Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Corporal
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Conceptuais (saber):
· Coñecer o papel da educación física como impulsora da educación integral do neno en idade escolar.
· Comprender o proceso de aprendizaxe e desenvolvemento motor na etapa de educación primaria, así como o valor educativo que presenta a motricidade.
· Relacionar a motricidade coa saúde do ser humano utilizando a educación física para a promoción dunha vida activa, saudable e autónoma.
· Adquirir coñecementos teórico-prácticos relativos ás capacidades perceptivo-motrices, ás habilidades e destrezas, á expresión e comunicación corporal e ao xogo motor.
Procedimentais (saber facer):
· Levar a cabo accións motrices propias dos contidos da área de educación física na etapa de primaria.
· Tomar conciencia das execucións motrices propias ou realizadas por outros, verbalizalas e analizalas.
· Poñer en práctica simulada os contidos da educación física, analizando, reflexionando, interpretando e sacando conclusións das observacións das prácticas realizadas.
· Elaborar e presentar traballos académicos de calidade textual e formal, tanto oralmente como por escrito.
· Manexar con actitude crítica e reflexiva as fontes documentais propias da materia, empregando con rigor académico a información extraída das diferentes fontes.
Actitudinais (saber ser):
· Tomar conciencia do propio corpo e das propias capacidades expresivo-motrices, coa intencionalidade de melloralas e de ampliar o autocoñecemento.
· Vivenciar e recoñecer os propios medos e as inseguridades motrices, e, a través do esforzo persoal, das axudas e da reflexión das situacións vividas, analizar as estratexias de aprendizaxe e de superación coa intención de coñecerse mellor e de, posteriormente, ser capaces de aplicalas como futuros e futuras mestras de educación primaria.
· Recoñecer, como futuras e futuros docentes, a influencia da propia percepción corporal e motriz sobre as expectativas motrices que se proxectan nos demais.
· Valorar a importancia da investigación e do traballo en equipo para o desenvolvemento da profesión docente.
· Construir unha conciencia reflexiva, innovadora e comprometida coa formación permanente.
Bloque I. A educación física escolar: delimitación do ámbito.
Tema 1. Introdución á educación física escolar.
Tema 2. Características da educación física de calidade.
Bloque II. Aprendizaxe e desenvolvemento motor.
Tema 3. Desenvolvemento motor na etapa de Educación Primaria.
Tema 4. Aprendizaxe motor e control do movemento.
Bloque III. A educación física e a saúde.
Tema 5. Relación da motricidade coa saúde do ser humano.
Tema 6. A alfabetización física como eixe vertebrador da educación física.
Tema 7. Posibilidades de promoción de estilos de vida activos dende a escola.
Bloque IV. Contidos da educación física escolar.
Tema 8. Os saberes básicos da educación física no currículo de Educación Primaria.
Tema 9. Clasificación das prácticas motrices.
Bloque V. O xogo motor.
Tema 10. Aproximación ao concepto e clasificación do xogo motor.
Tema 11. O deseño de xogos motores.
Prácticas de ensinanza referidas aos contidos teóricos da materia.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
-Blázquez, D. (2022). Descubre cómo es la educación física del s.XXI. Así trabaja el profesorado más innovador. Inde.
-Blázquez, D. (2022). Lo que funciona en tu clase. Educación física basada en evidencias. Inde.
-Cleland, F., Mueller, S. S. e Gallahue, D. (2016). Developmental physical education for all children. Theory into practice. Human Kinetics.
-Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Diario Oficial de Galicia, núm. 183, de 26 de setembro de 2022, pp. 49595-50009.
-Ferriz Morell, R. F., González-Cutre Coll, D., Sicilia Camacho, A., e Beltrán Carrillo, V. J. (2018). Estrategias motivacionales para la promoción de la actividad física en niños y adolescentes desde el contexto escolar. Inde.
-McLennan, N. e Thompson, J. (2015). Educación física de calidad (EFC). guía para los responsables políticos. Ediciones UNESCO. https://unesdoc.unesco.org/ark:/48223/pf0000231340
-Mitchell, S. e Fisette, J. (2016). The essentials of teaching physical education. Curriculum, instruction, and assessment. Human Kinetics.
-Navarro, V. (2002). El afán de jugar. Teoría y práctica de los juegos motores. Inde.
-Payne, G. e Isaacs, L. D. (2016). Human motor development: a lifespan approach. McGraw Hill.
-Whitehead, M. (2010). Physical literacy: throghout the lifecourse. Routledge.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
-Bailey, R., Collins, D., Ford, P., MacNamara, A., Toms, M. e Pearce, G. (2010). Participant development in sport: an academic review. Sports Coach UK.
-Blázquez, D. (2024). Cómo evaluar bien educación física. El enfoque de la evaluación formativa. Inde.
-Cañizares Márquez, J. M. e Carbonero Celis, C. (2016). Enciclopedia de Educación Física en edad escolar. Wanceulen.
-Castañer, M. e Camerino, O. (2001). La educación física en la enseñanza primaria. Inde.
-Famose, J. P. (1992). Aprendizaje motor y dificultad de la tarea. Paidotribo.
-Gallahue, D., Ozmun, J. e Goodway, J. (2011). Understanding motor development: infants, children, adolescents, adults. McGraw Hill.
-Goddard, S. (2012). Assessing neuromotor readiness for learning. The INPP developmental screening test and school intervention programme. John Wiley & Sons.
-Greenberg, J. D. e LoBianco, J. L. (2025). Organization and Administration of Physical Education (2nd Ed.). Human Kinetics
-Haywood, K. e Getchell, N. (2014). Life span motor development. Human Kinetics.
-Haywood, K., Robertson, M. A. e Getchell, N. (2012). Advanced analysis of motor development. Human Kinetics.
-Hernández Vázquez, F. J. (2012). Inclusión en Educación Física. Las claves del éxito para la inclusión del alumnado con capacidades diferentes. Inde.
-Lloret Parra, M. (2024). 20 puntos clave para redefinir la educación física. LOMLOE en movimiento. Inde.
-Malina, R. M., Bouchard, C. e Bar-Or, O. (2004). Growth, maturation, and physical activity. Human Kinetics.
-Méndez, A. (2003). Nuevas propuestas lúdicas para el desarrollo curricular de Educación Física. Paidotribo.
-Morrow Jr, J., Mood, D., Disch, J. e Kang, M. (2016). Measurement and evaluation in human performance. Human Kinetics.
-Oña, A., Martínez, M., Moreno, F. e Ruiz, L. M. (2000). Control y aprendizaje motor. Síntesis.
-Ruiz, L. M. (2005). Moverse con dificultad en la escuela. Introducción a los problemas evolutivos de coordinación motriz en la edad escolar. Wanceulen.
XERAIS:
G1 – Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos respecto aos procedements de ensino e aprendizaxe respectivos.
G2 – Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración.
G4 – Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
G5 - Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
G11 – Coñecer e aplicar as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
BÁSICAS:
CB1 – Posuír e comprender os coñecementos desta área de estudo que parten da base da educación secundaria xeral e vanse apoiando en libros de texto avanzados, incluíndo aspectos procedentes da vangarda deste campo de estudo.
CB2 - Aplicar os coñecementos ao traballo ou vocación dun xeito profesional. Conseguir as competencias que adoitan mostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro desta área.
CB3 - Adquirir a capacidade de interpretar datos nesta área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica e/ou ética.
CB4 - Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público especializado e non especializado.
CB5 – Desenvolver habilidades de aprendizaxe para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
ESPECÍFICAS:
E.58. Comprender os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social dende a educación física.
E.60. Adquirir recursos para fomentar a participación ao longo da vida en actividades deportivas dentro e fora da escola.
TRANSVERSAIS:
T.2 Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3 Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
As SESIONES EXPOSITIVAS seguirán unha metodoloxía xeral de clase maxistral participativa na que as exposición do docente serán acompañadas por discusión de ideas, cuestionamiento dos conceptos e as súas implicacións e conexión con casos prácticos ou exemplos da vida real. Ademais, para favorecer a atención do alumnado contémplase a utilización de técnicas de gamificación na aula, en forma de dinámicas ou retos. As explicacións verbais por parte do docente serán complementadas por medio de recursos audiovisuais que o docente empregará para proxectar materiais didácticos específicamente elaborados para cada tema da materia (presentacións de diapositivas en soporte PowerPoint).
As INTERACTIVAS/PRÁCTICAS, desenvolveranse no pavillón polideportivo. A asistencia é en grupo mediano e o estudantado deberá acudir con indumentaria e calzado adecuados para a realización de actividade físico-motriz. Cada un dos grupos interactivos estará conformado por un estudantado fixo e a pertenza áos respectivos agrupamentos, ao tratarse dunha materia obrigatoria, virá establecida dende o decanato da FFP (para asegurar que non se producen solapamentos coas sesións de outras materias que farían incompatible a asistencia a ambas), que adoita transmitila na semana previa ao inicio do semestre. Traballaranse os contidos prácticos relacionados cos teóricos e orientados cara a ensinanza-aprendizaxe da educación física na etapa de primaria. As propostas motrices procurarán a toma de conciencia corporal, a análise e a reflexión individual e compartida. Nestas sesións, durante as últimas semanas de clase, o estudantado realizará a presentación/exposición do traballo grupal.
A misión das TITORÍAS será a de completar a formación das clases expositivas e interactivas, explicar os traballos a realizar e orientar nas tarefas non presenciais que se requiren para superar a materia como a busca selectiva de información, o estudo, a realización de traballos, a resolución de casos prácticos, etc.
Ademais, contémplase a realización de prácticas de campo que complementen o labor realizado na aula e posibiliten aproximacións innovadoras aos contidos, así como unha maior profundidade no seu tratamento.
Por último, contémplase o uso, según necesidade, das plataformas tecnolóxicas institucionais (correo electrónico, aula virtual da materia e Microsoft Teams) como recursos para a difusión dos materiais, realización e/ou entrega de tarefas e, en xeral, facilitar a comunicación e un mellor aproveitamento da materia.
As aprendizaxes acadadas polo estudantado ao longo da materia serán avaliadas de acordo cos apartados recollidos na Memoria de Verificación (MV) do título de Grao en Mestre de Educación Primaria. O peso de cada un destes apartados na cualificación final establécese dentro dos rangos contemplados na mencionada MV, conforme ao seguinte:
1. PROBAS ESPECÍFICAS (Examen tipo test e/ou pregunta curta).
A data de realización queda establecida no calendario oficial de exames. A ponderación deste apartado na cualificación global será do 45%. O estudantado debe acadar un mínimo do 50% na parte de cualificación que corresponde ao exame para superar a materia en 1ª oportunidade.
2. PARTICIPACIÓN NA AULA E ASISTENCIA:
Asistencia e participación nas clases prácticas valorada por listas de control e rexistros de participación. A ponderación deste apartado na cualificación global será do 15%. Para acadar cualificación neste apartado o estudantado deberá asistir, como mínimo, ao 80% das sesións, e implicarse activamente nelas. A non superación de este requisito supón a cualificación de non presentado en 1ª oportunidade e publicarase unha lista antes do exame coas persoas que se atopan nesta situación.
A non superación deste apartado da avaliación en primeira oportunidade non poderá ser subsanada de ningunha maneira na segunda oportunidade.
A xustificación de faltas terase en conta para non perder o dereito a superar a materia sempre que estea correctamente motivada e non supoña a ausencia sistemática.
3. INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS:
Requirirase a elaboración e entrega dun único traballo por parte do estudantado. Este traballo será realizado de forma colectiva, en grupos de entre 4-5 estudantes conformados libremente excepto polo requisito de que todos os integrantes deben pertencer ao mesmo grupo interactivo e a consideración de que, sempre que sexa posible, deben ser mixtos no tocante ao xénero. Valorarase o proceso de traballo e o resultado e o traballo deberá ser presentado/exposto nas últimas sesións interactivas da materia. A ponderación deste apartado na cualificación global será do 40%. O estudantado debe acadar un mínimo do 50% na parte de cualificación que corresponde ao traballo para superar a materia en 1ª oportunidade.
OUTRAS ACLARACIÓNS SOBRE A AVALIACIÓN
O estudantado que non supere a materia na 1ª oportunidade, encontrarase nunha das seguintes circunstancias:
• Se no período lectivo asistiu como mínimo ao 80% das sesións interactivas e obtivo cualificación en todos os apartados da avaliación; manteránselle as puntuacións acadadas nos apartados que teña superado e deberá presentar en 2ª oportunidade as partes non superadas.
• Se non conseguiu o 80% de asistencia requirido nas sesións interactivas, estará nunha das seguintes situacións: i) se ten superados os apartados 1 e 3 na primeira oportunidade, sumaránselle as puntuacións obtidas neles e esa será a puntuación global na materia, ou ii) se ten sen superar os apartados 1 e/ou 3 na primeira oportunidade deberá someterse de novo a avaliación nos apartados pendentes e, unha vez superados, sumaránselle as puntuacións de todas as partes superadas (en 1ª ou 2ª oportunidade) e esa será a puntuación global na materia.
O ESTUDANTADO DE 2ª CONVOCATORIA E SEGUINTES (repetidor) deberá poñerse en contacto co docente nas dúas primeiras semanas do semestre, para concretar o seguimento da materia e poderá:
• Optar por implicarse en todas as actividades que realiza o estudantado común dende o inicio do semestre; neste caso, conseguirá novas cualificacións nos diversos apartados de avaliación e tamén deberá someterse ás obrigas de asistencia a clase establecidas de forma xeral na materia.
• Optar por non participar da actividade común da materia, neste caso manteránselle as cualificacións obtidas no curso anterior, que se ponderarán coa puntuación obtida na proba específica, á que deberá someterse de novo nesta convocatoria. En caso de escoller esta opción, o estudantado repetidor non terá obrigas de asistencia a clase.
O ESTUDANTADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA, deberá contactar co docente nas dúas primeiras semanas de clase ou, no caso de tratarse dunha solicitude de dispensa posterior, na mesma semana na que se solicite para concretar o seu plan de traballo na materia e, se é necesario, acordar as adaptacións que fosen pertinentes para atender cada situación particular.
O ESTUDANTADO CON ALGUNHA DIVERSIDADE FUNCIONAL e que requira de adaptacións ou apoio para seguir o desenvolvemento normal da materia deberá acudir ao Servicio de Participación e Integración Universitaria (SPIU), e, inmediatamente despois, contactar co docente para concretar o seu plan de traballo na materia e, se é necesario, acordar as adaptacións que fosen pertinentes para atender cada situación particular.
Para os casos de realización fraudulenta de calquera exercicio ou proba de avaliación será de aplicación o establecido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
150 horas totais (51 presenciais e 99 de traballo autónomo), que se reparten do seguinte xeito:
- Actividades expositivas en grupo grande: 24 horas presenciais e 35 de traballo autónomo.
- Actividades interactivas en grupo mediano: 24 horas presenciais e 45 de traballo autónomo.
- Actividades titoriais en pequeno grupo: 3 horas presenciais e 19 de traballo autónomo.
- Ler a guía docente proporcionada ó principio do curso. Consultar o que non se entenda.
- Coñecer os obxectivos, contidos, metodoloxía, modalidades de avaliación (requisitos, traballos, actividades, exames...) e cualificación (porcentaxes) da materia.
- Anotar as datas de entrega dos traballos e exame.
- Entregar todos os documentos solicitados polo docente no prazo indicado, revisando a súa caligrafía, ortografía e gramática.
- Participar de forma activa, construtiva e constante. A asistencia por si mesma non produce aprendizaxe.
- Consultar o campus virtual diariamente.
- Utilizar as titorías académicas para resolver dúbidas durante o proceso.
A atención ao estudantado será durante o horario de titorías, no despacho 118 ou a través de Microsoft Teams. Concertaranse a través do correo electrónico.
Asistencia a clase: o programa da materia axustarase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado no Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
Esta materia só permite a dispensa de asistencia ás clases expositivas, xa que as sesións interactivas son de asistencia obrigatoria. O estudantado con dispensa de asistencia á docencia teórica deberá contactar co docente nas dúas primeiras semanas de clase ou, en caso de tratarse dunha solicitude de dispensa posterior, na mesma semana na que se solicite, para concretar o seu plan de traballo na materia.
Para os casos de realización fraudulenta de calquera exercicio ou proba de avaliación será de aplicación o establecido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Así mesmo, para que a materia contribúa a unha maior sostibilidade, igualdade de xénero e protección das persoas adoptaranse as seguintes medidas:
1) Responsabilidade medioambiental:
- Os materiais didácticos empregados polo docente na aula e facilitados ao estudantado para o seu estudo trasladaranse sempre en soporte dixital.
- Para levar a cabo o control de asistencia a clase empregaranse preferentemente medios electrónicos.
- Intentarase optimizar o consumo de enerxía durante as clases expositivas e interactivas, empregando os dispositivos electrónicos, a iluminación artificial e a calefacción exclusivamente nos casos en que sexa imprescindible e na cantidade mínima requirida.
- Evitarase no posible a celebración de reunións e titorías que requiran o desprazamento a propósito para a súa realización, especialmente naqueles casos nos que ese desprazamento esixa o uso de vehículos a motor privados recorrendo, como sustitutivo, ao uso de Microsoft Teams.
2) Perspectiva de xénero:
- Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, xa sexa de forma oral ou escrita, tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://assets.usc.gal/sites/default/files/paragraphs/more_info_service…
3) Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
4) Obrigatoriedade de uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
5) Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose quen realice un uso inadecuado do mesmo das consecuencias legais e/ou académicas que podan derivarse.
6) Obligatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos.
Finalmente, por necesidades de docencia o presente programa poderá ser modificado antes do comezo da impartición da materia, comunicando ditas modificacións ao estudantado por medio da guía docente que se lles proporcionará.
Joaquín Lago Ballesteros
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 982821023
- Correo electrónico
- joaquin.lago [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 22 |
10:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 22 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_02 | Galego | Pavillón |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_05 | Galego | Pavillón |
19.05.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 24 |
19.05.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 24 |
01.07.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 29 |
01.07.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |