Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Coñecer o propósito da rehabilitación psicosocial, o seu alcance en distintos ámbitos e as súas limitacións.
2. Saber identificar deterioracións, discapacidades, e minusvalías.
3. Coñecer o proceso de reforma psiquiátrica e a política asistencial actual.
4. Coñecer as distintas áreas sobre as que se pode intervir en rehabilitación.
5. Coñecer a nivel básico e xeral os instrumentos máis adecuados para cada área de intervención.
6. Coñecer a nivel básico e xeral os procedementos adecuados para realizar propostas de intervención.
7. Coñecer e aplicar a normativa ética propia da profesión e da investigación psicolóxica.
PROGRAMA TEÓRICO
BLOQUE I: Aspectos conceptuais e procedimentais.
TEMA 1. Concepto de cronicidade e características relacionadas.
TEMA 2. Reforma psiquiátrica e política asistencial.
TEMA 3. Fundamentos da rehabilitación psicosocial.
TEMA 4. Avaliación funcional e planificación da intervención en rehabilitación.
BLOQUE II. Áreas implicadas na rehabilitación de pacientes con trastornos mentais crónicos.
TEMA 5. Actividades da vida diaria.
TEMA 6. Rehabilitación cognitiva.
TEMA 7. Adestramento en habilidades sociais.
TEMA 8. Manexo da medicación e prevención de recaídas.
TEMA 9. O papel da familia e da rede de apoio.
TEMA 10. Rehabilitación laboral.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS
- Análise crítica de cuestións polémicas no campo.
- A importancia da planificación: O Plan Individualizado de Rehabilitación.
- Manexo e interpretación de instrumentos de avaliación (xenograma, mapa de rede social...).
- Talleres de AVD, adestramento cognitivo, habilidades sociais...
- Elaboración de PIR para distintos casos clínicos.
- Bibliografía Básica:
1. Rodríguez, A. (Coord.) (2002,2011). Rehabilitación psicosocial de personas con trastornos mentales crónicos. Pirámide.
2. Pastor, A., Blanco, A. y Navarro, D. (Coords.) (2010). Manual de rehabilitación del trastorno mental grave. Síntesis.
- Bibliografía Complementaria:
Abad, A., Arroyo, J.L., Blanco, M. y otros. (2000). Rehabilitación psicosocial y apoyo comunitario de personas con enfermedad mental crónica: programas básicos de intervención. Consejería Servicios Sociales Comunidad de Madrid.
Aldaz, J.A. y Vázquez, C. (Comps.) (1996). Esquizofrenia: fundamentos psicológicos y psiquiátricos de la rehabilitación. Siglo XXI.
Anthony, W., Cohen, M. & Farkas, M. (1994). Psychiatric Rehabilitation. Center Psychiatric Rehabilitation.
Arias, P., Camps, C., Cifre, A. y otros (2002). Rehabilitación psicosocial del trastorno mental severo. Situación actual y recomendaciones. Asociación Española de Neuropsiquiatría.
Bedell, J.R. (Ed.) (1993). Psychological assessment and treatment of persons with several mental disorders. Taylor & Francis.
Bernardo, M. (2004). Qué sabemos de la esquizofrenia. Guía para pacientes y familiares. Ars médica.
Corrigan, P.W., Mueser, K., Bond, G. & Drake, R. (2008). Principles and practice of psychiatric rehabilitation. Guilford Press.
Fernández, J., Touriño, R., Benítez, N. y Abelleira, C. (Eds.) (2010). Evaluación en Rehabilitación Psicosocial. FEARP.
Kuipers, E., Leff, J. y Lam, D. (2004). Esquizofrenia. Guía práctica de trabajo con las familias. Ed. Paidós.
Liberman, R.P. (1993). Rehabilitación integral del enfermo mental crónico. Martínez Roca.
Penadés, R. y Bernardo, M. (2022). Guía de intervenciones psicológicas en la esquizofrenia. Ediveramérica.
Pratt,C.W., Gill, K.J., Barrett, N.M. & Roberts, M.M. (2006). Psychiatric Rehabilitation. Elsevier.
- Competencias específicas da titulación:
Coñecer e comprender...
1. As funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
2. Os distintos métodos de avaliación, diagnóstico e tratamento psicolóxico en diferentes ámbitos aplicados da Psicoloxía -clínico e da saúde, social, educativo-.
Saber...
3. Identificar as necesidades e demandas dos destinatarios nos diferentes campos de aplicación e establecer as metas da actuación psicolóxica.
4. Promover a saúde e a calidade de vida, a través dos métodos propios da profesión, nos individuos, grupos, comunidades e organizacións nos distintos ámbitos e contextos: educativo, clínico e da saúde, do traballo e as organizacións, grupal e comunitaria.
5. Seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía.
6. Definir os obxectivos, elaborar o plan e as técnicas de intervención en función das necesidades e demandas dos destinatarios, e avaliar os seus resultados.
7. Transmitirlles aos destinatarios, de forma axeitada e precisa, os resultados da avaliación.
8. Elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais.
9. Axustarse ás obrigas deontolóxicas da Psicoloxía.
- Competencias específicas da materia:
1. Coñecer e comprender a natureza da rehabilitación e os seus principios para aplicalos á atención de persoas con problemas de saúde mental de longa duración nunha contorna comunitaria.
2. Coñecer a realidade asistencial e social que rodea ás persoas con alteracións mentais crónicas.
3. Coñecer as distintas áreas desde as que se pode intervir en rehabilitación para propiciar un funcionamento autónomo.
4. Ser capaz de identificar habilidades, déficits e recursos dos usuarios.
5. Saber seleccionar e administrar os instrumentos máis pertinentes segundo as distintas áreas de avaliación.
6. Ser capaz de formular propostas para un plan de rehabilitación individualizado.
- As clases expositivas serven para introducir e guiar o desenvolvemento dos diferentes temas do programa. Nas clases, que serán de carácter presencial, realízase unha exposición teórica dos contidos máis importantes de cada un dos temas do programa. As presentacións efectúanse sobre material dispoñible para os estudantes a partir dos capítulos do libro de texto que constitúe a bibliografía básica da materia e os diferentes contidos do programa teórico explícanse co apoio de diapositivas. A asistencia ás leccións maxistrais non é obrigatoria, aínda que se recomenda asistir con regularidade porque implica unha maior e máis rápida adquisición das competencias específicas da materia.
- As actividades interactivas complementan os contidos teóricos e consisten na elaboración de diferentes traballos de carácter práctico: comentarios críticos, casos clínicos, exercicios prácticos, vídeos, manexo de instrumentos/materiais do campo e outras actividades virtuais. As clases interactivas seguen o modelo de docencia híbrida: parte das actividades farase en sesións presenciais na aula (con asistencia obrigatoria) e outra parte realizarase en remoto, de forma asíncrona, a través da aula virtual da materia, que estará dispoñible no Campus Virtual para todos os estudantes matriculados. O traballo realizado na clase, presencialmente, entregarase o mesmo día da sesión interactiva. O traballo das sesións telemáticas enviarase a través da aula virtual no prazo programado para a entrega de cada unha das tarefas. A asistencia/realización das actividades interactivas é obrigatoria. Se un estudante faltou a algunha interactiva ou non entregou o traballo no prazo estipulado, e existe unha causa xustificada para esa falta (enfermidade ou de forza maior), terá a opción de recuperar esa interactiva realizando un traballo extra.
Como sistema de avaliación da aprendizaxe, a avaliación continua formativa combinarase cunha proba final obxectiva obrigatoria. En concreto, a materia será avaliada a través de tres criterios:
- Para a avaliación da teoría, os estudantes someteranse a un exame final, que consistirá nunha proba obxectiva tipo test de 30-40 ítems e catro opcións de resposta. Esta proba é de carácter obrigatorio e ten un peso na nota final do 60% (6 puntos). O test corrixirase sobre 10 empregando a fórmula estándar: Puntuación = Acertos - [Erros/k-1]. Para superar esta parte débese acadar polo menos un 5 (sobre 10) no exame. No suposto de non chegar ao aprobado, a puntuación na acta será a nota do exame sobre 10 (sen ponderar).
- A avaliación continua formativa farase a partir de todas as actividades prácticas realizadas e entregadas en tempo e forma ao longo do curso. Os contidos interactivos supoñen o 35% da nota global da materia (3.5 puntos). Para superar a materia débese entregar, polo menos, o 75% dos traballos desenvolvidos nas sesións interactivas.
- O 5% restante da nota da materia obterase a partir da asistencia presencial ás clases expositivas. Para o cálculo procederase a realizar cinco controis aleatorios de asistencia ao longo do curso durante as clases teóricas. A asistencia continuada á aula permitirá obter, por tanto, 0.5 puntos; con todo, as faltas de asistencia non serán penalizadas.
Outros aspectos de interese no cálculo das notas: Para que a puntuación acadada nas actividades prácticas compute na cualificación final, o estudante ten que obter polo menos un 5 (sobre 10) na proba obxectiva (á marxe de que asistise ás sesións expositivas ou non). Para sumar as notas das interactivas (á nota de teoría), o estudante debe entregar polo menos seis traballos de prácticas. Por último, para superar a materia requírese que o sumatorio das puntuacións ponderadas obtidas nos tres criterios de avaliación alcance un mínimo de 5 sobre 10.
Estas condicións permanecerán invariables en calquera circunstancia na que se atope o alumnado, inclusive no caso de dispensa de asistencia (o estudante deberá obrigatoriamente realizar un 75% das actividades interactivas e terá a posibilidade de recuperar ata 3 sesións interactivas entregando traballos extra).
A materia consta de 4,5 créditos, o que corresponde a un total aproximado de 112,5h de traballo do estudante, que se estiman repartidas do seguinte xeito:
- Asistencia a clases expositivas, prácticas e avaliación): 40,5h.
- Traballo non presencial: 72h.
Para o bo aproveitamento da materia o estudante debería ter coñecementos de psicopatoloxía e de tratamentos psicolóxicos.
Recoméndase encarecidamente asistir a clase de teoría con regularidade; ademais, sería desexable levar ao día os contidos da materia. Por último, débese facer un seguimento regular -cando menos semanal- das actividades, tarefas, materiais e anuncios da Aula Virtual.
O horario de titoría fixarase ao comezo de cada curso académico; con todo, os pódese solicitar por correo electrónico unha titoría presencial ou telefónica nun horario diferente acordado coa profesora.
Maria Jose Santiago Mariño
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813775
- Correo electrónico
- mariajose.santiago [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
Martes | |||
14:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
15.12.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
15.12.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
15.12.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
15.12.2025 16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
16.06.2026 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
16.06.2026 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |