Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Dende o punto de vista lingüístico-comunicativo, con este módulo o alumnado deberá acadar un grao de dominio da lingua inglesa correspondente ao nivel B2 do Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas (MCER).
Ao remate da materia, o alumnado será quen de:
• Comprender as ideas principais de textos orais e escritos relacionados co ámbito xurídico, empregando estratexias de comprensión adaptadas ao contexto.
• Expresar opinións e argumentacións sinxelas sobre cuestións legais en interaccións orais e escritas.
• Presentar oralmente, con claridade e certa fluidez, casos xurídicos reais ou hipotéticos e analizar as súas implicacións.
• Redactar textos coherentes e ben estruturados sobre temas de carácter técnico-xurídico, como informes breves, resumos, ou correos profesionais.
• Utilizar vocabulario técnico básico do inglés xurídico e estruturas gramaticais axeitadas para comunicarse de forma eficaz nun contexto profesional ou académico inicial.
Os contidos desta materia (gramática, vocabulario e destrezas de comprensión e produción oral e escrita) serán seleccionados a partir do recollido no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER) para o nivel B2 e adaptados ó ámbito xurídico.
En concreto, no referente a aspectos gramaticais, poderíanse abordar cuestións tales como a os verbos modais, estruturas condicionais, a voz pasiva, tempos verbais complexos, entre outros.
No campo do léxico está previsto tratar o vocabulario e as expresións máis comúns relacionadas con ámbitos tales como o dereito societario, fusións e adquisición, contrato comercial, termos dun contrato, entre outros. Estes ámbitos tamén se traballarán a través das destrezas vinculadas á comprensión oral, comprensión lectora, interacción oral e expresión escrita.
No plano da expresión escrita, revisaranse nocións clave de ortografía e puntuación e traballarase a nivel do texto.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
MURPHY, R. (2019). English Grammar in Use: A Self-Study Reference and Practice Book for Intermediate Students of English. Cambridge: CUP.
BROWN, G. D. and S. RICE. (2007). Professional English in Use. Cambridge: CUP.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
CALLANAN, E. and L. EDWARDS. (2010). Absolute Legal English. Delta Publishing House.
KROIS-LINDNER, A. and TransLegal. (2011). International Legal English: A course for classroom or self-study use. Cambridge: CUP.
KROIS-LINDNER, A., M. FIRTH and TransLegal. (2008). Introduction to International Legal English: A course for classroom and self-study use. Cambridge: CUP.
MASON, C. (2007). The Lawyer’s English Language Coursebook. TOLES Legal
DICIONARIOS RECOMENDADOS:
- Gran diccionario Oxford Español-Inglés/Inglés-Español. Oxford University Press.
- Collins Cobuild English Dictionary for Advanced Learners (Paperback). Harper Collins Publishers.
RECUROS EN LIÑA DE CONSULTA E AUTOAPRENDIZAXE:
Dicionarios (inglés e inglés-español)
- http://www.thefreedictionary.com/ (inglés)
- http://www.lexico.com/ (inglés e inglés-español)
- http://www.ldoceonline.com/ (inglés)
- http://dictionary.cambridge.org/ (inglés)
- http://www.wordreference.com/ (inglés e inglés-español)
- http://www.learnersdictionary.com/ (inglés)
- http://dictionary.reference.com/ (varios, en inglés)
- http://sli.uvigo.es/CLIG/index.html (inglés-galego)
- http://visual.merriam-webster.com/ (visual en inglés)
Sinónimos, antónimos etc.:
- http://thesaurus.reference.com/
Gramáticas:
- http://www.edufind.com/english/grammar/index.cfm (con exercicios)
- http://www.englishpage.com/grammar/ (con exercicios)
Miscelánea (gramática, vocabulario, actividades, tests, lectura, escritura, podcasts...):
- English Test Net (http://www.english-test.net/)
- About.com (http://esl.about.com/)
- Easy English (http://www.easyenglish.com/)
- A4esl.org (http://a4esl.org/)
- UsingEnglish.com (http://www.usingenglish.com/)
- English Page (http://www.englishpage.com/)
- BBC Learning English (http://www.bbc.co.uk/worldservice/learningenglish/)
- British Council - Learning English (http://www.learnenglish.org.uk/)
- University of Victoria - Language Center (http://web2.uvcs.uvic.ca/elc/studyzone/index.htm)
Básicas: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5
Xerais: CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CG6, CG7, CG8, CG9, CG10, CG11, CG12, CG13, CG14, CG15, CG16, CG17, CG18, CG19, CG20, CG21, CG22
Específicas: CE11
Para máis información pódese consultar a Memoria de Verificación no seguinte enlace: https://assets.usc.gal/sites/default/files/plan/2021-09/Dereito_2013.pdf
A metodoloxía desta materia baséase nun enfoque comunicativo e orientado á acción, no que o alumnado é o protagonista activo da súa aprendizaxe. As actividades están deseñadas para desenvolver a competencia lingüística e comunicativa no ámbito técnico-xurídico a través de tarefas auténticas e significativas.
Empregaranse as seguintes estratexias metodolóxicas:
• Aprendizaxe baseada en tarefas (task-based learning), que permite o desenvolvemento integrado das destrezas orais e escritas a través da resolución de situacións reais do contexto xurídico (lectura de contratos, redacción de informes, presentación de casos, etc.).
• Aprendizaxe colaborativa, mediante traballos en parellas ou pequenos grupos para fomentar a interacción e o uso activo da lingua.
• Análise de materiais auténticos, como textos legais simplificados, fragmentos de vídeos xurídicos ou documentos profesionais, co fin de familiarizar ao alumnado coa lingua propia do seu ámbito.
• Simulacións e xogos de rol, nos que o alumnado poderá practicar situacións profesionais (negociacións, entrevistas, defensa de casos) nun contorno seguro e guiado.
• Uso das TIC, incluíndo plataformas dixitais, recursos multimedia e ferramentas de aprendizaxe autónoma para reforzar a práctica da lingua fóra da aula.
Promoverase a reflexión metacognitiva sobre o proceso de aprendizaxe e fomentarase a autonomía do alumnado no desenvolvemento das súas competencias lingüísticas.
Tanto na oportunidade ordinaria de decembro/xaneiro como na segunda oportunidade de xuño/xullo, o grao de consecución dos obxectivos do curso por parte dos estudantes valorarase por medio de varios procedementos combinados, tal e como se recolle a continuación:
PRIMEIRA OPORTUNIDADE (decembro/xaneiro):
A distribución de porcentaxes para a primeira oportunidade (decembro/xaneiro) será a seguinte:
1) AVALIACIÓN CONTINUA (20%) – actividades orais e escritas que se realizarán de forma individual ou en grupo, na clase ou a través da plataforma virtual. A porcentaxe de avaliación continua divídese da seguinte forma:
1.1. Unha tarefa de produción escrita: 10%
1.2. Unha tarefa de produción oral: 10%
2) EXAME FINAL (80%) – o exame final consistirá en:
2.1. Proba de comprensión escrita (20%), que se realizará nas datas oficiais da facultade.
2.2. Proba de comprensión oral (20%), que se realizará nas datas oficiais da facultade.
2.3. Proba de expresión escrita (20%), que se realizará nas datas anunciadas ao longo do semestre.
2.4. Proba de expresión oral (20%), que se realizará nas datas anunciadas ao longo do semestre.
OBSERVACIÓNS IMPORTANTES:
1.- Para superar a materia, a suma dos diferentes compoñentes avaliables deberá ser 5 sobre 10, tendo en conta que o alumnado debe obter unha cualificación mínima de 4 sobre 10 nas catro destrezas (expresión escrita, expresión oral, comprensión escrita, comprensión oral). O alumnado que non acade a nota mínima de 4 sobre 10 nos compoñentes avaliables con nota mínima asignada suspenderá a materia, aínda que a nota aritmética total sexa 5 ou máis de 5. Neste caso, a nota que se rexistraría na Acta Oficial sería un 4,5.
2.- O alumnado que non se presente os días do exame final obterá a cualificación de NP (‘Non Presentado’), aínda que tivese completado todas as actividades de avaliación continua.
3.- O alumnado que non presentou as tarefas de avaliación continua perderá a porcentaxe correspondente da nota final.
SEGUNDA OPORTUNIDADE (xuño/xullo):
A distribución de porcentaxes para a segunda oportunidade (xuño/xullo) será a seguinte:
2.1. Proba de comprensión escrita (20%)
2.2. Proba de comprensión oral (20%)
2.3. Proba de expresión escrita (30%)
2.4. Proba de expresión oral (30%)
O alumnado só deberá presentarse para a destreza que non superara na primeira oportunidade. A nota mínima de cada destreza (expresión escrita, expresión oral, comprensión escrita, comprensión oral) é de 4 sobre 10. Para superar a materia, a suma dos diferentes compoñentes deberá ser 5 sobre 10. O alumnado que non acade a nota mínima de 4 sobre 10 nos compoñentes avaliables con nota mínima asignada suspenderá a materia, aínda que a nota aritmética total sexa 5 ou máis de 5. Neste caso, a nota que se rexistraría na Acta Oficial sería un 4,5.
ALUMNADO CON DISPENSA:
O alumnado con exención de asistencia terá que facer o exame final que representará un 100% da nota, coa seguinte distribución de porcentaxes:
2.1. Proba de comprensión escrita (20%)
2.2. Proba de comprensión oral (20%)
2.3. Proba de expresión escrita (30%)
2.4. Proba de expresión oral (30%)
Para superar a materia, a suma dos diferentes compoñentes avaliables deberá ser 5 sobre 10, tendo en conta que o alumnado debe obter unha cualificación mínima de 4 sobre 10 nas catro destrezas (expresión escrita, expresión oral, comprensión escrita, comprensión oral). O alumnado que non acade a nota mínima de 4 sobre 10 nos compoñentes avaliables con nota mínima asignada suspenderá a materia, aínda que a nota aritmética total sexa 5 ou máis de 5. Neste caso, a nota que se rexistraría na Acta Oficial sería un 4,5.
***ADVERTENCIAS IMPORTANTES:
1) Debido á natureza das tarefas das probas orais, estas poderían ter lugar nunha hora e data distintas ás do exame oficial. Esta data será anunciada na clase e terá carácter oficial. Isto supón que o alumnado deberá ter en conta estas datas, xa que é a súa obriga estaren dispoñibles para os exames orais.
2) NON SE CAMBIARÁN AS DATAS DE NINGUNHA PARTE DO EXAME AGÁS EN CASOS DE FORZA MAIOR DEBIDAMENTE XUSTIFICADOS.
3) En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido no art. 16 da “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”:
“A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a alumno/a infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
Tempo de estudo e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superar a materia: 75 horas
Raquel Pereira Romasanta
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- raquel.romasanta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | Aula 2 |
Xoves | |||
13:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Inglés | Aula 2 |
03.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
07.07.2026 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |