Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Corporal
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Conceptuais (saber):
*Conceptualizar significativamente terminoloxía relacionada cos contidos da materia.
*Coñecer as teorías sobre o xogo, a súa evolución e ás súas características
*Identificar a importancia do xogo no desenvolvemento infantil e o seu papel como recurso metodolóxico.
* Identificar os xogos nos tempos de recreo escolar, relacionalos coas organizacións espazo-temporais e coas expectativas socio-educativas.
*Identificar as características do xogo na infancia de 0 a 12 anos.
* Coñecer xogos tradicionais (da cultura galega e doutras culturas).
* Coñecer xogos didácticos e sensibilizadores.
Procedementais (saber facer):
*Analizar os elementos e contidos básicos do xogo infantil para poder tomar decisións reflexivas e argumentadas.
*Analizar os tempos, os espazos e os xogos desenvolvidos nos recreos escolares; planificar propostas de mellora na procura duns recreos máis inclusivos e saudables.
*Planificar e poñer en práctica simulada xogos e formas xogadas para a etapa educativa correspondente; analizando, reflexionando, interpretando e sacando conclusións das observacións das prácticas realizadas.
*Recoñecer a importancia do xogo como factor de inclusión e convivencia.
*Recoñecer e empregar a linguaxe non verbal como un reforzo á comunicación verbal, evitando que aquela contradiga a mensaxe enviada coa palabra.
*Manexar, con actitude crítica e reflexiva, os recursos documentais da materia, empregando con rigor académico a información extraída das diferentes fontes.
*Expresarse oralmente en galego, de xeito que a mensaxe sexa clara, coherente e convincente.
*Presentar traballos académicos en lingua galega, con calidade universitaria na forma e no contido, tanto oralmente como por escrito, e conforme ós criterios que lle foron ofrecidos ao alumnado durante o primeiro curso.
*Acadar e demostrar competencia en lingua galega, por formar parte esta materia do proxecto CompetenteS, impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
Actitudinais (saber ser):
*Tomar conciencia da importancia do xogo como actividade vital para o desenvolvemento humano.
*Tomar conciencia, a partir de práctica e da teoría, da transmisión de valores a través dos xogos competitivos e cooperativos, coa finalidade de acadar unha opinión consciente sobre unha cuestión que impregna a vida social e, polo tanto, escolar.
*Vivenciar xogos diversos para: recoñecer as característica dos mesmos, analizar os roles que xeran, comprender os recursos que precisan e tomar conciencia dos valores que poden transmitir.
*Recoñecer, como futuras e futuros docentes, a influencia da propia percepción corporal e motriz sobre as expectativas motrices que se proxectan nos demais.
*Analizar, reflexionar e valorar o recreo escolar como tempo educativo.
*Valorar a importancia da investigación e o traballo en equipo para o desenvolvemento da profesión docente.
*Construír unha conciencia reflexiva, innovadora e comprometida coa formación permanente.
Bloque I. O xogo. Conceptualización e características.
Bloque II. O xogo ao longo do desenvolvemento:
•Xogo sensoriomotor ou funcional
•Xogo presimbólico e Xogo simbólico
•Xogos de regras
•Xogos de construción
•Videoxogos
Bloque III. Tipoloxía de xogos:
• O xogo heurístico
• Os xogos tradicionais e populares
• O xogo como recurso de aprendizaxe:
o Os xogos didácticos
o O xogos sensibilizadores
Bloque IV. O xogo no tempo de recreo escolar
Bloque V. O xogo na área de educación física
• A competición e a cooperación.
Prácticas de ensinanza referidas aos contidos teóricos da materia
BIBLIOGRAFÍA básica:
Berruezo, Pedro Pablo; Lázaro, Alfonso (2009): Jugar por jugar. El juego en el desarrollo psicomotor y en el aprendizaje infantil. Sevilla, Eduforma.
Ferland, Francine (2005): ¿Jugamos?. El juego con niñas y niños de 0 a 6 años. Madrid, Narcea.
Huizinga, Johan (1972-2000): Homo ludens. Madrid, Alianza Editorial.
BIBLIOGRAFÍA complementaria:
Aixline, Virginia (1984): Terapia de juego. México D.F., Diana.
García, Carmen; MArtinez, Amparo (2004): El juego de las cuatro esquinitas del mundo. Madrid, Catarata.
González, C. (1987): Juegos y Educación Física. Madrid, Alhambra.
Guitart, Rosa (1997): 101 Juegos no competitivos. Barcelona, Graó.
hallmann, Heinz Willi; Zilling, J. (1979): Parques infantiles. Málaga, Unisport.
Kac, María; Renée, María; Urcola, Diana (2019): El juego y el jugar en el jardín maternal. Buenos Aires: Ediciones Novedades Educativas.
Mora, Josep María; Díez, Robert; Llamas, Josue (2003): Un mundo en juego. Barcelona, INDE.
Mir, Victoria; Corominas, Dolores; Gómez, María Teresa (1997): Juegos de fantasía en los parques infantiles. Madrid, Narcea.
Moreno, Cristobal; Mata, David; Gómez, Javier (1993): Aspectos recreativos de los juegos y deportes tradicionales en España. Madrid, Gymnos.
Pelegrín, Ana (2008): Cada cual que atienda a su juego. Madrid, Anaya.
Ríos, Mercedes (1998): El juego y los alumnos con discapacidad. Barcelona, Paidotribo.
Rodríguez, Cintia (2006): Del ritmo al símbolo. Los signos en el nacimiento de la inteligencia. Barcelona, I.C.E. Universitat de Barcelona.
Ruiz, Francisco et al. (2008): Los juegos en la motricidad infantil de los 3 a los 6 años. Barcelona, INDE.
Serrano, Paula (2019): La integración sensorial en el desarrollo y el aprendizaje infantil. Madrid: Narcea.
Stern, André (2017): Jugar. Albuixech (Valencia),Litera libros.
Subirats, Marina; Tomé, Amparo (1992): Pautas de observación para el análisis del sexismo en el ámbito educativo. Barcelona, Institut de Ciències de l’Educació.
Tuttle, Cheryl; Paquette, Penny (2005): Juegos imaginativos para desarrollar la inteligencia de los niños. Barcelona, Ceac.
VV. AA. (2002): Género y educación: la escuela coeducativa. Barcelona, Graó.
Moyles, Janet (1990): El juego en la educación infantil y primaria. Madrid, Morata.
Pugmire; Stoy (1996): El juego espontáneo: vehículo de aprendizaje y comunicación. Madrid, Nárcea.
Romaní, Arturo (1979): Xogos infantiles de Galicia. A Coruña, Follas Novas.
Ruiz, Ángeles; ABAD, Javier (2011): El juego simbólico. Barcelona, Graó.
VV.AA. (2008): El juego como estrategia didáctica. Barcelona, Graó.
Veiga, Paco (2001): Xogo popular galego. Educación e identificación cultural. Santiago de Compostela, Sotelo Blanco.
Revistas básicas:
Aula de Infantil. Barcelona: Graó.
Tándem. Didáctica de la Educación física. Barcelona: Graó.
Páginas web:
Asociación galega de xogo popular e tradicional. En: http://www.agxpt.org/
Asociación española de terapia de juego AETJ. En: http://www.terapiadejuego.es/webs/enfoques.htm.
Ditos, recitados e cancións infantís. En, www.orellapendella.org
XERAIS:
G5 - Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
G10 – Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa, e promovela entre o estudantado.
BÁSICAS:
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos ao traballo dunha forma profesional. Elaborar, defender argumentos e resolver problemas dentro desta área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (dentro desta área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
TRANSVERSAIS:
T1 - Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T2 - Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Tendo en conta as características da materia é necesario desenvolver unha metodoloxía que integre teoría e práctica. Para iso combinaranse as sesións expositivas, de carácter máis teórico, con sesións de laboratorio centradas na aplicación práctica dos coñecementos. As actividades iniciais estarán orientadas a obter información que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes significativas. A metodoloxía docente empregada nas actividades formativas porá máis énfases na aprendizaxe autónoma e significativo do alumno, sen esquecerse que a aprendizaxe é un proceso dependente do ensino. A metodoloxía será activa, colaborativa e participativa axudando ao estudante a recompilar e organizar a información, a formar e construír conceptos, a construír e verificar hipóteses partindo das súas indagacións, a expresar os seus coñecementos e transferir os conceptos dun contexto a outro. En definitiva, estáselle ensinando de xeito activo, colaborativa e participativa a “aprender a aprender”.
Tanto a metodoloxía como todas as actividades enunciadas están, en maior ou menor medida, relacionadas con todas as competencias enunciadas. Tanto nas sesións expositivas como interactivas, o alumnado deberá realizar exposicións orais relacionadas cos coñecementos que vai adquirindo a partir das distintas actividades como lecturas, procura de información, exploración de sitios web, observación e investigación na aula, discusións con outros compañeiros, e calquera outra que contribúa á construción de coñecemento.
SESIÓNS EXPOSITIVAS
A metodoloxía principal que se utilizará será a clase maxistral participativa na que se combinarán as explicacións do con debates, interrogantes, casos prácticos, visualización de contidos multimedia, exemplos e descansos activos.
SESIÓNS INTERACTIVAS
Realizaranse no pavillón da Facultade e estruturaranse en tres fases: momento de encontro, de actividade motriz e despedida. Buscarase a adquisición das competencias para fomentar o desenvolvemento da motricidade en contextos diversos a partir da experimentación de situacións motrices, a reflexión construtiva e a análise. Ademais, o alumnado asumirá o rol de docente dirixindo parte dunha sesión e coavaliando as intervencións educativas dos seus compañeiros/as.
TRABALLO GRUPAL
Consistirá no deseño e aplicación dunha sesión de educación física con algún alumnado con diversidade funcional.
TRABALLOS INDIVIDUAIS
Poderanse facer traballos individuais de aula, sen que esta actividade sexa exclusiva.
TITORÍAS
A misión das tutorías será de orientar e supervisar as actividades de traballo autónomo que debe realizar o alumnado, tanto a nivel individual coma en grupo. Para a elaboración deste traballo o alumnado contará cos recursos bibliográficos necesarios.
AULA VIRTUAL
Deseñarase coma un espazo de aprendizaxe útil para interactuar co alumnado, aloxar recursos bibliográficos, completar as actividades formativas, guiar o traballo autónomo e supervisar o proceso de ensinanza-aprendizaxe.
Normas que rexen as sesións:
No seu conxunto:
- Chegar a tempo e non saír ata o remate da sesión.
- Non comer nin beber.
Sesións prácticas:
- Asistir con calzado deportivo e con roupa que permita o movemento cómodo.
- Colaborar na búsqueda, colocación e recollida do material cando corresponda.
- O alumnado que, nas sesións expositivas ou interactivas, non cumpra o horario terá a falta correspondente.
- Dúas faltas de incumprimento de horario contarán coma unha falta de asistencia.
Por último, resulta necesario contemplar os seguintes aspectos en canto á metodoloxía:
- A docencia expositiva e interactiva será de carácter presencial.
- As titorías poderán realizarse de maneira presencial, virtual (Microsoft Teams), ou mediante correo electrónico. Para as dúas primeiras opcións, será necesario solicitude previa por parte do alumnado, e posterior confirmación por parte do profesor responsable da materia.
- Contémplase o uso das plataformas tecnolóxicas institucionais (correo electrónico, aula virtual da materia e Microsoft Teams) como recursos para a difusión dos materiais, realización e/ou entrega de tarefas e, en xeral, facilitar a comunicación e un mellor aproveitamento da materia.
A avaliación será levada a cabo atendendo aos seguintes apartados:
1) Asistencia e participación: 15% da nota final.
A asistencia a clase virá determinada polo especificado no “Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela”. Tanto a asistencia coma a participación serán valoradas coma un factor máis da avaliación continua sendo ponderada cun 15% na cualificación final da materia, rexistrada mediante unha lista de control. As posibilidades que se contemplan neste apartado son:
- Entre o 80 e o 100 % de asistencia e participación: O alumnado recibe unha cualificación máxima de 1,5 (sobre 10) na nota final ou a parte proporcional segundo a súa porcentaxe de asistencia.
- Entre o 50 e o 80 % de asistencia e participación: O alumnado non recibe cualificación neste apartado.
- Entre o 0 e o 50 % de asistencia e participación: O alumnado nesta situación non poderá superar a materia na primeira oportunidade.
2) Probas específicas: 40% da nota final. Realizarase unha proba no momento e lugar establecidos no calendario oficial de exames que constituirá o opción de avaliación por defecto neste apartado. Tamén se contempla, como alternativa voluntaria para o alumnado asistente e en substitución da opción por defecto, a posibilidade de unha ou varias probas ao longo do semestre.
3) Informes escritos e outras producións: 30% da nota final. Consistirá nun ou varios traballos sobre as competencias que se indican no programa e dos que pode requerirse tanto a elaboración grupal como a presentación pública. Proporcionaranse os detalles concretos na guía docente que se facilitará ao comezo do curso.
4) Presentacións orais: 15% da nota final
Para aprobar a materia será preciso obter unha cualificación mínima de 5 puntos (sobre 10) tanto no apartado 2 coma no apartado 3.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
O alumnado que non superase a materia na primeira instancia poderá facelo dentro da mesma convocatoria nunha segunda oportunidade. Na mesma, deberá realizar a proba específica e/ou a entrega do ou dos informes ou outras producións que non tivera superado na primeira oportunidade. Así mesmo manteranse as cualificacións obtidas nos apartados de avaliación superados na primeira oportunidade.Na segunda oportunidade, os apartados de participación e presentación oral non poderán ser subsanados polo que a máxima cualificación que poderá obterse se non se superaron en primeira oportunidade será a que corresponda ao peso conxunto dos apartados 2 e 3.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado con dispensa de asistencia, deberá contactar co docente na mesma semana na que se solicita para concretar o seu plan de traballo na materia e, se é preciso, acordar as adaptacións que fosen pertinentes para atender cada situación particular.
ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO
O alumnado con algunha diversidade funcional e que requira de adaptacións ou apoio para seguir o desenvolvemento normal da materia deberá acudir ao Servizo de Participación e Integración Universitaria (SPIU), e, inmediatamente despois, falar co docente para concretar o seu plan de traballo na materia e, de ser preciso, acordar as adaptacións que fosen pertinentes para atender cada situación particular.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
122,5 horas totais (38,5 presenciais e 74 de traballo autónomo), que se reparten do seguinte xeito:
- Actividades expositivas en gran grupo: 18 horas presenciais e 25 de traballo autónomo.
- Actividades interactivas en grupo mediano: 18 horas presenciais e 36 de traballo autónomo.
- Actividades titoriais en pequeno grupo: 2,5 horas presenciais e 13 de traballo autónomo.
- Ler a guía docente proporcionada ó principio do curso. Consultar o que non se entenda.
- Coñecer os obxectivos, contidos, metodoloxía, modalidades de avaliación (requisitos, traballos, actividades, exames...) e cualificación (porcentaxes) da materia.
- Anotar as datas de entrega dos traballos e exame.
- Entregar todos os documentos solicitados polo docente no prazo indicado, revisando a súa caligrafía, ortografía e gramática.
- Participar de forma activa, construtiva e constante. A asistencia por si mesma non produce aprendizaxe.
- Consultar o campus virtual diariamente.
- Utilizar as titorías académicas para resolver dúbidas durante o proceso.
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a clase virá determinada polo especificado no “Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela”, pero sempre se buscará garantir a equidade na avaliación e a igualdade de oportunidades entre todo o alumnado.
En tales circunstancias, o alumnado non asistente habitual deberá respectar as datas establecidas de entrega de traballos, sendo tamén recomendable que manteña contacto co docente a través das titorías para asegurar o adecuado progreso na materia e a superación dos obxectivos de aprendizaxe.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Por necesidades de docencia o presente programa poderá ser modificado antes do comezo da impartición da materia, comunicando ditas modificacións ao alumnado por medio da guía docente que se lles proporcionará.
Así mesmo, para que a materia contribúa a unha maior sostibilidade, igualdade de xénero e protección das persoas adoptaranse as seguintes medidas:
1) Responsabilidade medioambiental:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
2) Perspectiva de xénero:
o Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/desca…
3) Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
4) Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
5) Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
6) Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
7) Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
Marcos Mecias Calvo
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 982821074
- Correo electrónico
- marcos.mecias [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Pavillón |
13:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 29 |
23.01.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |
25.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |