Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia optativa, integrada no terceiro curso do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos, ten como obxectivo principal proporcionar ao alumnado un coñecemento sólido sobre o sistema de financiamento autonómico e os ingresos das entidades locais, así como sobre a dinámica do gasto público nas facendas subcentrais. O programa estrutúrase en tres bloques temáticos: o primeiro aborda os fundamentos teóricos do federalismo fiscal e a evolución do Estado autonómico en España; os dous seguintes adoptan un enfoque eminentemente práctico, centrado na comprensión da liquidación dos principais tributos autonómicos e locais. Esta materia mantén unha relación directa con outras do plan de estudos, especialmente con Facenda Pública: Réxime Fiscal da Empresa e Dereito Tributario, afondando en aspectos específicos da estrutura fiscal territorial.
PARTE I. Introdución á economía pública e ao federalismo fiscal
A economía pública e a descentralización financeira
Fundamentos do federalismo fiscal
Modelos comparados de federalismo fiscal
O federalismo fiscal en España: evolución e características actuais
PARTE II. A facenda autonómica
O sistema de financiamento das comunidades autónomas
Tributos propios e cedidos: marco xeral
O financiamento autonómico en Galicia
Práctica: Liquidación dos principais tributos cedidos ás comunidades autónomas
PARTE III. A facenda local
O sistema de financiamento local en España
A facenda local en Galicia
Práctica: Liquidación dos principais tributos locais
Bibliografía básica
Albi, E. et al. (2017). Economía Pública I, Ed. Ariel.
Cadaval , M. (2011): “Sistema de financiamento local e autonómico en España.” Unidade didáctica 4, USC.
Cadaval, M., Fernández-Leiceaga, X., Lago-Peñas, S. (2024). “ Economía política del federalismo fiscal español. A la espera de una reforma de la financiación autonómica”, 10 años de gestión pública intergubernamental en Iberoamérica, IEF.https://www.ief.es/docs/destacados/publicaciones/libros/hp/2022_10AGest…
De la Fuente, A. (2023): Financiación autonómica: una breve introducción, https://documentos.fedea.net/pubs/eee/eee2019-07.pdf
Lago-Peñas, S. (2021). 40 años de descentralización en España (1978-2018): Balance y perspectivas, FUNCAS..
Lago-Peñas, S. (2023). “La deuda de las comunidades autónomas: evolución reciente y perspectivas”, Cuadernos de Información Económica , 293, https://www.funcas.es/wp-content/uploads/2023/03/Lago_Final.pdf
Ministerio de Hacienda (2017): Informe de la Comisión de Expertos para la Revisión del Modelo de Financiación Autonómica, Madrid.
Básicas
CB2 – Que o estudantado sexa quen de aplicar os seus coñecementos ao traballo e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar os datos relativos para emitir xuizos que engadan reflexión sobre os temas relevantes de índole social, científico ou ética
Xerais
CG2 - Localizar, analizar, sintetizar e xestionar diferentes fontes e tipos de información
CG4 - Aplicar o razoamento crítico no estudo e análise dun tema determinado
CG6 – Traballo individual e en equipo
Específicas
CE3 - Localizar, interpretar, sintetizar e representar datos e indicadores laborais e socioeconómicos
CE8 - Comprender, relacionar e traballar datos e normativa diversa necesarios para apoiar, asesorar, realizar seguimento da posta en práctica de estratexias territoriais de promoción socioeconómica
Docencia expositiva
Nas sesión expositivas o profesorado desenvolve os contidos fundamentais da materia. Estas clases poden adoptar distintos formatos e estarán apoiadas en presentacións que o alumnado terá disponible no campus virtual. Requírese unha participación activa do estudantado, polo que o número de persoas condiciona o desenvolvemento das actividades, o que fai imprescindible a presenza das persoas na aula.
Docencia interactiva.
Sesións prácticas orientadas á aplicación dos contidos teóricos e á aprendizaxe da liquidación dos impostos autonómicos e locais. Nas mesmas, resolveranse exemplos prácticos e desenvólvese a capacidade de manexar a normativa fiscal co fin de dar resposta ás liquidacións impositivas correspondentes.
A avaliación do rendemento e das aprendizaxes do alumnado realizarase mediante unha combinación equilibrada de actividades de avaliación continua e unha proba final. A cualificación final será o resultado da suma ponderada de ambos compoñentes, cuxo peso específico é do 40%-60%.
A avaliación continua permitirá valorar o esforzo, a implicación e o progreso do alumnado ao longo do curso, a través de distintos instrumentos como probas escritas, traballos individuais ou en grupo, participación activa nas sesións presenciais e outras actividades recollidas na planificación da materia.
A proba final terá como obxectivo avaliar o grao de adquisición global dos contidos e competencias da materia. A súa realización é obrigatoria para todo o alumnado, e complementará os resultados obtidos durante o proceso de avaliación continua.
TEMPO DE TRABALLO E ESTUDO PRESENCIAL
Clases expositivas. 25,5 horas
Clases interactivas 10 horas
Titorías 9,5 horas
Total horas traballo presencial na aula 45 horas.
TEMPO DE TRABALLO E ESTUDO PERSOAL DO ALUMNADO
Estudo autónomo individual ou en grupo, 50 horas
Realización de traballos, exercicios, etc., 12,5 horas
Lecturas recomendadas, asistencia a conferencias ou otras actividades, 5 horas
Total horas de traballo persoal 67,5 horas.
Recoméndase que o alumnado se familiarice co manexo de documentación legal, estatística e orzamentaria no eido autonómico e local, así como coa información sobre os sistemas fiscais de países con estrutura federal, empregando a bibliografía indicada polo profesorado.
Para superar a materia, resulta fundamental non só memorizar contidos, senón, sobre todo, comprender os conceptos e aplicar os coñecementos adquiridos. É recomendable resolver de forma individual os exercicios propostos e participar activamente no traballo en grupo.
No caso de que, tras a participación activa nas clases, a realización das actividades propostas e a realización dos exames, o alumnado non acade a cualificación necesaria na primeira convocatoria, poderá presentarse á seguinte mantendo as cualificacións obtidas nos traballos e pola participación no mesmo curso académico. Esta reserva non se manterá para convocatorias de cursos posteriores.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC
No caso do estudantado en situación de dispensa, deberá dirixir un email ao profesorado encargado da materia indicando os seus datos e a situación de dispensa.
Maria Cadaval Sampedro
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811664
- Correo electrónico
- maria.cadaval [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoaquin Maria Fernandez Leiceaga
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811574
- Correo electrónico
- xoaquin.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Santiago Lago Peñas
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- santiago.lago.penas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
19:00-20:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único-tarde | Galego | Aula 6 |
Xoves | |||
19:00-20:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único-tarde | Galego | Aula 6 |
03.06.2026 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único-tarde | Aula 3 |
03.06.2026 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único-tarde | Aula 5 |
03.06.2026 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único-tarde | Aula 6 |
01.07.2026 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único-tarde | Aula 3 |
01.07.2026 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único-tarde | Aula 5 |
01.07.2026 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único-tarde | Aula 6 |