Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Identificar e analizar as demandas e implicacións existentes na tríada familia-escola-comunidade.
- Identificar as diferentes fases que segue o proceso de observación e análise na escola e o seu contexto.
- Aprender a deseñar proxectos de observación en centros de Educación Infantil e o seu contexto.
- Coñecer as diferentes técnicas e instrumentos de observación e recollida de información e valorar a súa selección segundo o contexto e a finalidade en Educación Infantil.
- Promover actitudes de colaboración entre familia, escola e comunidade na praxe docente.
Bloque I. O contexto e as súas relacións co centro escolar.
1. A corresponsabilidade comunidade-escola na tarefa educadora: competencias e necesidades.
2. Familia e escola: espazos de transmisión e adquisición da cultura.
Bloque II. Deseño de proxectos de observación e procedementos de rexistro en Educación Infantil.
3. Deseño, desenvolvemento da observación na escola e o seu contexto e técnicas de recollida de datos.
4. Recollida de datos na escola e o contexto. Variables e indicadores significativos a observar.
5. Análise e utilización de escalas estandarizadas de observación dos contextos de educación infantil.
Bloque III. Análise e interpretación da información extraída da observación en Educación Infantil.
6. Modelos e pautas de análises e interpretación da vida do centro e os procesos organizativos nas escolas e os centros específicos de Educación Infantil (0-3 e 3-6), e o contexto no que se enmarca.
7. Elaboración de informes a partir de datos de observación.
Bibliografía Básica:
Comellas, M. (Coord.). (2013). Familia, escuela y comunidad: un encuentro necesario. Octaedro.
Piñas Postill, C. (2014). Observación infantil y planificación educativa. Narcea
Requena, A. T., Fernández, F., Bejarano, J. F., e Santiago M. J. (2021). La educación desde la sociología. Comunidad, familia y escuela. Tecnos.
Tomé, M. (Coord.) (2019). Observación sistemática y análisis de contexto para la innovación y la mejora en Educación. Ediciones Paraninfo.
Bibliografía complementaria:
Anguera, M. T., e Escolano-Pérez, E. (2014). Aplicaciones de la metodología observacional en educación infantil. Revista INFAD de Psicología. International Journal of Developmental and Educational Psychology, 4(1), 227–228.
Bronfenbrenner, U. (1987). La ecología del desarrollo humano: Experimentos en entornos naturales y diseñados. Paidós.
Castillo-Bustos, M. R. (2021). Técnicas e instrumentos para recoger datos del hecho social educativo. Retos de la Ciencia, 5(10), 50-61.
Egido, I., e Bertran, M. (2017). Prácticas de colaboración familia-escuela en centros de éxito de entornos desfavorecidos. Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria, 29, 97-110.
Esteban Guitart, M., Iglesias Vidal, E., Lalueza, J. L., e Palma i Muñoz, M. (2022). Lo común y lo público en las prácticas de enseñanza desde la perspectiva de los fondos comunitarios de conocimiento e identidad. Revista de Educación, 395, 237-262.
González-Falcón, I., e Álvarez, K. (2021). Ambientes de aprendizaje para atender a la diversidad: espacios, interacciones y tiempo. En I. Gómez-Hurtado e F. J. García-Prieto (Coords.), Manual de didáctica general para la diversidad (pp. 135-150). Pirámide.
Jorrín, I. M., Fontana, M., e Rubia, B. (Coord.). (2021). Investigar en educación. Editorial Síntesis.
Lois, C. M., e Mazzitelli, M. (2019). Del ojo a la mirada: debates sobre el sentido de la vista y las técnicas de observación y registro en la ciencia moderna. Punto Sur, (1), 58-80.
Menéndez, S., Jiménez, L., e Lorence, B. (2008). Familia y adaptación escolar durante la infancia. Educación XX1, 10, 97-110.
Parrilla, A. (2010). Ética para una investigación inclusiva. Revista Educación Inclusiva, 3(1), 165-174.
Poveda, D. (2001). La educación de las minorías étnicas desde el marco de las continuidades/discontinuidades familia-escuela. Gazeta de Antropología, 17, 17-31.
Rekalde, I., Vizcarra, M. T., e Macazaga, A. M. (2014). La observación como estrategia de investigación para construir contextos de aprendizaje y fomentar procesos participativos. Educación XX1, 17(1), 199-220.
Sáiz Manzanares, M. C., e Escolar Llamazares, M. C. (2013). Observación sistemática e investigación en contextos educativos. Servicio de Publicaciones e Imagen Institucional, Universidad de Burgos.
Sánchez, C., e Pagalajar, M. (2019). La observación en el contexto de la Educación Infantil. En M. Tomé (Coord.), Observación sistemática y análisis de contextos para la innovación y la mejora en educación (pp. 3-25). Paraninfo.
Sarceda-Gorgoso, M. C., Caldeiro-Pedreira, M. C., e Barreira-Cerqueiras, E. (2019). La observación en el Prácticum de Infantil y Primaria: dimensión contextual y relacional. En M. E. Martínez-Figueira, e M. Raposo-Rivas (Coords). Kit de supervivencia para el Prácticum de Educación Infantil y Primaria. Editorial Universitas.
Tójar, J. C. (1994). Calidad de los registros de observación en investigación educativa. Bordón. Revista de Pedagogía, 46(1), 99-110.
Competencias Xerais:
CX4 - Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
CX9 - Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
CX12 - Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan os colexios en educación infantil e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
Competencias Básicas:
CB2 - Que os/as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os/as estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os/as estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias Transversais:
CT2 - Coñecemento instrumental da lingua galega.
CT3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Competencias Específicas:
CE23 - Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil.
CE24 - Dominar as técnicas de observación e rexistro.
CE25 - Abordar análise de campo mediante metodoloxía observacional utilizando tecnoloxías da información, documentación e audiovisuais.
CE26 - Saber analizar os datos obtidos, comprender críticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións.
A materia combinará, por unha banda, sesións de carácter expositivo a través das exposicións de cuestións teóricas por parte da docente, co apoio de diferentes recursos audiovisuais e a utilización de fontes documentais complementarias que favorezan a presentación dos contidos e a adquisición de coñecementos; e por outro, as sesións interactivas, de carácter práctico, nas que o obxectivo será profundar os contidos traballados a través de actividades aplicadas de corte individual e/o grupal, nas que se analizarán documentos, contextos e situacións educativas, experiencias reais, etc.
A metodoloxía que se seguirá busca a participación e implicación activa dos/as estudantes nas que diferentes actividades, especialmente no que ten que ver coa procura, experimentación, reflexión e aplicación dos coñecementos. Por iso, propoñeranse actividades prácticas nas que, a partir da colaboración, interpretaranse diferentes realidades e contextos educativos coa intención de resolver problemas e xerar pautas de acción ante situacións educativas que son definidas pola docente.
Sitúase ao/á estudantes no centro do esquema formativo, confiando na reflexión como elemento esencial no proceso de ensino-aprendizaxe, pois a análise, interpretación, reelaboración e contraste dos contidos traballados dará lugar ao desenvolvemento de capacidades e habilidades desde os que comprender os principios teóricos e aplicados. Por tanto, recórrese ao traballo cooperativo entre iguais como unha estratexia didáctica de gran relevancia para a materia, dando prioridade á participación activa, consciente e responsable.
As ferramentas dispoñibles no Campus Virtual (Moodle) e outras de Microsoft, baixo licenza institucional da USC, preséntanse como un recurso esencial para facilitar todos os materiais necesarios e complementarios, entregar actividades/traballos, dar soporte a foros, comunicar calquera información de interese, recibir un feedback das tarefas realizadas e, en definitiva, para favorecer a interacción entre o profesorado e os/as estudantes.
Así mesmo, considérase a posibilidade de que, no marco da materia, realicen algunha saída/práctica de campo e/ou participen nun proxecto de ApS.
O sistema de avaliación de aprendizaxes contempla as seguintes actividades:
- Realización dunha proba final (50%).
- Portafolios (individual ou grupal) (25%), no que se recollerán as diferentes actividades que os/as estudantes realizará nas sesións interactivas e as reflexións sobre as contidos abordados.
- Traballo monográfico grupal (15%), cuxa temática específica será acordada coa docente ao comezo do semestre.
- Exposicións orais (10%).
Para obter unha valoración positiva na materia será necesario ter realizadas e entregadas todas as actividades de avaliación anteriormente enumeradas, así como ter alcanzado unha valoración suficiente en cada unha delas (5 sobre 10).
Este sistema de avaliación tamén se aplicará aos/ás estudantes que cursen a materia en segunda ou posteriores convocatorias.
Tendo en conta a Instrución 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, o/a estudante que teña concedida dispensa de asistencia a clase seguirá a mesma estrutura de avaliación (proba final, portafolios e traballo monográfico). Nestes casos, no que respecta ao traballo monográfico grupal, acordarase ao comezo do semestre a adaptación correspondente para que poida ser abordado individualmente.
Pola súa banda, os/as estudantes con exención de docencia para as sesións expositivas asistirá ás sesións interactivas e elaborará as actividades prácticas cos seus compañeiros e compañeiras, así como o traballo monográfico grupal, polo que seguirá, sen modificacións, o sistema de avaliación. Ademais, deberá realizar a proba final.
Do mesmo xeito que os/as estudantes asistentes, aqueles/as que se acollan á exención ou dispensa de docencia deberán ter aprobadas todas as actividades de avaliación (5 sobre 10) para superar a materia. Nestes casos, é obrigatorio asistir a unha titorías nos 15 días seguintes á notificación da condición de dispensa ou exención, co obxectivo de abordar o sistema de traballo e avaliación.
Este programa axústase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nos ensinos oficiais de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
En concreto, nesta materia é obrigatorio asistir ao 80% das sesións, tanto expositivas como interactivas. A asistencia a esta porcentaxe de sesións é preceptiva para examinar na primeira oportunidade (mes de xaneiro), así como para entregar os traballos da materia. Con anterioridade á realización das probas publicarase no Campus Virtual a listaxe dos/as estudantes que satisfaga o requisito de asistencia e que, consecuentemente, terá dereito a examinarse. Quen non cumpra con esta porcentaxe (exceptuando as ausencias xustificadas), terá que examinarse en segunda oportunidade (mes xuño/xullo), momento no que ademais deberá entregar un traballo práctico individual que será previamente acordado coa profesora da materia, e que substituirá ao portafolios e ao traballo monográfico grupal.
No que respecta aos/ás estudantes que curse a materia en segunda ou posteriores convocatorias, deberá cumprir os criterios de asistencia ordinarios anteriormente indicados.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación da materia implicará a cualificación de “suspenso” na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor/a. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos/as autores/as e ás fontes (Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificación – aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017).
O proceso de ensino-aprendizaxe da materia apóiase en tres requisitos esenciais:
- A participación activa nas sesións e actividades de aula.
- O traballo individual ou en pequeno grupo, segundo o indicado pola docente, para realizar as prácticas.
- O estudo individual e autónomo, que terá que apoiarse en lecturas complementarias ao longo do semestre.
O tempo estimado de dedicación dos/as estudantes á materia organízase do seguinte modo:
Horas presenciais (51 horas):
- Clases expositivas: 21 horas (24 horas)
- Prácticas de seminario: 21 horas (24 horas)
- Titorías de traballo do curso: 3 horas
Horas non presenciais (99 horas):
- Elaboración das actividades prácticas e informes: 40 horas.
- Lectura e análise de documentos: 29
- Estudo persoal: 30 horas
Para o estudo da materia, recoméndase:
- Asistencia regular ás sesións de clase e implicación activa nas mesmas.
- Estudo continuado dos contidos teóricos traballados nas sesións expositivas, o que permitirá expoñer dúbidas e formular aclaracións de forma inmediata.
- Consulta e análise dos documentos recomendados na bibliografía do presente programa, a fin de complementar os contidos abordados na aula.
- Seguimento e dedicación en todas as actividades prácticas, ben sexan individuais ou en pequeno grupo.
- Planificación coherente e axustada das tarefas (distribución de tempos, esforzos e diálogo constante coa docente).
- Uso adecuado das titorías ao longo do semestre.
- Coidar os aspectos formais (redacción, coherencia, claridade, exposición…) tanto nas actividades prácticas (portafolios e traballo monográfico) como na proba final.
RESPONSABILIDADE AMBIENTAL
Os traballos realizados polos/as estudantes entregaranse a través da aula virtual. Excepcionalmente, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
Se nalgún momento se esixise a entrega de traballos en papel para a materia, é necesario ter en conta as seguintes indicacións: evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios; sempre que sexa posible, empregar grampas no canto de encadernados; imprimir as dúas caras en calidade “aforro de tinta”; non facer uso de folios en branco como separadores de capítulos ou partes; e evitar anexos que non teñan relación directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso dunha linguaxe non sexista, tanto no traballo cotián de aula como nos traballos encomendados. Para máis información: prol-assetsusc.azureedge.net/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1efUER3ou85f5lb1ZY/1673868829/public/paragraphs/more_info_service/2023-01/linguaxe_non_sexista_publicado_WEB_USC.pdf
CONTA RAI
É obrigatorio que os/as estudantes fagan uso da conta de correo electrónico @rai.usc.es
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft 365, e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Non se poderá facer uso do teléfono móbil, salvo cando se utilice como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose os/as estudantes das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axustado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE
Débese ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é de carácter privado. Enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre a docente e os/as estudantes matriculados na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS
É obrigatorio o cumprimento da normativa de protección de datos, pode ser consultada na seguinte ligazón: https://www.usc.gal/es/politica-privacidade-proteccion-datos.
Enelina Maria Gerpe Perez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821070
- Correo electrónico
- emaria.gerpe [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Jesica Nuñez Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- jesica.nunez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 20 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_03 | Galego | Aula 20 |
Mércores | |||
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 29 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 21 |
23.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
19.06.2026 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |