colo0r. 2ª edición. Ed. Masson. 2006
5.5.1.5 COMPETENCIAS
5.5.1.5.1 BÁSICAS E XENERAIS
CG1 - Que os estudantes teñan capacidade para abordar a súa actividade profesional e formativa desde o respecto ao código
deontolóxico da súa profesión, que inclúe, entre outros máis específicos os principios do respecto e a promoción dos dereitos
fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e deseño para todos e os
valores democráticos e dunha cultura de paz
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da
educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén
algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as
competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da
súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo)
para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non
especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores
cun alto grao de autonomía
82 / 180
csv: 247323187205359354053168
Identificador : 2502224
5.5.1.5.2 TRANSVERSAIS
CT1 - Que adquiran capacidade de análise e de síntese.
CT2 - Que adquiran capacidade de organización e planificación.
CT3 - Que adquiran capacidade de comunicación oral e escrita na lingua nativa.
CT4 - Que adquiran o coñecemento dunha lingua estranxeira.
CT5 - Que adquiran coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo.
CT6 - Que adquiran capacidade de xestión da información.
CT7 - Que adquiran capacidade para a resolución de problemas.
CT8 - Que adquiran capacidades na toma de decisións.
CT9 - Que saiban traballar en equipo.
CT14 - Que o alumno adquira habilidades para a emisión dun razoamento crítico.
CT15 - Que o alumno manteña un compromiso ético.
CT16 - Que o estudante sexa capaz de realizar un apendizaje autónomo.
CT17 - Que sexan capaces de adaptarse a novas situacións.
CT18 - Que sexan creativos.
CT22 - Que esten motivados pola calidade.
5.5.1.5.3 ESPECÍFICAS
CE4 - Que o alumno sexa capaz de reflexionar criticamente sobre cuestións clínicas, científicas, éticas e sociais implicadas no
exercicio profesional da Optometría, comprendendo os fundamentos científicos da Óptica-Optometría e aprendendo a valorar
de forma crítica a terminoloxía, ensaios clínicos e metodoloxía da investigación relacionada coa Óptica-Optometría.
CE5 - Que o alumno sexa capaz de emitir opinións, informes e peritaxes cando sexa necesario.
CE6 - Que o estudante poida valorar e incorporar os avances tecnolóxicos necesarios para o correcto desenvolvemento da súa actividade
profesional.
CE9 - Que o estudante poida ampliar e actualizar as súas capacidades para o exercicio profesional mediante a formación continuada
Clase maxistral, Asistencia a conferencias ou outros eventos, Resolución de problemas, Presentación en aula (dun proxecto, exercicio etc.)/ etc.), estudos de casos, debate, seminario, prácticas aula informática, prácticas clínicas, saídas de estudos, prácticas de campo, aprendizaxe colaborativa, aprendizaxe baseada en proxectos, cartafol / dossier, Aprendizaxe-Servizo, metodoloxía baseada na investigación, Design thinking (pensamento de deseño), aula investida, gamificación na aula, estudo previo, traballo tutelado, resolución autónoma de problemas, foros de discusión - traballo en grupo.
Valorarase a asistencia a clase na nota final. Pondera ata 20%
O exame final consta de dous partes, unha tipo test con 5 respostas por pregunta e unha válida e outra con preguntas curtas. Será necesario aprobar ambas as partes para superar a materia. Pondera ata 80%
6 horas de estudo semanais
Revisión bibliográfica dos temas expostos nas clases teóricas
Asistencia aos seminarios programados da materia
Recoméndase aos alumnos que accedan a imaxes dos atlas que se sinalan na bibliografía, así como á utilización de sistemas informaticos de procura bibliográfica e de recompilación de imaxes tales como o uso de Medline.
José Maria Fandiño Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
- Área
- Oftalmoloxía
- Correo electrónico
- josemaria.fandino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 2 |
Martes | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Xoves | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Venres | |||
15:00-16:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 2 |
08.01.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
08.01.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |
17.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
17.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |